SlideShare a Scribd company logo
1 of 16
Marica Campo
(María Pilar Campo Domínguez)
*BIOGRAFÍA
*OBRAS
*PREMIOS
*ENTREVISTA
*BIBLIOGRAFÍA
ÍNDICE
Biografía :
 Naceu no Val do Mao, concello do Incio, ao Sur de Lugo, o 24
de febreiro de 1948.
 Aos quince anos quixo ser misioneira. Ingresou nunha orde
relixiosa.
 Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde fixo
estudios de Teoloxía.
 Os seus primeiros relatos, en castelán, publicounos nunha
revista de mestres que se editaba en Madrid e que se
chamaba "Contacto y acción".
 Pasouse ao galego, tanto na práctica monolingüe da fala
como na escrita, durante a súa estadía no Colexio Público de
Castro de Rei.
Biografía :
 A insistencia de moitos amigos non valeu de
nada para que facera públicas as súas obras
ata que dous profesores da Mariña de Lugo e
mais a escritora Pilar Pallarés, lle axudaron a
facer unha escolma. Foi a pequena antoloxía
titulada "Tras as portas do rostro".
 Foi mestra en moitos sitios pero onde estivo
máis anos foi na Mariña de Lugo.
 Na actualidade imparte aulas no IES de
Guitiriz.
Obras:
 O Premexentes non pode cos
paxaros rebezos (1987).
 Tras as portas do
rostro (1992).
 Confusión e morte de María
Balteira (1996).
 Pedinche a luz
prestada (2001).
 Memoria para Xoana (2002).
Obras:
 Texto teatral baseado en dous dos
relatos de Confusión e morte de
María Balteira.(2006)
 Abracadabras (2007)
 Sextinario: Treinta e seis +
tres (2007).
 O Divino Sainete (2008).
 E Xoel aprendeu a voar (2009).
Outras obras:
Narra a vida de
once personaxes,
once mulleres
solteiras que
quedaron varadas
por motivos que non
tiñan relación coa
súa vontade
 A das tres caras (narrativa)
 Alma de beiramar
 Arco da vella (poesía)
 Banqueiros (teatro)
 Catro lúas e a da morte (poesía)
 Confeso que estou tola(poesía)
 Derradeira vontade(poesía)
 Homenaxe a Ánxel Casal
 Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (poesía)
 Loor de tolemia e desprezo de cordura(poesía)
 Mulleres(poesía)
 Narradio. 56 historias no ar (narrativa)
 Narradoras (narrativa)
 Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra
 Onde houbo lume (narrativa)
 Poemas e contos da muralla(poesía)
 Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero(poesía)
 Sombra do meu asombro(poesía)
 Un futuro para a lingua
 Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo
 Xela Arias, quedas en nós
Poemas (Mulleres)
 Como ovellas que van ao
matadeiro
camiñades a serdes lapidadas
en reas, silenciosas e
humilladas,
baixo a mirada atenta do
carneiro.
Que o voso sangue sexa o
derradeiro
a mollar esas terras magoadas
polo integrismo cruel, polas
brigadas
dunha fe que vos nega todo
abeiro.
¡Maldita sexa a man que tira a
pedra!
¡Maldito na semente e no futuro
o nome dos que erguen ese
muro
 Dona Constanza, a auga
pezoñenta
apousouche nos labios flor de
morte.
A carraxe que a sede foi máis
forte,
a traizón foi que a morte máis
cruenta.
Raza do Mariscal, raíz violenta,
afondaches na terra cando o
Norte
virou cara a Castela como a
sorte,
como a xente ao lume que máis
quenta.
Por iso volverás en cada hedra
a abrazar contra o olvido e o
desleixo
este teu Vilaxoán de pedra a
Lapidadas Constanza de Castro
Os autores elixen «Memoria para Xoana»
como mellor libro do 2002
Manuel
Rivas,
Méndez
Ferrín e
Manuel
María foron
os
gañadores
das
edicións
anteriores
deste
premio.
 A Asociación de Escritores en
Lingua Galega entregou o premio á
Marica Campo.
 A primeira novela da escritora
lucense ten como centro da súa
trama o universo das mulleres.
Marica Campo recibe o premio Arume de
poesía para nenos.
 A escritora lucense
recibiu onte o premio
Arume da Fundación
Xosé Neira Vilas pola
súa
obra Abracadabras nu
n acto celebrado en
Gres (Vila de Cruces).
A feira do libro de Foz (os libros e a
lectura para Marica)
 «ese aparello máxico
que moitos autores de
ficción soñaron»
 «o medio de
locomoción máis
veloz, porque nos
pode levar sen
movernos da cadeira
a calquera lugar da
terra ou das galaxias
 «Ler é bo para a
saúde»
Entrevista
 ¿Cando, onde e da man de quen publicaches os teus primeiros
textos?
Empecei a escribir en castelán e publiquei dous relatos breves nunha revista de mestres de
Madrid que se chamaba Contacto y acción. Despois, xa nunha práctica monolingüe a todos os
niveis, algún poema en Dorna. Anos despois saíu nos Cadernos da Escola Dramática unha
peza de teatro que escribira a raíz do 23F,O Premexentes non pode cos paxaros rebezos.
 ¿Cal das túas obras cres que foi mellor tratada e cal pasou máis
desapercibida para o público e/ou a crítica? ¿Por que cres que recibiron
ese trato desigual?
A mellor tratada foi, seguramente, Confusión e morte de María Balteira. Todas recibiron
críticas moi xenerosas. Aínda así, se teño que me referir a algún título, diría Onde houbo
lume. Quizais non teña os méritos da outra. Mais estou contenta de tela escrito, porque
rescatei historias emparentadas coa miña memoria que, doutro xeito, ficarían no
esquecemento.
 Se tiveses que historiografar a túa propia traxectoria literaria, ¿que trazos
salientarías?
O carácter de escritora serodia e o cultivo de xéneros diversos. Tamén a brevidade.
Endexamais penso en textos de gran formato, non sei se por preguiza, por primar a
intensidade sobre a extensión ou por consideración cos posíbeis lectores e lectoras. Pouco
obsesionada polas modas e si moito polo cultivo da lingua en que escribo.
Entrevista
 Nunha antoloxía da nosa literatura
recente, ¿ao pé de que autores/as
preferirías figurar?
Eu non teño xeración. Escribo desde
sempre; mais como fun remisa a
publicar, non coincido en idade cos
que o fixeron polos mesmos anos ca
min. Así que non sei onde cadraría
ben.
 ¿Que cres que lle falta aínda ás
nosas letras e que lles sobra
definitivamente?
Fáltalle promoción de autores e
autoras que están á altura dos
poucos que teñen unha proxección
alén das nosas fronteiras. Sóbranlle
capelas canonizadoras dalgúns e
que sentencian a outros ao
esquecemento. Prexuízos, en
resumo. Non falo desde ningún
resentimento, porque non é o meu
caso.
Entrevista
 ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
Sempre hai que aspirar a máis, pero se temos en conta o estado da nosa
lingua, non hai moito máis que lle pedir. Teño a sensación de que as nosas
escritoras e escritores son como os artistas que fan, por exemplo,
esculturas en xeo, na chamada arte efémera. Derrétense antes de chegar
aos seus lexítimos receptores, os galegos e galegas que non len ou, se o
fan, fano maioritariamente en castelán. Quero dicir que nun pobo cunha
lingua non normalizada, escribir é heroico e puro amor ao oficio.
 Vostede compaxinou a profesion de mestra coa de escritora, cal das
dúas lle gustou máis?
Cada unha no seu momento, é dicir, o de escribir é de toda a vida dende
pequeniña sempre me gustou escribir pero sabia moi ben que non era
doado vivir da da escriba neste país e por iso ó de mestra. Vocacionalmete
eu non era mestra, o principio a min non me apetecía nada ser mestra,
pero debido a unha serie de circunstancias atopeime dando clase, entón
por coerencia e honradez persoal tratei de facelo o mellor que podia e o
final encantoume.
Entrevista
 Dos libros que escribiu cal foi o que máis lle gustou?
Non sei, é como unha nai que lle pregunten: cal fillo é máis guapo? . Podo ter
idea de cal é máis guapo pero querolles por igual. Tal vez o que máis alegrías
me deu foi ‘Confuisión e morte de María Balteira’ e ‘E Xoel aprendeu a voar’
 Que temas soen aparecer nas súas obras?
A igualdade de xénero é un tema recorrente e a problemática das mulleres, as
mulleres que elixen ser independentes e desde ese momento xa se dúbida
delas, xa se cuestiona a súa honradez…Gústame escribir máis sobre mundos
amables, non me veredes escribir nunca sobre crimen.
 Considerase vostede unha muller feminista?
Pois claro que me considero feminista, é deixarei de ser feminista cando as
mulleres e os homes sexan iguais. Bueno iguais pero diferentes, non somos
iguais afortunadamente pero temos os mesmos dereitos, eu deixarei de ser
feminista cando esos dereitos que estan recoñecidos na teoría e na lei se
exerzan de feito.
 Vostede comezou a escribir en castelán porque razon se adicou a escribir
despois en galego?
Porque estibe moitos anos a vivir nunha casa alugada tendo casa propia,
cado me decatei diso decidín facer a mudanza .
BIBLIOGRAFÍA:
 http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2013/02/09/escritora-marica-campo-recibira-unha-
homenaxe-xuno-incio/0003_201302M9C2996.htm
 http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/10/01/0003_8756798.htm
 http://elprogreso.galiciae.com/nova/108194.html
 http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/08/01/parlamento-das-letras-marica-campo/
 http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/12/16/0003_6407540.htm?utm_source=buscavoz&utm_medi
um=buscavoz
 http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/01/08/4404243.shtml?utm_source=buscavoz&utm_m
edium=buscavoz
 http://www.youtube.com/watch?v=xeyyew2swi4
 http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/marica-campo-xoel-aprendeu-voar/idEdicion-2010-
05-19/idNoticia-548785/
 http://www.culturagalega.org/album/poema_marica_campo.pdf
 http://www.bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Mu++++++1&id_edicion=Mu++++++1001&cabece
ra=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DMu%2B%2B%2B%2B%2B%2B1%26alias%3DMari
ca%2BCampo%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EMulleres%3C%2Fa%3E&alias=Maric
a+Campo&format
 http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarCampo&alias=&solapa=biografia
 http://es.wikipedia.org/wiki/Marica_Campo
 http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=208

More Related Content

What's hot

Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...
Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...
Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...Ricardo Chao Prieto
 
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...Ignacio Sobrón García
 
Renaissance Background - Class Notes
Renaissance Background - Class NotesRenaissance Background - Class Notes
Renaissance Background - Class NotesKeri Lauxman
 
Presentation - Spain during the Modern Age
Presentation - Spain during the Modern AgePresentation - Spain during the Modern Age
Presentation - Spain during the Modern Agerafakarmona
 
España en los siglos XVI y XVII
España en los siglos XVI y XVIIEspaña en los siglos XVI y XVII
España en los siglos XVI y XVIIProfesores Sexto
 
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...ssuserd427b21
 
Islamic Calligraphy
Islamic Calligraphy Islamic Calligraphy
Islamic Calligraphy Alekhya2511
 
La poesía y la prosa barroca.
La poesía y la prosa barroca.La poesía y la prosa barroca.
La poesía y la prosa barroca.Rocio Morales
 
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)Maite Lirio Cisneros
 
La Edad Media. Al Andalus
La Edad Media. Al AndalusLa Edad Media. Al Andalus
La Edad Media. Al Andalussmerino
 
Generación del 98
Generación del 98Generación del 98
Generación del 98fgmezlpez
 
TRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUSTRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUS4crodrigo
 
Renaissance & reformation
Renaissance & reformationRenaissance & reformation
Renaissance & reformationMrO97
 
Francisco quevedo
Francisco quevedoFrancisco quevedo
Francisco quevedoaminitah
 
El mundo de los iberos i ppt
El mundo de los iberos i pptEl mundo de los iberos i ppt
El mundo de los iberos i pptAntonioNovo
 
Literatura del pre renacimiento
Literatura del pre renacimientoLiteratura del pre renacimiento
Literatura del pre renacimientoManuel Acosta
 

What's hot (20)

Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...
Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...
Tema 3 La formación de la monarquía hispánica y su expansión mundial (1474-17...
 
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...
Pintura siglo XIX, Romanticismo y Realismo. Estándares de aprendizaje EBAU. P...
 
Renaissance Background - Class Notes
Renaissance Background - Class NotesRenaissance Background - Class Notes
Renaissance Background - Class Notes
 
Tema 44
Tema 44Tema 44
Tema 44
 
Haendel
HaendelHaendel
Haendel
 
Presentation - Spain during the Modern Age
Presentation - Spain during the Modern AgePresentation - Spain during the Modern Age
Presentation - Spain during the Modern Age
 
España en los siglos XVI y XVII
España en los siglos XVI y XVIIEspaña en los siglos XVI y XVII
España en los siglos XVI y XVII
 
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...
26. pintura al temple y sus variedades. autor antonio garcía lópez,josé javie...
 
Islamic Calligraphy
Islamic Calligraphy Islamic Calligraphy
Islamic Calligraphy
 
La poesía y la prosa barroca.
La poesía y la prosa barroca.La poesía y la prosa barroca.
La poesía y la prosa barroca.
 
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)
Guía didáctica no hay burlas con el amor (1) (1)
 
La Edad Media. Al Andalus
La Edad Media. Al AndalusLa Edad Media. Al Andalus
La Edad Media. Al Andalus
 
Generación del 98
Generación del 98Generación del 98
Generación del 98
 
TRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUSTRIVIAL AL-ANDALUS
TRIVIAL AL-ANDALUS
 
Renaissance & reformation
Renaissance & reformationRenaissance & reformation
Renaissance & reformation
 
Francisco quevedo
Francisco quevedoFrancisco quevedo
Francisco quevedo
 
El mundo de los iberos i ppt
El mundo de los iberos i pptEl mundo de los iberos i ppt
El mundo de los iberos i ppt
 
Bizancio
BizancioBizancio
Bizancio
 
Literatura del pre renacimiento
Literatura del pre renacimientoLiteratura del pre renacimiento
Literatura del pre renacimiento
 
Al Ándalus 2 A
Al Ándalus 2 AAl Ándalus 2 A
Al Ándalus 2 A
 

Similar to Marica campo

Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaAsnosasletras
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé QueizánAsnosasletras
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivastudense
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixcadernodecores
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaAsnosasletras
 

Similar to Marica campo (20)

Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Manuel Forcadela
Manuel Forcadela Manuel Forcadela
Manuel Forcadela
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Pepe Carballude
Pepe CarballudePepe Carballude
Pepe Carballude
 
Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista monte das moas
Entrevista monte das moasEntrevista monte das moas
Entrevista monte das moas
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María Xosé Queizán
 María Xosé Queizán María Xosé Queizán
María Xosé Queizán
 
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivasMª Victoria Moreno en 25 diapositivas
Mª Victoria Moreno en 25 diapositivas
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Carlos G. Reigosa
Carlos G. ReigosaCarlos G. Reigosa
Carlos G. Reigosa
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
08 Viaxealinguaeliteraturadoxix
 
viaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxixviaxealinguaeliteraturadoxix
viaxealinguaeliteraturadoxix
 
Fina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptimaFina casalderrei óptima
Fina casalderrei óptima
 

Marica campo

  • 1. Marica Campo (María Pilar Campo Domínguez)
  • 3. Biografía :  Naceu no Val do Mao, concello do Incio, ao Sur de Lugo, o 24 de febreiro de 1948.  Aos quince anos quixo ser misioneira. Ingresou nunha orde relixiosa.  Acudiu á Universidade Pontificia de Salamanca onde fixo estudios de Teoloxía.  Os seus primeiros relatos, en castelán, publicounos nunha revista de mestres que se editaba en Madrid e que se chamaba "Contacto y acción".  Pasouse ao galego, tanto na práctica monolingüe da fala como na escrita, durante a súa estadía no Colexio Público de Castro de Rei.
  • 4. Biografía :  A insistencia de moitos amigos non valeu de nada para que facera públicas as súas obras ata que dous profesores da Mariña de Lugo e mais a escritora Pilar Pallarés, lle axudaron a facer unha escolma. Foi a pequena antoloxía titulada "Tras as portas do rostro".  Foi mestra en moitos sitios pero onde estivo máis anos foi na Mariña de Lugo.  Na actualidade imparte aulas no IES de Guitiriz.
  • 5. Obras:  O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (1987).  Tras as portas do rostro (1992).  Confusión e morte de María Balteira (1996).  Pedinche a luz prestada (2001).  Memoria para Xoana (2002).
  • 6. Obras:  Texto teatral baseado en dous dos relatos de Confusión e morte de María Balteira.(2006)  Abracadabras (2007)  Sextinario: Treinta e seis + tres (2007).  O Divino Sainete (2008).  E Xoel aprendeu a voar (2009).
  • 7. Outras obras: Narra a vida de once personaxes, once mulleres solteiras que quedaron varadas por motivos que non tiñan relación coa súa vontade  A das tres caras (narrativa)  Alma de beiramar  Arco da vella (poesía)  Banqueiros (teatro)  Catro lúas e a da morte (poesía)  Confeso que estou tola(poesía)  Derradeira vontade(poesía)  Homenaxe a Ánxel Casal  Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina (poesía)  Loor de tolemia e desprezo de cordura(poesía)  Mulleres(poesía)  Narradio. 56 historias no ar (narrativa)  Narradoras (narrativa)  Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra  Onde houbo lume (narrativa)  Poemas e contos da muralla(poesía)  Polifonías: voces poéticas contra a violencia de xénero(poesía)  Sombra do meu asombro(poesía)  Un futuro para a lingua  Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo  Xela Arias, quedas en nós
  • 8. Poemas (Mulleres)  Como ovellas que van ao matadeiro camiñades a serdes lapidadas en reas, silenciosas e humilladas, baixo a mirada atenta do carneiro. Que o voso sangue sexa o derradeiro a mollar esas terras magoadas polo integrismo cruel, polas brigadas dunha fe que vos nega todo abeiro. ¡Maldita sexa a man que tira a pedra! ¡Maldito na semente e no futuro o nome dos que erguen ese muro  Dona Constanza, a auga pezoñenta apousouche nos labios flor de morte. A carraxe que a sede foi máis forte, a traizón foi que a morte máis cruenta. Raza do Mariscal, raíz violenta, afondaches na terra cando o Norte virou cara a Castela como a sorte, como a xente ao lume que máis quenta. Por iso volverás en cada hedra a abrazar contra o olvido e o desleixo este teu Vilaxoán de pedra a Lapidadas Constanza de Castro
  • 9. Os autores elixen «Memoria para Xoana» como mellor libro do 2002 Manuel Rivas, Méndez Ferrín e Manuel María foron os gañadores das edicións anteriores deste premio.  A Asociación de Escritores en Lingua Galega entregou o premio á Marica Campo.  A primeira novela da escritora lucense ten como centro da súa trama o universo das mulleres.
  • 10. Marica Campo recibe o premio Arume de poesía para nenos.  A escritora lucense recibiu onte o premio Arume da Fundación Xosé Neira Vilas pola súa obra Abracadabras nu n acto celebrado en Gres (Vila de Cruces).
  • 11. A feira do libro de Foz (os libros e a lectura para Marica)  «ese aparello máxico que moitos autores de ficción soñaron»  «o medio de locomoción máis veloz, porque nos pode levar sen movernos da cadeira a calquera lugar da terra ou das galaxias  «Ler é bo para a saúde»
  • 12. Entrevista  ¿Cando, onde e da man de quen publicaches os teus primeiros textos? Empecei a escribir en castelán e publiquei dous relatos breves nunha revista de mestres de Madrid que se chamaba Contacto y acción. Despois, xa nunha práctica monolingüe a todos os niveis, algún poema en Dorna. Anos despois saíu nos Cadernos da Escola Dramática unha peza de teatro que escribira a raíz do 23F,O Premexentes non pode cos paxaros rebezos.  ¿Cal das túas obras cres que foi mellor tratada e cal pasou máis desapercibida para o público e/ou a crítica? ¿Por que cres que recibiron ese trato desigual? A mellor tratada foi, seguramente, Confusión e morte de María Balteira. Todas recibiron críticas moi xenerosas. Aínda así, se teño que me referir a algún título, diría Onde houbo lume. Quizais non teña os méritos da outra. Mais estou contenta de tela escrito, porque rescatei historias emparentadas coa miña memoria que, doutro xeito, ficarían no esquecemento.  Se tiveses que historiografar a túa propia traxectoria literaria, ¿que trazos salientarías? O carácter de escritora serodia e o cultivo de xéneros diversos. Tamén a brevidade. Endexamais penso en textos de gran formato, non sei se por preguiza, por primar a intensidade sobre a extensión ou por consideración cos posíbeis lectores e lectoras. Pouco obsesionada polas modas e si moito polo cultivo da lingua en que escribo.
  • 13. Entrevista  Nunha antoloxía da nosa literatura recente, ¿ao pé de que autores/as preferirías figurar? Eu non teño xeración. Escribo desde sempre; mais como fun remisa a publicar, non coincido en idade cos que o fixeron polos mesmos anos ca min. Así que non sei onde cadraría ben.  ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lles sobra definitivamente? Fáltalle promoción de autores e autoras que están á altura dos poucos que teñen unha proxección alén das nosas fronteiras. Sóbranlle capelas canonizadoras dalgúns e que sentencian a outros ao esquecemento. Prexuízos, en resumo. Non falo desde ningún resentimento, porque non é o meu caso.
  • 14. Entrevista  ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario? Sempre hai que aspirar a máis, pero se temos en conta o estado da nosa lingua, non hai moito máis que lle pedir. Teño a sensación de que as nosas escritoras e escritores son como os artistas que fan, por exemplo, esculturas en xeo, na chamada arte efémera. Derrétense antes de chegar aos seus lexítimos receptores, os galegos e galegas que non len ou, se o fan, fano maioritariamente en castelán. Quero dicir que nun pobo cunha lingua non normalizada, escribir é heroico e puro amor ao oficio.  Vostede compaxinou a profesion de mestra coa de escritora, cal das dúas lle gustou máis? Cada unha no seu momento, é dicir, o de escribir é de toda a vida dende pequeniña sempre me gustou escribir pero sabia moi ben que non era doado vivir da da escriba neste país e por iso ó de mestra. Vocacionalmete eu non era mestra, o principio a min non me apetecía nada ser mestra, pero debido a unha serie de circunstancias atopeime dando clase, entón por coerencia e honradez persoal tratei de facelo o mellor que podia e o final encantoume.
  • 15. Entrevista  Dos libros que escribiu cal foi o que máis lle gustou? Non sei, é como unha nai que lle pregunten: cal fillo é máis guapo? . Podo ter idea de cal é máis guapo pero querolles por igual. Tal vez o que máis alegrías me deu foi ‘Confuisión e morte de María Balteira’ e ‘E Xoel aprendeu a voar’  Que temas soen aparecer nas súas obras? A igualdade de xénero é un tema recorrente e a problemática das mulleres, as mulleres que elixen ser independentes e desde ese momento xa se dúbida delas, xa se cuestiona a súa honradez…Gústame escribir máis sobre mundos amables, non me veredes escribir nunca sobre crimen.  Considerase vostede unha muller feminista? Pois claro que me considero feminista, é deixarei de ser feminista cando as mulleres e os homes sexan iguais. Bueno iguais pero diferentes, non somos iguais afortunadamente pero temos os mesmos dereitos, eu deixarei de ser feminista cando esos dereitos que estan recoñecidos na teoría e na lei se exerzan de feito.  Vostede comezou a escribir en castelán porque razon se adicou a escribir despois en galego? Porque estibe moitos anos a vivir nunha casa alugada tendo casa propia, cado me decatei diso decidín facer a mudanza .
  • 16. BIBLIOGRAFÍA:  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/2013/02/09/escritora-marica-campo-recibira-unha- homenaxe-xuno-incio/0003_201302M9C2996.htm  http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/10/01/0003_8756798.htm  http://elprogreso.galiciae.com/nova/108194.html  http://armandorequeixo.blogaliza.org/2012/08/01/parlamento-das-letras-marica-campo/  http://www.lavozdegalicia.es/lugo/2007/12/16/0003_6407540.htm?utm_source=buscavoz&utm_medi um=buscavoz  http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2006/01/08/4404243.shtml?utm_source=buscavoz&utm_m edium=buscavoz  http://www.youtube.com/watch?v=xeyyew2swi4  http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-aulas/gh/marica-campo-xoel-aprendeu-voar/idEdicion-2010- 05-19/idNoticia-548785/  http://www.culturagalega.org/album/poema_marica_campo.pdf  http://www.bvg.udc.es/indice_paxinas.jsp?id_obra=Mu++++++1&id_edicion=Mu++++++1001&cabece ra=%3Ca+href%3D%22ficha_obra.jsp%3Fid%3DMu%2B%2B%2B%2B%2B%2B1%26alias%3DMari ca%2BCampo%22+class%3D%22nombreObraPaxina%22%3EMulleres%3C%2Fa%3E&alias=Maric a+Campo&format  http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarCampo&alias=&solapa=biografia  http://es.wikipedia.org/wiki/Marica_Campo  http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=208