Manuel pereira

501 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
501
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
204
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Manuel pereira

  1. 1. Manuel PereiraEntrevistaIES Manuel García BarrosA EstradaLiteratura Galegado Século XX e da ActualidadeTexto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservadosmartes 30 de abril de 2013
  2. 2. Eu facía os quince anos cando remataba a década dos sesenta e a miña conciencia social e política estaba moi limitada, como a detoda a sociedade nesa época, por un sistema informativo precario e absolutamente parcial.Coido que si, que aquel ambiente, dun ou doutro xeito, condicionou a miña maneira de ver o mundo.Manuel Pereira1. Como lembra Vostede aquela sociedade dos sesenta so aquel xugo da ditadura? Marcouno no seu futuro persoal e literario?2. Ouzande, A Estrada, Zaragoza... que supuxeron para aquel xove estes tres lugares un tanto diferentes na súa xuventude? Comopodería xustificar que xamais renegase do seu idioma nativo a pesar da súa pronta “emigración”, do seu país, como fixeronoutras moitas persoas que sempre viviron por aquí?Hai outro espazo de emigración anterior a Zaragoza: Asturias. Alí destinaron a miña nai no ano 63, como mestra. É dicir, que dexeito continuo, vivín en Galicia sete anos, despois estiven fóra.Verbo do idioma, eu fun educado en castelán, pero todo o mundo que me rodeaba na aldea era de fala galega e eu sentía uninmenso agarimo cara a esta lingua. Ademais, miña nai, que nacera en La Habana, que ao vir para España estudara Maxisterio eque falaba en español, sentía un gran respecto polo galego. Cando eu tiña cinco ou seis anos, líame poemas de Rosalía de Castro edespois animoume a aprendelos de memoria para recitalos nun festival que houbo no Teatro Principal en 1961 organizado porRadio Estrada. Dese xeito a min, inconscientemente, quedoume a idea temperá de que o galego posuía unha expresión culta. Pensoque o meu amor e fervor polo galego comezou aí. Para min, a elección do galego como lingua persoal aos dezaoito anos non foiconsecuencia de ningún proceso ideolóxico, senón o desenvolvemento natural dun sentimento infantil que progresou a pesar damiña educación en lugares alleos ao galego.3. A súa vida estivo un tanto marcada polo “Maxisterio”, ben de proxenitores, ben deVostede mesmo. Chámanos a atención que na súa obra literaria non figure un espazopara os máis cativos, ou é que “todo se andará”?A verdade é que nunca sentín esa necesidade como autor. Relaciónome coa literatura infantilde xeito funcional, xa que traballo con nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria, pero nunca convistas a editar.Por suposto, é un xénero que me gusta e, aínda que sinto unha inmensa responsabilidadeperante el, é posible que algún día me decida por el. Por dicilo coas vosas palabras: talvez,“todo se andará”.Na súa casa enOuzandemartes 30 de abril de 2013
  3. 3. A escrita de poesía e de narrativa foron á par dende o principio, outra cousa é a publicación. O meu primeiro relato editouse noano 1992, nun volume que recollía os tres traballos gañadores no concurso de relatos da Casa de Galicia en León. Dependendo dotratamento dun tema aparece unha modalidade ou outra. A prosa ou o verso son opcións determinadas por unha necesidadeliteraria ou, tamén, de descanso dun xénero para pasar ao outro. Igual que na pregunta anterior respecto da literatura infantil,non sei se escribirei teatro algún día. De momento non está nos meus plans. Pero nunca se sabe.En realidade, o meu tempo de dedicación á literatura é limitado e a miña capacidade tamén, o que me obriga a escoller, acoutar eaproveitar os recursos.Manuel Pereira4. Até 2005 só publicou poesía. Como decidiu inmiscirse no mundo da narrativa? En cal dos dous xéneros se sente máis a gusto?Para cando teatro?5. Os seus diferentes espazos vitais (Ouzande, Galiza, Zaragoza, Madrid) están moi presentes nas súas obras (“Interior confroiteiro e feridas”/“Malas cartas”/ “Tatuaxes”...) ben na narrativa, ben na lírica. Sería quen de empregar espazosimaxinarios, descoñecidos, nas súas obras? Que importancia lle concede Vostede ao espazo na súa literatura?Nas miñas obras case todos os espazos son imaxinarios, aínda que de procedencia real porque me gusta escribir dende o concreto.O caso máis evidente é Vilaio, a vila de “Malas cartas”, pero tamén en “Traxectos curtos” hai poboacións con topónimos e formassemellantes a algunhas aldeas ou cidades do interior ou da costa. Estes lugares inventados conviven con outros reais: Pontevedra,Santiago, Madrid...E o mesmo sucede na poesía, onde aparecen cidades, viaxes e xeografías.Ademais, considero que calquera espazo tratado literariamente convértese nun territorio imaxinario.6. Sabemos da súa afección pola fotografía, de feito fotos súas ilustran algunhas obras súas (“Tatuaxes”...). Pódese serobxectivo detrás da cámara ou tamén aí o narrador (?) cobra un peso importante? Sacou as fotos antes de escribir ou despoisxa coa fin de ilustrar?Hai tres obras nas que están as miñas fotografías: “Traxectos curtos”, a segunda edición de “Todo morte” e “Tatuaxes”. As fotosforon feitas para os textos, non tanto coa intención de ilustrar como de acompañar, con certa coherencia, personalidade esentido narrativo.martes 30 de abril de 2013
  4. 4. Escribir, para min, é dialogar, dirixirse a alguén que motiva e impulsa inicialmenteesa conversa que, naturalmente, despois se multiplica. Nese sentido a relación conoutras idades é imprescindible e así aparece nas miñas obras. “Días do final” tratade manifestar unha relación, unha sensación e un diálogo imposible co pai finado. Eantes, en “Todo morte”, a nai era obxecto central de memoria e homenaxe.Manuel Pereira7. En “Días do final” achamos como protagonista a seu pai, é coma unhahomenaxe ao seu proxenitor. Até que punto as diferentes xeracións marcaron,ou marcan, a súa obra literaria?8. En que idioma escribiu e pensou a súa obra “Interior con froiteiro e feridas”que se publicou en edición bilingüe? Até que punto un poema traducido perdedo seu ao pasar a outro idioma?“Interior con froiteiro e feridas” naceu en galego. Até que non estivo escrito de todo, e o texto fixado, non o traducín. Por unhacuestión de tipo práctico e de comodidade.En canto á perda na tradución, podo dicir que eu só teño dous libros traducidos: “Interior con froiteiro e feridas” e “Tatuaxes”. Osdous ao castelán en versións feitas por min, cousa que prefiro porque que dá a liberdade plena de variacións e reescritura se fosenecesario. Por exemplo, en “Tatuaxes” hai un soneto no que tiven que modificar, por necesidades métricas, o último terceto. Nesecaso prefiro facelo eu a que sexa outra persoa. Isto, claro está, só se pode facer se coñeces ben o idioma ao que traduces, comoocorre no meu caso co castelán. Sen este coñecemento habería que aceptar o criterio e o oficio do tradutor.9. É Vostede asiduo colaborador en prensa e incluso acadou algunha “Mención de honra” nalgún certame. Axuda a literatura áhora de escribir xornalismo ou é á inversa?As miñas colaboracións, con certa regularidade, ocuparon dous anos aproximadamente. Publicaba cada quince ou vinte días.Supuxeron unha experiencia magnífica, pero unha excepción.Considero o xornalismo unha profesión nobre, delicada e difícil. Oficio que diferencio do que eu facía: colaboracións máis ou menosfrecuentes sen ningún tipo de presión. Semellaban microensaios, pequenas crónicas ou páxinas de diario, pero non se pode falar dexornalismo no sentido estrito.Contestando á vosa pregunta, tanto a literatura como o xornalismo son tarefas nas que as ferramentas esenciais son as palabras epretenden a comunicación co público. Inmediata, unha; máis serena, a outra. As dúas manexan tempos, necesidades e esixenciasdiferentes, pero a súa relación é evidente. A literatura benefíciase do estilo áxil e elástico do xornalismo e este debe fuxir de todatentativa superficial, serenar o impulso inmediato e profundar nos temas desbotando a pura eficiencia narrativa.Presentación en Ouzandeda obra “Interior con froteiroe feridas”.martes 30 de abril de 2013
  5. 5. Manuel Pereira10. “A distancia”, “o paso do tempo”, “o amor”, “a soidade”... son temas abondo recorrentes na súa obra. Hai outros temas que senos pasasen algo desapercibidos (Galiza, o compromiso co país, coa sociedade...)? Está no seu maxín escribir con outros temasde fondo?Raras veces a elección do tema é unha imposición de partida. Hai varios temas quexorden, que me preocupan e que me interpelan na vida e iso leva a que meocupen literariamente. Ningún está excluído, pero hai que ter en conta que naliteratura poden non evidenciarse, senón derivarse ou deducirse de certasposturas ou diálogos dos personaxes. Neste sentido penso que si hai outros temasna miña obra, pero non me corresponde a min enuncialos, senón aos posibleslectores descubrilos. Mesmo poden aparecer outros cos que eu non contaba.11. E para rematarmos, cerrarase nun futuro o seu ciclo vital voltando ao seu Ouzande natal?É certo que non vivo en Ouzande mais ca dous meses ao ano. Pero por dedicarme ao ensino podo volver con periodicidade e asíestar en contacto coa miña aldea, coa Estrada, con Carballo –concello onde nacera meu pai– e con Galicia, en xeral. Quero dicirque non me sinto, nin me sentín nunca, afastado definitivamente e, por tanto, co devezo imperioso da volta. Cando me retire,pasarei tempadas longas en Ouzande e outras en Madrid, onde está a miña familia e grandísimos amigos e amigas galegos cos queme iniciei e medrei no mundo literario galego.Homenaxe a Isaac Diaz PardoCon Amancio Pradamartes 30 de abril de 2013
  6. 6. CUESTIONARIOmartes 30 de abril de 2013
  7. 7. O cruceiro deOuzande.Un monumentosalientábel?Rosalía de Castro.“Cantares gallegos”.Un/ha autor/-a e unha obraliteraria galegos?Entendo que vos referidesa personaxes literarios. Porexemplo, “os feirantes” deCunqueiro e oprotagonista do “Relato deun náufrago” de GarcíaMárquez.Un personaxe galego eun estranxeiro?Valle-Inclán e “Luces debohemia”.Un/ha autor/-a e unha obraliteraria estranxeiros?Con ningúnespecialmente.Un personaxe literario coque se identifique?“O home que matou aLiberty Vallance” deJohn Ford.Unha película de cine?A vida con todos os seusrecantos e engrenaxes.Cal é a súa fonte deinspiración“Calígula” de AlbertCamus.Unha obra teatral?martes 30 de abril de 2013
  8. 8. Escribir un libro ao que levomoitos anos dándolle voltas.Un anceio por realizar?Todo, nas dosesconvenientes.Mundo rural/urbano?Praia/montaña?Calquera ao que me leve o amorou a ilusión. Para descansar,Ouzande e a praia da Lanzada.Un lugar para visitar? e un lugarpara descansar?Calquera proceso depaz.Un feito histórico?Que a forza nonesmague a razón.Unha utopía?A paixón pola lectura axeitalugares insospeitados.Un lugar axeitado para alectura?A chamada decantautores. Varias deAmancio Prada e doutrose outras artistas.Un tipo de música? Unhacanción?Identificarme, conningún en concreto.Admirar, a moitísimos/as.Un/ha autor/-a con quense identifique?A literatura non é unentretemento no meu caso,senón un afecto esencial eun oficio. Entretementosson o cine, a fotografía, aconversa e camiñar.Outro entretementoademais da lectura?martes 30 de abril de 2013

×