Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
David Otero
Entrevista
IES Manuel García Barros
A Estrada
Literatura Galega
do Século XX e da Actualidade
Texto: © Cc-by-s...
Os meus tempos de nenez, nos anos cincuenta, e mocidade nos sesenta, érano de verdadeira forza do señor funeralísimo e os ...
Máis que compromiso gústame moito a responsabilidade. Velaí que si, que como xa dixen, foi
algo, a memoria histórica, que ...
A lectura en calquera soporte, libro, pantalla, ao dereito, é un marabilloso exercicio do
pensamento. A lectura ha ser act...
David Otero
6. Séntese realmente compracido cando ve que o seu labor didáctico e exemplarizante co seu alumnado acada froi...
9. Vostede, que tocou practicamente todos os xéneros literarios, con cal se sente máis a
gusto á hora de escribir? Por que...
11. Como ve Vostede o futuro do noso idioma últimamente tan atacado? E o da nosa cultura?
David Otero
O noso idioma está c...
CUESTIONARIO
lunes 9 de noviembre de 2015
O entorno e a
capela de Sta.
Comba de Bande
Un monumento
salientábel?
Neste momento Pedro
Feijoo “A memoria da
choiva”(ed....
A normalización do meu
pobo como pobo de seu e todo
o que iso de normalizar
conleva.
Un anceio por realizar?
Para visitar ...
A literatura para min non é un
entretemento. Pero si, un entretemento
para min é facer versos coa
debrozadora. E con estri...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

David otero

408 views

Published on

Entrevista de David Otero

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

David otero

  1. 1. David Otero Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados David Otero Fernández (Santiago de Compostela, 1946). A nivel literario ten publicadas obras narrativas (Nun bambán de non virar baldo...), narrativa infantil e xuvenil (O albendar dos animais // Contos de ir e volver...), poesía (Para iso está o futuro), ensaios (Alexandre Bóveda. Na demanda de restauración // Castelao corenta anos despois...). Pero no que tamén ten destacado abondo é no seu labor como dinamizador cultural e por formar parte ao longo dos anos das máis importantes asociacións culturais (Fundación Alexandre Bóveda, do Pedrón de Ouro // Patronato San Martiño // Asociación dos Amigos dos Pendellos da Golada...) lunes 9 de noviembre de 2015
  2. 2. Os meus tempos de nenez, nos anos cincuenta, e mocidade nos sesenta, érano de verdadeira forza do señor funeralísimo e os que o acompañaban que fixeron o andar dunha ideoloxía única represora e privada de libertades. Ou así ou… Pois ben nacín a dez anos do 36 e a nada de rematar a segunda guerra mundial. A situación era de enorme escuridade, silencio, medo, control absoluto e represión sen medida. Pura inxustiza.Viviamos, para alegría do réxime, instaurados na rutina das “ boas formas”, franquista pois,e na da súa ideoloxía. Mal podiamos abrir unha porta. Simplemente, e mal, mirar pola ventá desde a que podiamos, e con ollo, intuír a liberdade e que non nos mirasen facer tal cousa. Eu que nacín e vivín en Compostela, aquilo era un contexto de negrura, cera e campás a oración. O sistema educativo era simplemente clasista, puramente reprodutor literalmente de conceptos ordenados, marcados, para memorizar sen cuestionar nada, nin de broma. Mal para quen se fose da norma e do establecido. A ditadura asentouse ao longo destes meus anos en Compostela entre rezos, misas, pasos de semana santa, medos, incienso, virtudes públicas e pecados ocultos e triunfos que o eran de competitividades establecidas. As cartas estaban marcadas. Eu, con moitos traballos de meus pais, estudei bacharelato en Peleteiro, desde o primeiro lugar onde estaba, na República Argentina, detrás do cine Metropol. Cada mes clasificábannos por postos. Os dez últimos da clase non vían luz, neste caso eléctrica da rúa, ata as nove ou nove e media. Alí estaban castigados. Con todo tamén tiven quen me deu boas referencias e axudas. Falo do aquela Don Xesús Alonso Montero, Don Benito Varela Jácome, Don Francisco Río Barja e sobre todos a mestra e o mestre Dona María e Don Xesús Pereira, pais de Aurichu a dona de Xosé Manuel Beiras. Grazas a eles e a outras persoas como Antonio Vilasó, Crego do Castiñeiriño e seu irmán Xaime fun sufrindo e para ben unha fermosa metamorfose e moi proveitosa. Ir vivir ao Castiñeiriño e poñerme en contacto coa clase traballadora, obreiros e artesáns, sen perder contacto co “ pueblo” como así lle chamabamos a Compostela, foi un trasvase de saber e actitudes complementario moi importante. Comecei a reflexionar sobre palabras como liberdade, rebeldía, idioma, pobo, emigración, solidariedade, democracia, poesía, lealdade, amor. Libereime de moitas certezas. O que me marcou outrora da ditadura foise esvaendo a prol de luces de novos horizontes e desexos para tempos de liberdade. David Otero 1. Vostede, que comezou a dar os seus primeiros pasos rodeado dunha ditadura que se estaba a afirmar, como lembra aqueles primeiros anos de xuventude? Até que punto estas circunstancias xuvenís o marcaron? 2. O feito de vivir case 30 anos na ditadura viuse reflectido na súa obra? Foi causa do seu firme compromiso con Galiza? Como dixen os tempos da ditadura, os seus conceptos e contextos, incidían no meu pensar e na miña conduta, pero, como tamén dixen, xurdiron novos estímulos e daquela os límites ríxidos nos que me movía volvéronse flexibles, observables e as ataduras racháronse. Non foi doado. Como dixen tiven boas axudas. Algúns mestres marabillosos, un Crego rebelde e veciños proletarios, con conciencia de clase. Boa xente. Seguindo a Neira Vilas direi que tiven sorte de “ subir ao pobo”. Daquela xa xogou un papel significativo a memoria histórica. No barrio falábase de moitas cousas da guerra civil e así de paseos e cunetas. Falábase de Líster, do Foucellas, dos mal chamados bandoleiros (que eran guerrilleiros), dos ferroviarios e canteiros. De barrios bravos como o propio Castiñeiriño, Conxo e Sar. Fun descubrindo sustancialmente a inxustiza e a represión. Canto había que poñer á vista. Iso, claro está, influíu na miña obra, no gusto de facer biografías como a de Castelao e Bóveda. Descubrín daquela, nos anos sesenta, a Anxel Casal. Fun ao concerto de Raimon no Estadio da Residencia. Alí estaban Manuel María, ano sesenta e oito, e Uxío Novoneira entre moitos máis. Velaí como naceu a querencia, a responsabilidade, o compromiso con Galiza. lunes 9 de noviembre de 2015
  3. 3. Máis que compromiso gústame moito a responsabilidade. Velaí que si, que como xa dixen, foi algo, a memoria histórica, que se me foi interiorizando a través de mostras e feitos de moita xente que estivo moi cerca dos paseados e reprimidos e arestora, mesmo desde a lei sobre esta memoria histórica, a restauración e declaración de inocencia dos executados, asasinados, trasterrados, presos, non está completa e moito menos a busca e entrega ás familias das moitas e dos moitos que xacen en cunetas e fosas. Que aínda os hai que din que iso xa non existe. Din que xa cansa. Pois que declaren as inocencias dos que no seu día foron declarados culpables sen selos e que entreguen os restos dos que aínda as súas familias non teñen. Feitos e menos palabrería. Os familiares non queren subvencións. Queren as súas mortas e os seus mortos. Punto. Por iso o futuro non vexo moi ben salvo que dunha vez teñamos gobernos e institucións propias, democráticas de verdade, que crean no respecto e na esencia de ser cidadáns. Non olvidemos que cando acabou a guerra no ano 39 non se declarou a paz… declarouse a victoria. Velaí os vencedores e os vencidos. Hai que emendar iso como sexa. Faise obrigado. Ao abeiro da Constitución debe ondear a bandeira da recuperación da memoria histórica e así tal recuperación debese ser cousa institucional e resulta que quen o están a facer son persoas ou colectivos cívicos con moito traballo, con gravame económico e por riba con moitas dificultades. Tamén sempre baixo sospeita. Xa está ben do aquel de “ non revolver nada”, “as feridas non convén abrilas”, pero se non se pecharon e supuran. Que falabaratos hai. Revolver as cinzas… si… para que se haxa luz. David Otero 3. Sabemos do seu firme compromiso coa nosa memoria histórica desde sempre. Que pensa de como se está a levar esa recuperación por parte de quen tería que coller esa bandeira? Como agoira o futuro desta tan necesaria recuperación da nosa memoria histórica? 4. Sempre nos sorprendeu que un home firmemente preocupado e loitador polo noso idioma e polas nosas letras sexa un ensinante de ciencias. Como se pode entender esta circunstancia? Iso é consecuencia da metamorfose da que antes falei. Nos meus tempos de Compostela o potente eran as “ciencias”. Esa referencia franquista. Campaban mellor os de ciencias. E claro… eu fixen o bacharelato por Ciencias. E as oposicións a mestres tamén por Ciencias. Por matemáticas e Ciencias. Pero nese andar afirmándome na Lingua, na Historia e tradicións, na Cultura, de Galiza a través dos seus referentes, digo Otero Pedrayo, Cuevillas, Roberto Blanco Torres, Castelao, Rosalía, Curros, Bóveda e outras e outros como logo Méndez Ferrín, fun esgarabellando cousiñas e fun polo ando das letras como sustento do saber e das experiencias. Velaí que por iso escribo e penso. Por causa de Galiza. Ao poñerse un “in situ” expresa un no que é e onde está. Onde sente. Por iso escribo e creo na miña Lingua Galega. David Otero lunes 9 de noviembre de 2015
  4. 4. A lectura en calquera soporte, libro, pantalla, ao dereito, é un marabilloso exercicio do pensamento. A lectura ha ser activa e creativa, que tire pola lectora e polo lector, que ao rematar un libro este quede cheo de experiencias. A lectura ou é porque si ou non é. Ten que levar moita emoción e desexos. A lectura literal, a repetitiva, é o grao cero da lectura. Alguén dixo que a lectura non se pode conxugar en imperativo. Un pásao moi mal vendo como un xefe de estudos calquera castiga a un alumno sen recreo e mándoo á biblioteca a ler un libro e que llo resuma. Que mal. Que moi mal. Por iso sentín que o referido á lectura e á animación non se estaba a facer ben. Tampouco a cousa vai por “librar unha hora” e ir á charla dun autor ao que mal se lle leu o libro. E claro… como podemos animar á lectura se nós non somos lectores e por riba estamos desanimados? Hai que mover e promover moitos desexos para que as mozas e os mozos LIBREMENTE collan un libro e se poñan a lelo (que ao mellor nin siquera o acaban e non pasa nada). Debemos acordar claramente que o libro, a lectura, deben levar a esencia da liberdade. Non se pode estudar o libro de lectura. Se queremos… sempre atoparemos un libro co que irmos de ganchete e disfrutar. Quen non tivo esa experiencia (que pode ter outras) non sabe o que se perde. A lectura non vai por bos camiños. De todas as formas lese máis que antes. Velaí os libros que se venden. De todos os xeitos podería ser ben máis. Ese que fai? Pois xoga moi ben ao baloncesto, ao tenis. Dálle ao ordenata… uf!!! E ese…? Ese é un lector. Que prestixio ten iso? Velaí como anda a cousa e como vai ir. Tamén ter en conta que o libro non é o único soporte. Que hai outros. Mesmo a realidade. Unha paisaxe, un suceso, unha cara de alegría, un acto de amor, algo que pensamos e vivimos, que lemos. Non soamente se le nos libros. Por iso coido que o futuro ten que se orientar ao exercicio do pensamento desde a liberdade e desde quen un é na súa Lingua e na súa Cultura irmandadas coas dos demais pobos do mundo. Todo un fervedoiro de pensar e de sentir. Fantasía, imaxinación e creatividade, a mil por primeiro e por segundo. As nosas letras, en especial a nosa Literatura, hoxe en día figura nas mellores consideracións de Europa. As nosas escritoras e os noso escritores, ilustradoras e ilustradores, teñen lugar nos espazos de maior cualidade de Europa. Mirar Manolo Rivas, Aníbal Malvar, Agustín Fernández Paz, Xavier P. Docampo, Antonio Teijeiro, Leticia Costas, Paco Martín, Fina Casalderrei, poño por caso. Premiados en moitísimos lugares. Traducidos a moitísimos idiomas. Confianza, esperanza e futuro, para as nosas letras e non soamente para a nosa Literatura, ollo). David Otero 5. Vostede, que sempre foi unha persoa inmiscida na animación á lectura, como cre que se encontra esta parcela na nosa xuventude actual? E no resto das xeracións? Como ve, ao mesmo tempo, o presente e o futuro das nosas letras? David Otero Portada: “Ramón de Liripio” lunes 9 de noviembre de 2015
  5. 5. David Otero 6. Séntese realmente compracido cando ve que o seu labor didáctico e exemplarizante co seu alumnado acada froitos de compromiso coa nosa cultura e co noso país? E no seu entorno familiar? Síntome ben, pero non de todo. Hai mozas e mozos que dá gloria seguilos, acompañalos, mesmo soñalos e intuílos, pois sabemos que xa velos aí están botando ánimos e traballo para tirar exemplarmente, afianzar e normalizar, a nosa cultura. Pero hai otras e outros que os vexo ir, mesmo sen pensalo e como levados, por outros camiños. A onde queren chegar? Esa é a miña pregunta. Pois se teñen argumentos. Se a cousa foi determinada por unha reflexión. Vale. Pero se o asunto é deixarse ir polo cómodo, polo que parece guai, doado e inmediato… xa veremos. Primeiro deberiamos preguntarnos quen somos e onde estamos. Que sentimos e que queremos ser. Referido ao meu entorno familiar teño que dicir que tiven a sorte de ter avós, nai e pai, sogra e sogro, compañeira e familiares, galegofalantes. Falaban e falan a Lingua Galega como algo vivencial, directo e natural. Vivían e viven a cultura, a historia, as tradicións, o ser pobo, dun xeito nada académico e si na experiencia dos días e das noites. Iso deunos forzas enerxéticas potentes á nosa parella para educar as nosas fillas e aos nosos fillos no mesmo ca nós e así en galego. Por outra parte, iso si, tratamos de que sempre accedesen a outros pobos, culturas e idiomas, coas “alforxas cheas”, quer decirse, desde as galegas e os galegos que sempre foron (e son) Así se afirman e determinan. Así nos poñemos no (e co) mundo. Sendo galegas e galegos. Vivimos en galego. 7. Supoñemos que vostede valorará todos os xéneros literarios pero cal (ou cales) cre que están a ter unha función primordial para as nosas letras? Por que? A poesía e a narrativa. De primeiras os habitantes dun pobo desde a nenez somos primeiros poetas e logo narradores. Este facer e experiementar lévanos a que así, e con máis saberes, se vaian conformando creacións e obras que se asentan como xéneros facéndose literatura. De aí que todas e todos facemos creación e logo algunhas e algúns xa conforman o seren autoras e autores no campo literario. Gozo moito coa poesía e coa narración. Pensemos que estes dous campos son os máis normalizados da nosa cultura. Cabodano de Isaac Díaz Pardo lunes 9 de noviembre de 2015
  6. 6. 9. Vostede, que tocou practicamente todos os xéneros literarios, con cal se sente máis a gusto á hora de escribir? Por que? Ocórrelle o mesmo tamén á hora de ler? David Otero Nest orde direi a poesía, a narración e as biografías. Son tres causas de moita entrega e consideración. O sentir e ver, o expresar, da poesía. O (re)crear do que son e co que convivo, a narración. A memoria e a exemplariedade, a biografía. Tamén, xusto xunto co ensaio, pásame a oler. 8. Son numerosas as asociación nas que Vostede actuou, e actúa, como fundador ou como membro. Serían realmente necesarias estas asociacións se quen ten que velar pola nosa cultura actuase en consecuencia? Supoñemos que de todas terá un grato recordo, pero con cal ou cales se quedaría e por que? Sempre. Os movementos asociativos, sexan como sexan e do tipo múltiple, son as verdadeiras dinamizadoras da sociedade e dos pobos. Van diante no andar na dirección dos horizontes. O malo é cando os movementos sociais de calquera tipo ao estar no poder o partido “amigo” se paran e perden a intensidade creativa das súas reivindicacións. Por iso son necesarias como motores de conquistas e de progreso. As asociacións, fundacións e demais colectivos, agora referido ao mundo cultural, teñen sempre unha presenza importante e sempre deben estar aí. O grao de intensidade varía e sobre todo de forma moi triste debo significar o pouco de atención que moitas das institucións lle adican e orzamentan. Poño por caso. O gobernos galego leva anos sen sacar unhas convocatorias de axudas a fundacións e AACC de Galicia. Axudas para desenvolver programas propios de casa asociación. Queren gobernar a Cultura e iso é mala cousa. A Cultura non se goberna. A obra cultural non se fai nos convenios singularizados, nin baixo corda. Imos mal e hai que airealo. Os Colectivos son necesarios e as institucións teñen que funcionar no que lles corresponde. Non teñen que controlar nada por aquilo de se son amigos ou non. A Cultura non ten partido. E cada quen ten as súas responsabilidades, as súas funcións. Unha boa parte do combustible debe vir das institucións, pero a potencia e a enerxía, o traballo, é cousa das Asociacións. Así andaremos. Das Asociacións que máis quero debo destacar as Fundacións Castelao, Bóveda e Pedrón de Ouro. Dos colectivos direi AC Vagalumes, Irmandade Manuel María da Terra Chá e Xermolos. Portada: “Castelao corenta anos despois” lunes 9 de noviembre de 2015
  7. 7. 11. Como ve Vostede o futuro do noso idioma últimamente tan atacado? E o da nosa cultura? David Otero O noso idioma está controlado polo lexislado. Outro tanto a nosa Cultura. Estamos nun momento de dinamitación considerable. Alguén díxolles ou lles dixeron, Faes Goberno, Goberno Faes, que habería que controlar as cousas, digo identidade, idioma, cultura, nación e pobo, e collérono ao pé da letra e fan todo o posible por telo controlado. Mesmo se non lles fose caro dinamitaríanos de vez. Punto. Pero tamén, ollo, teñen a nosa resistencia e a nosa rebeldía, que non é pouca e considérana e non pouco. O futuro está problemático salvo o encender e prender lume de nós, en especial da mocidade, que sabendo ser NÓS, usan comprensivamente os nosos sinais definitoios e dterminantes, Lingua e Cultura en Pobo de seu e así non haberá forza asoballante que nos pare. Son optimista dentro da experiencia que fun acollendo cos anos e coas vivencias. Penso que vou sabendo que facer con ela. E por iso penso que a cousa non ha ir a peor. Melloraremos. 10. Vostede está a traballar arreo coa nosa xuventude con todo tipo de actos. Como enxerga o futuro desta xuventude e o compromiso que esta amosa para con Galiza e coa nosa cultura? A mocidade constitúe a forza irrenunciable do que queremos construír a cada paso e hora. O seu futuro vai moito no que sexamos quen de exemplerizar e motivar a que se busquen as súas verdades e que se fagan as súas preguntas. Teñen a súa forma de ser e nós non podemos interferir, pero si intervir a boa fe. Nótano ben cando a cousa vai de amigo e non de coleguilla ou paternalismo innecesario. Teñen os seus lugares e tempos e neles viven os seus acertas e os seus erros. Constrúense, fanse, únense se lles peta. Viven. E así buscan e rebuscan, experimentan e desecan. Atopan ou non. Quedan ou vanse. E o mundo segue. Se o queren, se o comprenden, as súas forzas son inmedibles. E que ninguén pense que van á súa bóla. Son moi receptivos. Pero non os engañes. Non hai nada máis rebelador que unha carauta Non xogues con eles para gañar. Son máis responsables do que se pensa. E non olvidemos que nós estivemos aí e elas e eles estanse facendo, construíndo, afirmando. As preguntas e as dúbidas son obrigadas. Non lle deas despostas innecesarias ou lle (im)poñas camiños prefabricados. Para elas e para eles todo debe coller sentido. E Galiza, o Pobo do Galego, tamén o ten para elas e para eles. E de aí tamén a Lingua e a Cultura. A Historia e o mañá. Son e serán responsables. Seguro. Portada: “¿Qué facer coas palabras?” lunes 9 de noviembre de 2015
  8. 8. CUESTIONARIO lunes 9 de noviembre de 2015
  9. 9. O entorno e a capela de Sta. Comba de Bande Un monumento salientábel? Neste momento Pedro Feijoo “A memoria da choiva”(ed. Xerais p r e m i a d a p o l a s l e c t o r a s e p o l o s lectores) Un/ha autor/-a e unha obra literaria galegos? Paio o estudante da terceira parte de “ Os camiños da vida” de D Ramón Otero Pedrayo e Africa do poema “ Reconquista” de Agostinho Neto. Un personaxe galego e un estranxeiro? Jhon Berger “ Unha vez en Europa”Un/ha autor/-a e unha obra literaria estranxeiros? O mestre da Lingua das Bolboretas do libro “ Que me queres amor” de Manolo Rivas. Un personaxe literario co que se identifique? “ Campás de medianoite” Unha película de cine? lunes 9 de noviembre de 2015
  10. 10. A normalización do meu pobo como pobo de seu e todo o que iso de normalizar conleva. Un anceio por realizar? Para visitar as ribeiras do Ulla en especial “ O Areal”. Para vivir a aldea. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Non ter que convencer a ninguén máis de que somos un pobo de noso con Lingua Galega nosa e Cultura propia e diferenciada. Unha utopía? Na sala da casa das Quintas de Codeseda, A Estrada Un lugar axeitado para a lectura? A galega. A canción “Aquí” do grupo AQuenlla e letra de X.L.Rivas (Mini). Un tipo de música? Unhacanción? A música, a natureza, o cine Outro entretemento ademais da lectura? lunes 9 de noviembre de 2015
  11. 11. A literatura para min non é un entretemento. Pero si, un entretemento para min é facer versos coa debrozadora. E con estribillos…!!!Outro entretemento ademais da literatura? Todo Mundo rural/urbano? Praia/montaña? A revolta irmandiña e a guerrilla da resistencia en Galiza. Un feito histórico? Poñerme a sentir e así intuir. Logo a expresión, se son quen, desa vivencia entregándome aos pensamentos acumulados de vivencias de tantos tempos. A intuición é para min a máis pura inspiración. Cal é a súa fonte de inspiración? Don Ramón Otero Un/ha autor/-a con quen se identifique? A vida Cal é a súa fonte de inspiración Unha obra teatral? “ Divinas palabras” de Valle Inclán. lunes 9 de noviembre de 2015

×