SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
OBXECTIVOS
Área de Autocoñecemento e Autonomía Persoal
• Afianza-la coordinación óculo-manual necesaria para realizar actividades motrices de carácter fino,
mellorando a precisión dos seus movementos e utilizando pequenos instrumentos.
Área de coñecemento do contorno e interacción co mundo:
• Adquirir progresivamente un coñecemento lóxico-matemático, describindo obxectos e situacións,
as súas propiedades e as relacións que entre eles se establecen a través da experimentación activa.
• Identificar e recoñecer os cardinais desde o 0 ata o 9, controlando a direccionalidade da súa grafía e
asociando o número coa cantidade.
• Situarse espacialmente respecto a nocións básicas, identificando estas nocións en si mesmo/a e nos
obxectos.
• Utilizar adecuadamente cuantificadores e nocións básicas de medida.
• Identificar e recoñece-las formas planas.
• Recoñecer algunhas formas xeométricas diferenciando unhas doutras.
• Acepta-la propia situación familiar, desenvolvendo actitudes de afecto e respecto cara ós membros
da súa familia, valorando e asimilando as súas normas de convivencia.
• Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, televisión, DVD, reprodutores
musicais, videoxogos …
Área de linguaxes: Comunicación e Representación.
• Progresar na expresión oral introducindo nas súas producións variacións morfolóxicas, utilizando as
palabras do vocabulario e construíndo frases cunha estruturación correcta.
• Progresar na linguaxe oral producindo sons, sílabas e palabras con soltura, para así poder acometer
a linguaxe escrita con éxito.
• Utiliza-las posibilidades da expresión plástica, musical e corporal para representar obxectos,
situacións, ideas … ampliando as súas posibilidades comunicativas e desenvolvendo a creatividade.
• Comprende-las mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador,
DVD, reprodutores musicais, …), e entende-la importancia e a necesidade de utilizalos
moderadamente
Para lingua estranxeira: Inglés
• Identificar el vocabulario de clase.
• Nombrar el vocabulario de clase.
• Entender la pregunta: What’s this?
• Identificar los colores: red y yellow.
• Entender la preguntas What colour is it?
• Participar activamente en una canción
• Nombrar a los miembros de la familia.
• Entender la pregunta: Who’s this?
• Reconocer el vocabulario de la familia.
• Identificar números del 1-6
• Nombrar juguetes.
• Entender las preguntas: What’s this? Is this a…?
• Revisar los colores red, yellow, blue y green.
• Entender la pregunta: What colour is it?
CONTIDOS
Área de Autocoñecemento e Autonomía persoal.
– Control e precisión no uso de utensilios e obxectos.
– Coordinación e control corporal nas actividades lúdicas que impliquen movemento global ou
segmentario e adquisición de habilidades motrices novas.
Área de coñecemento do contorno e interacción co mundo:
– Ordenación, comparación e clasificación de obxectos atendendo ás súas características e
propiedades.
– Identificación dalgunhas formas planas e corpos xeométricos.
– Utilización do cardinal para determinar cantidades.
– Expresión da situación espacial dos obxectos e de si mesmo/a.
– Aplicación de nocións de cantidade.
– Ordenación de obxectos segundo diversas leis de seriación.
– Uso adecuado dos cuantificadores básicos.
– Observación, manipulación e comparación de figuras.
– Adaptación aos hábitos horarios establecidos na casa.
– Participación na elaboración das normas e pautas de comportamento na casa e utilización adecuada
dos obxectos e espazos da casa.
Área de linguaxes: Comunicación e Representación.
– Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais percibindo semellanzas e
diferenzas entre elas.
– Utilización axustada da información que proporcionan os diferentes soportes da lingua escrita:
libros, revistas, carteis …
– Comparación de imaxes establecendo semellanzas e diferenzas entre elas.
– Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos.
– Achegamento a diferentes producións audiovisuais (películas, debuxos animados, videoxogos …).
– Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios
audiovisuais.
– Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación.
– Utilización dos diversos materiais e técnicas da expresión plástica para realizar obras que
desenvolvan a súa creatividade.
ACTIVIDADES E TAREFAS
As actividades que se fixeron neste terceiro trimestre, referidas aos contidos anteriores, e para acadar
os obxectivos correspondentes , foron as seguintes:
• RECOMENDACIÓNS AOS PAIS, non obrigatorias, para levar o mellor posible a situación
extraordinaria do confinamento, producido pola pandemia do COVID 19, e poder realizar cos nenos e
nenas diversas actividades en común. Estas Recomendacións mandáronse aos alumnos o Domingo 15
de Marzo.
• PROPOSTAS DE ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PROXECTO DE ROBÓTICA que estábamos a
traballar no colexio antes de suspender as clases. Estas foron diferentes actividades de:
- Colorear, decorar, picar e recortar diferentes figuras.
- Colorear segundo os códigos diferentes.
- Recoñecemento das distintas formas planas básicas.
- Realización de series sinxelas.
- Seguimento da serie numérica.
- Asociación de grafías e cantidades.
- Realización de laberintos.
- Exercicios de grafomotricidade fina seguindo líneas de puntos.
- Realización de quebracabezas.
- Construción de palabras e frases sinxelas.
Estas propostas enviáronse aos alumnos o Domingo 22 de Marzo e o Mércores 1 de Abril.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “QUIERO UNA MAMÁ ROBOT”. Trala proxección do
conto e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades:
- Colorear, picar e recortar as figuras dos personaxes do conto.
- Escribir o título e os nomes dos personaxes do conto.
- Realizar debuxos alusivos ao conto.
- Contar e numerar os personaxes e escribir as grafías do número correspondente.
• XOGAMOS. Enlace dunha páxina on line de xogos lóxico- matemáticos, donde os nenos/as
podían xogar a diferentes xogos segundo a súa idade, nivel e capacidade:
https://es.ixl.com/math/infantil Esta proposta fíxose o Luns 20 de Abril.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “A QUÉ SABE A LÚA”. Trala proxección do conto e
partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades:
- Colorear, picar, recortar e pegar as figuras dos personaxes do conto.
- Escribir o título e os nomes dos personaxes do conto.
- Realizar debuxos alusivos ao conto.
- Contar as letras das palabras.
- Identificar as grafías dos números.
- Números ordinais e cardinais.
- Comprensión de preguntas e cuestións de situación espacial .
Ditas actividades enviáronse aos alumnos o Luns 27 de Abril.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “LA ORUGA GLOTONA”. Trala proxección do conto e
partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades:
- Realización de series sinxelas.
- Identificación de cores, tamaños, iguales e diferentes.
- Relacionar grafías e cantidades.
- Realización de laberintos.
- Ordenar diferentes secuencias dunha historia.
- Repasar lineas de puntos.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “QUIERO TENER UN ROBOT”. Trala proxección do conto
e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades:
- Colorear, picar, recortar e pegar os personaxes do conto.
- Escribir o título do conto e os nomes dos personaxes.
- Facer una lista dos xoguetes da protagonista e unha lista dos mobles da casa.
- Contar e escribir o número dos xoguetes e dos mobles das listas.
- Facer debuxos alusivos ao conto.
As actividades deste conto enviáronse aos alumnos o Luns 11 de Maio.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “EN FAMILIA”, de Olga de Dios
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “DE QUÉ COLOR ES TU FAMILIA” de Ana María González
Herrera.
Estes dous contos enviáronse o venres 15 de maio para conmemorar o “Día da familia”.
• ACTIVIDADES ONLINE DO SEMINARIO GALÁN: O luns 18 de maio enviaranse para
conmemorar o Día das Letras Galegas. Estas actividades están relacionadas coa biografía de
Ricardo Carvalho Calero.
• CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “EL CONJEO BLANCO” e as actividades relativas ao conto
similares as actividades dos outros contos anteriores. Enviaranse o luns 25 de maio.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
TERCEIRA AVALIACIÓN. 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
• Participa activamente nas actividades e tarefas.
• Remata as tarefas e actividades que empeza.
• Identifica as cores.
• Presenta unha boa motricidade fina.
• Realiza encaixes e quebracabezas.
• Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, arriba/abaixo…
Área: Coñecemento do contorno.
• Clasifica os obxectos atendendo a algún criterio.
• Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado.
• Emprega a acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico.
• Asocia algún número coas cantidades que representan.
• Recoñece algunhas figuras xeométricas: cuadrado, círculo, triángulo.
Área Linguaxes: Comunicación e representación.
• Comprende as explicacións que se dan na clase.
• Expresa con espontaneidade e coherencia emocións, sentimentos e vivenzas.
• Usa frases de construción sinxela.
• Exprésase con frases correctas e terminadas.
• Recoñece o seu nome.
• Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas e
cualitativas.
• Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.
• Participa con interese en actividades expresivas plásticas.
• Traballa con interese con calquera tipo de material.
• Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC.
TERCEIRA AVALIACIÓN. 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
• Mostra habilidade nas construcións e na manipulación de pezas pequenas.
• Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, preto/lonxe, primeiro/derradeiro….
• Participa activamente nas actividades e tarefas.
• Amósase constante na súa actividade.
• Esfórzase na realización das tarefas.
• Presenta unha boa motricidade fina.
• Manexa as tesoiras axeitadamente.
Área: Coñecemento do contorno.
• Enumera diferenzas e semellanzas entre obxectos segundo as súas propiedades.
• Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado.
• Fai agrupacións de obxectos atendendo a unha determinada cantidade.
• Conta de forma ordenada e dando un cardinal final que representa a cantidade de obxectos
dada.
• Ordena obxectos seguindo un criterio: tamaño, forma…
• Emprega os cuantificadores básicos (máis, menos, igual)
• Asocia algúns números coas cantidades que representan.
• Coñece a serie numérica.
• Recoñece algunhas figuras xeométricas: rectángulo, cuadrado…
• Representa con debuxos o observado ou experimentado.
Área Linguaxes: Comunicación e representación.
• Incorpora ao seu vocabulario as palabras novas.
• Exprésase con frases correctas e terminadas.
• Comprende as explicacións que se dan na clase.
• Recoñece o nome dos compañeiros e compañeiras.
• Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas y
cualitativas.
• Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.
• Gusta de facer uso da escritura(convencional ou non) para transmitir información.
• No proceso de aprendizaxe da lingua escrita atópase na etapa silábica con correspondencia
sonora.
• Participa con interese en actividades expresivas plásticas.
• Amosa imaxinación e iniciativa nas súas produccións plásticas.
• Traballa con interese con calquera tipo de material.
• Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC.
TERCEIRA AVALIACIÓN. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL.
Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
• Mostra habilidade nas construcións e na manipulación de pezas pequenas.
• Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, preto/lonxe, primeiro/derradeiro….
• Participa activamente nas actividades e tarefas.
• Amósase constante na súa actividade.
• Esfórzase na realización das tarefas.
• Presenta unha boa motricidade fina.
Área: Coñecemento do contorno.
• Enumera diferenzas e semellanzas entre obxectos segundo as súas propiedades.
• Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado.
• Emprega a acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico.
• Ordena obxectos seguindo un criterio: tamaño, forma…
• Emprega os cuantificadores básicos (máis, menos, igual)
• Asocia algúns números coas cantidades que representan.
• Coñece a serie numérica.
• Asocia as figuras xeométricas coas formas presentes no seu contorno.
• Representa con debuxos o observado ou experimentado.
Área Linguaxes: Comunicación e representación.
• Incorpora ao seu vocabulario as palabras novas.
• Exprésase con frases correctas e terminadas.
• Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas y
cualitativas.
• Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais.
• Gusta de facer uso da escritura (convencional ou non) para transmitir información.
• No proceso de aprendizaxe da lingua escrita, atópase na etapa alfabética.
• Amosa imaxinación e iniciativa nas súas produccións plásticas.
• Traballa con interese con calquera tipo de material.
• Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC.
Para lingua estranxeira: Inglés, os criterios de avaliación e os contidos son os seguintes:
A avaliación farase tendo en conta a asistencia dos alumnos nos dous primeiros trimestres e acorde
aos ITEMS:
• Amosa curiosidade por coñecer a lingua estranxeira.
• Participa en situaciones comunicativas.
• Comprende mensaxes orais diversos.
• Amosa interés por escoitar contos.
• Participa nas situacións de lectura.
• Exprésase e comunícase usando palabras sinxelas na lingua estranxeira.
TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN
Partimos dunha avaliación continua, global e formativa onde a principal técnica do proceso avaliador
é a observación directa e sistemática. Tendo en conta isto, as técnicas e instrumentos de avaliación
utilizadas neste terceiro trimestre, foron:
- A observación dos traballos realizados e enviados por correo electrónico ou outros medios.
- Os vídeos de actividades enviados a través do teléfono móbil ou outros medios.
- De maneira globalizada e tendo en conta todo traballo realizado durante o curso escolar.
COORDINACIÓN E SEGUIMENTOS COAS FAMILIAS
Os canles de comunicación adoptadas coas familias foron:
- A páxina web do colexio.
- O blog de Educación infantil do colexio: “Os pequerrechos de infantil”.
- O correo electrónico dos pais e profesores.
- A lista de difusión de WhatsApp do teléfono móvil.
- Chamadas telefónicas.
En canto a periodicidade das comunicacións coas familias, o Equipo de Educación Infantil enviou as
actividades para facer, unha vez por semana ao principio da semana, case sempre os luns. As
actividades cólganse na Web do colexio, no apartado do blog de Infantil e tamén enviáronse vía
whatsApp.
Respecto ás posibilidades de seguimento polos pais, cabe dicir, que si ben non todos os pais tiñan
ordenador e impresora na casa, si todos tiñan teléfono móbil; polo tanto a todos chegáronlles as
actividades. Tamén o Centro dispoñía da posibilidade de entregar fotocopias das actividades a través
dun servizo de mensaxería do Concello, para todos aqueles nenos/as que o precisasen.

More Related Content

Similar to 3 T. E.I. ceip da cruz

Similar to 3 T. E.I. ceip da cruz (20)

Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Reunion de decembro
Reunion de decembroReunion de decembro
Reunion de decembro
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Tâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendreTâche 2. Comment s'y prendre
Tâche 2. Comment s'y prendre
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
Reunión pais e nais de setembro 2016
Reunión pais e nais de setembro 2016Reunión pais e nais de setembro 2016
Reunión pais e nais de setembro 2016
 
Na casa
Na casaNa casa
Na casa
 
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptxActividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
Actividades construtivistas con textos 2 (1).pptx
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPAS
 
Taché 2
Taché 2Taché 2
Taché 2
 
Unidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdiUnidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdi
 
Tachê 2.
Tachê 2.Tachê 2.
Tachê 2.
 
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdfPROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
PROXECTO FERREIROS para blog-2.pdf
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 
Ler e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolaLer e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escola
 
Nunha Escola Surrealista
Nunha Escola SurrealistaNunha Escola Surrealista
Nunha Escola Surrealista
 
Titoría 5º-
Titoría 5º-Titoría 5º-
Titoría 5º-
 

More from clases particulares (8)

Fondolibros
FondolibrosFondolibros
Fondolibros
 
3 T do ceip da cruz
3 T do ceip da cruz3 T do ceip da cruz
3 T do ceip da cruz
 
Poema Día Del Padre 2º
Poema Día Del  Padre 2ºPoema Día Del  Padre 2º
Poema Día Del Padre 2º
 
Poema DíA Del Padre 2º
Poema DíA Del Padre 2ºPoema DíA Del Padre 2º
Poema DíA Del Padre 2º
 
Poema DíA Del Padre 2º
Poema DíA Del Padre 2ºPoema DíA Del Padre 2º
Poema DíA Del Padre 2º
 
Power A Rribada
Power A RribadaPower A Rribada
Power A Rribada
 
Escuela de Padres
Escuela de PadresEscuela de Padres
Escuela de Padres
 
Mulleres da historia
Mulleres da historiaMulleres da historia
Mulleres da historia
 

3 T. E.I. ceip da cruz

  • 1.
  • 2. OBXECTIVOS Área de Autocoñecemento e Autonomía Persoal • Afianza-la coordinación óculo-manual necesaria para realizar actividades motrices de carácter fino, mellorando a precisión dos seus movementos e utilizando pequenos instrumentos. Área de coñecemento do contorno e interacción co mundo: • Adquirir progresivamente un coñecemento lóxico-matemático, describindo obxectos e situacións, as súas propiedades e as relacións que entre eles se establecen a través da experimentación activa. • Identificar e recoñecer os cardinais desde o 0 ata o 9, controlando a direccionalidade da súa grafía e asociando o número coa cantidade. • Situarse espacialmente respecto a nocións básicas, identificando estas nocións en si mesmo/a e nos obxectos. • Utilizar adecuadamente cuantificadores e nocións básicas de medida. • Identificar e recoñece-las formas planas. • Recoñecer algunhas formas xeométricas diferenciando unhas doutras. • Acepta-la propia situación familiar, desenvolvendo actitudes de afecto e respecto cara ós membros da súa familia, valorando e asimilando as súas normas de convivencia. • Iniciarse no uso dalgúns instrumentos tecnolóxicos: ordenador, televisión, DVD, reprodutores musicais, videoxogos … Área de linguaxes: Comunicación e Representación. • Progresar na expresión oral introducindo nas súas producións variacións morfolóxicas, utilizando as palabras do vocabulario e construíndo frases cunha estruturación correcta. • Progresar na linguaxe oral producindo sons, sílabas e palabras con soltura, para así poder acometer a linguaxe escrita con éxito. • Utiliza-las posibilidades da expresión plástica, musical e corporal para representar obxectos, situacións, ideas … ampliando as súas posibilidades comunicativas e desenvolvendo a creatividade. • Comprende-las mensaxes audiovisuais emitidas por algúns instrumentos tecnolóxicos (ordenador, DVD, reprodutores musicais, …), e entende-la importancia e a necesidade de utilizalos moderadamente Para lingua estranxeira: Inglés • Identificar el vocabulario de clase. • Nombrar el vocabulario de clase. • Entender la pregunta: What’s this? • Identificar los colores: red y yellow. • Entender la preguntas What colour is it? • Participar activamente en una canción • Nombrar a los miembros de la familia. • Entender la pregunta: Who’s this? • Reconocer el vocabulario de la familia. • Identificar números del 1-6 • Nombrar juguetes.
  • 3. • Entender las preguntas: What’s this? Is this a…? • Revisar los colores red, yellow, blue y green. • Entender la pregunta: What colour is it? CONTIDOS Área de Autocoñecemento e Autonomía persoal. – Control e precisión no uso de utensilios e obxectos. – Coordinación e control corporal nas actividades lúdicas que impliquen movemento global ou segmentario e adquisición de habilidades motrices novas. Área de coñecemento do contorno e interacción co mundo: – Ordenación, comparación e clasificación de obxectos atendendo ás súas características e propiedades. – Identificación dalgunhas formas planas e corpos xeométricos. – Utilización do cardinal para determinar cantidades. – Expresión da situación espacial dos obxectos e de si mesmo/a. – Aplicación de nocións de cantidade. – Ordenación de obxectos segundo diversas leis de seriación. – Uso adecuado dos cuantificadores básicos. – Observación, manipulación e comparación de figuras. – Adaptación aos hábitos horarios establecidos na casa. – Participación na elaboración das normas e pautas de comportamento na casa e utilización adecuada dos obxectos e espazos da casa. Área de linguaxes: Comunicación e Representación. – Identificación de palabras e frases escritas moi significativas e usuais percibindo semellanzas e diferenzas entre elas. – Utilización axustada da información que proporcionan os diferentes soportes da lingua escrita: libros, revistas, carteis … – Comparación de imaxes establecendo semellanzas e diferenzas entre elas. – Iniciación no uso de instrumentos tecnolóxicos. – Achegamento a diferentes producións audiovisuais (películas, debuxos animados, videoxogos …). – Achegamento á interpretación de mensaxes, textos e relatos orais producidos por medios audiovisuais. – Uso moderado das tecnoloxías da información e da comunicación. – Utilización dos diversos materiais e técnicas da expresión plástica para realizar obras que desenvolvan a súa creatividade.
  • 4. ACTIVIDADES E TAREFAS As actividades que se fixeron neste terceiro trimestre, referidas aos contidos anteriores, e para acadar os obxectivos correspondentes , foron as seguintes: • RECOMENDACIÓNS AOS PAIS, non obrigatorias, para levar o mellor posible a situación extraordinaria do confinamento, producido pola pandemia do COVID 19, e poder realizar cos nenos e nenas diversas actividades en común. Estas Recomendacións mandáronse aos alumnos o Domingo 15 de Marzo. • PROPOSTAS DE ACTIVIDADES RELACIONADAS CO PROXECTO DE ROBÓTICA que estábamos a traballar no colexio antes de suspender as clases. Estas foron diferentes actividades de: - Colorear, decorar, picar e recortar diferentes figuras. - Colorear segundo os códigos diferentes. - Recoñecemento das distintas formas planas básicas. - Realización de series sinxelas. - Seguimento da serie numérica. - Asociación de grafías e cantidades. - Realización de laberintos. - Exercicios de grafomotricidade fina seguindo líneas de puntos. - Realización de quebracabezas. - Construción de palabras e frases sinxelas. Estas propostas enviáronse aos alumnos o Domingo 22 de Marzo e o Mércores 1 de Abril. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “QUIERO UNA MAMÁ ROBOT”. Trala proxección do conto e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades: - Colorear, picar e recortar as figuras dos personaxes do conto. - Escribir o título e os nomes dos personaxes do conto. - Realizar debuxos alusivos ao conto. - Contar e numerar os personaxes e escribir as grafías do número correspondente. • XOGAMOS. Enlace dunha páxina on line de xogos lóxico- matemáticos, donde os nenos/as podían xogar a diferentes xogos segundo a súa idade, nivel e capacidade: https://es.ixl.com/math/infantil Esta proposta fíxose o Luns 20 de Abril. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “A QUÉ SABE A LÚA”. Trala proxección do conto e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades: - Colorear, picar, recortar e pegar as figuras dos personaxes do conto. - Escribir o título e os nomes dos personaxes do conto. - Realizar debuxos alusivos ao conto. - Contar as letras das palabras. - Identificar as grafías dos números. - Números ordinais e cardinais. - Comprensión de preguntas e cuestións de situación espacial . Ditas actividades enviáronse aos alumnos o Luns 27 de Abril.
  • 5. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “LA ORUGA GLOTONA”. Trala proxección do conto e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades: - Realización de series sinxelas. - Identificación de cores, tamaños, iguales e diferentes. - Relacionar grafías e cantidades. - Realización de laberintos. - Ordenar diferentes secuencias dunha historia. - Repasar lineas de puntos. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO: “QUIERO TENER UN ROBOT”. Trala proxección do conto e partindo desta motivación, suxeríronse as seguintes actividades: - Colorear, picar, recortar e pegar os personaxes do conto. - Escribir o título do conto e os nomes dos personaxes. - Facer una lista dos xoguetes da protagonista e unha lista dos mobles da casa. - Contar e escribir o número dos xoguetes e dos mobles das listas. - Facer debuxos alusivos ao conto. As actividades deste conto enviáronse aos alumnos o Luns 11 de Maio. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “EN FAMILIA”, de Olga de Dios • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “DE QUÉ COLOR ES TU FAMILIA” de Ana María González Herrera. Estes dous contos enviáronse o venres 15 de maio para conmemorar o “Día da familia”. • ACTIVIDADES ONLINE DO SEMINARIO GALÁN: O luns 18 de maio enviaranse para conmemorar o Día das Letras Galegas. Estas actividades están relacionadas coa biografía de Ricardo Carvalho Calero. • CONTACONTOS. VÍDEO DO CONTO “EL CONJEO BLANCO” e as actividades relativas ao conto similares as actividades dos outros contos anteriores. Enviaranse o luns 25 de maio. CRITERIOS DE AVALIACIÓN TERCEIRA AVALIACIÓN. 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. • Participa activamente nas actividades e tarefas. • Remata as tarefas e actividades que empeza. • Identifica as cores. • Presenta unha boa motricidade fina. • Realiza encaixes e quebracabezas. • Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, arriba/abaixo… Área: Coñecemento do contorno. • Clasifica os obxectos atendendo a algún criterio. • Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado. • Emprega a acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico. • Asocia algún número coas cantidades que representan.
  • 6. • Recoñece algunhas figuras xeométricas: cuadrado, círculo, triángulo. Área Linguaxes: Comunicación e representación. • Comprende as explicacións que se dan na clase. • Expresa con espontaneidade e coherencia emocións, sentimentos e vivenzas. • Usa frases de construción sinxela. • Exprésase con frases correctas e terminadas. • Recoñece o seu nome. • Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas e cualitativas. • Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais. • Participa con interese en actividades expresivas plásticas. • Traballa con interese con calquera tipo de material. • Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC. TERCEIRA AVALIACIÓN. 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. • Mostra habilidade nas construcións e na manipulación de pezas pequenas. • Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, preto/lonxe, primeiro/derradeiro…. • Participa activamente nas actividades e tarefas. • Amósase constante na súa actividade. • Esfórzase na realización das tarefas. • Presenta unha boa motricidade fina. • Manexa as tesoiras axeitadamente. Área: Coñecemento do contorno. • Enumera diferenzas e semellanzas entre obxectos segundo as súas propiedades. • Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado. • Fai agrupacións de obxectos atendendo a unha determinada cantidade. • Conta de forma ordenada e dando un cardinal final que representa a cantidade de obxectos dada. • Ordena obxectos seguindo un criterio: tamaño, forma… • Emprega os cuantificadores básicos (máis, menos, igual) • Asocia algúns números coas cantidades que representan. • Coñece a serie numérica. • Recoñece algunhas figuras xeométricas: rectángulo, cuadrado… • Representa con debuxos o observado ou experimentado. Área Linguaxes: Comunicación e representación. • Incorpora ao seu vocabulario as palabras novas. • Exprésase con frases correctas e terminadas. • Comprende as explicacións que se dan na clase. • Recoñece o nome dos compañeiros e compañeiras. • Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas y cualitativas.
  • 7. • Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais. • Gusta de facer uso da escritura(convencional ou non) para transmitir información. • No proceso de aprendizaxe da lingua escrita atópase na etapa silábica con correspondencia sonora. • Participa con interese en actividades expresivas plásticas. • Amosa imaxinación e iniciativa nas súas produccións plásticas. • Traballa con interese con calquera tipo de material. • Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC. TERCEIRA AVALIACIÓN. 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL. Área: Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. • Mostra habilidade nas construcións e na manipulación de pezas pequenas. • Sitúa os obxectos e localízaos: diante/detrás, dentro/fora, preto/lonxe, primeiro/derradeiro…. • Participa activamente nas actividades e tarefas. • Amósase constante na súa actividade. • Esfórzase na realización das tarefas. • Presenta unha boa motricidade fina. Área: Coñecemento do contorno. • Enumera diferenzas e semellanzas entre obxectos segundo as súas propiedades. • Realiza series sinxelas seguindo un criterio dado. • Emprega a acción de contar como estratexia para a obtención dun dato numérico. • Ordena obxectos seguindo un criterio: tamaño, forma… • Emprega os cuantificadores básicos (máis, menos, igual) • Asocia algúns números coas cantidades que representan. • Coñece a serie numérica. • Asocia as figuras xeométricas coas formas presentes no seu contorno. • Representa con debuxos o observado ou experimentado. Área Linguaxes: Comunicación e representación. • Incorpora ao seu vocabulario as palabras novas. • Exprésase con frases correctas e terminadas. • Percibe diferenzas e semellanzas entre palabras atendendo a propiedades cuantitativas y cualitativas. • Iniciouse no uso da escrita en situacións contextualizadas e reais. • Gusta de facer uso da escritura (convencional ou non) para transmitir información. • No proceso de aprendizaxe da lingua escrita, atópase na etapa alfabética. • Amosa imaxinación e iniciativa nas súas produccións plásticas. • Traballa con interese con calquera tipo de material. • Demostra interese e gusto polas actividades nas que se empregan as TIC. Para lingua estranxeira: Inglés, os criterios de avaliación e os contidos son os seguintes: A avaliación farase tendo en conta a asistencia dos alumnos nos dous primeiros trimestres e acorde aos ITEMS:
  • 8. • Amosa curiosidade por coñecer a lingua estranxeira. • Participa en situaciones comunicativas. • Comprende mensaxes orais diversos. • Amosa interés por escoitar contos. • Participa nas situacións de lectura. • Exprésase e comunícase usando palabras sinxelas na lingua estranxeira. TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN Partimos dunha avaliación continua, global e formativa onde a principal técnica do proceso avaliador é a observación directa e sistemática. Tendo en conta isto, as técnicas e instrumentos de avaliación utilizadas neste terceiro trimestre, foron: - A observación dos traballos realizados e enviados por correo electrónico ou outros medios. - Os vídeos de actividades enviados a través do teléfono móbil ou outros medios. - De maneira globalizada e tendo en conta todo traballo realizado durante o curso escolar. COORDINACIÓN E SEGUIMENTOS COAS FAMILIAS Os canles de comunicación adoptadas coas familias foron: - A páxina web do colexio. - O blog de Educación infantil do colexio: “Os pequerrechos de infantil”. - O correo electrónico dos pais e profesores. - A lista de difusión de WhatsApp do teléfono móvil. - Chamadas telefónicas. En canto a periodicidade das comunicacións coas familias, o Equipo de Educación Infantil enviou as actividades para facer, unha vez por semana ao principio da semana, case sempre os luns. As actividades cólganse na Web do colexio, no apartado do blog de Infantil e tamén enviáronse vía whatsApp. Respecto ás posibilidades de seguimento polos pais, cabe dicir, que si ben non todos os pais tiñan ordenador e impresora na casa, si todos tiñan teléfono móbil; polo tanto a todos chegáronlles as actividades. Tamén o Centro dispoñía da posibilidade de entregar fotocopias das actividades a través dun servizo de mensaxería do Concello, para todos aqueles nenos/as que o precisasen.