Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Canto espacio !!!! (raquel saavedra)

249 views

Published on

Tarefa realizada por Raquel Saavedra cos seus alumnos-as de 6º de educación infantil do CEIP Canicouva.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Canto espacio !!!! (raquel saavedra)

  1. 1. TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS (2016-17) CURSO 6º Educación Infantil (5 anos). RAQUEL SAAVEDRA ÁREAS Globalizado TEMPORALIZACIÓN Terceiro trimestre. Título CANTO ESPACIO !!!! Descrición Investigamos sobre todo o que teña que ver co espacio. Produto VIDEO RESUMO SOBRE O TEMA Contexto Centro escolar, … ACTIVIDADE MOTIVACIÓN Os alumnos-as comezan cunha asamble na que aportan as súas ideas sobre o tema; sobre todo: - Que sabemos? - Que queremos saber? Indicador Participa na planificación dos proxectos desenvolvidos na aula. Fai propostas de actividades a realizar. ACTIVIDADE 1 Imaxes entre aulas nas paredes e teito. Decoramos o espazo entre aulas coas constelacións traballadas. - Aclaramos as constelacións que ten cada neno-a segundo o seu día de nacemento e, polo tanto, o horóscopo. - Aclaramos constelacións da mitoloxía. - Localizamos as constelacións na web. - Unimos os puntos que definen as constelacións nunha ficha. - Trasladamos as constelacións traballadas nun papel corrido negro. - Colocamos nas paredes e no teito do espazo interaulas as constelacións. Indicador Gústalle participar nos proxectos e pequenas investigacións que se fan na aula. ACTIVIDADE 2 Imaxes dos planetas. Planetas colgantes. - Reproducimos os principais planetas e satélites usando distintas técnicas. - Recortamos os planetas feitos. - Preparamos fíos ou tanzas para colgar os planetas no espazo entre aulas. - Unimos os fíos aos planetas e colgámolos no teito entre aulas. Indicador Presenta unha boa motricidade fina. Manexa as tesoiras axeitadamente.
  2. 2. ACTIVIDADE 3 Os planetas e satélites falan coas voces dos nenos-as. APP. Chatterkid. Planetas que falan de sí. - Reproducimos os planetas con distintas técnicas. - Fotografíamos os planetas traballados antes de recortalos na actividade anterior. - Preparamos os principais datos que podemos contar de cada planeta. - Falamos o que sabemos para gravar na app Chatterkid. Cada neno-a pon a súa voz a un planeta. Indicadores As súas produccións plásticas son orixinais e creativas. Explora as posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais … Adecúa o seu ton de voz á situación. Utiliza, naS súas posibilidades, ferramentas tecnolóxicas como medios de expresión. ACTIVIDADE 4 Cohetes para viaxar polo espazo. APP. Foldify + Imaxes dos cohetes. Elaboramos o noso cohete. - Cada neno-a deseña o seu cohete con figuras xeométricas que teñen nos xogos de aula. - Escollemos o cohete que máis nos gustou aos membros do grupo. - Conseguimos os patróns necesarios para montar o cohete na app Foldify. - Imprimimos os patróns e os decoramos ao noso gusto. - Recortamos as figuras patróns xa decoradas. - Plegamos as pezas como indica o patrón. - Pegamos as pezas para montar finalmente o cohete. Estándar-es – Indicadores As súas produccións plásticas son orixinais e creativas. Explora as posibilidades plásticas e creativas de distintos materiais … Explora ludicamente as propiedades e as características dalgúns corpos xeométricos elementais. ACTIVIDADE 5 Video final Montar o video final que resume o traballado. - Deseñar e montar o video (app iMovie) no que utilizamos os subprodutos das 4 actividades anteriores. - Na medida do posible e coa guía do mestre-a. Indicadores Traduce o que observou ou experimentou á linguaxe verbal ou xestual. Recorda feitos e situacións vividas na clase e participa na súa narracion. Adecúa o seu ton de voz á situación. Utiliza, na medida das súas posibilidades, as ferramentas tecnolóxicas como medios de expresión.

×