Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Ficha tarefa Canicópolis

233 views

Published on

Proxecto Canicópolis.
CEIP Canicouva de Vigo.
Aula de 3º, curso 2016/2017.
Titora: Paula Rey Silva

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Ficha tarefa Canicópolis

  1. 1. TAREFAS CON FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS 2016-2017 (CEIP – Canicouva) CURSO 3º EP TITORA: PAULA REY SILVA ÁREAS LINGUAS GALEGA E CASTELÁ E LITERATURA EDUCACIÓN PLÁSTICA TEMPORALIZACIÓN 2º E 3º TRIMESTRE Título CANICÓPOLIS Descrición Durante o segundo e terceiro trimestre, e dentro do proxecto documental integrado do centro “A VOLTA AO COLE EN 80 LIBROS”, dende a titoría de terceiro traballamos a mitoloxía (grega e galega), dende o plan de animación á lectura e a escritura de aula: investigamos, limos, aprendemos, escribimos, contamos, debuxamos, xogamos, disfrazámonos e representamos teatralmente, mitos. Non empregamos todas as horas das áreas, senón que as fomos distribuíndo segundo ás necesidades. Produto GLOSARIO DE MITOS. Contexto Instalacións do centro ACTIVIDADE 1: MOTIVACIÓN-SORPRESA-EMOCIÓN PERCY JACKSON E O LADRÓN DO RAIO Cinco sesións de lectura da primeira semana do 2º trimestre. Cando chegaron do recreo o primeiro día atoparanse as persianas baixadas, as esterillas e coxíns preparados diante da pantalla branca e unha película preparada para proxectar, xerando curiosidade e desexo de saber que pasará. Puxemos a película. Algúns recoñecérona e pedímoslles que gardaran o segredo do que nela pasará. Aos poucos fóronse dando conta que trata sobre a mitoloxía grega. A película en cuestión é Percy Jackson e o ladrón do raio. A película proxectarase por
  2. 2. partes, 30’ diarios durante unha semana. Escollín esta película non só pola introdución ao mundo mitolóxico grego, senón porque está baseada nunha novela de Rick Riordan. Aos nenos e nenas que lles gustou moito leron os libros. Lembremos que o proxecto está vinculado co traballo da biblioteca do centro. Despois da última sesión de Percy pregunteilles se querían participar nun proxecto sobre Mitoloxía e dixeron emocionados que si. Estándares - Indicadores LCB1.1.2. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas, respecto da opinión dos e das demais.  Segue con atención a película. Non interrompe durante a proxección e deixa escoitar aos demais.  Participa activa e respetuosamente no debate e nas aclaracións durante o visionado do filme. ACTIVIDADE 2: CREACIÓN DE XOGOS DEUSES DO OLIMPO E CRIATURAS MITOLÓXICAS Estudaremos as súas calidades, atributos, etc dos olímpicos. Descubriremos onde está o Olimpo e crearemos un xogo tipo Memory para emparellar ilustracións de deuses e os seus nomes. Dedicaremos outra sesión para crear o mesmo xogo pero coas criaturas mitolóxicas que aparecen na película. Noutra sesión, aproveitando as fichas do Memory xogaremos a Adiviña quen son?. Un membro do equipo colle sen ver unha das ilustracións anteriores. Tira un dado, se cae en 1 ou 2, terá que facer que o seu equipo adiviñe o personaxe facendo mímica. Se cae e 3 ou 4, debuxará. Se toca un 5 ou 6 describirá.
  3. 3. Estándares – Indicadores LGB1.3.1. Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o interlocutor e intervindo adecuadamente.  Evita as discusión e acepta os distintos puntos de vista. ACTIVIDADE 3: A GRECIA CLÁSICA MAPA, ALFABETO E LETRAS TIPO GREGO Debuxamos o mapa Grecia Clásica, para poder situar sobre el, os lugares que nos foron aparecendo nos mitos. Coñecemos tamén o alfabeto grego clásico e a súa correlación co noso. Escribimos mensaxes aos nosos compañeiros/as nesa lingua. Rematamos incluíndo un alfabeto latino escrito con letras estilo grego, para que puidera de ter de modelo a hora de escribir títulos nos seus traballos do glosario. Estándares – Indicadores LCB4.6.1. Compara aspectos (gráficos, sintácticos, léxicos) das linguas que coñece. LGB3.7.2. Valora a lingua escrita como medio de comunicación e de expresión creativa. LGB4.7.1. Valora a lingua galega dentro da realidade plurilingüe e pluricultural de España e de Europa.  É capaz de escribir unha curta mensaxe pasando do galego ao grego clásico co apoio do alfabeto.  Participa activamente na elaboración dunha mensaxe creativa. ACTIVIDADE 4: PERSONIFICACIÓNS DE MITOS SOMOS GREGOS E GREGAS: OS MITOS DE CANICOUVA Realizamos a elección de personaxes mitolóxicos para crear cada disfrace. Previamente presentamos un tráiler onde llos animaba a que participara no proxecto, que aprenderan, que descubriran, que gozaran. Vídeo elaborado pola titora
  4. 4. coa app IMovie https://www.youtube.com/watch?v=rTt27IO2dSI Logo do sorteo a repartición foi a seguinte: 14 deuses, 1 sátiro Pan, 1 Medusa, 5 heroes (Heracles, Aquiles, Teseo, Xasón e Perseo) e 3 ninfas. Como profe disfraceime do centauro Quirón e dúas nais de Furias. Os disfraces fixémolos en colaboración de familias voluntarias que viñeron ao colexio a axudarnos. Os traxes levárono no desfile de Entroido do colexio, en Comparsa polo barrio e posteriormente, nas gravacións e as representacións que fixemos para o resto de alumnado do centro. Aquí se poden ver na Comparsa: https://goo.gl/photos/4Mc7AbCGdaCfAt9B6 Estándares – Indicadores EPB2.1.3. Manexa material diverso nas producións plásticas, explorando diversas técnicas e actividades manipulativas. EPB2.1.4. Practica o recorte e pega materiais de diferentes texturas. EPB2.2.1. Coida e utiliza adecuadamente os recursos de traballo.  Participa activa e respectuosamente na elaboración do seu disfrace.  Emprega correctamente a técnica asignada.  Cumpre as normas das tarefa e respecta o traballo dos demais. ACTIVIDADE 5: GLOSARIO I OS E AS BLOGERS GREGOS/AS Investigación e conclusións sobre cada personaxe. A partir de varios libros achegados pola biblioteca do centro (e algúns aportados polo alumnado e pola mestra) cada neno/a investigou sobre o personaxe que representou durante o proxecto. De maneira moi resumida escribírono no blogue de aula. Aproveitamos as sesións diarias de asemblea, para que cada día foron contando dun en un o que aprenderon do seu personaxe. http://orecunchodepaula.blogspot.com.es/search/label/Mitolox%C3%ADa
  5. 5. Estándares – Indicadores LCB1.3.1. Participa activamente e con coherencia básica en diversas situacións de comunicación: Exposicións orais seguindo un modelo, e guiadas, con axuda, cando cumpra, das tecnoloxías da información e da comunicación. LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios. LCB1.8.2. Organiza o discurso cunha secuencia coherente elemental, utilizando nexos básicos. LCB2.4.1. Dedica momentos de lecer para a lectura voluntaria. LCB2.5.1. Consulta na biblioteca, de xeito guiado, diferentes fontes bibliográficas e textos en soporte informático para obter información sobre temas do seu interese e necesarios para as súas tarefas de aula. LGB2.1.2. Identifica as ideas principais dun texto sinxelo (narrativo, descritivo, expositivo). LGB2.1.3. Busca, localiza e selecciona información concreta dun texto sinxelo. LGB3.1.2. Elabora o texto, con coherencia xeral e de xeito creativo. LGB3.5.1. Usa de xeito guiado, programas informáticos de procesamento de texto. LGB3.6.2. Ilustra creativamente os seus textos con imaxes redundantes co seu contido.  Le na hora de ler a descricións e as características do personaxe asignado.  Interpreta o texto e é quen de explicalo coas súas propias palabras.  Escribe no blog a presentación do seu personaxe con coherencia e concordancia.  Coida a ortografía básica, amosa interese por corrixila. ACTIVIDADE 6: KAMISIBHAI E VÍDEOS NARRAMOS MITOS: ASÍ COMEZOU TODO Aproveitando que contamos na clase cun Kamisibhai (teatrillo de cartón xaponés) e logo de ler diferentes mitos sobre o principio do universo, os deuses e a humanidade, segundo a mitoloxía grega, os nenos/as fixeron ilustracións alusivas
  6. 6. para poder contar estes mitos co kamisibhai (narración e ilustración). Aproveitando o traballo anterior cos debuxos e gravando a narración cunha gravadora dixital montamos uns vídeos co Movie Maker para facer os seguintes relatos:  O principio de todo: https://youtu.be/nCQbgQizwH4?list=PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV 1yyBP2lgQM  Os fillos de Cronos: https://www.youtube.com/watch?v=72ooM53Z800&t=16s&index=3&list =PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV1yyBP2lgQM  A guerra dos inmortais: https://www.youtube.com/watch?v=gdEKk_1vnl8&t=11s&index=4&list= PLdV6AQVH2aSpk2Az2VeDDSV1yyBP2lgQM  Tifón o Horror: https://youtu.be/JI33Ahky35s Estándares – Indicadores EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas etc.) para a composición de obras. EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas e colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas. LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas. LGB1.6.3. Amosa un discurso oral, claro, cunha pronuncia e entoación axeitadas e propias da lingua galega. LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada a cada acto comunicativo.  Responsabilízase de ilustrar a viñeta asignada.  Esfórzase en relacionar texto e imaxe.  Realiza o debuxo con corrección plástica, especialmente o coloreado.  Participa dun proxecto en común con unha clara interdependencia entre todos os membros da clase. O fallo de un ou unha afecta ao resto do equipo.
  7. 7.  Interésase por expresarse con corrección en galego (pronunciación, entoación, vocabulario, ...) ACTIVIDADE 7: AUDIO LIBROS O INICIO DA HUMANIDADE En pequenos grupos realizaron audiolibros coa app Book Creator sobre os mitos que para os gregos explicaban a creación da humanidade. A partir dun texto dado tiveron que buscar imaxes alusivas, elixir o fondo das páxinas e gravar os audios.  Prometeo enfróntase a Zeus: https://www.youtube.com/watch?v=wH0JYljwHFY  A caixa de Pandora: https://www.youtube.com/watch?v=gdC4thISLTI Estándares – Indicadores EPB2.4.2. Utiliza as tecnoloxías da información e da comunicación para buscar material para as súas creacións artísticas. EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas e colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas. LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas. LGB1.6.3. Amosa un discurso oral, claro, cunha pronuncia e entoación axeitadas e propias da lingua galega. LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada a cada acto comunicativo.  Desenvólvese con soltura á hora de manexar a app.  É capaz de buscar unha imaxe en internet para mellorar o efecto artístico do libro.  Acepta as decisións consensuadas polo grupo.  Interésase por expresarse con corrección en galego (pronunciación, entoación, vocabulario, ...)
  8. 8. ACTIVIDADE 8: PRESENTANDO MITOS SOMOS MITOLÓXICOS As seguintes semanas aproveitamos diferentes momentos da xornada para facer as gravacións e a montaxe grupo por grupo. Contamos con 2 Tabletas. Partindo de breves textos extraídos dos libros dos que dispoñemos na biblioteca de aula, cada quen tivo que subliñar o máis importante para facer un breve resumo para poder contalo coas súas palabras. A dificultade radicou no resumo e a tradución ao galego. A tarefa requiriu de moito máis apoio docente do que se esperaba. Os vídeos realizáronse con Touch Cast, app que permite gravar voz e imaxe coa posibilidade de cambiar un fondo verde por unha foto ou vídeo. Xa usaron esta ferramenta, polo que a autonomía no seu uso foi importante. Para o Touch Cast empregarán o vestiario de Entroido. Con esta técnica fan a montaxe dos mitos dos heroes e criaturas. Unha vez montado cada clip empregarán a app IMovie para crear a película do seu grupo. Publicáronse no blogue e na web do centro. Empregamos IMovie para facer a montaxe dos deuses do olimpo e como fondo empregamos o mural do Partenón de “Canicópolis”. Unha vez rematadas as montaxes realizamos, entre todos, a avaliación da exposición e as propostas de mellora. Dimos a oportunidade a cada equipo a que mellorase os seus vídeos. Estándares – Indicadores LGB1.3.4. Participa no traballo en grupo. LGB1.5.5. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas. LGB1.6.1. Elabora un discurso oral coherente, utilizando un vocabulario adecuado á súa idade. LGB1.9.1. Interésase por expresarse oralmente coa pronuncia e entoación adecuada a cada acto comunicativo. LGB2.3.1. Realiza o subliñado das ideas principais dun texto sinxelo. LGB2.4.2. Relé un texto e marca as palabras clave para acadar a comprensión, cando é preciso.
  9. 9. LGB3.1.4. Aplica, de maneira xeral, a norma lingüística: ortografía, léxico, morfosintaxe. LGB3.2.4. Escribe textos coherentes empregando algúns elementos de cohesión. LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de situacións e de textos literarios. LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal. LCB1.7.1. Reproduce de memoria textos literarios, non literarios e propios, sinxelos e breves, axeitados aos seus gustos e intereses. LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios. LCB2.4.1. Dedica momentos de lecer para a lectura voluntaria. LCB2.5.1. Consulta na biblioteca, de xeito guiado, diferentes fontes bibliográficas e textos en soporte informático para obter información sobre temas do seu interese e necesarios para as súas tarefas de aula. LCB2.6.1. Coida, conserva e organiza os seus libros.  Le os textos onde falan do seu personaxe.  Amosa interesa por coñecer máis afondo este tema.  Resume e traduce ao galego, coa axuda da familia ou da mestra, o mito asignado.  Responsabilízase de contar o seu mito. ACTIVIDADE 9: MITOS E LENDAS GALEGAS GALICIA DE LENDA Pero como non só Grecia é rica en mitos e lendas, aproveitamos tamén para aprender un pouco da nosa cultura popular. Con todo o que aprendemos representamos no festival das Letras Galegas do cole, cun teatro de sombras catro lendas:  Castro ou Coto de Negros: lenda de Santo Estevo de Negros. Redondela. https://youtu.be/KyycROXTZh4?list=PLdV6AQVH2aSpjop8WomchRbYaG
  10. 10. S-3AGu7  Lobishome: lenda de Cervantes. Lugo https://www.youtube.com/watch?v=bhSmhdoj4Bw&t=5s  A Compaña: lenda dun camiño de San Martiño de Tabeaio. Carral. A Coruña https://www.youtube.com/watch?v=k- YZrRm3o0Q&index=3&list=PLdV6AQVH2aSpjop8WomchRbYaGS- 3AGu7&t=10s  Ferreiro de Castrelos: Vigo. https://www.youtube.com/watch?v=Sv9-NHJjHLY A montaxe dos vídeos foi realizada con IMovie. Os decorados foron elaborados polos alumnos e alumnas. Estándares – Indicadores LGB5.1.1. Escoita, memoriza e reproduce textos sinxelos procedentes da literatura popular oral galega (adiviñas, lendas, contos, poemas, cancións, ditos) e da literatura galega en xeral. LGB5.1.2. Valora os textos da literatura oral galega como fonte de coñecemento da nosa cultura e como recurso de gozo persoal. LGB5.5.1. Participa activamente en dramatizacións de situacións e de textos literarios. LGB5.6.1. Valora a literatura en calquera lingua, como vehículo de comunicación e como recurso de gozo persoal. LCB1.7.1. Reproduce de memoria textos literarios, non literarios e propios, sinxelos e breves, axeitados aos seus gustos e intereses. LCB1.7.2. Interpreta diferentes personaxes, reflectindo as súas características esenciais, memorizando e representando as súas accións e xestos máis definitorios. EPB2.1.3. Manexa material diverso nas producións plásticas, explorando diversas técnicas e actividades manipulativas. EPB2.1.4. Practica o recorte e pega materiais de diferentes texturas.  Responsabilízase de interpretar con corrección o papel asignado no teatro.
  11. 11.  É capaz de contar coas súas palabras as lendas propostas.  Colabora activamente na elaboración dos decorados. ACTIVIDADE 10: ARTIGO PARA A REVISTA CANICÓPOLIS E MITOS E LENDAS GALEGAS  Revista do centro: http://revistascanicouva.blogspot.com.es/2017/05/revista-letras-galegas-2017.html  Artigo de 3º: https://drive.google.com/open?id=0B8SNytaJ2HsnVkY2ZDBNRDE5N00 Estándares – Indicadores LGB2.1.1. Comprende a información relevante de textos sinxelos procedentes dos medios de comunicación social ou propios de situacións cotiás.  Extrae as ideas principais do artigo presentado. ACTIVIDADE 11: CONVIVENCIA CO CEIP JOSEFA ALONSO OS DOCE TRABALLOS DE CANICÓPOLIS. Durante a xornada de convivencia co alumnado de 3º do centro do barrio veciños, no parque de Castrelos desfrutaron dunha actividade heroica. Tiveron que superar en seis equipos, 12 probas de todo tipo. O deseño das actividades estiveron relacionadas cos talentos humanos (unha por cada deus olímpico). Ao superalas todas cada equipo recibiu un diploma escrito en grego “clásico”. Estándares – Indicadores LCB1.1.2. Aplica as normas sociocomunicativas: escoita atenta, espera de quendas, respecto da opinión dos e das demais. LGB1.3.1. Participa nunha conversa entre iguais, comprendendo o que di o
  12. 12. interlocutor e intervindo adecuadamente. LGB1.3.4. Participa no traballo en grupo. LGB1.5.2. Respecta as opinións das persoas participantes nos intercambios orais.  Acepta os diferentes puntos de vista.  Expón, non impón, as súas ideas.  Valora a interdependencia positiva como garantía de éxito.  Participa na resolución das probas. ACTIVIDADE 12: MOTIVACIÓN FINAL PERCY JACKSON E O MAR DOS MONSTROS Aproveitando o traballo acumulado ata este momento fixemos un parón la lectura diaria para gozar da segunda parte da película de Percy Jackson. Durante o visionadao paramos en momentos puntuais para ir comentando aspectos mitolóxicos que aparecen e así puideron comprobar todo o que aprenderon durante o curso. Estándares – Indicadores LGB1.2.1. Usa e manexa documentos impresos, audiovisuais e dixitais para obter a información máis importante e necesaria. LGB1.3.2. Sigue unha exposición da clase e extrae o sentido global e as informacións máis relevantes, preguntando se é necesario para verificar a súa comprensión. LGB1.5.6. Participa na conversa formulando e contestando preguntas.  Segue atentamente a película e sen interrumpir.  Participa nos debates durante a película.
  13. 13. ACTIVIDADE 13: PRESENTACIÓN DO PROXECTO OS CONTADORES DE MITOS (LIBRO E EXPOSICIÓN) Posto que é un traballo para a biblioteca do centro, coa idea de fomentar hábito lector e escritor, nada mellor que acabar creando un libro colaborativo para deixar na biblioteca do colexio. Cada un escribiu o seu mito, traballado na actividade 8. Acompañámolo dun fundo ilustrado sobre o que pegamos a foto de cada neno/a disfrazado do seu personaxe. Cada neno/a colaborou para levar a cabo os 4 mitos do seu equipo. Este libro escaneado foi incluído no glosario que cada neno/a levou para casa. A segunda parte do producto presentado no PDI do centro foi unha exposición onde cada neno/a disfrazado do seu personaxe conta en directo ao resto do cole o seu mito, traballado na actividade 8, pero en lugar da gravación, fixérono en directo. Estándares – Indicadores EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas etc.) para a composición de obras. EPB2.3.1. Leva a cabo proxectos en grupo respectando as ideas das demais persoas e colaborando coas tarefas que lle foran encomendadas. LGB2.7.3. Participa en actividades literarias do centro. LGB2.9.1. Amosa interese pola lectura como fonte de aprendizaxe e medio de comunicación e de lecer.  Os mesmos das linguas que na actividade 8, coa diferenza de que teremos en conta os nervios do directo. ACTIVIDADE 14: AVALIACIÓN DO PROXECTO CANTO APRENDEMOS! Nunha sesión na aula de informática realizaremos unha avaliación sobre o aprendido. Empregamos a ferramenta web kahoot. Creamos unha serie de preguntas
  14. 14. con catro posibles respostas a escoller e o alumnado terá que respondela. Tratamos de crear preguntas graciosas e enxeñosas para que despois de todo o que traballaron sobre a mitoloxía non se vexan presionados e vexan este xogo como un exame. O que interesa é que vexan todo o que aprenderon sen necesidade de estudar nin memorizar algo que non son capaces de explicar. Se no xogo hai moitos erros significará que fracasei co que pretendía conseguir cando expuxen a actividade. Terminaremos xogando a un LIM de mitoloxía elaborado por tres ex alumnas cando estaban comigo en 6º. https://getkahoot.com/ http://orecunchodepaula.blogspot.com.es/2015/04/percy-jackson.html Estándares – Indicadores  Esta actividade servirá como avaliación docente. Do éxito nas respostas depende o éxito do proxecto. Se hai moitos fallos quere dicir que non conseguín que aprenderan mitos traballando lingua e lengua, especialmente.  Interésame avaliar a comprensión dos mitos durante todo o proceso. Isto é un gran indicador da comprensión, memoria, atención, traballada a maiores que os contidos curriculares anteriormente expostos. ACTIVIDADE 15: GLOSARIO FINAL ÁNFORAS GREGAS Á CAZA DOS MITOS Rematamos elaborando un glosario para levar a casa con todo o material funxible elaborado. Relatos, debuxos, memory, alfabetos, ... Todo encadernado a modo de libro mitolóxico. Finalizamos as actividades plásticas co debuxo dunha ánfora grega onde cada neno e nena plasmou de xeito plástico algún momento importante do seu mito. Como colofón final elaboramos un libro colaborativo onde fomos recollendo fotografías de elementos do noso contorno onde aparecen imaxes, nomes, debuxos, típicos da mitoloxía grega. Por exemplo a estatua do rapto de Europa, a discoteca
  15. 15. Olimpo, a tenda de mobles Atenea, a xoiería a Caixa de Pandora,... Estándares – Indicadores EPB1.4.2. Procura información sobre artistas plásticos/as da cultura propia e de outras, e sobre a súa obra EPB2.1.2. Manexa lapis de cores, témperas, rotuladores, sombreamento, acuarelas etc.) para a composición de obras.  Realiza a ánfora seguindo as instrucións dadas para que sexa representativa da arte gregas (cores laranxa e negro).  Coidado do material elaborado durante o curso.  Presentación do mesmo.

×