SlideShare a Scribd company logo
1 of 29
Download to read offline
Planificar as actividades de educa-
ción formal e non formal en relación
cos obxectivos da programación e
coas características dos cativos e
das cativas é un dos resultados de
aprendizaxe que ten que adquirir o
alumnado que realiza o módulo de
Didáctica da Educación Infantil den-
tro do Ciclo Superior de Educación
Infantil.
A este resultado de aprendizaxe de-
dícaselle boa parte do terceiro tri-
mestre do curso. Seleccionando
obxectivos, contidos e competencias
e propoñendo actividades relaciona-
das con eles.
Ademais, nos trimestres anteriores,
analizamos diferentes metodoloxías
didácticas que se poden empregar na
educación infantil, entre outras moi-
tas, unha das metodoloxías que co-
ñecemos é a realizou Francesco
Tonucci.
Tonucci realizou estes días, en dife-
rentes medios de comunicación,
unhas declaracións, na súa liña me-
todolóxica, sobre a importancia da
actividade educativa que se pode de-
senvolver na casa coa participación
das familias, con motivo do confina-
mento que estamos padecendo en
boa parte de Europa e do mundo.
Aproveitando esta circunstancia su-
xeríuselle ao alumnado que propu-
xese actividades que puidesen ser
desenvolvidas na casa por crianzas
menores de 3 anos, indicando os
obxectivos educativos que se pode-
rían conseguir con elas, para que
puidesen servir de axuda ás familias
con nenas e nenos pequenos.
O que presentamos agora é unha co-
lección das propostas realizadas polo
alumnado do módulo de Didáctica
da Educación Infantil, dirixidas ás
crianzas menores de 3 anos para re-
alizar durante estes días e outros
moitos días máis.
Agardamos que vos resulten inspira-
doras.
Francesco Tonucci
Ten unha visión crítica
da escola que mostra ha-
bitualmente mediante
tiras cómicas que asina
co pseudónimo de Frato,
nas que as nenas e os
nenos mostran a súa des-
carnada e entenrecedora
crítica da escola.
Considera que entre todos os elementos que
inflúen na educación só o profesorado, o bo
profesorado, é o único que pode facer variar
a calidade do proceso educativo.
Unha das tarefas máis relevantes que ten que
facer o profesorado é escoitar as achegas
que realiza o alumnado, para iso, ten que
estar convencido de que os nenos e nenas
teñen algo importante que dicir, hai que es-
coitar o que realmente queren dicirnos, e
hai que estar dispostos a ter en conta o que
din, preguntan ou desexan.
Tonucci considera a educación infantil como
a etapa máis importante de todo o sistema
educativo, e non por ser base de niveis pos-
teriores, senón pola importancia intrínseca
das aprendizaxes que se producen neste mo-
mento.
Aprendendo na casa
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
Imos facer un xoguete con ma-
terial reciclado.
O primeiro que teremos que
facer será recoller todo tipo de
material que poidamos empre-
gar para facer o xoguete.
Unha caixa de cartón, pintura
acrílica, 4 canutos de papel hi-
xiénico ( ou 2 de papel de co-
ciña que recortaremos), lapis,
goma, pinceis e un cortador. Despois de recompilar o mate-
rial, comenzaremos a elaborar o
xoguete. As tarefas máis perigo-
sas poderá realizalas só a per-
soa adulta como cortar co
cortador.
Se a persoa adulta debuxa as
liñas principais, a crianza pode-
ría comenzar a pintar o xo-
guete.
Por último, para que este Mi-
nion se converta nun verda-
deiro xoguete, recortariamos
uns pequenos furados nos late-
rais onde colocariamos os bra-
zos.
Agora poderiamos xogar a in-
sertar unha pelota por eles.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a linguaxe plástica identi-•
ficándoa como un medio de expresión de
sentimentos e desexos e de representa-
ción da realidade.
Contidos:
Utilización de técnicas e elementos•
básicos para a expresión plástica
Interese e gozo pola experimentación•
e creación de obras plásticas.
Valoración e respecto polas produ-•
cións propias e polas dos/as demais.
Pintura, pinceis, lapis, goma, car-•
tón…
Competencias:
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Cultural e artística.•
Facemos un xoguete
Lucía
García
Iglesias
Imos facer unha actividade cos
máis pequenos da casa nesta
corentena, pero facéndoa un
pouco máis divertida, pedín-
dolles que nos axuden a facer
unha tarefa tan simple como
tender a roupa .
As crianzas serán as encargadas
de colocar as pinzas na roupa
para que non caia, poderanas
poñer todas dunha mesma cor
ou cada unha dunha cor, reali-
zando series mediante a alter-
nacia de distintas cores, ou
tamén poderemos variar os ta-
maños ou as texturas, se dis-
poñemos de pinzas de madeira
e de plástico.
Con esta actividade, tamén se
fortalecerá a súa motricidade
fina, pedíndolles que fagan o
pinzado da pinza, ao principio,
con toda a man, pero pouco a
pouco intentarán realizalo só co
polgar e co índice.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a motricidade fina nas acti-•
vidades cotiás.
Identificar as cores.•
Axudar na casa.•
Realizar o pinzado cos dedos índice e•
polgar.
Diferenciar as pinzas de madeira das•
de plástico.
Contidos
Cores, grande, pequeno, madeira,•
plástico.
Diferenciación das pinzas por cores e•
texturas.
Satisfacción por axudar na casa.•
Competencias
Comunicación lingüistica.•
Matemática.•
Coñecemento e interación co mundo fí-•
sico.
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Pinza a pinza
Cristina
Costoya
García
1º
Educación infantil
Esta proposta didáctica cén-
trase en que as crianzas clasi-
fiquen obxectos da casa
buscando a súa parella.
Primeiro colleremos unha serie
de obxectos da casa que teñan
parella.
A continuación separaremos un
obxecto da parella cunha cinta
de carroceiro
Agora pedímoslles que busquen
a parella dos obxectos situados
no lado esquerdo da cinta e que
os vaian colocando ata ter todas
as parellas.
Con esta actividade os nenos e
as nenas poden mellorar as
súas destrezas manuais así
como a súa capacidade para
clasificar obxectos.
Esta actividade estaría relacio-
nada tanto coa área de autono-
mía persoal como coa área de
coñecemento da contorna.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Adquirir destrezas e habilidades ma-•
nipulativas aplicándoas ao manexo de
útiles e materiais presentes na súa con-
torna.
Adquirir autoestima esforzándose no•
desenvolvemento das actividades cotiás.
Contidos:
Potenciación das destrezas e habili-•
dades na manipulación de instrumentos,
ferramentas e materiais.
Actitude de paciencia e agarda, na•
procura dunha resposta axeitada diante
da demora dos desexos.
Competencias:
Matemática.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Busca a parella
Antía
Varela
Muñiz
1º
Educación infantil
Seleccionamos a roupa que
imos meter na lavadora. De que
cor é esta camisa? A ver se ato-
pamos outra da mesma cor!
Agora metémola na lavadora.
Xa estará chea? Podes meter
outra peza máis?
Seremos quen de botar o xa-
brón?
Mira como vai enchéndose de
auga.
Agora dá voltas e voltas para un
lado e para a outro.
Agora podemos facer outras ac-
tividades pola casa mentres a
lavadora fai soa o seu traballo.
Xa rematou de lavar. A lava-
dora avísanos , abrimos a porta
e? Mmmm que ben cheira a
roupa limpa! Ups, pero esta
mollada!
Imos sacando a roupa. De quen
son estes calzóns? E este panta-
lón? A ver cantos calcetíns hai?
Un, dous, tres, ... Atopas al-
gunha roupa túa?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Establecer relacións causa-efecto.•
Clasificar obxectos segundo diferen-•
tes criterios.
Identificar a súa propia roupa entre•
a dos demais.
Contidos:
Manipulación de instrumentos, ferra-•
mentas e materiais.
Experimentación de diferentes accións•
sobre os obxectos e materiais.
Competencias básicas:
Coñecemento e interacción co mundo•
físico.
Comunicación lingüística.•
Lavando a roupa
Educación infantil
Distancia
Zeltia
López
Carballo
Esta é unha tarefa que podere-
mos realizar cos nenos e nenas
menores de 3 anos.
Nesta tarefa os nenos e as
nenas poden colaborar sen nin-
gún tipo de problema.
En primeiro lugar, pedimos aos
nenos e nenas da casa que nos
axuden a separar a roupa por
cores.
Ao mesmo tempo podemos
facer diferentes clasificacións,
como podería ser clasificar a
roupa segundo o membro da
unidade familiar á que pertence
ou por partes do corpo.
Posteriormente podemos pe-
dirlles que vaian introducindo a
roupa la lavadora, axudándolles
cando sexa necesario.
Unha vez teñamos a roupa me-
tida na lavadora, botarémoslle
nós o suavizante e o deterxente,
xa que a esas idades non é axei-
tado que o fagan eles, polo tipo
de produto do que se trata.
Despois podemos pedirlles que
pechen a porta da lavadora e in-
dicarlles a qué botóns lle teñen
que dar.
Por último, cando a lavadora
remate, pedimoslles que abran
a porta e saquen a roupa,
prenda por prenda e de ma-
neira ordenada.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Identificar as cores.•
Tomar conciencia do propio corpo,•
identificándoo global e segmentaria-
mente.
Adquirir destrezas e habilidades ma-•
nipulativas.
Adquirir autoestima esforzándose no•
desenvolvemento das actividades cotiás.
Contidos:
Roupa, cesta, lavadora, deterxente,•
suavizante.
Cores.•
Corpo.•
Introduce a roupa na lavadora.•
Saca a roupa da lavadora.•
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal.•
Aprender a aprender.•
Poñemos a lavadora
Ana
López
Martínez
É unha actividade entretida que
se pode realizar con crianzas de
2-3 anos. Está baseado no xogo
clásico do traga-bólas. Con esta
actividade preténdese que as
familias pasen un momento di-
vertido.
O papel das persoas adultas
nesta actividade será elaborar
o xoguete co que se poderá
xogar horas e horas. Todos os
materiais empregados son reci-
clados, e calquera os pode ter
pola casa.
Só fará falta: Unha caixa de car-
tón, tesoiras, pegamento e pin-
turas. A decoración quedará en
mans dos nenos e nenas. Po-
derán elixir como será o traga-
bólas, por exemplo, un
personaxe dos seus debuxos fa-
voritos, un animal, etc… E para
encestar, pódese utilizar al-
gunha pelota pequena que se
teña pola casa.
Unha vez realizado, colocamos
o traga-bólas xunto á parede
ou sobre unha mesa e afastá-
monos, para que desde aí
tenten encestar coa pelota.
Cada vez que se consiga meter
unha pelota, anotarano nunha
lousa ou caderno onde estarán
os nomes de cada participante.
Deberán buscar o seu e poderán
elixir entre debuxar o número
ou debuxar algunha forma
como, por exemplo, un círculo,
unha estrela... para levar a
conta dos tiros que acertaron.
Cando xa leven varias partidas
realizadas, aproveitarase para
comentar como van os puntos,
por exemplo: Cantas estrelas ou
puntos ten María? Quen leva
máis? Quen leva menos?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Coordinar a visión e os movementos da•
man.
Usar e nomear os números.•
Prestar atención ao xogo e ás infor-•
macións que lle transmiten outras per-
soas.
Diferenciar entre as formas escritas•
e outras formas de expresión gráfica.
Contidos:
Coordinación óculo -manual.•
Atención.•
Números.•
Formas escritas e outras formas de•
expresión gráfica.
Competencias:
Matemática.•
Comunicación lingüística.•
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Xogamos ao Traga-bólas
Adriana
Rios
López
1º
Educación infantil
Cando comezamos a selec-
cionar os ingredientes podemos
facer que participen, achegando
a fariña, o azucre, o sal, etc. e
así amplían o vocabulario e em-
pregan a lóxica matemática,
contando cantas culleradas leva
de cada ingrediente, se leva
moito ou pouco. Traballamos os
sabores: o azucre, o limón ou o
sal son doces, salgados ou
amargos?
Despois axudan a verter todo
nun mesmo recipiente e a mes-
turar. Preguntámoslles se a
mestura final está líquida ou
espesa, por exemplo.
Amasar é probablemente a
parte favorita, aínda que a moi-
tos lles resulte noxento que se
lles pegue tanto a masa ás
mans, pero podemos aproveitar
para preguntarlles que consis-
tencia ten, se é líquida, espesa…
Cando a masa xa estea lista
podemos deixarlles a eles que
amasen.
Agora dámoslles forma. É o
momento de deixar que a crea-
tividade dos nenos saia fóra, xa
que poden facer tantas formas
como queiran, traballando a
motricidade fina, os tamaños, a
cantidade…
Unha vez que as rosquillas xa
saíron da tixola e arrefriaron
até o punto de estaren tempera-
das é o momento de rebozalas
en azucre, traballando de novo
a motricidade fina.
Unha vez rematado, toca poñe-
las nun prato, fonte, bandexa e
esperar a que arrefríen. Men-
tres, toca limpar, aprendemos
hixiene e orde. Cun pano,
poden limpar a mesa; pasarlles
os utensilios que se empregaron
para que os meta no lavalouzas
ou no vertedoiro...
Finalmente é o momento de
descubrir que tal nos saíron
esas rosquillas. Podemos apro-
veitar o momento para pregun-
tarlles se lles gustaron, se
estaban doces ou salgadas, que
foi o que máis lles gustou facer.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Adquirir destrezas e habilidades ma-•
nipulativas aplicándoas ao manexo de
útiles e materiais presentes na súa con-
torna.
Empregar cuantificadores e medidas•
relacionadas con situacións cotiás.
Afianzar a propia personalidade equi-•
librando a afirmación de preferencias.
Contidos:
Destrezas manipulativas de instrumen-•
tos, ferramentas e materiais.
Adquisición da autonomía progresiva•
nos hábitos de hixiene e limpeza.
Estimación de cantidades e medidas.•
Identificación e afirmación dos pro-•
pios gustos e do que desagrada.
Recoñecemento e utilización das posi-•
bilidades do corpo para comunicar.
Doce, salgado, azucre, limón, sal…•
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal.•
Comunicación lingüística.•
Facemos rosquillas
Antía
Mera
Guerra
Esta actividade consistirá en
que as persoas adultas compar-
tan o labor do coidado e benes-
tar dos animais, en concreto
das galiñas.
Primeiro hai que debullar o
millo, podemos pedirlles que
nos pasen as mazarocas, que
collan os graos, un a un, unha
presa...
Logo hai que poñer o millo a
moer e recoller a fariña. Pon
todo branco, é finiña, esboróase
das mans cando a collemos.
Imos botar a fariña no gali-
ñeiro. Hai moita? pouca? onde
hai máis? Collerá toda na lata?
E se me deixas botar a min?
Na horta recollemos verzas.
Hai que pillar as de abaixo.
Serei quen de romper unha
folla? Cantas podo coller cunha
man?
Agora botámoslles ás galiñas.
Tomarán tamén auga fresca?
Poderei usar o caldeiro sen ti-
ralo?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Concienciarse sobre o aporte dos ani-•
mais.
Mostrar destreza e disposición na ex-•
ploración de materiais.
Controlar o corpo en movemento, adap-•
tando a resposta motriz ás dimensións e
elementos do espazo.
Contidos:
Galiñas, fariña, millo, verdura,•
auga, caldeiro.
Coordinación óculo-manual.•
Satisfacción co labor realizado.•
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal•
Social e cidadá•
Imos despachar as galiñas !!!
Marta
Suárez
Castiñeira
1º
Educación infantil
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
A actividade que imos realizar
coa xente miúda da casa consis-
tirá na elaboración de galletas.
Primeiro botarán os ing-
redientes, poderemos ter en
conta as cantidades, e mestura-
rán todos os ingredientes paso
a paso, poden facelo coas mans
ou, se son capaces, cun uten-
silio. A medida que se van bo-
tando os ingredientes, as
crianzas poden ir probándoos e
ver se son doces, salgados,
amargos ... Do mesmo xeito po-
deremos xogar coas cores dos
ingredientes para dar máis pé á
comunicación.
Logo o que farán será darlle
forma a pequenos anacos de
masa e moldealos como quei-
ran, colocando cada galleta na
bandexa. Finalmente, unha vez que es-
tean listas e sacadas do forno,
verán o resultado do seu tra-
ballo e poderán degustalo.
Obxectivos:
Mostrar interese pola comida.•
Mesturar uns ingredientes con outros.•
Usar a comunicación verbal.•
Manipular a masa para moldear formas.•
Expresar a súa creatividade.•
Experimentar as texturas e sabores.•
Contidos:
Fariña, ovos, chocolate, manteiga,•
azucre, galletas, dar forma.ingredien-
tes, masa.
Satisfacción ao ver o resultado do•
seu traballo.
Competencias:
Comunicación e representación.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Aprender a aprender.•
Comunicación lingüística.•
MMM... Galletas!
Inés
Barbeito
Gende
1º
Educación infantil
Neste xogo as crianzas poden
participar na creación do pro-
pio xogo e despois xogar con el,
dependendo da súa idade.
Na creación do xogo animámo-
los a recoller os tapóns expli-
candolles cales son válidos e
por que. Iremos dicindo se son
grandes ou pequenos e que
cores teñen.
Recortamos as cartolinas ou pa-
peis de cores do tamaño dos ta-
póns, e podemos pedirlles ás
crianzas que debuxen as pare-
llas que queiran atopar, pode
ser tamén unha cor, unha
forma xeométrica ou mesmo
texturas diferentes.
Agora péganse os debuxos na
cara interna dos tapóns.
Para comezar a xogar coloca-
mos os tapóns boca abaixo, de
maneira que os debuxos
queden ocultos.
Cóllese un tapón, e vemos que
debuxo aparece e, a partir de aí,
teremos que buscar a súa pare-
lla.
Cada vez que se vire un tapón,
poderemos animalos a dicir o
que aparece, por exemplo: Iso é
un sol ou un cadrado, é de cor :
vermello, verde, amarelo….
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Prestar atención ás informacións•
que lle transmiten outras persoas.
Decidir de acordo ás súas preferen-•
cias entre distintas opcións.
Afianzar a propia personalidade•
equilibrando a afirmación das prefe-
rencias.
Contidos:
Gusto pola orde.•
Cores e formas ou debuxos que se•
usaron.
Apreciación do xogo.•
Competencias:
Comunicación lingüística.•
Matemática.•
Xogo de memoria
Joselyn
Cornejo
Zapata
Imos necesitar :
6 tapas de plástico (a cantidade
depende da dificultade), cartoli-
nas ou folios, rotuladores, tesoi-
ras, pegamento. Os tapóns
poden ser de diferentes cores e
logo pintalos todos da mesma
cor, ou elixir todos iguais.
1º
Educación infantil
Para facer este xogo dos birlos
comezamos lavando ben as bo-
tellas de plástico e deixándoas
secar.
Agora, para pintar as botellas
podemos empregar dúas técni-
cas:
Unha vez estean as botellas
secas, xa sexa cunha técnica ou
coa outra, pechámolas coas
súas tapas.
Só precisamos dunha pelota
para comezar o xogo!
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a motricidade fina e grosa•
nas actividades cotiás.
Valorar o xogo popular como medio de•
diversión.
Contidos:
Birlos, materiais de reciclaxe, xogos•
tradicionais.
Coordinación óculo-manual.•
Competencias:
Comunicación lingüística.•
Cultural e artísticas.•
O xogo dos birlos
Educación infantil
Distancia
Begoña
Leis
Capelo
Pintalas cun pincel e pintu-
ras, decorándoas ao noso
gusto.
Introducir un pouco de pin-
tura en cada botella, pecha-
las e axitalas ata que a
pintura se distribúa comple-
tamente polo interior. Logo
abrimos as botellas para que
sequen ben.
1
2
Nesta actividade traballaremos
con culleres, de diferentes ta-
maños e materiais, para clasifi-
calas segundo diversos
criterios.
Por exemplo, podémolas clasifi-
car por tamaño.
Podemos engadirlle novas difi-
cultades incluíndo diferentes
tipos de materiais e cores, deste
xeito podemos clasificalas por
un só criterio ou varios, depen-
dendo da dificultade que quei-
ramos darlle á actividade. Por
material, tamaño ou cores, por
exemplo.
Ademais podemos delimitar un
lugar para a súa colocación se-
gundo os criterios anteriores.
(como un organizador do xogo
de cubertos, vasos para os dife-
rentes tipos de cubertos, ou
calquera tipo de envase ou
contedor que teñamos á man)
A actividade pódese ir compli-
cando, incluíndo, por exemplo,
garfos.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
Obxectivos:
Analizar obxectos segundo as súas•
propiedades físicas.
Resolver positivamente os conflitos•
cotiáns regulando os seus impulsos e
emocións.
Adquirir destrezas e habilidades ma-•
nipulativas aplicándoas no manexo de
útiles e materiais presentes na súa con-
torna.
Adquirir autoestima esforzándose no•
desenvolvemento de actividades cotiás.
Contidos:
Habilidades na manipulación de ins-•
trumentos, ferramentas e materiais.
Actitude de paciencia e agarda, na•
procura dunha resposta axeitada diante
da demora dos desexos.
Competencias:
Matemática•
Autonomía e iniciativa persoal•
Culleradas
Educación infantil
Distancia
Yolanda
González
Esparís
Os exercicios de sopro axudan a
controlar a respiración e favor-
ecen a fala.
Imos realizar unha actividade
que vai axudar a pronunciar
con corrección.
Nunha cunca cun pouco de xa-
brón, imos botar algo de auga.
Que non caia por fóra! Imos
remexer. Sen salpicar!
Humedecemos a mesa para que
as pompas non rompan. Iso si
que nos gusta!
Facemos unha pompa. Podes
movela? Que pasou? Móvese?
Rompe?
Agora probamos cunha palliña.
Sopramos. Que pasará? e se so-
pramos máis forte? e se agora o
facemos máis amodo? Déixame
probar a min. E se mollamos a
palliña?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Controlar a respiración para unha•
fala correcta.
Pronunciar correctamente.•
Contidos:
Pompas, xabrón, sopro, aire.•
Fala.•
Competencias:
Comunicación lingüística.•
Coñecemento e interacción co mundo•
físico.
Xogamos coas pompas
Educación infantil
Distancia
Cristina
Señarís
Ramos
Circuíto
Empregando tubos de papel
hixiénico construímos un cir-
cuíto. Dáme un tubo; agora,
outro. Como os pegamos? Unha
vez rematado, hai que pintalo.
Que cores usamos? Atréveste
ti? Xa está rematado, agora,A
xogar! As bolas baixan rápido, e
os dados, baixarán? E este
pompón?
Colar de macarróns
Nun recipiente hai macarróns e
fóra amallós de zapatos. Que se
poderá facer con isto? Vou
meter eu o amalló polo furado
do macarrón. Atréveste ti con
outro?
De pesca
Cunhas pinzas da ensalada
imos coller tapóns dun bol
(pode ter auga ou non). Agora
os tapóns que pescamos botá-
molos na caixa da mesma cor.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a motricidade fina nas acti-•
vidades habituais.
Empregar a coordinación óculo-manual•
nas tarefas diarias.
Contidos:
Actividade manipulativa de carácter•
fino.
Planificación progresiva das accións.•
Competencias:
Aprender a aprender.•
Xogos de motricidade
Educación infantil
Distancia
Yasmary
Reyes
Páez
A partir dos 10 meses de idade, os bebés experimentan grandes melloras nas súas habilidades motoras que lles
van permitir participar nestes xogos.
Os elementos da vida cotiá son
grandes alidados para a apren-
dizaxe das crianzas. Polas casas
temos gran variedade de obxec-
tos que son verdadeiros tesou-
ros que favorecen a
estimulación sensorial e o de-
senvolvemento dos sentidos, fo-
mentan a imitación, a acción e a
capacidade de descubrimento e
asombro dos máis pequenos da
casa.
Presentar o material nunha
caixa, cesto, bolsa ou no chan
para que as crianzas manipulen
e experimenten, xa é unha pro-
posta interesante.
E se os pintamos?
Ou lles poñemos lás ou fíos de
cores?
Ou facemos figuras con texturas
diferentes?
Como os poderiamos agrupar?
Cal poñeriamos a continuación
desta serie? Non sei cal pesará
máis.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
Obxectivos:
Observar e explorar obxectos identi-•
ficando algunha das súas propiedades.
Recoñecer cores e formas básicas.•
Aplicar a coordinacion visomanual ne-•
cesaria para realizar as actividades
diarias.
Contidos:
Exploración de obxectos e materiais•
diversos a través dos sentidos.
Identificación, denominación e compa-•
ración de cualidades sensoriais.
Competencias:
Matemática.•
Aprender a aprender.•
Tesouros que temos na casa
Educación infantil
Distancia
Margarita
Rodríguez
Mira
Aos nenos e nenas encántalles
axudar a cociñar aos maiores. A
pizza, non só é un dos pratos fa-
voritos da rapazada, é tamén
moi divertido de facer.
Con dous anos as crianzas
poden axudar a romper follas
de leituga, a pasar un trapo á
mesa, a partir o brócoli...
Para comezar a facer a pizza,
primeiro mesturarán os ingre-
dintes necesarios para a crea-
ción dunha masa de pizza.
Dependendo da idade da cri-
anza, poderánselle pasar os ele-
mentos para que vaia
amasando ou perdirllos para
que a persoa adulta sexa quen
amase. Deste xeito, ademais
das habilidades motrices irá
aprendendo vocabulario novo.
Despois daráselle forma á
masa, e cando xa a teña, poñer
enriba os ingredintes que máis
lles gusten.
Por exemplo:
Cando poñemos os ingredintes
enriba da masa, estamos traba-
llando a orde, a comunicación
con novo vocabulario e as cores,
xa que todos os ingredintes
teñen distinta cor.
Despois de ir ao forno, este foi o
excelente resultado.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Recoñecer as distintas cores dos in-•
gredintes.
Empregar o vocabulario con correc-•
ción.
Coñecer distintos olores e texturas.•
Contidos:
Os ingredintes que se utilizaron.•
Vocabulario relacionado coa cociña.•
Habilidade para amasar.•
O sentido do gusto e tacto.•
Competencias:
Comunicación lingÜística.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Facemos pizza
Lara
Costa
Fajardo
Queixo
Xamón
Tomate frito
Olivas
Ourego
Pementos
1º
Educación infantil
Para ir recoller os ovos das gali-
ñas temos que equiparnos pri-
meiro. Hai que poñer unhas
botas para non mancharnos coa
lama. Poderei poñelas eu? Se-
guro que, se me dan tempo, non
preciso moita axuda.
Xa temos as botas postas, agora
podemos ir recoller os ovos.
Onde os imos traer?
Cantos ovos hai? Son todos da
mesma cor? Teñen o mesmo ta-
maño? Que forma teñen? Pode-
rei collelos sen que rompan?
Vaia, parece que teñen xema e
clara!
Que se fai agora cos ovos? Faise
tortilla con patacas? ou mellor
só con ovos? e ovos fritos para
mollar pan? Tamén se fan so-
bremesas? Que máis comidas se
poden facer cos ovos?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Concienciarse sobre o aporte dos ani-•
mais.
Mostrar destreza e disposición na ex-•
ploración de materiais.
Controlar o corpo en movemento, adap-•
tando a resposta motriz ás dimensións
dos elementos do espazo.
Contidos:
Galiñas, fariña, millo, verdura,•
auga, caldeiro.
Coordinación óculo-manual.•
Satisfacción co labor realizado.•
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal•
Competencia social e cidadá•
Recollemos ovos das galiñas!!!
Marta
Suárez
Castiñeira
1º
Educación infantil
Nesta actividade clasificaremos
os calcetíns por tamaños, cores,
parellas, para despois dobralos
e gardalos no seu lugar corres-
pondente.
1) Clasificamos os calcetíns se-
gundo o seu tamaño
2) Clasificamos os calcetíns se-
gundo as cores e características
(lisos/con debuxos e formas):
3) Clasificamos os calcetíns por
parellas
4) Dobramos os calcetíns
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Identificar as propiedades físicas•
empregando os seus sentidos.
Comparar, clasificar ou agrupar ob-•
xectos segundo as súas propiedades
físicas.
Ordenar tres ou máis obxectos tendo•
en conta as diferenzas de magnitude.
Preguntar e formular hipóteses ba-•
seadas nas experiencias cos obxectos
e cos materiais.
Contidos:
Calcetíns, grande, pequeno, alto,•
baixo, cores.
Establecemento de relacións: orde-•
nación, correspondencia, clasifica-
ción
Fala, atención, memoria.•
Competencias:
Matemática.•
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Comunicación lingüística.•
Xogando cos calcetíns
Jessica
Bedriñana
Argibay
Con esta actividade podemos
facer que as crianzas participen
na decoración do fogar, apor-
tando a súa creatividade e
imaxinación.
Antes de realizar esta activi-
dade teremos que preparar
todo o material necesario.
Cortamos o cartón, que será a
base do noso marco, dándolle a
forma do marco. Poderemos
aproveitar calquera caixa de ce-
reais ou de calquera outro tipo
que teñamos na casa.
Escollemos a fotografía que
imos utilizar. Que foto queres
poñer? Gústache esa?
Dispoñemos os materiais que
poden empregar para pegar no
marco: papeis de diferentes
tipos que poidamos ter na casa,
macarróns, fabas, lentellas, etc.
E animamos a pegalos.
Tamén podemos empregar pin-
turas.
Unha vez que rematen de pegar
e colorear o seu marco, pégase
na parte de atrás a súa fotogra-
fía.
E voilà! o marco está rematado.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
Educación infantil
Distancia
Obxectivos:
Utilizar diferentes materiais para•
crear recursos.
Empregar instrumentos con precisión.•
Contidos:
Cartón, cartolina, papel pinocho,•
papel celofán, papel charón, feltro, ma-
carróns, fabas, ceras de cores e pega-
mento.
Experimentación con diferentes mate-•
riais.
Competencias:
Comunicación lingüística.•
Coñecemento e interacción co mundo•
físico.
Enmarcando artistas
Lucía
Picado
Barreiro
Ésta é unha actividade dirixida
especialmente a nenas e nenos
de 2 a 3 anos, pero que tamén
poden realizar en menor me-
dida as crianzas máis pequenas.
Cando se chega da rúa coa com-
pra, podemos involucralos na
tarefa doméstica de ordenar a
compra. Actividade que permi-
tirá que realicen un exercicio
psicomotriz e estimular as súas
capacidades sensoriais.
Os produtos veñen dentro da
bolsa desordenados e mestura-
dos, así que, unha vez que
temos a bolsa na cociña cos
produtos dentro, sacarémolos
da bolsa para poñelos enriba da
mesa. Dáme a laranxa, como
arrecenden as mazás, a ti que é
o que máis che gusta? ...
Agora podemos colocar cada
produto agrupándoo segundo o
seu tipo. Aquí as froitas, onde
poñemos este iogur? Cales son
os máis grandes? Onde están
os máis pequenos? Que botella
é da mesma cor que esta
mazá?...
Agora xa podemos poñelos na
neveira ou nos andeis cor-
respondentes.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a motricidade fina para•
coller os produtos da compra.
Identificar as cores, tamaños,•
pesos e texturas dos produtos.
Experimentar con diferentes mate-•
riais: naturais e artificiais.
Empregar as habilidades manipulati-•
vas.
Contidos:
Cores, tamaño, materias e texturas•
diferentes.
Mostra de interese e participación•
activa para axudar nas tarefas do
fogar.
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal.•
Aprender a aprender.•
Ordenamos a compra
Sergio
Piñeiro
Rivas
1º
Educación infantil
Por norma xeral, non facemos
as tareas do fogar cos rapaces e
rapazas porque non temos
tempo, e queremos acabar
canto antes. Durante o confina-
mento, podemos pasar estes
días facendo que os máis
pequenos gocen e aprendan.
Os nenos e as nenas máis
pequenas poden participar en
moitas actividades, ben de xeito
autónomo ben coa nosa axuda.
Propomos unha ben sinxela,
pero de moito valor educativo
para as crianzas: tender a
roupa.
Participar nesta actividade pro-
porcionaralles un maior coñ-
ecemento da súa contorna e de
diversos materiais.
Para comezar a tender a roupa
imos identificando a parte do
corpo na que van, as cores que
teñen, de que persoa da familia
é, o nome da prenda de roupa, a
textura que ten…
Ademais de todos eses concep-
tos tamén exercitaremos habili-
dades físicas empegando con
precisión as pinzas, collendo as
pezas de roupa, mantendo o
equilibrio nun tendal de pé, que
parece que o deseñaron ade-
cuado á súa estatura.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Coñecer o seu propio corpo.•
Observar e explorar a súa contorna•
familiar.
Adquirir autonomía progresivamente•
Sentir o xesto e movemento.•
Contidos
Descubrimento e control global e seg-•
mentario do propio corpo.
Potenciación das destrezas e habili-•
dades na manipulación de instrumentos,
ferramentas e materiais.
Axuste do propio movemento ó espazo e•
ós movementos dos e das demais.
Recoñecemento da propia roupa.•
Competencias
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Comunicación e representación.•
Colgamos a roupa
Alba
Castro
Senande
1º
Educación infantil
Con dous anos, as nenas e os
nenos xa comenzan a separarse
do adulto e van adquirindo pro-
gresivamente destrezas físicas
que lles proporcionarán inde-
pendencia e autonomía, por
exemplo, pódense poñer de pé e
manter o equilibrio.
O seu desenvolvento social está
condicionado pola observación
e imitación das outras persoas,
adultas ou da mesma idade. Así
comezan a adquirir hábitos, va-
lores e normas de convivencia.
As actividades que podemos de-
senvolver nestes días son de
responsabilidade nas tarefas da
casa como pode ser gardar a
roupa no armario.
Identificamos a roupa polo seu
tamaño, clasificámola polas
súas cores, dicimos os nomes
das prendas, identificamos o
lugar onde se gardan, distingui-
mos as que se empregan cando
vai frío, cando imos á praia,
cando imos durmir, a de cando
eramos máis pequenas, ...
Se dispoñemos dun aspirador
de man, as crianzas poderán
empregalo de forma autónoma,
sen axuda dun adulto e tamén
gardar obxectos en caixas e des-
pois colocalas no seu sitio.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Adquirir autonomía nas actividades•
relacionadas coa vida cotiá.
Coñecer e aceptar normas de comporta-•
mento sinxelas.
Contidos:
Instrumentos, aspirador, roupa.•
Identificación de tamaños e cores.•
Competencias:
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Somos responsables
Irene
Díaz
Ocampo
1º
Educación infantil
Esta actividade consistirá en
construír un pequeno futbolín
con materiais reciclados
O primeiro que haberá que
facer será recoller os diferentes
materiais que necesitaremos
para construír este xoguete.
Onde podemos atopalos? Onde
os colocamos?
Unha vez recollidos todos estes
materiais, comezamos a facer o
futbolín, cortando unha caixa
de cartón para poder facer a
forma do campo.
Agora facemos longos canutos
de papel. Seremos quen de en-
rolar unha folla tan longa?
Podemos poñer as pinzas?
Onde van as de cada cor?
Despois pintamos o campo con
témperas e ceras. De que cor o
pintamos? Podémolo pintar sen
que queden nin un chisquiño
sen pintar.
Pegamos todas as pezas e face-
mos tres furados en cada lado
para meter os canutos de papel
e poder xirar ou movelo dun
lado a outro.
Esqueciamos a pelota. Como a
podemos facer?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Empregar a linguaxe plástica identi-•
ficándoa como un medio de expresión de
sentimentos e desexos e representación
da realidade.
Empregar a motricidade fina para di-•
ferentes actividades.
Contidos:
Utilización de elementos para a ex-•
presión plástica.
Interese pola experimentación e crea-•
ción de obras plásticas.
Valoración polas producións propias.•
Témperas, pincel, xornal, cartón…•
Competencias:
Aprender a aprender.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Cultural e artística.•
Inventa o futbolín!!
Jorge
Rivera
Vázquez
Canutos feitos con follas de papel.
Papel de xornal.
Cartón.
Témperas e ceras.
Pinzas.
Papel de aluminio.
Pincel.
1º
Educación infantil
Sons submarinos
Necesitaremos:
En que consiste?
Encheremos cada vaso con dis-
tinta cantidade de auga. A con-
tinuación, ordenaremos os
vasos segundo a cantidade de
auga que teñan.
Agora, co cuberto, imos pe-
tando nos vasos. O timbre va-
riará en función da cantidade
de auga.
Sons culinarios
Necesitaremos:
En que consiste?:
Collemos o cuberto e golpea-
mos as potas. Soan igual? Que
diferenza hai?
Estamos a traballar as frecuen-
cias básicas, é dicir, os distintos
sons que percibe o oído (agudo-
grave).
A intensidade: forte-piano
Necesitaremos:
En que consiste?
Colleremos un
recipiente con
auga e verteré-
mola nun vaso
posto debaixo.
Variando a dis-
tancia do recip-
iente ao vaso,
variará a intensi-
dade do ruído.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Distinguir entre grave-agudo.•
Distinguir entre forte-piano.•
Distinguir o timbre da auga e dos re-•
cipientes.
Contidos:
Valoración da música como elemento•
cultural.
Valoracións da reutilización de mate-•
riais.
Habilidades motoras.•
Competencias:
Cultural e artística.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Comunicación lingüística.•
Estes sons resúltanme familiares
Cristina
Salvado
Fortes Dous ou máis vasos de auga.
Auga.
Un cuberto.
Dúas potas de diferente tamaño.
Un cuberto.
Un vaso.
Auga.
Un recipiente.
Imos facer un biscoito divertín-
donos toda a familia.
Traballaremos habilidades
como a psicomotricidade fina,
ao ter que botar todos os ing-
redientes no bol; a asociación
ou a clasificación, ao saber que
ingredientes utilizamos en cada
momento e ao ter que saber que
cantidade necesitas de cada ali-
mento segundo require a re-
ceita e, para rematar, tamén
traballaremos habilidades ma-
nuais ao ter que manipular ins-
trumentos de cociña, mesturar
ingredientes ou separalos.
As crianzas poden envorcar os
ovos no bol e batelos. Botar os
ingredientes sólidos como o
azucre ou a fariña coa axuda
dunha culler.
Tamén poden remexer os ali-
mentos para ver como se mes-
turan e como van cambiando as
texturas.
Mesmo, cun pouco de axuda,
poderán darlle ao botón do ba-
tedor e, suxeitándolles o bol,
poderán botar a masa, cunha
culler, no molde.
Poderemos untar a manteiga
polo molde para que o biscoito
non se pegue?
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Recoñecer diferentes utensilios de•
cociña e a súa utilidade.
Empregar a destreza manual para o•
uso dos utensilios.
Contidos:
Utensilios de cociña.•
Prensión e manipulación de obxec-•
tos.
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal.•
Social e cidadá.•
Facemos un biscoito
Andrea
Seijo
Conchado
Queres ver como facelo?
https://drive.google.com
/open?id=108Ja8xfTrUO9kC
s0n6mY7MzxZxrulsSs
1º
Educación infantil
Esta actividade está especial-
mente indicada para os nenos e
nenas de 2-3 anos.
A actividade que imos realizar
será a de cepillar os dous gatos
da casa. Conviven con nós e os
rapaces saben que non son xo-
guetes.
O único que imos necesitar é un
cepillo para gatos.
Cando collemos o cepillo, se-
guro que o gato aparecerá e se
poñerá na alfombra.
Quen é o que vén aí? Quen
acaba de chegar? Como se
chama?
Quererá que o cepilles? Cepillá-
molo por arriba? Veña, agora
polo lombo! polo lado dereito,
polo esquerdo, pola cabeciña,
polo rabiño, amodo..!
Crees que lle gusta?
As orellas, son grandes ou
pequenas? de que cor é? e o ce-
pillo?
Ves como ronronea? Iso é que o
estás facendo moi ben e lle
gusta.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Coidar os animais e tratalos con ca-•
riño e respecto.
Actuar de forma autónoma nas activi-•
dades cotiás.
Establecer vínculos con persoas e•
animais, respondendo aos sentimentos de
afecto.
Contidos:
Gato, negro, contento, primeiro, se-•
gundo, antes, despois, cepillo, abaixo,
arriba, orellas, rabo, ronroneo.
Satisfacción co labor realizado.•
Coordinación óculo-manual.•
Competencias:
Comunicación lingüística.•
Matemática.•
Autonomía e iniciativa persoal.•
Ummm...Que gustiño!
Educación infantil
Distancia
Carmen
Aragunde
Pérez
O xogo pode adaptarse a
calquera idade cambiando a
lonxitude da escaleira .
Precisamos fichas con caras que
podemos imprimir ou pintar e
despois recortar.
Tamén precisamos cartolinas
de cores para facer a escaleira
dun tamaño aproximado de 30
cms. de lado.
Unha vez realizada a escaleira
poñemos a carón de cada
chanzo unha cartolina coas
caras que temos impresas da
mesma cor. 1. Vermella (ledi-
cia), 2. Azul (tristeza), 3. Verde
(sorpresa), 4. Rosa (anoxo) e
5. Amarelo (Cansazo).
Agora comeza o xogo. Poñemos
música e as crianzas teñen que
ir saltando cada chanzo da es-
caleira e, no intre no que a
paremos, teñen que poñer a
cara que estea nese recadro.
Que utilidade ten?
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Tomar conciencia do propio corpo•
identificándoo segmentariamente.
Adquirir o control postural e diná-•
mico do seu corpo.
Utilizar diversas linguaxes entendén-•
doas como instrumentos de comunicación.
Contidos:
Adquisición progresiva do equilibrio•
estático e dinámico.
Vivencia e control do corpo en rela-•
ción ao movemento, ás dimensións do es-
pazo.
Competencias:
Autonomía e iniciativa persoal.•
Escaleira de emocións
Educación infantil
Distancia
Conchi
Quintás
Martínez
Imos facer unha casiña con ma-
terial do fogar para experimen-
tar o xogo simbólico.
Unha casiña? ou un castelo, ou
unha cova, ou unha tenda de
campaña no medio da selva?
Onde a facemos? na sala? na
miña habitación? Non sei.
A ver se mamá ou papá traen
dúas cadeiras e as poñemos de
costas unha coa outra.
Logo eliximos dúas mantas. A ti
cal che gusta? Esa non, que non
vale para unha casa!!
Parece unha casa, pero haberá
que poñerlle unha manta có-
moda no fondo.
Xa está lista! Non, aínda faltan
os meus bonecos, e tamén estes
libros e unha lanterna. Que
máis levamos?
Que utilidade ten?
Facemos unha casiña...
Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto
Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
1º
Educación infantil
Obxectivos:
Adquirir destrezas e habilidades ma-•
nipulativas aplicándoas ao manexo de
útiles e materiais presentes na súa con-
torna.
Resolver situacións problemáticas con•
obxectos, ensaiando diferentes estrate-
xias de resolución.
Contidos
Adquisición progresiva do equilibrio•
estático e dinámico.
Establecemento de relacións: ordena-•
ción, correspondencia, clasificación.
Competencias básicas
Autonomía e iniciativa persoal.•
Aprender a prender.•
Ana
Suárez
Suárez

More Related Content

Similar to Na casa

Wedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epWedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epsatelite1
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021anxovila
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASMau Marela
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galiciamalubei
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14cacharila
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Ceip Saco E Arce
 

Similar to Na casa (20)

Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9Ollos de aula. Nº 9
Ollos de aula. Nº 9
 
Wedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-epWedureciclaje gall2 3-ep
Wedureciclaje gall2 3-ep
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
 
Anexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 MedinesAnexa ReunióN 2009 Medines
Anexa ReunióN 2009 Medines
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 
Actividade
ActividadeActividade
Actividade
 
Catálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPASCatálogo actividades colexios e ANPAS
Catálogo actividades colexios e ANPAS
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Tâche 3
Tâche  3Tâche  3
Tâche 3
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galicia
 
Tâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificaciónsTâche 2 xutificacións
Tâche 2 xutificacións
 
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 16 (outubro 2014). Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3Unidade Didáctica 3
Unidade Didáctica 3
 
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
Memoria proxecto somos quen. Curso 13-14
 
Proxecto impresionismo
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismo
 
Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016Xornada de portas abertas 2016
Xornada de portas abertas 2016
 

More from orientacionjuanadevega (20)

QUE É ESO.pdf
QUE É ESO.pdfQUE É ESO.pdf
QUE É ESO.pdf
 
Para relaxarme fago...
Para relaxarme fago...Para relaxarme fago...
Para relaxarme fago...
 
CESTA MÁXICA 2º C
CESTA MÁXICA 2º CCESTA MÁXICA 2º C
CESTA MÁXICA 2º C
 
CESTA MÁXICA 2º B
CESTA MÁXICA 2º BCESTA MÁXICA 2º B
CESTA MÁXICA 2º B
 
CESTA MÁXICA 2º A
CESTA MÁXICA 2º ACESTA MÁXICA 2º A
CESTA MÁXICA 2º A
 
Tabla eva solaz post confinamiento infantil
Tabla eva solaz post confinamiento infantilTabla eva solaz post confinamiento infantil
Tabla eva solaz post confinamiento infantil
 
Empatia en-cuarentena
Empatia en-cuarentenaEmpatia en-cuarentena
Empatia en-cuarentena
 
Que tus emociones no queden confinadas
Que tus emociones no queden confinadasQue tus emociones no queden confinadas
Que tus emociones no queden confinadas
 
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentenaAtencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
Atencion temprana las_rabietas_abordaje_desde_la_cuarentena
 
Historia social fases_de_desescalada_coronavirus
Historia social fases_de_desescalada_coronavirusHistoria social fases_de_desescalada_coronavirus
Historia social fases_de_desescalada_coronavirus
 
Emocrea
EmocreaEmocrea
Emocrea
 
Biscoito chocolate cunca
Biscoito chocolate cuncaBiscoito chocolate cunca
Biscoito chocolate cunca
 
Flor papiroflexia
Flor papiroflexiaFlor papiroflexia
Flor papiroflexia
 
Que e eso
Que e esoQue e eso
Que e eso
 
Decide t
Decide tDecide t
Decide t
 
Que me pasa
Que me pasaQue me pasa
Que me pasa
 
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
18 14-43-41.admin.receta-pasta-aspanaes
 
En familia olgadedios_cc
En familia olgadedios_ccEn familia olgadedios_cc
En familia olgadedios_cc
 
Conzentrate e infantil
Conzentrate e infantilConzentrate e infantil
Conzentrate e infantil
 
Pps acoso
Pps acosoPps acoso
Pps acoso
 

Na casa

  • 1. Planificar as actividades de educa- ción formal e non formal en relación cos obxectivos da programación e coas características dos cativos e das cativas é un dos resultados de aprendizaxe que ten que adquirir o alumnado que realiza o módulo de Didáctica da Educación Infantil den- tro do Ciclo Superior de Educación Infantil. A este resultado de aprendizaxe de- dícaselle boa parte do terceiro tri- mestre do curso. Seleccionando obxectivos, contidos e competencias e propoñendo actividades relaciona- das con eles. Ademais, nos trimestres anteriores, analizamos diferentes metodoloxías didácticas que se poden empregar na educación infantil, entre outras moi- tas, unha das metodoloxías que co- ñecemos é a realizou Francesco Tonucci. Tonucci realizou estes días, en dife- rentes medios de comunicación, unhas declaracións, na súa liña me- todolóxica, sobre a importancia da actividade educativa que se pode de- senvolver na casa coa participación das familias, con motivo do confina- mento que estamos padecendo en boa parte de Europa e do mundo. Aproveitando esta circunstancia su- xeríuselle ao alumnado que propu- xese actividades que puidesen ser desenvolvidas na casa por crianzas menores de 3 anos, indicando os obxectivos educativos que se pode- rían conseguir con elas, para que puidesen servir de axuda ás familias con nenas e nenos pequenos. O que presentamos agora é unha co- lección das propostas realizadas polo alumnado do módulo de Didáctica da Educación Infantil, dirixidas ás crianzas menores de 3 anos para re- alizar durante estes días e outros moitos días máis. Agardamos que vos resulten inspira- doras. Francesco Tonucci Ten unha visión crítica da escola que mostra ha- bitualmente mediante tiras cómicas que asina co pseudónimo de Frato, nas que as nenas e os nenos mostran a súa des- carnada e entenrecedora crítica da escola. Considera que entre todos os elementos que inflúen na educación só o profesorado, o bo profesorado, é o único que pode facer variar a calidade do proceso educativo. Unha das tarefas máis relevantes que ten que facer o profesorado é escoitar as achegas que realiza o alumnado, para iso, ten que estar convencido de que os nenos e nenas teñen algo importante que dicir, hai que es- coitar o que realmente queren dicirnos, e hai que estar dispostos a ter en conta o que din, preguntan ou desexan. Tonucci considera a educación infantil como a etapa máis importante de todo o sistema educativo, e non por ser base de niveis pos- teriores, senón pola importancia intrínseca das aprendizaxes que se producen neste mo- mento. Aprendendo na casa Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento
  • 2. Imos facer un xoguete con ma- terial reciclado. O primeiro que teremos que facer será recoller todo tipo de material que poidamos empre- gar para facer o xoguete. Unha caixa de cartón, pintura acrílica, 4 canutos de papel hi- xiénico ( ou 2 de papel de co- ciña que recortaremos), lapis, goma, pinceis e un cortador. Despois de recompilar o mate- rial, comenzaremos a elaborar o xoguete. As tarefas máis perigo- sas poderá realizalas só a per- soa adulta como cortar co cortador. Se a persoa adulta debuxa as liñas principais, a crianza pode- ría comenzar a pintar o xo- guete. Por último, para que este Mi- nion se converta nun verda- deiro xoguete, recortariamos uns pequenos furados nos late- rais onde colocariamos os bra- zos. Agora poderiamos xogar a in- sertar unha pelota por eles. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a linguaxe plástica identi-• ficándoa como un medio de expresión de sentimentos e desexos e de representa- ción da realidade. Contidos: Utilización de técnicas e elementos• básicos para a expresión plástica Interese e gozo pola experimentación• e creación de obras plásticas. Valoración e respecto polas produ-• cións propias e polas dos/as demais. Pintura, pinceis, lapis, goma, car-• tón… Competencias: Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Cultural e artística.• Facemos un xoguete Lucía García Iglesias
  • 3. Imos facer unha actividade cos máis pequenos da casa nesta corentena, pero facéndoa un pouco máis divertida, pedín- dolles que nos axuden a facer unha tarefa tan simple como tender a roupa . As crianzas serán as encargadas de colocar as pinzas na roupa para que non caia, poderanas poñer todas dunha mesma cor ou cada unha dunha cor, reali- zando series mediante a alter- nacia de distintas cores, ou tamén poderemos variar os ta- maños ou as texturas, se dis- poñemos de pinzas de madeira e de plástico. Con esta actividade, tamén se fortalecerá a súa motricidade fina, pedíndolles que fagan o pinzado da pinza, ao principio, con toda a man, pero pouco a pouco intentarán realizalo só co polgar e co índice. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a motricidade fina nas acti-• vidades cotiás. Identificar as cores.• Axudar na casa.• Realizar o pinzado cos dedos índice e• polgar. Diferenciar as pinzas de madeira das• de plástico. Contidos Cores, grande, pequeno, madeira,• plástico. Diferenciación das pinzas por cores e• texturas. Satisfacción por axudar na casa.• Competencias Comunicación lingüistica.• Matemática.• Coñecemento e interación co mundo fí-• sico. Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Pinza a pinza Cristina Costoya García 1º Educación infantil
  • 4. Esta proposta didáctica cén- trase en que as crianzas clasi- fiquen obxectos da casa buscando a súa parella. Primeiro colleremos unha serie de obxectos da casa que teñan parella. A continuación separaremos un obxecto da parella cunha cinta de carroceiro Agora pedímoslles que busquen a parella dos obxectos situados no lado esquerdo da cinta e que os vaian colocando ata ter todas as parellas. Con esta actividade os nenos e as nenas poden mellorar as súas destrezas manuais así como a súa capacidade para clasificar obxectos. Esta actividade estaría relacio- nada tanto coa área de autono- mía persoal como coa área de coñecemento da contorna. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Adquirir destrezas e habilidades ma-• nipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes na súa con- torna. Adquirir autoestima esforzándose no• desenvolvemento das actividades cotiás. Contidos: Potenciación das destrezas e habili-• dades na manipulación de instrumentos, ferramentas e materiais. Actitude de paciencia e agarda, na• procura dunha resposta axeitada diante da demora dos desexos. Competencias: Matemática.• Autonomía e iniciativa persoal.• Busca a parella Antía Varela Muñiz 1º Educación infantil
  • 5. Seleccionamos a roupa que imos meter na lavadora. De que cor é esta camisa? A ver se ato- pamos outra da mesma cor! Agora metémola na lavadora. Xa estará chea? Podes meter outra peza máis? Seremos quen de botar o xa- brón? Mira como vai enchéndose de auga. Agora dá voltas e voltas para un lado e para a outro. Agora podemos facer outras ac- tividades pola casa mentres a lavadora fai soa o seu traballo. Xa rematou de lavar. A lava- dora avísanos , abrimos a porta e? Mmmm que ben cheira a roupa limpa! Ups, pero esta mollada! Imos sacando a roupa. De quen son estes calzóns? E este panta- lón? A ver cantos calcetíns hai? Un, dous, tres, ... Atopas al- gunha roupa túa? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Establecer relacións causa-efecto.• Clasificar obxectos segundo diferen-• tes criterios. Identificar a súa propia roupa entre• a dos demais. Contidos: Manipulación de instrumentos, ferra-• mentas e materiais. Experimentación de diferentes accións• sobre os obxectos e materiais. Competencias básicas: Coñecemento e interacción co mundo• físico. Comunicación lingüística.• Lavando a roupa Educación infantil Distancia Zeltia López Carballo
  • 6. Esta é unha tarefa que podere- mos realizar cos nenos e nenas menores de 3 anos. Nesta tarefa os nenos e as nenas poden colaborar sen nin- gún tipo de problema. En primeiro lugar, pedimos aos nenos e nenas da casa que nos axuden a separar a roupa por cores. Ao mesmo tempo podemos facer diferentes clasificacións, como podería ser clasificar a roupa segundo o membro da unidade familiar á que pertence ou por partes do corpo. Posteriormente podemos pe- dirlles que vaian introducindo a roupa la lavadora, axudándolles cando sexa necesario. Unha vez teñamos a roupa me- tida na lavadora, botarémoslle nós o suavizante e o deterxente, xa que a esas idades non é axei- tado que o fagan eles, polo tipo de produto do que se trata. Despois podemos pedirlles que pechen a porta da lavadora e in- dicarlles a qué botóns lle teñen que dar. Por último, cando a lavadora remate, pedimoslles que abran a porta e saquen a roupa, prenda por prenda e de ma- neira ordenada. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Identificar as cores.• Tomar conciencia do propio corpo,• identificándoo global e segmentaria- mente. Adquirir destrezas e habilidades ma-• nipulativas. Adquirir autoestima esforzándose no• desenvolvemento das actividades cotiás. Contidos: Roupa, cesta, lavadora, deterxente,• suavizante. Cores.• Corpo.• Introduce a roupa na lavadora.• Saca a roupa da lavadora.• Competencias: Autonomía e iniciativa persoal.• Aprender a aprender.• Poñemos a lavadora Ana López Martínez
  • 7. É unha actividade entretida que se pode realizar con crianzas de 2-3 anos. Está baseado no xogo clásico do traga-bólas. Con esta actividade preténdese que as familias pasen un momento di- vertido. O papel das persoas adultas nesta actividade será elaborar o xoguete co que se poderá xogar horas e horas. Todos os materiais empregados son reci- clados, e calquera os pode ter pola casa. Só fará falta: Unha caixa de car- tón, tesoiras, pegamento e pin- turas. A decoración quedará en mans dos nenos e nenas. Po- derán elixir como será o traga- bólas, por exemplo, un personaxe dos seus debuxos fa- voritos, un animal, etc… E para encestar, pódese utilizar al- gunha pelota pequena que se teña pola casa. Unha vez realizado, colocamos o traga-bólas xunto á parede ou sobre unha mesa e afastá- monos, para que desde aí tenten encestar coa pelota. Cada vez que se consiga meter unha pelota, anotarano nunha lousa ou caderno onde estarán os nomes de cada participante. Deberán buscar o seu e poderán elixir entre debuxar o número ou debuxar algunha forma como, por exemplo, un círculo, unha estrela... para levar a conta dos tiros que acertaron. Cando xa leven varias partidas realizadas, aproveitarase para comentar como van os puntos, por exemplo: Cantas estrelas ou puntos ten María? Quen leva máis? Quen leva menos? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Coordinar a visión e os movementos da• man. Usar e nomear os números.• Prestar atención ao xogo e ás infor-• macións que lle transmiten outras per- soas. Diferenciar entre as formas escritas• e outras formas de expresión gráfica. Contidos: Coordinación óculo -manual.• Atención.• Números.• Formas escritas e outras formas de• expresión gráfica. Competencias: Matemática.• Comunicación lingüística.• Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Xogamos ao Traga-bólas Adriana Rios López 1º Educación infantil
  • 8. Cando comezamos a selec- cionar os ingredientes podemos facer que participen, achegando a fariña, o azucre, o sal, etc. e así amplían o vocabulario e em- pregan a lóxica matemática, contando cantas culleradas leva de cada ingrediente, se leva moito ou pouco. Traballamos os sabores: o azucre, o limón ou o sal son doces, salgados ou amargos? Despois axudan a verter todo nun mesmo recipiente e a mes- turar. Preguntámoslles se a mestura final está líquida ou espesa, por exemplo. Amasar é probablemente a parte favorita, aínda que a moi- tos lles resulte noxento que se lles pegue tanto a masa ás mans, pero podemos aproveitar para preguntarlles que consis- tencia ten, se é líquida, espesa… Cando a masa xa estea lista podemos deixarlles a eles que amasen. Agora dámoslles forma. É o momento de deixar que a crea- tividade dos nenos saia fóra, xa que poden facer tantas formas como queiran, traballando a motricidade fina, os tamaños, a cantidade… Unha vez que as rosquillas xa saíron da tixola e arrefriaron até o punto de estaren tempera- das é o momento de rebozalas en azucre, traballando de novo a motricidade fina. Unha vez rematado, toca poñe- las nun prato, fonte, bandexa e esperar a que arrefríen. Men- tres, toca limpar, aprendemos hixiene e orde. Cun pano, poden limpar a mesa; pasarlles os utensilios que se empregaron para que os meta no lavalouzas ou no vertedoiro... Finalmente é o momento de descubrir que tal nos saíron esas rosquillas. Podemos apro- veitar o momento para pregun- tarlles se lles gustaron, se estaban doces ou salgadas, que foi o que máis lles gustou facer. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Adquirir destrezas e habilidades ma-• nipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes na súa con- torna. Empregar cuantificadores e medidas• relacionadas con situacións cotiás. Afianzar a propia personalidade equi-• librando a afirmación de preferencias. Contidos: Destrezas manipulativas de instrumen-• tos, ferramentas e materiais. Adquisición da autonomía progresiva• nos hábitos de hixiene e limpeza. Estimación de cantidades e medidas.• Identificación e afirmación dos pro-• pios gustos e do que desagrada. Recoñecemento e utilización das posi-• bilidades do corpo para comunicar. Doce, salgado, azucre, limón, sal…• Competencias: Autonomía e iniciativa persoal.• Comunicación lingüística.• Facemos rosquillas Antía Mera Guerra
  • 9. Esta actividade consistirá en que as persoas adultas compar- tan o labor do coidado e benes- tar dos animais, en concreto das galiñas. Primeiro hai que debullar o millo, podemos pedirlles que nos pasen as mazarocas, que collan os graos, un a un, unha presa... Logo hai que poñer o millo a moer e recoller a fariña. Pon todo branco, é finiña, esboróase das mans cando a collemos. Imos botar a fariña no gali- ñeiro. Hai moita? pouca? onde hai máis? Collerá toda na lata? E se me deixas botar a min? Na horta recollemos verzas. Hai que pillar as de abaixo. Serei quen de romper unha folla? Cantas podo coller cunha man? Agora botámoslles ás galiñas. Tomarán tamén auga fresca? Poderei usar o caldeiro sen ti- ralo? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Concienciarse sobre o aporte dos ani-• mais. Mostrar destreza e disposición na ex-• ploración de materiais. Controlar o corpo en movemento, adap-• tando a resposta motriz ás dimensións e elementos do espazo. Contidos: Galiñas, fariña, millo, verdura,• auga, caldeiro. Coordinación óculo-manual.• Satisfacción co labor realizado.• Competencias: Autonomía e iniciativa persoal• Social e cidadá• Imos despachar as galiñas !!! Marta Suárez Castiñeira 1º Educación infantil
  • 10. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil A actividade que imos realizar coa xente miúda da casa consis- tirá na elaboración de galletas. Primeiro botarán os ing- redientes, poderemos ter en conta as cantidades, e mestura- rán todos os ingredientes paso a paso, poden facelo coas mans ou, se son capaces, cun uten- silio. A medida que se van bo- tando os ingredientes, as crianzas poden ir probándoos e ver se son doces, salgados, amargos ... Do mesmo xeito po- deremos xogar coas cores dos ingredientes para dar máis pé á comunicación. Logo o que farán será darlle forma a pequenos anacos de masa e moldealos como quei- ran, colocando cada galleta na bandexa. Finalmente, unha vez que es- tean listas e sacadas do forno, verán o resultado do seu tra- ballo e poderán degustalo. Obxectivos: Mostrar interese pola comida.• Mesturar uns ingredientes con outros.• Usar a comunicación verbal.• Manipular a masa para moldear formas.• Expresar a súa creatividade.• Experimentar as texturas e sabores.• Contidos: Fariña, ovos, chocolate, manteiga,• azucre, galletas, dar forma.ingredien- tes, masa. Satisfacción ao ver o resultado do• seu traballo. Competencias: Comunicación e representación.• Autonomía e iniciativa persoal.• Aprender a aprender.• Comunicación lingüística.• MMM... Galletas! Inés Barbeito Gende 1º Educación infantil
  • 11. Neste xogo as crianzas poden participar na creación do pro- pio xogo e despois xogar con el, dependendo da súa idade. Na creación do xogo animámo- los a recoller os tapóns expli- candolles cales son válidos e por que. Iremos dicindo se son grandes ou pequenos e que cores teñen. Recortamos as cartolinas ou pa- peis de cores do tamaño dos ta- póns, e podemos pedirlles ás crianzas que debuxen as pare- llas que queiran atopar, pode ser tamén unha cor, unha forma xeométrica ou mesmo texturas diferentes. Agora péganse os debuxos na cara interna dos tapóns. Para comezar a xogar coloca- mos os tapóns boca abaixo, de maneira que os debuxos queden ocultos. Cóllese un tapón, e vemos que debuxo aparece e, a partir de aí, teremos que buscar a súa pare- lla. Cada vez que se vire un tapón, poderemos animalos a dicir o que aparece, por exemplo: Iso é un sol ou un cadrado, é de cor : vermello, verde, amarelo…. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Prestar atención ás informacións• que lle transmiten outras persoas. Decidir de acordo ás súas preferen-• cias entre distintas opcións. Afianzar a propia personalidade• equilibrando a afirmación das prefe- rencias. Contidos: Gusto pola orde.• Cores e formas ou debuxos que se• usaron. Apreciación do xogo.• Competencias: Comunicación lingüística.• Matemática.• Xogo de memoria Joselyn Cornejo Zapata Imos necesitar : 6 tapas de plástico (a cantidade depende da dificultade), cartoli- nas ou folios, rotuladores, tesoi- ras, pegamento. Os tapóns poden ser de diferentes cores e logo pintalos todos da mesma cor, ou elixir todos iguais. 1º Educación infantil
  • 12. Para facer este xogo dos birlos comezamos lavando ben as bo- tellas de plástico e deixándoas secar. Agora, para pintar as botellas podemos empregar dúas técni- cas: Unha vez estean as botellas secas, xa sexa cunha técnica ou coa outra, pechámolas coas súas tapas. Só precisamos dunha pelota para comezar o xogo! Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a motricidade fina e grosa• nas actividades cotiás. Valorar o xogo popular como medio de• diversión. Contidos: Birlos, materiais de reciclaxe, xogos• tradicionais. Coordinación óculo-manual.• Competencias: Comunicación lingüística.• Cultural e artísticas.• O xogo dos birlos Educación infantil Distancia Begoña Leis Capelo Pintalas cun pincel e pintu- ras, decorándoas ao noso gusto. Introducir un pouco de pin- tura en cada botella, pecha- las e axitalas ata que a pintura se distribúa comple- tamente polo interior. Logo abrimos as botellas para que sequen ben. 1 2
  • 13. Nesta actividade traballaremos con culleres, de diferentes ta- maños e materiais, para clasifi- calas segundo diversos criterios. Por exemplo, podémolas clasifi- car por tamaño. Podemos engadirlle novas difi- cultades incluíndo diferentes tipos de materiais e cores, deste xeito podemos clasificalas por un só criterio ou varios, depen- dendo da dificultade que quei- ramos darlle á actividade. Por material, tamaño ou cores, por exemplo. Ademais podemos delimitar un lugar para a súa colocación se- gundo os criterios anteriores. (como un organizador do xogo de cubertos, vasos para os dife- rentes tipos de cubertos, ou calquera tipo de envase ou contedor que teñamos á man) A actividade pódese ir compli- cando, incluíndo, por exemplo, garfos. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento Obxectivos: Analizar obxectos segundo as súas• propiedades físicas. Resolver positivamente os conflitos• cotiáns regulando os seus impulsos e emocións. Adquirir destrezas e habilidades ma-• nipulativas aplicándoas no manexo de útiles e materiais presentes na súa con- torna. Adquirir autoestima esforzándose no• desenvolvemento de actividades cotiás. Contidos: Habilidades na manipulación de ins-• trumentos, ferramentas e materiais. Actitude de paciencia e agarda, na• procura dunha resposta axeitada diante da demora dos desexos. Competencias: Matemática• Autonomía e iniciativa persoal• Culleradas Educación infantil Distancia Yolanda González Esparís
  • 14. Os exercicios de sopro axudan a controlar a respiración e favor- ecen a fala. Imos realizar unha actividade que vai axudar a pronunciar con corrección. Nunha cunca cun pouco de xa- brón, imos botar algo de auga. Que non caia por fóra! Imos remexer. Sen salpicar! Humedecemos a mesa para que as pompas non rompan. Iso si que nos gusta! Facemos unha pompa. Podes movela? Que pasou? Móvese? Rompe? Agora probamos cunha palliña. Sopramos. Que pasará? e se so- pramos máis forte? e se agora o facemos máis amodo? Déixame probar a min. E se mollamos a palliña? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Controlar a respiración para unha• fala correcta. Pronunciar correctamente.• Contidos: Pompas, xabrón, sopro, aire.• Fala.• Competencias: Comunicación lingüística.• Coñecemento e interacción co mundo• físico. Xogamos coas pompas Educación infantil Distancia Cristina Señarís Ramos
  • 15. Circuíto Empregando tubos de papel hixiénico construímos un cir- cuíto. Dáme un tubo; agora, outro. Como os pegamos? Unha vez rematado, hai que pintalo. Que cores usamos? Atréveste ti? Xa está rematado, agora,A xogar! As bolas baixan rápido, e os dados, baixarán? E este pompón? Colar de macarróns Nun recipiente hai macarróns e fóra amallós de zapatos. Que se poderá facer con isto? Vou meter eu o amalló polo furado do macarrón. Atréveste ti con outro? De pesca Cunhas pinzas da ensalada imos coller tapóns dun bol (pode ter auga ou non). Agora os tapóns que pescamos botá- molos na caixa da mesma cor. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a motricidade fina nas acti-• vidades habituais. Empregar a coordinación óculo-manual• nas tarefas diarias. Contidos: Actividade manipulativa de carácter• fino. Planificación progresiva das accións.• Competencias: Aprender a aprender.• Xogos de motricidade Educación infantil Distancia Yasmary Reyes Páez A partir dos 10 meses de idade, os bebés experimentan grandes melloras nas súas habilidades motoras que lles van permitir participar nestes xogos.
  • 16. Os elementos da vida cotiá son grandes alidados para a apren- dizaxe das crianzas. Polas casas temos gran variedade de obxec- tos que son verdadeiros tesou- ros que favorecen a estimulación sensorial e o de- senvolvemento dos sentidos, fo- mentan a imitación, a acción e a capacidade de descubrimento e asombro dos máis pequenos da casa. Presentar o material nunha caixa, cesto, bolsa ou no chan para que as crianzas manipulen e experimenten, xa é unha pro- posta interesante. E se os pintamos? Ou lles poñemos lás ou fíos de cores? Ou facemos figuras con texturas diferentes? Como os poderiamos agrupar? Cal poñeriamos a continuación desta serie? Non sei cal pesará máis. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento Obxectivos: Observar e explorar obxectos identi-• ficando algunha das súas propiedades. Recoñecer cores e formas básicas.• Aplicar a coordinacion visomanual ne-• cesaria para realizar as actividades diarias. Contidos: Exploración de obxectos e materiais• diversos a través dos sentidos. Identificación, denominación e compa-• ración de cualidades sensoriais. Competencias: Matemática.• Aprender a aprender.• Tesouros que temos na casa Educación infantil Distancia Margarita Rodríguez Mira
  • 17. Aos nenos e nenas encántalles axudar a cociñar aos maiores. A pizza, non só é un dos pratos fa- voritos da rapazada, é tamén moi divertido de facer. Con dous anos as crianzas poden axudar a romper follas de leituga, a pasar un trapo á mesa, a partir o brócoli... Para comezar a facer a pizza, primeiro mesturarán os ingre- dintes necesarios para a crea- ción dunha masa de pizza. Dependendo da idade da cri- anza, poderánselle pasar os ele- mentos para que vaia amasando ou perdirllos para que a persoa adulta sexa quen amase. Deste xeito, ademais das habilidades motrices irá aprendendo vocabulario novo. Despois daráselle forma á masa, e cando xa a teña, poñer enriba os ingredintes que máis lles gusten. Por exemplo: Cando poñemos os ingredintes enriba da masa, estamos traba- llando a orde, a comunicación con novo vocabulario e as cores, xa que todos os ingredintes teñen distinta cor. Despois de ir ao forno, este foi o excelente resultado. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Recoñecer as distintas cores dos in-• gredintes. Empregar o vocabulario con correc-• ción. Coñecer distintos olores e texturas.• Contidos: Os ingredintes que se utilizaron.• Vocabulario relacionado coa cociña.• Habilidade para amasar.• O sentido do gusto e tacto.• Competencias: Comunicación lingÜística.• Autonomía e iniciativa persoal.• Facemos pizza Lara Costa Fajardo Queixo Xamón Tomate frito Olivas Ourego Pementos 1º Educación infantil
  • 18. Para ir recoller os ovos das gali- ñas temos que equiparnos pri- meiro. Hai que poñer unhas botas para non mancharnos coa lama. Poderei poñelas eu? Se- guro que, se me dan tempo, non preciso moita axuda. Xa temos as botas postas, agora podemos ir recoller os ovos. Onde os imos traer? Cantos ovos hai? Son todos da mesma cor? Teñen o mesmo ta- maño? Que forma teñen? Pode- rei collelos sen que rompan? Vaia, parece que teñen xema e clara! Que se fai agora cos ovos? Faise tortilla con patacas? ou mellor só con ovos? e ovos fritos para mollar pan? Tamén se fan so- bremesas? Que máis comidas se poden facer cos ovos? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Concienciarse sobre o aporte dos ani-• mais. Mostrar destreza e disposición na ex-• ploración de materiais. Controlar o corpo en movemento, adap-• tando a resposta motriz ás dimensións dos elementos do espazo. Contidos: Galiñas, fariña, millo, verdura,• auga, caldeiro. Coordinación óculo-manual.• Satisfacción co labor realizado.• Competencias: Autonomía e iniciativa persoal• Competencia social e cidadá• Recollemos ovos das galiñas!!! Marta Suárez Castiñeira 1º Educación infantil
  • 19. Nesta actividade clasificaremos os calcetíns por tamaños, cores, parellas, para despois dobralos e gardalos no seu lugar corres- pondente. 1) Clasificamos os calcetíns se- gundo o seu tamaño 2) Clasificamos os calcetíns se- gundo as cores e características (lisos/con debuxos e formas): 3) Clasificamos os calcetíns por parellas 4) Dobramos os calcetíns Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Identificar as propiedades físicas• empregando os seus sentidos. Comparar, clasificar ou agrupar ob-• xectos segundo as súas propiedades físicas. Ordenar tres ou máis obxectos tendo• en conta as diferenzas de magnitude. Preguntar e formular hipóteses ba-• seadas nas experiencias cos obxectos e cos materiais. Contidos: Calcetíns, grande, pequeno, alto,• baixo, cores. Establecemento de relacións: orde-• nación, correspondencia, clasifica- ción Fala, atención, memoria.• Competencias: Matemática.• Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Comunicación lingüística.• Xogando cos calcetíns Jessica Bedriñana Argibay
  • 20. Con esta actividade podemos facer que as crianzas participen na decoración do fogar, apor- tando a súa creatividade e imaxinación. Antes de realizar esta activi- dade teremos que preparar todo o material necesario. Cortamos o cartón, que será a base do noso marco, dándolle a forma do marco. Poderemos aproveitar calquera caixa de ce- reais ou de calquera outro tipo que teñamos na casa. Escollemos a fotografía que imos utilizar. Que foto queres poñer? Gústache esa? Dispoñemos os materiais que poden empregar para pegar no marco: papeis de diferentes tipos que poidamos ter na casa, macarróns, fabas, lentellas, etc. E animamos a pegalos. Tamén podemos empregar pin- turas. Unha vez que rematen de pegar e colorear o seu marco, pégase na parte de atrás a súa fotogra- fía. E voilà! o marco está rematado. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento Educación infantil Distancia Obxectivos: Utilizar diferentes materiais para• crear recursos. Empregar instrumentos con precisión.• Contidos: Cartón, cartolina, papel pinocho,• papel celofán, papel charón, feltro, ma- carróns, fabas, ceras de cores e pega- mento. Experimentación con diferentes mate-• riais. Competencias: Comunicación lingüística.• Coñecemento e interacción co mundo• físico. Enmarcando artistas Lucía Picado Barreiro
  • 21. Ésta é unha actividade dirixida especialmente a nenas e nenos de 2 a 3 anos, pero que tamén poden realizar en menor me- dida as crianzas máis pequenas. Cando se chega da rúa coa com- pra, podemos involucralos na tarefa doméstica de ordenar a compra. Actividade que permi- tirá que realicen un exercicio psicomotriz e estimular as súas capacidades sensoriais. Os produtos veñen dentro da bolsa desordenados e mestura- dos, así que, unha vez que temos a bolsa na cociña cos produtos dentro, sacarémolos da bolsa para poñelos enriba da mesa. Dáme a laranxa, como arrecenden as mazás, a ti que é o que máis che gusta? ... Agora podemos colocar cada produto agrupándoo segundo o seu tipo. Aquí as froitas, onde poñemos este iogur? Cales son os máis grandes? Onde están os máis pequenos? Que botella é da mesma cor que esta mazá?... Agora xa podemos poñelos na neveira ou nos andeis cor- respondentes. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a motricidade fina para• coller os produtos da compra. Identificar as cores, tamaños,• pesos e texturas dos produtos. Experimentar con diferentes mate-• riais: naturais e artificiais. Empregar as habilidades manipulati-• vas. Contidos: Cores, tamaño, materias e texturas• diferentes. Mostra de interese e participación• activa para axudar nas tarefas do fogar. Competencias: Autonomía e iniciativa persoal.• Aprender a aprender.• Ordenamos a compra Sergio Piñeiro Rivas 1º Educación infantil
  • 22. Por norma xeral, non facemos as tareas do fogar cos rapaces e rapazas porque non temos tempo, e queremos acabar canto antes. Durante o confina- mento, podemos pasar estes días facendo que os máis pequenos gocen e aprendan. Os nenos e as nenas máis pequenas poden participar en moitas actividades, ben de xeito autónomo ben coa nosa axuda. Propomos unha ben sinxela, pero de moito valor educativo para as crianzas: tender a roupa. Participar nesta actividade pro- porcionaralles un maior coñ- ecemento da súa contorna e de diversos materiais. Para comezar a tender a roupa imos identificando a parte do corpo na que van, as cores que teñen, de que persoa da familia é, o nome da prenda de roupa, a textura que ten… Ademais de todos eses concep- tos tamén exercitaremos habili- dades físicas empegando con precisión as pinzas, collendo as pezas de roupa, mantendo o equilibrio nun tendal de pé, que parece que o deseñaron ade- cuado á súa estatura. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Coñecer o seu propio corpo.• Observar e explorar a súa contorna• familiar. Adquirir autonomía progresivamente• Sentir o xesto e movemento.• Contidos Descubrimento e control global e seg-• mentario do propio corpo. Potenciación das destrezas e habili-• dades na manipulación de instrumentos, ferramentas e materiais. Axuste do propio movemento ó espazo e• ós movementos dos e das demais. Recoñecemento da propia roupa.• Competencias Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Comunicación e representación.• Colgamos a roupa Alba Castro Senande 1º Educación infantil
  • 23. Con dous anos, as nenas e os nenos xa comenzan a separarse do adulto e van adquirindo pro- gresivamente destrezas físicas que lles proporcionarán inde- pendencia e autonomía, por exemplo, pódense poñer de pé e manter o equilibrio. O seu desenvolvento social está condicionado pola observación e imitación das outras persoas, adultas ou da mesma idade. Así comezan a adquirir hábitos, va- lores e normas de convivencia. As actividades que podemos de- senvolver nestes días son de responsabilidade nas tarefas da casa como pode ser gardar a roupa no armario. Identificamos a roupa polo seu tamaño, clasificámola polas súas cores, dicimos os nomes das prendas, identificamos o lugar onde se gardan, distingui- mos as que se empregan cando vai frío, cando imos á praia, cando imos durmir, a de cando eramos máis pequenas, ... Se dispoñemos dun aspirador de man, as crianzas poderán empregalo de forma autónoma, sen axuda dun adulto e tamén gardar obxectos en caixas e des- pois colocalas no seu sitio. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Adquirir autonomía nas actividades• relacionadas coa vida cotiá. Coñecer e aceptar normas de comporta-• mento sinxelas. Contidos: Instrumentos, aspirador, roupa.• Identificación de tamaños e cores.• Competencias: Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Somos responsables Irene Díaz Ocampo 1º Educación infantil
  • 24. Esta actividade consistirá en construír un pequeno futbolín con materiais reciclados O primeiro que haberá que facer será recoller os diferentes materiais que necesitaremos para construír este xoguete. Onde podemos atopalos? Onde os colocamos? Unha vez recollidos todos estes materiais, comezamos a facer o futbolín, cortando unha caixa de cartón para poder facer a forma do campo. Agora facemos longos canutos de papel. Seremos quen de en- rolar unha folla tan longa? Podemos poñer as pinzas? Onde van as de cada cor? Despois pintamos o campo con témperas e ceras. De que cor o pintamos? Podémolo pintar sen que queden nin un chisquiño sen pintar. Pegamos todas as pezas e face- mos tres furados en cada lado para meter os canutos de papel e poder xirar ou movelo dun lado a outro. Esqueciamos a pelota. Como a podemos facer? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Empregar a linguaxe plástica identi-• ficándoa como un medio de expresión de sentimentos e desexos e representación da realidade. Empregar a motricidade fina para di-• ferentes actividades. Contidos: Utilización de elementos para a ex-• presión plástica. Interese pola experimentación e crea-• ción de obras plásticas. Valoración polas producións propias.• Témperas, pincel, xornal, cartón…• Competencias: Aprender a aprender.• Autonomía e iniciativa persoal.• Cultural e artística.• Inventa o futbolín!! Jorge Rivera Vázquez Canutos feitos con follas de papel. Papel de xornal. Cartón. Témperas e ceras. Pinzas. Papel de aluminio. Pincel. 1º Educación infantil
  • 25. Sons submarinos Necesitaremos: En que consiste? Encheremos cada vaso con dis- tinta cantidade de auga. A con- tinuación, ordenaremos os vasos segundo a cantidade de auga que teñan. Agora, co cuberto, imos pe- tando nos vasos. O timbre va- riará en función da cantidade de auga. Sons culinarios Necesitaremos: En que consiste?: Collemos o cuberto e golpea- mos as potas. Soan igual? Que diferenza hai? Estamos a traballar as frecuen- cias básicas, é dicir, os distintos sons que percibe o oído (agudo- grave). A intensidade: forte-piano Necesitaremos: En que consiste? Colleremos un recipiente con auga e verteré- mola nun vaso posto debaixo. Variando a dis- tancia do recip- iente ao vaso, variará a intensi- dade do ruído. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Distinguir entre grave-agudo.• Distinguir entre forte-piano.• Distinguir o timbre da auga e dos re-• cipientes. Contidos: Valoración da música como elemento• cultural. Valoracións da reutilización de mate-• riais. Habilidades motoras.• Competencias: Cultural e artística.• Autonomía e iniciativa persoal.• Comunicación lingüística.• Estes sons resúltanme familiares Cristina Salvado Fortes Dous ou máis vasos de auga. Auga. Un cuberto. Dúas potas de diferente tamaño. Un cuberto. Un vaso. Auga. Un recipiente.
  • 26. Imos facer un biscoito divertín- donos toda a familia. Traballaremos habilidades como a psicomotricidade fina, ao ter que botar todos os ing- redientes no bol; a asociación ou a clasificación, ao saber que ingredientes utilizamos en cada momento e ao ter que saber que cantidade necesitas de cada ali- mento segundo require a re- ceita e, para rematar, tamén traballaremos habilidades ma- nuais ao ter que manipular ins- trumentos de cociña, mesturar ingredientes ou separalos. As crianzas poden envorcar os ovos no bol e batelos. Botar os ingredientes sólidos como o azucre ou a fariña coa axuda dunha culler. Tamén poden remexer os ali- mentos para ver como se mes- turan e como van cambiando as texturas. Mesmo, cun pouco de axuda, poderán darlle ao botón do ba- tedor e, suxeitándolles o bol, poderán botar a masa, cunha culler, no molde. Poderemos untar a manteiga polo molde para que o biscoito non se pegue? Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Recoñecer diferentes utensilios de• cociña e a súa utilidade. Empregar a destreza manual para o• uso dos utensilios. Contidos: Utensilios de cociña.• Prensión e manipulación de obxec-• tos. Competencias: Autonomía e iniciativa persoal.• Social e cidadá.• Facemos un biscoito Andrea Seijo Conchado Queres ver como facelo? https://drive.google.com /open?id=108Ja8xfTrUO9kC s0n6mY7MzxZxrulsSs 1º Educación infantil
  • 27. Esta actividade está especial- mente indicada para os nenos e nenas de 2-3 anos. A actividade que imos realizar será a de cepillar os dous gatos da casa. Conviven con nós e os rapaces saben que non son xo- guetes. O único que imos necesitar é un cepillo para gatos. Cando collemos o cepillo, se- guro que o gato aparecerá e se poñerá na alfombra. Quen é o que vén aí? Quen acaba de chegar? Como se chama? Quererá que o cepilles? Cepillá- molo por arriba? Veña, agora polo lombo! polo lado dereito, polo esquerdo, pola cabeciña, polo rabiño, amodo..! Crees que lle gusta? As orellas, son grandes ou pequenas? de que cor é? e o ce- pillo? Ves como ronronea? Iso é que o estás facendo moi ben e lle gusta. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Coidar os animais e tratalos con ca-• riño e respecto. Actuar de forma autónoma nas activi-• dades cotiás. Establecer vínculos con persoas e• animais, respondendo aos sentimentos de afecto. Contidos: Gato, negro, contento, primeiro, se-• gundo, antes, despois, cepillo, abaixo, arriba, orellas, rabo, ronroneo. Satisfacción co labor realizado.• Coordinación óculo-manual.• Competencias: Comunicación lingüística.• Matemática.• Autonomía e iniciativa persoal.• Ummm...Que gustiño! Educación infantil Distancia Carmen Aragunde Pérez
  • 28. O xogo pode adaptarse a calquera idade cambiando a lonxitude da escaleira . Precisamos fichas con caras que podemos imprimir ou pintar e despois recortar. Tamén precisamos cartolinas de cores para facer a escaleira dun tamaño aproximado de 30 cms. de lado. Unha vez realizada a escaleira poñemos a carón de cada chanzo unha cartolina coas caras que temos impresas da mesma cor. 1. Vermella (ledi- cia), 2. Azul (tristeza), 3. Verde (sorpresa), 4. Rosa (anoxo) e 5. Amarelo (Cansazo). Agora comeza o xogo. Poñemos música e as crianzas teñen que ir saltando cada chanzo da es- caleira e, no intre no que a paremos, teñen que poñer a cara que estea nese recadro. Que utilidade ten? Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Tomar conciencia do propio corpo• identificándoo segmentariamente. Adquirir o control postural e diná-• mico do seu corpo. Utilizar diversas linguaxes entendén-• doas como instrumentos de comunicación. Contidos: Adquisición progresiva do equilibrio• estático e dinámico. Vivencia e control do corpo en rela-• ción ao movemento, ás dimensións do es- pazo. Competencias: Autonomía e iniciativa persoal.• Escaleira de emocións Educación infantil Distancia Conchi Quintás Martínez
  • 29. Imos facer unha casiña con ma- terial do fogar para experimen- tar o xogo simbólico. Unha casiña? ou un castelo, ou unha cova, ou unha tenda de campaña no medio da selva? Onde a facemos? na sala? na miña habitación? Non sei. A ver se mamá ou papá traen dúas cadeiras e as poñemos de costas unha coa outra. Logo eliximos dúas mantas. A ti cal che gusta? Esa non, que non vale para unha casa!! Parece unha casa, pero haberá que poñerlle unha manta có- moda no fondo. Xa está lista! Non, aínda faltan os meus bonecos, e tamén estes libros e unha lanterna. Que máis levamos? Que utilidade ten? Facemos unha casiña... Proposta de actividades realizada polo alumnado do Ciclo Superior de Educación infantil do CIFP Ánxel Casal Monte Alto Actividades para realizar con crianzas de 0 a 3 anos durante o confinamento 1º Educación infantil Obxectivos: Adquirir destrezas e habilidades ma-• nipulativas aplicándoas ao manexo de útiles e materiais presentes na súa con- torna. Resolver situacións problemáticas con• obxectos, ensaiando diferentes estrate- xias de resolución. Contidos Adquisición progresiva do equilibrio• estático e dinámico. Establecemento de relacións: ordena-• ción, correspondencia, clasificación. Competencias básicas Autonomía e iniciativa persoal.• Aprender a prender.• Ana Suárez Suárez