SlideShare a Scribd company logo
1 of 27
Download to read offline
Catálogo de
actividades e talleres
Curso 2013-2014
0

Presentación

MAUmarela! ten o gusto de presentarvos o seu Catálogo de actividades e talleres para o curso
2013-14 como parte da súa aposta por explorar e difundir todo aquelo que poida contribuír á
motivación dos nenos e adolescentes ante os estudos e fomentar neles valores para a vida.
MAUmarela! é moito máis ca unha simple academia de estudos. É un espazo de aprendizaxe e
creatividade pedagóxica fundado en decembro de 2012 co obxectivo de dotar ao estudante das
ferramentas intelectuais, motivacionais e de creatividade necesarias para acadar autonomía e
responsabilidade respecto ao seu proceso de ensino-aprendizaxe.
Nas nosas instalacións ofrecemos un orixinal Club de Deberes, consulta pedagóxica para a
atención ás dificultades da aprendizaxe, cursos de chinés, talleres de “aprender a aprender”,
“arquitectura para pícar@s”, “filosofía para nenos”, cómic, ilustración, literatura...
MAUmarela! atópase nas instalacións da coñecida Casa das Letras de Ribadeo, onde
contamos, ademais, cun Espazo Colaborativo no que profesionais de diversos eidos poden
impartir os seus talleres dende unha perspectiva innovadora e aproveitando os novos modelos de
traballo e de relacións profesionais.

Do resultado das nosas experiencias, motivacións e ilusións xurde este catálogo.
Agardamos que vos guste e que poidades sacar partido del.

O Equipo de MAUmarela!
1

Formadores MAUmarela!

Carolina García, pedagoga de MAUmarela!, está licenciada pola Universidade
Complutense de Madrid na especialidade de Pedagoxía terapéutica e intervención en
terapia familiar. Tamén é mediadora en prevención de drogo-dependencias, monitora de
tempo libre e axente de igualdade de oportunidades, entre outras cousas.
Celtia Traviesas, co-fundadora de MAUmarela!, é enxeñeira técnica agrícola pola

Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xornalismo pola Universidade de
Barcelona e a Universidade Columbia de NY. Cursou o programa pioneiro de
emprendemento “Projecta’t” da Generalitat de Cataluña e ten ampla experiencia como
xornalista e como monitora de nen@s e adolescentes en diversas ONG’s.

Guillermo Hernández, co-fundador de MAUmarela!, é licenciado en Filosofía pola
Universidade de Salamanca e máster en Comunicación pola Universidade de A Coruña e
La Voz de Galicia. Ten o título superior da Escola Oficial de Idiomas en Inglés, así coma o
First Certificate pola Universidade de Cambridge. Tamén é profesor de secundaria da
Consellería de educación da Xunta de Galicia.

Jon Urbieta, profesor e responsable do deseño do programa anual de Arquitectura para
pícar@s de MAUmarela! É arquitecto, con varios anos de experiencia profesional,
licenciado pola Universidade Pública do Pais Vasco. Máster en Rehabilitación. Foi
colaborador da revista de estudantes de Arquitectura “Diversa”.

Lucía Vila, colaboradora de MAUmarela! é licenciada en Belas Artes e Historia da Arte
pola Universidade de Salamanca. É máster en Animación Sociocultural en Infancia e
Xuventude; foi profesora interina de Educación Plástica e Visual en varios IES de
Cantabria e en Zamora. É ilustradora profesional de contos infantís e ten ampla
experiencia na realización de obradoiros artísticos.
2

Oferta fomativa
A partir de 3 anos
Arqitectura para Pícar@s

páx. 5

Intelixencia creativa

páx. 6

A partir de 5 anos
Filosofía para Nen@s (FpN)

páx. 7

Eco-arte

páx. 8

Apartir de 6 anos
Escultura e experimentación

páx. 9

Fíxate e concéntrate

páx. 10

Quérome para quererte

páx. 11

A partir de 8 anos
Cantos contos contas

páx. 12

Escribo e ilustro un libro

páx. 13

Aprender a aprender

páx. 14

Somos reporteir@s!

páx. 15

Habilidades lectoras

páx. 16

Estratexias contra o acoso

páx. 17

Intelixencia emocional

páx. 18

A partir de 12 anos
Técnicas de ilustración

páx. 19

Deseña o teu propio xardín

páx. 20

Cuidate das drogas!

páx. 21

A partir de 14 anos
Técnicas de aprendizaxe

páx. 22

Afectividade e sexualidade

páx. 23

A información é poder

páx. 24

Atopa o teu Elemento

páx. 25

Escola de pais

páx. 26

Habilidades sociais e
emocionais

Habilidades artísticas
e creativas

Habilidades mentais e
cognitivas
A partir de 3 anos

Arquitectura para pícar@s
Estimulación da imaxinación e da intelixencia

O curso componse de
exercicios dentro e
fóra do taller, con
visitas, excursións e
actividades no
exterior.
Traballaranse
habilidades manuais,
como: o debuxo, o
modelismo, a
fotografía, o
muralismo, a
infografía… Facendo
sempre fincapé nos
métodos de traballo en
3D.
En MAUmarela! pensamos que é
moi positivo educar aos nenos en
conceptos de urbanismo,
paisaxismo e elementos
construtivos, para que non
repitan erros do pasado e para que
se convertan en cidadáns críticos
e activos.

Obxectivo

Espertar e estimular aos máis cativos para que descubran e gocen de cheo do
seu entorno construído sendo quen de comprender o impacto e significado da
arquitectura.

Programación

Sesións semanais de 1,5 horas ao longo do curso (recomendado).

5

Debuxo, modelismo, infografías, fotografía, muralismo...
A partir de 3 anos

Intelixencia creativa

Pensa, inventa e crea

6

Fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización ante os problemas

Educar dun xeito integral implica atender aos coñecementos, pero tamén a
outros aspectos da mente como é a creatividade. A lexislación vixente (LOE) estipula dentro
dos seus principios o fomento da capacidade creativa do alumnado, capacidade que ten
suma importancia para o resto de aprendizaxes e habilidades que @s nen@s teñen que facer
fronte no seu día a día dentro do sistema educativo.

Partiremos dunha avaliación do potencial creativo de cada un dos nen@s co
obxectivo de dotalos daqueles recursos máis axeitados e que finalmente sexan eles
mesmos @s que resolvan as situacións que día a día se lles presenten.
Imos traballar a través de “circuítos creativos” que axudarán a estruturar as
dinámicas seguindo sempre os seguintes rasgos: potenciación da fluidez,
flexibilidade, orixinalidade e sensibilización cara aos problemas.
Obxectivo

Desenvolvemento do pensamento e dos procesos cognoscitivos e da
expresión corporal, alternando as actividades grupais con outras
individuais.

Programación

Un total de 12 sesións semanais de 45 minutos de duración.
A partir de 5 anos

Filosofía para Nen@s

Aprender a pensar

Habilidades traballadas
Habilidades cognitivas: aprender a razoar, a formular
hipóteses, a xeneralizar, a usar e recoñecer criterios, a facer
boas preguntas, a usar analoxías e metáforas, a dar
exemplos e contra-exemplos, a facer boas distincións e
inferencias. Todas estas habilidades están á base das
competencias matemática, lingüística e científica.
Habilidades sociais: aprender a traballar ideas alleas, a
respectar as ideas dos outros, a colaborar e dialogar para achar
significados. A FpN é unha ferramenta moi valiosa para
traballar a cultura para a paz e previr conflitos dentro do
centro educativo.

Filosofía para Nen@s
(FpN) é unha proposta
educativa rigorosa e
sistemática que
posibilita que @s
alumn@s de entre 4 e 18
anos potencien as súas
habilidades intelectuais,
sociais, críticas,
creativas e éticas a
través da comunidade de
investigación.
A proposta baséase no
programa elaborado por
Matthew Lipman e Ann
Sharp nos anos 70 e
estrutúrase arredor dun
diálogo guiado a
partires de lecturas
especialmente elaboradas
para cada franxa de
idade.

Obxectivo

Mellorar as habilidades de pensamento, sociais e creativas.

Programación

Sesións semanais de 1 hora ao longo de todo o curso (recomendado).

7

Programa de mellora das habilidades de pensamento
A partir de 5 anos

Eco-arte

Debuxo, pintura, reciclaxe e falso gravado

A través da arte as nenas e nenos toman consciencia da súa
realidade, observando o estado de conservación do seu
entorno inmediato; e tras o análise das formas naturais e de
refugo que lle proporciona o medio, transforman esta materia
en obxectos estéticos.

"Educación pola
Arte" (ECO-ARTE) , fai
referencia tanto a
educar a sensibilidade
artística como a ser un
instrumento educador
de hábitos e actitudes
ecolóxicas.
Neste taller
practicaremos
diferentes técnicas.
Aprenderemos a facer
monotipos e gravados,
a pintar aquelo que nos
inspire a música ou un
sabor, a empregar
materiais de refugo e a
concienciarnos sobre o
noso entorno.

Obxectivo

Tomar consciencia da realidade a través da arte e aprender diferentes
técnicas de composición como o gravado, o collage, a estampación...

Programación

Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo desexado.

8

Un taller de sensibilidade artística e medioambiental
A partir de 6 anos

ESCULTURA E EXPERIMENTACIÓN
As posibilidades estéticas dos obxectos

A actividade leva
consigo un percorrido
polo espazo natural
inmediato, mirando,
esculcando as
formas, cores,
texturas, materiais e
composicións que lles
ofrecen os obxectos,
deténdose nas
posibilidades estéticas
para transformalos
en esculturas.

A arte, en xeral, axuda aos pícaros a pensar
dun xeito creativo e entender que existen
distintas solucións ou camiños para
resolver un mesmo problema.
A creación do espazo escultórico ven artellada
pola acción creativa d@ alumn@ na reciclaxe
de material de refugo natural ou urbano.
Obxectivo

Aprender as técnicas básicas de composición, así como aprender a interpretar e
representar a realidade.

Programación

Sesións de 2 horas. Semanais, mensuais ou únicas.

9

Obradoiro de escultura ao aire libre con materiais de reciclaxe
A partir de 6 anos

Fíxate e concéntrate
Traballamos o factor atencional
Estratexias para aumentar a concentración, a percepción e a memoria

Nos primeiros anos de
escolaridade a falla de atención
pode considerarse como un
problema na medida en que eses
hábitos acaben por instaurarse ou
mesmo se acabe dando unha
ausencia de estratexias
atencionais para poder aprender.

10

A atención e un dos procesos
psicolóxicos básicos intimamente
unidos á percepción e a memoria.
Estes 3 aspectos teñen moita
relevancia para poder comprender
moitas das dificultades de
aprendizaxe que poden presentar
@s alumn@ na escola.

Desde este obradoiro se abordará a
ATENCIÓN VOLUNTARIA é dicir aquela na
que o alumno/a responde conscientemente
ante os estímulos sendo el quen determinará
a QUE atende e CÓMO debe facelo.
Ao inicio do obradoiro valorarase dun xeito
individual o factor atencional para coñecer a
liña base de traballo e valorar os posibles
avances que se vaian producindo coa
aplicación do programa de traballo.

Obxectivo

Favorecer o compoñente atencional e META-ATENCIONAL para que o alumno
ou a alumna poda realizar o seu propio proceso de atender cando está
realizando a tarefa.

Programación

Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses
(recomendado).
A partir de 6 anos

Quérome para quererte

Educación afectiva-emocional-sexual

Un factor
importante que
contribúe á
formación da
personalidade é a
educación afectivaemocional.
Vinculando a esta
temos o ámbito
sexual xa que se
atopa moi unido a
estes dous aspectos
sobre todo en
determinados
momentos da
infancia.

11

Aprendemos a cuidarnos, protexernos e coñecer o noso corpo

Este programa pretende traballar desde unha perspectiva de educación das actitudes facendo
fincapé no compoñente afectivo e no ámbito sexual (intimamente vinculado co afectivoemocional) na dirección de aprender a coidarnos e protexernos.
Non podemos esquecer o factor de xénero como variabel dependente na construción da
identidade e da personalidade. Asemade ter en conta isto axudará a partir dunha realidade
diferenciada na vivencia dos afectos e da sexualidade.

Obxectivo

Axudar aos nenos e nenas na construción da súa identidade para coñecer e
comprender o mundo dos afectos, das relacións e conseguir unha vivencia
satisfactoria do seu desenvolvemento sexual.

Programación

Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses
(recomendado).
A partir de 8 anos

Cantos Contos Contas

Obradoiro de Literatura

A dinámica de traballo é sempre lúdica e afóndase nas
propostas desenvolvidas por Gianni Rodari (binomio
fantástico), ademais de exercicios e xogos especialmente
elaborados para o taller.
Na metodoloxía de Maumarela! a linguaxe é tratada dende
un punto de vista plástico de modo que non haxa trabas ao
xogo cos seus elementos.

Cantos Contos Contas ofrece unha plataforma
para liberar as posibilidades creativas d@s
nen@s a través das posibilidades estéticas da
narración.

O taller de literatura
para nen@s busca
desenvolver á
capacidade creativa
d@ nen@ dando saída
a ideas que se resisten
a adoptar formas
lingüísticas.
Cantos Contos Contas
estruturase en torno a
dous elementos
básicos: por un lado
trátase de descubrir as
unidades básicas de
expresión: letras,
palabras, frases e
textos, e por outro o
descubrimento dos
elementos básicos da
narración:
argumento,
personaxes, orde,
estilo...

Obxectivo

Ser capaces de manexar dun xeito creativo e proveitoso as posibilidades
que ofrece a linguaxe.

Programación

Sesións semanais de 1 hora ao longo de tres meses (Galego ou Castelán).

12

Técnicas para desenvolver a creatividade e as habilidades de escritura
A partir de 8 anos

Escribo e ilustro un libro
Da imaxinación á creación e ilustración dun conto

Este taller é unha
proposta creativa que
se desenvolve a partir
dun tema ou idea
común e na cal cada
nen@ constrúe o seu
propio libro-obxecto
grazas á combinación
das técnicas de
escritura creativa,
ilustración e
maquetación
artesanal.

O proxecto pode converterse nunha maneira
orixinal de traballar historias partindo dunha
costume, dun lugar ou dunha singularidade
local; dun valor como a amizade, dun feito
científico... Contribuindo así a que as nenas e
nenos establezan sinerxias coas familias ou co
resto da sociedade.

Obxectivo

Potenciar a creatividade dun xeito integral e multidisciplinar,
desenvolvendo habilidades plásticas e de escritura.

Programación

Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo requerido.

13

Técnicas creativas de escritura, debuxo e maquetación artesanal
A partir de 8 anos

Aprender a aprender

Curso de técnicas de estudo

14

Métodos para acadar un maior rendemento e aumentar a motivación

O taller de técnicas de estudo fai fincapé na planificación e xestión do
tempo adicado ao estudo creando un hábito e fortalecendo as habilidades
para sacarlle o máximo rendemento. Tal fortalecemento e resultados
incidirán na motivación d@ alumn@. O taller está enfocado para que cada
alumn@ atope as técnicas as máis axeitadas á súa forma de aprender.

Contidos: técnicas de lectura rápida e comprensiva, de escritura, mnemotécnicas,
Mind Mapping, mapas conceptuais, esquemas, organización e planificación,
preparación de exames, presentacións orais, subliñado e resumos.
Obxectivo

Adquirir ténicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e
economizar tempo para o ocio.

Programación

Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.
A partir de 8 anos

Somos reporteir@s!

Obradoiro de xornalismo na escola
Proxecto para a creación dun xornal

Que é unha noticia? Como se
busca unha información
interesante? Quen decide o
que aparece nos xornais? Que
preguntas podo facer nunha
entrevista?...

•
•
•
•
•
•
•
•
•
•

Programación:
Os feitos noticiosos que nos rodean
Os temas e os enfoques
A entrevista
Imaxes que contan historias: o fotoxornalismo
Onde buscar? As “fontes” de información
A crónica dun suceso
A importancia da linguaxe positiva
Cómo atopar un bo titular
Cómo crear e manter un blog
Diferenzas entre informar e opinar

Traballaremos as habilidades
de expresión escrita e oral,
sociais, creativas e de traballo
en equipo. Ademais,
adquiriremos práctica no uso
do blog como ferramenta de
comunicación.
A proposta é que o obradoiro
se articule ao redor dun
PROXECTO
XORNALÍSTICO do centro.

Obxectivo

Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analizar e
explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a
expresión oral e escrita.

Programación

Sesións de 1 hora semanal ao longo do tempo requerido segundo o
proxecto. (Mínimo de 3 meses).

15

Este obradoiro de xornalismo
na escola pretende achegar o
“oficio” aos máis pequenos
dende un punto de vista
pedagóxico pero tamén dende
a experiencia real.
A partir de 8 anos

Habilidades lectoras
Comprendo e aprendo
Discriminación lectora, aspectos cognitivos e metacognitivos da lectura

16

A correcta adquisición das
habilidades lectoras constitúe
unha das principais
dificultades que o alumnado
ten que superar ao longo da
educación primaria. Ese
rendemento baixo na lectura
afectará ao seu éxito
académico ou as actividades
da vida cotiá nas que precise
facer uso da lectura.

Este obradoiro diríxese a traballar tanto desde un punto de vista
COGNITIVO(axudar ao alumnado a reflexionar, pensar, formular hipóteses, etc..)
como META-COGNITIVO (seguindo o modelo de meta-comprensión lectora:
habilidades de planificación, supervisión, avaliación,etc.).
Ao inicio valorarase a EFICACIA LECTORA de cada un dos alumn@s co obxectivo
de ir valorando conxuntamente con el@s os seus progresos neste aspecto.
Desenvolveremos exercicios dirixidos a:
1.-Desenvolver a discriminación perceptiva lectora.
2.-Discriminación lectora.
3.-Lectura anticipatoria.
4,.Aspectos cognitivos e meta-cognitivos da lectura.
5.-Exploración rápida de textos.

Obxectivo

Mellorar as habilidades lectoras para conseguir facerlle fronte dun xeito eficaz ás
actividades escolares que impliquen un maior dominio lector.

Programación

Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses (recomendado).
A partir de 8 anos

Estratexias contra o acoso
Taller de resolución pacífica dos conflitos
Técnicas para previr e superar situacións de acoso escolar

Unha conduta socialmente
competente está relacionada
con logros escolares e sociais e
cun bo axuste persoal das
diversas situacións, pola
contra, a incompetencia
relacionase cunha baixa
aceptación e illamento.

O acoso escolar e a violencia entre iguais dentro
dos centros educativos é un fenómeno ao que se
ten que dar resposta dentro do contexto escolar.
Este problema preocupa por igual a familias e
docentes pero en ocasións a forma de responder
ao mesmo non axuda a establecer unha solución
a esta situación, volvéndose a repetir ou non
desaparecendo por completo.

Asemade, traballaremos no
concepto relacionado coa auto
estima e a propia imaxe
axudando a eliminar
distorsións e percepcións que
contribúan a xerar un
concepto negativo de si
mesm@s n@s alumn@s e que
@s fagan, polo tanto, proclives
a ser vítimas de maltrato
escolar.

Obxectivo

Proporcionar ao alumnado habilidades sociais para abordar conflitos dunha maneira
competente e resolutiva. Traballar a auto estima e o auto concepto como variables
necesarias nos procesos relacionais.

Programación

Sesións semanais de 1 hora ao longo de 3 meses (recomendado).

17

Este obradoiro pretende dotar
ao alumnado de habilidades e
técnicas para que poidan
previr, superar e non participar
en situacións de acoso e
maltrato; aprendendo un
estilo de comportamento
dirixido á resolución pacífica
dos conflitos.
A partir de 8 anos

Intelixencia emocional

Aprendo a ser intelixente coas emocións

As habilidades relacionadas coa
Intelixencia Emocional non teñen o
mesmo tratamento que outras áreas no
currículo escolar. Estas habilidades
son importantes tanto para o autocoñecemento d@s propi@s nen@s como
para as as súas relacións cos outros.
Levar a cabo unha educación integral
supón ter en conta ao alum@ como
intelecto e como ser emocional e social.
Como afirma Goleman: “a intelixencia
emocional pretende por de acordo o
cerebro e as emocións integrando as 3
dimensións do comportamento
humano: o cognitivo, o condutual e o
afectivo”.
Os contidos van desde , descubrir as
nosas emocións, coñecelas mellor,

tomar conciencia dos meus pensamentos e
dos mecanismos que poño en marcha, etc.

Como se vai traballar todo isto?
No taller se combinaran exercicios de introspección
individual, en grupo e por parellas.
Traballaremos mediante asembleas, exposición de
casos, proxección de curtas, películas , documentos
escritos, role-playing, debates, etc.
Nos grupos de primeiro ciclo a metodoloxía basearase
no xogo e experiencias máis lúdicas e vivenciais.

Obxectivo

Desenvolvemento de facultades emocionais e sociais nos nenos e nenas e asemade
aprender a coñecer mellor a sí mesmos/as.

Programación

Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).

18

Coñecémonos a nós mesm@s para relacionarnos mellor
A partir de 12 anos

Técnicas de ilustración
Crear imaxes sen saber debuxar

Este é un curso de
técnicas diferentes
para crear imaxes sen
necesidade de saber
debuxar, para
distintos destinos
gráficos: o editorial, o
publicitario, a moda…
Destinado a rapaces e
rapazas con
inquedanzas
gráficas que queiran
iniciarse no mundo
da ilustración.

Mediante a pintura e o debuxo
apréndese a ser máis organizad@ e
a seguir unhas pautas. Os rapaces
e rapazas fanse máis observadores
e analític@s, desenvolven a
capacidade de concentración e
aumentan a súa auto estima.

Obxectivo

Coñecer os distintos procedementos e técnicas (acrílico,óleo,
carboncillo....), así como os elementos básicos de composición.

Programación

Un total de 4 sesións de 2 horas de duración (recomendado).

19

Un curso para iniciarse no mundo da ilustración
A partir de 8 anos

Deseña o teu propio xardín
Curso de xardinería e paisaxismo para nen@s

Este taller contribúe a
desenvolver habilidades
multicisciplinares como o
debuxo, a xeometría e a
bioloxía ao redor da idea
estimulante de crear o
noso propio xardín.

A partir da idea de
deseñar un xardín
propio(xa sexa o xardín
da casa ou un parque
público), @s nen@s
deben enfrontarse a
diferentes retos:
entender os conceptos de
escala e plano, situar
nel as zonas de sombra
e de sol, as vistas a
potenciar ou a tapar, os
desniveis, as especies
existentes, o tipo de
terreo...
Despois, deben
familiarizarse con
conceptos básicos de
deseño: cores e
proporcións. Tamén
aprenderán os usos e
características de
distintas plantas e
árbores ornamentais. O
taller permite @s nen@s
achegarse ao mundo
das plantas dun xeito
moi orixinal: dende as
súas potencialidades
como elementos
construtivos para
deseñar un xardín.

Obxectivo

Que os/as alumnos/as sexan quen de afrontar un proxecto dende a idea á
súa plasmación no papel, adquirindo diversas habilidades, como as
matemáticas, as plásticas, así como coñecementos de bioloxía.

Programación

Un total de 10 sesións de 1 hora de duración.

20

Un taller que combina o coñecemento da natureza co debuxo técnico e creativo
A partir de 12 anos

Cuídate das drogas
Prevención e educación para a saúde

A educación centrada na
prevención debe ter en conta: a
auto estima, a presión do grupo,
a necesidade de saber tomar
decisión e coñecer as drogas e os
efectos sobre o organismo.
É preciso pois proporcionar ao
alumnado recursos para
enfrontarse ás situación
relacionadas co consumo,
promocionar estilos de vida
saudábeis e incompatíbeis coas
drogas.

Traballaremos a adquisición
de habilidades en pequenos
grupos de tal maneira que se
poda favorecer o intercambio
de ideas, a comunicación e a
discusión activa a través de
prácticas guiadas.

21

Autoestima, presión de grupo, toma de decisións e coñecemento das drogas

Cómpre destacar as idades nas
que os mozos e mozas se
inician no consumo de
sustancias, sendo cada vez
máis frecuente unha idade de
inicio entre os 13 e 14 anos
fundamentalmente con drogas
tales como tabaco e alcohol.
Por este motivo, centrarémonos
nestas dúas substancias.

Obxectivo

Proporcionar ao alumnado recursos para enfrontarse ás situacións relacionadas co
consumo, promocionar estilos de vida saudabeis e incompatíbeis coas drogas.

Programación

Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).
A partir de 14 anos

Técnicas de aprendizaxe
Curso avanzado de técnicas de estudo

22

Estratexias para atallar a preguiza e a falta de motivación

A participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe é clave para
a motivación e o éxito nos estudos. Este taller proporciona estratexias para
atallar a preguiza, o desinterese, a falta de motivación ate os estudos e
converter ás rapazas e rapaces en suxeitos activos e participantes.
Facemos fincapé na técnica do Mind Mapping, pois ten amosado ser moi
efectiva para a comprensión, categorización e memorización dos conceptos, así
como para lograr PERSONALIZAR A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGA E
CONECTALA, o que é, de feito, a definición mesma de aprendizaxe.

Obxectivo

Adquirir técnicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e
economizar tempo para o ocio.

Programación

Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.
A partir de 14 anos

Afectividade e sexualidade
Relacionámonos en igualdade

23

Vivencia dos afectos e da sexualidade dende unha perspectiva de xénero

Dende un punto de vista tradicional a sexualidade dos rapaces e rapazas asóciase á
preocupación polo embarazos non desexados ou a enfermidades de transmisión sexual
sobre todo coa chegada da puberdade.
Cómpre ter en conta a importancia de desenvolver unha educación integral que vaia
máis alá da prevención e que faga fincapé na vivencia da sexualidade vinculado ao
mundo dos afectos, é dicir, a auto estima, o auto coidado e a capacidade de establecer
relacións desde desde un marco respetuoso coa diferenza.
Desde este obradoiro faremos fincapé no desenvolvemento da auto estima e das
habilidades relacionais desde un punto de vista de xénero, partindo da existencia
dun patrón de relación desigualitario e diferente segundo se traten de rapaces e

Obxectivo

Desenvolver estratexias para afrontar o mundo das relacións afectivas desde un
enfoque de auto protección e simetría para evitar situacións de violencia de xénero.

Programación

Sesións semanais de 1 hora de duración ao longo de 3 meses (recomendado).
A partir de 14 anos

A información é poder

Taller de xornalismo e creación de blogs

Pensamento crítico e ferramentas para coñecer e contar a realidade

Nos últimos anos, e
grazas a Internet,
emerxeu un novo concepto
chamado “xornalismo
cidadá” que está
revolucionando o acceso á
información.
E a información é poder.
Analizar e debater estes
conceptos é unha grande
oportunidade para o
estímulo intelectual e o
pensamento crítico do
alumnado.
O taller divídese en dúas partes:
Na primeira, afondaremos en conceptos xornalísticos como a creación dunha
reportaxe, a pesquisa das “fontes” informativas, o enfoque das noticias, as fotos, a
linguaxe positiva, etc.
Na segunda, analizaremos os blogs e as redes sociais como novos medios de
comunicación e proxectaremos a creación (individual ou colectiva) dun blog,
deténdonos nas súas posibilidades de financiamento e na cuestión da calidade e da
“fiabilidade” da información.

Obxectivo

Programación

Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender e explicar o
mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión
Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analisar e
oral e escrita.
explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a
expresión oral e escrita.
Sesións de 1,5 horas semanais ao longo do tempo requerido segundo o

Programación

proxecto. (Mínimo de 3 meses).
Sesións de 1 hora ao longo do tempo requerido segundo o proxecto.

Obxectivo

24

O xornalismo é a
disciplina que se ocupa de
contar aquilo que
acontece no mundo a
través do discernimento
do que é ou non é noticia.
A partir de 14 anos

Atopa o teu Elemento!

Taller de pensamento creativo e emprendemento
Habilidades emprendedoras e coaching para estudantes

Qué quero ser? Que quero facer e para quen? Cales son os meus valores?

Unha actitude emprendedora é esencial para a sociedade do
coñecemento e moi necesaria nun momento de cambio de
paradigma socioeconómico como o que estamos a vivir.

"

"
"
"

Unha persoa emprendedora é creativa, faise
responsable de si mesma e é dona do seu destino. O
emprendemento é unha forma de ser e de estar no
mundo. Soñando e arriscando, sen medo ao fracaso.

“Cando nos apaixona o que facemos e
ademais temos a preparación axeitada
para facelo ben, estamos no noso
Elemento, este estado marabilloso no cal
traballamos sen cansazo e con grande
creatividade. Os colexios e as empresas
deberían axudarnos a atopar o noso
Elemento para un mellor
desenvolvemento de cara ao futuro”.
Ken Robinson.
Obxectivo
Obxectivo
Programación

Desenvolver as habilidadeseemprendedoras e adquirir os coñecementos
Desenvolver a curiosidade a capacidade para entender, analisar e
básicos para poñer no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a
explicar a o mundo en marcha unha idea de negocio.
expresión oral e escrita.
Pode facerse unha sesión única de 2 horas ou desenvolver o programa
completo de 12 sesións de 1,5 horas de duración.

25

Mediante este taller, as rapazas e rapaces aprenderán as
competencias necesarias para o emprendemento, ademais de
desenvolver as habilidades necesarias para a xestión dunha idea:
dende a elaboración dun plan de empresa, pasando pola difusión
da idea, o marketing, a administración... Pero mais alá da
economía e dos negocios, sobre todo, afondarán no concepto de
emprendedor/a:
Espazos de reflexión

Escola de nais e pais
As familias teñen un gran valor como axente principal da socialización dos nenos e nenas
nos primeiros anos de vida, posteriormente o sistema educativo aportará non só
coñecementos senon tamén actitudes e valores que complementarán á función educativa
que leva a cabo a familia.
Os espazos para nais e pais pretenden ser fundamentalmente espazos de axuda e de
construcción activa, colaborando conxuntamente na resolución, aprendizaxe e educación
dos seus fillos e fillas.
Partimos da perspectiva de que toda familia ten recursos propios para facer fronte ás
diversas situacións que día a día se lle prantexan ocurrindo moitas veces que por elas
mesmas non son capaces de “abrir o foco” e poder ver cales poden ser as posibles
solucións aos problemas que se lles van dando.
O grupo axudará nesa labor de refrexión mediante o prantexamento de casos, debate
sobre os mesmos e búsqueda de solucións conxuntas.

Cómo se vai traballar todo isto?
Farase unha exposición do tema e prantexamento de casos, despois haberá un traballo en
pequenos grupos e as propostas de solucións.

Hai que ter en conta que a idade dos fillos e fillas é importante á hora de establecer os
grupos xa que as situacións que se lle prantexen ás familias serán diferentes.
Temas xerais:
-A formación do carácter e a personalidade.
-Educando a autoestima, ensinando a identificar emocións.
-Traballando a autonomía e a responsabilidade.
-Manexando a frustración e as rabietas (traballando o autocontrol).
-Autoridade con afecto “man de ferro con guante de seda”. Os estilos educativos.
-As habilidades sociais.
-Os celos e a relación entre irmáns.
-Espertando a motivación para aprender: os deberes e o método de estudo.
-A importancia da comunicación e da escoita activa.
-Relación entre familia e escola.
-Fomento da lectura e o interés polos libros.
NOTA: Os temas prantexados son só orientativos. As familias participantes exporán cales son os
temas que desexan tocar ou en cales prefieren centrarse máis.

Duración
Unha sesión semanal de 1,5 horas durante 3 meses.

26

Partimos por tanto de temas xenéricos que se irán abordando e que no contexto do grupo
ser personalizarán para que sexa o mesmo grupo o que proporcione as solucións aos
temas-problema.
3

Prezos e contratación

MAUmarela!
recomenda artellar
as actividades en
grupos de 10
alumn@s a fin de
acadar mellores
resltados
pedagóxicos. Todas
as actividades
poden amoldalrse
ao tempo e
necesidades
concretas dos
centros.
MAUmarela! atópase na Rúa Rodríguez Murias,
8, 1º e 2º andar. Ribadeo (Lugo)
Teléfonos de contacto:
630 12 75 76 (Guillermo)
633 37 18 28 (Celtia)
E-mail: maumarela@gmail.com
www.maumarela.com

A referencia d
e
prezo é 10 €/h
ora
por alumno.
Sempre adapta
ble
en función da
s
necesidades e
preferencias d
os
centros.
Consultade os
nosos bonos e
ofertas.

More Related Content

Similar to Catálogo actividades colexios e ANPAS

Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.ferpintos
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galsatelite1
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISCarmen165
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénerosatelite1
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeainoaaa
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22CEIPN1TUI
 
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosmariafatimasanchez
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaMaría Valbuena
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponenciasatelite1
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarMANEIRO
 

Similar to Catálogo actividades colexios e ANPAS (20)

Proxecto impresionismo
Proxecto impresionismoProxecto impresionismo
Proxecto impresionismo
 
Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.Presentación1.artistica.
Presentación1.artistica.
 
Bloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-galBloque musica-de-cores-gal
Bloque musica-de-cores-gal
 
Dúbidas
DúbidasDúbidas
Dúbidas
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAISOBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 19. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
O xogo non ten xénero
O xogo non ten xéneroO xogo non ten xénero
O xogo non ten xénero
 
Tâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prendeTâche 2: comments_y_prende
Tâche 2: comments_y_prende
 
PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22PXA 2021/ 22
PXA 2021/ 22
 
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
Ollos de aula. Nº 19 (febreiro 2015)
 
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
 
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundariaO traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Monferosolidario Ponencia
Monferosolidario PonenciaMonferosolidario Ponencia
Monferosolidario Ponencia
 
Descubrindo a Prehistoria
Descubrindo a PrehistoriaDescubrindo a Prehistoria
Descubrindo a Prehistoria
 
De infantil a primaria
De infantil a primariaDe infantil a primaria
De infantil a primaria
 
Proxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar ComunicarProxectar Investigar Comunicar
Proxectar Investigar Comunicar
 

Catálogo actividades colexios e ANPAS

  • 1. Catálogo de actividades e talleres Curso 2013-2014
  • 2. 0 Presentación MAUmarela! ten o gusto de presentarvos o seu Catálogo de actividades e talleres para o curso 2013-14 como parte da súa aposta por explorar e difundir todo aquelo que poida contribuír á motivación dos nenos e adolescentes ante os estudos e fomentar neles valores para a vida. MAUmarela! é moito máis ca unha simple academia de estudos. É un espazo de aprendizaxe e creatividade pedagóxica fundado en decembro de 2012 co obxectivo de dotar ao estudante das ferramentas intelectuais, motivacionais e de creatividade necesarias para acadar autonomía e responsabilidade respecto ao seu proceso de ensino-aprendizaxe. Nas nosas instalacións ofrecemos un orixinal Club de Deberes, consulta pedagóxica para a atención ás dificultades da aprendizaxe, cursos de chinés, talleres de “aprender a aprender”, “arquitectura para pícar@s”, “filosofía para nenos”, cómic, ilustración, literatura... MAUmarela! atópase nas instalacións da coñecida Casa das Letras de Ribadeo, onde contamos, ademais, cun Espazo Colaborativo no que profesionais de diversos eidos poden impartir os seus talleres dende unha perspectiva innovadora e aproveitando os novos modelos de traballo e de relacións profesionais. Do resultado das nosas experiencias, motivacións e ilusións xurde este catálogo. Agardamos que vos guste e que poidades sacar partido del. O Equipo de MAUmarela!
  • 3. 1 Formadores MAUmarela! Carolina García, pedagoga de MAUmarela!, está licenciada pola Universidade Complutense de Madrid na especialidade de Pedagoxía terapéutica e intervención en terapia familiar. Tamén é mediadora en prevención de drogo-dependencias, monitora de tempo libre e axente de igualdade de oportunidades, entre outras cousas. Celtia Traviesas, co-fundadora de MAUmarela!, é enxeñeira técnica agrícola pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Xornalismo pola Universidade de Barcelona e a Universidade Columbia de NY. Cursou o programa pioneiro de emprendemento “Projecta’t” da Generalitat de Cataluña e ten ampla experiencia como xornalista e como monitora de nen@s e adolescentes en diversas ONG’s. Guillermo Hernández, co-fundador de MAUmarela!, é licenciado en Filosofía pola Universidade de Salamanca e máster en Comunicación pola Universidade de A Coruña e La Voz de Galicia. Ten o título superior da Escola Oficial de Idiomas en Inglés, así coma o First Certificate pola Universidade de Cambridge. Tamén é profesor de secundaria da Consellería de educación da Xunta de Galicia. Jon Urbieta, profesor e responsable do deseño do programa anual de Arquitectura para pícar@s de MAUmarela! É arquitecto, con varios anos de experiencia profesional, licenciado pola Universidade Pública do Pais Vasco. Máster en Rehabilitación. Foi colaborador da revista de estudantes de Arquitectura “Diversa”. Lucía Vila, colaboradora de MAUmarela! é licenciada en Belas Artes e Historia da Arte pola Universidade de Salamanca. É máster en Animación Sociocultural en Infancia e Xuventude; foi profesora interina de Educación Plástica e Visual en varios IES de Cantabria e en Zamora. É ilustradora profesional de contos infantís e ten ampla experiencia na realización de obradoiros artísticos.
  • 4. 2 Oferta fomativa A partir de 3 anos Arqitectura para Pícar@s páx. 5 Intelixencia creativa páx. 6 A partir de 5 anos Filosofía para Nen@s (FpN) páx. 7 Eco-arte páx. 8 Apartir de 6 anos Escultura e experimentación páx. 9 Fíxate e concéntrate páx. 10 Quérome para quererte páx. 11 A partir de 8 anos Cantos contos contas páx. 12 Escribo e ilustro un libro páx. 13 Aprender a aprender páx. 14 Somos reporteir@s! páx. 15 Habilidades lectoras páx. 16 Estratexias contra o acoso páx. 17 Intelixencia emocional páx. 18 A partir de 12 anos Técnicas de ilustración páx. 19 Deseña o teu propio xardín páx. 20 Cuidate das drogas! páx. 21 A partir de 14 anos Técnicas de aprendizaxe páx. 22 Afectividade e sexualidade páx. 23 A información é poder páx. 24 Atopa o teu Elemento páx. 25 Escola de pais páx. 26 Habilidades sociais e emocionais Habilidades artísticas e creativas Habilidades mentais e cognitivas
  • 5. A partir de 3 anos Arquitectura para pícar@s Estimulación da imaxinación e da intelixencia O curso componse de exercicios dentro e fóra do taller, con visitas, excursións e actividades no exterior. Traballaranse habilidades manuais, como: o debuxo, o modelismo, a fotografía, o muralismo, a infografía… Facendo sempre fincapé nos métodos de traballo en 3D. En MAUmarela! pensamos que é moi positivo educar aos nenos en conceptos de urbanismo, paisaxismo e elementos construtivos, para que non repitan erros do pasado e para que se convertan en cidadáns críticos e activos. Obxectivo Espertar e estimular aos máis cativos para que descubran e gocen de cheo do seu entorno construído sendo quen de comprender o impacto e significado da arquitectura. Programación Sesións semanais de 1,5 horas ao longo do curso (recomendado). 5 Debuxo, modelismo, infografías, fotografía, muralismo...
  • 6. A partir de 3 anos Intelixencia creativa Pensa, inventa e crea 6 Fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización ante os problemas Educar dun xeito integral implica atender aos coñecementos, pero tamén a outros aspectos da mente como é a creatividade. A lexislación vixente (LOE) estipula dentro dos seus principios o fomento da capacidade creativa do alumnado, capacidade que ten suma importancia para o resto de aprendizaxes e habilidades que @s nen@s teñen que facer fronte no seu día a día dentro do sistema educativo. Partiremos dunha avaliación do potencial creativo de cada un dos nen@s co obxectivo de dotalos daqueles recursos máis axeitados e que finalmente sexan eles mesmos @s que resolvan as situacións que día a día se lles presenten. Imos traballar a través de “circuítos creativos” que axudarán a estruturar as dinámicas seguindo sempre os seguintes rasgos: potenciación da fluidez, flexibilidade, orixinalidade e sensibilización cara aos problemas. Obxectivo Desenvolvemento do pensamento e dos procesos cognoscitivos e da expresión corporal, alternando as actividades grupais con outras individuais. Programación Un total de 12 sesións semanais de 45 minutos de duración.
  • 7. A partir de 5 anos Filosofía para Nen@s Aprender a pensar Habilidades traballadas Habilidades cognitivas: aprender a razoar, a formular hipóteses, a xeneralizar, a usar e recoñecer criterios, a facer boas preguntas, a usar analoxías e metáforas, a dar exemplos e contra-exemplos, a facer boas distincións e inferencias. Todas estas habilidades están á base das competencias matemática, lingüística e científica. Habilidades sociais: aprender a traballar ideas alleas, a respectar as ideas dos outros, a colaborar e dialogar para achar significados. A FpN é unha ferramenta moi valiosa para traballar a cultura para a paz e previr conflitos dentro do centro educativo. Filosofía para Nen@s (FpN) é unha proposta educativa rigorosa e sistemática que posibilita que @s alumn@s de entre 4 e 18 anos potencien as súas habilidades intelectuais, sociais, críticas, creativas e éticas a través da comunidade de investigación. A proposta baséase no programa elaborado por Matthew Lipman e Ann Sharp nos anos 70 e estrutúrase arredor dun diálogo guiado a partires de lecturas especialmente elaboradas para cada franxa de idade. Obxectivo Mellorar as habilidades de pensamento, sociais e creativas. Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de todo o curso (recomendado). 7 Programa de mellora das habilidades de pensamento
  • 8. A partir de 5 anos Eco-arte Debuxo, pintura, reciclaxe e falso gravado A través da arte as nenas e nenos toman consciencia da súa realidade, observando o estado de conservación do seu entorno inmediato; e tras o análise das formas naturais e de refugo que lle proporciona o medio, transforman esta materia en obxectos estéticos. "Educación pola Arte" (ECO-ARTE) , fai referencia tanto a educar a sensibilidade artística como a ser un instrumento educador de hábitos e actitudes ecolóxicas. Neste taller practicaremos diferentes técnicas. Aprenderemos a facer monotipos e gravados, a pintar aquelo que nos inspire a música ou un sabor, a empregar materiais de refugo e a concienciarnos sobre o noso entorno. Obxectivo Tomar consciencia da realidade a través da arte e aprender diferentes técnicas de composición como o gravado, o collage, a estampación... Programación Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo desexado. 8 Un taller de sensibilidade artística e medioambiental
  • 9. A partir de 6 anos ESCULTURA E EXPERIMENTACIÓN As posibilidades estéticas dos obxectos A actividade leva consigo un percorrido polo espazo natural inmediato, mirando, esculcando as formas, cores, texturas, materiais e composicións que lles ofrecen os obxectos, deténdose nas posibilidades estéticas para transformalos en esculturas. A arte, en xeral, axuda aos pícaros a pensar dun xeito creativo e entender que existen distintas solucións ou camiños para resolver un mesmo problema. A creación do espazo escultórico ven artellada pola acción creativa d@ alumn@ na reciclaxe de material de refugo natural ou urbano. Obxectivo Aprender as técnicas básicas de composición, así como aprender a interpretar e representar a realidade. Programación Sesións de 2 horas. Semanais, mensuais ou únicas. 9 Obradoiro de escultura ao aire libre con materiais de reciclaxe
  • 10. A partir de 6 anos Fíxate e concéntrate Traballamos o factor atencional Estratexias para aumentar a concentración, a percepción e a memoria Nos primeiros anos de escolaridade a falla de atención pode considerarse como un problema na medida en que eses hábitos acaben por instaurarse ou mesmo se acabe dando unha ausencia de estratexias atencionais para poder aprender. 10 A atención e un dos procesos psicolóxicos básicos intimamente unidos á percepción e a memoria. Estes 3 aspectos teñen moita relevancia para poder comprender moitas das dificultades de aprendizaxe que poden presentar @s alumn@ na escola. Desde este obradoiro se abordará a ATENCIÓN VOLUNTARIA é dicir aquela na que o alumno/a responde conscientemente ante os estímulos sendo el quen determinará a QUE atende e CÓMO debe facelo. Ao inicio do obradoiro valorarase dun xeito individual o factor atencional para coñecer a liña base de traballo e valorar os posibles avances que se vaian producindo coa aplicación do programa de traballo. Obxectivo Favorecer o compoñente atencional e META-ATENCIONAL para que o alumno ou a alumna poda realizar o seu propio proceso de atender cando está realizando a tarefa. Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses (recomendado).
  • 11. A partir de 6 anos Quérome para quererte Educación afectiva-emocional-sexual Un factor importante que contribúe á formación da personalidade é a educación afectivaemocional. Vinculando a esta temos o ámbito sexual xa que se atopa moi unido a estes dous aspectos sobre todo en determinados momentos da infancia. 11 Aprendemos a cuidarnos, protexernos e coñecer o noso corpo Este programa pretende traballar desde unha perspectiva de educación das actitudes facendo fincapé no compoñente afectivo e no ámbito sexual (intimamente vinculado co afectivoemocional) na dirección de aprender a coidarnos e protexernos. Non podemos esquecer o factor de xénero como variabel dependente na construción da identidade e da personalidade. Asemade ter en conta isto axudará a partir dunha realidade diferenciada na vivencia dos afectos e da sexualidade. Obxectivo Axudar aos nenos e nenas na construción da súa identidade para coñecer e comprender o mundo dos afectos, das relacións e conseguir unha vivencia satisfactoria do seu desenvolvemento sexual. Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).
  • 12. A partir de 8 anos Cantos Contos Contas Obradoiro de Literatura A dinámica de traballo é sempre lúdica e afóndase nas propostas desenvolvidas por Gianni Rodari (binomio fantástico), ademais de exercicios e xogos especialmente elaborados para o taller. Na metodoloxía de Maumarela! a linguaxe é tratada dende un punto de vista plástico de modo que non haxa trabas ao xogo cos seus elementos. Cantos Contos Contas ofrece unha plataforma para liberar as posibilidades creativas d@s nen@s a través das posibilidades estéticas da narración. O taller de literatura para nen@s busca desenvolver á capacidade creativa d@ nen@ dando saída a ideas que se resisten a adoptar formas lingüísticas. Cantos Contos Contas estruturase en torno a dous elementos básicos: por un lado trátase de descubrir as unidades básicas de expresión: letras, palabras, frases e textos, e por outro o descubrimento dos elementos básicos da narración: argumento, personaxes, orde, estilo... Obxectivo Ser capaces de manexar dun xeito creativo e proveitoso as posibilidades que ofrece a linguaxe. Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de tres meses (Galego ou Castelán). 12 Técnicas para desenvolver a creatividade e as habilidades de escritura
  • 13. A partir de 8 anos Escribo e ilustro un libro Da imaxinación á creación e ilustración dun conto Este taller é unha proposta creativa que se desenvolve a partir dun tema ou idea común e na cal cada nen@ constrúe o seu propio libro-obxecto grazas á combinación das técnicas de escritura creativa, ilustración e maquetación artesanal. O proxecto pode converterse nunha maneira orixinal de traballar historias partindo dunha costume, dun lugar ou dunha singularidade local; dun valor como a amizade, dun feito científico... Contribuindo así a que as nenas e nenos establezan sinerxias coas familias ou co resto da sociedade. Obxectivo Potenciar a creatividade dun xeito integral e multidisciplinar, desenvolvendo habilidades plásticas e de escritura. Programación Sesións semanais de 1,5 hora durante o tempo requerido. 13 Técnicas creativas de escritura, debuxo e maquetación artesanal
  • 14. A partir de 8 anos Aprender a aprender Curso de técnicas de estudo 14 Métodos para acadar un maior rendemento e aumentar a motivación O taller de técnicas de estudo fai fincapé na planificación e xestión do tempo adicado ao estudo creando un hábito e fortalecendo as habilidades para sacarlle o máximo rendemento. Tal fortalecemento e resultados incidirán na motivación d@ alumn@. O taller está enfocado para que cada alumn@ atope as técnicas as máis axeitadas á súa forma de aprender. Contidos: técnicas de lectura rápida e comprensiva, de escritura, mnemotécnicas, Mind Mapping, mapas conceptuais, esquemas, organización e planificación, preparación de exames, presentacións orais, subliñado e resumos. Obxectivo Adquirir ténicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e economizar tempo para o ocio. Programación Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.
  • 15. A partir de 8 anos Somos reporteir@s! Obradoiro de xornalismo na escola Proxecto para a creación dun xornal Que é unha noticia? Como se busca unha información interesante? Quen decide o que aparece nos xornais? Que preguntas podo facer nunha entrevista?... • • • • • • • • • • Programación: Os feitos noticiosos que nos rodean Os temas e os enfoques A entrevista Imaxes que contan historias: o fotoxornalismo Onde buscar? As “fontes” de información A crónica dun suceso A importancia da linguaxe positiva Cómo atopar un bo titular Cómo crear e manter un blog Diferenzas entre informar e opinar Traballaremos as habilidades de expresión escrita e oral, sociais, creativas e de traballo en equipo. Ademais, adquiriremos práctica no uso do blog como ferramenta de comunicación. A proposta é que o obradoiro se articule ao redor dun PROXECTO XORNALÍSTICO do centro. Obxectivo Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analizar e explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita. Programación Sesións de 1 hora semanal ao longo do tempo requerido segundo o proxecto. (Mínimo de 3 meses). 15 Este obradoiro de xornalismo na escola pretende achegar o “oficio” aos máis pequenos dende un punto de vista pedagóxico pero tamén dende a experiencia real.
  • 16. A partir de 8 anos Habilidades lectoras Comprendo e aprendo Discriminación lectora, aspectos cognitivos e metacognitivos da lectura 16 A correcta adquisición das habilidades lectoras constitúe unha das principais dificultades que o alumnado ten que superar ao longo da educación primaria. Ese rendemento baixo na lectura afectará ao seu éxito académico ou as actividades da vida cotiá nas que precise facer uso da lectura. Este obradoiro diríxese a traballar tanto desde un punto de vista COGNITIVO(axudar ao alumnado a reflexionar, pensar, formular hipóteses, etc..) como META-COGNITIVO (seguindo o modelo de meta-comprensión lectora: habilidades de planificación, supervisión, avaliación,etc.). Ao inicio valorarase a EFICACIA LECTORA de cada un dos alumn@s co obxectivo de ir valorando conxuntamente con el@s os seus progresos neste aspecto. Desenvolveremos exercicios dirixidos a: 1.-Desenvolver a discriminación perceptiva lectora. 2.-Discriminación lectora. 3.-Lectura anticipatoria. 4,.Aspectos cognitivos e meta-cognitivos da lectura. 5.-Exploración rápida de textos. Obxectivo Mellorar as habilidades lectoras para conseguir facerlle fronte dun xeito eficaz ás actividades escolares que impliquen un maior dominio lector. Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 5 meses (recomendado).
  • 17. A partir de 8 anos Estratexias contra o acoso Taller de resolución pacífica dos conflitos Técnicas para previr e superar situacións de acoso escolar Unha conduta socialmente competente está relacionada con logros escolares e sociais e cun bo axuste persoal das diversas situacións, pola contra, a incompetencia relacionase cunha baixa aceptación e illamento. O acoso escolar e a violencia entre iguais dentro dos centros educativos é un fenómeno ao que se ten que dar resposta dentro do contexto escolar. Este problema preocupa por igual a familias e docentes pero en ocasións a forma de responder ao mesmo non axuda a establecer unha solución a esta situación, volvéndose a repetir ou non desaparecendo por completo. Asemade, traballaremos no concepto relacionado coa auto estima e a propia imaxe axudando a eliminar distorsións e percepcións que contribúan a xerar un concepto negativo de si mesm@s n@s alumn@s e que @s fagan, polo tanto, proclives a ser vítimas de maltrato escolar. Obxectivo Proporcionar ao alumnado habilidades sociais para abordar conflitos dunha maneira competente e resolutiva. Traballar a auto estima e o auto concepto como variables necesarias nos procesos relacionais. Programación Sesións semanais de 1 hora ao longo de 3 meses (recomendado). 17 Este obradoiro pretende dotar ao alumnado de habilidades e técnicas para que poidan previr, superar e non participar en situacións de acoso e maltrato; aprendendo un estilo de comportamento dirixido á resolución pacífica dos conflitos.
  • 18. A partir de 8 anos Intelixencia emocional Aprendo a ser intelixente coas emocións As habilidades relacionadas coa Intelixencia Emocional non teñen o mesmo tratamento que outras áreas no currículo escolar. Estas habilidades son importantes tanto para o autocoñecemento d@s propi@s nen@s como para as as súas relacións cos outros. Levar a cabo unha educación integral supón ter en conta ao alum@ como intelecto e como ser emocional e social. Como afirma Goleman: “a intelixencia emocional pretende por de acordo o cerebro e as emocións integrando as 3 dimensións do comportamento humano: o cognitivo, o condutual e o afectivo”. Os contidos van desde , descubrir as nosas emocións, coñecelas mellor, tomar conciencia dos meus pensamentos e dos mecanismos que poño en marcha, etc. Como se vai traballar todo isto? No taller se combinaran exercicios de introspección individual, en grupo e por parellas. Traballaremos mediante asembleas, exposición de casos, proxección de curtas, películas , documentos escritos, role-playing, debates, etc. Nos grupos de primeiro ciclo a metodoloxía basearase no xogo e experiencias máis lúdicas e vivenciais. Obxectivo Desenvolvemento de facultades emocionais e sociais nos nenos e nenas e asemade aprender a coñecer mellor a sí mesmos/as. Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado). 18 Coñecémonos a nós mesm@s para relacionarnos mellor
  • 19. A partir de 12 anos Técnicas de ilustración Crear imaxes sen saber debuxar Este é un curso de técnicas diferentes para crear imaxes sen necesidade de saber debuxar, para distintos destinos gráficos: o editorial, o publicitario, a moda… Destinado a rapaces e rapazas con inquedanzas gráficas que queiran iniciarse no mundo da ilustración. Mediante a pintura e o debuxo apréndese a ser máis organizad@ e a seguir unhas pautas. Os rapaces e rapazas fanse máis observadores e analític@s, desenvolven a capacidade de concentración e aumentan a súa auto estima. Obxectivo Coñecer os distintos procedementos e técnicas (acrílico,óleo, carboncillo....), así como os elementos básicos de composición. Programación Un total de 4 sesións de 2 horas de duración (recomendado). 19 Un curso para iniciarse no mundo da ilustración
  • 20. A partir de 8 anos Deseña o teu propio xardín Curso de xardinería e paisaxismo para nen@s Este taller contribúe a desenvolver habilidades multicisciplinares como o debuxo, a xeometría e a bioloxía ao redor da idea estimulante de crear o noso propio xardín. A partir da idea de deseñar un xardín propio(xa sexa o xardín da casa ou un parque público), @s nen@s deben enfrontarse a diferentes retos: entender os conceptos de escala e plano, situar nel as zonas de sombra e de sol, as vistas a potenciar ou a tapar, os desniveis, as especies existentes, o tipo de terreo... Despois, deben familiarizarse con conceptos básicos de deseño: cores e proporcións. Tamén aprenderán os usos e características de distintas plantas e árbores ornamentais. O taller permite @s nen@s achegarse ao mundo das plantas dun xeito moi orixinal: dende as súas potencialidades como elementos construtivos para deseñar un xardín. Obxectivo Que os/as alumnos/as sexan quen de afrontar un proxecto dende a idea á súa plasmación no papel, adquirindo diversas habilidades, como as matemáticas, as plásticas, así como coñecementos de bioloxía. Programación Un total de 10 sesións de 1 hora de duración. 20 Un taller que combina o coñecemento da natureza co debuxo técnico e creativo
  • 21. A partir de 12 anos Cuídate das drogas Prevención e educación para a saúde A educación centrada na prevención debe ter en conta: a auto estima, a presión do grupo, a necesidade de saber tomar decisión e coñecer as drogas e os efectos sobre o organismo. É preciso pois proporcionar ao alumnado recursos para enfrontarse ás situación relacionadas co consumo, promocionar estilos de vida saudábeis e incompatíbeis coas drogas. Traballaremos a adquisición de habilidades en pequenos grupos de tal maneira que se poda favorecer o intercambio de ideas, a comunicación e a discusión activa a través de prácticas guiadas. 21 Autoestima, presión de grupo, toma de decisións e coñecemento das drogas Cómpre destacar as idades nas que os mozos e mozas se inician no consumo de sustancias, sendo cada vez máis frecuente unha idade de inicio entre os 13 e 14 anos fundamentalmente con drogas tales como tabaco e alcohol. Por este motivo, centrarémonos nestas dúas substancias. Obxectivo Proporcionar ao alumnado recursos para enfrontarse ás situacións relacionadas co consumo, promocionar estilos de vida saudabeis e incompatíbeis coas drogas. Programación Sesións semanais de 50 min de duración ao longo de 3 meses (recomendado).
  • 22. A partir de 14 anos Técnicas de aprendizaxe Curso avanzado de técnicas de estudo 22 Estratexias para atallar a preguiza e a falta de motivación A participación do alumnado no seu propio proceso de aprendizaxe é clave para a motivación e o éxito nos estudos. Este taller proporciona estratexias para atallar a preguiza, o desinterese, a falta de motivación ate os estudos e converter ás rapazas e rapaces en suxeitos activos e participantes. Facemos fincapé na técnica do Mind Mapping, pois ten amosado ser moi efectiva para a comprensión, categorización e memorización dos conceptos, así como para lograr PERSONALIZAR A INFORMACIÓN QUE NOS CHEGA E CONECTALA, o que é, de feito, a definición mesma de aprendizaxe. Obxectivo Adquirir técnicas e hábitos para aproveitar mellor os tempos de estudo e economizar tempo para o ocio. Programación Un total de 12 sesións de 1,5 horas de duración unha vez a semana.
  • 23. A partir de 14 anos Afectividade e sexualidade Relacionámonos en igualdade 23 Vivencia dos afectos e da sexualidade dende unha perspectiva de xénero Dende un punto de vista tradicional a sexualidade dos rapaces e rapazas asóciase á preocupación polo embarazos non desexados ou a enfermidades de transmisión sexual sobre todo coa chegada da puberdade. Cómpre ter en conta a importancia de desenvolver unha educación integral que vaia máis alá da prevención e que faga fincapé na vivencia da sexualidade vinculado ao mundo dos afectos, é dicir, a auto estima, o auto coidado e a capacidade de establecer relacións desde desde un marco respetuoso coa diferenza. Desde este obradoiro faremos fincapé no desenvolvemento da auto estima e das habilidades relacionais desde un punto de vista de xénero, partindo da existencia dun patrón de relación desigualitario e diferente segundo se traten de rapaces e Obxectivo Desenvolver estratexias para afrontar o mundo das relacións afectivas desde un enfoque de auto protección e simetría para evitar situacións de violencia de xénero. Programación Sesións semanais de 1 hora de duración ao longo de 3 meses (recomendado).
  • 24. A partir de 14 anos A información é poder Taller de xornalismo e creación de blogs Pensamento crítico e ferramentas para coñecer e contar a realidade Nos últimos anos, e grazas a Internet, emerxeu un novo concepto chamado “xornalismo cidadá” que está revolucionando o acceso á información. E a información é poder. Analizar e debater estes conceptos é unha grande oportunidade para o estímulo intelectual e o pensamento crítico do alumnado. O taller divídese en dúas partes: Na primeira, afondaremos en conceptos xornalísticos como a creación dunha reportaxe, a pesquisa das “fontes” informativas, o enfoque das noticias, as fotos, a linguaxe positiva, etc. Na segunda, analizaremos os blogs e as redes sociais como novos medios de comunicación e proxectaremos a creación (individual ou colectiva) dun blog, deténdonos nas súas posibilidades de financiamento e na cuestión da calidade e da “fiabilidade” da información. Obxectivo Programación Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender e explicar o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión Desenvolver a curiosidade e a capacidade para entender, analisar e oral e escrita. explicar a o mundo no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a expresión oral e escrita. Sesións de 1,5 horas semanais ao longo do tempo requerido segundo o Programación proxecto. (Mínimo de 3 meses). Sesións de 1 hora ao longo do tempo requerido segundo o proxecto. Obxectivo 24 O xornalismo é a disciplina que se ocupa de contar aquilo que acontece no mundo a través do discernimento do que é ou non é noticia.
  • 25. A partir de 14 anos Atopa o teu Elemento! Taller de pensamento creativo e emprendemento Habilidades emprendedoras e coaching para estudantes Qué quero ser? Que quero facer e para quen? Cales son os meus valores? Unha actitude emprendedora é esencial para a sociedade do coñecemento e moi necesaria nun momento de cambio de paradigma socioeconómico como o que estamos a vivir. " " " " Unha persoa emprendedora é creativa, faise responsable de si mesma e é dona do seu destino. O emprendemento é unha forma de ser e de estar no mundo. Soñando e arriscando, sen medo ao fracaso. “Cando nos apaixona o que facemos e ademais temos a preparación axeitada para facelo ben, estamos no noso Elemento, este estado marabilloso no cal traballamos sen cansazo e con grande creatividade. Os colexios e as empresas deberían axudarnos a atopar o noso Elemento para un mellor desenvolvemento de cara ao futuro”. Ken Robinson. Obxectivo Obxectivo Programación Desenvolver as habilidadeseemprendedoras e adquirir os coñecementos Desenvolver a curiosidade a capacidade para entender, analisar e básicos para poñer no que vivimos. Adquirir habilidades en TIC. Mellorar a explicar a o mundo en marcha unha idea de negocio. expresión oral e escrita. Pode facerse unha sesión única de 2 horas ou desenvolver o programa completo de 12 sesións de 1,5 horas de duración. 25 Mediante este taller, as rapazas e rapaces aprenderán as competencias necesarias para o emprendemento, ademais de desenvolver as habilidades necesarias para a xestión dunha idea: dende a elaboración dun plan de empresa, pasando pola difusión da idea, o marketing, a administración... Pero mais alá da economía e dos negocios, sobre todo, afondarán no concepto de emprendedor/a:
  • 26. Espazos de reflexión Escola de nais e pais As familias teñen un gran valor como axente principal da socialización dos nenos e nenas nos primeiros anos de vida, posteriormente o sistema educativo aportará non só coñecementos senon tamén actitudes e valores que complementarán á función educativa que leva a cabo a familia. Os espazos para nais e pais pretenden ser fundamentalmente espazos de axuda e de construcción activa, colaborando conxuntamente na resolución, aprendizaxe e educación dos seus fillos e fillas. Partimos da perspectiva de que toda familia ten recursos propios para facer fronte ás diversas situacións que día a día se lle prantexan ocurrindo moitas veces que por elas mesmas non son capaces de “abrir o foco” e poder ver cales poden ser as posibles solucións aos problemas que se lles van dando. O grupo axudará nesa labor de refrexión mediante o prantexamento de casos, debate sobre os mesmos e búsqueda de solucións conxuntas. Cómo se vai traballar todo isto? Farase unha exposición do tema e prantexamento de casos, despois haberá un traballo en pequenos grupos e as propostas de solucións. Hai que ter en conta que a idade dos fillos e fillas é importante á hora de establecer os grupos xa que as situacións que se lle prantexen ás familias serán diferentes. Temas xerais: -A formación do carácter e a personalidade. -Educando a autoestima, ensinando a identificar emocións. -Traballando a autonomía e a responsabilidade. -Manexando a frustración e as rabietas (traballando o autocontrol). -Autoridade con afecto “man de ferro con guante de seda”. Os estilos educativos. -As habilidades sociais. -Os celos e a relación entre irmáns. -Espertando a motivación para aprender: os deberes e o método de estudo. -A importancia da comunicación e da escoita activa. -Relación entre familia e escola. -Fomento da lectura e o interés polos libros. NOTA: Os temas prantexados son só orientativos. As familias participantes exporán cales son os temas que desexan tocar ou en cales prefieren centrarse máis. Duración Unha sesión semanal de 1,5 horas durante 3 meses. 26 Partimos por tanto de temas xenéricos que se irán abordando e que no contexto do grupo ser personalizarán para que sexa o mesmo grupo o que proporcione as solucións aos temas-problema.
  • 27. 3 Prezos e contratación MAUmarela! recomenda artellar as actividades en grupos de 10 alumn@s a fin de acadar mellores resltados pedagóxicos. Todas as actividades poden amoldalrse ao tempo e necesidades concretas dos centros. MAUmarela! atópase na Rúa Rodríguez Murias, 8, 1º e 2º andar. Ribadeo (Lugo) Teléfonos de contacto: 630 12 75 76 (Guillermo) 633 37 18 28 (Celtia) E-mail: maumarela@gmail.com www.maumarela.com A referencia d e prezo é 10 €/h ora por alumno. Sempre adapta ble en función da s necesidades e preferencias d os centros. Consultade os nosos bonos e ofertas.