UNIDADE 11: ARTE ESPAÑOL EN ÉPOCA DE FELIPE II - Presentation Transcript
UNIDADE 11 A ARTE ESPAÑOLA EN TEMPOS DE FELIPE II Borja Campos Seijo I.E.S. García Barbón (Verín).
FELIPE II E O ESCORIAL.
Reinado Felipe II imposición arte clasicista coma arte oficial da Corte española en Madrid, grazas á personalidade do monarca = home culto de amplos coñecementos, lonxe do fanatismo relixioso que lle atribúe a lenda negra cultura refinada e elitista e crenzas persoais + complexas que a ortodoxia católica que impoñía aos seus súbditos.
Coma príncipe e logo coma rei exerce unha gran influencia na arte do seu tempo e chega a controlar persoalmente os encargos artísticos ata o punto de participar na súa creación.
Baixo a súa dirección o clasicismo arte oficial do Estado función de manifestar e representar o incuestionable poder da Coroa.
- Proxecto + sobranceiro de Felipe II = Mosteiro de S. Lorenzo de O Escorial = arquitectura polifuncional (corte, mosteiro, panteón real da dinastía española, colexio e Biblioteca) combinación densa e perfecta de práctico e simbólico, sagrado e profano obra de arte total, das + complexas do Renacemento, que borra fronteira entre especialidades e funde arquitectura, escultura e pintura para expresar nunha única linguaxe unha idea común.
53. MOSTEIRO DE O ESCORIAL JUAN DE HERRERA
Arquitectura manierista española.
San Lorenzo de El Escorial (Madrid). c. 1563/84.
Arq: Juan Bautista de Toledo e Juan de Herrera.
Encargo e supervisión de Felipe II.
Edificio polifuncional: biblioteca e basílica con panteón real no eixe principal, mosteiro no S, colexio e palacio no N e E.
Pensado coma monumento polifuncional Escorial = corte, panteón real, mosteiro e colexio de estudio, integrada cada parte no conxunto combinación equilibrada e complexa, práctica e simbólica, do sagrado e profano síntese de hermetismo de cortes manieristas e simplicidade do Clasicismo, onde todas as artes fúndense nunha arte obra unitaria.
A construción, demorada 2 décadas, madura depurando estilo clásico. Inicio con Juan Bautista de Toledo diseño planta en forma de grella do martirio de S. Lourenzo. Juan de Herrera segue a obra duplicando altura fachada externa e simplificando xogo de volumes envoltura cun paramento plano e un, simple e claro, purista en extremo ( estilo escurialense) , só articulado co austero motivo de sucesión serial de vans e ordes clásicas en puntos concretos (fachada principal).
Organizado arredor dun eixo ocupado polo templo e o imponente Patio dos Reis, na ala nororiental emprázase o palacio = lugar de retiro do rei, oculto aos ollos dos súbditos en estancias privadas abeiradas ao presbiterio da basílica con vistas ao altar maior.
4 patios separados por alas artellan, a ambos lados do Patio dos Reis o mosteiro (coa escaleira imperial e o Patio dos Evanxelistas) e o colexio seminario. Coma ponte simbólica entre ambos (símbolos do sagrado e o profano), a biblioteca, significativamente alineada no eixe do templo por canto que o saber humano = camiño para chegar a Deus.
No Escorial coleccionou Felipe II imnumerables e valiosos obxectos profanos e relixiosos, que documentan unha cultura cosmopolita e un refinado gusto artístico e científico elección para o culto de pinturas relixiosas de linguaxe clara e simple para conmover a piedade popular, pero adquire para uso privado obras sofisticadas e atrevidas coma a colección do Bosco (hoxe no Museo do Prado), ou as poesías de Tiziano ( Dánae ).
Deste xeito, mentres impón a ortodoxia católica e reprime toda contestación ao seu poder, acolle na súa corte a círculos erasmistas ao marxe da Inquisición Escorial = único lugar do Imperio onde a Biblia podía ser comentada con liberdade.
2. O GRECO
Doménico Theotocópuli, O Greco (1541-1614), naceu e formouse en Creta (dominio veneciano daquela) onde asimila liberdade cromática autónoma da luz e un sentido abstracto e mental das formas, + reflexo místico da súa propia concepción do mundo ca copia da realidade.
Traládase a Italia, onde lle fascina o manierismo dramático do Tintoretto, Toma del tensión dramática, composicións forzadas, perspectivas distorsionadas, enfraquecendo proporcións ( quitándolle carne ás fig ).
En 1576, atraído pola oportunidade do Escorial, ven a España, pero frcasa no intento de traballar para Felipe II e establécese en Toledo, onde ficará para sempre. Artista intelectual, culto e refinado, trae de Italia unha alta consideración do seu oficio, integrándose nos grupos distinguidos toledanos.
A arte do Greco crea un mundo propio, paralelo pero diferente das apariencias da natureza. Non dubida en experimentar e distorsionar as formas clásicas fig ingrávidas e desmaterializadas, con contornos difusos nun espazo enrarecido e envolvente. Unha luz branca e intensa albisca n escenario case sempre só esbozado, mentre cores frías modelan volumes desprovistas de masa.
Nos retratos mostra relixiosidade neoplatónica, que valora espírito sobre corpo (cárcere da alma) distorsión eestilización de formas e leve asimetría nas faces ( Cabaleiro da man no peito , 1580).
Na pintura relixiosa podemos seguir a súa evolución estilística e persoal. Destacan así:
O Expolio: primer encargo importante da Catedral de Toledo (1579). Audaz composición figs amoreadas en torno a Cristo nun espazo abafante con intensos contrastes de luz, destacando o cromatismo vermello da túnica.
O martirio de San Mauricio (1580): narra en 3 episodios simultáneos o episodio fracaso no intento de traballar na decoración do Escorial.
O Enterro do Señor de Orgaz (1588): obra de + sona, pintada para loubar caridade e intercesión dos Santos (Contrarreforma) en 2 partes: parte inferior real (personaxes sociedade toledana) e superior celestial con rompemento de gloria ( personaxes divinos e santos
54. MARTIRIO DE SAN MAURICIO O GRECO
- Pintura manierista española.
- Óleo sobre lenzo.
- Mosteiro de O Escorial, Madrid. c. 1580/82.
- Encargo de Felipe II para un altar da Basílica de O Escorial, relegado á súa colección privada.
- Xénero: cadro de devoción.
- Iconografía: martirio de Mauricio e soldados cristiáns da lexión tebana por se negaren a ofrecer sacrificios pagáns
Gran fracaso da carreira artística do Greco se aceptamos a tese de que foi por traballar por Felipe II na decoración de O Escorial o motivo que o trouxo ao noso país Martirio de San Mauricio = ocasión perdida o pintor fica en Toledo fóra dos medios cortesáns.
O Greco ilustra a narración en tres episodios:
a) Diante, Mauricio exhorta aos seus a negarse a sacrificaren aos deuses.
b) No fondo, encabeza a lexión e rexeita os requerimentos dos oficiais imperiais.
c) No ángulo inferior esquerdo, conforta ao futuros decapitados.
A consagración dun altar a S. Mauricio no Escorial obedece tanto á conservación das súas reliquias, e a ser un santo militar que defende a verdadeira fe coa vida presenza de personaxes vestidos ao uso do S.XVI = retratos de xenerais de Felipe II que están a loitar en nome da relixión contra turcos ou protestantes.
Composición asimétrica e atrevida dinamiza tema e centra atención + no acto de vontade que na execución. Estructura manierista destaca círculo aberto de fig que dialogan e coas súas miradas unen espazo real co espazo figurativo.
Espazo irreal e discontinuo polo violento e curvado escorzo da profundidade, as cores brillantes e frías, case metálicas en acordes azuis e amarelos, e a distorsión de fig nun canon alongado que as materializa.
- Pero Felipe II non coidou axeitada a obra para un altar. Os motivos do monarca non obedeceron a un criterio de calidade (conservou o cadro e pagou alto prezo por el), senón ao decoro ou esixencias da función a que se destinaba. A atrevida composición que relega o tema do martirio a un recanto secundario son trazos que Felipe II podía aceptar nun cadro privado, pero non para un de devoción pública ( se han de pintar de xeito que non quiten as ganas de rezar neles).
55. ENTERRO DO SEÑOR DE ORGAZ O GRECO
Pintura manierista española.
Óleo sobre lenzo.
Nártex da igrexa de Sto. Tomé, Toledo, 1586/88.
Encargo da igrexa de Sto Tomé.
Xénero: cadro de devoción.
Iconografía: lenda toledana sobre Señor de Orgaz, quen no século
Obra de + sona do Greco, conservada na igrexa de S. Tomé (Toledo) para a que foi pintada por encargo do seu parroco, seguindo a vontade do señor alí enterrado no S.XIV, cando (conta lenda) pola súa caridade coa igrexa S. Agustín e S. Estevo baixaron do ceo para darlle sepultura a imaxe do milagre debía lembrar a caridade e a intercesión dos santos (valores Contrarreforma).
O Greco mostra o milagre con verosimilitude, e o contrato prevía pintar ó fresco baixo o lenzo unha tumba impresión realidade.
O neno de 1ª fila (fillo do pintor) urxenos a deternos e contemplar o milagre. S Agustín (pai Igrexa) e San Estevo (identificado pola imaxe da súa lapidación no seu manto) inclínanse para depositar o corpo do señor de Orgaz na tumba, mentres o parroco le o oficio fúnebre.
O lenzo rematado en medio punto divídese en 2 partes:
a) Abaixo : á nosa escala en un espazo que prolonga o noso, un friso de fig asisten ao sepelio con veneración retrato colectivo sociedade toledana do momento. Un deles que a tradición identifica co pintor (sen probas), míranos e xoga a continuar o círculo de testemuñas do milagre no noso espazo, efecto reforzado polo franciscano de perfil e o sacristán de costas. 1 linguaxe de mans centra atención nos 2 santos, destacados por ricas vestimentas fronte austeros traxes negros.
b) Arriba: espiral que arranca armadura metálica do cadáver, pasa por mitra de S. Agustín e por escorzo do anxo que porta ánima de señor de Orgaz en forma de neno. A silenciosidade de abaixo contrasta co rompemento de gloria da parte superior, presidida por Cristo, Virxe e S. Xoan desequilibrio entre amoreamento de santos a dereita (entre eles Felipe II) e esvaecemento de formas e baleiro esquerda, onde se ven a David, Moisés, Noé e S. Pedro.
- O Greco tivo en conta o emprazamento da pintura no nártex da igrexa contraste entre metade inferior real onde semella que poidamos entrar (efecto maior para os coetáneos ao recoñecer aos retratados) e parte celestial desmaterializada con menor escala que suxire outra dimensión, unidas por forza ascensional que ven dende abaixo.
0 comments
Post a comment