SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Tema 4 II. A Terra e a Lúa.
Apuntamentos: Xacobo de Toro

Nome d@ alumn@:


1. A TERRA

       Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto durante unha exposición moi longa
(ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) durante toda a noite, quedaría o rastro do
paso das estrelas en forma de estela circular na fotografía.

       Observa a imaxe e resposta: que demostra isto? Podes localizar a estrela Polar na imaxe?

       A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no
movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48
minutos e 26 segundos en completarse (365,2622 días), co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía
Láctea (a nosa galaxia) polo Universo.

1.1.    O movemento de rotación da Terra.

        A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5º respecto á eclíptica
(eixo norte –sur). Tarda 24 horas en cada rotación completa producindo deste xeito, o día e a noite
nas diversas partes do mundo. A inclinación que teña a Terra nun momento determinado do ano,
determinará a duración do día respecto á noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo
Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo, por iso o Sol vémolo
saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou poñente. Aínda que nos pareza
que o Sol se move, non é así, posto que en realidade a que se move é a Terra.

1.2.    O movemento de translación

        A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome
de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano) movéndose a unha velocidade de 107.000
Km/h.

       O Sol non se atopa no centro exacto da órbita, nin tampouco a Terra describe un círculo,
polo que a distancia Sol-Terra varía en función do momento do ano.

              Data                                            Distancia Terra – Sol
              Finais de xuño                             152.100.000 Km (máxima)
              Finais de decembro                          147.100.000 Km (mínima)
              Finais de marzo-setembro                     149.600.000 Km (media)

       Un ano sidéreo é o tempo que emprega a Terra en dar unha volta ao Sol, e dura 365 días e 6
horas. Un ano oficial é o do calendario: 365 días exactos. O ano bisesto é un ano de 366 días ao cal
engadimos 1 día para corrixir o desfase entre os dous anteriores. Disponse un ano bisesto cada 4
anos (posto que cada ano sumamos 6 h máis…6hx4= 24h. ou o que é o mesmo, 1 día máis)
As estacións do ano: solsticio e equinocios

       Debido ao movemento de translación da Terra derredor da elíptica existen as estacións do
ano: primavera, verano, outono e inverno. As transicións dunha a outra estación chámaselle
equinoccios e solsticios. Ao longo do ano distinguimos 4: (toma nota do que acontece en cada
un):

       21 de marzo. Equinoccio de primavera boreal.
       21 de xuño. Solsticio de verán boreal.
       22 de setembro. Equinoccio de outono boreal.
       22 de decembro. Solsticio de inverno boreal.

        A existencia dos solsticios e equinoccios son debidos á inclinación do eixe da Terra e ao
movemento desta arredor do Sol. Nos días de solsticio, a lonxitude do día e a altura do Sol ao
mediodía son máximas (no de verán) e mínimas (no de inverno) comparadas con calquera outro
día do ano. As datas dos solsticios son o paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao
inverno nas zonas temperadas. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están
cambiadas para ambos hemisferios e por iso sempre temos que especificar se falamos dun solsticio
boreal (H.N) ou solsticio austral (H.S).

        O Sol podémolo ver máis preto do horizonte durante o outono-inverno e máis elevado no
horizonte durante a primavera-verán o cal vai determinar a cantidade de radiación solar que chega
ata a Terra e provocará as estacións.

        Contrariamente ao que algunha xente pensa non é a distancia da terra ao Sol o que marca
as estacións verano/inverno, senón como inciden os raios solares sobre a superficie terrestre. Un
exemplo sería cando inclinamos un termómetro sobre unha fonte de calor, se esta é perpendicular
a temperatura é maior, que se é oblicua.

        Durante o inverno boreal, no Hemisferio Norte (H.N) a terra está máis preto do sol e os
raios solares son máis oblicuos, mentres que no Hemisferio Sur (H.S) son máis perpendiculares o
que ocasiona o verán austral. No verán boreal do hemisferio norte, a Terra está máis afastada do
sol pero os raios son máis perpendiculares á superficie terrestre, facendo que se quente, mentres
que no hemisferio sur chegan de xeito oblicuo.

       Porén, a sucesión regular das estacións do ano é o resultado de: o movemento da Terra
arredor do Sol, a inclinación do eixo de rotación da Terra e a constancia desa inclinación.

        Canto máis ao Norte no H.N ou máis ao Sur no H.S, máis se aprecian as estacións, ao
contrario do que acontece no ecuador, onde non se aprecia a súa influencia, pois practicamente
chega a mesma insolación ao longo de todo o ano. Por iso no H.N o 21 de xuño non se pon o sol
en 24 h no círculo polar ártico, pero o 22 de decembro non sae o sol en 24 h.
 1.3.    Aprendendo a orientarnos:
Polo día: polo día, nas latitudes boreais, cando o Sol acada a súa máxima altura (culminación)
sobre o horizonte, está sempre sobre o punto cardinal Sur. En consecuencia, a sombra sinalará cara
ó Norte ao mediodía solar. Fíxate como son as sombras ao mencer e ao atardecer no esquema de
clase.

        Tamén podes orientarte cos liques e brións das árbores, xa que son máis frecuentes na
parte do tronco orientada ao Norte, xa que é máis húmida e sombría.
Tamén podemos orientarnos cun compás (agulla imantada) ou un GPS (Sistema de
Posicionamento Global). O noso planeta orixina un campo magnético ante o cal a agulla imantada
do compás sempre sinala na mesma dirección: o norte. Hoxe en día tamén existen diferentes
aplicacións gratuítas para smartphones que podemos instalar nos nosos teléfonos e nos marcan o
norte.

Aprendendo a orientarnos pola noite: grazas a estrela polar que nos indica sempre o norte.

1.4.      A estrutura da Terra

       A Terra está formada por un núcleo interno, núcleo externo, manto e codia sobre a cal
descansan a hidrosfera e atmosfera.

          A codia é a capa máis delgada de todas e se a comparásemos cunha mazá, sería máis fina
co pel.

   CAPA                      GROSOR (medio)                   COMPOSICIÓN
   Codia                          6 – 40 Km                   Rochas silíceas
   Manto                          2.800 Km                    Rochas silíceas
   Núcleo externo                 2.300 Km               Ferro e Níquel fundidos
   Núcleo interno                 1.200 Km                Ferro e Níquel sólidos

       Os científicos dividiron a Terra en tres capas concéntricas: a codia, o manto e o núcleo. A
codia é a capa exterior da Terra. A súa espesura abrangue entre os 5km (nos océanos) e 70 km
(zonas de cordilleiras). O manto é a capa intermedia da Terra e chega ata os 2900 km de
profundidade. O núcleo é a capa máis interna da Terra. Acada os 6378 km de profundidade (o
centro da Terra). Está constituído por unha aliaxe de ferro e níquel en el diferéncianse dúas
rexións: o núcleo externo e o interno.

       Existen dúas capas fluídas sobre a codia terrestre: a atmosfera e a hidrosfera. A atmosfera é
unha capa gasosa que envolve a Terra, mentres que a hidrosfera é unha capa formada pola auga
salgada dos océanos e a auga doce da superficie e do subsolo. Tamén debemos citar unha terceira
capa, a biosfera que está constituída polos seres vivos que habitan o planeta, entre os cales nos
incluímos.

2. A LÚA

       A Lúa é o único satélite natural da Terra e tarda en completar unha volta completa arredor
da Terra uns 28 días.

        A rotación en torno ao seu propio eixe tamén dura 28 días. Por isto a Lúa amósanos
sempre a mesma cara. De aí que oirades falar da cara oculta da Lúa, pois hai unha cara que nunca
podemos ver desde a Terra. Isto é debido a que o período de rotación luar é de 28 días e o de
translación arredor da Terra tamén é de 28 días, porén sempre vemos a mesma cara da Lúa.

       Como non hai atmosfera, o ceo vese negro dende a superficie lunar, incluso de día. A
gravidade na Lúa é moi baixa. Existen unhas formacións chamadas “mares” e aínda que reciben
este nome, neles non hai auga. Son, simplemente, grandes chairas do noso satélite.
Como a Lúa non ten atmosfera nin fenómenos metereolóxicos como vento ou tormentas.
Porén, non está protexida contra o impacto dos meteoritos o que provocou que quedasen fondos
cráteres na súa superficie debidos a colisión destes coa súa superficie ao longo de millóns de anos.

2.1.    As fases da Lúa. Por que vemos distinta a Lúa ao longo do mes?

       Como consecuencia de su movemento arredor da Terra e a iluminación dos raios do Sol, a
Lúa presenta distintas fases, debido a que se iluminan diferentes segmentos da Lúa. Estudando con
coidado as diapositivas da presentación podemos deducir que:

       A Lúa chea vémola de noite, dende o solpor ata o mencer, porque a luz do sol reflíctese na
súa superficie.

        A Lúa nova non se ve porque nos amosa a cara non iluminada. Porén, estaría no seu punto
máis alto ao mediodía.

       A Lúa en cuarto minguante vese dende a media noite ata o mediodía.

       A Lúa en cuarto crecente vese dende o mediodía ata a media noite.

2.2. As mareas

        A Lúa exerce unha gran atracción sobre a Terra porque está moi próxima a ela. Esta
atracción debida á atracción gravitatoria da Lúa sobre a Terra (ao igual que acontece o Sol coa
Terra), obsérvase sobre todo no mar, pois a Lúa atrae a masa de auga e esta elévase creando as
mareas que son subidas e baixadas do nivel do mar que se repiten con periodicidade.

       Cando o nivel do mar ascende prodúcese a marea alta ou preamar, mentres que cando este
descende xéranse as mareas baixas ou baixamares (nalgún sitios de Galicia coñécese tamén como
“a seca”)

      Cando os tres astros ( Terra, Lúa e Sol) están aliñados, á forza de atracción so Sol
súmaselle ó da Lúa, e prodúcese unha marea forte chamada marea viva. Cando os tres astros
forman un ángulo recto prodúcese unha marea máis feble chamada marea morta.

2.3. As eclipses

        A palabra eclipse significa “ocultación”. Unha eclipse acontece cando a Terra, a Lúa e o
Sol están aliñados e a Terra ou a Lúa interpóñense entre os dous outros astros.

        As eclipses prodúcense porque o tamaño relativo da Lúa e do Sol, visto desde a Terra é
idéntico.

       A eclipse de sol prodúcese cando a Lúa sitúase entre a Terra e o Sol e oculta a luz do Sol
ou parte dela. En función da cantidade de sombra, a eclipse pode ser total, parcial ou anular.

      A eclipse de Lúa ten lugar cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa, coincidindo a súa
sombra sobre a Lúa.

More Related Content

What's hot

What's hot (20)

A Terra e a LúA. Tema 4
A Terra e a LúA. Tema 4A Terra e a LúA. Tema 4
A Terra e a LúA. Tema 4
 
Neptunoooo
NeptunooooNeptunoooo
Neptunoooo
 
Sistema solar 5º 2012
Sistema solar 5º 2012Sistema solar 5º 2012
Sistema solar 5º 2012
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Mercurio
MercurioMercurio
Mercurio
 
O universo e o sistema solar. clase 4b
O universo e o sistema solar. clase 4bO universo e o sistema solar. clase 4b
O universo e o sistema solar. clase 4b
 
1 universo e _terra3
1 universo e _terra31 universo e _terra3
1 universo e _terra3
 
1 universo e _terra2
1 universo e _terra21 universo e _terra2
1 universo e _terra2
 
A TERRA E O SISTEMA SOLAR
A TERRA E O SISTEMA SOLARA TERRA E O SISTEMA SOLAR
A TERRA E O SISTEMA SOLAR
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Actividades de refuerzo o universo e o sistema solar
Actividades de refuerzo o universo e o sistema solarActividades de refuerzo o universo e o sistema solar
Actividades de refuerzo o universo e o sistema solar
 
A terra
A terraA terra
A terra
 
Jupiter
JupiterJupiter
Jupiter
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Unidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terraUnidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terra
 
Os planetas
Os planetasOs planetas
Os planetas
 
O sistema solar
O sistema solar O sistema solar
O sistema solar
 
O planeta terra
O planeta terraO planeta terra
O planeta terra
 
O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)O Sistema Solar ( fran)
O Sistema Solar ( fran)
 
Da Terra E Do Ceo
Da Terra E Do CeoDa Terra E Do Ceo
Da Terra E Do Ceo
 

Viewers also liked

Viewers also liked (19)

Divisions
DivisionsDivisions
Divisions
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Actividades con Cómic. Ponlle texto as seguintes viñetas
Actividades con Cómic. Ponlle texto as seguintes viñetasActividades con Cómic. Ponlle texto as seguintes viñetas
Actividades con Cómic. Ponlle texto as seguintes viñetas
 
TEMA 6. Ecoloxía por XAco (Parte I para GOOLE DOCS)
TEMA 6. Ecoloxía por XAco (Parte I para GOOLE DOCS)TEMA 6. Ecoloxía por XAco (Parte I para GOOLE DOCS)
TEMA 6. Ecoloxía por XAco (Parte I para GOOLE DOCS)
 
Como meter un vídeo de youtube en wordpress
Como meter un vídeo de youtube en wordpressComo meter un vídeo de youtube en wordpress
Como meter un vídeo de youtube en wordpress
 
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
Titorial de slideshare
Titorial de slideshareTitorial de slideshare
Titorial de slideshare
 
Un Paseo Pola Biodiversidade
Un Paseo Pola BiodiversidadeUn Paseo Pola Biodiversidade
Un Paseo Pola Biodiversidade
 
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
 
Informática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windowsInformática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windows
 
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
PresentacióN T 7. DináMica Das Masas Fluidas.Sesion3
 
Informática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windowsInformática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windows
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 
Titorial Picpick 2
Titorial Picpick 2Titorial Picpick 2
Titorial Picpick 2
 
Aloxamentos Multimedia Para Blogue
Aloxamentos Multimedia Para BlogueAloxamentos Multimedia Para Blogue
Aloxamentos Multimedia Para Blogue
 
Foto Comic.Ii
Foto Comic.IiFoto Comic.Ii
Foto Comic.Ii
 
Titorial Blogger.Iniciación
Titorial Blogger.IniciaciónTitorial Blogger.Iniciación
Titorial Blogger.Iniciación
 

Similar to 1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa

Similar to 1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa (20)

Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
A terra
A terraA terra
A terra
 
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarTema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
 
Os movementos da terra
Os movementos da terraOs movementos da terra
Os movementos da terra
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
UNIDADE 1 - A Terra e a súa representación.pdf
UNIDADE 1 - A Terra e a súa representación.pdfUNIDADE 1 - A Terra e a súa representación.pdf
UNIDADE 1 - A Terra e a súa representación.pdf
 
O sistema solar e a terra
O sistema solar e a terraO sistema solar e a terra
O sistema solar e a terra
 
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
Tema3. o universo-e_o_sistema_solar2
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
o sistema solar
o sistema solaro sistema solar
o sistema solar
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7
 
Saturno cmc
Saturno cmcSaturno cmc
Saturno cmc
 
Sociais resumo tema1
Sociais resumo tema1Sociais resumo tema1
Sociais resumo tema1
 
Sistema solar
Sistema  solar Sistema  solar
Sistema solar
 
AstronomíA
AstronomíAAstronomíA
AstronomíA
 
Tema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. iTema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. i
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
Sistema Solar - Alicia A
Sistema Solar - Alicia ASistema Solar - Alicia A
Sistema Solar - Alicia A
 
Tema 1 A Terra. Planeta do Sistema Solar
Tema 1 A Terra. Planeta do Sistema SolarTema 1 A Terra. Planeta do Sistema Solar
Tema 1 A Terra. Planeta do Sistema Solar
 

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
 
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
 
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
2ºESO. Tema 10 (ii). Función de relación
 
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESOTema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
Tema 9. As funcións dos seres vivos.Nutrición. 2º ESO
 

1º eso.tema 5 ii.A terra e lúa

  • 1. Tema 4 II. A Terra e a Lúa. Apuntamentos: Xacobo de Toro Nome d@ alumn@: 1. A TERRA Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto durante unha exposición moi longa (ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) durante toda a noite, quedaría o rastro do paso das estrelas en forma de estela circular na fotografía. Observa a imaxe e resposta: que demostra isto? Podes localizar a estrela Polar na imaxe? A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 26 segundos en completarse (365,2622 días), co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía Láctea (a nosa galaxia) polo Universo. 1.1. O movemento de rotación da Terra. A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5º respecto á eclíptica (eixo norte –sur). Tarda 24 horas en cada rotación completa producindo deste xeito, o día e a noite nas diversas partes do mundo. A inclinación que teña a Terra nun momento determinado do ano, determinará a duración do día respecto á noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo, por iso o Sol vémolo saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou poñente. Aínda que nos pareza que o Sol se move, non é así, posto que en realidade a que se move é a Terra. 1.2. O movemento de translación A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano) movéndose a unha velocidade de 107.000 Km/h. O Sol non se atopa no centro exacto da órbita, nin tampouco a Terra describe un círculo, polo que a distancia Sol-Terra varía en función do momento do ano. Data Distancia Terra – Sol Finais de xuño 152.100.000 Km (máxima) Finais de decembro 147.100.000 Km (mínima) Finais de marzo-setembro 149.600.000 Km (media) Un ano sidéreo é o tempo que emprega a Terra en dar unha volta ao Sol, e dura 365 días e 6 horas. Un ano oficial é o do calendario: 365 días exactos. O ano bisesto é un ano de 366 días ao cal engadimos 1 día para corrixir o desfase entre os dous anteriores. Disponse un ano bisesto cada 4 anos (posto que cada ano sumamos 6 h máis…6hx4= 24h. ou o que é o mesmo, 1 día máis)
  • 2. As estacións do ano: solsticio e equinocios Debido ao movemento de translación da Terra derredor da elíptica existen as estacións do ano: primavera, verano, outono e inverno. As transicións dunha a outra estación chámaselle equinoccios e solsticios. Ao longo do ano distinguimos 4: (toma nota do que acontece en cada un): 21 de marzo. Equinoccio de primavera boreal. 21 de xuño. Solsticio de verán boreal. 22 de setembro. Equinoccio de outono boreal. 22 de decembro. Solsticio de inverno boreal. A existencia dos solsticios e equinoccios son debidos á inclinación do eixe da Terra e ao movemento desta arredor do Sol. Nos días de solsticio, a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no de verán) e mínimas (no de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. As datas dos solsticios son o paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao inverno nas zonas temperadas. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están cambiadas para ambos hemisferios e por iso sempre temos que especificar se falamos dun solsticio boreal (H.N) ou solsticio austral (H.S). O Sol podémolo ver máis preto do horizonte durante o outono-inverno e máis elevado no horizonte durante a primavera-verán o cal vai determinar a cantidade de radiación solar que chega ata a Terra e provocará as estacións. Contrariamente ao que algunha xente pensa non é a distancia da terra ao Sol o que marca as estacións verano/inverno, senón como inciden os raios solares sobre a superficie terrestre. Un exemplo sería cando inclinamos un termómetro sobre unha fonte de calor, se esta é perpendicular a temperatura é maior, que se é oblicua. Durante o inverno boreal, no Hemisferio Norte (H.N) a terra está máis preto do sol e os raios solares son máis oblicuos, mentres que no Hemisferio Sur (H.S) son máis perpendiculares o que ocasiona o verán austral. No verán boreal do hemisferio norte, a Terra está máis afastada do sol pero os raios son máis perpendiculares á superficie terrestre, facendo que se quente, mentres que no hemisferio sur chegan de xeito oblicuo. Porén, a sucesión regular das estacións do ano é o resultado de: o movemento da Terra arredor do Sol, a inclinación do eixo de rotación da Terra e a constancia desa inclinación. Canto máis ao Norte no H.N ou máis ao Sur no H.S, máis se aprecian as estacións, ao contrario do que acontece no ecuador, onde non se aprecia a súa influencia, pois practicamente chega a mesma insolación ao longo de todo o ano. Por iso no H.N o 21 de xuño non se pon o sol en 24 h no círculo polar ártico, pero o 22 de decembro non sae o sol en 24 h. 1.3. Aprendendo a orientarnos: Polo día: polo día, nas latitudes boreais, cando o Sol acada a súa máxima altura (culminación) sobre o horizonte, está sempre sobre o punto cardinal Sur. En consecuencia, a sombra sinalará cara ó Norte ao mediodía solar. Fíxate como son as sombras ao mencer e ao atardecer no esquema de clase. Tamén podes orientarte cos liques e brións das árbores, xa que son máis frecuentes na parte do tronco orientada ao Norte, xa que é máis húmida e sombría.
  • 3. Tamén podemos orientarnos cun compás (agulla imantada) ou un GPS (Sistema de Posicionamento Global). O noso planeta orixina un campo magnético ante o cal a agulla imantada do compás sempre sinala na mesma dirección: o norte. Hoxe en día tamén existen diferentes aplicacións gratuítas para smartphones que podemos instalar nos nosos teléfonos e nos marcan o norte. Aprendendo a orientarnos pola noite: grazas a estrela polar que nos indica sempre o norte. 1.4. A estrutura da Terra A Terra está formada por un núcleo interno, núcleo externo, manto e codia sobre a cal descansan a hidrosfera e atmosfera. A codia é a capa máis delgada de todas e se a comparásemos cunha mazá, sería máis fina co pel. CAPA GROSOR (medio) COMPOSICIÓN Codia 6 – 40 Km Rochas silíceas Manto 2.800 Km Rochas silíceas Núcleo externo 2.300 Km Ferro e Níquel fundidos Núcleo interno 1.200 Km Ferro e Níquel sólidos Os científicos dividiron a Terra en tres capas concéntricas: a codia, o manto e o núcleo. A codia é a capa exterior da Terra. A súa espesura abrangue entre os 5km (nos océanos) e 70 km (zonas de cordilleiras). O manto é a capa intermedia da Terra e chega ata os 2900 km de profundidade. O núcleo é a capa máis interna da Terra. Acada os 6378 km de profundidade (o centro da Terra). Está constituído por unha aliaxe de ferro e níquel en el diferéncianse dúas rexións: o núcleo externo e o interno. Existen dúas capas fluídas sobre a codia terrestre: a atmosfera e a hidrosfera. A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra, mentres que a hidrosfera é unha capa formada pola auga salgada dos océanos e a auga doce da superficie e do subsolo. Tamén debemos citar unha terceira capa, a biosfera que está constituída polos seres vivos que habitan o planeta, entre os cales nos incluímos. 2. A LÚA A Lúa é o único satélite natural da Terra e tarda en completar unha volta completa arredor da Terra uns 28 días. A rotación en torno ao seu propio eixe tamén dura 28 días. Por isto a Lúa amósanos sempre a mesma cara. De aí que oirades falar da cara oculta da Lúa, pois hai unha cara que nunca podemos ver desde a Terra. Isto é debido a que o período de rotación luar é de 28 días e o de translación arredor da Terra tamén é de 28 días, porén sempre vemos a mesma cara da Lúa. Como non hai atmosfera, o ceo vese negro dende a superficie lunar, incluso de día. A gravidade na Lúa é moi baixa. Existen unhas formacións chamadas “mares” e aínda que reciben este nome, neles non hai auga. Son, simplemente, grandes chairas do noso satélite.
  • 4. Como a Lúa non ten atmosfera nin fenómenos metereolóxicos como vento ou tormentas. Porén, non está protexida contra o impacto dos meteoritos o que provocou que quedasen fondos cráteres na súa superficie debidos a colisión destes coa súa superficie ao longo de millóns de anos. 2.1. As fases da Lúa. Por que vemos distinta a Lúa ao longo do mes? Como consecuencia de su movemento arredor da Terra e a iluminación dos raios do Sol, a Lúa presenta distintas fases, debido a que se iluminan diferentes segmentos da Lúa. Estudando con coidado as diapositivas da presentación podemos deducir que: A Lúa chea vémola de noite, dende o solpor ata o mencer, porque a luz do sol reflíctese na súa superficie. A Lúa nova non se ve porque nos amosa a cara non iluminada. Porén, estaría no seu punto máis alto ao mediodía. A Lúa en cuarto minguante vese dende a media noite ata o mediodía. A Lúa en cuarto crecente vese dende o mediodía ata a media noite. 2.2. As mareas A Lúa exerce unha gran atracción sobre a Terra porque está moi próxima a ela. Esta atracción debida á atracción gravitatoria da Lúa sobre a Terra (ao igual que acontece o Sol coa Terra), obsérvase sobre todo no mar, pois a Lúa atrae a masa de auga e esta elévase creando as mareas que son subidas e baixadas do nivel do mar que se repiten con periodicidade. Cando o nivel do mar ascende prodúcese a marea alta ou preamar, mentres que cando este descende xéranse as mareas baixas ou baixamares (nalgún sitios de Galicia coñécese tamén como “a seca”) Cando os tres astros ( Terra, Lúa e Sol) están aliñados, á forza de atracción so Sol súmaselle ó da Lúa, e prodúcese unha marea forte chamada marea viva. Cando os tres astros forman un ángulo recto prodúcese unha marea máis feble chamada marea morta. 2.3. As eclipses A palabra eclipse significa “ocultación”. Unha eclipse acontece cando a Terra, a Lúa e o Sol están aliñados e a Terra ou a Lúa interpóñense entre os dous outros astros. As eclipses prodúcense porque o tamaño relativo da Lúa e do Sol, visto desde a Terra é idéntico. A eclipse de sol prodúcese cando a Lúa sitúase entre a Terra e o Sol e oculta a luz do Sol ou parte dela. En función da cantidade de sombra, a eclipse pode ser total, parcial ou anular. A eclipse de Lúa ten lugar cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa, coincidindo a súa sombra sobre a Lúa.