Tema 10 (II). A Función de relación
1.Os seres vivos relaciónanse.
Ningún ser vivo pode vivir alleo ao que ocorre no medio...
que busque luz, que se achegue cara ao individuo da súa especie, que fuxa do predador, etc.
Calqueravariación domediointer...
célulasrodéanse dunhacubertagrosae resistente que llespermite soportarcambios drásticos
no medio que poderían provocar a m...
(ollos compostos chamados tamén ocelos) e alcanzan o maior grao de complexidade nos vertebrados.
Os estímulos luminosos in...
Artrópodos,que sonauténticosdedose taménasantenasactúancomo receptorestáctiles, como sucede
nas formigas.
8. Dor.
A dor cá...
11. Como podemos manter o equilibrio as persoas?
12. Por que é esencial para os seres vivos a capacidade para responder ao...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación

905 views

Published on

Profesor xacobo de toro

Published in: Education, Technology, Sports
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
905
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
363
Actions
Shares
0
Downloads
6
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación

  1. 1. Tema 10 (II). A Función de relación 1.Os seres vivos relaciónanse. Ningún ser vivo pode vivir alleo ao que ocorre no medio no que vive. Necesita capturar o alimento, fabricalo,buscarparella,defenderse dos depredadores, elixir as condicións ambientais máis favorables para a súa vida... en definitiva necesita relacionarse. Así pois,a funciónde relación,permite aoservivocoñecermelloromedioque lle rodea para asegurar así a súa supervivencia, respondendo o mellor posible ante posibles cambios. A relacióné a funciónpolacal os seresvivosintercambianinformación,tantocoseumediointerno,como co seu medio externo. A función de relación ten lugar a nivel celular e nivel orgánico. Nos organismo unicelulares, o nivel orgánico, xa que están formados por unha única célula. Nos organismos pluricelulares, a función de relación prodúcese no nivel celular e no nivel orgánico. Os animaispódense comunicarde diversasformas:de formavisual,sonora,olfativa ou táctil, estes sinais son emitidasporunsanimaise recibidas por outros. As informacións emitidas son estímulos que poden ser captadas polos outros animais mediante unha serie de receptores sensoriais. Esta información é cedida ao sistema nervioso que non só rexistrará o sinal senón que emitirá unha resposta adecuada elaborada polos seus músculos, glándulas ou vísceras que actúan como órganos efectores. Relación a nivel celular: As célulasdunorganismorecoñécenseentre sí,grazasa istopodenreaccionarcontra célulasestrañas. Ex: os bugallosdoscarballos.Ex2:Nosvertebradososglóbulosbrancosatacan ás substancias alleas ao corpo. As célulasdosanimaise dasplantastaménrespondenaestímulosquímicos.Ashormonassonsubstancias químicas producidas por determinadas células do organismo que estimulan outras células do mesmo organismo para que respondan dunha determinada maneira. Por ex a prolactina é a hormona que estimula a produción de leite despois do parto Relación a nivel orgánico. As plantasrespondenaoscambiosque teñenlugarnomedioque habitan:poden desprazar as súas follas para poder captar máis luz, abrir as flores polo día ou noite (en funcións da especie) Algúns animais desprázanse para buscar o alimento, fuxir dun depredador ou buscar unha parella reprodutora. Poden cambiar de cor par se camuflar e non ser vistos. Outros son capaces de pasar o inverno durmindo para reducir o gasto enerxético. 2. A Coordinación . Calqueravariaciónque oindividuodetecte noseuinteriorounolugaronde vive, provoca unha reacción respecto diso. Vexamos algúns exemplos: un individuo pode detectar que lle falta glicosa, que os seus niveisde CO2son demasiadoaltos,que nonhai nutrientesnolugaronde está,que faltaluz,que hai outro individuo da súa especie, que chega un predador, etc.; todas estas variacións afectan ao ser vivo e provocarán que inxira azucres, que expulse o CO2, que se vaia a outro lugar onde haxa máis nutrientes,
  2. 2. que busque luz, que se achegue cara ao individuo da súa especie, que fuxa do predador, etc. Calqueravariación domediointernoouexternoque pode detectarunservivodenomínase estímulo,que pode ser positivo ou negativo. Ademais os estímulos poden ser: Externos:cambiosnomedionoque vivenosseresvivosque soncaptadospolosreceptores dos sentidos: gusto, olfacto, tacto, vista e oído. Internos:variaciónsdentrodopropioorganismocaptadasporreceptoressituadosnosdiferentesórganos internos. Ex os músculos ou as articulacións. Coordinación nerviosa. Unha vezque o ser vivorecibiuosestímulos,oseu sistemanerviosointegra e analiza a información. Este sistemaé diferentesegundoogrupoanimal que se analice.Asío sistemanerviosode invertebrados pode ser:  Unha rede difusa: rede de células nerviosas distribuídas polo organismo, onde os estímulos que chegan transmítense por todo o corpo do animal (celentéreos).  Sistema ganglionar: onde as células nerviosas acumúlanse en ganglios, teñen un cordón nerviosoonde se comunicanosgangliosa modo de escaleira e unha concentración de células nerviosasnacabezaformandounha masa cerebral. Este tipo de sistema nervioso é propio de animais de vida activa, onde as respostas aos estímulos deben ser rápidas (anélidos e artrópodos).  O sistema nervioso de vertebrados caracterízase por ter: o Sistema nervioso central: cun cordón nervioso que percorre o corpo e ensánchase na cabeza para formar un encéfalo o Sistema nervioso periférico: formado por prolongación das células nerviosas e que unen o sistema central coas vísceras, músculos e superficie do corpo. o Sistema nervioso autónomo: que regula as funcións involuntarias do corpo como o latexado cardíaco, a dixestión e a respiración. Existen ademais actos reflexos: prodúcense de forma automática e sempre igual. Os estímulos non chegan ao cerebro, só chegan á medula espinal (Ex.: cando o médico tócanos o xeonllo co martelo de analizar reflexos). Calqueraacciónrealizadapoloindividuoe provocadapoloestímulodenomínase resposta. Cada estímulo ten a súa resposta, aínda que todas as respostas posibles pódense resumir en:  Movemento: é unha resposta motora. O ser vivo produce un movemento como resposta a certosestímulos.Pode ser un movemento de todo o individuo, achegándose ou afastándose do estímulo,segundosexapositivo ou negativo. Tamén pode ser o movemento dunha parte, unha extremidade, un órgano interno, etc. Nos vexetais reciben o nome de taxias ou tropismos.  Secreción: É unha resposta que consiste en que o ser vivo produce unha sustancia no seu interior que se move polo organismo producindo algún efecto. Esas sustancias adoitan ser hormonas.  Enquistamento: Os rotíferos forman quistes de resistencia cando as súas condicións ambientaisvólvense desfavorables.Dáse enseresunicelulares e algún pluricelular sinxelo. As
  3. 3. célulasrodéanse dunhacubertagrosae resistente que llespermite soportarcambios drásticos no medio que poderían provocar a morte celular, formando un quiste. Cando volven as condicións favorables, o quiste ábrese e o individuo segue a súa vida. Nos animais a captación dos estímulos lévana a cabo os órganos dos sentidos controlados polo Sistema Nervioso, e as respostas prodúcenas os órganos efectores motores (Sistema Muscular e Óseo, extremidades) e humorais (Sistema Hormonal), que tamén son controlados polo Sistema Nervioso. O Sistema Nervioso: É un sistema que só existe nos animais. Os vexetais non teñen nada comparable. O SistemaNerviosoestáformadoporunhascélulasmoi especializadaschamadas neuronas.A súafunción é a de captar estímulos que son convertidos en impulsos nerviosos e transportados ata os chamados centros de control. Alí é onde se interpretan os estímulos e elabóranse as respostas. Os centros de control son os ganglios, nos animais invertebrados, e a medula espiñal e o encéfalo nos animais vertebrados. O transporte faise de neuronaa neurona nos animais máis primitivos, e polos nervios, nos animais máis complexos. Desde os animais máis primitivos, as esponxas, ata os máis evolucionados, os mamíferos, vaise producindo un progresivo aumento na complexidade do Sistema Nervioso, sobre todo dos centros de control.Este procesoculminaráco desenvolvementodonoso encéfalo, capaz de realizar funcións únicas entre os seres vivos, como son a memoria, a intelixencia, a capacidade de razoar, a aprendizaxe, etc. NosanimaisvertebradosexistentrescompoñentesdiferentesnoSistemaNervioso: (este miniapartado é para sacar nota)  SISTEMA NERVIOSO CENTRAL: formado pola medula espiñal e o encéfalo, onde están os centros de control máis importantes que interpretan estímulos e elaboran respostas. Aquí tamén se producenas respostas voluntarias e contrólanse instintos, tales como o fame e a sede, a necesidade de aparearse, o coidado das crías, etc.  SISTEMA NERVIOSO PERIFÉRICO: formado polos nervios, que transportan estímulos e respostas, e os ganglios, que son centros secundarios de control.  SISTEMA NERVIOSO AUTÓNOMO: tamén formado por nervios e ganglios. A súa función é controlaro funcionamentodoorganismo,acirculaciónsanguínea,arespiración,adixestióne excreción,o latexado cardíaco, etc. Está dividido en: o SistemaNervioso simpático,que activaoorganismo,por exemplo, para a caza ou para a fuxida. o Sistema Nervioso parasimpático, que relaxa o organismo, por exemplo, para o soño. Os sentidos animais: Son órganosespecializadosencaptaros estímulos do medio en que vive un individuo. Os estímulos que se poden captar son variadísimos. No entanto podémolos resumir nos seguintes: 1. Luz. Detéctase medianteosfotorreceptores. Nos vexetais existen sistemas celulares capaces de detectar de onde procede a luz para así dirixir cara alí aos órganos fotosintéticos, por exemplo as follas. Pero é nos animais onde aparecen uns órganos especializados en captar a luz, que son os oolos. Aparecen xa en moluscos como os caracois terrestres (os corniños) ou os cefalópodos, fanse máis eficaces nos insectos
  4. 4. (ollos compostos chamados tamén ocelos) e alcanzan o maior grao de complexidade nos vertebrados. Os estímulos luminosos interpretados orixinan o sentido da vista. 2. Ondas mecánicas. Detectadaspormecanorreceptores.Sóosanimaiscáptanas;os animais terrestres detectan sons a través dunórgano denominado oído,que aparece xanosinsectos.Con todo, é nos vertebrados terrestres onde alcanza o seu máximo desenvolvemento. . Os animais acuáticos detectan vibracións e movemento da auga, mediante órganos sensoriais como o neuromasto que pertencen ao sistema de liña lateral dos peixes. 3. Substancias químicas. As bolboretas nocturnas (chamadas avelaíñas) son capaces de detectar moléculas illadas coas súas antenas, para atoparse ata a quilómetros de distancia. Detectadas por quimiorreceptores. A capacidade de captalas está máis desenvolvida nos vertebrados. Poden ser sustancias químicas volátiles, libres no medio, que son captadas polos receptores olfativos, producindoasensacióndo cheiro.Taménpodensersubstanciasintroducidasnaboca,disoltas na saliva e captadas polos receptores gustativos. En insectos é moi rechamante o caso das feromonas, que son substancias químicas producidas por uns individuos que son captadas por outros; así sucede, por exemplo, coas que producen moitos insectos femia para atraer aos machos. Nos vertebrados o sentido do olfacto adoita estar no nariz, pero nos invertebrados adoita atoparse nas antenas. 4. Posición no espazo. Detectada tamén por mecanorreceptores. É moi importante en animais de vida activa ou naqueles que debenmanterdeterminadaposiciónnoespazo.Nosvertebradossuperiores atópase no órgano do oído e produce o sentidodo equilibrio,comoolabirintodosmamíferosouo otolitodospeixes,que lles permite colocarse nunha posición correcta para nadar. 5. Estado dos órganos e funcións orgánicas. Esta información cáptana uns receptores internos que se achan distribuídos por todo o organismo e envíaninformacióndoestado en que se atopan todos os órganos, como os propioceptores que recollen información sobre o ton muscular nos mamíferos. 6. Frío e calor Captados por termorreceptores. Os animais detectan perdas e ganancias de calor, o cal forma parte do tacto. Existen animais como as carrachascapaces de detectar a calor doutros animais, ou as serpes que localizanassúas presascoa axudada fosaloreal,órganosituadonacara capaz de detectara caloremitida polos seus posibles presas. 7. Tacto. Detéctase mediante mecanorreceptores. Permite identificar formas e texturas, tamaños, temperatura, orientación dun obxecto, etc. Na especie humana atópanse receptores por toda a pel e pola boca, noutros vertebrados atópase nos bigotes ou vibrisas, e en invertebrados existen os palpos dos
  5. 5. Artrópodos,que sonauténticosdedose taménasantenasactúancomo receptorestáctiles, como sucede nas formigas. 8. Dor. A dor cáptase por receptoresinternos que se atopandistribuídosportodooorganismo.Estánasociados a outros órganos sensoriais e detectan situacións de perigo para o organismo, producindo un sinal de alarma que é a sensación de dor. As funcións de relación nos vexetais: Os vexetais non se poden desprazar, con todo son capaces de detectar os cambios no ambiente no que vivene reaccionarante el de forma adecuada.Asrespostasque emitenante osestímulosson: tropismos, que son movementosporcrecementodesigual dosórganosdovexetale as nastias que son movementos sendirecciónque se repitencadacertotempo(aperturae peche dasfloresen24 horas);movementos de contacto: candoos órganosdunha plantarozancun obxectoe móvense (movemento de peche das follas das plantas carnívoras canto o insecto toca a folla) e fotoperiodicidade: movementos coincidentes con distintas épocas do ano en función da duración das horas de luz (floración, caída das follas...). En vexetais non existe algo comparado ao Sistema Nervioso, aínda que se existen respostas moi características a determinados estímulos, chamadas tropismos :  Fototropismo:Se é positivo,aplantaachégase caraá luz,como sucede coas follas; se é negativo, a planta afastarase da luz, como sucede coas raíces.  Xeotropismo:Se é negativo, a planta tende a afastarse do chan onde crece, como fan os talos, e se é positivo, a planta tende a crecer cara ao chan, como fan as raíces.  Hidrotropismo: orixinado como resposta á humidade. Nastias: están provocados por estímulos externos que cumpren as seguintes condicións: non son movementos permanentes e a dirección na que se recibe o estímulo non inflúes no movemento da estrutura.Un exemploseríaotrevoque tenas follasestendidaspolodíae pregadaspolanoite. Algunhas plantascomo a Droserarespondenaocontacto,de xeitoque se algotoca uns pelossensitivosque tennas follas, estas péchanse de súpeto atrapando o que desencadeou a resposta. Actividades: 1. Podería existir algún organismo que carecese da capacidade de se relacionar co medio? 2. Que estruturas celulares serven para que a célula se desprace no medio no que viven? 3. Saberíasexplicarporque as endosporassonformasde resistencia dalgunhas bacterias?(buscaen internet) 4. Ponexemploparaxustificaraseguinte afirmación: “ A resposta é a capacidade que posúe un ser vivo para reaccionar a un cambio que se produce no medio”. 5. Que son os órganos efectores? 6. Que función desenvolven as hormonas? 7. Investiga que é a insulina e cal é a súa función. 8. Que é un acto reflexo? 9. Que tipos de estímulos poden captar os receptores? 10. Onde se analiza a información que procede dos receptores?
  6. 6. 11. Como podemos manter o equilibrio as persoas? 12. Por que é esencial para os seres vivos a capacidade para responder aos estímulos do medio? 13. Que diferenza hai entre un tropismo dunha nastia? 14. En que se diferenza o movemento das plantas do dos animais?

×