SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

Tema 5. O Universo e os Sistema Solar I.
                                                                                                 Espacio libre
Apuntamentos: Xacobo de Toro. Revisión: Mª Luísa Corredoira.
                                                                                                 para as
Nome d@alumn@:                                                                                   vosasanotació
                                                                                                 ns
Introducción
        A Astronomía é a ciencia que estuda os astros (estrelas, planetas, etc.) que hai no
Universo.O Universo é todo o que existe: a humanidade, a Terra e o resto dos planetas, as
estrelas, etc.Dende que o ser humano ten conciencia,sempre se cuestionou moitas cousas
acerca do Sol, a Lúa, as estrelas e por suposto, o mundo no que vivimos e como non… nós na
nosa materia non imos ser menos.
        O instrumento fundamental dos astrónomo é o telescopio, grazas ao cal poden verse
recunchos moi afastados do universo. En grego, tele significa “a distancia” e scopio“ver”.
Telescopio significa “ver a distancia” ou “ver cousas afastadas”.Ao contrario do que se pensa,
o telescopio nonfoi un invento de Galileo Galilei, pero siaxudou a dalo a coñecer debido aos
seus descubrimentos astronómicos cando empregou unha desas “novidades tecnolóxicas” da
época no 1609 para ver o planeta Xúpiter, as estrelas e a Lúa.
        Nota interesante: A invención do telescopio atribúeselle a HansLippershey (1608), un
fabricante de lentes alemán, pero recentes investigacións atribúenlle a autoría a un xerundés
chamado JuanRoget en 1590.

1. Como é a Terra, plana ou redonda?
       Hoxe en día, calquerade vós sabe que a Terra non é plana. Os antigos gregos xa sabían
que a Terra era esférica, pero… como chegaron a deducilo? Os gregos eran bos navegantes e
observaron que cando vían un barco que se alonxaba no mar aberto, o casco desaparecía
baixo a liña do horizonte antes que o mastro e as velas. A curvatura da Terra permitía dar
unha explicación a este suceso.
        Outro motivo é grazasá estela polar, que é a estrela polar que sempre indica o norte e
forma parte da constelación chamada osa menor (ou ursaminor). Unha constelación é un
grupo de estrelas unidas por liñas imaxinarias que forman figuras no ceo nocturno. A osa
menor e a osa maior son constelacións de estrelas que configuran un carro unidas por
estasliñas imaxinarias.
       A estrela polar sempre marca o norte, pero vese a menor altura sobre o horizonte
cando se viaxa desdeo norte cara o sur. É dicir canto máis nos acheguemos ao sur (no
hemisferio norte) máis baixa brilla no ceo. Isto explícase asumindo que a Terra é esférica .
        Outra proba de que a Terra é redonda atopámola observando as eclipses luares.
Nunha eclipse luar a sombra da terra escurece a lúa durante un breve tempo... e a sombra que
a Terra proxecta sobre a lúa naseclipses luares é redonda.
       Se a Lúa e o Sol son esféricos, por qua ía a ser diferente a Terra sendo chá?




Xacobo de Toro. 2011                                                                     Páxina 1
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

2.O noso lugar no Universo

Teoríaxeocéntrica de Aristóteles ePtolomeo.
        ClaudioPtolomeo(século II) foi un dos personaxes máis importantes na historia da
Astronomía. Propuxo a teoría xeocéntrica que perdurou por máis de 1400 años. Na teoría
xeocéntrica Ptolomeo dicía que a Terra estaba queda no centro do universo, e que todo,
incluído o Sol, os planetas e as estrelas xiraban en torno a nós. O día e a noite explicábanse
porque o Sol daría voltas arredor da Terra, tardando un día completo en facelo.

Teoría heliocéntrica de Copérnico e verificada por Galileo.
        En 1543 xurdiu unha nova teoría chamada teoría heliocéntrica de Copérnico e que foi
verificada por Galileo. O gran científico Galileo Galilei (1564–1642) descubriu que a Terra se
moveao redor do sol e que, por suposto, non era o centro do universo. Por ese motivo, Galileo
foi xulgado por herexe.
        A Terra atópase nun dos brazos da nosa galaxia, a Vía Láctea. A nosa galaxia atópase
“preto” doutra chamadaAndrómeda.

3. As medidas do Universo.
       As distancias son tan formidables que sería moi pouco práctico empregar as
magnitudes de medida de distancia terrestres como o m. ou km. Porén, os astrónomos
empregan as seguintes unidades: Unidade astronómica (UA) e ano luz (al).
       A UA (Unidade Astronómica) é a distancia media entre a Terra e o Sol. Equivale a
149600000 Km, aínda que esta cifra adoitaredondearse a 150000000 Km. Esta distancia tan
afastada percórrea a luz do sol en tan só 8,4 segundos.
        A distancia entre o Sol e o planeta Plutón é case 40 veces maior que a distancia Terra-
Sol e equivale a 39,5 UA.
       Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano, propagándose á velocidade de
300000 Km cada segundo. A luz de Andrómeda, a galaxia máis próximaa nós,tarda dous
millóns de anos en chegar á Terra.

4. O universo que coñecemos: as galaxias.

4.1.Estamos a falar de galaxiaspero... que é unha galaxia?.
        As galaxias son enormes agrupacións de estrelas, gas e po interestelar. Poden conter
billóns (millón de millóns) ou trillóns de estrelas que,á súa vez, posúen en moitas ocasións
sistemas planetarios.
        Cada galaxia contén billóns ou trillóns de cúmulos estelares e nebulosas.Á súa vez as
estrelas poden formar parte de cúmulos estelares e cada estrela pode ter os seus grupos de
planetas con satélites, asteroides e cometas.

4.2.a. As nebulosas
         Son concentracións de gas (principalmente hidróxeno e helio) e po interestelar.
Exemplos son a nebulosa de cangrexo, gran nebulosa de Oriónou a Nebulosa M16.




Xacobo de Toro. 2011                                                                      Páxina 2
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

4.2.b Os cúmulos estelares
        Son agrupacións máis ou menos compactas de estrelas próximas entre si. Hainos de
diferentes tipos: cúmulo tipo aberto, cúmulo globular ou dobre cúmulo, como é o caso de
Perseo.

4.3.- A Nosa galaxia:a Vía Láctea
         O nome Vía Láctea provén da mitoloxía grega,nome adoptado logo polos romanos. En
latín significa camiño de leite. Esa é, en efecto, a aparencia da banda de luz que rodea o
firmamento, e así o afirmaa mitoloxía grega, explicando que se trata de leite derramado do
peito da deusa Hera.
       A Vía Láctea é unha galaxia espiral onde se sitúa o Sistema Solar e a Terra. Ten un
diámetro medio duns 100.000 anos luz e calcúlase que contén entre 200 mil millóns e 400 mil
millóns de estrelas. A distancia desde o Sol ata o centro da galaxia é de 27.700 anos luz
aproximadamente. A Vía Láctea forma parte dun conxunto dunhas corenta galaxias chamadas
Grupo Local, e é a segunda máis grande e brillante tras a Galaxia de Andrómeda.
        A galaxia divídese en tres partes ben diferenciadas: halo, disco e bulbo. O halo é unha
estrutura esferoidal que envolve a galaxia. No halo a concentración de estrelas é moi baixa e
apenas ten nubes de gas, polo que carece de rexións con formación estelares. O disco
componse principalmente de estrelas novas, é a parte da galaxia que máis gas contén e onde
aínda acontecen procesos de formación de novas estrelas. O máis característico do disco son
os brazos espirais, que son oito: ten dous brazos principais:Escudo-Centauro e Perseo, así
como dous secundarios:Saxitario e Escuadra. O Noso Sistema Solar atópase no brazo Orión ou
Local, que forma parte do brazo espiral de Saxitario. Estas formacións son rexións densas
onde se compacta o gas e se dá a formación de estrelas. O bulbo ou núcleo galáctico sitúase no
centro e é a zona da galaxia con maior densidade de estrelas

5. As estrelas
        O Universo está constituído maioritariamente por Hidróxeno (H) e Helio (He). O 98 %
desteselementos está formando parte das estrelas. A enerxía das estrelas orixínase nunha
reacción chamada fusión nuclear, na que os núcleos de Hidróxeno (H) se unenformando
núcleos maiores de Helio (He).
         Algunhas das características das estrelasson o brillo e a cor. Brillo: depende do lonxe
que estea e da cantidade de enerxía que emita. Cor: depende da temperatura superficial da
estrela. Un exemplosonas ananas brancas,supernova, superxigantevermella, xigante vermella
ou estrela mediana.
        As estrelas cambian co tempo pasando por diferentes etapas. Ao final da súa vida,
cando todo o seu “combustible” se consumiu, unha estrela normal pódese converter nun
obxecto cósmico curioso: un burato negro, unha estrela de neutróns, unha supernova, unha
xigante vermella, unha anana branca, etc.
       Das estrelas da nosa galaxia, o Sol é a estrela máis próxima e é o centro do Sistema
Solar. Ten unha temperatura superficial de 5500ºC (o interior 15000000). Composto
principalmente nun 75% de H e 25% de He. Xira sobre si mesmo nosentido contrario a como
o fan as agullas do reloxo. Sobre a súa superficie pódense apreciar manchas solares.Unha
mancha solar é unha rexión do Sol escura, cunha temperatura máis baixa que os seus



Xacobo de Toro. 2011                                                                       Páxina 3
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

arredores que presenta actividade magnética. Unha soa mancha pode chegar a medir ata
12.000 km (case o diámetro da Terra).
Do sol sobresaen protuberancias solares, que son explosións de gases de forma filamentosa.

6. O sistema solar
         O sistema solar atópase nun dos brazos da Galaxia Vía Láctea, no brazo de Orión. Está
formado por unha estrela mediana chamada Sol (dálle nome a este Sistema), máis oito
planetas que orbitan arredor da estrela: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno,
Urano e Neptuno; máis un conxunto doutros corpos menores: planetas ananos (Plutón, Eris,
Makemake, Haumea e Ceres), asteroides, satélites naturais, cometas... así como o espazo
interplanetario comprendido entre eles.
        Entre Marte e Xúpite existeun cinto de asteroides, que son fragmentos rochosos de
tamaño variable. Os satélites son astros que xiran arredor dos planetas. Os cometas son
corpos de rocha, xeo e po que cando se acheganá Terra na súa órbita podémolos ver a simple
vista ou cuns prismáticos apreciando unha longa cola (ex. o Cometa Haley).
        Cando algún anaco rochoso cae á Terra recibe o nome de meteorito. A maioría deles
desintégranse ao chocar contra a atmosfera, e non chegan a caer ao chan máis que como un
fino po. As noites despexadas podémolos ver como un fulgor que percorre o ceo en apenas un
par de segundos. Nalgunhas zonas da Terra hai cráteres producidos polosimpactos de
meteoritos grandes no pasado. Un exemplo é o Cráter Meteor (Arizona), producido por un
meteorito dunhas 300.000 toneladas hai uns 50.000 anos.
       Ollo: Non é o mesmo un asteroide, que un cometa, que un meteorito
       Non todos os planetas teñen a mesma dimensión. Algúns son xigantescos comparados
coa Terra. O diámetro de Urano é 51.118 Km, Mercurio 4.880 Km, Venus 12.104 Km, Terra
12.756 Km, Marte 6.792 Km, Neptuno 49.532 Km, Lúa 3.476 Km, Plutón 2.296 Km, Saturno
120.536 Km (con aneis 273.600 Km) e Xúpiter 142.984 Km.
        Os planetas teñen dous movementos: de translación, arredor do Sol, e de rotación, en
torno ao seu propio eixo. O tempo que tarda cada planeta en dar unha volta completa de
translación arredor do Sol é diferente, o mesmo queacontececo xirosobre o seu eixo que varía
de velocidade para cada un deles.
       As órbitas de translación que todos os planetas describen arredor do Sol atópanse
aproximadamente no mesmo plano excepto a de Plutón.
       O eixo de rotación presenta unha inclinación característica para cada planeta.
       Mercurio é o máispequeno dos planetas interiores e o máis próximo ao Sol. Oeixe de
rotación case nonestá inclinado (0,1º). O período de rotación é moi lento: 59 días terrestres.
Non ten atmosfera nin ningún satélite. A súa superficie parécese moito á da Lúa . En Mercurio
como non hai atmosfera, o ceo vese negro desde este planeta, incluso de día. O planeta posúe
un núcleo de ferro que ocupa o 70% do volume total do planeta.
       Venus ten un tamaño semellante ao da Terra. O eixe de rotación é inclinado (177º).
Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e o seu “día” (xiro completo) dura un pouco
máis que o ano. Presenta unha atmosfera moi densa, formada por dióxido de carbono (CO2) e
nubes de ácido sulfúrico (H2SO4). A temperatura superficial é elevada (a maior de todos os
planetas).

Xacobo de Toro. 2011                                                                     Páxina 4
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

       A Terra. Aínda que xa o estudaremos polo miúdo neste tema, agora comentaremos
algunhas cousiñas. Tarda 23 horas e 56 minutos en dar un xiro completosobre o seu eixo e
365,26 días en dar unha volta completa arredor do sol. Debido á rotación sobre o seu eixo, o
noso planeta orixina un campo magnético, por iso a agulla imantada do compás sempre sinala
na mesma dirección, na dirección norte. Aínda que o norte magnético noncoincide
exactamente co xeográfico.
        Marte, o “planeta vermello” parécese un pouco áTerra, en tamaño eperíodo de
rotación.Ten un eixe de rotación inclinado de 25º. O seu día é só un pouco máis longo que o
terrestre e presenta tamén estacións. Marte tamén presenta atmosfera ao igual que o noso
planeta, pero a Terra é o único que ten osíxeno (O2),o cal o diferencia de Marte dos demais
planetas con atmosfera.
       Xúpiter é enorme de tamaño en comparación coa Terra (Terra 12.756 Km, Xúpiter
142.984 Km). Este “xigante gasoso” está formado polos gases hidróxeno (90%) e helio (case
10%). Presenta satélites ou lúas, algunhas son:Ganímedes, Calisto, Europa ou Ío.
       Saturno: o “Señor dos Aneis” é o outro “xigante gasoso”. Está formado por hidróxeno
(97%) e helio (case 3%). Osaneis están formados por xeo, pequenas rochas e partículas de po.
Coñécense 19 “lúas” ou satélites .
        Urano e Neptuno son dous planetas gasosos de tamaño e masas moi semellantes,
formados por hidróxeno, helio e metano. Ao estar tan lonxe do Sol, as temperaturas na súa
superficie son moi baixas.
       Plutón é o planeta máis descoñecido, por ser o máis afastado e polo seu pequeno
tamaño. É incluso máis pequeno que anosa Lúa. A súa órbita entrecrúzase coa de Neptuno,
aínda que nun plano distinto. Ten unha pequena “lúa” ou satélite chamado Caronte.


Actividades.
   1. Expresa en quilómetros a distancia que corresponde a 1 a.l.
   2. Se a velocidade da luz é de 300.000 km/s, canto tarda a luz do sol en chegar ata nós?
   3. Fai un debuxo no que sitúes o sistema solar no que apareza o Sol, os planetas e o cinto de
      asteroides.
   4. Que che suxire o feito de que a simple vista e nunha noite despexada unicamente sexamos
      capaces de observar entre 2000 e 3000 estrelas?
   5. Cales son os gases máis abundantes no universo? En que consiste a fusión nuclear?
   6. O noso sol é unha estrela clasificada tipo G, cal é a súa cor e a súa temperatura superficial?
   7. Se o diámetro terrestre é duns 12.800 km, cantas terras aliñadas caberían no diámetro
      solar?
   8. Que planetas están máis preto do sol que a terra? Cal é o planeta máis afastado?
      Indica en que se distinguen os planetas, as estrelas e as galaxias.
   9. Le con atención atención as seguintes frases e escríbeas correctamente:



Xacobo de Toro. 2011                                                                        Páxina 5
T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza

       Todas as galaxias son agrupacións de estrelas, planetas e outros astros, dispostos en forma
       de espiral.
       A vida de toda estrela transcorre dende a súa orixe como estrela amarela ata que se
       produce unha supernova.
       Os planetas presentan tres movementos: dous de rotación arredor dunha estrela e arredor
       dun satélite, e un movemento de translación sobre si mesmos.




Xacobo de Toro. 2011                                                                     Páxina 6

More Related Content

What's hot (19)

AstronomíA
AstronomíAAstronomíA
AstronomíA
 
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico3. O ceo nocturno é rico e dinámico
3. O ceo nocturno é rico e dinámico
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Xúpiter.
Xúpiter.Xúpiter.
Xúpiter.
 
1 universo e _terra2
1 universo e _terra21 universo e _terra2
1 universo e _terra2
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Sistema solar
Sistema  solar Sistema  solar
Sistema solar
 
Neptunoooo
NeptunooooNeptunoooo
Neptunoooo
 
1 universo e _terra
1 universo e _terra1 universo e _terra
1 universo e _terra
 
1 universo e _terra3
1 universo e _terra31 universo e _terra3
1 universo e _terra3
 
A Terra No Universo
A Terra No UniversoA Terra No Universo
A Terra No Universo
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
As estrelas
As estrelasAs estrelas
As estrelas
 
Cinturón de kuiper
Cinturón de kuiperCinturón de kuiper
Cinturón de kuiper
 
Da Terra E Do Ceo
Da Terra E Do CeoDa Terra E Do Ceo
Da Terra E Do Ceo
 
Sistema solar
Sistema solarSistema solar
Sistema solar
 
NOVEMBRO ASTRONÓMICO
NOVEMBRO ASTRONÓMICONOVEMBRO ASTRONÓMICO
NOVEMBRO ASTRONÓMICO
 
A atmosfera terrestre
A atmosfera terrestreA atmosfera terrestre
A atmosfera terrestre
 
1 universo e _terra1
1 universo e _terra11 universo e _terra1
1 universo e _terra1
 

Viewers also liked (10)

T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Tema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. iTema 5. apuntamentos o universo. i
Tema 5. apuntamentos o universo. i
 
Exercicios 1ºESO. materia e cambios estado
Exercicios 1ºESO. materia e cambios estadoExercicios 1ºESO. materia e cambios estado
Exercicios 1ºESO. materia e cambios estado
 
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa
 
Exame t1 e t2
Exame t1 e t2Exame t1 e t2
Exame t1 e t2
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
Google
GoogleGoogle
Google
 

Similar to 1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa (17)

A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7A Terra No Universo UD 7
A Terra No Universo UD 7
 
O universo e a terra
O universo e a terraO universo e a terra
O universo e a terra
 
A terra o noso planeta
A terra o noso planetaA terra o noso planeta
A terra o noso planeta
 
Trabajo cmc
Trabajo cmcTrabajo cmc
Trabajo cmc
 
Unidade nº 2
Unidade nº 2Unidade nº 2
Unidade nº 2
 
Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.Modelo dun sistema binario.
Modelo dun sistema binario.
 
A terra no universo
A terra no universoA terra no universo
A terra no universo
 
O universo (traballo final)
O universo (traballo final)O universo (traballo final)
O universo (traballo final)
 
Presentacion 97 2003
Presentacion 97 2003Presentacion 97 2003
Presentacion 97 2003
 
Universo 2
Universo 2Universo 2
Universo 2
 
Astronomia
AstronomiaAstronomia
Astronomia
 
O universo
O universoO universo
O universo
 
Cinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gudeCinto de asteroides daniel romano gude
Cinto de asteroides daniel romano gude
 
O universoresumo.docx
O universoresumo.docxO universoresumo.docx
O universoresumo.docx
 
Sistema solar_ maria piñeiro
Sistema solar_ maria piñeiroSistema solar_ maria piñeiro
Sistema solar_ maria piñeiro
 
O Universo
O UniversoO Universo
O Universo
 
Universo e Sistema Solar
Universo e Sistema SolarUniverso e Sistema Solar
Universo e Sistema Solar
 

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 
Informática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windowsInformática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windows
 
Informática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windowsInformática 1. práctica de windows
Informática 1. práctica de windows
 
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
Tema 1. Exercicios de masa, volume e densidade con lectura 2
 
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
1º eso. t10. clasificación s. v. fungos e protoctistas. en galego
 
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
2º eso.tema 10. Funcións dos seres vivos. A reprodución.
 
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
2º ESO. Tema 10 (ii). función de relación
 
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutriciónTema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
Tema 9. as funcións dos seres vivos. nutrición
 

1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa

  • 1. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza Tema 5. O Universo e os Sistema Solar I. Espacio libre Apuntamentos: Xacobo de Toro. Revisión: Mª Luísa Corredoira. para as Nome d@alumn@: vosasanotació ns Introducción A Astronomía é a ciencia que estuda os astros (estrelas, planetas, etc.) que hai no Universo.O Universo é todo o que existe: a humanidade, a Terra e o resto dos planetas, as estrelas, etc.Dende que o ser humano ten conciencia,sempre se cuestionou moitas cousas acerca do Sol, a Lúa, as estrelas e por suposto, o mundo no que vivimos e como non… nós na nosa materia non imos ser menos. O instrumento fundamental dos astrónomo é o telescopio, grazas ao cal poden verse recunchos moi afastados do universo. En grego, tele significa “a distancia” e scopio“ver”. Telescopio significa “ver a distancia” ou “ver cousas afastadas”.Ao contrario do que se pensa, o telescopio nonfoi un invento de Galileo Galilei, pero siaxudou a dalo a coñecer debido aos seus descubrimentos astronómicos cando empregou unha desas “novidades tecnolóxicas” da época no 1609 para ver o planeta Xúpiter, as estrelas e a Lúa. Nota interesante: A invención do telescopio atribúeselle a HansLippershey (1608), un fabricante de lentes alemán, pero recentes investigacións atribúenlle a autoría a un xerundés chamado JuanRoget en 1590. 1. Como é a Terra, plana ou redonda? Hoxe en día, calquerade vós sabe que a Terra non é plana. Os antigos gregos xa sabían que a Terra era esférica, pero… como chegaron a deducilo? Os gregos eran bos navegantes e observaron que cando vían un barco que se alonxaba no mar aberto, o casco desaparecía baixo a liña do horizonte antes que o mastro e as velas. A curvatura da Terra permitía dar unha explicación a este suceso. Outro motivo é grazasá estela polar, que é a estrela polar que sempre indica o norte e forma parte da constelación chamada osa menor (ou ursaminor). Unha constelación é un grupo de estrelas unidas por liñas imaxinarias que forman figuras no ceo nocturno. A osa menor e a osa maior son constelacións de estrelas que configuran un carro unidas por estasliñas imaxinarias. A estrela polar sempre marca o norte, pero vese a menor altura sobre o horizonte cando se viaxa desdeo norte cara o sur. É dicir canto máis nos acheguemos ao sur (no hemisferio norte) máis baixa brilla no ceo. Isto explícase asumindo que a Terra é esférica . Outra proba de que a Terra é redonda atopámola observando as eclipses luares. Nunha eclipse luar a sombra da terra escurece a lúa durante un breve tempo... e a sombra que a Terra proxecta sobre a lúa naseclipses luares é redonda. Se a Lúa e o Sol son esféricos, por qua ía a ser diferente a Terra sendo chá? Xacobo de Toro. 2011 Páxina 1
  • 2. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza 2.O noso lugar no Universo Teoríaxeocéntrica de Aristóteles ePtolomeo. ClaudioPtolomeo(século II) foi un dos personaxes máis importantes na historia da Astronomía. Propuxo a teoría xeocéntrica que perdurou por máis de 1400 años. Na teoría xeocéntrica Ptolomeo dicía que a Terra estaba queda no centro do universo, e que todo, incluído o Sol, os planetas e as estrelas xiraban en torno a nós. O día e a noite explicábanse porque o Sol daría voltas arredor da Terra, tardando un día completo en facelo. Teoría heliocéntrica de Copérnico e verificada por Galileo. En 1543 xurdiu unha nova teoría chamada teoría heliocéntrica de Copérnico e que foi verificada por Galileo. O gran científico Galileo Galilei (1564–1642) descubriu que a Terra se moveao redor do sol e que, por suposto, non era o centro do universo. Por ese motivo, Galileo foi xulgado por herexe. A Terra atópase nun dos brazos da nosa galaxia, a Vía Láctea. A nosa galaxia atópase “preto” doutra chamadaAndrómeda. 3. As medidas do Universo. As distancias son tan formidables que sería moi pouco práctico empregar as magnitudes de medida de distancia terrestres como o m. ou km. Porén, os astrónomos empregan as seguintes unidades: Unidade astronómica (UA) e ano luz (al). A UA (Unidade Astronómica) é a distancia media entre a Terra e o Sol. Equivale a 149600000 Km, aínda que esta cifra adoitaredondearse a 150000000 Km. Esta distancia tan afastada percórrea a luz do sol en tan só 8,4 segundos. A distancia entre o Sol e o planeta Plutón é case 40 veces maior que a distancia Terra- Sol e equivale a 39,5 UA. Un ano luz é a distancia que percorre a luz nun ano, propagándose á velocidade de 300000 Km cada segundo. A luz de Andrómeda, a galaxia máis próximaa nós,tarda dous millóns de anos en chegar á Terra. 4. O universo que coñecemos: as galaxias. 4.1.Estamos a falar de galaxiaspero... que é unha galaxia?. As galaxias son enormes agrupacións de estrelas, gas e po interestelar. Poden conter billóns (millón de millóns) ou trillóns de estrelas que,á súa vez, posúen en moitas ocasións sistemas planetarios. Cada galaxia contén billóns ou trillóns de cúmulos estelares e nebulosas.Á súa vez as estrelas poden formar parte de cúmulos estelares e cada estrela pode ter os seus grupos de planetas con satélites, asteroides e cometas. 4.2.a. As nebulosas Son concentracións de gas (principalmente hidróxeno e helio) e po interestelar. Exemplos son a nebulosa de cangrexo, gran nebulosa de Oriónou a Nebulosa M16. Xacobo de Toro. 2011 Páxina 2
  • 3. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza 4.2.b Os cúmulos estelares Son agrupacións máis ou menos compactas de estrelas próximas entre si. Hainos de diferentes tipos: cúmulo tipo aberto, cúmulo globular ou dobre cúmulo, como é o caso de Perseo. 4.3.- A Nosa galaxia:a Vía Láctea O nome Vía Láctea provén da mitoloxía grega,nome adoptado logo polos romanos. En latín significa camiño de leite. Esa é, en efecto, a aparencia da banda de luz que rodea o firmamento, e así o afirmaa mitoloxía grega, explicando que se trata de leite derramado do peito da deusa Hera. A Vía Láctea é unha galaxia espiral onde se sitúa o Sistema Solar e a Terra. Ten un diámetro medio duns 100.000 anos luz e calcúlase que contén entre 200 mil millóns e 400 mil millóns de estrelas. A distancia desde o Sol ata o centro da galaxia é de 27.700 anos luz aproximadamente. A Vía Láctea forma parte dun conxunto dunhas corenta galaxias chamadas Grupo Local, e é a segunda máis grande e brillante tras a Galaxia de Andrómeda. A galaxia divídese en tres partes ben diferenciadas: halo, disco e bulbo. O halo é unha estrutura esferoidal que envolve a galaxia. No halo a concentración de estrelas é moi baixa e apenas ten nubes de gas, polo que carece de rexións con formación estelares. O disco componse principalmente de estrelas novas, é a parte da galaxia que máis gas contén e onde aínda acontecen procesos de formación de novas estrelas. O máis característico do disco son os brazos espirais, que son oito: ten dous brazos principais:Escudo-Centauro e Perseo, así como dous secundarios:Saxitario e Escuadra. O Noso Sistema Solar atópase no brazo Orión ou Local, que forma parte do brazo espiral de Saxitario. Estas formacións son rexións densas onde se compacta o gas e se dá a formación de estrelas. O bulbo ou núcleo galáctico sitúase no centro e é a zona da galaxia con maior densidade de estrelas 5. As estrelas O Universo está constituído maioritariamente por Hidróxeno (H) e Helio (He). O 98 % desteselementos está formando parte das estrelas. A enerxía das estrelas orixínase nunha reacción chamada fusión nuclear, na que os núcleos de Hidróxeno (H) se unenformando núcleos maiores de Helio (He). Algunhas das características das estrelasson o brillo e a cor. Brillo: depende do lonxe que estea e da cantidade de enerxía que emita. Cor: depende da temperatura superficial da estrela. Un exemplosonas ananas brancas,supernova, superxigantevermella, xigante vermella ou estrela mediana. As estrelas cambian co tempo pasando por diferentes etapas. Ao final da súa vida, cando todo o seu “combustible” se consumiu, unha estrela normal pódese converter nun obxecto cósmico curioso: un burato negro, unha estrela de neutróns, unha supernova, unha xigante vermella, unha anana branca, etc. Das estrelas da nosa galaxia, o Sol é a estrela máis próxima e é o centro do Sistema Solar. Ten unha temperatura superficial de 5500ºC (o interior 15000000). Composto principalmente nun 75% de H e 25% de He. Xira sobre si mesmo nosentido contrario a como o fan as agullas do reloxo. Sobre a súa superficie pódense apreciar manchas solares.Unha mancha solar é unha rexión do Sol escura, cunha temperatura máis baixa que os seus Xacobo de Toro. 2011 Páxina 3
  • 4. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza arredores que presenta actividade magnética. Unha soa mancha pode chegar a medir ata 12.000 km (case o diámetro da Terra). Do sol sobresaen protuberancias solares, que son explosións de gases de forma filamentosa. 6. O sistema solar O sistema solar atópase nun dos brazos da Galaxia Vía Láctea, no brazo de Orión. Está formado por unha estrela mediana chamada Sol (dálle nome a este Sistema), máis oito planetas que orbitan arredor da estrela: Mercurio, Venus, Terra, Marte, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno; máis un conxunto doutros corpos menores: planetas ananos (Plutón, Eris, Makemake, Haumea e Ceres), asteroides, satélites naturais, cometas... así como o espazo interplanetario comprendido entre eles. Entre Marte e Xúpite existeun cinto de asteroides, que son fragmentos rochosos de tamaño variable. Os satélites son astros que xiran arredor dos planetas. Os cometas son corpos de rocha, xeo e po que cando se acheganá Terra na súa órbita podémolos ver a simple vista ou cuns prismáticos apreciando unha longa cola (ex. o Cometa Haley). Cando algún anaco rochoso cae á Terra recibe o nome de meteorito. A maioría deles desintégranse ao chocar contra a atmosfera, e non chegan a caer ao chan máis que como un fino po. As noites despexadas podémolos ver como un fulgor que percorre o ceo en apenas un par de segundos. Nalgunhas zonas da Terra hai cráteres producidos polosimpactos de meteoritos grandes no pasado. Un exemplo é o Cráter Meteor (Arizona), producido por un meteorito dunhas 300.000 toneladas hai uns 50.000 anos. Ollo: Non é o mesmo un asteroide, que un cometa, que un meteorito Non todos os planetas teñen a mesma dimensión. Algúns son xigantescos comparados coa Terra. O diámetro de Urano é 51.118 Km, Mercurio 4.880 Km, Venus 12.104 Km, Terra 12.756 Km, Marte 6.792 Km, Neptuno 49.532 Km, Lúa 3.476 Km, Plutón 2.296 Km, Saturno 120.536 Km (con aneis 273.600 Km) e Xúpiter 142.984 Km. Os planetas teñen dous movementos: de translación, arredor do Sol, e de rotación, en torno ao seu propio eixo. O tempo que tarda cada planeta en dar unha volta completa de translación arredor do Sol é diferente, o mesmo queacontececo xirosobre o seu eixo que varía de velocidade para cada un deles. As órbitas de translación que todos os planetas describen arredor do Sol atópanse aproximadamente no mesmo plano excepto a de Plutón. O eixo de rotación presenta unha inclinación característica para cada planeta. Mercurio é o máispequeno dos planetas interiores e o máis próximo ao Sol. Oeixe de rotación case nonestá inclinado (0,1º). O período de rotación é moi lento: 59 días terrestres. Non ten atmosfera nin ningún satélite. A súa superficie parécese moito á da Lúa . En Mercurio como non hai atmosfera, o ceo vese negro desde este planeta, incluso de día. O planeta posúe un núcleo de ferro que ocupa o 70% do volume total do planeta. Venus ten un tamaño semellante ao da Terra. O eixe de rotación é inclinado (177º). Rota en sentido contrario ao resto dos planetas e o seu “día” (xiro completo) dura un pouco máis que o ano. Presenta unha atmosfera moi densa, formada por dióxido de carbono (CO2) e nubes de ácido sulfúrico (H2SO4). A temperatura superficial é elevada (a maior de todos os planetas). Xacobo de Toro. 2011 Páxina 4
  • 5. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza A Terra. Aínda que xa o estudaremos polo miúdo neste tema, agora comentaremos algunhas cousiñas. Tarda 23 horas e 56 minutos en dar un xiro completosobre o seu eixo e 365,26 días en dar unha volta completa arredor do sol. Debido á rotación sobre o seu eixo, o noso planeta orixina un campo magnético, por iso a agulla imantada do compás sempre sinala na mesma dirección, na dirección norte. Aínda que o norte magnético noncoincide exactamente co xeográfico. Marte, o “planeta vermello” parécese un pouco áTerra, en tamaño eperíodo de rotación.Ten un eixe de rotación inclinado de 25º. O seu día é só un pouco máis longo que o terrestre e presenta tamén estacións. Marte tamén presenta atmosfera ao igual que o noso planeta, pero a Terra é o único que ten osíxeno (O2),o cal o diferencia de Marte dos demais planetas con atmosfera. Xúpiter é enorme de tamaño en comparación coa Terra (Terra 12.756 Km, Xúpiter 142.984 Km). Este “xigante gasoso” está formado polos gases hidróxeno (90%) e helio (case 10%). Presenta satélites ou lúas, algunhas son:Ganímedes, Calisto, Europa ou Ío. Saturno: o “Señor dos Aneis” é o outro “xigante gasoso”. Está formado por hidróxeno (97%) e helio (case 3%). Osaneis están formados por xeo, pequenas rochas e partículas de po. Coñécense 19 “lúas” ou satélites . Urano e Neptuno son dous planetas gasosos de tamaño e masas moi semellantes, formados por hidróxeno, helio e metano. Ao estar tan lonxe do Sol, as temperaturas na súa superficie son moi baixas. Plutón é o planeta máis descoñecido, por ser o máis afastado e polo seu pequeno tamaño. É incluso máis pequeno que anosa Lúa. A súa órbita entrecrúzase coa de Neptuno, aínda que nun plano distinto. Ten unha pequena “lúa” ou satélite chamado Caronte. Actividades. 1. Expresa en quilómetros a distancia que corresponde a 1 a.l. 2. Se a velocidade da luz é de 300.000 km/s, canto tarda a luz do sol en chegar ata nós? 3. Fai un debuxo no que sitúes o sistema solar no que apareza o Sol, os planetas e o cinto de asteroides. 4. Que che suxire o feito de que a simple vista e nunha noite despexada unicamente sexamos capaces de observar entre 2000 e 3000 estrelas? 5. Cales son os gases máis abundantes no universo? En que consiste a fusión nuclear? 6. O noso sol é unha estrela clasificada tipo G, cal é a súa cor e a súa temperatura superficial? 7. Se o diámetro terrestre é duns 12.800 km, cantas terras aliñadas caberían no diámetro solar? 8. Que planetas están máis preto do sol que a terra? Cal é o planeta máis afastado? Indica en que se distinguen os planetas, as estrelas e as galaxias. 9. Le con atención atención as seguintes frases e escríbeas correctamente: Xacobo de Toro. 2011 Páxina 5
  • 6. T.5.I. Sistema Solar e Universo. 1º ESO. Ciencias da Natureza Todas as galaxias son agrupacións de estrelas, planetas e outros astros, dispostos en forma de espiral. A vida de toda estrela transcorre dende a súa orixe como estrela amarela ata que se produce unha supernova. Os planetas presentan tres movementos: dous de rotación arredor dunha estrela e arredor dun satélite, e un movemento de translación sobre si mesmos. Xacobo de Toro. 2011 Páxina 6