SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
1. Introducindo ao noso                                                       amigo
investigador Javier Cristobo
Ficha didáctica por Xacobo de Toro. Corrección por Mª Luísa Corredoira


Javier Cristobo, un investigador de Ares na Antártida.

    Francisco Javier Cristobo Rodríguez é un biólogo aresán que ademais de ser investigador
traballa na actualidade como director do
Instituto Español de Oceanografía (unha
rede de centros española onde se
investigan cuestións do medio mariño).
Igual que xa fixera hai máis de 100 anos
Roald Amundsen, Javier leva anos
viaxando      á    Antártida;   o     noso
investigador viaxa á base española
Gabriel de Castilla         co gallo de
desenvolver       diversas     actividades
investigadoras. Forma parte dun
apaixonante proxecto chamado Actiquim
que ten como misión buscar produtos
naturais de orixe mariña que posúan principios activos para elaborar fármacos que axuden a
loitar contra doenzas e enfermidades do home.

   Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da
Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños (os cnidarios, os equinodermos, os
tunicados e outros invertebrados mariños que poden sintetizar ou acumular metabolitos
cunha actividade biolóxica de interese tanto ecolóxico como farmacolóxica), con eles
experimentarán no barco ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que
está a auga, ás veces está por embaixo dos 0º C.




   Javier, neste momento, atópase na Antártida, xa que este ano viaxou unha vez máis a
comezos de xaneiro, aproveitando as temperaturas mornas do verán austral. Este curso iranos
enviando algunhas fotos e vídeos da súa experiencia en Illa Decepción, o lugar onde se atopa a
súa base. Froito do seu interese por divulgar o seu coñecemento, está disposto a facer unha
vídeoconferencia con nós o mércores 1 de febreiro.

   Hai uns días, o 6 de xaneiro, cando estaban navegando cara a Illa Decepción, unha
compañeira de Javier relataba eufórica na súa bitácora do facebook a experiencia de navegar
cara a Antártida:
"A viaxe foi máis curta e mellor do esperado. Partimos de Ushuaía o día 1 de
    Xaneiro ás 18:00 horas, non creo que se poida empezar mellor o ano, e está prevista a
    chegada a Livingston, a nosa primeira escala, esta noite, día 3 ás 24:00 horas, onde
    fondearemos ata o día seguinte que continuaremos o noso camiño ata Illa Decepción.

        Fai a penas unhas horas que cruzamos o paralelo 60ºS, e pequenas manchas de
    xeo comezan a cruzarse no noso camiño. Hoxe o Drake foi benévolo connosco e as
    illas que se entrecortan entre a néboa fannos esquecer as grandes olas de onte.

       Mentres escribo estas liñas o comandante avisa por megafonía do avistamento
    dunha balea por babor, e isto, xunto cos pingüíns, albatros e icebergs, non fan máis
    que prolongar o meu estado de euforia permanente.”

   O noso amigo aresán, que actualmente ostenta o récord do galego con máis inmersións na
Antártida, pensa que para se mergullar nas augas xélidas desas latitudes a preparación do
equipo, e observar que todo é correcto é esencial. Incluso pode marcar a diferenza entre unha
xornada máis de traballo ou un mal susto que pode rematar de xeito tráxico. Javier
coméntanos como é o seu día a día mergullándose:

    “Cada día mergullámonos nas frías augas
da Illa Decepción, este gran cráter volcánico
aberto polos Fuelles de Neptuno permite que
a illa sexa un gran porto natural e que nos
protexa das difíciles condicións climáticas da
Antártida.

   No mergullo polar, a protección e a
seguridade témola que conseguir a través de
equipos técnicos e especializados con
respecto ao mergullo convencional en augas
temperadas. O mergullo en augas frías non
perdoa os fallos e debemos de facer revisións do material e planificar as inmersións para
manter un altísimo nivel de seguridade. Temos a sorte de que entre a dotación da BAE está
Álex, un especialista en reguladores e equipos de mergullo do Exército de Terra, que moi
amablemente nos revisa parte do material. Para comezar utilizamos botellas con dobre grifería
e polo tanto dous reguladores; cada
un    deles   está     especialmente
construído para aturar temperaturas
moi baixas (habitualmente por baixo
de 0ºC).

    Nós     utilizamos    reguladores
Apecks porque nos deron sempre moi
bo resultado, aínda que hoxe en día
case todas as marcas fabrican algún
regulador que permite a súa
utilización neste tipo de inmersións.
O que é fundamental é que dispoñan
dun sistema anticonxelación xa que en ocasións as temperaturas exteriores na Antártida poden
ser extremas. Nós, ao virmos durante a estación do verán austral, só aturamos temperaturas
externas de -5º C, como moito, e a temperatura de conxelación da auga do mar é de -1,8º C,
aínda que adoita estar entre 0º e 1º C; o que segue sendo moito frío para o corpo humano.

    A protección térmica do noso corpo comeza cun traxe interior moi fino que ademais de ser
illante sérvenos de elemento hixiénico para absorber a suor. Despois poñemos un traxe groso
de tecido térmico ou forro polar “Tinsulate” que mantén a calor corporal. Unha parte
importante son as mans e os pés que illamos con dous ou tres pares de calcetíns e luva, estas
impiden que as mans entren en contacto coa auga. O seu contacto é doroso, desagradable e
pode impedir que manexemos os equipos por entumecemento. A nosa consigna é saír da auga
ao menor síntoma de que entra algunha dentro do traxe. Con frecuencia poñemos, entre os
dous pares de luvas e de calcetíns, uns quentadores ou fontes de calor non tóxicas, ecolóxicas e
inodoras, que usan ingredientes naturais e incombustibles a base de ferro, auga, celulosa,
carbón activado e sal; isto proporciona unha temperatura media entre 40ºC e 69ºC,
dependendo do seu tipo; actívanse rompéndolles o selo para que entren en contacto co aire e
nun par de minutos alcanzan a súa temperatura. Por ultimo, o maior illamento proporciónao o
traxe seco, de neopreno ou trilaminado, o obxectivo é que nin unha pinga de auga entre en
contacto co noso corpo. A partir de aquí o mergullo mantén as mesmas consignas de prudencia
e responsabilidade que as inmersións en augas temperadas ou cálidas.”

   As sensacións e as experiencias nunha paraxe natural tan incrible magnifícanse e séntense
dun xeito moi especial. Un compañeiro de Javier, relataba polo miúdo e entusiasmado a súa
primeira experiencia ao se mergullar en augas antárticas na súa bitácora do Facebook:

   “É a primeira vez, o meu bautismo polar,
e xusto antes de entrar, as dúbidas e os
nervios déixanse notar. A inexperiencia e o
descoñecido arroxan inseguridade ás miñas
accións. A primeira impresión é de dor, dor
ao sentir a auga xeada cortando como
coitelos afiados a miña cara... e o primeiro
que pasa pola miña mente é berrar,
blasfemar e pensar que ninguén pode
resistir esa puñada xélida... Aos poucos
segundos, unha vez mergullada baixo a
auga, todo pasa e esquéceste. Aínda non descubrín se é pola emoción ou é que do frío queda a
cara adormecida e non se sente nada. Síntome tan afortunado de estar aquí, de poder
mergullar, que todo o que descubro debaixo da auga sorpréndeme e apaixóame. Esa sensación
máxica de illamento e soidade, de observar un mundo descoñecido e inalcanzable, fai que a
satisfacción quente o meu corpo o suficiente como para poder resistir. Invariablemente, aos 20
minutos de inmersión, deixo de sentir as dedas dos pés, pero como a penas os usas non é tan
importante como os das mans, xa que que dificulta extremadamente coller o coitelo, abrir os
botes ou intentar capturar algunha mostra. Hoxe, cando estabamos a piques de saltar da
lancha zodiak á auga, reparamos na presenza dunha foca na praia, e ao achegarnos a
saudar...... SI!!!!....resultou ser o meu primeiro avistamento de foca leopardo, a menos de dous
metros: e que grande, e que dentes, e que bonita... Menos mal que os militares son
responsables de nós e non nos permitiron tirarnos, pois unha vez máis, a emoción nubraba as
miñas decisións.”.
Illa Decepción e a Base Antártica Española Gabriel de Castilla. A
nosa base na Antártida.

    A Base Antártica Española Gabriel de Castilla (latitude de 62º 58' S e lonxitude 60º 40' W )
na que se atopa o noso investigador aresán xunto os outros compañeiros españois, está
xestionada polo Exército de Terra, no arquipélago das Shetland do Sur, a escasos 100 km ao
norte do continente antártico, a máis de 1000 km do lugar poboado máis próximo e a 13.000
km de España. A base está situada na Illa Decepción e resulta que é o cráter dun volcán que
está aínda en activo, por iso ten forma de ferradura e dominan as cores brancas do xeo e
negro das cinzas volcánicas. Porén, moitas rochas e a capa superficial do chan teñen orixe
magmática atopando abundantes basaltos, piroclastos e lapilli (cinzas volcánicas). Á beira de
maxestosos glaciares que desembocan no mar, pódense ver fumarolas que fumegan diferentes
gases que proveñen do interior da Terra e que se difunden á atmosfera constantemente.
Debido á actividade volcánica da Illa, a base científica tivo que ser evacuada nos anos 70 ante o
inminente perigo dunha erupción que puido poñer en risco a vida dos investigadores da BAE
(Base antártica española). De
feito destruíu as bases
chilenas e británicas na Illa.

   A      estación    española
atópase         preto      das
instalacións doutra base
científica arxentina.

   O exército desenvolve
unha misión moi importante,
pois mentres os científicos
investigan,     os    militares
españois      encárganse     da
loxística (alimentación, infraestruturas, mantemento dos motores ou a sanidade dos membros
de todo o equipo), as comunicacións (grazas a iso podemos ter a vídeoconferencia e recibir
novas dende a Antártida), xestión medioambiental recollendo os residuos para non
emporcallar o medioambiente (incluíndo a monitorización do impacto medioambiental por
actividades humanas como o turismo), son os responsables dos desprazamentos na zona, por
terra ou mar e da seguridade ante situacións de urxencia causadas pola orografía e a
climatoloxía.

    As instalacións están dotadas de
barracóns onde poden descansar os
investigadores, tamén teñen laboratorios
para realizar os seus experimentos.
Imaxinade que frío cando teñen que facer
as súas investigacións no exterior co vento
frío a temperaturas por embaixo dos cero
graos!

  Incluso teñen un laboratorio húmido onde experimentar coas especies de invertebrados
mariños que recollen e así obter datos de interese.


Screening de biofármacos. O proxecto de Javier.


   Agora mesmo están investigando con estrelas e ourizos de mar, que pertencen ao mesmo
grupo: os equinodermos.
   Úsanos como bioindicadores do seguinte xeito: os espécimes que recollen cando se
mergullan, bótanllos como comida ás estrelas que teñen nos baldes da foto e se o
invertebrado ten
principios activos,
as estrelas non os
quererán comer.
Deste         xeito
poden deducir se
teñen que seguir a
investigación con
esa especie ou pasar a outra.

   Cos datos obtidos nos seus experimentos científicos teñen que realizar análises estatísticas
para poder facer gráficas que lles axuden a entender os resultados. Grazas á análise dos
resultados, o noso amigo
Javier     e     os     seus
colaboradores poden sacar
conclusións sobre a eficacia
dos principios activos que
buscan nos invertebrados
mariños e logo aconsellar os
científicos das empresas
farmacéuticas,         como
Phamamar, sobre cal é o
punto de partida para
elaborar novos fármacos .
A fauna darredor da BAE.
   Decepción ten unha fauna privilexiada: focas leopardo, wedell, cangrexeira, leóns mariños,
págaos, petreles,etc. Pero o rei é o pingüín, máis de medio millón de individuos habitan no
verán antártico na Illa en varias pingüineiras.




Galerías fotográficas da BAE Gabriel de Castilla:
      Galería de fauna
      Galería de Paisaxes
      Galería viaxe e campaña 2011/12
Preguntas 1º ESO
  1. Entra nos seguinte link:
      http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1
      11214Amundsen.pdf
      Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou.
  2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta
      de Ares a Illa Decepción?
  3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era
      así de grande?
  4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.
  5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai
      unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,
      se non a dás atopado podes facelo desde este link.
  6. Vai a googlemaps e busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era
      así de grande?
  7. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.
  8. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai
      unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,
      se non a dás atopado podes, facelo desde este link.
  9. Por que pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se
      chama unha zona costeira con ese nome?
  10. Se estudamos este ano que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible
      que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma
      de xeo?
  11. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para
      aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible?
  12. Busca na internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos
      mal que non se tiraron á auga estando esa foca?
  13. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que
      flota sobre a auga?
  14. Javier levou unhas botellas de licores
      galegos para Illa Decepción para que
      compañeiros investigadores doutros países
      puideran probar o ben que facemos os
      destilados en Galicia. O noso investigador
      antártico deixou estas botellas durante
      horas a unha temperatura que estaba baixo
      cero.... pero puideron brindar cos licores e degustalos porque non estaban
      conxeladas, como pode ser isto?
  15. Podería un investigador guiarse pola noite coa axuda da estrela polar? De non ser así
      que referencia empregaría pola noite?
  16. Se en Noruega (Hemisferio Norte) podemos ver unha aurora boreal... pensas que
      tamén podemos ver unha aurora en Illa Decepción (Hemisferio Sur)? . Se é así busca
      algunha foto e cópiaa ao cartafol de imaxes do tema 5. “A atmosfera”.
  17. Que suceso relaccionado co tema 4. “O sistema solar” implica a aparición das auroras
      na Terra? Recolle algunha nova de prensa do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no
      que falen das auroras boreais. Descubrirás que estes días falouse moito delas. Podes
      ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí.
Preguntas 2º ESO
  1. Entra nos seguinte link:
      http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1
      11214Amundsen.pdf
      Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou.
  2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta
      de Ares a Illa Decepción?
  3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era
      así de grande?
  4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla.
  5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai
      unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica,
      se non a dás atopado podes, facelo desde este link.
  6. Por qué pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se
      chama unha zona costeira con ese nome?
  7. O ano pasado estudamos que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible
      que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma
      de xeo?
  8. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para
      aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible?
  9. No relato da compañeira de Javier, ela comenta que unha das primeiras zonas en
      adormecer e non sentir son as dedas e os dedos, por que perdemos a sensibilidade nas
      extremidades?
  10. Por que empregan neoprenos de varios mm de grosor para mergullarse? Debes
      relacionalo cos illantes térmicos, a condución da calor e o equilibrio térmico.
  11. Busca en internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos
      mal que non se tiraron á auga estando esa foca?
  12. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que flota sobre a auga?
  13. Javier levou unhas botellas de licores galegos para Illa Decepción para que
      compañeiros
      investigadores doutros
      países puideran probar
      o ben que facemos os
      destilados en Galicia. O
      noso        investigador
      antártico deixou estas
      botellas durante horas
      a unha temperatura
      que     estaba      baixo
      cero... pero puideron
      brindar cos licores e
      degustalos porque non estaban conxeladas, como pode ser isto?
  14. Como é o proceso de aparición das auroras na Terra? Recolle algunha nova de prensa
      do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no que falen das auroras boreais. Descubrirás
      que estes días falouse moito delas. Podes ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí.
      Pensas Pensa que Javier pode ver unha no Polo Sur?

More Related Content

Similar to Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

Proxecto antártida
Proxecto antártidaProxecto antártida
Proxecto antártidasatelite1
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australianaiesasorey
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013A Solaina
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013moibon
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaCLMNTK2015
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Encarna Lago
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedraissenlleiro2
 
Antártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso cAntártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso ciesasorey
 
3º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-20143º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-2014Marta Pérez Lage
 
Mariña y paula
Mariña y paulaMariña y paula
Mariña y paulacursoclima
 
Presentación illas atlánticas
Presentación illas atlánticasPresentación illas atlánticas
Presentación illas atlánticasElías Domínguez
 
Tema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcánsTema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcánsmariamarga123
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedracigformacion
 
1º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-20141º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-2014Marta Pérez Lage
 

Similar to Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo (20)

Proxecto antártida
Proxecto antártidaProxecto antártida
Proxecto antártida
 
Proxecto antártida
Proxecto antártidaProxecto antártida
Proxecto antártida
 
Antartida
AntartidaAntartida
Antartida
 
Ecosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgadaEcosistema: A auga salgada
Ecosistema: A auga salgada
 
Gran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral AustralianaGran Barreira de Coral Australiana
Gran Barreira de Coral Australiana
 
Retallos 2013
Retallos 2013Retallos 2013
Retallos 2013
 
Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013Fiadeiro Letras Galegas 2013
Fiadeiro Letras Galegas 2013
 
Diario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarelaDiario de un acuario ivan orois longarela
Diario de un acuario ivan orois longarela
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
Desenrolo actividades campamento museo do mar 2010
 
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
Rota de 6º.  xunco ata as catedraisRota de 6º.  xunco ata as catedrais
Rota de 6º. xunco ata as catedrais
 
Fianal3
Fianal3Fianal3
Fianal3
 
Antártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso cAntártida 1ºeso c
Antártida 1ºeso c
 
3º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-20143º ciclo unidad profesor3-2014
3º ciclo unidad profesor3-2014
 
Mariña y paula
Mariña y paulaMariña y paula
Mariña y paula
 
Presentación illas atlánticas
Presentación illas atlánticasPresentación illas atlánticas
Presentación illas atlánticas
 
Tema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcánsTema 3 capas da terra e volcáns
Tema 3 capas da terra e volcáns
 
A Ría de Pontevedra
A Ría de PontevedraA Ría de Pontevedra
A Ría de Pontevedra
 
Visita cies
Visita ciesVisita cies
Visita cies
 
1º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-20141º ciclo unidad profesor-2014
1º ciclo unidad profesor-2014
 

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental
 
Google
GoogleGoogle
Google
 
T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina
 
T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía
 
T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra
 
T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio
 
Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz
 
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
 
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solar
 
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
 
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
 
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
 
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
 
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
 
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples
 
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
 
Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego
 
Informática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windowsInformática 1. Práctica de windows
Informática 1. Práctica de windows
 

Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

  • 1. 1. Introducindo ao noso amigo investigador Javier Cristobo Ficha didáctica por Xacobo de Toro. Corrección por Mª Luísa Corredoira Javier Cristobo, un investigador de Ares na Antártida. Francisco Javier Cristobo Rodríguez é un biólogo aresán que ademais de ser investigador traballa na actualidade como director do Instituto Español de Oceanografía (unha rede de centros española onde se investigan cuestións do medio mariño). Igual que xa fixera hai máis de 100 anos Roald Amundsen, Javier leva anos viaxando á Antártida; o noso investigador viaxa á base española Gabriel de Castilla co gallo de desenvolver diversas actividades investigadoras. Forma parte dun apaixonante proxecto chamado Actiquim que ten como misión buscar produtos naturais de orixe mariña que posúan principios activos para elaborar fármacos que axuden a loitar contra doenzas e enfermidades do home. Un dos cometidos do noso investigador aresán é o de se mergullar nas xélidas augas da Antártida para recoller diferentes invertebrados mariños (os cnidarios, os equinodermos, os tunicados e outros invertebrados mariños que poden sintetizar ou acumular metabolitos cunha actividade biolóxica de interese tanto ecolóxico como farmacolóxica), con eles experimentarán no barco ou na estación investigadora que hai en Terra. Imaxinade o fría que está a auga, ás veces está por embaixo dos 0º C. Javier, neste momento, atópase na Antártida, xa que este ano viaxou unha vez máis a comezos de xaneiro, aproveitando as temperaturas mornas do verán austral. Este curso iranos enviando algunhas fotos e vídeos da súa experiencia en Illa Decepción, o lugar onde se atopa a súa base. Froito do seu interese por divulgar o seu coñecemento, está disposto a facer unha vídeoconferencia con nós o mércores 1 de febreiro. Hai uns días, o 6 de xaneiro, cando estaban navegando cara a Illa Decepción, unha compañeira de Javier relataba eufórica na súa bitácora do facebook a experiencia de navegar cara a Antártida:
  • 2. "A viaxe foi máis curta e mellor do esperado. Partimos de Ushuaía o día 1 de Xaneiro ás 18:00 horas, non creo que se poida empezar mellor o ano, e está prevista a chegada a Livingston, a nosa primeira escala, esta noite, día 3 ás 24:00 horas, onde fondearemos ata o día seguinte que continuaremos o noso camiño ata Illa Decepción. Fai a penas unhas horas que cruzamos o paralelo 60ºS, e pequenas manchas de xeo comezan a cruzarse no noso camiño. Hoxe o Drake foi benévolo connosco e as illas que se entrecortan entre a néboa fannos esquecer as grandes olas de onte. Mentres escribo estas liñas o comandante avisa por megafonía do avistamento dunha balea por babor, e isto, xunto cos pingüíns, albatros e icebergs, non fan máis que prolongar o meu estado de euforia permanente.” O noso amigo aresán, que actualmente ostenta o récord do galego con máis inmersións na Antártida, pensa que para se mergullar nas augas xélidas desas latitudes a preparación do equipo, e observar que todo é correcto é esencial. Incluso pode marcar a diferenza entre unha xornada máis de traballo ou un mal susto que pode rematar de xeito tráxico. Javier coméntanos como é o seu día a día mergullándose: “Cada día mergullámonos nas frías augas da Illa Decepción, este gran cráter volcánico aberto polos Fuelles de Neptuno permite que a illa sexa un gran porto natural e que nos protexa das difíciles condicións climáticas da Antártida. No mergullo polar, a protección e a seguridade témola que conseguir a través de equipos técnicos e especializados con respecto ao mergullo convencional en augas temperadas. O mergullo en augas frías non perdoa os fallos e debemos de facer revisións do material e planificar as inmersións para manter un altísimo nivel de seguridade. Temos a sorte de que entre a dotación da BAE está Álex, un especialista en reguladores e equipos de mergullo do Exército de Terra, que moi amablemente nos revisa parte do material. Para comezar utilizamos botellas con dobre grifería e polo tanto dous reguladores; cada un deles está especialmente construído para aturar temperaturas moi baixas (habitualmente por baixo de 0ºC). Nós utilizamos reguladores Apecks porque nos deron sempre moi bo resultado, aínda que hoxe en día case todas as marcas fabrican algún regulador que permite a súa utilización neste tipo de inmersións. O que é fundamental é que dispoñan dun sistema anticonxelación xa que en ocasións as temperaturas exteriores na Antártida poden ser extremas. Nós, ao virmos durante a estación do verán austral, só aturamos temperaturas
  • 3. externas de -5º C, como moito, e a temperatura de conxelación da auga do mar é de -1,8º C, aínda que adoita estar entre 0º e 1º C; o que segue sendo moito frío para o corpo humano. A protección térmica do noso corpo comeza cun traxe interior moi fino que ademais de ser illante sérvenos de elemento hixiénico para absorber a suor. Despois poñemos un traxe groso de tecido térmico ou forro polar “Tinsulate” que mantén a calor corporal. Unha parte importante son as mans e os pés que illamos con dous ou tres pares de calcetíns e luva, estas impiden que as mans entren en contacto coa auga. O seu contacto é doroso, desagradable e pode impedir que manexemos os equipos por entumecemento. A nosa consigna é saír da auga ao menor síntoma de que entra algunha dentro do traxe. Con frecuencia poñemos, entre os dous pares de luvas e de calcetíns, uns quentadores ou fontes de calor non tóxicas, ecolóxicas e inodoras, que usan ingredientes naturais e incombustibles a base de ferro, auga, celulosa, carbón activado e sal; isto proporciona unha temperatura media entre 40ºC e 69ºC, dependendo do seu tipo; actívanse rompéndolles o selo para que entren en contacto co aire e nun par de minutos alcanzan a súa temperatura. Por ultimo, o maior illamento proporciónao o traxe seco, de neopreno ou trilaminado, o obxectivo é que nin unha pinga de auga entre en contacto co noso corpo. A partir de aquí o mergullo mantén as mesmas consignas de prudencia e responsabilidade que as inmersións en augas temperadas ou cálidas.” As sensacións e as experiencias nunha paraxe natural tan incrible magnifícanse e séntense dun xeito moi especial. Un compañeiro de Javier, relataba polo miúdo e entusiasmado a súa primeira experiencia ao se mergullar en augas antárticas na súa bitácora do Facebook: “É a primeira vez, o meu bautismo polar, e xusto antes de entrar, as dúbidas e os nervios déixanse notar. A inexperiencia e o descoñecido arroxan inseguridade ás miñas accións. A primeira impresión é de dor, dor ao sentir a auga xeada cortando como coitelos afiados a miña cara... e o primeiro que pasa pola miña mente é berrar, blasfemar e pensar que ninguén pode resistir esa puñada xélida... Aos poucos segundos, unha vez mergullada baixo a auga, todo pasa e esquéceste. Aínda non descubrín se é pola emoción ou é que do frío queda a cara adormecida e non se sente nada. Síntome tan afortunado de estar aquí, de poder mergullar, que todo o que descubro debaixo da auga sorpréndeme e apaixóame. Esa sensación máxica de illamento e soidade, de observar un mundo descoñecido e inalcanzable, fai que a satisfacción quente o meu corpo o suficiente como para poder resistir. Invariablemente, aos 20 minutos de inmersión, deixo de sentir as dedas dos pés, pero como a penas os usas non é tan importante como os das mans, xa que que dificulta extremadamente coller o coitelo, abrir os botes ou intentar capturar algunha mostra. Hoxe, cando estabamos a piques de saltar da lancha zodiak á auga, reparamos na presenza dunha foca na praia, e ao achegarnos a saudar...... SI!!!!....resultou ser o meu primeiro avistamento de foca leopardo, a menos de dous metros: e que grande, e que dentes, e que bonita... Menos mal que os militares son responsables de nós e non nos permitiron tirarnos, pois unha vez máis, a emoción nubraba as miñas decisións.”.
  • 4. Illa Decepción e a Base Antártica Española Gabriel de Castilla. A nosa base na Antártida. A Base Antártica Española Gabriel de Castilla (latitude de 62º 58' S e lonxitude 60º 40' W ) na que se atopa o noso investigador aresán xunto os outros compañeiros españois, está xestionada polo Exército de Terra, no arquipélago das Shetland do Sur, a escasos 100 km ao norte do continente antártico, a máis de 1000 km do lugar poboado máis próximo e a 13.000 km de España. A base está situada na Illa Decepción e resulta que é o cráter dun volcán que está aínda en activo, por iso ten forma de ferradura e dominan as cores brancas do xeo e negro das cinzas volcánicas. Porén, moitas rochas e a capa superficial do chan teñen orixe magmática atopando abundantes basaltos, piroclastos e lapilli (cinzas volcánicas). Á beira de maxestosos glaciares que desembocan no mar, pódense ver fumarolas que fumegan diferentes gases que proveñen do interior da Terra e que se difunden á atmosfera constantemente. Debido á actividade volcánica da Illa, a base científica tivo que ser evacuada nos anos 70 ante o inminente perigo dunha erupción que puido poñer en risco a vida dos investigadores da BAE (Base antártica española). De feito destruíu as bases chilenas e británicas na Illa. A estación española atópase preto das instalacións doutra base científica arxentina. O exército desenvolve unha misión moi importante, pois mentres os científicos investigan, os militares españois encárganse da loxística (alimentación, infraestruturas, mantemento dos motores ou a sanidade dos membros de todo o equipo), as comunicacións (grazas a iso podemos ter a vídeoconferencia e recibir novas dende a Antártida), xestión medioambiental recollendo os residuos para non emporcallar o medioambiente (incluíndo a monitorización do impacto medioambiental por actividades humanas como o turismo), son os responsables dos desprazamentos na zona, por
  • 5. terra ou mar e da seguridade ante situacións de urxencia causadas pola orografía e a climatoloxía. As instalacións están dotadas de barracóns onde poden descansar os investigadores, tamén teñen laboratorios para realizar os seus experimentos. Imaxinade que frío cando teñen que facer as súas investigacións no exterior co vento frío a temperaturas por embaixo dos cero graos! Incluso teñen un laboratorio húmido onde experimentar coas especies de invertebrados mariños que recollen e así obter datos de interese. Screening de biofármacos. O proxecto de Javier. Agora mesmo están investigando con estrelas e ourizos de mar, que pertencen ao mesmo grupo: os equinodermos. Úsanos como bioindicadores do seguinte xeito: os espécimes que recollen cando se mergullan, bótanllos como comida ás estrelas que teñen nos baldes da foto e se o invertebrado ten principios activos, as estrelas non os quererán comer. Deste xeito poden deducir se teñen que seguir a investigación con esa especie ou pasar a outra. Cos datos obtidos nos seus experimentos científicos teñen que realizar análises estatísticas para poder facer gráficas que lles axuden a entender os resultados. Grazas á análise dos resultados, o noso amigo Javier e os seus colaboradores poden sacar conclusións sobre a eficacia dos principios activos que buscan nos invertebrados mariños e logo aconsellar os científicos das empresas farmacéuticas, como Phamamar, sobre cal é o punto de partida para elaborar novos fármacos .
  • 6. A fauna darredor da BAE. Decepción ten unha fauna privilexiada: focas leopardo, wedell, cangrexeira, leóns mariños, págaos, petreles,etc. Pero o rei é o pingüín, máis de medio millón de individuos habitan no verán antártico na Illa en varias pingüineiras. Galerías fotográficas da BAE Gabriel de Castilla:  Galería de fauna  Galería de Paisaxes  Galería viaxe e campaña 2011/12
  • 7. Preguntas 1º ESO 1. Entra nos seguinte link: http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1 11214Amundsen.pdf Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou. 2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta de Ares a Illa Decepción? 3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era así de grande? 4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla. 5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica, se non a dás atopado podes facelo desde este link. 6. Vai a googlemaps e busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era así de grande? 7. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla. 8. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica, se non a dás atopado podes, facelo desde este link. 9. Por que pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se chama unha zona costeira con ese nome? 10. Se estudamos este ano que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma de xeo? 11. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible? 12. Busca na internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos mal que non se tiraron á auga estando esa foca? 13. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que flota sobre a auga? 14. Javier levou unhas botellas de licores galegos para Illa Decepción para que compañeiros investigadores doutros países puideran probar o ben que facemos os destilados en Galicia. O noso investigador antártico deixou estas botellas durante horas a unha temperatura que estaba baixo cero.... pero puideron brindar cos licores e degustalos porque non estaban conxeladas, como pode ser isto? 15. Podería un investigador guiarse pola noite coa axuda da estrela polar? De non ser así que referencia empregaría pola noite? 16. Se en Noruega (Hemisferio Norte) podemos ver unha aurora boreal... pensas que tamén podemos ver unha aurora en Illa Decepción (Hemisferio Sur)? . Se é así busca algunha foto e cópiaa ao cartafol de imaxes do tema 5. “A atmosfera”. 17. Que suceso relaccionado co tema 4. “O sistema solar” implica a aparición das auroras na Terra? Recolle algunha nova de prensa do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no que falen das auroras boreais. Descubrirás que estes días falouse moito delas. Podes ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí.
  • 8. Preguntas 2º ESO 1. Entra nos seguinte link: http://www.ejercito.mde.es/unidades/Antartica/antartica/descargas_antartica/blog/1 11214Amundsen.pdf Procura información sobre quen era Amundsen e que fito histórico acadou. 2. Entra no seguinte link de googlemaps: cantos quilómetros pensas que hai en liña recta de Ares a Illa Decepción? 3. Dende googlemaps busca a Antártida. Fai unha captura de pantalla. Pensabas que era así de grande? 4. Vai a googlemaps e busca a Illa de Livingston. Fai unha captura de pantalla. 5. Desde googlemaps busca a Illa Decepción en inglés, “Deception Island, Antártida”. Fai unha captura de pantalla da Illa en detalle e logo outra onde se vexa a base científica, se non a dás atopado podes, facelo desde este link. 6. Por qué pensas que a base científica se atopa nese lugar exacto da Illa? Como se chama unha zona costeira con ese nome? 7. O ano pasado estudamos que o punto de solidificación da auga é 0ºC, como é posible que Javier poida mergullar en auga, por embaixo de 0ºC?, non debera estar en forma de xeo? 8. No texto coméntannos que se dirixen rumbo a Antártida os 6 de xaneiro para aproveitar as temperaturas mornas do verán. Como é iso posible? 9. No relato da compañeira de Javier, ela comenta que unha das primeiras zonas en adormecer e non sentir son as dedas e os dedos, por que perdemos a sensibilidade nas extremidades? 10. Por que empregan neoprenos de varios mm de grosor para mergullarse? Debes relacionalo cos illantes térmicos, a condución da calor e o equilibrio térmico. 11. Busca en internet unha foca leopardo. Por que pensas que din no relato que menos mal que non se tiraron á auga estando esa foca? 12. Que é un iceberg? Busca unha foto. Por que flota sobre a auga? 13. Javier levou unhas botellas de licores galegos para Illa Decepción para que compañeiros investigadores doutros países puideran probar o ben que facemos os destilados en Galicia. O noso investigador antártico deixou estas botellas durante horas a unha temperatura que estaba baixo cero... pero puideron brindar cos licores e degustalos porque non estaban conxeladas, como pode ser isto? 14. Como é o proceso de aparición das auroras na Terra? Recolle algunha nova de prensa do xornal do mes de xaneiro ou febreiro no que falen das auroras boreais. Descubrirás que estes días falouse moito delas. Podes ver unha fabulosa, do día 24 de xaneiro aquí. Pensas Pensa que Javier pode ver unha no Polo Sur?