Chamaron a atención de Roque unhas aves que se movían de aquí para alá pola beira da auga e de aquelo xurdeu outro longo traballo para coñecelas e traérnolas a ver.
Dando unha voltiña,o domingo á mañán,
atopou Roque uns bechos, case todos iguais,
a bulir pola area de aquí para alá…
e quixo saber… foilles preguntar.
3.
Contoulle un delesque non son de aquí,
que só están de paso e que, ao ir e ao vir,
botan uns días, a descansar e a comer, antes de seguir.
4.
E que aíndaque pareza que todos son o mismo,
non son todos iguais… hai moitos distintos.
5.
E Roque aosabelo botouse a buscar
para ensinárvolos todos… e aos seus curmáns
e outros achegados que non veñen acá
As limícolas sonun grupo de aves que teñen patas e peteiros longos, adaptados á vida
preto da auga en praias, pantanos e marismas nas que capturan os invertebrados dos
que se alimentan.
8.
Adoitan ter coresgrises, pardas e /ou manchadas que lle axudan a pasar desapercibidas no
medio, con variacións entre a plumaxe do verán (con máis cor) e a do inverno (máis discreta)
Imaxes de Pilro groso: arriba, tres exemplares
no verán, á dereita, un exemplar no inverno.
9.
As que críanen latitudes frías adoitan facer longas viaxes migratorias.
10.
Fan niños queson pouco máis que unha poza no chan a que, algúns, lle engaden herbas
ou materiais do entorno; neles poñen 3 ou 4 ovos, ocres ou grises e cubertos de raias ou
manchas para que pasen desapercibidos.
11.
As crías nacenben desenvolvidas e deixan logo o niño para agochárense nas proximidades.
Están cubertas cun plumón manchado, mimético, que xunto coa inmovilidade son un
recurso eficaz para ocultarse á vista dos depredadores.
Actitis hypoleucos (biluricobailón). Cría nas zonas temperadas frías de Europa e Asia e
pasa o inverno en África. Mide de 18 a 21 cm de longo. En Galiza é común como
invernante e abundante nos pasos migratorios.
15.
Actitis macularius (biluricopintado ou playero manchado). Cría preto da auga doce no
norte dos EE. UU. e no Canadá e pasa os invernos entre o sur dos EE. UU. e América do
Sur. Mide de 18 a 20 cm de longo.
16.
(Aphriza virgata) biluricodas rompentes. Cría nas rochas da tundra do oeste de
América do Norte e pasa o inverno por toda a costa de América ao sur da zona de cría.
17.
Arenaria interpres (píllara riscada). Cría nas proximidades do Ártico e pasa o inverno por
todo o mundo ao sur da área de cría. Mide de 21 a 25 centímetros de longo e pesa uns 110
gramos. Recoñécense 2 subespecies: Arenaria interpres interpres e Arenaria interpres
marinella. É invernante regular e común en Galiza.
18.
Arenaria melanocephala(Píllara escura).Vive nas praias do oeste de América do Norte,
pero só cría na tundra ártica. Mide entre 22 e 25 cm de longo e pesa de 100 a 170 g.
19.
Bartramia longicauda (biluricobatitú). Cría en Norteamérica, desde Alaska ata o sur de
EE. UU. e inverna en Sudamérica. Mide entre 28 e 32 cm de longo.
20.
Calidris tenuirostris. Críaen mesetas o pendientes suaves da tundra do norleste de Siberia e
invernan nas costas do sur de Asia ata Australia. Mide de 26 a 28 cm e pesa de 115 a 240 g.
21.
(Calidris canutus) Críaarredor do Ártico e pasa o invernos nas costas das zonas
temperadas e cálidas de todo o mundo. mide de 23 a 26 cm e pode pesar de 100 a 200 g.
Coñécense 6 subespecies: a C. c. canutus cría no noroeste de Siberia e pasa o inverno no oeste e no sur de África, a
C. c. rogersi cría en Siberia oriental, e inverna en Australia oriental e Nova Celandia, C. c. piersmai cría nas illas de
Nova Siberia e inverna en Australia noroccidental, C. c. roselaari cría en illas do leste de Siberia e no noroeste de
Alaska e pasa o inverno en Florida, Panamá e Venezuela. C. c. rufa cría no Ártico do leste de Canadá e inverna en
Sudamérica, e C. c. islandica cría no Ártico do norte de Canadá e inverna en Europa Occidental.
22.
Calidris alba (pilrobulebule). Cría arredor do Ártico e pasa o inverno nas costas do sur de
América do Sur , no Sur de Europa , en África e Australia. Mide de 18 a 20 cm e pode pesar
entre 40 e 100 g. Recoñécense 2 subespecies: Calidris alba alba, do leste de Groenlandia
ata a metade oeste de Siberia, e Calidris alba rubida, do norte de América e da metade
leste de Siberia. En Galiza vese, en pequenos grupos, nos pasos
23.
Calidris pusilla (pilriñosemipalmado). Cría na tundra do sur de Canadá e de Alaska ao pé
da auga e pasa o inverno nas costas do sur de Norteamérica, As Antillas e América do Sur.
En Galiza aparece raramente a finais do verán.
24.
Calidris mauri (Pilriñode Maur ou de Alaska). Cría na tundra de Siberia oriental e de Alaska
e pasa os invernos nas costas temperadas e cálidas de América do Norte e do Sur.
25.
Calidris ruficollis (pilriñode pescozo vermello). Cría no oeste de Alaska e no norleste de
Siberia e pasa o inverno no surleste de Asia, en Australia e outras illas da zona. Mide de
13 a 16 centímetros e pesa entre 20 e 35 gramos.
26.
Calidris minuta (pilriñopatimouro). Cría no norte de Europa e de Asia e inverna en África
e no sur de Asia. Mide de 12 a 14 cm
27.
Calidris temminckii (pilriñopatiamarelo). Cría en pantanos e marismas da taiga de
Eurasia e pasa o inverno en áfrica tropical e no sur de Asia. Mide de 13 a 15 cm de longo.
28.
Calidris Subminuta. Críaao longo do norte de Asia e pasa o inverno no surleste de Asia e
en Australia. Mide de 13 a 16 cm e pesa arredor de 25 gramos.
29.
Calidris minutilla (chichicuilote).Cría na tundra e nos pantanos do norte de
Norteamérica e inverna nas costas das zonas temperadas, desde o sur dos EE. UU. ata
o Ecuador. Mide arredor de 14 cm e pesa uns 20 gramos.
30.
Calidris fuscicollis (pilriño de cu branco ou
pilriño de Bonaparte) Cría na tundra de
Norteamérica e pasa o inverno en América do
Sur. Mide uns 15 cm de longo.
31.
Calidris bairdii (pilriñode Baird). Cría desde o leste de Siberia ata u oeste de Groenlandia e
pasa o inverno en América do Sur. Mide de 18 a 19 cm e pesa arredor de 35 gr.
32.
Calidris melanotos. Críano norte de América del
Norte e de Asia e pasa o inverno en América do Sur
e Oceanía. Mide uns 21 cm.
33.
Calidris acuminata. Críaen zonas húmidas da tundrado norleste de Asia e pasa o invernos
no surleste de Asia e en Australia.
34.
Calidris ferruginea (pilrodo cu branco). Cría na tundra siberiana e pasa o inverno en
África e o surlesta de Asia. Mide de 19 a 21 cm.
35.
Calidris maritima (pilrocincento). Vive e cría en terreos rochosos do Ártico, entre Canadá
e o oeste de Siberia, e inverna nas costas atlánticas de América do norte e de Europa.
Miden de 20 a 22 cm e pesan entre 50 e 105 gramos. En Galiza vese nos pasos.
36.
Calidris ptilocnemis. Ccríana tundra do Ártico, ao norte do Pacífico, e pasan o inverno nas
costas rochosas do Pacífico. Coñécense 4 subespecies: C. p. tschuktschorum, que cría na
península de Chukchi e no oeste de Alaska, C. p. ptilocnemis, que cría nas illas Pribilof e nas
illas de San Mateo . C. p. couesi, cría nas Islas Aleutianas e en Alaska, e C. p. quarta, que
cría no sur da península de Kamchatka e nas illas Kuriles e Comandante.
37.
Calidris alpina (pilrocurlibico). Cría no Ártico, ao norte de Europa e de Asia, e pasa o
inverno no sur de Europa, en África, no surleste de Asia e en Oriente Medio. Mide de 17 a
21 cm. recoñécense 10 subespecies que se distinguen pola cor da plumaxe de cría e pola
lonxitude do peteiro: C. a. actites, cría ao norte das illas de Sajalín e inverna no leste de Asia; C. a. alpina, cría no
norte de Europa e no noroeste de Siberia e inverna no oeste de Europa, nas costas do Mediterráneo e en África ata a
India; C. a. arctica, cría no norleste de Groenlandia e inverna no noroeste de África; C. a. arcticola, cría no norte e no
noroeste de Alaska e no noroeste de Canadá e inverna na China, Corea e o Xapón. C. a. centralis, cria no norte, centro e
leste de Siberia e inverna no sur de Asia; C.s a. hudsonia, cría no norte e no centro de Canadá e inverna no surleste dos
Estados Unidos; C. a. kistchinski, cría ao norte do Mar de Ojotsk e ao sur de Koriakia, ao norte das Illas Kuriles e na
Península de Kamtchatka, e inverna no leste de Asia; C.s a. pacifica, cría no oeste e no sur de Canadá e inverna no oeste
dos Estados Unidos e de México; C. a. sakhalina, cría na punta norleste de Asia e inverna no leste de China, Corea,
Xapón e Taiwan; C. a. schinzii, cría no surleste de Groenlandia, Islandia, as Islas Británicas, o sur de Escandinavia e as
costas do Mar Báltico e inverna no suroeste de Europa e o noroeste de África.
É a limícola máis abundante e común, como invernante, en Galiza.
38.
Calidris himantopus (Pilropatilongo). Cría na tundra aberta do norte de América e pasa o
inverno no norte de América do sur.
39.
Limicola falcinellus (Pilro falcinelo).Cría en sitios húmidos da taiga de Europa e Asia
e pasa o inverno no sur de Europa e de Asia. Mide de 15 a 18 cm e pesa de 32 a 34 gr.
40.
Eurynorhynchus pygmeus. Críano norleste de Siberia e pasa o inverno no surleste de Asia.
Mide de 14 a 16 cm de longo. É unha ave moi escasa.
41.
Limnodromus griseus (becacinacincenta). Cría na tundra do norte de Norteamérica e pasa
o inverno ao sur dos EE. UU., no Caribe e no norte de Suramérica. Mide arredor de 28 cm.
Coñécense 3 subespecies: L. g. griseus, co ventre branco e flancos raiados,que aniña ao
norte de Quebec; L. g. hendersoni, co ventre roxo e flancos apincarados, que aniña no
centro norte de Canadá; e L. g. caurinus, co ventre branco, peito manchado e faixas amplas
nos costados, que aniña no sur de Alaska.
42.
Limnodromus scolopaceus (becacinaescolopácea). Cría na tundra húmida de América do
Norte e do leste de Siberia e pasa o inverno no sur dos Estados Unidos e América Central.
Mide de 24 a 27 cm.
43.
Limnodromus semipalmatus (becacinaasiática). Cría nos humidais cubertos de herba do
norte interior de Asia e pasa os invernos no surleste de Asia ata o norte de Australia.
44.
Limosa limosa (mazaricode rabo negro). Cría en pantanos, beiras de lagos, prados húmidos
e páramos das áreas temperadas frías de Islandia, o norte de Europa e Asia e pasa o inverno
no oeste de Europa e de África, e o sur de Asia ata Australia. Mide uns 42 cm de longo e
pesan arredor de 280 gramos os machos e ata 340 as femias. Hai 3 subespecies: L. limosa
limosa, do centro e oeste de Europa ata o centro de Asia ao leste do río Ienisei, coa cabeza,
o pescozo e o peito de cor laranxa; L. limosa islandica, de Islandia e as illas do atlántico
norte, co peteiro, e as patas máis curtas e cor roxa máis extendida; e L. limosa
melanuroides, de Mongolia , o norte de China, e o leste de Siberia, de cor vermella ben
extendida e de tamaño máis pequeno.
45.
Limosa haemastica (mazaricode cor café). Cría no noroeste de Canadá e en Alaska e pasa o
inverno en América do Sur . Mide de 37 a 42 cm e pesa arredor de 300 gr.
46.
Limosa lapponica (mazaricode rabo pinto). Cría en latitudes frías do norte de Europa e Asia
e inverna nas costas do oeste de Europa e África, no sur de Asia e en Australia. Miden entre
37 e 41 cm e pesan de 200 a 400 gr os machos e de 260 a 630 gr as femias. Existen tres
subespecies: Limosa lapponica lapponica, que cría desde Escandinavia ata a Península de Taimir (Siberia) e inverna nas
costas occidentais de Europa e África (desde as Illas Británicas e Holanda ata Sudáfrica) e arredor do Golfo Pérsico, a
subespecie máis pequena, machos ata 360 gr e femias ata 450 gr; Limosa lapponica menzbieri, que cría desde a
península de Taimir ata o delta do río Kolyma e inverna no surleste de Asia e en Australia, de tamaño intermedio; e
Limosa lapponica baueri, que cría no nordeste de Asia e no oeste de Alaska e inverna en Australia e Nova Celandia, a
subespecie máis grande. En Galiza é invernante común.
47.
Limosa fedoa (mazaricoveteado). Cría ao pé de pantanos ou estanques nas pradeiras do norte
e do oeste de Canadá e do centro-norte dos Estados Unidos, e pasa o inverno nas costas de
California, do Golfo de México e América do Sur. Mide de 40 a 50 cm e pode pesar entre 240 e
510 gr. Coñécense 2 subespecies: L. f. beringiae, que cría no norte de Alaska, e L. f. fedoa, que
cría en Canadá e o norte dos EE.UU..
48.
Numenius minutus (mazaricopequeno). Cría no norte de Siberia e inverna no surleste de
Asia ata Australia. Mide entre 28 e 32 cm e pode pesar de 118 a 220 gr.
49.
Numenius borealis (mazaricoesquimal, boreal ou polar). Cría na tundra ártica de Canadá
occidental e de Alaska e pasa o inverno nas pampas de Arxentina. Mide de 30 a 33 cm de
lonxitude. Atópase en perigo crítico de extinción.
50.
Numenius phaeopus (mazaricochiador ou mazarico galego). Cria no norte de América,
Europa e Asia e en Islandia e pasa o inverno e América do Sur, en África e no sur de Asia.
Mide de 37 a 47 centímetros e pesa entre 300 e 490 gramos. Recoñécense 7 subespecies: N. p.
islandicus, que cría en Islandia e as illas inglesas do norte; N. p. phaeopus, que cría desde Noruega ata a metade
norte e centro de Siberia; N. p. alboaxillaris, que cría desde o oeste de Kazakhstan ao suroeste de Siberia; N. p.
rogachevae, que cría en Siberia central; N. p. variegatus, que cría no norleste de Siberia; N. p. rufiventris, que cría en
Alaska e no noroesta de Canadá; e N. p. hudsonicus, que cría no norleste de Canadá.
51.
Numenius tahitiensis (mazaricodo Pacífico). Cría en Alaska e iverna en Oceanía, nos
arquipélagos do Pacífico. Mide uns 43 centímetros e pesa arredor de 490 gramos.
52.
Numenius tenuirostris (mazaricode peteiro fino). Cría en pantanos e turbeiras da taiga
de Siberia e inverna en hábitats de agua doce pouco profundos do Mediterráneo. Mide
entre 36 e 41 cm de longo. Atópase en perigo crítico de extinción
53.
Numenius arquata (mazaricocurlí). Cría en prados, zonas fangosas, ríos, humedais, costas
e esteiros do norte de Europa e de Asia, e pasa o inverno no sur de Europa, no sur de Asia
e en África. Mide de 50 a 60 cm de longo e pode pesar de 410 a 1,360 gramos. Coñécense 3
subespecies: N. a. arquata, os que crían en Europa; N. a. orientalis, os que crían no oeste e no centro de Siberia; e N.
a. suschkini, os do suroeste de Siberia. En Galiza é invernante común.
54.
Numenius americanus (mazaricoamericano). Nativo do centro e do oeste de América do
norte pasa os invernos nas costas do sur. Mide de 50 a 65 cm e pesa de 490 a 950 gr.
55.
Numenius madagascariensis (mazaricosiberiano). Cría en humidais e beiras de lagos
pantanosos do norleste de Asia, Siberia e Mongolia, e pasa o inverno nas costas e illas do
surleste de Asia e de Australia. Mide de 60 a 66 cm e pode pesar de 565 a 1,150 gramos.
56.
Philomachus pugnax (liorteiro).Cría na tundra de Eurasia e inverna nas áreas temperadas e
cálidas do sur de Europa, en África e no sur e surleste de Asia. Os machos son máis grandes
e miden de 29 a 32 cm, mentras que as femias só miden de 22 a 26 cm.
57.
Tringa brevipes (biluricosiberiano). Cría en cauces con pedras do norte, centro e leste de
Siberia, e pasa os invernos no surleste de Asia, Indonesia, Nova Guiné e Australia. Mide
de 23 a 27 cm e pesa entre 80 e 160 gramos.
58.
Tringa erythropus (biluricopatirrubio). Cría no norte de Escandinavia e no norte de Asia, e
pasa os invernos nas costas temperadas do oeste e do sur de Europa e en África e Asia
tropicais. Mide de 29 a 33 cm. En Galiza vese nos pasos.
59.
Tringa flavipes (biluricode patas amarelas pequeno). Cría nos claros ao pé de lagoas e
estanques das rexións boreais de Norteamérica e inverna nas costas do Golfo de México e
en América do Sur. Mide uns 27 cm.
60.
Tringa glareola (biluricopintado). Cría no norte de Europa e Asia e pasa os invernos no sur
de Europa e de Asia e en África. Mide 19 a 23 cm e pesa arredor de 55 gramos.
61.
Tringa guttifer. Críano leste de Siberia e pasa o inverno no surleste de Asia.
Mide de 29 a 32 cm
62.
Tringa incana (biluricode Alaska). Cría en zonas rochosas ao pé de regueiros de montaña do
norleste de Siberia, en Alaska eo noroeste de Canadá, e pasa o inverno nas costas rochosas
do Pacífico. Mide de 26 a 30 cm e pode pesar entre 60 e 150 gramos.
63.
Tringa melanoleuca (biluricode patas amarillas grande). Cría no sur de Alaska e ao longo
de todo o centro de Canadá e pasa o inverno desde as costas do Golfo de México ao sur de
Suramérica. Mide de 29 a 33 cm e pode pesar de 110 a 235 gramos.
64.
Tringa nebularia (biluricopativerde). Cría no norte de Europa e pasa o inverno no sur
de Europa e en África. Mide de 30 a 33 cm e pode pesar entre 155 e 210 gramos. É
invernante, pouco común, en Galiza.
65.
Tringa ochropus (biluricode ás negras). Cría no norte de Europa e Asia e pasa o inverno
no sur de Europa e de Asia, e en África. Mide entre 24 e 26 cm. En Galiza vese nos
pasos e como invernante escaso.
66.
Tringa semipalmata. Críaen Norteamérica e inverna en América Central e América do Sur.
Recoñécense 2 subespecies que teñen hábitats e lugares de desnvolvemento diferentes: T.
semipalmata inornata, subespecie occidental que se reproduce en pradeiras de marismas de
auga doce do oeste de Norteamérica, e inverna nas costas atlánticas, desde o sur dos EE. UU.
ata Brasil, e nas do Pacífico desde o sur de Oregón ata Chile; e T. semipalmata semipalmata,
subespecie oriental, que se reproduce nas marismas salinas costeiras desde Nova Escocia a
México e o Caribe, e pasa o inverno na costa do Atlántico de Sudamérica.
67.
Tringa solitaria. Críanos bosques de Alaska e de Canadá, e inverna en Centroamérica, no
Caribe, e en Sudamérica, na cunca do Amazonas. recoñécense 2 subespecies: T. s.
cinnamomea, que cría en Alaska e no oeste de Canadá; e T. s. solitaria, que cría dende o
lesta da Columbia Británica ata o Labrador. Mide de 18 a 23 cm e pesa de 31 a 65 gr.
68.
Tringa stagnatilis (biluricofino). Cría nas estepas herbáceas abertas e nas terras húmidas da
taiga do leste de Europa e de Asia Central, e pasa o inverno en África e na India. Mide de 22
a 26 cm e pesa de 45 a 120 gr.
69.
Tringa totanus (biluricocomún). Cría en latitudes medias e altas de Europa e Asia e pasa o
inverno nas costas do sur de Europa, en África e no sur de Asia. Mide de 24 a 27 cm de
longo. Recoñécense 6 subespecies: T. t. totanus; T. t. robusta, que cría en Islandia e nas illas Feroe; T. t.
ussuriensis, que cría no sur de Siberia, en Mongolia e no leste de Asia; T. t. terrignotae, que cría no sur de Manchuria
e no leste de China; T. t. craggi, que cría no noroeste da China; e T. t. eurhina, que cría no Tajikistán, no norte da
India e no Tibet. En Galiza é común como invernante.
70.
Tryngites subruficollis. Críana tundra do Ártico de América do Norte, e pasa o inverno
en Sudamérica, especialmente en Arxentina. Mide de 18 a 20 cm e pode pesar entre 50
e 110 gramos.
71.
Xenus cinereus. Críaen pantanos da zona boreal desde o norte de Europa ao leste de
Siberia e pasa o inverno en zonas de fango das costas tropicais do leste de África, o sur de
Asia e en Australia. Mide de 20 a 25 cm.
72.
Pluvialis apricaria (píllaradourada europea). Cría nos páramos e tundras do norte de
Europa e o oeste de Asia, e pasa o inverno no sur de Europa e no norte de África. Mide de
26 a 29 cm e pesa entre 150 e 220 gramos. Recoñécense 2 subespecies: Pluvialis apricaria
altifrons e Pluvialis apricaria apricaria. En Galiza é invernante común.
73.
Pluvialis fulva (pillaradourada siberiana). Cría na tundra do Ártico euroasiático e pasa o
inverno no sur e no surleste de Asia. Mide de 23 a 26 centímetros de longo.
74.
Pluvialis dominica (píllaradourada americana). Cría nas áreas máis secas da tundra ártica de
Canadá e Alaska, e inverna nas costas de América do Sur, na Patagonia arxentina.
75.
Pluvialis squatarola (píllaracincenta). Cría no norte de Europa e pasa os invernos no
suroeste de Europa e no oeste de África. Recoñécense 3 subespecies: Pluvialis squatarola
cynosurae; Pluvialis squatarola squatarola; e Pluvialis squatarola tomkovichi. En Galiza é
invernante moi común.
76.
Charadrius obscurus (píllaraescura). É nativa de Nova Celandia. Existen 2 subespecies: C. o.
obscurus, na illa do Sur, e C. o. aquilonius, na illa do Norte.
77.
Charadrius hiaticula (píllarareal). Cría no norte de Europa e Asia, en Groenlandia, no
norleste de Canadá, nas costas atlánticas europeas, ata os Países Baixos, e as illas Británicas;
e pasa o inverno pola costa atlántica de Europa, en gran parte da costa mediterránea e no
norte de África. Pode medir ata 19 cm e pesar entre 55 e 75 gramos. Coñécense 3
subespecies: Charadrius hiaticula hiaticula, Charadrius hiaticula psammodromus, e
Charadrius hiaticula tundrae. En Galiza é invernante común.
78.
Charadrius semipalmatus (píllarasemipalmada). Cría nas praias do norte de Canadá e de
Alaska, e pasa o inverno nas costas desde o sur dos Estados Unidos á Patagonia. Mide de 14
a 20 cm e pode pesar de 22 a 63 gramos.
Charadrius dubius (píllaraareeira). Atópase en Europa e Asia Menor e pasa o inverno en
África. Mide ata 15 cm. Recoñécense 3 subespecies: Charadrius dubius curonicus,
Charadrius dubius dubius, Charadrius dubius jerdoni.
81.
Charadrius wilsonia (píllarapicuda). Vive todo o ano nas costas subtropicais americanas
desde o surleste dos Estados Unidos ata o Brasil, incluidas as illas doCaribe. É pouco común.
Mide entre 16 e 20 centímetros de longo e pesa de 55 a 70 gramos. Recoñécense 5
subespecies: Charadrius wilsonia beldingi, Charadrius wilsonia brasiliensis, Charadrius
wilsonia cinnamominus, Charadrius wilsonia rufinucha, Charadrius wilsonia wilsonia.
82.
Charadrius vociferus (píllararabirrubia). Vive en terreos abertos de América. Recoñécense 3
subespecies:Charadrius vociferus peruvianus, Charadrius vociferus ternominatus, e
Charadrius vociferus vociferus.
83.
Charadrius melodus (píllaraasubiadora). Vive en Norteamérica. Mide de 15 a 19 cm e pesa
entre 42 e 64 gramos. Recoñécense 2 subespecies: C. m. circumcinctus, que cría no sur e no
centro de Canadá e no norte e no centro de USA., e C. m. melodus, que cría no leste de
Canadá e no nordeste de USA.
84.
Charadrius thoracicus (píllarade Madagascar). É endémica de Madagascar onde se atopa nas
costas areosas, nas marismas intermareais, nas saíñas e nas lagoas costeiras. Mide uns 13 cm
de longo e pesa arredor de 11 gr. É a píllara máis pequena do mundo.
85.
Charadrius pecuarius (píllarade Kittlitz). Vive en gran parte de África subsahariana, en
Madagascar e no delta do Nilo. Algunhas aves, especialmente das zonas costeiras, son
residentes mentras que outras son nómadas ou migradoras. Mide de 14 a 16 cm de longo.
86.
Charadrius sanctaehelenae (píllarade Santa Elena). É endémica da illa de Santa Elena no
Océano Atlántico Sur. Atópase en perigo crítico de extinción.
87.
Charadrius tricollaris (píllarade tres bandas). Atópase en ríos, lagos e lagoas de gran parte
do leste e do sur de África e en Madagascar. Mide uns 18 cm de longo.
88.
Charadrius forbesi (píllarade Forbes). Vive en ríos interiores e pantanos de gran parte do
oeste de África. Mide uns 20 cm de longo.
89.
Charadrius alexandrinus (píllarapapuda). Atópase nas praias desde o sur de Europa a
Xapón e nas costas temperadas e cálidas de América. Mide de 15 a 17 cm de longo.
Recoñécense 5 subespecies: C. a. alexandrinus, C. a. dealbatus, C. a. nivosus, C. a.
occidentalis, e C. a. seebohmi. En Galiza cría nalgunhas praias e vese tamén nos pasos.
Charadrius marginatus (píllaracareta). Atópase nas costas e nos grandes ríos e lagos de
gran parte de África ao sur do Sahara. Mide de 16 a 18 cm. recoñécense 4 subespecies
que varían no tono de cor do collar e do peito: C. arenaceus marginatus, do sur de
Mozambique ao suroeste do Cabo; C. marginatus marginatus, de Angola ao suroeste do
Cabo; C. marginatus mechowi, da costa de África desde o sur do Sáhara ao norte de
Angola, polo oeste, e a Mozambique polo leste; e C. marginatus tenellus, de Madagascar.
Charadrius peronii. Vivenas praias e saíñas do surleste de Asia. Mide uns 15 cm e pesa
entre 35 e 42 gramos.
94.
Charadrius pallidus. Éorixinario do sur de África. Mide arredor de 15 cm. Coñécense 2
variedades: a Charadrius pallidus, extendida pro case todo o territorio, e a C. p. venustus, que
só se atopa no Val do Rift en Kenia e Tanzania.
95.
Charadrius collaris. Atópaseao longo das costas e das ribeiras dos ríos de América
temperada e tropical, desde o centro de México ata Chile e Arxentina. mide uns 18 cm e
pesa arredor de 35 gramos.
96.
Charadrius alticola. Vivenas beiras do lagos de auga doce e pantanos salinos da Puna
entre o Perú, Bolivia, Arxentina e Chile.
97.
Charadrius bicinctus. Énativo de Australia e Nova Celandia. Recoñécense 2 subespecies:
Charadrius bicinctus bicinctus, que cría en Nova Celandia e nas illas Chatman, e Charadrius
bicinctus exilis, que cría nas illas Auckland.
98.
Charadrius falklandicus. Vivenas costas, nas beiras dos ríos e en ambientes salobres da
metade sur de Suramérica. Cría nas illas Malvinas e ao sur de Arxentina e Chile e migra ao
norte ata Uruguai e o sur do Brasil no inverno. Mide uns 16 cm de longo.
99.
Charadrius mongolus. Habitana zona dos Himalaias e pasa os invernos njas praias do
leste de África, do sur e do surleste de Asia. Existen 5 subespecies: C. m. mongolus, C. m.
stegmanni, C. m. atrifrons,C. m. pamirensis e C.m. schaeferi.
100.
Charadrius leschenaultii. Críanas zonas semidesérticas desde Turqía a Asia Central, e pasa
os invernos nas praias do sur de África, do sur de Asia e de Australasia. Existen 3
subespecies: C. l. leschenaultii, C. l. columbinus e C. l. scythicus.
101.
Charadrius asiaticus. Críaen estepas, zonas semidesérticas, e terreos salinos con escasa
vexetación de Asia occidental e central, e pasa o inverno en pasteiros e marismas do leste
e do sur de África.
102.
Charadrius veredus. Críaen Mongolia, o leste de Rusia e no norte de China e pasa o inverno
en Indonesia e no norte de Australia. Mide de 21 a 25 cm e pesa uns 95 gramos.
Charadrius modestus. Críano sur de Chile, na Patagonia arxentina e na illas Malvinas, e migra
ao norte no invierno chegando ao sur do Brasil. Atópase na costa e nas beiras dos ríos e lagos.
105.
Charadrius montanus ouCharadrius nivosus. Cría nas chairas altas do oeste de América do
Norte, e pasa o inverno en California e ao longo da fronteira entre EE. UU. e México. Mide
entre 20 e 24 cm e pesa arredor de 100 gramos.
106.
Thinornis rubricollis. Éendémico do sur de Australia e de Tasmania donde vive nas praias e
nas lagoas do sublitoral. Atópase en perigo de extinción. Mide entre 19 e 23 cm de longo. Hai
2 subespecies recoñecidas: T. r. rubricollis, do sur de Australia, Tasmania e illas próximas. Hai
uns 3.000; e T. r. tregellasi, das costas e lagos interiores do oeste de Australia e algúns puntos
del sur. Existen uns 4.000 exemplares.
107.
Thinornis novaeseelandiae. Sóconta cunha poboación mundial de arredor de 200 aves. Nas
illas Chatman. Mide uns 20 cm e pesa arredor de 60 gramos.
108.
Elseyornis melanops. Atópasenos humedais, lagos e lagoas, incluso temporais, da maior
parte de Australia e en Nova Celandia.
109.
Peltohyas australis. Éendémico das zonas áridas do sur e do centro de Australia. Mide de
19 a 23 cm e pesa uns 80 gramos.
110.
Anarhynchus frontalis (píllarado peteiro torto). É endémico de Nova Celandia.
Recoñécese porque ten o peteiro dobrado cara á dereita.
Oreopholus ruficollis. Críanas terras secas e pasteiros dos Andes, en Arxentina, Chile,
Bolivia e o Peru; e pasa os invernos nas costas.. Mide entre 25 e 28 cm.
113.
Mi madriña oque aquí vai…
e o que me queda por buscar
As imaxes fotográficas foron collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen
delas.