Chamaron a atención de Roque unhas aves que se movían de aquí para alá pola beira da auga e de aquelo xurdeu outro longo traballo para coñecelas e traérnolas a ver.
Coenocorypha aucklandica. Éndémicadas illas subantárticas de Nova Celandia. Mide uns
23 cm de lonxitude e pesa arredor duns 100 gr. É unha ave mansa que case nunca voa.
Recoñécense 3 subespecies: C. a. aucklandica,das islas Auckland, C. a. meinertzhagenae,
das Illas Antípodas, e C. a. perseverancia,da illa Campbell.
Gallinago solitaria (becacinasolitaria) Vive nas lagoas e lameiros de alta montaña do leste
de Rusia e do leste e centro de Asia. Algunhas aves son sedentarias e otras son migratorias
e invernan ao sur da área de cría ou no leste de Asia. Mide de 29 a 31 cm de longo.
Recoñécense 2 subespecies: G. s. solitaria, que está moi extendida, e G. s. japonica, que
pasa o invierno no Xapón.
6.
Gallinago hardwickii (becacinaxaponesa). Vive e cría en pradeiras, pasteiros e terras
de cultivo das illas do leste de Siberia e na metade norte do Xapón, e pasa o inverno nos
humidais do surleste de Asia e as illas da zona , en Australia e Nova Celandia.
7.
Gallinago nemoricola (becacina do Himalaia). Cría nos prados alpinos dos Himalaias, no
norte da India, Nepal, Bután e o sur de China; e pasa o inverno en zonas máis baixas e ao sur
da área de cría. Mide de 28 a 32 cm de lonxitude.
8.
Gallinago stenura. Críanos pantanos e na tundra do norte de Rusia e pasa o inverno no
sur da India e o surleste de Asia. Mide de 25 a 27 cm.
9.
Gallinago megala (becacinado Baikal). Cría en pradeiras do centro e do sur de Siberia e
Mongolia e pasa os invernos en humidais do leste e o sur da India, Sri Lanka e o surleste
Asiático. Mide de 27 a 29 cm e pesa uns 120 gr.
10.
Gallinago nigripennis (becacinacomún de Etiopía ou becacina africana). Cría nos
páramos húmidos de montaña do leste e do sur de África e inverna en zonas baixas da
mesma área. Mide de 30 a 32 cm. recoñécense 3 subespecies: G. n. aequatorialis, que se
atopa desde Etiopía ata o leste da RD do Congo e de Zimbabwe e o norte de
Mozambique; G. n. angolensis, desde Angola e o norte de Namibia a Zambia e o oeste
de Zimbabwe; e G. n. nigripennis, do sur de Mozambique e en Sudáfrica.
Gallinago media (becacinareal). Cría nos humidais e praderas húmidas do norte de Europa e
do noroeste de Asia e pasa o inverno en África, ao sur do Sahara. Mide entre 26 e 30 cm.
13.
Gallinago delicata (becacinaamericana). Cría en esteiros, pantanos, a tundra e
pradeiras húmidas de Canadá e do norte dos Estados Unidose inverna ao sur dos
Estados Unidos e no norte de América do Sur. Mide de 23 a 28 cm de lonxitude.
14.
Gallinago gallinago (becacinacabra). Cría en humidais da metade norte de Europa e no
oeste de Asia e pasa o inverno no sur de Europa, no suroeste de Asia e en África. Mide de
25 a 27 cm e pesa de 150 a 180 gr. Coñécense 2 subespecies: Gallinago gallinago
gallinago, de Europa e Asia, e Gallinago gallinago faeroeensis, de Islândia, Ilas Feroe, e
illas Shetland. En Galiza vese como invernante.
15.
Gallinago paraguaiae (becacinasuramericana). Cría na maior parte de Sudamérica menos
na costa do Océano Pacífico e no leste do Brasil. Mide de 27 a 29 cm e pesa de 110 a 115
gr. Coñécense 2 subespecies: G. p. paraguaiae, que vive nas zonas cálidas, é sedentaria; e
G. p. magellanicae, que se reproduce no sur e no centro de Argentina e no centro de
Chile, migra cara ao norte.
16.
Gallinago andina (becacinada puna). Cría nos humidais de montaña do sur do Ecuador, do
Perú, de Bolivia e do norte de Arxentina e de Chile e no inverno migra a zonas de menor
altitude. Mide entre 30 e 32 cm.
17.
Gallinago nobilis (becacinaou caica de páramo). Vive en zonas de auga doce de
Colombia, Ecuador, Perú e a República Bolivariana de Venezuela. Mide de 30 a 32 cm.
18.
Gallinago undulata (becasina xigante). Habita en pastos altos e pantanos de América do
sur. Mide de 40 a 45 cm de lonxitude. Recoñécense 2 subespecies: G. u. undulata, de
Colombia, Venezuela, o norte de Brasil e as Guayanas; e G. u. gigantea, do leste de Bolivia,
Paraguay, sureste de Brasil, Uruguay e o norleste de Arxentina.
19.
Gallinago stricklandii (becacinafueguina). Cría en zonas pantanosas baixas do extremo
sur de Sudamérica e desplázase cara ao norte no inverno. Mide de 35 a 36 cm.
20.
Gallinago jamesoni (becasinaandina). Vive en áreas húmidas e pantanosas dos páramos
de altura dos Andes de Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela. Mide uns 28 cm de
lonxitude e pesa arredor de 165 gr.
21.
Gallinago imperialis (becasinaimperial ou caica imperial). Vive en zonas pantanosas e
humidais do leste dos Andes de Colombia, Ecuador e o Perú. Mide arredor de 30 cm.
22.
Lymnocryptes minimus (becacinaxorda). Cría en pantanos e turberas da tundra e pradeiras
húmidas do norte de Europa e do norte de Rusia, e pasa o inverno en Gran Bretaña, nas
costas do Atlántico e do Mediterráneo de Europa e África e na India. Mide de 18 a 25 cm e
pesa de 33 a 73 gr. En Galiza é invernante escasa.
23.
Scolopax rusticola (arceaou becada). Vive nos bosques de zonas temperadas e frías de
Europa e Asia, e inverna no sur de Europa, en África, e no sur e no surleste de Asia. Mide de
30 a 36 centímetros e pesa entre 300 e 350 gramos. Ten hábitos estrictamente
crepusculares. É invernante en Galiza, aínda que pouco común.
24.
Scolopax mira (arceade Amami). So se atopa nos bosques de dúas pequenas illas do sur
de Xapón. É un pouco máis grande que a arcea común.
Scolopax celebensis (arceade Sulawesi). É endémica das selvas montanas de Sulawesi
(Indonesia). Recoñécense 2 subespecies: S. c. heinrichi, do norleste deSulawesi, e S. c.
celebensis, do centro de Sulawesi.
29.
Scolopax rochussenii (arceadas Molucas). É endémica das Illas Obi e Bacan, nas illas
Molucas septentrionales (Indonesia). Foi redescuberta hai poucos anos.
30.
Scolopax minor (arceaamericana). Atópase por toda América do Norte. Mide de 25 a
30 cm e pesa de 140 a 230 gramos.
31.
Burhinus oedicnemus (pernileiro).Cría en espazos abertos do sur de Europa, norte de
África e sudoeste de Asia, e pasa os invernos en latitudes máis meridionais de África e de
Asia. Mide uns 40 cm de longo. Recoñécense varias subespecies. Cría en localidades da
Galiza máis seca.
Burhinus superciliaris. Viveen zonas áridas e abertas da costa do Perú, aínda que tamén se
ve en Ecuador e Chile. Mide uns 40 cm.
37.
Burhinus grallarius. Nativode Australia. Pódese atopar desde a costa de Australia
Occidental ata Tasmania. Mide de 54 a 59 cm epode pesar entre 625 e 670 gramos.
38.
Esacus recurvirostris. Viveno sur de Asia. desde a India, Pakistán e Sri Lanka ata o surleste
asiático. Micde entre 49 e 55 cm.
39.
Esacus magnirostris. Atópaseen Australia e nas illas do surleste asiático. Mide uns 55 cm
de longo e pesa arredor de 1 kg.
40.
Himantopus himantopus (patuda).É bastante
común nas zonas pantanosas do oeste de Europa e
do Mediterráneo; do centro, sur e surleste de Asia;
e de África subsahariana e Madagascar. As
poboacións das latitudes máis frías migran a zonas
cálidas no inverno. Miden de 33 a 36 cm.
Recoñécense varias subespecies.
41.
Himantopus mexicanus (patudade pescozo negro).Atópase desde o sur de Norteamérica
ata o norte do Perú e o norleste do Brasil, incluíndo América central e as illas do Caribe. As
poboacións do norte migran ao sur no injverno.
42.
Himantopus melanurus. Atópaseen América do Sur, desde o Perú ao centro de Chile e do
sur da Arxentina ao surleste do Brasil.
Himantopus novaezelandiae (patudanegra). É endémica de Nova Celandia. En febreiro
de 2010 a poboación desta especie en estado silvestre era só de 85 aves adultas.
Recurvirostra avosetta (avocetacomún). Cería en lagos pouco profundos de augas salobres
e fondos de fango e esteiros da Europa temperada e de Asia Central, pasa os invernos en
zonas de clima suave do sur de Europa, en África e no sur de Asia. Mide de 42 a 45 cm.
48.
Recurvirostra americana. Críaen lagos, lagoas e pantanos, pouco profundos do medio-
oeste e na costa do Pacífico de América do Norte, e pasa o inverno nas costas do sur dos
Estados Unidos e de México. Mide de 40 a 50 cm de longo e pesa entre 275 e 420 gramos.
49.
Recurvirostra novaehollandiae. Éendémica de Australia onde vive arredor de lagos e
lagoas pouco fondas con pisos de barro. Mide aproximadamente 45 centímetros.
50.
Recurvirostra andina. Vivenas lagoas pouco fondas da puna andina, de entre 3.000 e
4.000 m de altitude, de Arxentina, Chile, Bolivia e o Perú. Mide de 43 a 48 cm e pode
pesar de 315 a 410 g.
51.
Ibidorhyncha struthersii. Vivenas ribeiras de pelouros das augas correntes das mesetas
altas de Asia Central e do Himalaia.
52.
Haematopus ostralegus (gabitacomún). Atópase desde o oeste de Europaata a costa leste
de Siberia, corea e o norte da China. Mide de 40 a 45 cm de longo. Hay tres subespecies: H.
o. ostralegus, que cría no en Europa; H. o. longipes,de Rusia e Asia central; e H. o osculans,
que se atopa nas áreas próximas a costa do Pacífico. En Galiza é invernante habitual, e
común nos pasos.
53.
Haematopus palliatus (gabitacomún americana). Vive en praias do Pacífico, desde América
do Sur aMéxico, e nas costas do Atlantico dos EE. UU.. recoñécense 2 subespecies: H. p.
palliatus, das costas do continente, e H. p. galapagensis, das illas Galápagos.
54.
Haematopus bachmani (gabitanegra norteamericana). Vive na costa occidental de
Norteamérica, desde Alaska á Baixa California, en México.
55.
Haematopus moquini (gabitanegra africana). É autóctona das costas de Namibias e de
Sudafrica. Mide de 42 a 45 cm e pesa entre 665 e 730 gr.
56.
Haematopus unicolor (gabita variable ou de Nova Celandia). É endémica de Nova Celandia.
Pesa entre 600 e 700 gr. Presenta variables xenéticas que influen na cor dos individuos.
57.
Haematopus leucopodus (gabitaaustral). Vive nas costas mariñas e nas lagoas da
Patagonia e nas illas austrais de América do Sur.
Haematopus finschi (gabitade Finsch). É endémico de Nova Celandia. Cría no interior
da Illa do Sur e pasa o inverno nos esteiros e nas praias da Illa do Norte. Mide uns 46 cm
de longo e peas arredor de 550 g.
Erythrogonys cinctus. Nativode Australia e Nova Guiné. Mide de 17 a 20 cm de longo e
pode pesar entre 40 e 55 gramos.
63.
Vanellus vanellus (avefríaeuropea) Atópase, en terreos abertos con vexetación curta e
preto de humidais e lagoas de latitudes medias, desde o oeste de Europa, por Asia
Central, ata o norte de China e o Xapón. Mide de 28 a 31 cm e pode pesar de 250 a 330
gramos. en Galiza é invernante habitual e aniña ocasionalmente.
Vanellus chilensis (tero).Nativo de América do Sur, onde é común. Mide de 30 a 35 cm
de longo. Recoñécense 4 subespecies: V. c. cayennensis,habita desde Brasil para o norte;
V. c. chilensis, habita en Chile e no oeste e o sur de Arxentina;. V. c. fretensis, habita no
sur de Chile e de Arxentina; e V. c. lampronotus, habita nas chairas do río da Plata, en
Arxentina, Uruguai, Paraguai, o surleste de Bolivia, e o centro e o sur do Brasil.
66.
Vanellus cinereus (avefríade cabeza gris). Reprodúcese en pasteiros húmidos, campos de
arroz e beiras de marismas do norleste de China, e no Xapón e pasa o inverno no surleste
de Asia, entre a India e Camboia. A poboación xaponesa inverna nas illas do sur do Xapón.
Mide de 34 a 37 cm de longo.
67.
Vanellus coronatus (avefríacoroada). Atópase en moitos territorios de África, desde a
costa do Mar Vermello ata o sur e o suroeste.
68.
Vanellus crassirostris (avefríade peteiro vermello). Vive en África central e meridional.
Hai 2 subespecies: V. c. crassirostris V. c. leucopterus.
69.
Vanellus duvaucelii (avefríafluvial). Atópase nas beiras dos ríos do surleste asiático, desde
a India ata Vietnam.
70.
Vanellus indicus (Avefríaindia). Vive no sur e no oeste de Asia, desde o golfo Pérsico
(Irak ) e toda a India ata o Nepal. Mide uns 35 cm.
71.
Vanellus miles (avefríamilitar). É endémica de Australia. Mide uns 35 cm e pesa ata 370
gramos. Recoñécense 2 subespecies: Vanellus miles miles e Vanellus miles novaehollandiae.
Vanellus melanopterus (avefríade ás negras). Vive no herbeiros húmidos de zonas
elevadas do leste e do sur de África. Recoñécense 2 subespecies: V. m. melanopterus,
das montañas de Etiopía e do norte e centro de Kenia; e V. m. minor, dos montes
achegados á costa leste de Sudáfrica.
79.
Vanellus senegallus (avefríado Senegal). Atópase por toda África ao sur do Sahara anon
ser nas selvas húmidas e nos desertos.
Vanellus macropterus (avefríade Xava). É endémica das marismas e os deltas dos ríos
de Xava. Mide entre 27 e 29 cm de longo. Atópase en perigo crítico de extinción.
83.
Vanellus gregarius (avefríagregaria). Cría en Rusia e Kazajistán, e pasa o inverno no
norleste de África, no Oriente Medio e no sur de Asia. Mide uns 30 cm. Atópase en perigo
crítico. Quedan menos de 10.000.
84.
Vanellus leucurus (avefríade rabo branco). Cría en pantanos interiores de Irak, Irán e o
sur de Rusia. As que viven máis ao norte pasan o inverno na India, Oriente Medio e o
norleste de África.
Vanellus resplendens (avefríaandina ou tero serrano). Atópase en diversos ecosistemas
tropicais e subtropicais andinos desde Colombia ata Arxentina.
87.
Prosobonia cancellata. Éendémica das praias e zonas de mato das illas de Tuamotu na
Polinesia Francesa. Mide uns 17 cm de lonxitude. Atópase en perigo de extinción.
88.
Prosobonia parvirostris. Éendémica das Illas Tuamotu da Polinesia Francesa. Mide de 15 a
16 cm de longo.
89.
Attagis gayi. Vivenos Andes ao sur do Ecuador. Mide entre 27 e 32 cm e pesa de 300 a 400
gramos. recoñécense 3 subespecies : A.g. gayi, de Chile e a Patagonia, coas partes inferiores
de cor vermella pálida e o lombo de cor marrón rubio; A.g. latreillii, do Ecuador, máis
castaño por debaixo e máis escuro por enriba; e A.g. simonsi, do Perú, Bolivia e o noroeste
de Arxentina, de apariencia intermedia entre as anteriores.
90.
Attagis malouinus. Viveno sur de Chile e da Arxentina, nas montañas no verán e nas
estepas no inverno.
91.
Thinocorus orbignyianus. Viveen herbeiros e pantanos de regións temperadas e de
altiplanos tropicais e subtropicais da Arxentina, Bolivia, Chile e Perú. Mide entre 20 e 23
cm. Recoñécense varias subespecies.
92.
Thinocorus rumicivorus. Vivenas pradeiras e nas terras de pastoreo de altura das áreas
tropicis e subtropicais de Arxentina, Bolivia, Chile, Perú e zonas próximas de paises
fronteiros. Mide de 18 a 19 cm de longo. Recoñécense varias subespecies: T. r.
rumicivorus, da Patagonia do sur de Argentina y Chile; T. r. cuneicauda, do litoral árido
do Perú; T. r. pallidus, do litoral árido do noroeste do Perú e do suroeste do Ecuador; e
T. r. bolivianus, do altiplano do sur do Perú, o norte de Chile e o noroeste da Arxentina.
93.
Pedionomus torquatus. Éendémico do surleste de Australia, pasteiros de Nova Gales do
Sur. Mide de 15 a 19 cm. Atópase en perigo de extinción.
94.
Chionis alba (pombaantártica).
Vive nas costas rochosas das illas
e terras subantárticas de América
do Sur e na Península Antártica.
Mide de 38 a 41 cm de longo.
95.
Chionis minor (pombaantártica de cara negra). Só se atopa nas illas subantárticas do sur
do océano Índico. Mide de 38 a 41 cm de lonxitude e pesa de 460 a 730 g. Ten 2
subespecies: C. m. nasicornis, é endémica da illa Heard e C. m. marionesis, é endémica
das illas do Príncipe Eduardo.
Entre as avesdos xéneros que van a continuación as
femias, máis grandes e coreadas, defenden o territorio e os
machos chocan os ovos e coidan das crías.
98.
Phalaropus fulicarius (falaropocincento). Cría nas zonas árticas de Europa, Asia e América e
pasa o inverno nos mares tropicais. Mide uns 20 cm de longo.
99.
Phalaropus lobatus (falaropomouro). Cría na tundra ártica e pasa o inverno nas costas
tropicais. Mide de 17 a 19 cm de lonxitude.
100.
Phalaropus tricolor (falaropode Wilson). Cría nas pradeiras do oeste de Canadá e dos EE.
UU., e pasa o inverno nos Andes centrais. Mide uns 23 cm de longo.
101.
Rostratula australis. Éendémica de Australia onde vive en humidais de agua doce
pouco profundos con cuberta vexetal abundante. Mide de 24 a 30 cm e pode pesar
entre 125 e 130 g.
102.
Rostratula benghalensis. Viveen pantanos e marismas rodeadas de vexetación de
África,a India, Pakistán e o surleste de Asia. Mide de 23 a 26 cm.
103.
Nycticryphes semicollaris. Viveen chairas e pasteiros encharcados en zonas
baixas de Arxentina, Brasil, Chile, Paraguai e Uruguai. Mide de 19 a 23 cm e
pesa entre 65 e 85 gramos.
Actophilornis africana. Habitatodo tipo de lagoas e lagos interiores, zonas pantanosas e
marxes de ríos con vexetación acuática abundante, de África, ao sur do Sahara. Mide de
25 a 30 cm e pode pesar de 130 a 250 gramos.
Irediparra gallinacea. Vivenas extensións de auga doce con vexetación acuática
flotante das illas do surleste de Asia entre as Filipinas e o norleste de Australia. Mide de
20 a 27 cm e pesa entre 85 e 140 gramos.
108.
Hydrophasianus chirurgus. Críana India e no surleste de Asia. Mide de 39 a 58 cm de
longo, uns 25 cm son de rabo, e poden pesar entre 110 e 135 gramos, os machos, e de
205 a 260 gramos, as femias.
Jacana spinosa. Vive,en lagos pouco fondos con vexetación flotante, desde as costas do
oeste de México ata Panamá, nas illas do norte do Caribe e, ocasionalmente, no sur dos
EE. UU.. Mide de 17 a 23 cm de longo. Recoñécense 3 subespecies: J. s. gymnostoma, de
Méxicoe a illa Cozumel ; J. s. spinosa, de Belice, Guatemala e ata u oeste de Panamá; e J. s.
violacea, de Cuba, e as illas da Xuventude, Jamaica e a Española.
111.
Jacana jacana. Viveen América do sur desde Panamá á Arxentina. Mide de 17 a 25 cm de
longo e pode pesar entre 90 e 150 gramos, os machos son os máis pequenos. Coñécense
varias subespecies: J. j. hypomelaena, de Panamá e de Colombia ; J. j. scapularis, do
Ecuador; J. j. peruviana, do Perú e de Chile; J. j. jacana, do Brasil e o norte de Sudamérica.
As imaxes fotográficasforon collidas da “internet”, e os datos de fontes diversas.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo saiban disculpar o uso que fixen
delas.
Mon Daporta.
E ata aquí…
o que a historia dou de si.