Ademais de entre6 e 10.000.000
de especies de insectos, 10.100
especies de aves e 1.100 especies
de morcegos; tamén fan longos
desplazamentos polo aire 43
especies de esquíos, varios
animais semellantes (petauros,
petauroide, colugos…) máis de 130
especies de rans, 29 especies de
lagartos, 6 gecos, polo menos 5
especies de serpes, máis de 70
especies de peixes, un molusco (a
lura voadora)…
3.
Desta volta xunteia algúns representantes destes
grupos menos coñecidos para que os vexades.
4.
Esquíos voadores. Coñecense43 especies.
En realidade fan longos planeos, algúns de máis de 100 m de distancia, ao lanzárense
desde puntos altos.
Extenden as extremidades para despregar as membranas que teñen entre elas e deste
xeito mantéñense no aire gracias á forza de sustentación, que reduce a velocidade de
caída. Usan o rabo para dirixiren o planeo e para frear.
5.
Petauro ou falanxeirodo zucre (Petaurus breviceps). Mide entre 13 e 18 cm, máis outro
tanto de rabo, pesa entre 100 e 150 gr e pode vivir entre 10 e 12 anos. É de costumes
nocturnos e críase como animal de compañía. Vive en Australia, Nova Guiné e algunhas
illas menores próximas a elas. Coñécense 6 subespecies. Planea igual que os esquíos.
6.
Planeador grande
(Petauroides volans).Mide uns
40 cm, máis un rabo de 50 cm,
e pesa 1,5 kg. Vive nos
bosques de eucaliptos do leste
de Australia. Tamén realiza
longos planeos grazas á
membrana que ten entre as
extremidades.
7.
Lémur voador deFilipinas (Cynocephalus volans). Mide entre 77 e 95 cm, rabo incluído, e
pesa de 1 a 1,7 kg. É endémico das illas do sur das Filipinas. Aos cinocéfalos a membrana
que lles permite planear exténdeselle desde o pescozo ata a punta do rabo.
8.
Lemur de Malasia,galeopiteco,
kaguang ou colugo (Galeopterus
variegatus). Mide de 36 a 43 cm,
máis un rabo de 22 a 27 cm, e pesa
entre 1000 e 1750 gr. Vive nas selvas
do surleste de Asia.
Femia
transportando a
unha cría
9.
Dragóns voadores (Draco…).Miden de 20 a 26 centímetros de longo, incluído o rabo.
Coñécense 42 especies que viven nos bosques tropicais do surleste de Asia continental,
o Arquipélago Malaio e Filipinas. Poden realizar planeos, algúns de máis de 50 m, grazas
a que entre as costelas, longas e que poden extender, teñen unha membrana coa que
forman un "planeador".
10.
Dragón voador (Dracovolans) mide de 19
a 23 cm. Vive nos bosques tropicais do
surleste de Asia, desde a India a Borneo e
Filipinas.
11.
Gecos voadores (xéneroPtychozoon). Miden
de 16 a 18 cm. Teñen membranas
interdixitais, prolongacións membranosas nos
costados e rabos aplanados que lle permiten
facer planeos. Coñécense 6 especies que
viven en bosques do continente e illas do
surleste asiático.
12.
Geco de Kuhl(Ptychozoon kuhli). É un
dos máis coñecidos porque se cría como
animal de compañía.
13.
Serpes voadoras (Chrysopelea…).Viven nos bosques entre o oeste da India e o
Arquipélago Indonesico. Hay cinco especies recoñecidas. As especies máis pequenas
miden uns 60 cm e as especies máis grandes 1,2 m. Planean lanzándose desde unha
ponla alta, extenden as costelas, toman unha forma aplastada e cóncava pola parte
de abaixo, co que aumentan a superficie de apoio e a resistencia no aire. Poden
controlar a dirección do voo ondeando o corpo.
14.
Chrysopelea paradisi. Moi
apreciadacomo mascota
polas súas chamativas cores ,
pero tamén as hai só verdes.
Está considerada unha das
mellores voadoras.
15.
Ras voadoras. Aproveitano aumento de superficie que lle proporcionan distintas
partes do corpo, maiormente as membranas interdixitais, para realizaren planeos
máis ou menos longos. Son de vida arborícola e atópanse en bosques húmidos e
cálidos das rexións tropicais de Asia, África e América.
16.
Xénero Rhacophorus. Estáformado por máis de
80 especies que viven nas árbores das rexións
tropicais de Asia e África. Os tamaños oscilan
entre 1,5 cm das máis pequenas e os 12cm das
máis grandes.
Lánzanse ao aire, extenden as patas e abren os
longos dedos, entre os que teñen membranas
que actuan como paracaídas ou ás de planeo.
17.
Ra arborícola deHelen (Rhacophorus
helenae). Mide de 7 a 9 cm. Foi
descuberta no 2009.
Rhacophorus pardalis).
Mide de 4 a 7 cm
18.
Xénero (Polypedates). Está
formadopor 23 especies
que vien no surleste de Asia.
Fan planeos, grazas ao seu
pouco peso, extendendo as
longas patas. Conseguen
desplazamentos curtos, pero
controlan a dirección e a
velocidade.
19.
Ra voadora daIndia (Polypedates
maculatus). Mide entre 7 e 8 cm.
(Polypedates macrotis). Chega aos 12 cm.
20.
Xénero Ecnomiohyla. Rasvoadoras
americanas. Está formado por 12 especies que
viven nos bosques de Centroamérica, desde o
sur de México a Colombia. Teñen
prolongacións dérmicas nas patas e aos lados
do corpo, e membranas interdixitais que fan o
corpo máis plano e ofrecen resistencia ao aire.
21.
Ecnomiohyla rabborum. Mide
entre6 e 9 cm. Foi descuberta no
2005 nos bosques de Panamá.
Ecnomiohyla fimbrimembra.
Atópase nos bosques de
Costa Rica ePanamá.
22.
Exocétidos ou peixesvoadores (Exocoetidae). Son una familia de peixes de mar con preto de
70 especies agrupadas en 7 xéneros. Miden arredor de30 cm. Viven nas augas mornas
(tropicais e subtropicais) de todos os océanos.
O tamaño das aletas do peito, inusualmente grandes, permítelle voar e planear, manténdose
no aire máis de 10 segundos, e percorrer distancias de máis de 100 metros a velocidades de
entre 30 e 50 km/h; para conseguílo impúlsanse co rabo debaixo da auga e no aire baten a
aletas do peito unhas 50 veces por segundo.
23.
Peixe voador mediterráneo(Cheilopogon heterurus). Mide uns 15
cm. Vive en augas tropicais e temperadas do Atlántico norte (desde
Noruega a Marrocos) e no oeste do Mediterráneo.
Xénero Cheilopogon. Coñécense 29
especies e 5 subespecies.
24.
Voador bonito ouvoador pequeno (Cypselurus callopterus). Mide uns 20 cm. Vive pola
costa do océano Pacífico, desde México a Ecuador.
Xénero Cypselurus. 10 especies
25.
Peixe voador común(Exocoetus
volitans). Mide uns 20 cm.
Xénero Exocoetus. Son os
peixes voadores típicos. Viven
en todos os océanos. Miden
entre 20 e 30 cm. Existen cinco
especies.
Xénero Hirundichthys. Atópanseen augas superficiais de todos os océanos, no mar
Mediterráneo e no Caribe. Miden entre 18 e 30 cm. Existen 8 especies
Hirundichthys affinis
Myliobatidae Xénero Mobula.
Peixesdemo ou mantarraias
voadoras. Existen 10 especies.
Impúlsanse pola auga coas ás e
seguen aleando mentras se
desplazan polo aire onde chegan
a 2 ou 3 m de altura, pero
percorren distancias moi curtas.
31.
Lura voadora doPacífico, lura voadora
xaponesa ou pota voadora (Todarodes
pacificus). O manto (corpo) pode medir
ata 50 cm e pode pesar 500 gr. Vive no
norte do Océano Pacífico, preto da costa,
dende o Xapón a Canadá. Pode cubrir
distancias de ata 30 m. Impúlsase
expulsando auga a presión polo sifón e
mantense no aire despregando as aletas
do manto e os tentáculos.
32.
Tamén se desplazanpolo aire,
colgándose de longos fíos de seda,
algunhas arañas, sobre todo nas
etapas xuvenís. Suben a un alto,
expulsan chorros de seda para
faceren un fío, que se mantén no aire
pola forza do vento, e cando ten o
longo suficiente sóltanse e deixanse
arrastrar por el.
33.
E existen polomenos cinco xéneros de formigas que viven nas árbores que teñen
capacidade para controlar a dirección do descenso cando caen, para evitar perderse. Só o
xénero Cephalotes conta con máis de 120 especies.
Formiga planadora. Esta especie conta con prolongacións planas aos lados do corpo para reducir a
velocidade de caída e controla a dirección dos planeos con movementos do abdome.
34.
E ata aquí…
oque a cousa deu de si.
Deixei as especies atrás
para non facelo moi longo,
pero pódense atopar…
Traballo para os curiosos.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradezolle aos autores a
súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
COUSIÑASFEITASNACASA