Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. O espazo inclúe o curso do río Castro desde a estrada de Berdoias a Muxía ata preto da súa desembocadura, onde conecta co LIC Costa da Morte. CONCELLOS: Vimianzo, Muxía, Dumbría e Cee.
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática das aves. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)monadela
Unha presentacións inspirada nunha escolma de poemas de Manuel María coa temática do río Miño. Unha pequena homenaxe no ano en que se lle dedica o Día das Letras Galegas.
The ancient Olympics differed from the modern games in several key ways. Only free Greek men could compete, and the games were always held in Olympia rather than moving to different locations. Initially a one-day event, the Olympics grew to five days. Like today, winning athletes brought fame to their home cities. The ancient games were part of a religious festival honoring Zeus, with sacrifices and prayers for victory. Running, jumping, throwing, wrestling, boxing and chariot racing events were held. Only men competed, though women could own chariot teams. The Olympics were a major event that brought Greeks together and celebrated athletic skill.
Mendel e a herdanza. De que están feitos os xene e onde se localizan. Como transmite a información o ADN. Enxenería xenética aplicacións e debate ético.
O concello de Vimianzo está situado, na súa maior parte, no núcleo do Val de Soneira -o val do río Grande-. Conta con dous pequenos tramos de litoral, na costa ao mar aberto e no interior da Ría de Camariñas. Está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
A ría de Corme e Laxe está situada na Costa da Morte. Ábrese entre as puntas do Roncudo (ao norte) e Laxe (ao sur), na saída ao mar do río Anllóns. Nesta ría pódense distinguir dúas áreas diferenciadas: o interior, formado polo esteiro do Anllóns, protexido da forza do mar por unha barra de area de 2 km; e o resto do espazo, máis aberto, rochoso e recortado con algunhas zonas abrigadas nas que hai praias. As vilas máis importantes son Corme, Ponteceso e Laxe. Está protexida no LIC/ZEC “Río Anllóns” e “Costa da Morte” e na ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Ponteceso está situado na marxe dereita da ría de Corme e Laxe e na costa de mar aberto, entre as puntas do Roncudo e Queimada. Os principais núcleos de poboación son Ponteceso e Corme. Acolle áreas de grande valor paisaxístico e biolóxico asociados ás costas e ao río. Está protexida nos LICs/ZECs “Costa da Morte” e “Río Anllóns” e na ZEPA “Espazo Mariño da Costa da Morte”.
O concello de Laxe está situado no corazón da Costa da Morte, entre a ría de Corme e Laxe e o litoral de mar aberto. Ten unha costa moi diversa na que se alternan grandes areais e marismas, ría, enseadas, cabos, illotes, furnas... con tramos expostos e protexidos, zonas baixas e elevados cantís. É dun grande interese paisaxístico, xeolóxico e biolóxico. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte” e na Paisaxe Protexida “Penedos de Traba e Pasarela”.
O concello de Camariñas está situado no centro da Costa da Morte. Ten unha parte de costa moi exposta polo norte e o oeste e outra parte protexida, dentro da ría, polo sur. Acolle importantes áreas de interese paisaxístico, xeolóxico, ecolóxico e cultural. Está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”,no Sitio Natural de Interese Nacional “Cabo Vilán” e no Lugar de Interese Xeolóxico “Praia do Trece”.
CABANA DE BERGANTIÑOS está situado no fondo e na banda sur da ría de Corme e Laxe, onde ten un amplo tramo de litoral, en parte protexido nos LICs/ZECs “Río Anllóns” e “Costa da Morte”.
O concello de Malpica de Bergantiños forma parte do tramo de litoral coñecido como Costa da Morte, unha sucesión de cantís abruptos entre os que se atopan algunhas praias e que inclúe as illas Sisargas.
Acolle importantes valores naturais e culturais. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Carballo forma da parte da Costa da Morte, unha costa exposta aberta ao océano e moi diversa, na que se alternan grandes areais e marismas, enseadas cabos, illas... con zonas baixas e elevados cantís. Parte do litoral está protexido no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de Arteixo atópase na fachada atlántica, no comezo do tramo de costa coñecido como “A Costa da Morte”. Nos seus 19 km de costa atópanse cantís de distintas alturas, esteiros, coídos e extensos areais. É unha costa dun grande valor ecolóxico, paisaxístico e xeolóxico, cunha importante actividade industrial e turística. Unha parte está protexida no LIC/ZEC e ZEPA “Costa da Morte”.
O concello de A Laracha ten unha única parroquia que da ao mar, Caión. Está situada na Costa da Morte e ten un litoral que alterna cantís e areais de grande valor paisaxístico e biolóxico.
A costa comprendida entre a Punta de Mera e Torella é un espazo de mar aberto que separa as rías da Coruña e Betanzos-Ares. Un espazo de enormes valores paisaxísticos e ecolóxicos.
É unha ría curta e ampla, que se abre entre as puntas do Seixo Branco e Herminia, cunha separación de 4 km, e unha lonxitude total de 14 km, dos que case a metade corresponden á chamada ría do Burgo formada polo esteiro do Mero, que está separada da parte máis ancha pola frecha de Santa Cristina.
O concello de Oleiros ten unha liña litoral de case 40 km. Unha parte na ría do Burgo, outra na ría da Coruña, unha terceira mirando ao mar aberto e outra na boca da ría de Betanzos. Parte está protexida no LIC/ZEC e Monumento Natural “Costa de Dexo e Seixo Branco”
O concello da Coruña ten unha costa moi recortada e variada, parte na ría, onde se atopa o porto da cidade, e parte en mar aberto onde se suceden cantís e fermosas praias como as de Orzán e Riazor.
2. Os virus son entidades infecciosas microscópicas que so poden
multiplicarse dentro das células doutros organismos.
Poden considerarse como células incompletas ou como cadeas de proteínas
capaces de reproducírense.
Poden ter o material xenético en ADN (ácido desoxiribonucleico) ou ARN
(ácido ribonucleico) indistintamente.
Son tan pequenos que so poden ser observados co microscopio electrónico.
Tamaño de 25 a 400 nanómetros (1 nanómetro=1/1.000.000 mm).
Teñen un gran poder de mutación.
O nome en
latín significa
toxina ou
veleno.
3. Os virus infectan a todo tipo de seres vivos.
Cando o virus infecta a célula o seu ácido nucleico asume o
goberno das reaccións do metabolismo celular e fai que fabrique
novos virus. Ao remate a célula morre ou queda debilitada.
Ás veces poden transportar material xenético dunha célula a outra.
VIRUS ATACANDO
UNHA CÉLULA
4. Coñécense uns 5.000 virus, pero pénsase que pode haber moitos máis.
Cuberta proteica (cápsida).
Cando están fóra da célula
algúns teñen tamén unha
envoltura de lípidos.
Material xenético que porta
a información hereditaria:
ADN ou ARN
5. CICLO DOS VIRUS:
-Adhesión á célula
-Penetración rompendo a
membrana celular.
-Liberación do ARN
despois da ruptura da
cápsida vírica.
-Replicación: síntese do
ARN mensaxeiro ou do
ADN e repetición do
xenoma viral.
-Saída da célula hóspede.
6. VIRUS ADN. DESOXIVIRUS
Replícanse directamente. O material
xenético está composto por ADN.
herpes
TIPOS
DE
VIRUS ARN. RIBOVIRUS
Replícanse directamente.
Usan o ARN como material xenético
ou como intermediario durante a
replicación.
VIRUS
gripe
RETROVIRUS
Replícanse indirectamente. Primeiro
fan unha copia do seu ADN e
inxíreno nos cromosomas da célula
hóspede. Úsano tamén para facer o
seu ARN
sida
8. PANDEMIA
Nº DE MORTES
GRIPE RUSA
1889–1890
1 millón
GRIPE ESPAÑOLA
1918–1920
40 a 100
millóns
GRIPE ASIÁTICA
Virus da gripe: un ribovirus que está mutando
constantemente. Coñécense máis de 200 tipos.
DATA
1957–1958
1 a 1.5 millóns
GRIPE DE HONG-KONG
1968–1969
0.75 a 1
millóns
SARS (neumonía atípica)
2003-2004
774
GRIPE A
2009-2010
18.449
9. VIH. É un retrovirus co material xenético formado por dúas
macromoléculas idénticas de ARN que se transforman en
ADN por acción dunha enzima especial cando o virus
penetra na célula hóspede. Infecta ás células do sistema
inmunitario humano impedindo que realicen o seu traballo de
defensa do organismo. Transmítese por vía sanguínea ou
sexual. Pode permanecer silencioso durante longos
períodos.
10. Poliomelite. Causada por un ribovirus
que ataca principalmente á poboación
infantil (sistema nervoso) producindo
parálise.
Imaxe dun afectado de
polio no Antigo Exipto
11. Hepatite B. Causada por un retrovirus. Produce inflamación e necrose no
fígado. Afecta a 360 millóns de persoas no mundo.
12. MEDIOS DE TRASMISIÓN DOS VIRUS:
•Aire
•Auga
•Fluídos corporais
•Insectos e outros animais
Nos animais os virus producen
frecuentemente respostas inmunitarias
que protexen permenentemente fronte
á infección.