SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
NOME : ...........RESPOSTAS..................................................................................
1- Indica se as seguintes frases son verdadeiras (V) ou falsas (F)
V F
1 X A saúde é un estado de completo benestar físico
2 X As carencias económicas ou educativas poden orixinar enfermidades sociais
3 X Unha enfermidade social pode desembocar noutro tipo de enfermidade
4 X Os virus son seres vivos
5 X Os virus son cápsulas de proteínas que poden posuír ácido nucleico tanto ADN como
ARN
6 X Os virus con ARN como o da gripe mutan máis fácil cos que posúen ADN
7 X A flora bacteria son microorganismos do noso corpo que resultan prexudiciais
8 X Os iogures axudan a repoñer a flora bacteriana dixestiva do nosos organismo
9 X Lavarse con deterxentes moi agresivos é beneficioso para a nosa saúde
10 X A malaria é unha enfermidade transmitida pola picadura dun mosquito
11 X Cando unha enfermidade afecta a un número pequeno de persoas falamos de
epidemia*1
12 X Cando unha enfermidade afecta a un número grande de persoas falamos de pandemia*2
13 X A pel e as mucosas forman parte da resposta inmunitaria inespecífica
14 X A presenza de anticorpos fai que os linfocitos fabriquen antíxenos
*1 : As epidemias son enfermidades que se estenden rapidamente por unha zona afectando a un número grande
de persoas
*2: Para considerarse pandemia ten que ser unha enfermidade epidémica que se estenderse por todo o mundo ou
unha ampla rexión do planeta afectando a moitos países
2 – Define saúde e enfermidade:
Saúde: estado de completo benestar físico, mental e social
Enfermidade: é o contrario ao estado de saúde, é dicir, estado en que se encontra unha persoa
cando se ve alterado o seu estado de saúde, xa sexa por unha causa física, mental ou social.
3. - Indica o axente causante de cada enfermidade:
Candidiase Fungo Rubeola Virus
Salmonelose Bacteria SIDA Virus
Gripe Virus Amebiase Parásito
Malaria Parásito Pé de atleta Fungo
Tétano Bacteria Difteria Bacteria
Sarampelo Virus Toxoplasmose Parásito
Tiña Fungo
4 - Completa as seguintes frases:
1. As siglas OMS corresponden a Organización Mundial da Saúde
2.As enfermidades causadas por algún axente patóxeno son as infecciosas
3.Unha lesión ou infección ou proceso dexenerativo do organismo é un tipo de enfermidade físicas
4.As siglas ETS corresponden a: enfermidades de transmisión sexual
5.Nomea 4 tipos de contaxio de axentes patóxenos : a través do aire, por medio dalgún obxecto
contaminado (cubertos, vasos, xeringas...), por contacto físico directo ou por inxestión dalgún
alimento contaminado
6.Os microorganismos causantes de enfermidades reciben o nome de patóxenos
7.Os 4 tipos axentes patóxenos son virus, bacterias, protozoos e fungos
8.A humidade favorece especialmente o desenvolvemento de enfermidades causadas por fungos
9.Os microorganismos ante determinadas situacións, como baixadas de defensas, poden producir
enfermidades denomínanse oportunistas
10. Os animais que poden axudar a transmitir enfermidades denomínanse vectores
1
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
11. O sistema encargado de neutralizar aos axentes estraños que penetran no nosos organismo é o
sistema inmune
12. Nomea 5 exemplos de barreiras físicas contra os axentes patóxenos pel, mucosas, moco, saliva
e lágrimas (ouriños, cerume dos oídos, a suor, o ácido que segrega o estómago, o fluxo ácido da
vaxina, o movemento dos cilios dos epitelios das vías respiratorias....)
13. As células responsables da resposta inmunitaria inespecífica son os fagocitos
14. As células responsables da resposta inmunitaria específica son os linfocitos
15. As proteínas que neutralizan de forma específica as infeccións son os anticorpos ou
inmunoglobulinas (Ig)
16. Cando un organismo posúe linfocitos capaces de producir anticorpos específicos contra unha
enfermidade dise que está inmunizado
17. As partículas estrañas que son recoñecidas polos linfocitos e poden desencadear unha resposta
inmunitaria específica son os antíxenos
5. - Que é a flora bacteriana do noso corpo? Indica en zonas é mais común atopala, que
beneficios aporta ao noso organismo, e que hábitos poden resultar favorables ou prexudiciais.
Son bacterias que proliferan de forma habitual polo noso corpo, especialmente no tubo
dixestivo, pel e mucosas, aportando accións beneficiosas ao organismo (facilitar a dixestión de
certos alimentos e produción de vitaminas no tubo dixestivo, manter un Ph axeitado na pel e
mucosas, eliminar os restos celulares...). Ademais estes microorganismos crean condicións
que impiden que outros microorganismos patóxenos poidan invadir o noso corpo, polo que
axudan a manter o noso estado de saúde.
Certos hábitos como o consumo prolongado de antibióticos ou unha hixiene excesiva de pel e
mucosas con axentes moi agresivos (xabóns, alcohol...) pode eliminar estes microorganismos
facilitando a entrada de patóxenos. Pola contar algúns hábitos como o consumo de iogures
(que posúen bacterias propias da flora intestinal) favorece o mantemento dunha flora
bacteriana.
6 - Nomea e describe 4 enfermidades de transmisión sexual.
Ainda que na pregunta so piden 4 describimos todas as que aparecen no libro:
1. SIDA: enfermidade producida polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH), que
destrúe as células do sistema inmunitario e o corpo perde a capacidade de defensa.
Prodúcense entón moitas infeccións simultáneas que deterioran o organismo ata causar
a morte.
2. Herpes xenital: causado polo virus do herpes humano VHH-2, estes virus infectan as
células dos tecidos epiteliais e paraecen chagas e ampolas no pene e na vaxina, e con
frecuencia tamén no ano e boca. Nas mulleres pode producir cancro de colo uterino.
3. Hepatite B e C: producida polos virus da hepatite B e C que infectan as células do
fígado. A mala función deste órgano produce efectos diversos: dores, debilidade,
acumulación de tóxicos no sangue. A enfermidade pode evolucionar cara a
dexeneración fos tecidos hepáticos (cirrose) ou cancro. Debendo ser os enfermos
transplantados para evitar a súa morte.
4. Candidiase: enfermidade producida polo fungo Candida albicans. Este fungo
desenvólvese nos tecifos mucosos da vaxina e, menos frecuente no pene. Na muller
produce un intenso proído e unha secreción vaxinal abrancazada. A infección pode
afectar tamén á mucosa da boca e farinxe.
Outras:
• Gonorrea: enferemidade producida pola bacteria Neisseria gonorrhoeae. Estas
bacterias invaden os tecidos do aparello reprodutor e excretor, producindo inflamación
2
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
e micción dolorosa. Finalmente invaden o sangue e poden causar unha infección
xeneralizada.
• Sífilis: causada pola bacteria Treponema pallidum que invaden os órganos do aparello
reprodutor producindo úlceras externas e lesións internas. A infección pode propagarse
aos tecidos do sistema nervioso, provocando locura.
7 - Describe de forma breve os mecanismos de defensa contra os patóxenos
Poden ser de 3 tipos:
1. Barreiras físicas: son barreiras que impiden a entrada de axentes patóxenos ao interior
do organismo. Poden ser:
a) Pasivas: Obstáculos que impiden a súa entrada: pel e mucosas
b) Activas: secrecións corporais ou movementos que expulsan os axentes patóxenos:
arda de patóxenos: moco, saliva, lágrimas, ouriños, cerume dos oídos, a suor, o
ácido que segrega o estómago, o fluxo ácido da vaxina ou o movemento dos cilios
dos epitelios das vías respiratorias..
2. Resposta inmunitaria inespecífica: cando os axentes patóxenos conseguen atravesar
as barreiras físicas e se introducen nos nosos tecidos , prodúcese a resposta inmunitaria
inespecífica, da que se encargan un tipo especial de células do sistema inmune, os
fagocitos que capturan e dixiren os axentes patóxenos e tecidos danados.
a) Tras a entrada do axente patóxeno os capilares (vasos sanguíneos de menor diámetro) da zona
afectada dilátanse e achegan máis sangue o que causa arrubiamento e aumento da temperatura local.
Ademáis dende os capilares prodúcese a saída de líquido do sangue (plasma) que produce
inflamación da zona.
b) Un tipo de glóbulos brancos, chamados monocitos, saen dos vasos sanguíneos e ao entrar nos
tecidos transfórmanse en fagocitos, que capturan e dixiren os axentes patóxenos e tecidos danados
mediante o proceso coñecido como fagocitose.
3. Resposta inmunitaria inespecífica: Outro tipo de glóbulos brancos, os linfocitos, son
capaces de recoñecer certas partículas estrañas ao noso organismo chamadas
antíxenos. Esto produce que os linfocitos fabriquen unhas proteínas específicas para
cada antíxeno chamadas anticorpos que neutralizan estes antíxenos. Unha vez
eliminado o axente estraño parte destes linfocitos, quedan no corpo en forma de
células de memoria, que farán que cando se produza unha nova entrada do organismo
se fabriquen rapidamente anticorpos específicos sen que se chegue a desenvolver unha
nova infección. Neste caso o organismo dise que está inmunizado contra a infección.
8- Explica o mecanismo da resposta inmunitaria específica:
Unir ao comentado no exercicio 7 sobre a resposta inmunitaria específica:
3
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
9- Indica se as seguintes frases son verdadeiras (V) ou falsas (F)
V F
1 x A gripe pode tratarse con antibióticos
2 x As enfermidades producidas por fungos e protozoos son máis complicadas de tratar ao
ser células eucariotas similares as do noso corpo
3 x Para algunhas enfermidades víricas son efectivos tratamentos con medicamentos
antivirais
4 x Se o sistema inmunitario está debilitado por virus é frecuente que se produza unha
infección por microorganismos oportunistas
5 x Unha enfermidade dexenerativa está producida pola morte progresiva das células dun
órgano
6 x As enfermidades autoinmunes teñen un efecto similar ás dexenerativas
7 x Tumor maligno e cancro son sinónimos.
10 - Completa as seguintes frases:
1. As enfermidades producidas por fungos trátanse con antifúnxicos
2. As enfermidades producidas por bacterias trátanse con antibióticos
3. As enfermidades producidas por protozoos combátense con antiprotozoarios
4. As enfermidades producidas por virus cúranse con antivirais, soros con anticorpos
5. As lesións debidas a golpes reciben o nome de traumatismos
6. Un exemplo de enfermidade metabólica é a diabetes
7. Un exemplo de enfermidade dexenerativa é alzhéimer /artrose
8. Cando o sistema inmune reacciona contra o propio organismo falamos de enfermidade
autoinmune
9. Denomínase tumor á proliferación celular de forma descontrolada
11. Indica os 4 tipos de axentes patóxenos, 2 exemplos de enfermidades de cada tipo e como
as podemos tratar.
Virus SIDA: antivirais
Gripe: non existe tratamento a podemos previr coa vacinación
Bacterias Salmonelose: antibióticos
Difteria: antibióticos
Protozoos Malaria: antiprotozoarios (quinina)
Toxoplasmose: antiprotozoarios (perimetamina)
Fungos Tiña: antifúnxicos
Candidiase: antifúnxicos
12- Diferenza a forma de actuación dun soro e unha vacina
Soro con anticorpos Vacinas
Que conten? Anticorpos específicos contra a
enfermidade
Antíxenos do axente patóxeno (pode
ser partes do axente patóxeno, ou
variedades inactivadas que non
producen a enfermidade)
Mecanismo
acción
Os anticorpos neutralizan
rapidamente o axente patóxeno ao
reaccionar cos seus antíxenos
Desencadea a resposta inmune
específica mediada polos linfocitos,
Creándose células de memoria
Indicado para.... Tratamento urxente de Previr enfermidades mediante a
4
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
enfermidades mortais cando estas
se manifestan ou existe a sospeita
de poder estar infectado. Exemplos
son o ébola, rabia, tétanos
inmunización da poboación. Ao
existir células de memoria no caso de
chegar estas enfermidades no futuro ,
os anticorpos son elaborados
rapidamente polos linfocitos de
memoria e a infección non se
produce
Non é válido: Dado que introducimos anticorpos,
pero non antíxenos, non
desencadea a resposta inmune
específica, polo que non deixa
inmunizado contra a enfermidade
salvo que se padeza esta.
Tratar a enfermidade xa que o
antíxeno da vacina produce o mesmo
efecto que o antíxeno do axente
patóxeno.
13- Define profilaxe, factores de risco e hábitos saudables, indicando 4 medidas de cada tipo
que axuden a mellorar a nosa saúde.
Profilaxe: conxunto de medidas que se poden adoptar para evitar unha infección. Podemos
destacar:
• Lavar ben feridas e queimaduras e aplicar un desinfectante
• Non compartir utensilios coma cepillos de dentes, cubertos, vasos...
• Utilizar preservativos nas relacións sexuais
• Evitar o contacto con obxectos sucios, especialmente na boca e ollos
• Usar zapatillas e traxe de baño en zonas húmidas como praia, piscina e duchas para
evitar o contaxio de fungos
Factores de risco: son actitudes ou situacións que poden provocarnos unha enfermidade ou
accidente:
• Evitar seguir dietas desequilibradas: tomar exceso de doces, bolos, comidas rápidas,
graxas de orixe animal, ou dietas baixas ou altas en calorías...
• Evitar o consumo de substancias nocivas como tabaco alcohol e outras drogas.
Hábitos saudables: son hábitos que axudan a realizar as tarefas que realizamos a diario,
facilitando as labores e axudando a mellorar a nosa saúde:
• Utilizar a luz adecuada para estudar (luz suficiente pero que non moleste a vista) , ver
a televisión (mellor luz tenue que a escuridade) e traballar co ordenador (evitar
reflexos de luz e distancia adecuada)
• Protección da radiación solar: a pel con roupa e cremas protectoras, e os ollos con
lentes de sol, tomaremos especial precaucións en días sollíos e especialmente no mar e
neve pola reflexión da luz solar nestas superficies.
• Seguir unha dieta variada e equilibrada consumindo froitas e verduras e limitando o
consumo de doces, graxas, sal.
• Realizar exercicio físico de forma moderada e diaria axudará a aumentar a nosa
vitalidade, descansaremos mellor e renderemos máis noutras tarefas.
• Descansar o tempo necesario. Na adolescencia é necesario entre 8 – 10 horas de sono
ao día. Ademais é saudable facer pausas de 10 minutos cada media hora de traballo
diante do ordenador, e para render máis no estudo é útil facer cada hora de estudo
intermedios de 10 – 15 minutos de descanso.
14 - Completa as seguintes frases:
1. Cando estamos lixando ou pintando é conveniente empregar lentes protectoras
2. Cando nun transplante usamos células ou tecidos do mesmo paciente falamos de
autotransplante
5
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
3. Cando nunha persoa implantamos órganos ou tecidos de orixe animal fálase de
xenotransplante
4. As células que se doan actualmente con máis frecuencia son espermatozoides e óvulos para
solucionar problemas de esterilidade
5. Os transplantes de sangue reciben os nomes de transfusións
6. No caso de leucemia (tumor de células do sistema inmune) realízanse transplantes de medula
ósea
7. O país con maior taxa de doazóns é España
15 – Indica como actuarías nos seguintes casos:
 Queimaduras:
o Mollar con auga fría
o Se é leve (consérvase a pel), poñer abundante crema hidratante ou aceite e
tapar cunha gasa
o Se é máis grave e se desprende a pel tapar cunha gasa e acudir rapidamente ao
médico
 Feridas con hemorraxias
 Verter na ferida un desinfectante (auga osixenada, tintura de iodo ou similar).
 Tapar a ferida cunha gasa
 Se a hemorraxia é abundante, facer unha vendaxe apertada sobre a gasa e
acudir ao médico.
 Traumatismo
 Inmobilizar o membro danado.
 Acomodar o accidentado, e poñerlle xeo na zona lesionada.
 Se se sospeita que hai rotura ou lesión grave, avisar ao servizo de urxencias ou
acudir ao médico.
 Insolación
 Levar a persoa con síntomas de insolación a unha zona fresca e de sombra
 É recomendable mollarlle a cabeza, sentala ou deitala de lado e facerlle beber
abundante líquido pouco a pouco.
16 - Indica que órganos se utilizan na actualidade para transplantar e cales son os principais
problemas dos transplantes:
Os órganos que utilízanse para transplante son o corazón, fígado, riles, pulmóns, páncreas e as
córneas dos ollos.
Os principais problemas do transplante son:
- Rexeitamentos: cando se introduce no organismo un órgano transplantado ou ben se inxecta
sangue nun ha transfusión, o sistema inmunitario pode reaccionar contra eses órganos ou
tecidos, que recoñece como alleos ao igual que se foran un axente infeccioso, destruíndoos.
No caso do sangue, se os grupos sanguíneos do receptor e do doador son incompatibles, a
reacción do rexeitamento é tan violenta qyue se produce unha coagulación dentro dos vasos
sanguíneos. Para evitalo, búscase que o órgano ou tecido transplantado sexa compatible,
tendo similares antíxenos para que non sexa recoñecido como estraño. Como isto é moi difícil
ao 100% subminístraselle ao paciente un tratamento inmunodepresor, que diminúen moito a
capacidade de reacción do sistema inmunitario, deste xeito, atenúase o rexeitamento ao órgano
novo, pero pon ao paciente en perigo de ser invadido por calquera axente patóxeno.
- Contaxio de enfermidades: a sida, a hepatite e moitas outras enfermidades víricas poderían
contaxiarse cun transplante. Para evitalo todos os tecidos e órganos doados sométense a
6
BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA
análises moi rigorosas. Na actualidade, en España é practicamente imposible que un
transplante supoña o máis mínimo risco de contraer unha enfermidade.
- Escaseza doadores: aínda que actualmente pódese doar certos órganos en vida (Porción do
fígado ou 1 dos 2 riles) A maioría dos transplantes son a partir de persoas falecidas. Isto supón
unha serie de circunstancias que fan que exista un número baixo de posibles doantes:
- Os órganos deben estra en perfecto estado, polo que a persoa debe acabar de falecer e
sen ter danos no órgano a transplantar.
- O falecido debe dar o seu consentimento en vida (ser doante) ou os parentes tras a súa
morte. Este é un problema que depende de vencer antigos tabús e da solidariedade
humana e non da ciencia.
Aínda así a ciencia esta a piques de resolver estes problemas coa investigacións coas
chamadas células nai, que son células do noso corpo que son capaces de converterse en
calquera tipo de tecido, órgano ou incluso orixinar un novo individuo. Deste xeito poderíanse
fabricar novos órganos a partir de células do propio corpo evitando os problemas de
rexeitamentos ou escaseza de órganos dos transplantes.
17- Indica e explica 2 alteracións do sistema inmune:
Normalmente, o noso sistema inmunitario mantennos a salvo do ataque dunha gran variedade
de axentes patóxenos que intentan invadir o noso organismo. Con todo, hai situacións en que o
sistema inmunitario causa problemas, ben porque se activa fronte axentes inocuos, ben porque
ataca as nosas propias estruturas:
1. As alerxias: unha alerxia é unha reacción descontrolada do sistema inmunitario ante un
axente inocuo, como o pole, o po ou ácaros (arácnidos microscópicos que viven entre a
nosa roupa e pelo). A reacción alérxica é similar á reacción inmunitaria inespecífica:
inflamación das mucosas, secreción lacrimal e mucosa, e nalgúns casos febre.
2. Enfermidades autoinmunes: prodúcense cando o sistema inmunitario reacciona
violentamente contra as células que que forman un tecido ou órgano propio,
producindo unha morte celular masiva. Descoñécense as causas de que o sistema
inmunitario se volva contra o propio organismo. Os síntomas son moi parecidos aos
das enfermedades dexenerativas.
18 - Por que moitas infeccións víricas non inmunizan ao noso organismo contra reinfeccións
posteriores?
Os virus non son seres vivos, senón cápsulas de proteínas que conteñen información xenética
en febras de ADN ou ARN, que son inxectada ás células. As febras de ADN son similares as
que posúen as células para gardar a súa información, pero a febra de ARN é moito máis
simple e inestable, podendo mutar e polo tanto cambiar a información con máis facilidade. Así
moitos virus ARN como a gripe cambian frecuentemente a súa información, modificando así o
seu aspecto, principalmente as proteínas con capacidade antixénica que forman a súa
envoltura. Por esta razón, cando entran por segunda vez no organismo, os anticorpos
producidos polos noso sistema inmunitario a primeira vez que tivo contacto con eles non
serven, e os virus causan unha nova infección. Neste caso non é que o noso sistema
inmunitario funcione mal, senón que o axente patóxeno cambia con gran rapidez.
7

More Related Content

What's hot (6)

Aplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
Aplicacións e utilidades dos microorganismos nataliaAplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
Aplicacións e utilidades dos microorganismos natalia
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
 
A saúde e a enfermidade
A saúde e a enfermidadeA saúde e a enfermidade
A saúde e a enfermidade
 
As bacterias e_as_enfermidades
As bacterias e_as_enfermidadesAs bacterias e_as_enfermidades
As bacterias e_as_enfermidades
 
Relación i
Relación iRelación i
Relación i
 
Grupo 4 brais, carlos, javier e martín
Grupo 4 brais, carlos, javier e martínGrupo 4 brais, carlos, javier e martín
Grupo 4 brais, carlos, javier e martín
 

Viewers also liked (16)

Organizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_esoOrganizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_eso
 
A funcion de relacion 2016
A funcion de relacion 2016A funcion de relacion 2016
A funcion de relacion 2016
 
Enfermidades cardiovasculares excretor
Enfermidades cardiovasculares excretorEnfermidades cardiovasculares excretor
Enfermidades cardiovasculares excretor
 
Apdixestivohumano 3º 2015
Apdixestivohumano 3º 2015Apdixestivohumano 3º 2015
Apdixestivohumano 3º 2015
 
Metodos anticonceptivos ets
Metodos anticonceptivos etsMetodos anticonceptivos ets
Metodos anticonceptivos ets
 
5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor5 circulatorio excretor
5 circulatorio excretor
 
Etiquetado alimentos 2
Etiquetado alimentos 2Etiquetado alimentos 2
Etiquetado alimentos 2
 
Etiquetado alimentos 1
Etiquetado  alimentos 1Etiquetado  alimentos 1
Etiquetado alimentos 1
 
Relevo 2016
Relevo 2016Relevo 2016
Relevo 2016
 
Estrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestreEstrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestre
 
Apdixestivohumano 3º 2015
Apdixestivohumano 3º 2015Apdixestivohumano 3º 2015
Apdixestivohumano 3º 2015
 
Enfermidades dixestivo2015
Enfermidades dixestivo2015Enfermidades dixestivo2015
Enfermidades dixestivo2015
 
Enf nutricionales
Enf nutricionalesEnf nutricionales
Enf nutricionales
 
Enfermidades respiratorio 3º
Enfermidades respiratorio 3ºEnfermidades respiratorio 3º
Enfermidades respiratorio 3º
 
Organizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_esoOrganizacion corpo humano_3_eso
Organizacion corpo humano_3_eso
 
Alimentación e nutrición 3º.2015
Alimentación e nutrición 3º.2015Alimentación e nutrición 3º.2015
Alimentación e nutrición 3º.2015
 

Similar to Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas (20)

Inmunoloxía
InmunoloxíaInmunoloxía
Inmunoloxía
 
Traballo 2
Traballo 2Traballo 2
Traballo 2
 
34 inmunidade
34 inmunidade34 inmunidade
34 inmunidade
 
VIH
VIHVIH
VIH
 
A nosa saúde. clara
A nosa saúde. claraA nosa saúde. clara
A nosa saúde. clara
 
Virus
VirusVirus
Virus
 
Power a saude
Power a saudePower a saude
Power a saude
 
Infecciones
InfeccionesInfecciones
Infecciones
 
El legado de Hipócrates
El legado de HipócratesEl legado de Hipócrates
El legado de Hipócrates
 
Infecciones
InfeccionesInfecciones
Infecciones
 
Infecciones Carla, Sara, Allo
Infecciones Carla, Sara, AlloInfecciones Carla, Sara, Allo
Infecciones Carla, Sara, Allo
 
El lenguaje de la vida
El lenguaje de la vidaEl lenguaje de la vida
El lenguaje de la vida
 
Saúde final
Saúde finalSaúde final
Saúde final
 
Saude e enfermidade
Saude e enfermidadeSaude e enfermidade
Saude e enfermidade
 
As Enfermidades Infecciosas (Jessica Prieto, C.Patricia MáRtíNez,1º Bach D)
As Enfermidades Infecciosas (Jessica Prieto, C.Patricia MáRtíNez,1º Bach D)As Enfermidades Infecciosas (Jessica Prieto, C.Patricia MáRtíNez,1º Bach D)
As Enfermidades Infecciosas (Jessica Prieto, C.Patricia MáRtíNez,1º Bach D)
 
Resumo t4 naturais_6
Resumo t4 naturais_6Resumo t4 naturais_6
Resumo t4 naturais_6
 
Exercicios de micro
Exercicios de microExercicios de micro
Exercicios de micro
 
Repaso tema 4 naturais
Repaso tema 4 naturaisRepaso tema 4 naturais
Repaso tema 4 naturais
 
Virus 09c05
Virus 09c05Virus 09c05
Virus 09c05
 
Saúde e enfermidade
Saúde e enfermidadeSaúde e enfermidade
Saúde e enfermidade
 

More from David Casado Bravo (20)

1 ecosistemas 2023.pdf
1 ecosistemas 2023.pdf1 ecosistemas 2023.pdf
1 ecosistemas 2023.pdf
 
Tema 3-3_riesgos geo ext.pdf
Tema 3-3_riesgos geo ext.pdfTema 3-3_riesgos geo ext.pdf
Tema 3-3_riesgos geo ext.pdf
 
riesgos internos.pdf
riesgos internos.pdfriesgos internos.pdf
riesgos internos.pdf
 
Tectonica placas.pdf
Tectonica placas.pdfTectonica placas.pdf
Tectonica placas.pdf
 
UNIDADE 2 o Universo.pdf
UNIDADE 2 o Universo.pdfUNIDADE 2 o Universo.pdf
UNIDADE 2 o Universo.pdf
 
5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso5 division celular_4_eso
5 division celular_4_eso
 
Enerxía 2 2017
Enerxía 2 2017Enerxía 2 2017
Enerxía 2 2017
 
3º eso ppt apoio fichas
3º eso ppt apoio fichas3º eso ppt apoio fichas
3º eso ppt apoio fichas
 
Familias 3º eso 2017
Familias 3º eso 2017Familias 3º eso 2017
Familias 3º eso 2017
 
Energía 2017
Energía 2017Energía 2017
Energía 2017
 
A luz e o son 2017
A luz e o son 2017A luz e o son 2017
A luz e o son 2017
 
Reproducción humana 2017
Reproducción humana 2017Reproducción humana 2017
Reproducción humana 2017
 
Ets
EtsEts
Ets
 
A funcion de relacion 2017
A funcion de relacion 2017A funcion de relacion 2017
A funcion de relacion 2017
 
Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017Unid8 evolución2017
Unid8 evolución2017
 
Energía1 2017
Energía1 2017Energía1 2017
Energía1 2017
 
7 circulatorio excretor
7  circulatorio excretor7  circulatorio excretor
7 circulatorio excretor
 
UNID 7 herdanza
UNID 7 herdanzaUNID 7 herdanza
UNID 7 herdanza
 
Proxecto final
Proxecto final Proxecto final
Proxecto final
 
Vida na terra
Vida na terraVida na terra
Vida na terra
 

Ficha unid 2 3º_ saúde_respostas

  • 1. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA NOME : ...........RESPOSTAS.................................................................................. 1- Indica se as seguintes frases son verdadeiras (V) ou falsas (F) V F 1 X A saúde é un estado de completo benestar físico 2 X As carencias económicas ou educativas poden orixinar enfermidades sociais 3 X Unha enfermidade social pode desembocar noutro tipo de enfermidade 4 X Os virus son seres vivos 5 X Os virus son cápsulas de proteínas que poden posuír ácido nucleico tanto ADN como ARN 6 X Os virus con ARN como o da gripe mutan máis fácil cos que posúen ADN 7 X A flora bacteria son microorganismos do noso corpo que resultan prexudiciais 8 X Os iogures axudan a repoñer a flora bacteriana dixestiva do nosos organismo 9 X Lavarse con deterxentes moi agresivos é beneficioso para a nosa saúde 10 X A malaria é unha enfermidade transmitida pola picadura dun mosquito 11 X Cando unha enfermidade afecta a un número pequeno de persoas falamos de epidemia*1 12 X Cando unha enfermidade afecta a un número grande de persoas falamos de pandemia*2 13 X A pel e as mucosas forman parte da resposta inmunitaria inespecífica 14 X A presenza de anticorpos fai que os linfocitos fabriquen antíxenos *1 : As epidemias son enfermidades que se estenden rapidamente por unha zona afectando a un número grande de persoas *2: Para considerarse pandemia ten que ser unha enfermidade epidémica que se estenderse por todo o mundo ou unha ampla rexión do planeta afectando a moitos países 2 – Define saúde e enfermidade: Saúde: estado de completo benestar físico, mental e social Enfermidade: é o contrario ao estado de saúde, é dicir, estado en que se encontra unha persoa cando se ve alterado o seu estado de saúde, xa sexa por unha causa física, mental ou social. 3. - Indica o axente causante de cada enfermidade: Candidiase Fungo Rubeola Virus Salmonelose Bacteria SIDA Virus Gripe Virus Amebiase Parásito Malaria Parásito Pé de atleta Fungo Tétano Bacteria Difteria Bacteria Sarampelo Virus Toxoplasmose Parásito Tiña Fungo 4 - Completa as seguintes frases: 1. As siglas OMS corresponden a Organización Mundial da Saúde 2.As enfermidades causadas por algún axente patóxeno son as infecciosas 3.Unha lesión ou infección ou proceso dexenerativo do organismo é un tipo de enfermidade físicas 4.As siglas ETS corresponden a: enfermidades de transmisión sexual 5.Nomea 4 tipos de contaxio de axentes patóxenos : a través do aire, por medio dalgún obxecto contaminado (cubertos, vasos, xeringas...), por contacto físico directo ou por inxestión dalgún alimento contaminado 6.Os microorganismos causantes de enfermidades reciben o nome de patóxenos 7.Os 4 tipos axentes patóxenos son virus, bacterias, protozoos e fungos 8.A humidade favorece especialmente o desenvolvemento de enfermidades causadas por fungos 9.Os microorganismos ante determinadas situacións, como baixadas de defensas, poden producir enfermidades denomínanse oportunistas 10. Os animais que poden axudar a transmitir enfermidades denomínanse vectores 1
  • 2. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA 11. O sistema encargado de neutralizar aos axentes estraños que penetran no nosos organismo é o sistema inmune 12. Nomea 5 exemplos de barreiras físicas contra os axentes patóxenos pel, mucosas, moco, saliva e lágrimas (ouriños, cerume dos oídos, a suor, o ácido que segrega o estómago, o fluxo ácido da vaxina, o movemento dos cilios dos epitelios das vías respiratorias....) 13. As células responsables da resposta inmunitaria inespecífica son os fagocitos 14. As células responsables da resposta inmunitaria específica son os linfocitos 15. As proteínas que neutralizan de forma específica as infeccións son os anticorpos ou inmunoglobulinas (Ig) 16. Cando un organismo posúe linfocitos capaces de producir anticorpos específicos contra unha enfermidade dise que está inmunizado 17. As partículas estrañas que son recoñecidas polos linfocitos e poden desencadear unha resposta inmunitaria específica son os antíxenos 5. - Que é a flora bacteriana do noso corpo? Indica en zonas é mais común atopala, que beneficios aporta ao noso organismo, e que hábitos poden resultar favorables ou prexudiciais. Son bacterias que proliferan de forma habitual polo noso corpo, especialmente no tubo dixestivo, pel e mucosas, aportando accións beneficiosas ao organismo (facilitar a dixestión de certos alimentos e produción de vitaminas no tubo dixestivo, manter un Ph axeitado na pel e mucosas, eliminar os restos celulares...). Ademais estes microorganismos crean condicións que impiden que outros microorganismos patóxenos poidan invadir o noso corpo, polo que axudan a manter o noso estado de saúde. Certos hábitos como o consumo prolongado de antibióticos ou unha hixiene excesiva de pel e mucosas con axentes moi agresivos (xabóns, alcohol...) pode eliminar estes microorganismos facilitando a entrada de patóxenos. Pola contar algúns hábitos como o consumo de iogures (que posúen bacterias propias da flora intestinal) favorece o mantemento dunha flora bacteriana. 6 - Nomea e describe 4 enfermidades de transmisión sexual. Ainda que na pregunta so piden 4 describimos todas as que aparecen no libro: 1. SIDA: enfermidade producida polo virus da inmunodeficiencia humana (VIH), que destrúe as células do sistema inmunitario e o corpo perde a capacidade de defensa. Prodúcense entón moitas infeccións simultáneas que deterioran o organismo ata causar a morte. 2. Herpes xenital: causado polo virus do herpes humano VHH-2, estes virus infectan as células dos tecidos epiteliais e paraecen chagas e ampolas no pene e na vaxina, e con frecuencia tamén no ano e boca. Nas mulleres pode producir cancro de colo uterino. 3. Hepatite B e C: producida polos virus da hepatite B e C que infectan as células do fígado. A mala función deste órgano produce efectos diversos: dores, debilidade, acumulación de tóxicos no sangue. A enfermidade pode evolucionar cara a dexeneración fos tecidos hepáticos (cirrose) ou cancro. Debendo ser os enfermos transplantados para evitar a súa morte. 4. Candidiase: enfermidade producida polo fungo Candida albicans. Este fungo desenvólvese nos tecifos mucosos da vaxina e, menos frecuente no pene. Na muller produce un intenso proído e unha secreción vaxinal abrancazada. A infección pode afectar tamén á mucosa da boca e farinxe. Outras: • Gonorrea: enferemidade producida pola bacteria Neisseria gonorrhoeae. Estas bacterias invaden os tecidos do aparello reprodutor e excretor, producindo inflamación 2
  • 3. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA e micción dolorosa. Finalmente invaden o sangue e poden causar unha infección xeneralizada. • Sífilis: causada pola bacteria Treponema pallidum que invaden os órganos do aparello reprodutor producindo úlceras externas e lesións internas. A infección pode propagarse aos tecidos do sistema nervioso, provocando locura. 7 - Describe de forma breve os mecanismos de defensa contra os patóxenos Poden ser de 3 tipos: 1. Barreiras físicas: son barreiras que impiden a entrada de axentes patóxenos ao interior do organismo. Poden ser: a) Pasivas: Obstáculos que impiden a súa entrada: pel e mucosas b) Activas: secrecións corporais ou movementos que expulsan os axentes patóxenos: arda de patóxenos: moco, saliva, lágrimas, ouriños, cerume dos oídos, a suor, o ácido que segrega o estómago, o fluxo ácido da vaxina ou o movemento dos cilios dos epitelios das vías respiratorias.. 2. Resposta inmunitaria inespecífica: cando os axentes patóxenos conseguen atravesar as barreiras físicas e se introducen nos nosos tecidos , prodúcese a resposta inmunitaria inespecífica, da que se encargan un tipo especial de células do sistema inmune, os fagocitos que capturan e dixiren os axentes patóxenos e tecidos danados. a) Tras a entrada do axente patóxeno os capilares (vasos sanguíneos de menor diámetro) da zona afectada dilátanse e achegan máis sangue o que causa arrubiamento e aumento da temperatura local. Ademáis dende os capilares prodúcese a saída de líquido do sangue (plasma) que produce inflamación da zona. b) Un tipo de glóbulos brancos, chamados monocitos, saen dos vasos sanguíneos e ao entrar nos tecidos transfórmanse en fagocitos, que capturan e dixiren os axentes patóxenos e tecidos danados mediante o proceso coñecido como fagocitose. 3. Resposta inmunitaria inespecífica: Outro tipo de glóbulos brancos, os linfocitos, son capaces de recoñecer certas partículas estrañas ao noso organismo chamadas antíxenos. Esto produce que os linfocitos fabriquen unhas proteínas específicas para cada antíxeno chamadas anticorpos que neutralizan estes antíxenos. Unha vez eliminado o axente estraño parte destes linfocitos, quedan no corpo en forma de células de memoria, que farán que cando se produza unha nova entrada do organismo se fabriquen rapidamente anticorpos específicos sen que se chegue a desenvolver unha nova infección. Neste caso o organismo dise que está inmunizado contra a infección. 8- Explica o mecanismo da resposta inmunitaria específica: Unir ao comentado no exercicio 7 sobre a resposta inmunitaria específica: 3
  • 4. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA 9- Indica se as seguintes frases son verdadeiras (V) ou falsas (F) V F 1 x A gripe pode tratarse con antibióticos 2 x As enfermidades producidas por fungos e protozoos son máis complicadas de tratar ao ser células eucariotas similares as do noso corpo 3 x Para algunhas enfermidades víricas son efectivos tratamentos con medicamentos antivirais 4 x Se o sistema inmunitario está debilitado por virus é frecuente que se produza unha infección por microorganismos oportunistas 5 x Unha enfermidade dexenerativa está producida pola morte progresiva das células dun órgano 6 x As enfermidades autoinmunes teñen un efecto similar ás dexenerativas 7 x Tumor maligno e cancro son sinónimos. 10 - Completa as seguintes frases: 1. As enfermidades producidas por fungos trátanse con antifúnxicos 2. As enfermidades producidas por bacterias trátanse con antibióticos 3. As enfermidades producidas por protozoos combátense con antiprotozoarios 4. As enfermidades producidas por virus cúranse con antivirais, soros con anticorpos 5. As lesións debidas a golpes reciben o nome de traumatismos 6. Un exemplo de enfermidade metabólica é a diabetes 7. Un exemplo de enfermidade dexenerativa é alzhéimer /artrose 8. Cando o sistema inmune reacciona contra o propio organismo falamos de enfermidade autoinmune 9. Denomínase tumor á proliferación celular de forma descontrolada 11. Indica os 4 tipos de axentes patóxenos, 2 exemplos de enfermidades de cada tipo e como as podemos tratar. Virus SIDA: antivirais Gripe: non existe tratamento a podemos previr coa vacinación Bacterias Salmonelose: antibióticos Difteria: antibióticos Protozoos Malaria: antiprotozoarios (quinina) Toxoplasmose: antiprotozoarios (perimetamina) Fungos Tiña: antifúnxicos Candidiase: antifúnxicos 12- Diferenza a forma de actuación dun soro e unha vacina Soro con anticorpos Vacinas Que conten? Anticorpos específicos contra a enfermidade Antíxenos do axente patóxeno (pode ser partes do axente patóxeno, ou variedades inactivadas que non producen a enfermidade) Mecanismo acción Os anticorpos neutralizan rapidamente o axente patóxeno ao reaccionar cos seus antíxenos Desencadea a resposta inmune específica mediada polos linfocitos, Creándose células de memoria Indicado para.... Tratamento urxente de Previr enfermidades mediante a 4
  • 5. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA enfermidades mortais cando estas se manifestan ou existe a sospeita de poder estar infectado. Exemplos son o ébola, rabia, tétanos inmunización da poboación. Ao existir células de memoria no caso de chegar estas enfermidades no futuro , os anticorpos son elaborados rapidamente polos linfocitos de memoria e a infección non se produce Non é válido: Dado que introducimos anticorpos, pero non antíxenos, non desencadea a resposta inmune específica, polo que non deixa inmunizado contra a enfermidade salvo que se padeza esta. Tratar a enfermidade xa que o antíxeno da vacina produce o mesmo efecto que o antíxeno do axente patóxeno. 13- Define profilaxe, factores de risco e hábitos saudables, indicando 4 medidas de cada tipo que axuden a mellorar a nosa saúde. Profilaxe: conxunto de medidas que se poden adoptar para evitar unha infección. Podemos destacar: • Lavar ben feridas e queimaduras e aplicar un desinfectante • Non compartir utensilios coma cepillos de dentes, cubertos, vasos... • Utilizar preservativos nas relacións sexuais • Evitar o contacto con obxectos sucios, especialmente na boca e ollos • Usar zapatillas e traxe de baño en zonas húmidas como praia, piscina e duchas para evitar o contaxio de fungos Factores de risco: son actitudes ou situacións que poden provocarnos unha enfermidade ou accidente: • Evitar seguir dietas desequilibradas: tomar exceso de doces, bolos, comidas rápidas, graxas de orixe animal, ou dietas baixas ou altas en calorías... • Evitar o consumo de substancias nocivas como tabaco alcohol e outras drogas. Hábitos saudables: son hábitos que axudan a realizar as tarefas que realizamos a diario, facilitando as labores e axudando a mellorar a nosa saúde: • Utilizar a luz adecuada para estudar (luz suficiente pero que non moleste a vista) , ver a televisión (mellor luz tenue que a escuridade) e traballar co ordenador (evitar reflexos de luz e distancia adecuada) • Protección da radiación solar: a pel con roupa e cremas protectoras, e os ollos con lentes de sol, tomaremos especial precaucións en días sollíos e especialmente no mar e neve pola reflexión da luz solar nestas superficies. • Seguir unha dieta variada e equilibrada consumindo froitas e verduras e limitando o consumo de doces, graxas, sal. • Realizar exercicio físico de forma moderada e diaria axudará a aumentar a nosa vitalidade, descansaremos mellor e renderemos máis noutras tarefas. • Descansar o tempo necesario. Na adolescencia é necesario entre 8 – 10 horas de sono ao día. Ademais é saudable facer pausas de 10 minutos cada media hora de traballo diante do ordenador, e para render máis no estudo é útil facer cada hora de estudo intermedios de 10 – 15 minutos de descanso. 14 - Completa as seguintes frases: 1. Cando estamos lixando ou pintando é conveniente empregar lentes protectoras 2. Cando nun transplante usamos células ou tecidos do mesmo paciente falamos de autotransplante 5
  • 6. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA 3. Cando nunha persoa implantamos órganos ou tecidos de orixe animal fálase de xenotransplante 4. As células que se doan actualmente con máis frecuencia son espermatozoides e óvulos para solucionar problemas de esterilidade 5. Os transplantes de sangue reciben os nomes de transfusións 6. No caso de leucemia (tumor de células do sistema inmune) realízanse transplantes de medula ósea 7. O país con maior taxa de doazóns é España 15 – Indica como actuarías nos seguintes casos:  Queimaduras: o Mollar con auga fría o Se é leve (consérvase a pel), poñer abundante crema hidratante ou aceite e tapar cunha gasa o Se é máis grave e se desprende a pel tapar cunha gasa e acudir rapidamente ao médico  Feridas con hemorraxias  Verter na ferida un desinfectante (auga osixenada, tintura de iodo ou similar).  Tapar a ferida cunha gasa  Se a hemorraxia é abundante, facer unha vendaxe apertada sobre a gasa e acudir ao médico.  Traumatismo  Inmobilizar o membro danado.  Acomodar o accidentado, e poñerlle xeo na zona lesionada.  Se se sospeita que hai rotura ou lesión grave, avisar ao servizo de urxencias ou acudir ao médico.  Insolación  Levar a persoa con síntomas de insolación a unha zona fresca e de sombra  É recomendable mollarlle a cabeza, sentala ou deitala de lado e facerlle beber abundante líquido pouco a pouco. 16 - Indica que órganos se utilizan na actualidade para transplantar e cales son os principais problemas dos transplantes: Os órganos que utilízanse para transplante son o corazón, fígado, riles, pulmóns, páncreas e as córneas dos ollos. Os principais problemas do transplante son: - Rexeitamentos: cando se introduce no organismo un órgano transplantado ou ben se inxecta sangue nun ha transfusión, o sistema inmunitario pode reaccionar contra eses órganos ou tecidos, que recoñece como alleos ao igual que se foran un axente infeccioso, destruíndoos. No caso do sangue, se os grupos sanguíneos do receptor e do doador son incompatibles, a reacción do rexeitamento é tan violenta qyue se produce unha coagulación dentro dos vasos sanguíneos. Para evitalo, búscase que o órgano ou tecido transplantado sexa compatible, tendo similares antíxenos para que non sexa recoñecido como estraño. Como isto é moi difícil ao 100% subminístraselle ao paciente un tratamento inmunodepresor, que diminúen moito a capacidade de reacción do sistema inmunitario, deste xeito, atenúase o rexeitamento ao órgano novo, pero pon ao paciente en perigo de ser invadido por calquera axente patóxeno. - Contaxio de enfermidades: a sida, a hepatite e moitas outras enfermidades víricas poderían contaxiarse cun transplante. Para evitalo todos os tecidos e órganos doados sométense a 6
  • 7. BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 3º ESO - CPI AS REVOLTAS ACTIVIDADES TEMA 2 A SAÚDE HUMANA análises moi rigorosas. Na actualidade, en España é practicamente imposible que un transplante supoña o máis mínimo risco de contraer unha enfermidade. - Escaseza doadores: aínda que actualmente pódese doar certos órganos en vida (Porción do fígado ou 1 dos 2 riles) A maioría dos transplantes son a partir de persoas falecidas. Isto supón unha serie de circunstancias que fan que exista un número baixo de posibles doantes: - Os órganos deben estra en perfecto estado, polo que a persoa debe acabar de falecer e sen ter danos no órgano a transplantar. - O falecido debe dar o seu consentimento en vida (ser doante) ou os parentes tras a súa morte. Este é un problema que depende de vencer antigos tabús e da solidariedade humana e non da ciencia. Aínda así a ciencia esta a piques de resolver estes problemas coa investigacións coas chamadas células nai, que son células do noso corpo que son capaces de converterse en calquera tipo de tecido, órgano ou incluso orixinar un novo individuo. Deste xeito poderíanse fabricar novos órganos a partir de células do propio corpo evitando os problemas de rexeitamentos ou escaseza de órganos dos transplantes. 17- Indica e explica 2 alteracións do sistema inmune: Normalmente, o noso sistema inmunitario mantennos a salvo do ataque dunha gran variedade de axentes patóxenos que intentan invadir o noso organismo. Con todo, hai situacións en que o sistema inmunitario causa problemas, ben porque se activa fronte axentes inocuos, ben porque ataca as nosas propias estruturas: 1. As alerxias: unha alerxia é unha reacción descontrolada do sistema inmunitario ante un axente inocuo, como o pole, o po ou ácaros (arácnidos microscópicos que viven entre a nosa roupa e pelo). A reacción alérxica é similar á reacción inmunitaria inespecífica: inflamación das mucosas, secreción lacrimal e mucosa, e nalgúns casos febre. 2. Enfermidades autoinmunes: prodúcense cando o sistema inmunitario reacciona violentamente contra as células que que forman un tecido ou órgano propio, producindo unha morte celular masiva. Descoñécense as causas de que o sistema inmunitario se volva contra o propio organismo. Os síntomas son moi parecidos aos das enfermedades dexenerativas. 18 - Por que moitas infeccións víricas non inmunizan ao noso organismo contra reinfeccións posteriores? Os virus non son seres vivos, senón cápsulas de proteínas que conteñen información xenética en febras de ADN ou ARN, que son inxectada ás células. As febras de ADN son similares as que posúen as células para gardar a súa información, pero a febra de ARN é moito máis simple e inestable, podendo mutar e polo tanto cambiar a información con máis facilidade. Así moitos virus ARN como a gripe cambian frecuentemente a súa información, modificando así o seu aspecto, principalmente as proteínas con capacidade antixénica que forman a súa envoltura. Por esta razón, cando entran por segunda vez no organismo, os anticorpos producidos polos noso sistema inmunitario a primeira vez que tivo contacto con eles non serven, e os virus causan unha nova infección. Neste caso non é que o noso sistema inmunitario funcione mal, senón que o axente patóxeno cambia con gran rapidez. 7