SlideShare a Scribd company logo
1 of 88
UNIDADE 4. ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX:
A CONSTRUCIÓN DÚN RÉXIME LIBERAL
Promulgación da Constitución de 1812.
Salvador Viniegra, 1912
España e Galicia no século XIX: a construción dun réxime liberal
9. Galicia no s. XIX: conservadores e progresistas
1. A crise do Antigo Réxime (1808-1814)
2. O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo
3. Galicia no século XIX (1808-1833)
4. Independencia das colonias americanas (1808-1826)
5. A revolución liberal (1833-1843)
6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868)
7. O Sexenio democrático (1868-1874)
8. A Restauración monárquica (1874-1898)
Introdución
• Durante o século XIX, España viviu un proceso de construción
dun réxime político liberal. Intentouse durante a Guerra da
Independencia (1808-1814) pero será ao morrer Fernando VII
(1814-1833) cando se culmine a instauración do liberalismo en
España.
• Os monarcas viron limitados os seus poderes pola Constitución
e o Parlamento.
• Así e todo, o réxime liberal español caracterizouse pola
constante intervención do exército na vida política, por unha
participación moi restrinxida e pola limitación de liberdades.
• Os intentos de democratización durante o Bienio Progresista
(1854-1856) e, sobre todo, o Sexenio Democrático (1868-1874)
fracasaron.
A crise do Antigo Réxime
da Guerra da Independencia ao reinado de Fernando VII (1808-1833)
• GUERRA DA
INDEPENDENCIA
(1808-1814)
• REINADO DE
FERNANDO VII (1814-
1833)
– Sexenio absolutista
(1814-1820)
– Trienio liberal (1820-
1823)
– Década ominosa
(1823-1833)
Fernando VII, Goya
1. A crise do Antigo Réxime
Guerra da independencia (1808-1814)
1.1. A crise da monarquía borbónica
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
1.3. A Cortes de Cádiz
As abdicacións
de Baiona,
segundo un gravado
de 1800
Goya. 1800. A familia de Carlos IV
Carlos IV
Mª Luísa de Parma
Don Antonio Pascual,
irmán de Carlos IV
Don Luís,
príncipe de Parma
Carlota Joaquina,
irmá de Carlos IV
Infanta
Mª. Luísa
Carlos Luís
Infante
Francisco de Paula
Infanta
Mª Isabel
Futura esposa
de Fernando VII
Futuro
Fernando VII
Infante
Carlos Mª Isidro
Goya
Mª Josefa
irmá do rei
Ver vídeo
1.1. A crise da monarquía borbónica
• A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución francesa foi
declararlle a guerra a Francia (1793-1795), temerosa da expansión das
ideas liberais.
• A guerra foi un fracaso e a partir de 1799, Manuel Godoy, o ministro máis
influente, aliouse con Napoleón para enfrontarse a Gran Bretaña.
• Godoy autorizou o exército francés a atravesar España para atacar
Portugal (Tratado de Fontainebleau, 1807).
• O descontento de parte da poboación coas decisións de Godoy provocou
o estalido do Motín de Aranjuez, 1808, que forzou á dimisión do ministro e
a abdicación do rei no seu fillo Fernando VII.
• Ante esta situación, Napoleón decidiu convocar a Carlos IV e a Fernando
VII (Baiona-Francia), onde lles fixo abdicar e aceptar o nomeamento do seu
irmán Xosé Bonaparte como novo rei de España.
Motín de Aranjuez
Godoy asinou un tratado con Napoleón, permitindo
a entrada de tropas francesas en España coa
finalidade de ocupar Portugal, aliado de Gran
Bretaña.
Napoleón aproveitou a circunstancia para ocupar
España. Cando Godoy se decata tratou de
desprazar á familia real a Sevilla, pero estando en
Aranjuez produciuse un motín popular, instigado
pola camarilla do herdeiro, Fernando (VII)
Abdicacións de Baiona
1.1. A crise da monarquía borbónica
• Pai (Carlos IV) e fillo (Fernando
VII) recorreron a Napoleón
para solventar as súas
diferenzas.
• Reunidos con Napoleón en
Baiona, Carlos IV e Fernando
VII, Napoleón consegue a
abdicación de ambos ao trono
e nomea rei de España ao seu
irmán Xosé I Bonaparte.
• Convoca a Baiona a
persoeiros españois para
redactar unha Constitución,
pero que só podemos
considerar unha Carta
Outorgada: o Estatuto de
Baiona.
3 de mayo; Goya, 1815
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
• O 2 de maio de 1808
iniciouse o
levantamento en
Madrid contra a
ocupación francesa,
comezando a chamada
‘Guerra da
Independencia’.
• Foi tamén unha
guerra civil, pois os
franceses contaron co
apoio interesado ou
convencido de milleiros
de españois
(afrancesados) e unha
guerra internacional
(Francia contra Gran
Bretaña).
Patriotas no momento de serén
fusilados
Rostro tapado
non quere ver o inevitable
Talante melancólico
Protesta,
vingánza
Colérico
Resignación
Flemático
Desafío ante a inxustiza
Sanguíneo
Patriotas desangrándose
Patriotas no momento
de seren fusilados
Soldados franceses
Fusilamentos do 3 de maio
Ler o primeiro capítulo
Ver vídeo
Guerra da independencia
en Galicia
Batalla de Ponte
Sampaio
Sátira contra Napoleón
• Os ‘patriotas’ españois
rebeláronse para defender a
integridade territorial, porque
consideraban a Napoleón un
traidor e pola pillaxe exercida
polo exército francés.
• Non tiñan moito que perder e
foron animados pola Igrexa e
os nobres a unha guerra
fanática en defensa da relixión
e dos usos e costumes
tradicionais, fronte as ideas
da Revolución Francesa.
• Moitos ilustrados e liberais
apoiaron o levantamento
popular, como instrumento do
triunfo do liberalismo.
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
• Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, coordinadas por
unha Xunta Suprema Central, mentres grupos de patriotas se
organizaron en guerrillas.
• O levantamento impediu que Napoleón ocupara rapidamente o
país. A derrota de Bailén obrigou aos franceses a repregarse
cara o norte.
• Entre 1809 e 1812 o dominio francés foi claro, coa entrada en
España dun gran exército dirixido polo propio Napoleón.
• A axuda ofrecida polas tropas británicas foi decisiva e, a finais
de 1813, os franceses abandonaran o territorio español.
• Entre 1812 e 1814 os franceses recúan fronte ás tropas hispano-
británicas dirixidas por Wellington, ao que se suma a derrota de
Napoleón en Rusia. En 1814 remata a guerra.
• En 1813 asinouse o Tratado de Valençay, polo que Fernando VII
recuperaba a Coroa e Napoleón retiraba as súas tropas.
Victoria en Vitoria
Desastres da guerra; Goya, 1810-15
Con razón o sin ella No quieren
Y esto también Populacho
 Describe o que se representa
en cada gravado
 Que visión dan da guerra e
do comportamento humano?
 A que bando se critica?
Explica os tíulos: ‘con razón o
sin ella’ e ‘populacho’
 En que gravado se reflicte o
machismo? as violacións
ocorren só nas guerras? por
que?
 Quen son as principais
vítimas da guerra en todas as
épocas? que gravado
representa ás vítimas que non
loitan, aos refuxiados?
 Sinala algún exemplo de
guerra contemporánea na que
se teñan dado situacións
semellantes ás debuxadas por
Goya?
 Cres que a Guerra da
Independencia era xusta? e
outras guerras?
1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
A Guerra da Independencia, como todas, foi cruel e violenta e ninguén o
plasmou mellor que Goya.
A morte de John Moore
• En Galicia as principais batallas
desenvólvense entre xaneiro e
xuño de 1809, cando os franceses
se viron obrigados a abandonar o
territorio.
• O clero e os fidalgos foron os
impulsores das guerrillas, polo
temor a perder os seus privilexios.
• En xaneiro do 1809 prodúcese a
Batalla de Elviña, onde falece
John Moore.
• O 28 de marzo de 1809 as
guerrillas reconquistan Vigo e en
xuño derrotan aos franceses na
batalla de Ponte Sampaio
detacando a figura de Bernardo
González del Valle alcumado
Cachamuíña.
1.2. A Guerra da Independencia en Galicia
Batalla de Elviña
Xaneiro 1809
Marzo de 1809
Ponte Sampaio
Xuño 1809
Guerra da
independencia
en Galicia
Batalla de Ponte
Sampaio
1.3. As Cortes de Cádiz
• As abdicacións de Baiona deixaron un baleiro de poder, xa que o
rei Xosé I non gozou nunca da aceptación dos españois.
• Nas zonas non ocupadas polos franceses constituíronse Xuntas,
integradas por persoeiros de ‘prestixio’. Estas xuntas estarán
coordinadas pola Xunta Central.
• En 1810, a Xunta Central e substituída por un Consello de Rexencia
que convoca as de Cortes en Cádiz, único territorio non ocupado
polos franceses (setembro de 1810).
• As Cortes decidiron que todos os asistentes, independentemente
da súa orixe, se reunían nunha única Asemblea e o seu voto tiña o
mesmo peso.
• A cámara redactou unha Constitución, aprobada en 1812, que
reflectiu os principios básicos do liberalismo político.
• Pero a situación bélica impediu aplicar todo o lexislado en Cádiz.
Monumento ás Cortes, en Cádiz
• O proceso de elección dos
deputados das Cortes de Cádiz
foi moi irregular debido á
guerra.
• Os deputados estaban
divididos en dúas tendencias
ideolóxicas: liberais e
absolutistas (servís).
• Aprobáronse unha serie de
decretos que supoñen a
abolición do Antigo Réxime:
soberanía nacional e división
de poderes, abolición dos
señoríos xurisdiccionais e
do feudalismo, liberdade de
imprenta e supresión da
Inquisición.
1.3. As Cortes de Cádiz
• A Constitución de Cádiz (a Pepa),
malia as concesións feitas aos
servís, significou unha verdadeira
revolución que, de aplicarse,
supuña a fin do absolutismo.
• Soberanía nacional; sufraxio
universal masculino indirecto
(pero negábaselle aos criados, aos
escravos e para ser deputado
había que te un mínimo de renda);
separación de poderes; dereitos
e liberdades (igualdade xurídica,
agás para eclesiásticos e militares,
igualdade fiscal, imprenta);
propiedade privada;
centralización e uniformización
do Estado.
• Amplos poderes do rei,
imposición da relixión católica.
1.3. As Cortes de Cádiz
• A división entre liberais e
absolutistas quedou plasmada
na representación dos
deputados galegos en Cádiz
(dun total de 24 en 1810, 12
eran absolutistas, once
reformistas moderados e un
liberal. Aprobada a
Constitución de 1812,
convocáronse eleccións ás
Cortes ordinarias. Estes
comicios deixaron moi claro
quen controlaba o poder en
Galicia, dos 16 deputados
elixidos 14 eran absolutistas, e
deles dez eran cregos.
• Un representante significativo
desta tendencia foi o bispo de
Ourense Antonio Quevedo.
1.3. As Cortes de Cádiz
Postura dos deputados galegos
Xuramento dos deputados en Cádiz, 1810; Casado del Alisal,
1863
Aprobación da Constitución de 1812; Viniegra, 1911-12
 En que se diferenzan as Cortes de Cádiz das convocadas antes, durante o Antigo Réxime? como se elixiron
os deputados? por que se reuniron en Cádiz?
 Por que venceron as ideas liberais ás absolutistas? a que grupos sociais representaban os deputados?
 Que é unha Constitución? que principios se recollen na mesma que supoñen a ruptura co absolutismo?
 En que melloraba á vida das persoas a aplicación das medidas recollidas na Constitución?
 Fíxate no cadro da esquerda, que persoeiros teñen un papel máis destacado? e no da dereita? a que de debe
o cambio?
 Cantas mulleres aparecen nos cadros? puideron votar nas eleccións a Cortes e ser deputadas? poderían
facelo despois da aprobación da Constitución?
1.3. As Cortes de Cádiz
2. Fernando VII: 1814-1833
O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo
2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820)
2.2. O Trienio Liberal (1820-1823)
2.3. O creba do absolutismo: a década ominosa
(1823-1833)
Manifesto dos persas, 1814
• En 1814 Fernando VII (o
desexado) regresou a
España, e aboliu a
Constitución, volvéndose
ao absolutismo.
• Foi apoiado polos
privilexiados do Antigo
Réxime, que asinaron un
escrito coñecido como
‘Manifesto dos persas’.
• Suprimiu todos os decretos
das Cortes de Cádiz.
2.1. Fernando VII (1814-1820)
A restauración do absolutismo
Tratado de Valençay La Pepa me importa un pito
Viva las caenas!
Documental
Restauración do Antigo Réxime
Restablecemento da Inquisición 1819. Inauguración do Museo do Prado
Juan Díaz Porlier “El Marquesito”
• Os partidarios do liberalismo
foron perseguidos e moitos
tiveron que exiliarse.
• Organizáronse en sociedades
secretas e organizaron
numerosas intervencións
armadas, pronunciamentos,
para conseguir a implantar un
réxime constitucional.
• Os pronunciamentos
fracasaron e os seus
organizadores detidos e
executados, como lle ocorreu a
Porlier na Coruña en 1815.
2.1. Fernando VII (1814-1820)
A restauración do absolutismo
O enfermo pola Constitución
• En 1820 o pronunciamento de
Riego, coas tropas que ían
combater aos independentistas
americanos, foi apoiada por
outros militares e burgueses.
• O rei viuse obrigado a xurar a
Constitución, volvendo a estar
vixente a lexislación aprobada
nas Cortes de Cádiz.
• As novas Cortes restauraron
gran parte das reformas de
Cádiz. Creouse a Milicia
Nacional, un corpo de
voluntarios armados que
defendían a orde liberal.
2.1. Fernando VII (1820-1823)
O Trienio Liberal
Levantamento de Riego
As Cortes durante o Trienio Liberal
Execución de Riego
2.1. Fernando VII (1820-1823)
O Trienio Liberal
Execución de Riego
• Este proceso reformista non lle
agradaba a Fernando VII, que
lles pediu axuda ás potencias
europeas para restaurar o
absolutismo.
• A intervención da Santa
Alianza, enviando a España un
exército francés, (‘Os cen mil
fillos de San Luis’) foi a que
decidiu a volta ao absolutismo.
• Anuláronse as reformas
liberais e moitos dos líderes do
Trienio foron executados (como
Riego) ou marcharon ao exilio.
• A volta ao absolutismo implicou a destrución da obra lexislativa
do Trienio. Pero os gobernos de Fernando VII non lles souberon
dar solución aos problemas do país.
• Existía unha difícil situación económica. O tesouro público
estaba en bancarrota (guerra da Independencia e independencia
das colonias americanas)
• Era imprescindible unha reforma fiscal que obrigase os
privilexiados a contribuír cos seus impostos. Pero estes eran os
principais defensores do absolutismo e a monarquía, xeraba
unha enorme contradición.
• Produciuse un conflito dinástico. Fernando VII tivera só fillas e a
Lei Sálica impedíalles ás mulleres reinar en España.
• Déuselle o trono a Isabel, grazas á Pragmática Sanción, ditada
polo rei. Pero moitos absolutistas non aceptaron o cambio.
2.1. Fernando VII (1830-1833)
A Década Absolutista (Ominosa)
Fusilamiento de Torrijos; Gisbert, 1888
2.1. Fernando VII (1830-1833)
A Década Absolutista (Ominosa)
• O estado de terror imposto
por Fernando VII moderouse
desde 1826, aplicando
algunhas reformas para
mellorar a catastrófica
situación do país.
• Organizáronse grupos de
radicais absolutistas
(apostólicos ou realistas
puros), agrupados arredor
da figura de Carlos de
Borbón, irmán do rei.
• Seguiron os intentos
conspirativos e
pronunciamentos para
restablecer o réxime
constitucional, duramente
reprimidos (Mariana Pineda,
Torrijos)
Execución de Mariana Pineda
Mariana Pineda en capilla.
Juan Antonio Vera Calvo, 1862
2.1. Fernando VII (1830-1833)
A Década Absolutista (Ominosa)
• Mariana Pineda naceu en
Granada no ano 1804.
Viúva dun militar liberal e
nai de dous fillos,
relacionábase cos círculos
liberais da súa cidade.
• En 1831 foi detida e
axustizada por bordar
clandestinamente unha
bandeira liberal. Ao coñecer
a senteza dixo: A
lembranza do meu suplicio
ha de facer máis pola nosa
causa que tódalas
bandeiras do mundo.
• O irmán menor
de Fernando
VII, Carlos IV,
reclamará o
trono de España
fronte a súa
sobriña, a futura
Isabel II.
Inícianse así as
Guerras
Carlistas.
Detalle do retrato da
familia de Carlos IV. Goya. 1800
2.1. Fernando VII (1830-1833)
A Década Absolutista (Ominosa)
Disputa dinástica.
Litografía humorística nun
xornal francés (1833)
Isabel II
Rexenta Mª Cristina
Inglaterra
Francia
Armas á venda
Pireneos
Partidarios Lei Sálica
(absolutistas)
4. Independencia das colonias
americanas (1808-1826)
4.1. As causas da independencia
4.2. A fin do Imperio americano
4.3. Os problemas das novas repúblicas
4.1. As causas da independencia
• A comezos do século XIX, o malestar nas colonias desde
había décadas estoupou en forma de guerras de
independencia. Varios factores contribuíron a iso:
• A difusión das ideas ilustradas e dos principios de
liberdade e igualdade promovidos pola Revolución
francesa.
• O éxito da revolta das colonias británicas de América do
Norte, que acabou coa proclamación da independencia
de Estados Unidos en 1776.
• O descontento da burguesía crioula.
4.2. A fin do Imperio americano
• A Guerra da Independencia en España suscitou a
formación de Xuntas tamén nas colonias americanas, que
non acataron a monarquía de Xosé Bonaparte.
• Os membros das Xuntas negáronse a aceptar a autoridade
da Xunta Central Suprema.
• Os focos máis importantes de secesión orixináronse en
Venezuela (Simón Bolivar) e no vicerreinado da Prata (San
Martín): Paraguai e Arxentina foron as primeiras nacións
independentes.
• En 1814, tras a guerra contra os franceses, as tropas
españolas conseguiron restablecer o dominio nas
colonias. Pero a insurrección xeneralizouse dende 1816:
4.2. A fin do Imperio americano
• San Martín dirixiu unha expedición atravesando os Andes,
derrotando aos españois en Chacabuco (1817), logrando a
indepencia de Chile.
• No Norte, Bolívar derrotou aos españois e fundou a Gran
Colombia (1821), que despois dividiríase en Venezuela, Colombia,
Ecuador e Panamá.
• A rebelión levada a cabo por Iturbide, en México, logrou a
independencia en 1821, que foi seguida de toda América Central.
• Sucre derrota aos españois en Ayacucho (1824) e emancipou
Perú e Bolivia.
• España perde todas as sús colonias agás Cuba, Filipinas e Porto
Rico.
4.3. Os problemas das novas repúblicas
• As novas repúblicas americanas naceron con graves
problemas, xa que os intereses dos caudillos locais
impediron a creación dunha América unida.
• América fragmentouse en múltiples repúblicas.
Consolidouse o poder dos xefes militares e a
constante intromisión do exército na vida política.
• Esquecéronse as necesidades da poboación
indíxena, negra e das clases populares. De aí que a
sociedade poscolonial nacese con grandes
desigualdades sociais e económicas.
Independencia da América Hispana
Chacabuco, 1817
Independencia de Perú
5. A revolución liberal (1833-1843)
5.1. A guerra carlista
5.2. As reformas progresistas
5.3. A rexencia de Espartero
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
• Á morte de Fernando VII, desencadeouse unha guerra civil por
mor dos partidarios de Carlos, irmán do rei defunto á Coroa, e de
María Cristina, filla do rei.
• Os partidarios do carlismo (nobreza agraria, clero e
campesiñado) eran os defensores do Antigo Réxime.
• Os isabelinos presentaban distintos intereses. A monarquía e a
nobreza defendían o trono e os seus privilexios, pero viron que
uníndose aos liberais se poderían enfrontar ao carlismo.
• Os focos máis importantes da insurrección carlista xurdiron no
País Vasco, Navarra, Catalunya, Aragón e Valencia. Pero os
carlistas non conseguiron ocupar ningunha cidade importante e
o exército liberal impúxose claramente ao seu dominio.
• A guerra prolongouse durante sete anos (1833-1840). O Convenio
de Vergara púxolle fin á guerra, pero o carlismo mantívose ao
longo de case todo o século XIX.
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
A guerra civil entre carlistas
(absolutistas) e isabelinos
(liberais) tivo como
escenarios principais as
Provincias Vascas, Navarra,
norte de Cataluña e o
Maestrazgo, onde as partidas
carlistas se fixeron fortes.
Os principais xenerais
carlistas foron
Zumalacárregui, Maroto e
Cabrera.
Os carlistas defendían o
modelo absolutista do Antigo
Réxime: Deus, rei e fueros.
Tiveron o apoio do clero, dos
campesiños das rexións forais
e dos fidalgos.
Conseguiron controlar un
extenso territorio pero
fracasaron na toma das
cidades, como Bilbao en 1835.
En Galicia houbo numerosas
partidas carlistas nos
territorios de influencia
monástica e tiveron tamén o
apoio do clero de Santiago.
Don Carlos, Zumalacárregui e o seu Estado Maior
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
Oriamendi
Os éxitos militares dos exércitos
liberais dirixidos por Espartero e
a división do bando carlista
levaron ao final da guerra coa
sinatura do Convenio de
Vergara (1839) entre Maroto e
Espartero. Cabrera continuou
loitando no Maestrazgo ata
1840.
No Convenio recoméndase ás
Cortes o mantemento dos fueros
e recoñécesen os empregos e
graos militares do exército
carlista. A cambio os carlistas
recoñecían a Isabel II. O
Convenio non foi aceptado por
Carlos de Borbón.
Abrazo de Vergara entre Maroto e Espartero
5.1. A guerra carlista (1833-1840)
Abrazo de Vergara
5.2. As reformas progresistas
• Os liberais atopábanse divididos en dúas faccións: os
moderados e os progresistas.
• En medio da guerra carlista, María Cristina impulsou a
formación dun goberno liberal. Primeiro intentou facelo
cos moderados, pero ao final chamou ao goberno aos
progresistas.
• Entre 1835 e 1837, os progresistas implantaron un réxime
liberal. Este proceso culminou coa Constitución de 1837,
que inaugurou un período de monarquía parlamentaria en
España.
• O novo texto recoñecía a soberanía nacional e os dereitos
individuais pero aceptaba o papel moderador da Coroa.
Isabel só tiña tres anos cando
accedeu ao trono, polo que foi
nomeada rexente a súa nai
María Cristina. Esta apoiouse
nos liberais para facer fronte á
rebelión carlista.
Apróbase o Estatuto Real de
Martínez de la Rosa
En 1833 aprobouse unha
reforma centralista do Estado,
dividíndoo en provincias. Máis
tarde creáronse as Deputacións
Provinciais, as Audiencias e os
partidos xudiciais.
Rexencia de Mª Cristina (1833-1839)
En 1834 aprobouse o Estatuto Real, unha
Carta Outorgada que non recoñecía a
soberanía nacional.
Un pronunciamento de carácter
progresista, o Motín dos sarxentos da
Granxa, obrigou á rexente a restablecer a
Constitución de 1812, mentres se redactou
unha nova Constitución, a de 1837,
progresista.
Na Constitución recoñecíase a soberanía
nacional e contiña unha ampla relación de
dereitos. Pero tamén recollía principios do
liberalismo doutrinario moderado: amplo
poder do rei, sufraxio censatario, estado
confesional aínda que tolerante con outras
crenzas, bicameralismo.
Rexencia de Mª Cristina (1833-1839)
María Cristina obrigada a asinar a
Constitución de 1812 polos sarxentos
de La Granja, 1836
Sublevación de La Granja
En 1836, o ministro progresista
Mendizábal aprobou a
Desamortización dos bens do clero
cos obxectivos de conseguir
financiamento para a guerra contra
os carlistas, gañar apoio para Isabel
II entre os novos propietarios e
desmantelar o poder da Igrexa,
bastión do Antigo Réxime e apoio
dos carlistas.
Tamén aprobou o sistema de
redención de quintas (tamén existía
a substitución). O servicio militar,
obrigatorio en teoría, recaeu sobre as
clases populares.
María Cristina e Mendizábal
Rexencia de Mª Cristina (1833-1839)
En 1840, despois dun período
de gobernos moderados
apoiados pola rexente, un
pronunciamento da Milicia
Nacional, de carácter
progresista, levou á Rexencia
a Espartero.
O progresista xeneral
Espartero foi nomeado
rexente, pero as medidas
librecambistas e o
autoritarismo con que
gobernou valéronlle a
oposición de boa parte do
país.
En 1843, Espartero dimitiu e
as Cortes adiantaron a maioría
de idade de Isabel II e
proclamárona raíña.
Bombardeo de Barcelona, 1942
Espartero
Rexencia de Espartero (1840-1843)
A Rexencia de
Espartero
6. A etapa isabelina: o liberalismo
moderado (1843-1868)
6.1. A Década Moderada (1843-1854)
6.2. Do Bienio Progresista (1854-1856)
á crise do sistema isabelino (1857-
1868)
6. A etapa isabelina: o liberalismo
moderado (1843-1868)
Sabela II, popular e castiza herdara do seu
pai algúns dos seus máis notorios defectos.
Nunha época de grandes paixóns política
non soubo colocarse por riba delas nunha
neutralidade que é a esencia mesma da
realeza na mecánica institucional. Era
caprichosa e voluble, apaixonada e
obstinada, supersticiosa e inculta. Inclinada
á intriga palatina, algunha das crises do
reinado producen auténtico bochorno. Nun
instante esquecía lealdades e servizos
para seguir o camiño que calquera estraño
lle sinalaba (...). O seu desgraciado
matrimonio (...) foi outro motivo do seu
descrédito. Os desencontros e rupturas
conxugais constituíron a rexouba dos
cortesáns, os políticos e o pobo baixo. Por
outro lado (...) a protección que a raíña
dispensou a militares (...) puxeron en
dúbida o seu prestixio persoal. Non acaban
aí as lacras. Polo Palacio real entra e sae
unha relixiosa milagreira, sor Patrocinio, a
monxa das chagas, que fai e desfai ao seu
capricho e a quen se lle imputan as
preferencias rexias pola política moderada.
(Antonio RUMEU DE ARMAS “Hª España
Contemporánea, 1968)
Isabel II con Sor Patrocinio, “a monxa miragreira”
Isabel II
Caricaturización de Sabela II
Un pronunciamento militar
moderado derrubou a Espartero
en 1843. Os moderados, baixo o
liderado de Narvaez e apoiados
sempre pola raíña (declarara
maior de idade con 13 anos),
aprobaron a Constitución de
1845, a máis restritiva do século
onde se plasman os principios do
liberalismo doutrinario: soberanía
compartida, supremacía da
Coroa fronte ás Cortes, sufraxio
moi restrinxido (só uns 100.000
homes), limitación dos dereitos e
liberdades, confesionalidade do
Estado... Isabel II xura a Constitución de 1845
6. A etapa isabelina
A década moderada (1843-1854)
Inauguración do Congreso dos Deputados
Os moderados aprobaron unha serie
de leis centralistas e conservadoras.
En 1844 fundouse a Guardia Civil
para ‘protexer as persoas e
propiedades dentro e fóra das
poboacións’. Foi o primeiro corpo de
orde pública de ámbito estatal. A súa
labor centrouse na protección da
propiedade rural e na represión das
revoltas campesiñas.
Aprobouse tamén unha Lei de
Concellos (1845) que impuña o
nomeamento dos alcaldes polo
Goberno ou o gobernador civil
6. A etapa isabelina
A década moderada (1843-1854)
En 1845 aprobouse unha reforma
tributaria que unificaba as
contribucións facendo caer a carga
fiscal nos impostos indirectos
(consumos) en prexuízo das clases
populares.
No ano 1851 asinouse o
Concordato co Vaticano, vixente
ata 1931, que deixou en mans da
Igrexa a supervisión do ensino e a
censura das publicacións, ademais
de garantir o mantemento do clero
por parte do Estado. A cambio, a
Igrexa aceptou a perda dos bens
desamortizados.
6. A etapa isabelina
A década moderada (1843-1854)
Narváez
Narváez
Os progresistas, ante a imposibilidade
legal de acceder ao poder recorreron
aos pronunciamentos.
En 1846 o capitán Solís pronunciouse
en Lugo. Tivo apoios noutras
localidades galegas, chegando a
formar unha Xunta Superior de Galicia
en Santiago da que foi secretario
Antolín Faraldo.
Os sublevados foron derrotados e
Solís e once oficiais foron fusilados en
Carral: Mártires de Carral.
Neste levantamento, xunto a peticións
progresistas, atópanse outras
propiamente galegas
(provincialismo). Banda deseñada de Xaquín Marín
6. A etapa isabelina
A década moderada (1843-1854)
Os progresistas e os moderados
descontentos (Unión Liberal de
O’Donnell) pronunciáronse en
1854 (a Vicalvarada), obrigando á
raíña a nomear xefe de Goberno
a Espartero.
Elaborouse unha nova
Constitución non promulgada, e
aprobáronse leis tan importantes
como a Lei de Ferrocarrís e a
Lei de Desamortización Xeral
(Madoz) que, con fins
facendísticos, puxo a venda os
bens comunais e dos concellos,
transformándoos en propiedade
privada.
6. A etapa isabelina
O Bienio Progresista (1854-1856)
Bienio Progresista
O malestar social en aumento foi a
escusa de O’Donnell para pedirlle á
raíña o cese de Espartero. O exército
venceu á Milicia Nacional e
restableceuse a Constitución de 1845.
Neste período alternáronse no
Goberno os partidos moderado e
unionista. Nos primeiros anos
producíronse unha serie de
intervencións do Exército español
no estranxeiro, buscando unha
política de prestixio patriótico. A
intervención de máis sona
desenvolveuse en Marrocos,
comezando entre os militares o
‘africanismo’, unha visión do Norte de
África como un espazo de conquista
onde gañar honores e medalla, que se
mantivo ata o franquismo.
‘Los gloriosos trofeos ganados a los
marroquíes en la toma de Tetuán por el bravo
ejército español, paseados triunfalmente en
presencia de SS.MM y AA.RR en 14 de febrero
de 1860’, Joaquín Sigüenza y Chavarrieta
6. A etapa isabelina
Segundo período moderado (1856-1868)
Levantamento de O’Donnell
Coa demisión de O’Donnell abriuse un
período de fonda crise no sistema
político. Os gobernos foron cada vez
máis autoritarios, provocando o exilio de
progresistas, demócratas e republicanos.
A impopularidade da raíña medrou ante
a imaxe dunha camarilla de cortesáns
corruptos e integristas, e o afondamento
da crise económica.
Os conflitos foron en aumento, sendo a
represión a única resposta. En 1866
fusilouse a 68 sarxentos e soldados
implicados nun pronunciamento. Nese
mesmo ano a oposición asinou o Pacto
de Ostende para derrocar a Isabel, o que
conseguirán cun novo pronunciamento
en setembro de 1868.
Isabel II chega a Francia, 1868
6. A etapa isabelina
Segundo período moderado (1856-1868)
O’Donnell
Caída do reinado de Isabel II
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.1. A Revolución de 1868
7.2. A monarquía democrática (1870-1873)
7.3. A Primeira República (1873-1874)
GOBERNO PROVISIONAL AMADEO I SABOYA PRIMEIRA REPÚBLICA SERRANO
Revolución
De 1868
Topete
Figueras
Serrano
Prim
Pi i Margall
Salmerón
Castelar
Pavía
Sagasta
Martínez
Campos
Escudo
Monárquico
• A partir de 1866 produciuse unha grave crise económica que,
unida ao desgaste político do réxime isabelino, desencadeou
unha revolución contra a monarquía.
• Os sublevados foron aqueles grupos marxinados do poder:
unionistas, progresistas e demócratas que se uniron para
presentar unha alternativa ao sistema: democratización da vida
política e recuperación económica (Pacto de Ostende).
• O movemento encabezado por Prim (progresista) e Serrano
(unionista) estalou en 1868 coa sublevación da escuadra do
brigadier Topete na baía de Cádiz. O movemento estendeuse a
outras cidades.
• Formouse un goberno provisional que impulsou un programa
de reformas.
• Finalmente, elixíronse unhas novas Cortes, que aprobaron a
Constitución de 1869, de carácter democrático.
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
O movemento revolucionario estalou
en setembro de 1868 polo brigadier
Topete en Cádiz, seguindo o
esquema clásico dos
pronunciamentos, baixo o lema Viva
España con honra! O alzamento
militar foi masivamente seguido,
constituíndose xuntas por toda a
xeografía nacional.
As peticións das xuntas eran moito
máis radicais cas dos xenerais.
Ademais de cambios políticos
democráticos reclamaban a
supresión das quintas, da pena de
morte e dos impostos de consumos.
Alegoría da revolución
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
Revolución de 1868
A Constitución de 1869 foi a
máis democrática de Europa
nese momento: recóñeceuse o
sufraxio universal masculino
e unha ampla relación de
dereitos e liberdades. Por
primeira vez se recolleron os
dereitos de reunión e
asociación, e a liberdade de
cultos.
A soberanía nacional é a orixe
de todo poder, mesmo o da
monarquía. O poder reside nas
Cortes, formadas por Congreso
e Senado, este cun carácter de
representación territorial.
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
Goberno provisional
Goberno provisional
Na Constitución establéceuse que ‘a
nación española é unha monarquía’
(art. 33). A busqueda dun rei dividiu
aos partidos, sendo finalmente
escollido o fillo do rei de Italia,
Amadeo de Savoia, co apoio de
Prim.
A candidatura de Amadeo só foi
apoiada por 191 dos 344
deputados, e foi moi mal recibido
polas elites sociais e caricaturizado
polo pobo. O seu principal apoio, o
xeneral Prim, foi asasinado tres días
antes da chegada do monarca, o 30
de decembro de 1870.
Prim, Serrano e Topete poxan a Coroa española
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.2. A monarquía democrática (1870-1873)
Morte de Prim
• Amadeo contou sempre coa
oposición dos moderados, dos
carlistas e da Igrexa, que se
mantiveron fieis aos Borbón.
Moitos demócratas
proclamáronse republicanos.
• Ademais, o novo rei tivo que lle
facer fronte ao estoupido de
dous conflitos armados: unha
insurrección na illa de Cuba
(1868) e unha nova guerra
carlista, que se iniciou en 1872.
• Amadeo de Savoia renunciou
ao trono en febreiro de 1873.
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.2. A monarquía democrática (1870-1873)
Gisbert: Retrato de Amadeo I
Amadeo I de Saboya
Outra guerra carlista
1ª guerra de Cuba (1868-1878)
• Ante a abdicación do rei, as Cortes españolas votaron a
proclamación da República (1873).
• A República naceu con escasas posibilidades de éxito,
aínda que foi recibida con entusiasmo polos sectores
populares das cidades.
• Os republicanos tiñan un amplo programa de reformas
sociais e pretendeuse organizar o Estado de forma federal.
• En xaneiro de 1874, un golpe de Estado levado a cabo polo
xeneral Pavía disolveu as Cortes e entregoulle a
presidencia do executivo ao xeneral Serrano.
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.3. A primeira república (1873-1874)
O 11 de febreiro de 1873, ante a
falta de alternativas, as Cortes
proclamaron a República. O novo
réxime durou moi pouco e
caracterizouse pola división dos
republicanos (houbo catro
presidentes en só un ano) entre
federalistas e unitarios, e a
agudización dos conflitos.
O 11 de xuño presentouse un
proxecto de Constitución
federal, que organizaba España
como unha federación de 17
Estados federados, incluídos
Cuba e Porto Rico.
Sátira da I República, unitaria ou federal
Proclamación da I república
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.3. A primeira república (1873-1874)
Os federais radicais, partidarios
dunha confederación, no verán de
1873, iniciaron o levantamento
cantonalista. O primeiro cantón en
proclamarse independente foi o de
Cartaxena.
Nalgúns lugares, como Alcoi, os
anarquistas sumáronse á insurrección
pedindo melloras para os obreiros.
Houbo 16 mortos e 20 feridos.
O Goberno republicano apoiouse nos
militares, esmagando a rebelión
cantonalista, agás en Cartagena. O
presidente Salmerón dimitiu ao
negarse a asinar penas de morte,
sendo substituído por Castelar, que
aumentou as accións represivas.
Sátira do cantonalismo
Bmbardeos en Cartagena
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
7.2. A primeira república (1873-1874)
O 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía,
reclamado pola burguesía conservadora,
deu un golpe de Estado. Entrou nas
Cortes e disolveu o Parlamento.
Da República só quedou o nome. O
xeneral Serrano gobernou por decreto
apoiado polo exército. A inestabilidade
continuou a pesar da forte represión:
disolveu a Internacional, perseguiu aos
republicanos e esmagou o cantón de
Cartagena.
A solución alfonsina que preparaba
Cánovas foi á saída elixida polas clases
dirixentes. O pronunciamento do xeneral
Martínez Campos o 29 de decembro de
1874 deu paso á Restauración
borbónica.
Pavía disolve as Cortes
7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
A ditadura de Serrano (1874)
8. A Restauración borbónica (1874-1898)
8.1. O sistema canovista
8.2. Os nacionalismos
8.3. A crise do 98
8. A Restauración borbónica (1874-1898)
• En 1874, o xeneral
Martínez Campos
proclamou a Alfonso
de Borbón, fillo de
Isabel II, rei de España.
• A restauración
monárquica foi recibida
con satisfacción polos
grupos conservadores
que esperaban que a
monarquía lles
devolvese o control
político e económico do
Estado e garantise a
orde social.
Alfonso XII entérase que vai ser rei
Alfonso XII coroado rei
Voda con Mª das Mercedes de Orleáns
¿Dónde vas Alfonso XII?
8.1. O sistema canovista
• O sistema político configurado por Cánovas del Castillo
tiña un carácter conservador e fundamentábase nun
sistema parlamentario liberal, pero pouco democrático.
• Existían dous grandes partidos:
• O partido conservador era partidario do inmobilismo
político, da defensa da Igrexa e da orde social.
• O partido liberal amosábase inclinado a un reformismo
de carácter máis democrático, laico e social.
• A estabilidade do sistema viuse favorecida pola
redacción dunha nova Constitución (1876), de carácter
moderado.
• Tamén se conseguiu a pacificación co fin da guerra
carlista (1876) e a guerra de Cuba (paz de Zanjón, 1878)
A Constitución de 1876
Sistema Canovista
Sistema canovista 2
Paz de Zanjón (1878)
O pacificador
Pacto do Pardo (1885)
Rexencia de Mª Cristina (1885-1902)
Sistema caciquil na Restauración
Caciquismo en Galicia
Cánovas del Castillo Sagasta
José Grases Riera, Monumento a Alfonso XII no estanque do Retiro, 1902
8.2. Os nacionalismos
• O afianzamento dun Estado centralizado e uniformista
provocou a emerxencia de movementos nacionalistas:
• En Cataluña, a Renaixença, un movemento que reivindicaba a
lingua e a cultura catalás, deu paso ao xurdimento de
organizacións políticas que pedían a autonomía.
• No País Vasco, a abolición dos foros, despois da derrota
carlista, xerou un movemento de protesta que culminou na
creación do Partido Nacionalista Vasco por Sabino Arana.
• En Galicia, o galeguismo mantívose durante moitos anos
como un movemento cultural con poucas repercusións
políticas.
O SÉCULO XIX
A CONCIENCIA DE PAÍS
GALICIA
O século XIX a conciencia de país
Galicia como centro
 Galicia amosa, dende mediados do
século XIX, un movemento cultural,
ideolóxico e político que a diferenza do
resto do Estado: o galeguismo.
Este movemento forxarase en dous
movementos de tipo político:
provincialismo e rexionalismo.
E outro cultural: o rexurdimento.
Galicia como centro
o provincialismo
 A primeira manifestación do galeguismo nace nos
anos 1840-1846, no seo do Partido Progresista.
 Débelle o seu nome á defensa da recuperación da
unidade institucional administrativa, social, cultural e
económica de Galicia fragmentada nas catro
provincias, así como á reivindicación de certos
niveis de autogoberno.
 O primeiro grupo provincialista, moi concentrado en
Santiago, está formado por estudantes
universitarios, médicos, avogados e profesores e
máis algún militar.
Galicia como centro
o provincialismo
 Este grupo introduce no pensamento galego o
historicismo, isto é, a convicción do carácter
singular de cada pobo, que se manifesta nunha
traxectoria histórica propia e ás veces tamén, nun
conxunto de caracteres étnicos irrepetibles.
 Para os provincialistas, Galicia era un organismo
colectivo diferenciado, cuns dereitos culturais,
económicos e políticos que deberían ser atendidos
a partir dunha descentralización parcial do poder
político.
 O seu líder destacado será Antolín Faraldo.
 Saber máis: Provincialismo
Antolín Faraldo.
Representante destacado
do movemento provincialista
Antolín Faraldo
Galicia como centro
o provincialismo
Galicia como centro
Mártires de Carral: revolución liberal ou provincialista?
Mártires de Carral: revolta liberal ou provincialista?
Märtires de Carral
Galicia como centro
o Rexurdimento
 Xunto as ideas provincialistas e románticas
do século XIX, aparece a vontade de lle
devolver á lingua galega o rango de lingua
culta e literaria que perdera nos últimos
séculos.
 Isto provocou unha idade de ouro da
literatura galega, un movemento
denominado Rexurdimento.
 Rosalía de Castro, Curros Enríquez e
Pondal serán os seus máximos
representantes.
O proceso contra Curros
Galicia como centro
o Rexionalismo
 Entre 1885 e 1890, o provincialismo transfórmase
en rexionalismo.
 O programa común do rexionalismo formulado por
Alfredo Brañas e Manuel Murguía, reclamaba a
autonomía política de Galicia, a erradicación do
caciquismo, a cooficialidade do galego e a
regaleguización do funcionariado e da cultura do
país, así como políticas superadoras do atraso
económico e da emigración.
 Fudouse a Asociación Rexionalista Galega e a Liga
Galega da Coruña.
Nación de Breogán 1
Nación de Breogán 2
Nación de Breogán 3
Manuel Murguía
Alfredo Brañas
8.3. A crise do 98
• No ano 1895 estalou unha nova insurrección en
Cuba pola incapacidade da administración
española para facer reformas políticas, dotala de
autonomía e reducir o control económico.
• Ademais, Estados Unidos apoiaba os insurrectos
por mor dos aranceis que impedían o comercio.
• A fin do conflito chegou en 1898, cando EUA lle
declarou a guerra a España, tras o afundimento do
acoirazado americano Maine no porto da Habana.
• Despois dunha curta guerra, España foi derrotada
e perdeu as súas últimas colonias: Cuba, Porto
Rico e Filipinas.

More Related Content

What's hot (20)

Cricket101
Cricket101Cricket101
Cricket101
 
Ip & sports merchandising
Ip & sports merchandisingIp & sports merchandising
Ip & sports merchandising
 
Apuntes floorball 1º ESO
Apuntes floorball 1º ESOApuntes floorball 1º ESO
Apuntes floorball 1º ESO
 
La Guerra de Sucesión
La Guerra de SucesiónLa Guerra de Sucesión
La Guerra de Sucesión
 
Bloque 5,2, Historia de España
Bloque 5,2, Historia de EspañaBloque 5,2, Historia de España
Bloque 5,2, Historia de España
 
Revolucion Francesa 1789 - 1799
Revolucion Francesa 1789 - 1799Revolucion Francesa 1789 - 1799
Revolucion Francesa 1789 - 1799
 
Deportes Alternativos Pablo Zamora
Deportes Alternativos Pablo ZamoraDeportes Alternativos Pablo Zamora
Deportes Alternativos Pablo Zamora
 
Hurling
HurlingHurling
Hurling
 
Chap11 Fr Rev
Chap11 Fr RevChap11 Fr Rev
Chap11 Fr Rev
 
La España del s. XVIII: la práctica del Despotismo Ilustrado. Carlos III.
La España del s. XVIII: la práctica del Despotismo Ilustrado. Carlos III.La España del s. XVIII: la práctica del Despotismo Ilustrado. Carlos III.
La España del s. XVIII: la práctica del Despotismo Ilustrado. Carlos III.
 
La crisis del Antiguo Régimen en España
La crisis del Antiguo Régimen en EspañaLa crisis del Antiguo Régimen en España
La crisis del Antiguo Régimen en España
 
20th century Spain
20th century Spain20th century Spain
20th century Spain
 
Bloque 5,1
Bloque 5,1Bloque 5,1
Bloque 5,1
 
6 sexedemoc21
6 sexedemoc216 sexedemoc21
6 sexedemoc21
 
Age of Napoleon
Age of NapoleonAge of Napoleon
Age of Napoleon
 
Bloque 12: Normalización Democrática de España e Integración en Europa
Bloque 12: Normalización Democrática de España e Integración en Europa Bloque 12: Normalización Democrática de España e Integración en Europa
Bloque 12: Normalización Democrática de España e Integración en Europa
 
Apuntes floorball-4ºeso Unihockey
Apuntes floorball-4ºeso UnihockeyApuntes floorball-4ºeso Unihockey
Apuntes floorball-4ºeso Unihockey
 
Fernando Vii 1814 33
Fernando Vii 1814 33Fernando Vii 1814 33
Fernando Vii 1814 33
 
Primera guerra carlista
Primera guerra carlistaPrimera guerra carlista
Primera guerra carlista
 
The Spanish Civil War
The Spanish Civil WarThe Spanish Civil War
The Spanish Civil War
 

Similar to España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo

Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalAgrela Elvixeo
 
A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)velazquezturnes
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencialorenaamarelle
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoEVAVIDALFERRO
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Esodudashistoria
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXrubempaul
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoDudas-Historia
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaAgrela Elvixeo
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiapablokatt
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réximexosea
 

Similar to España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo (20)

Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberalUnidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
Unidade 5. Inicios e consolidación do réxime liberal
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)A implantación do liberalismo en españa (1)
A implantación do liberalismo en españa (1)
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º EsoTema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
Tema 4. Leccións 1 e 2. 4º Eso
 
Tema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIXTema 4. España no século XIX
Tema 4. España no século XIX
 
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e NacionalismoTema 2. Liberalismo e Nacionalismo
Tema 2. Liberalismo e Nacionalismo
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Tema 4 sociais
Tema 4 sociaisTema 4 sociais
Tema 4 sociais
 
Cadiz 1812
Cadiz 1812Cadiz 1812
Cadiz 1812
 
TEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIATEMA 1- HISTORIA
TEMA 1- HISTORIA
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Unidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil españolaUnidade 8. A guerra civil española
Unidade 8. A guerra civil española
 
O século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografiaO século xviii traballo xeografia
O século xviii traballo xeografia
 
España no século xix
España no século xix España no século xix
España no século xix
 
Tema 1.
Tema 1.Tema 1.
Tema 1.
 
A quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo RéximeA quebra do Antigo Réxime
A quebra do Antigo Réxime
 

More from Agrela Elvixeo

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaAgrela Elvixeo
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosAgrela Elvixeo
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaAgrela Elvixeo
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaAgrela Elvixeo
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAgrela Elvixeo
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEAgrela Elvixeo
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaAgrela Elvixeo
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaAgrela Elvixeo
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Agrela Elvixeo
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Agrela Elvixeo
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de CecebreAgrela Elvixeo
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxAgrela Elvixeo
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916Agrela Elvixeo
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 
Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)Castelo de San Diego (A Coruña)
Castelo de San Diego (A Coruña)
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (6)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 

España e Galicia no XIX. A construción do liberalismo

  • 1. UNIDADE 4. ESPAÑA E GALICIA NO SÉCULO XIX: A CONSTRUCIÓN DÚN RÉXIME LIBERAL Promulgación da Constitución de 1812. Salvador Viniegra, 1912
  • 2. España e Galicia no século XIX: a construción dun réxime liberal 9. Galicia no s. XIX: conservadores e progresistas 1. A crise do Antigo Réxime (1808-1814) 2. O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo 3. Galicia no século XIX (1808-1833) 4. Independencia das colonias americanas (1808-1826) 5. A revolución liberal (1833-1843) 6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868) 7. O Sexenio democrático (1868-1874) 8. A Restauración monárquica (1874-1898)
  • 3. Introdución • Durante o século XIX, España viviu un proceso de construción dun réxime político liberal. Intentouse durante a Guerra da Independencia (1808-1814) pero será ao morrer Fernando VII (1814-1833) cando se culmine a instauración do liberalismo en España. • Os monarcas viron limitados os seus poderes pola Constitución e o Parlamento. • Así e todo, o réxime liberal español caracterizouse pola constante intervención do exército na vida política, por unha participación moi restrinxida e pola limitación de liberdades. • Os intentos de democratización durante o Bienio Progresista (1854-1856) e, sobre todo, o Sexenio Democrático (1868-1874) fracasaron.
  • 4. A crise do Antigo Réxime da Guerra da Independencia ao reinado de Fernando VII (1808-1833) • GUERRA DA INDEPENDENCIA (1808-1814) • REINADO DE FERNANDO VII (1814- 1833) – Sexenio absolutista (1814-1820) – Trienio liberal (1820- 1823) – Década ominosa (1823-1833) Fernando VII, Goya
  • 5. 1. A crise do Antigo Réxime Guerra da independencia (1808-1814) 1.1. A crise da monarquía borbónica 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) 1.3. A Cortes de Cádiz As abdicacións de Baiona, segundo un gravado de 1800
  • 6. Goya. 1800. A familia de Carlos IV Carlos IV Mª Luísa de Parma Don Antonio Pascual, irmán de Carlos IV Don Luís, príncipe de Parma Carlota Joaquina, irmá de Carlos IV Infanta Mª. Luísa Carlos Luís Infante Francisco de Paula Infanta Mª Isabel Futura esposa de Fernando VII Futuro Fernando VII Infante Carlos Mª Isidro Goya Mª Josefa irmá do rei Ver vídeo
  • 7. 1.1. A crise da monarquía borbónica • A reacción da monarquía de Carlos IV fronte á Revolución francesa foi declararlle a guerra a Francia (1793-1795), temerosa da expansión das ideas liberais. • A guerra foi un fracaso e a partir de 1799, Manuel Godoy, o ministro máis influente, aliouse con Napoleón para enfrontarse a Gran Bretaña. • Godoy autorizou o exército francés a atravesar España para atacar Portugal (Tratado de Fontainebleau, 1807). • O descontento de parte da poboación coas decisións de Godoy provocou o estalido do Motín de Aranjuez, 1808, que forzou á dimisión do ministro e a abdicación do rei no seu fillo Fernando VII. • Ante esta situación, Napoleón decidiu convocar a Carlos IV e a Fernando VII (Baiona-Francia), onde lles fixo abdicar e aceptar o nomeamento do seu irmán Xosé Bonaparte como novo rei de España.
  • 8. Motín de Aranjuez Godoy asinou un tratado con Napoleón, permitindo a entrada de tropas francesas en España coa finalidade de ocupar Portugal, aliado de Gran Bretaña. Napoleón aproveitou a circunstancia para ocupar España. Cando Godoy se decata tratou de desprazar á familia real a Sevilla, pero estando en Aranjuez produciuse un motín popular, instigado pola camarilla do herdeiro, Fernando (VII)
  • 9. Abdicacións de Baiona 1.1. A crise da monarquía borbónica • Pai (Carlos IV) e fillo (Fernando VII) recorreron a Napoleón para solventar as súas diferenzas. • Reunidos con Napoleón en Baiona, Carlos IV e Fernando VII, Napoleón consegue a abdicación de ambos ao trono e nomea rei de España ao seu irmán Xosé I Bonaparte. • Convoca a Baiona a persoeiros españois para redactar unha Constitución, pero que só podemos considerar unha Carta Outorgada: o Estatuto de Baiona.
  • 10. 3 de mayo; Goya, 1815 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) • O 2 de maio de 1808 iniciouse o levantamento en Madrid contra a ocupación francesa, comezando a chamada ‘Guerra da Independencia’. • Foi tamén unha guerra civil, pois os franceses contaron co apoio interesado ou convencido de milleiros de españois (afrancesados) e unha guerra internacional (Francia contra Gran Bretaña).
  • 11. Patriotas no momento de serén fusilados Rostro tapado non quere ver o inevitable Talante melancólico Protesta, vingánza Colérico Resignación Flemático Desafío ante a inxustiza Sanguíneo Patriotas desangrándose Patriotas no momento de seren fusilados Soldados franceses Fusilamentos do 3 de maio
  • 12. Ler o primeiro capítulo Ver vídeo Guerra da independencia en Galicia Batalla de Ponte Sampaio
  • 13. Sátira contra Napoleón • Os ‘patriotas’ españois rebeláronse para defender a integridade territorial, porque consideraban a Napoleón un traidor e pola pillaxe exercida polo exército francés. • Non tiñan moito que perder e foron animados pola Igrexa e os nobres a unha guerra fanática en defensa da relixión e dos usos e costumes tradicionais, fronte as ideas da Revolución Francesa. • Moitos ilustrados e liberais apoiaron o levantamento popular, como instrumento do triunfo do liberalismo. 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814)
  • 14. 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) • Creáronse Xuntas para dirixir a resistencia, coordinadas por unha Xunta Suprema Central, mentres grupos de patriotas se organizaron en guerrillas. • O levantamento impediu que Napoleón ocupara rapidamente o país. A derrota de Bailén obrigou aos franceses a repregarse cara o norte. • Entre 1809 e 1812 o dominio francés foi claro, coa entrada en España dun gran exército dirixido polo propio Napoleón. • A axuda ofrecida polas tropas británicas foi decisiva e, a finais de 1813, os franceses abandonaran o territorio español. • Entre 1812 e 1814 os franceses recúan fronte ás tropas hispano- británicas dirixidas por Wellington, ao que se suma a derrota de Napoleón en Rusia. En 1814 remata a guerra. • En 1813 asinouse o Tratado de Valençay, polo que Fernando VII recuperaba a Coroa e Napoleón retiraba as súas tropas. Victoria en Vitoria
  • 15.
  • 16. Desastres da guerra; Goya, 1810-15 Con razón o sin ella No quieren Y esto también Populacho  Describe o que se representa en cada gravado  Que visión dan da guerra e do comportamento humano?  A que bando se critica? Explica os tíulos: ‘con razón o sin ella’ e ‘populacho’  En que gravado se reflicte o machismo? as violacións ocorren só nas guerras? por que?  Quen son as principais vítimas da guerra en todas as épocas? que gravado representa ás vítimas que non loitan, aos refuxiados?  Sinala algún exemplo de guerra contemporánea na que se teñan dado situacións semellantes ás debuxadas por Goya?  Cres que a Guerra da Independencia era xusta? e outras guerras? 1.2. A Guerra da Independencia (1808-1814) A Guerra da Independencia, como todas, foi cruel e violenta e ninguén o plasmou mellor que Goya.
  • 17. A morte de John Moore • En Galicia as principais batallas desenvólvense entre xaneiro e xuño de 1809, cando os franceses se viron obrigados a abandonar o territorio. • O clero e os fidalgos foron os impulsores das guerrillas, polo temor a perder os seus privilexios. • En xaneiro do 1809 prodúcese a Batalla de Elviña, onde falece John Moore. • O 28 de marzo de 1809 as guerrillas reconquistan Vigo e en xuño derrotan aos franceses na batalla de Ponte Sampaio detacando a figura de Bernardo González del Valle alcumado Cachamuíña. 1.2. A Guerra da Independencia en Galicia
  • 18. Batalla de Elviña Xaneiro 1809 Marzo de 1809 Ponte Sampaio Xuño 1809 Guerra da independencia en Galicia Batalla de Ponte Sampaio
  • 19. 1.3. As Cortes de Cádiz • As abdicacións de Baiona deixaron un baleiro de poder, xa que o rei Xosé I non gozou nunca da aceptación dos españois. • Nas zonas non ocupadas polos franceses constituíronse Xuntas, integradas por persoeiros de ‘prestixio’. Estas xuntas estarán coordinadas pola Xunta Central. • En 1810, a Xunta Central e substituída por un Consello de Rexencia que convoca as de Cortes en Cádiz, único territorio non ocupado polos franceses (setembro de 1810). • As Cortes decidiron que todos os asistentes, independentemente da súa orixe, se reunían nunha única Asemblea e o seu voto tiña o mesmo peso. • A cámara redactou unha Constitución, aprobada en 1812, que reflectiu os principios básicos do liberalismo político. • Pero a situación bélica impediu aplicar todo o lexislado en Cádiz.
  • 20. Monumento ás Cortes, en Cádiz • O proceso de elección dos deputados das Cortes de Cádiz foi moi irregular debido á guerra. • Os deputados estaban divididos en dúas tendencias ideolóxicas: liberais e absolutistas (servís). • Aprobáronse unha serie de decretos que supoñen a abolición do Antigo Réxime: soberanía nacional e división de poderes, abolición dos señoríos xurisdiccionais e do feudalismo, liberdade de imprenta e supresión da Inquisición. 1.3. As Cortes de Cádiz
  • 21. • A Constitución de Cádiz (a Pepa), malia as concesións feitas aos servís, significou unha verdadeira revolución que, de aplicarse, supuña a fin do absolutismo. • Soberanía nacional; sufraxio universal masculino indirecto (pero negábaselle aos criados, aos escravos e para ser deputado había que te un mínimo de renda); separación de poderes; dereitos e liberdades (igualdade xurídica, agás para eclesiásticos e militares, igualdade fiscal, imprenta); propiedade privada; centralización e uniformización do Estado. • Amplos poderes do rei, imposición da relixión católica. 1.3. As Cortes de Cádiz
  • 22. • A división entre liberais e absolutistas quedou plasmada na representación dos deputados galegos en Cádiz (dun total de 24 en 1810, 12 eran absolutistas, once reformistas moderados e un liberal. Aprobada a Constitución de 1812, convocáronse eleccións ás Cortes ordinarias. Estes comicios deixaron moi claro quen controlaba o poder en Galicia, dos 16 deputados elixidos 14 eran absolutistas, e deles dez eran cregos. • Un representante significativo desta tendencia foi o bispo de Ourense Antonio Quevedo. 1.3. As Cortes de Cádiz Postura dos deputados galegos
  • 23. Xuramento dos deputados en Cádiz, 1810; Casado del Alisal, 1863 Aprobación da Constitución de 1812; Viniegra, 1911-12  En que se diferenzan as Cortes de Cádiz das convocadas antes, durante o Antigo Réxime? como se elixiron os deputados? por que se reuniron en Cádiz?  Por que venceron as ideas liberais ás absolutistas? a que grupos sociais representaban os deputados?  Que é unha Constitución? que principios se recollen na mesma que supoñen a ruptura co absolutismo?  En que melloraba á vida das persoas a aplicación das medidas recollidas na Constitución?  Fíxate no cadro da esquerda, que persoeiros teñen un papel máis destacado? e no da dereita? a que de debe o cambio?  Cantas mulleres aparecen nos cadros? puideron votar nas eleccións a Cortes e ser deputadas? poderían facelo despois da aprobación da Constitución? 1.3. As Cortes de Cádiz
  • 24. 2. Fernando VII: 1814-1833 O enfrontamento entre absolutismo e liberalismo 2.1. A restauración do absolutismo (1814-1820) 2.2. O Trienio Liberal (1820-1823) 2.3. O creba do absolutismo: a década ominosa (1823-1833)
  • 25. Manifesto dos persas, 1814 • En 1814 Fernando VII (o desexado) regresou a España, e aboliu a Constitución, volvéndose ao absolutismo. • Foi apoiado polos privilexiados do Antigo Réxime, que asinaron un escrito coñecido como ‘Manifesto dos persas’. • Suprimiu todos os decretos das Cortes de Cádiz. 2.1. Fernando VII (1814-1820) A restauración do absolutismo Tratado de Valençay La Pepa me importa un pito Viva las caenas! Documental Restauración do Antigo Réxime Restablecemento da Inquisición 1819. Inauguración do Museo do Prado
  • 26. Juan Díaz Porlier “El Marquesito” • Os partidarios do liberalismo foron perseguidos e moitos tiveron que exiliarse. • Organizáronse en sociedades secretas e organizaron numerosas intervencións armadas, pronunciamentos, para conseguir a implantar un réxime constitucional. • Os pronunciamentos fracasaron e os seus organizadores detidos e executados, como lle ocorreu a Porlier na Coruña en 1815. 2.1. Fernando VII (1814-1820) A restauración do absolutismo
  • 27. O enfermo pola Constitución • En 1820 o pronunciamento de Riego, coas tropas que ían combater aos independentistas americanos, foi apoiada por outros militares e burgueses. • O rei viuse obrigado a xurar a Constitución, volvendo a estar vixente a lexislación aprobada nas Cortes de Cádiz. • As novas Cortes restauraron gran parte das reformas de Cádiz. Creouse a Milicia Nacional, un corpo de voluntarios armados que defendían a orde liberal. 2.1. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal Levantamento de Riego As Cortes durante o Trienio Liberal
  • 28. Execución de Riego 2.1. Fernando VII (1820-1823) O Trienio Liberal Execución de Riego • Este proceso reformista non lle agradaba a Fernando VII, que lles pediu axuda ás potencias europeas para restaurar o absolutismo. • A intervención da Santa Alianza, enviando a España un exército francés, (‘Os cen mil fillos de San Luis’) foi a que decidiu a volta ao absolutismo. • Anuláronse as reformas liberais e moitos dos líderes do Trienio foron executados (como Riego) ou marcharon ao exilio.
  • 29. • A volta ao absolutismo implicou a destrución da obra lexislativa do Trienio. Pero os gobernos de Fernando VII non lles souberon dar solución aos problemas do país. • Existía unha difícil situación económica. O tesouro público estaba en bancarrota (guerra da Independencia e independencia das colonias americanas) • Era imprescindible unha reforma fiscal que obrigase os privilexiados a contribuír cos seus impostos. Pero estes eran os principais defensores do absolutismo e a monarquía, xeraba unha enorme contradición. • Produciuse un conflito dinástico. Fernando VII tivera só fillas e a Lei Sálica impedíalles ás mulleres reinar en España. • Déuselle o trono a Isabel, grazas á Pragmática Sanción, ditada polo rei. Pero moitos absolutistas non aceptaron o cambio. 2.1. Fernando VII (1830-1833) A Década Absolutista (Ominosa)
  • 30. Fusilamiento de Torrijos; Gisbert, 1888 2.1. Fernando VII (1830-1833) A Década Absolutista (Ominosa) • O estado de terror imposto por Fernando VII moderouse desde 1826, aplicando algunhas reformas para mellorar a catastrófica situación do país. • Organizáronse grupos de radicais absolutistas (apostólicos ou realistas puros), agrupados arredor da figura de Carlos de Borbón, irmán do rei. • Seguiron os intentos conspirativos e pronunciamentos para restablecer o réxime constitucional, duramente reprimidos (Mariana Pineda, Torrijos)
  • 31. Execución de Mariana Pineda Mariana Pineda en capilla. Juan Antonio Vera Calvo, 1862 2.1. Fernando VII (1830-1833) A Década Absolutista (Ominosa) • Mariana Pineda naceu en Granada no ano 1804. Viúva dun militar liberal e nai de dous fillos, relacionábase cos círculos liberais da súa cidade. • En 1831 foi detida e axustizada por bordar clandestinamente unha bandeira liberal. Ao coñecer a senteza dixo: A lembranza do meu suplicio ha de facer máis pola nosa causa que tódalas bandeiras do mundo.
  • 32. • O irmán menor de Fernando VII, Carlos IV, reclamará o trono de España fronte a súa sobriña, a futura Isabel II. Inícianse así as Guerras Carlistas. Detalle do retrato da familia de Carlos IV. Goya. 1800 2.1. Fernando VII (1830-1833) A Década Absolutista (Ominosa)
  • 33. Disputa dinástica. Litografía humorística nun xornal francés (1833) Isabel II Rexenta Mª Cristina Inglaterra Francia Armas á venda Pireneos Partidarios Lei Sálica (absolutistas)
  • 34. 4. Independencia das colonias americanas (1808-1826) 4.1. As causas da independencia 4.2. A fin do Imperio americano 4.3. Os problemas das novas repúblicas
  • 35. 4.1. As causas da independencia • A comezos do século XIX, o malestar nas colonias desde había décadas estoupou en forma de guerras de independencia. Varios factores contribuíron a iso: • A difusión das ideas ilustradas e dos principios de liberdade e igualdade promovidos pola Revolución francesa. • O éxito da revolta das colonias británicas de América do Norte, que acabou coa proclamación da independencia de Estados Unidos en 1776. • O descontento da burguesía crioula.
  • 36. 4.2. A fin do Imperio americano • A Guerra da Independencia en España suscitou a formación de Xuntas tamén nas colonias americanas, que non acataron a monarquía de Xosé Bonaparte. • Os membros das Xuntas negáronse a aceptar a autoridade da Xunta Central Suprema. • Os focos máis importantes de secesión orixináronse en Venezuela (Simón Bolivar) e no vicerreinado da Prata (San Martín): Paraguai e Arxentina foron as primeiras nacións independentes. • En 1814, tras a guerra contra os franceses, as tropas españolas conseguiron restablecer o dominio nas colonias. Pero a insurrección xeneralizouse dende 1816:
  • 37. 4.2. A fin do Imperio americano • San Martín dirixiu unha expedición atravesando os Andes, derrotando aos españois en Chacabuco (1817), logrando a indepencia de Chile. • No Norte, Bolívar derrotou aos españois e fundou a Gran Colombia (1821), que despois dividiríase en Venezuela, Colombia, Ecuador e Panamá. • A rebelión levada a cabo por Iturbide, en México, logrou a independencia en 1821, que foi seguida de toda América Central. • Sucre derrota aos españois en Ayacucho (1824) e emancipou Perú e Bolivia. • España perde todas as sús colonias agás Cuba, Filipinas e Porto Rico.
  • 38. 4.3. Os problemas das novas repúblicas • As novas repúblicas americanas naceron con graves problemas, xa que os intereses dos caudillos locais impediron a creación dunha América unida. • América fragmentouse en múltiples repúblicas. Consolidouse o poder dos xefes militares e a constante intromisión do exército na vida política. • Esquecéronse as necesidades da poboación indíxena, negra e das clases populares. De aí que a sociedade poscolonial nacese con grandes desigualdades sociais e económicas.
  • 39. Independencia da América Hispana Chacabuco, 1817 Independencia de Perú
  • 40. 5. A revolución liberal (1833-1843) 5.1. A guerra carlista 5.2. As reformas progresistas 5.3. A rexencia de Espartero
  • 41. 5.1. A guerra carlista (1833-1840) • Á morte de Fernando VII, desencadeouse unha guerra civil por mor dos partidarios de Carlos, irmán do rei defunto á Coroa, e de María Cristina, filla do rei. • Os partidarios do carlismo (nobreza agraria, clero e campesiñado) eran os defensores do Antigo Réxime. • Os isabelinos presentaban distintos intereses. A monarquía e a nobreza defendían o trono e os seus privilexios, pero viron que uníndose aos liberais se poderían enfrontar ao carlismo. • Os focos máis importantes da insurrección carlista xurdiron no País Vasco, Navarra, Catalunya, Aragón e Valencia. Pero os carlistas non conseguiron ocupar ningunha cidade importante e o exército liberal impúxose claramente ao seu dominio. • A guerra prolongouse durante sete anos (1833-1840). O Convenio de Vergara púxolle fin á guerra, pero o carlismo mantívose ao longo de case todo o século XIX.
  • 42. 5.1. A guerra carlista (1833-1840) A guerra civil entre carlistas (absolutistas) e isabelinos (liberais) tivo como escenarios principais as Provincias Vascas, Navarra, norte de Cataluña e o Maestrazgo, onde as partidas carlistas se fixeron fortes. Os principais xenerais carlistas foron Zumalacárregui, Maroto e Cabrera.
  • 43. Os carlistas defendían o modelo absolutista do Antigo Réxime: Deus, rei e fueros. Tiveron o apoio do clero, dos campesiños das rexións forais e dos fidalgos. Conseguiron controlar un extenso territorio pero fracasaron na toma das cidades, como Bilbao en 1835. En Galicia houbo numerosas partidas carlistas nos territorios de influencia monástica e tiveron tamén o apoio do clero de Santiago. Don Carlos, Zumalacárregui e o seu Estado Maior 5.1. A guerra carlista (1833-1840) Oriamendi
  • 44. Os éxitos militares dos exércitos liberais dirixidos por Espartero e a división do bando carlista levaron ao final da guerra coa sinatura do Convenio de Vergara (1839) entre Maroto e Espartero. Cabrera continuou loitando no Maestrazgo ata 1840. No Convenio recoméndase ás Cortes o mantemento dos fueros e recoñécesen os empregos e graos militares do exército carlista. A cambio os carlistas recoñecían a Isabel II. O Convenio non foi aceptado por Carlos de Borbón. Abrazo de Vergara entre Maroto e Espartero 5.1. A guerra carlista (1833-1840) Abrazo de Vergara
  • 45. 5.2. As reformas progresistas • Os liberais atopábanse divididos en dúas faccións: os moderados e os progresistas. • En medio da guerra carlista, María Cristina impulsou a formación dun goberno liberal. Primeiro intentou facelo cos moderados, pero ao final chamou ao goberno aos progresistas. • Entre 1835 e 1837, os progresistas implantaron un réxime liberal. Este proceso culminou coa Constitución de 1837, que inaugurou un período de monarquía parlamentaria en España. • O novo texto recoñecía a soberanía nacional e os dereitos individuais pero aceptaba o papel moderador da Coroa.
  • 46.
  • 47.
  • 48. Isabel só tiña tres anos cando accedeu ao trono, polo que foi nomeada rexente a súa nai María Cristina. Esta apoiouse nos liberais para facer fronte á rebelión carlista. Apróbase o Estatuto Real de Martínez de la Rosa En 1833 aprobouse unha reforma centralista do Estado, dividíndoo en provincias. Máis tarde creáronse as Deputacións Provinciais, as Audiencias e os partidos xudiciais. Rexencia de Mª Cristina (1833-1839)
  • 49. En 1834 aprobouse o Estatuto Real, unha Carta Outorgada que non recoñecía a soberanía nacional. Un pronunciamento de carácter progresista, o Motín dos sarxentos da Granxa, obrigou á rexente a restablecer a Constitución de 1812, mentres se redactou unha nova Constitución, a de 1837, progresista. Na Constitución recoñecíase a soberanía nacional e contiña unha ampla relación de dereitos. Pero tamén recollía principios do liberalismo doutrinario moderado: amplo poder do rei, sufraxio censatario, estado confesional aínda que tolerante con outras crenzas, bicameralismo. Rexencia de Mª Cristina (1833-1839) María Cristina obrigada a asinar a Constitución de 1812 polos sarxentos de La Granja, 1836 Sublevación de La Granja
  • 50. En 1836, o ministro progresista Mendizábal aprobou a Desamortización dos bens do clero cos obxectivos de conseguir financiamento para a guerra contra os carlistas, gañar apoio para Isabel II entre os novos propietarios e desmantelar o poder da Igrexa, bastión do Antigo Réxime e apoio dos carlistas. Tamén aprobou o sistema de redención de quintas (tamén existía a substitución). O servicio militar, obrigatorio en teoría, recaeu sobre as clases populares. María Cristina e Mendizábal Rexencia de Mª Cristina (1833-1839)
  • 51. En 1840, despois dun período de gobernos moderados apoiados pola rexente, un pronunciamento da Milicia Nacional, de carácter progresista, levou á Rexencia a Espartero. O progresista xeneral Espartero foi nomeado rexente, pero as medidas librecambistas e o autoritarismo con que gobernou valéronlle a oposición de boa parte do país. En 1843, Espartero dimitiu e as Cortes adiantaron a maioría de idade de Isabel II e proclamárona raíña. Bombardeo de Barcelona, 1942 Espartero Rexencia de Espartero (1840-1843) A Rexencia de Espartero
  • 52. 6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868) 6.1. A Década Moderada (1843-1854) 6.2. Do Bienio Progresista (1854-1856) á crise do sistema isabelino (1857- 1868)
  • 53. 6. A etapa isabelina: o liberalismo moderado (1843-1868) Sabela II, popular e castiza herdara do seu pai algúns dos seus máis notorios defectos. Nunha época de grandes paixóns política non soubo colocarse por riba delas nunha neutralidade que é a esencia mesma da realeza na mecánica institucional. Era caprichosa e voluble, apaixonada e obstinada, supersticiosa e inculta. Inclinada á intriga palatina, algunha das crises do reinado producen auténtico bochorno. Nun instante esquecía lealdades e servizos para seguir o camiño que calquera estraño lle sinalaba (...). O seu desgraciado matrimonio (...) foi outro motivo do seu descrédito. Os desencontros e rupturas conxugais constituíron a rexouba dos cortesáns, os políticos e o pobo baixo. Por outro lado (...) a protección que a raíña dispensou a militares (...) puxeron en dúbida o seu prestixio persoal. Non acaban aí as lacras. Polo Palacio real entra e sae unha relixiosa milagreira, sor Patrocinio, a monxa das chagas, que fai e desfai ao seu capricho e a quen se lle imputan as preferencias rexias pola política moderada. (Antonio RUMEU DE ARMAS “Hª España Contemporánea, 1968) Isabel II con Sor Patrocinio, “a monxa miragreira” Isabel II Caricaturización de Sabela II
  • 54. Un pronunciamento militar moderado derrubou a Espartero en 1843. Os moderados, baixo o liderado de Narvaez e apoiados sempre pola raíña (declarara maior de idade con 13 anos), aprobaron a Constitución de 1845, a máis restritiva do século onde se plasman os principios do liberalismo doutrinario: soberanía compartida, supremacía da Coroa fronte ás Cortes, sufraxio moi restrinxido (só uns 100.000 homes), limitación dos dereitos e liberdades, confesionalidade do Estado... Isabel II xura a Constitución de 1845 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854) Inauguración do Congreso dos Deputados
  • 55. Os moderados aprobaron unha serie de leis centralistas e conservadoras. En 1844 fundouse a Guardia Civil para ‘protexer as persoas e propiedades dentro e fóra das poboacións’. Foi o primeiro corpo de orde pública de ámbito estatal. A súa labor centrouse na protección da propiedade rural e na represión das revoltas campesiñas. Aprobouse tamén unha Lei de Concellos (1845) que impuña o nomeamento dos alcaldes polo Goberno ou o gobernador civil 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854)
  • 56. En 1845 aprobouse unha reforma tributaria que unificaba as contribucións facendo caer a carga fiscal nos impostos indirectos (consumos) en prexuízo das clases populares. No ano 1851 asinouse o Concordato co Vaticano, vixente ata 1931, que deixou en mans da Igrexa a supervisión do ensino e a censura das publicacións, ademais de garantir o mantemento do clero por parte do Estado. A cambio, a Igrexa aceptou a perda dos bens desamortizados. 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854) Narváez Narváez
  • 57. Os progresistas, ante a imposibilidade legal de acceder ao poder recorreron aos pronunciamentos. En 1846 o capitán Solís pronunciouse en Lugo. Tivo apoios noutras localidades galegas, chegando a formar unha Xunta Superior de Galicia en Santiago da que foi secretario Antolín Faraldo. Os sublevados foron derrotados e Solís e once oficiais foron fusilados en Carral: Mártires de Carral. Neste levantamento, xunto a peticións progresistas, atópanse outras propiamente galegas (provincialismo). Banda deseñada de Xaquín Marín 6. A etapa isabelina A década moderada (1843-1854)
  • 58. Os progresistas e os moderados descontentos (Unión Liberal de O’Donnell) pronunciáronse en 1854 (a Vicalvarada), obrigando á raíña a nomear xefe de Goberno a Espartero. Elaborouse unha nova Constitución non promulgada, e aprobáronse leis tan importantes como a Lei de Ferrocarrís e a Lei de Desamortización Xeral (Madoz) que, con fins facendísticos, puxo a venda os bens comunais e dos concellos, transformándoos en propiedade privada. 6. A etapa isabelina O Bienio Progresista (1854-1856) Bienio Progresista
  • 59. O malestar social en aumento foi a escusa de O’Donnell para pedirlle á raíña o cese de Espartero. O exército venceu á Milicia Nacional e restableceuse a Constitución de 1845. Neste período alternáronse no Goberno os partidos moderado e unionista. Nos primeiros anos producíronse unha serie de intervencións do Exército español no estranxeiro, buscando unha política de prestixio patriótico. A intervención de máis sona desenvolveuse en Marrocos, comezando entre os militares o ‘africanismo’, unha visión do Norte de África como un espazo de conquista onde gañar honores e medalla, que se mantivo ata o franquismo. ‘Los gloriosos trofeos ganados a los marroquíes en la toma de Tetuán por el bravo ejército español, paseados triunfalmente en presencia de SS.MM y AA.RR en 14 de febrero de 1860’, Joaquín Sigüenza y Chavarrieta 6. A etapa isabelina Segundo período moderado (1856-1868) Levantamento de O’Donnell
  • 60. Coa demisión de O’Donnell abriuse un período de fonda crise no sistema político. Os gobernos foron cada vez máis autoritarios, provocando o exilio de progresistas, demócratas e republicanos. A impopularidade da raíña medrou ante a imaxe dunha camarilla de cortesáns corruptos e integristas, e o afondamento da crise económica. Os conflitos foron en aumento, sendo a represión a única resposta. En 1866 fusilouse a 68 sarxentos e soldados implicados nun pronunciamento. Nese mesmo ano a oposición asinou o Pacto de Ostende para derrocar a Isabel, o que conseguirán cun novo pronunciamento en setembro de 1868. Isabel II chega a Francia, 1868 6. A etapa isabelina Segundo período moderado (1856-1868) O’Donnell Caída do reinado de Isabel II
  • 61. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.1. A Revolución de 1868 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) 7.3. A Primeira República (1873-1874)
  • 62. GOBERNO PROVISIONAL AMADEO I SABOYA PRIMEIRA REPÚBLICA SERRANO Revolución De 1868 Topete Figueras Serrano Prim Pi i Margall Salmerón Castelar Pavía Sagasta Martínez Campos Escudo Monárquico
  • 63. • A partir de 1866 produciuse unha grave crise económica que, unida ao desgaste político do réxime isabelino, desencadeou unha revolución contra a monarquía. • Os sublevados foron aqueles grupos marxinados do poder: unionistas, progresistas e demócratas que se uniron para presentar unha alternativa ao sistema: democratización da vida política e recuperación económica (Pacto de Ostende). • O movemento encabezado por Prim (progresista) e Serrano (unionista) estalou en 1868 coa sublevación da escuadra do brigadier Topete na baía de Cádiz. O movemento estendeuse a outras cidades. • Formouse un goberno provisional que impulsou un programa de reformas. • Finalmente, elixíronse unhas novas Cortes, que aprobaron a Constitución de 1869, de carácter democrático. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874)
  • 64. O movemento revolucionario estalou en setembro de 1868 polo brigadier Topete en Cádiz, seguindo o esquema clásico dos pronunciamentos, baixo o lema Viva España con honra! O alzamento militar foi masivamente seguido, constituíndose xuntas por toda a xeografía nacional. As peticións das xuntas eran moito máis radicais cas dos xenerais. Ademais de cambios políticos democráticos reclamaban a supresión das quintas, da pena de morte e dos impostos de consumos. Alegoría da revolución 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) Revolución de 1868
  • 65. A Constitución de 1869 foi a máis democrática de Europa nese momento: recóñeceuse o sufraxio universal masculino e unha ampla relación de dereitos e liberdades. Por primeira vez se recolleron os dereitos de reunión e asociación, e a liberdade de cultos. A soberanía nacional é a orixe de todo poder, mesmo o da monarquía. O poder reside nas Cortes, formadas por Congreso e Senado, este cun carácter de representación territorial. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) Goberno provisional
  • 67. Na Constitución establéceuse que ‘a nación española é unha monarquía’ (art. 33). A busqueda dun rei dividiu aos partidos, sendo finalmente escollido o fillo do rei de Italia, Amadeo de Savoia, co apoio de Prim. A candidatura de Amadeo só foi apoiada por 191 dos 344 deputados, e foi moi mal recibido polas elites sociais e caricaturizado polo pobo. O seu principal apoio, o xeneral Prim, foi asasinado tres días antes da chegada do monarca, o 30 de decembro de 1870. Prim, Serrano e Topete poxan a Coroa española 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) Morte de Prim
  • 68. • Amadeo contou sempre coa oposición dos moderados, dos carlistas e da Igrexa, que se mantiveron fieis aos Borbón. Moitos demócratas proclamáronse republicanos. • Ademais, o novo rei tivo que lle facer fronte ao estoupido de dous conflitos armados: unha insurrección na illa de Cuba (1868) e unha nova guerra carlista, que se iniciou en 1872. • Amadeo de Savoia renunciou ao trono en febreiro de 1873. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A monarquía democrática (1870-1873) Gisbert: Retrato de Amadeo I Amadeo I de Saboya Outra guerra carlista 1ª guerra de Cuba (1868-1878)
  • 69. • Ante a abdicación do rei, as Cortes españolas votaron a proclamación da República (1873). • A República naceu con escasas posibilidades de éxito, aínda que foi recibida con entusiasmo polos sectores populares das cidades. • Os republicanos tiñan un amplo programa de reformas sociais e pretendeuse organizar o Estado de forma federal. • En xaneiro de 1874, un golpe de Estado levado a cabo polo xeneral Pavía disolveu as Cortes e entregoulle a presidencia do executivo ao xeneral Serrano. 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.3. A primeira república (1873-1874)
  • 70. O 11 de febreiro de 1873, ante a falta de alternativas, as Cortes proclamaron a República. O novo réxime durou moi pouco e caracterizouse pola división dos republicanos (houbo catro presidentes en só un ano) entre federalistas e unitarios, e a agudización dos conflitos. O 11 de xuño presentouse un proxecto de Constitución federal, que organizaba España como unha federación de 17 Estados federados, incluídos Cuba e Porto Rico. Sátira da I República, unitaria ou federal Proclamación da I república 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.3. A primeira república (1873-1874)
  • 71. Os federais radicais, partidarios dunha confederación, no verán de 1873, iniciaron o levantamento cantonalista. O primeiro cantón en proclamarse independente foi o de Cartaxena. Nalgúns lugares, como Alcoi, os anarquistas sumáronse á insurrección pedindo melloras para os obreiros. Houbo 16 mortos e 20 feridos. O Goberno republicano apoiouse nos militares, esmagando a rebelión cantonalista, agás en Cartagena. O presidente Salmerón dimitiu ao negarse a asinar penas de morte, sendo substituído por Castelar, que aumentou as accións represivas. Sátira do cantonalismo Bmbardeos en Cartagena 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) 7.2. A primeira república (1873-1874)
  • 72. O 3 de xaneiro de 1874 o xeneral Pavía, reclamado pola burguesía conservadora, deu un golpe de Estado. Entrou nas Cortes e disolveu o Parlamento. Da República só quedou o nome. O xeneral Serrano gobernou por decreto apoiado polo exército. A inestabilidade continuou a pesar da forte represión: disolveu a Internacional, perseguiu aos republicanos e esmagou o cantón de Cartagena. A solución alfonsina que preparaba Cánovas foi á saída elixida polas clases dirixentes. O pronunciamento do xeneral Martínez Campos o 29 de decembro de 1874 deu paso á Restauración borbónica. Pavía disolve as Cortes 7. O Sexenio Democrático (1868-1874) A ditadura de Serrano (1874)
  • 73. 8. A Restauración borbónica (1874-1898) 8.1. O sistema canovista 8.2. Os nacionalismos 8.3. A crise do 98
  • 74. 8. A Restauración borbónica (1874-1898) • En 1874, o xeneral Martínez Campos proclamou a Alfonso de Borbón, fillo de Isabel II, rei de España. • A restauración monárquica foi recibida con satisfacción polos grupos conservadores que esperaban que a monarquía lles devolvese o control político e económico do Estado e garantise a orde social. Alfonso XII entérase que vai ser rei Alfonso XII coroado rei Voda con Mª das Mercedes de Orleáns ¿Dónde vas Alfonso XII?
  • 75. 8.1. O sistema canovista • O sistema político configurado por Cánovas del Castillo tiña un carácter conservador e fundamentábase nun sistema parlamentario liberal, pero pouco democrático. • Existían dous grandes partidos: • O partido conservador era partidario do inmobilismo político, da defensa da Igrexa e da orde social. • O partido liberal amosábase inclinado a un reformismo de carácter máis democrático, laico e social. • A estabilidade do sistema viuse favorecida pola redacción dunha nova Constitución (1876), de carácter moderado. • Tamén se conseguiu a pacificación co fin da guerra carlista (1876) e a guerra de Cuba (paz de Zanjón, 1878)
  • 76. A Constitución de 1876 Sistema Canovista Sistema canovista 2 Paz de Zanjón (1878) O pacificador Pacto do Pardo (1885) Rexencia de Mª Cristina (1885-1902) Sistema caciquil na Restauración Caciquismo en Galicia Cánovas del Castillo Sagasta José Grases Riera, Monumento a Alfonso XII no estanque do Retiro, 1902
  • 77. 8.2. Os nacionalismos • O afianzamento dun Estado centralizado e uniformista provocou a emerxencia de movementos nacionalistas: • En Cataluña, a Renaixença, un movemento que reivindicaba a lingua e a cultura catalás, deu paso ao xurdimento de organizacións políticas que pedían a autonomía. • No País Vasco, a abolición dos foros, despois da derrota carlista, xerou un movemento de protesta que culminou na creación do Partido Nacionalista Vasco por Sabino Arana. • En Galicia, o galeguismo mantívose durante moitos anos como un movemento cultural con poucas repercusións políticas.
  • 78. O SÉCULO XIX A CONCIENCIA DE PAÍS GALICIA
  • 79. O século XIX a conciencia de país Galicia como centro  Galicia amosa, dende mediados do século XIX, un movemento cultural, ideolóxico e político que a diferenza do resto do Estado: o galeguismo. Este movemento forxarase en dous movementos de tipo político: provincialismo e rexionalismo. E outro cultural: o rexurdimento.
  • 80. Galicia como centro o provincialismo  A primeira manifestación do galeguismo nace nos anos 1840-1846, no seo do Partido Progresista.  Débelle o seu nome á defensa da recuperación da unidade institucional administrativa, social, cultural e económica de Galicia fragmentada nas catro provincias, así como á reivindicación de certos niveis de autogoberno.  O primeiro grupo provincialista, moi concentrado en Santiago, está formado por estudantes universitarios, médicos, avogados e profesores e máis algún militar.
  • 81. Galicia como centro o provincialismo  Este grupo introduce no pensamento galego o historicismo, isto é, a convicción do carácter singular de cada pobo, que se manifesta nunha traxectoria histórica propia e ás veces tamén, nun conxunto de caracteres étnicos irrepetibles.  Para os provincialistas, Galicia era un organismo colectivo diferenciado, cuns dereitos culturais, económicos e políticos que deberían ser atendidos a partir dunha descentralización parcial do poder político.  O seu líder destacado será Antolín Faraldo.  Saber máis: Provincialismo
  • 82. Antolín Faraldo. Representante destacado do movemento provincialista Antolín Faraldo Galicia como centro o provincialismo
  • 83. Galicia como centro Mártires de Carral: revolución liberal ou provincialista? Mártires de Carral: revolta liberal ou provincialista? Märtires de Carral
  • 84. Galicia como centro o Rexurdimento  Xunto as ideas provincialistas e románticas do século XIX, aparece a vontade de lle devolver á lingua galega o rango de lingua culta e literaria que perdera nos últimos séculos.  Isto provocou unha idade de ouro da literatura galega, un movemento denominado Rexurdimento.  Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal serán os seus máximos representantes.
  • 86. Galicia como centro o Rexionalismo  Entre 1885 e 1890, o provincialismo transfórmase en rexionalismo.  O programa común do rexionalismo formulado por Alfredo Brañas e Manuel Murguía, reclamaba a autonomía política de Galicia, a erradicación do caciquismo, a cooficialidade do galego e a regaleguización do funcionariado e da cultura do país, así como políticas superadoras do atraso económico e da emigración.  Fudouse a Asociación Rexionalista Galega e a Liga Galega da Coruña.
  • 87. Nación de Breogán 1 Nación de Breogán 2 Nación de Breogán 3 Manuel Murguía Alfredo Brañas
  • 88. 8.3. A crise do 98 • No ano 1895 estalou unha nova insurrección en Cuba pola incapacidade da administración española para facer reformas políticas, dotala de autonomía e reducir o control económico. • Ademais, Estados Unidos apoiaba os insurrectos por mor dos aranceis que impedían o comercio. • A fin do conflito chegou en 1898, cando EUA lle declarou a guerra a España, tras o afundimento do acoirazado americano Maine no porto da Habana. • Despois dunha curta guerra, España foi derrotada e perdeu as súas últimas colonias: Cuba, Porto Rico e Filipinas.