Este baséase nodecaemento dun isótopo inestable dun elemento
determinado noutro isótopo (que pode ser doutro elemento ou deste)
que é estable.
Coñecendo o período de semidesintegración do isótopo inestable, que
é o número de anos que tarda en reducir a súa concentración á
metade, pode calcularse a idade dunha rocha ou fósil.
3.
O depósito ousedimentación dos estratos acontece de forma
episódica.
En 1669, Nicolás Steno enunciou o principio de superposición dos
estratos:
Un estrato é máis moderno que os que se
encontran debaixo e máis antigo que os que se
encontran enriba.
O principio desuperposición dos estratos non é
aplicable cando se alterou a posición orixinal dos
estratos (por exemplo, en dobras tombadas). Neste
caso, recórrese ao principio da superposición dos
acontecementos, unha xeneralización do anterior: Dobra tumbada
Un acontecemento é máis novo que as rochas ás
que afecta e máis antigo que as rochas que non
foron afectadas por el.
Un exemplo:
resulta obvio que as
dobras e fallas deste
terreo son posteriores á
formación dos estratos de
rochas.
6.
A rochaC é máis moderna que a rocha A por que é unha intrusión
volcánica.
O filón máis antigo é o B. Sabémolo porque o filón D afecta ao filón B;
isto significa que cando se orixinou o filón D o filón B xa existía.
De antigo a máis moderno: B > C > D
7.
éaC
A rocha X
A falla
Primeiro sedimentaron as rochas C, B e A, por esta
orde, a continuación produciuse a intrusión da rocha
X; despois formouse a falla e finalmente orixinouse o
dique da rocha Y
EXERCICIO. Observa oseguinte corte xeolóxico e responde:
a) Ordena os estratos de máis antigo a máis moderno.
b) Que principio xeolóxico acabas de aplicar? Defíneo.
c) Que estrato é máis antigo ca E e máis moderno ca F?
d) Cando actuou a falla?
e) De que tipo de falla se trata?
12.
a) D, A,C, F, B, E.
b) O principio de superposición de estratos. Un estrato é máis moderno
ca os que se atopan debaixo e máis antigo ca os que se atopan encima.
c) O estrato B.
d) A falla actuou despois do depósito de F e antes de que se depositase
B.
e) É unha falla inversa, pois o bloque de teito sobe.
14.
Fósil é calqueraresto dun ser vivo que habitou no pasado ou
calquera proba da súa actividade, que chegou aos nosos
días grazas a súa mineralización ou á conservación nas
rochas.
Os restos que se conservaron adoitan ser de partes
mineralizadas, tales como cunchas e ósos.
Non obstante, hai casos en que se mantén o ser vivo
completo, como sucede cos invertebrados conservados en
ámbar, os mamuts conxelados de Siberia, ou animais e
plantas afundidas en fondos de zonas pantanosas.
A Fosilización éo conxunto de procesos que fan que un
organismo, algunha das súas partes ou os rastros da súa
actividade, pasen a formar parte do rexistro fósil.
Comeza tras a morte do organismo, e ten maiores probabilidades de
rematar con éxito se o enterramento dos restos se leva a cabo o antes
posible. Un enterramento rápido e en ausencia de osíxeno pode producir
fósiles de espécimes completos.
Xeralmente, o primeiro paso no proceso de fosilización é a desaparición
das partes brandas. Os ósos, dentes, cunchas e exoesqueletos teñen
maiores posibilidades de fosilizar. O proceso completo que producirá o
fósil depende tanto do organismo coma do sedimento.
Existen varios métodos de fosilización, en función do proceso químico
que se leve a cabo: CARBONATACIÓN – CARBONIFICACIÓN –
PIRITIZACIÓN – SILICIFICACIÓN – FOSFATACIÓN.
19.
O estudo dosfósiles, aportan moita información sobre as épocas
pasadas do noso Planeta, coma:
• Son unha proba evidente da Evolución das Especies.
• Informan sobre as condicións climáticas reinantes en distintas
épocas da Terra.
• Son unha das probas que confirma o movemento dos continentes.
• Achegan información Paleoecolóxica, establecendo relacións
entre os seres vivos e o seu hábitat.
• Achegan información sobre os distintos cambios climáticos
ocorridos ao longo da historia.
• FÓSIL GUÍA: son fósiles de especies que existiron durante curtos
períodos de tempo nos que colonizaron extensas áreas. Exemplos:
Amonitas, Trilobites.
20.
Cambios
Climáticos
Cambios na
Biodiversidade
A Cambios
Eustáticos
TERRA
Cambios
Paleoxeográficos
A Historia donoso planeta, pódese organizar en distintos períodos de
tempo, onde a unidade utilizada para medilo son os Millóns de Anos (Ma).
Estes períodos organízanse do seguinte xeito:
EÓN HÁDICO ARCAICO PROTEROZOICO FANEROZOICO
ERA PRECÁMBRICO PALEOZOICO MESOZOICO CENOZOICO
Cámbrico
Ordovícico
Triásico
Silúrico Terciario
PERIODO Carbonífero
Xurásico
Cuaternario
Cretáceo
Devónico
Permiano
24.
O INICIO: Eóns:Hádico, Arcaico e Proterozoico.
ERA: Precámbrico
1) ASPECTOS XERAIS
É a ERA máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou
4000 Ma aprox.). Subdivídese en tres EÓNS: HÁDICO (4600-3800 Ma), ARCÁICO (3800-
2500 Ma) e PROTEROZOICO (2500-570 Ma).
No Eón HÁDICO prodúcese a formación do noso Planeta por continuos choques de
PLANETESIMAIS con distinta composición: silicatos e metálicos.
Neste Eón tamén se producen feitos coma: a diferenciación en capas do noso planeta, a formación
dos océanos e a atmosfera primitiva e a formación da Lúa.
Nos seguintes Eóns (Arcaico e Proterozoico) remata a consolidación da primeira codia continental
que ten unha antigüidade de 3800 Ma (aprox.). Os restos desta primeira codia chámanse escudos, e
actualmente forman o núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e
Groelandia cunha antigüidade de 3500 Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica.
É posible que cara o final desta Era aparecese unha dinámica de placas (movemento dos
continentes) similar á actual; así mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun
supercontinente chamado Pannotia.
Ao final desta ERA xorde a VIDA na Terra.
25.
PRECÁMBRICO
Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente
consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas impresións ou
pegadas.
A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a:
1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo
brando, moi fráxiles e desprovistos de partes duras que puidesen fosilizar.
2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadas
e os restos de organismos vivos que puideron quedar englobados
nelas, destruíronse.
Os primeiros fósiles atopanse en Groenlandia e teñen ao redor de
3.460 Ma e corresponden a primitivas bacterias ben preservadas. Son
especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas
(estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade.
Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e
outros animais de corpo brando apareceron en mares pouco profundos e nas
beiras dos continentes (fauna de Ediacara).
26.
PRECÁMBRICO
Tanto os océanos como a atmosfera, sufriron cambios moi
importantes durante o Precámbrico.
1) Aumenta a concentracion salina dos océanos debido a sal disolta
na auga de choiva procedente das rochas da superficie. Isto xunto coa
acumulación de osíxeno (procendente da fotosintese) fixo que se
extinguiran moitas especies mariñas. O exceso de osíxeno provocou que
comezase a ascender cara a atmosfera.
2) Nos primeiros millóns de anos a atmosfera era reductora, rica
en metano, hidroxeno, vapor de auga e amoniaco; con ausencia de osíxeno.
3) Cara o final da etapa (1.800 Ma) formouse unha atmosfera
oxidante, debido a produccion de osíxeno por parte das cianobacterias, e
o ascenso do gas procedente dos océanos.
Un mundo rico en osíxeno ocasionou dous cambios fundamentais ó
final do Precámbrico:
1) Comezouse a transformar o osíxeno en ozono aparecendo a capa
que nos protexe na actualiade dos raios ultravioleta.
2) Comezan a aparecer organismos mais complexos para poder
adaptarse a unha atmosfera rica en osixeno.
A Era Paleozoica,Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da
historia da Terra de máis de 290 Ma de duración, que se iniciou fai
540 Ma e rematou fai uns 250 Ma.
Comprende seis grandes periodos, entre os que
destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico.
Os continentes estaban distribuidos en catro gandres
masas, que fai 250 Ma colisionaron formando o supercontinente
Panxea, orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.
35.
Dividiremos o climano Paleozoico en tres periodos:
1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero
se tornou cada vez máis cálido. Tamén se produciu o segundo maior incremento
sostido do nivel do mar.
Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co
resultado de que o "clima", nun sentido global, converteuse en cálido.
O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación.
Esta onda de frío causou a segunda maior extinción masiva do Eón Fanerozoico.
2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar
descendera coincidindo coa glaciación, pero se recuperou lentamente durante no
transcurso deste periodo.
3) O Paleozoico superior a acción do rio Misisipi provocou un repunte no osíxeno
atmosférico, mentres que o dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou
o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións.
No final deste periodo, a formación de Panxea creou extensas rexións
interiores áridas suxeitas a temperaturas extremas. Dase outra vez a caída do nivel
do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento global do
planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.
36.
Neste periodo produciuseunha explosión de vida na Terra, favorecida
polas condicións ambientais reinantes.
• Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais
abundantes os Trilobites. Aparecen os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e
os Miriápodos (gusanos con patas).
• Os Vertebrados: Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os
oceanos. A continuación, e froito da evolución, os peixes comenzaron a desenrolar
uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandoar a auga e pasar á
terra, Aparecen os pioneiros dos Anfibios.
Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear
a aparición dos pioneiros dos Réptiles.
• A vida Vexetal: Dentro do periodo do Carbonífero, prodúcese un aumento
desmesurado das plantas terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se
extenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.
As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a
formación de enormes masas de carbón que hoxe en dia aproveitamos en forma de
petróleo.
40.
A Era Mesozoica,Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da
historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e finalizou fai 65 Ma.
Divídese en tre Periodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo.
As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente
leves. Con todo, a era destaca pola dramática fragmentación do
supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente
norte, Laurasia e continente sur, Gondwana.
A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa
forma actual. Laurasia converteuse en América do Norte e
Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do
Sur, África, Australia, Antártida e o subcontinente indio, que chocará coa
placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do
Himalaia).
Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos
Andes, así como a formación das Montañas Rochosas.
41.
O Triásico foien xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode
deberse ás temperaturas extremas. Dado que gran parte das terras que
constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas
fluctuaban moito, e no interior de Panxea probablemente se incluían
extensas zonas desérticas.
No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a
romper en fragmentos máis pequenos, co que o aumento de superficie en
contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras). A
temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A
humidade tamén aumentou coa proximidade da auga e os desertos
retiráronse.
O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as
temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo o planeta. As
temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC).
De feito, a mediados do Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C
nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e as
zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa
proximidade á auga.
42.
NOS MARES: Osmoluscos foron os invertebrados con cuncha
máis abundantes dos mares. En concreto as Amonitas, cefalópodos de
cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra.
Cando a temperatura dos mares se incrementóu, os animais
máis grandes de principios da era mesozoica gradualmente comezaron
a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os
tipos, incluidos os lagartos e serpes, así como quizáis o antecesor dos
primates, evolucionaron. A proliferación dos réptiles, nesta época,
fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros.
43.
EN TERRA: Osréptiles foron os grandes dominadores desta época.
Destacamos os dinosaurios, que ocuparon todos os continentes
existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o:
Braquiosaurio, Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe).
Braquiosaurio
Tyrannosaurus
44.
EN TERRA (cont.):No Triásico aparecen os mamíferos, que
proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeño tamaño e cubertos de
pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops.
45.
EN TERRA (cont.):No Xurásico aparecen as aves; o xénero de
aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que presentan rasgos
esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves
proceden de pequenos dinosaurios emplumados, carnívoros, que quizáis xa
eran capaces de desenrolar un vó primitivo .
46.
A FLORA: Proliferanos grandes bosques de coníferas; pero o
rasgo mais importante desta época é a aparicion, no Cretácico, das
anxiospermas (plantas con flores).
O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da
maioria das especies, incluidos os dinosaurios.
A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do
impacto dun meteorito sobre a superficie da terra. Este impacto orixinou
o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán
(México). O tamaño do asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó
impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un estimado de
4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento
do impacto.
O Cenozoico (erados animais recentes) comprende os
últimos 65 Ma.
Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os
continentes se trasladaron ás súas posicións actuais.
A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de
anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo
tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai
uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais cadeas
montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos, Alpes.
Na actualidade, o proceso aínda continúa nalgunhas zonas.
51.
• A principiosdo Cenozoico o clima era cálido e húmido, e
arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.
• Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e
quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío coñéceselles
como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se
formaban sobre a Terra. A última vez que estas placas de xeo
fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.
• Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo
sobre a Terra, quedaba menos cantidade de auga nos océanos
e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel
do mar conectaba os continentes. A estas porcións de terra
coñéceselles como pontes terrestres, que permiten que os animais
emigren cara outros continentes.
52.
Imos dividir asformas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O
Terciario (65-1,8 m. a.) e o Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).
TERCIARIO
Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e
mamíferos ocuparon os seus hábitats. Apareceron especies como os elefantes, os
cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante, outros deron
lugar ás formas actuais.
En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as
anxiospermas, que se converteron nas plantas dominantes no mundo.
Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías.
CUATERNARIO
É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o
mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de dentes de sabre. Estes e outros animais
e plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das glaciacións.
Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación.
A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno, aínda que moito
antes existiron os seus antepasados, os homínidos fósiles.