Este boletín presenta 14 problemas de física relacionados con la dinámica. Los problemas cubren temas como el cálculo de la resultante de fuerzas, la aceleración de objetos sobre superficies con diferentes coeficientes de rozamiento, el cálculo de velocidades y fuerzas durante choques, la caída de objetos con y sin motores, y las fuerzas ejercidas sobre objetos en ascensores en movimiento. Los problemas deben resolverse usando conceptos como fuerza, masa, aceleración, velocidad, rozamiento y movimiento uniformemente
Este documento describe los diferentes tipos de sistemas de fuerzas y cómo calcular la resultante en cada caso. Explica que la resultante de fuerzas que actúan en el mismo sentido es la suma de las fuerzas, mientras que la resultante de fuerzas opuestas es la diferencia. También cubre cómo calcular la resultante cuando las fuerzas son perpendiculares usando el Teorema de Pitágoras, y cuando son paralelas tanto en el mismo sentido como en sentidos opuestos.
Este documento presenta los conceptos básicos sobre formulación química inorgánica, incluyendo fórmulas químicas, sistemas de nomenclatura, clasificación de compuestos inorgánicos, números de oxidación y una discusión detallada sobre óxidos, incluyendo su formulación y nomenclatura bajo diferentes sistemas.
This document discusses three gas laws: Boyle's law which states that the pressure and volume of a gas are inversely proportional at a constant temperature, Gay-Lussac's law which states that the volume and temperature of a gas are directly proportional at constant pressure, and Charles's law which states that the volume and temperature of a gas are directly proportional at constant pressure.
Este documento presenta 14 problemas de química relacionados con la aplicación de la ley de los gases ideales. Los problemas cubren temas como conversiones de unidades, cálculo de volúmenes y presiones de gases en diferentes condiciones de temperatura y presión, y determinar si un recipiente aguanta la presión de un gas según cambios de estas condiciones. Todos los problemas se resuelven aplicando la ley de los gases ideales.
Este boletín contiene 22 problemas de física relacionados con la cinemática. Los problemas cubren temas como movimiento acelerado, velocidad constante, movimiento circular uniforme, aceleración angular, y caída libre. Los problemas deben resolverse usando conceptos como velocidad, aceleración, tiempo, y distancia/posición.
Para resolver la división de raíces, se elevan los factores dentro de las raíces al índice correspondiente. Luego, se operan las raíces seguidas multiplicando sus índices y se divide directamente los radicandos para simplificar a a^6/b^3.
Boletin i mat4eso radicales y logaritmos 2012-13montx189
Este documento presenta ejercicios de repaso sobre raíces y logaritmos para estudiantes de 4o de la Educación Secundaria Obligatoria. Incluye problemas de simplificación de raíces, racionalización de fracciones, cálculo de logaritmos usando su definición y propiedades, resolución de ecuaciones y sistemas logarítmicos y exponenciales. El documento proporciona una guía práctica para revisar los conceptos fundamentales de estas áreas antes de un examen.
Un recipiente cerrado_de_10_m3_contiene_un_gas_a_la_presión_de_750_mm_hg_y_a_...montx189
El documento describe un gas en un recipiente cerrado que se calienta de 293K a 280°C. La presión inicial es de 750 mmHg y el volumen es de 10 m3. Según la ley de Gay-Lussac, la presión final será de aproximadamente 1,87 atm debido a que la presión y la temperatura están directamente relacionadas a volumen constante.
Un recipiente cerrado_de_10_m3_contiene_un_gas_a_la_presión_de_750_mm_hg_y_a_...
Teoria idades da terra 2012 13
1. CONSIDERACIÓNS INICIAIS BIOLOXÍA e XEOLOXÍA 4º ESO- Curso 12/13
TEMA 2: A HISTORIA DA TERRA
A Historia do noso planeta, pódese organizar en distintos períodos de tempo, onde a unidade utilizada para
medilo son os Millóns de Anos (Ma). Estes períodos organízanse do seguinte xeito:
EÓN HÁDICO ARCAICO PROTEROZOICO FANEROZOICO
ERA PRECÁMBRICO PALEOZOICO MESOZOICO CENOZOICO
Cámbrico
Ordovícico Triásico
Silúrico Xurásico Terciario
PERIODO Carbonífero Cretáceo Cuaternario
Devónico
Permiano
O INICIO: Eóns: Hádico, Arcaico e Proterozoico.
ERA: Precámbrico
1) ASPECTOS XERAIS
É a ERA máis longa da historia da Terra. Comeza hai uns 4600 Ma e remata aprox. hai 570 Ma. (durou 4000
Ma aprox.). Subdivídese en tres EÓNS: HÁDICO (4600-3800 Ma), ARCÁICO (3800-2500 Ma) e PROTEROZOICO
(2500-570 Ma).
No Eón HÁDICO prodúcese a formación do noso Planeta por continuos choques de PLANETESIMAIS con
distinta composición: silicatos e metálicos.
Neste Eón tamén se producen feitos coma: a diferenciación en capas do noso planeta, a formación dos
océanos e a atmosfera primitiva e a formación da Lúa.
Nos seguintes Eóns (Arcaico e Proterozoico) remata a consolidación da primeira codia continental que ten
unha antigüidade de 3800 Ma (aprox.). Os restos desta primeira codia chámanse escudos, e actualmente forman o
núcleo dos continentes. As rochas máis antigas da Terra atópanse en África e Groelandia cunha antigüidade de 3500
Ma. e son de natureza ígnea e metamórfica.
É posible que cara o final desta Era aparecese unha dinámica de placas (movemento dos continentes) similar á
actual; así mesmo suponse que as masas continentais uníronse nun supercontinente chamado Pannotia.
Ao final desta ERA xorde a VIDA na Terra.
2) A VIDA
Os fósiles precámbricos son moi escasos. Excepcionalmente consérvanse algúns destes organismos, ou ben as súas
impresións ou pegadas.
A case carencia de fósiles precámbricos pódese deber a:
1) Practicamente a totalidade dos organismos debían ser de corpo brando, moi fráxiles e desprovistos de
partes duras que puidesen fosilizar.
2) As rochas sedimentarias do precámbrico foron metamorfizadas e os restos de organismos vivos que
puideron quedar englobados nelas, destruíronse.
Os primeiros fósiles atópanse en Groenlandia e teñen ao redor de 3.460 Ma e corresponden a primitivas
bacterias ben preservadas. Son especialmente abundantes os microfósiles de cianobacterias chamados rafas
(estromatólitos) de 1.400 Ma de antigüidade.
Fai uns 670 millóns de anos, corais brandos, medusas, anélidos e outros animais de corpo brando apareceron
en mares pouco profundos e nas beiras dos continentes (fauna de Ediacara).
2. 3) CAMBIOS AMBIENTAIS
Tanto os océanos como a atmosfera, sufriron cambios moi importantes durante o Precámbrico.
1) Aumenta a concentración salina dos océanos debido a sal disolta na auga de choiva procedente das rochas
da superficie. Isto xunto coa acumulación de osíxeno (procedente da fotosíntese) fixo que se extinguiran moitas
especies mariñas. O exceso de osíxeno provocou que comezase a ascender cara a atmosfera.
2) Nos primeiros millóns de anos a atmosfera era redutora, rica en metano, hidroxeno, vapor de auga e
amoníaco; con ausencia de osíxeno.
3) Cara o final da etapa (1.800 Ma) formouse unha atmosfera oxidante, debido a produción de osíxeno por
parte das cianobacterias, e o ascenso do gas procedente dos océanos.
Un mundo rico en osíxeno ocasionou dous cambios fundamentais ó final do Precámbrico:
1) Comezouse a transformar o osíxeno en ozono aparecendo a capa que nos protexe na actualidade
dos raios ultravioleta.
2) Comezan a aparecer organismos mais complexos para poder adaptarse a unha atmosfera rica en
osixeno.
PALEOZOICO
1) ASPECTOS XERAIS
A Era Paleozoica, Paleozoico ou Era Primaria é una etapa da historia da Terra de máis de 290 Ma de duración,
que se iniciou fai 540 Ma e rematou fai uns 250 Ma.
Comprende seis grandes períodos, entre os que destacamos: o Pérmico, Carbonífero e Cámbrico.
Os continentes estaban distribuídos en catro grandes masas, que fai 250 Ma colisionaron formando o
supercontinente Panxea, orixinando un xigantesco océano chamado Panthalassa.
2) O CLIMA
Dividiremos o clima no Paleozoico en tres períodos:
1) O Paleozoico inferior probablemente tiña un clima moderado ao comezo, pero se tornou cada vez máis cálido.
Tamén se produciu o segundo maior incremento sostido do nivel do mar.
Nesta época o clima estaba tamén fortemente influenciado pola zona, co resultado de que o "clima", nun sentido
global, converteuse en cálido.
O Paleozoico inferior terminou, bastante abruptamente, cunha glaciación. Esta onda de frío causou a segunda maior
extinción masiva do Eón Fanerozoico.
2) O Paleozoico medio foi unha época de gran estabilidade. O nivel do mar descendera coincidindo coa glaciación,
pero se recuperou lentamente durante no transcurso deste período.
3) O Paleozoico superior a acción do río Misisipi provocou un reponte no osíxeno atmosférico, mentres que o
dióxido de carbono caeu a mínimos. Isto desestabilizou o clima e levou a unha, talvez dúas, glaciacións.
No final deste período, a formación de Panxea creou extensas rexións interiores áridas suxeitas a temperaturas
extremas. Dáse outra vez a caída do nivel do mar, o aumento do dióxido de carbono prodúcese un quentamento
global do planeta, que culminou coa devastación nunha extinción masiva.
3. 3) A VIDA
Neste período produciuse unha explosión de vida na Terra, favorecida polas condicións ambientais reinantes.
Proliferación do Invertebrados: Moluscos, Esponxas, Artrópodos e os mais abundantes os Trilobites. Aparecen
os primeiros Insectos, así como os Arácnidos e os Miriápodos (gusanos con patas).
Os Vertebrados: Os primeiros en aparecer foron os Peixes, que poboaron os océanos. A continuación, e froito
da evolución, os peixes comezaron a desenrolar uns pulmóns primitivos que lles permitiron abandonar a auga e pasar
á terra, Aparecen os pioneiros dos Anfibios.
Na última etapa do Paleozoico os Anfibios evolucionaron ata desencadear a aparición dos pioneiros dos Réptiles.
A vida Vexetal: Dentro do período do Carbonífero, prodúcese un aumento desmesurado das plantas
terrestres: Equisetáceas, Licopodios e fentos, que se estenderon por gran parte do planeta, en exuberantes bosques.
As condicións ambientais de humidade e temperaturas suaves, provocou a formación de enormes
masas de carbón que hoxe en día aproveitamos en forma de petróleo.
MESOZOICO
1) ASPECTOS XERAIS
A Era Mesozoica, Mesozoico ou Era Secundaria foi un período da historia da Terra que se iniciou fai 250 Ma e
finalizou fai 65 Ma. Divídese en tres Períodos: Triásico, Xurásico e Cretráceo.
As deformacións tectónicas do Mesozoico foron relativamente leves. Con todo, a era destaca pola dramática
fragmentación do supercontinente Panxea. Panxea gradualmente dividiuse nun continente norte, Laurasia e continente
sur, Gondwana.
A finais da era, os continentes tíñanse fragmentado ata case a súa forma actual. Laurasia converteuse en
América do Norte e Eurasia, mentres que Gondwana dividiuse en América do Sur, África, Australia, Antártida e o
subcontinente indio, que chocará coa placa asiática durante o Cenozoico (orixinando a cordilleira do Himalaia).
Durante esta era comezou a formación da cordilleira dos Andes, así como a formación das Montañas
Rochosas.
2) O CLIMA
O Triásico foi en xeral seco; o baixo nivel do mar tamén pode deberse ás temperaturas extremas. Dado que
gran parte das terras que constituían Panxea estaban lonxe dos océanos, as temperaturas flutuaban moito, e no
interior de Panxea probablemente se incluían extensas zonas desérticas.
No Xurásico o nivel do mar comezou a subir. Panxea comezou a romper en fragmentos máis
pequenos, co que o aumento de superficie en contacto co océano foi en aumento (formábanse mais zonas costeiras).
A temperatura continuou aumentando e comezou a estabilizarse. A humidade tamén aumentou coa proximidade da
auga e os desertos retiráronse.
O clima do Cretácico é o menos coñecido; crese que as temperaturas son máis ou menos as mesmas en todo
o planeta. As temperaturas medias eran máis elevadas que no día de hoxe (uns 10ºC). De feito, a mediados do
Cretácico, as augas ecuatoriais do océano ( 20 °C nas profundidades) poden ser demasiado altas para a vida mariña, e
as zonas terrestres cerca do ecuador poden ser desertos, a pesar da súa proximidade á auga.
4. 3) A VIDA
NOS MARES: Os moluscos foron os invertebrados con cuncha máis abundantes dos mares. En concreto as
Amonitas, cefalópodos de cuncha espiral; son fósiles guía desta época da terra.
Cando a temperatura dos mares se incrementou, os animais máis grandes de principios da era mesozoica
gradualmente comezaron a desaparecer mentres que os animais máis pequenos de todos os tipos, incluídos os
lagartos e serpes, así como quizais o antecesor dos primates, evolucionaron.
A proliferación dos réptiles, nesta época, fixo que nos mares viviran especies como os Ictiosauros.
EN TERRA: Os réptiles foron os grandes dominadores desta época. Destacamos os dinosauros, que
ocuparon todos os continentes existentes, con moitas variedades, entre as que destacamos o: Braquiosaurio,
Tyrannosaurus ou o Beipiaosaurus (posuia plumaxe).
No Triásico aparecen os mamíferos, que proceden dos réptiles terápsidos; eran de pequeno tamaño e
cubertos de pelo. Como exemplos temos: o Ivantosaurus e o Moschops.
No Xurásico aparecen as aves; o xénero de aves máis antigas que se coñecen é o Archaeopteryx, que
presentan rasgos esqueléticos moi primitivos e reptilianos. Hoxe considérase que as aves proceden de pequenos
dinosauros emplumados, carnívoros, que quizais xa eran capaces de desenrolar un vó primitivo .
A FLORA: Proliferan os grandes bosques de coníferas; pero o rasgo mais importante desta época é a
aparición, no Cretácico, das anxiospermas (plantas con flores).
4) O FINAL DUNHA ERA
O final do Mesozoico estivo marcada por unha gran extinción da maioria das especies, incluidos os
dinosaurios.
A teoría mais aceptada para explicar esa masiva extinción é a do impacto dun meteorito sobre a superficie da
terra. Este impacto orixinou o Cráter de Chicxulub, localizado ó norte da Península do Xucatán (México). O tamaño do
asteroide estímase nuns 10 km de diámetro, que ó impactar creóu un cráter de 180 km de diámetro, liberando un
estimado de 4.3×10²³ xulios de enerxía (equivalente a 191.793 xigatóns de TNT) no momento do impacto.
5. CENOZOICO
1) ASPECTOS XERAIS
O Cenozoico (era dos animais recentes) comprende os últimos 65 Ma.
Xeológicamente, o Cenozoico é a época na que os continentes se trasladaron ás súas posicións actuais.
A India chocou con Asia entre fai 55-45 millóns de anos, comezando coa formación do Himalaya. Ao mesmo
tempo, Arabia chocou con Eurasia, pechando o mar de Tetis fai uns 35 millóns de anos; isto deu lugar as principais
cadeas montañosas do Sur de Europa e Asia, exemplos: Pirineos, Alpes. Na actualidade, o proceso aínda continúa
nalgunhas zonas.
2) O CLIMA
A principios do Cenozoico o clima era cálido e húmido, e arrefriouse gradualmente durante o Cenozoico.
Durante os últimos 2 Ma o clima da Terra arrefriouse e quentado unha e outra vez. A estes tempos de frío
coñéceselles como Eras de Xeo debido ás grandes cantidades de xeo que se formaban sobre a Terra. A última vez
que estas placas de xeo fixéronse moi grandes foi fai 10.000 anos.
Cada vez que o aire se arrefriaba e formábanse placas de xeo sobre a Terra, quedaba menos cantidade de
auga nos océanos e, polo tanto, baixaba o nivel do mar. Algunhas veces o baixo nivel do mar conectaba os
continentes. A estas porcións de terra coñéceselles como pontes terrestres, que permiten que os animais emigren
cara outros continentes.
3) A VIDA
Imos dividir as formas de vida dentro do Cenozoico, en dous periodos da era: O Terciario (65-1,8 m. a.) e o
Cuaternario (1,8 m. a.-actualidade).
TERCIARIO
Unha vez desaparecidos os dinosauros, numerosas especies de aves e mamíferos ocuparon os seus hábitats.
Apareceron especies como os elefantes, os cabalos e outros mamíferos. Moitos deles extinguíronse máis adiante,
outros deron lugar ás formas actuais.
En canto á vexetación, neste período desenvolvéronse as anxiospermas, que se converteron nas plantas
dominantes no mundo. Apareceron, por exemplo, as herbas, que forman extensas pradarías.
CUATERNARIO
É a época na que viviron animais prehistóricos moi coñecidos, como o mamut, o rinoceronte lanudo e o tigre de
dentes de sabre. Estes e outros animais e plantas estiveron adaptados a climas extremadamente fríos, os das
glaciacións. Extinguíronse cando o clima se volveu máis cálido, despois da última glaciación.
A especie humana, Homo sapiens, xurdiu no Pleistoceno, aínda que moito antes existiron os seus
antepasados, os homínidos fósiles.