SlideShare a Scribd company logo
HISTORIA DO MUNDO
CONTEMPORÁNEO
1º BACHARALATO
UNIDADE 1. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME
E OS PRIMEIRAS REVOLUCIÓNS
O ANTIGO RÉXIME
Conxunto de estruturas demográficas,económicas, políticas,
sociais e culturais propias da Europa pre-revolucionaria (S. XVI-
finais XVIII)
Expresión que utilizaron os revolucionarios franceses desde 1790
Características :
–Sociedade estamental dividida em privilexiados e non
privilexiados.
–Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e
mortalidade elevadas
– Economía de base agraria. 80% da poboación traballa na
agricultura. No campo seguía vixente o réxime señorial.
Crises de subsistencia frecuentes causadas por malas colleitas,
epidemias e guerras.
–Sistema político: Absolutismo monárquico na maioría dos
países. Parlamentarismo en Inglaterra e Provincias unidas
Con que intención se farian estas imaxes?
Quen cres que puido ser o autor?
Crecemento demográfico moi baixo:
natalidade e mortalidade elevadas
O IMPULSO DA BURGUESÍA
No entanto as atividades artesanais e
manufactureiras se viron estimuladas polo
comercio ultramarino.
Produciuse a fináis do século XVIII un crecemento
económico e desenvolvemento agrícola grazas a
Novos cultivos: pataca e millo
Novas técnicas: rotación de cultivos en Paises
Baixos e Inglaterra
https://youtu.be/E6g87caZal8
PARLAMENTARISMO
Nas Provincias Unidas (Holanda)e
Inglaterra.
 En Inglaterra o poder real estaba
limitado desde a Idade Media polo
parlamento. Pero os reis intentaron
impoñer o seu poder.
 No século XVIII, os Estuardo
intentan implantar o absolutismo,
pero atoparon coa oposición do
parlamento, o que provocou a
revolución de 1648 que rematou
coa execución de Carlos I
 Proclamouse unha República en
mans de Oliver Cromwell
 En 1660, restableceuse a
monarquía e o novo rei, Carlos II,
tivo que aceptar o control do
Parlamento e o Habeas Corpus.
 En 1688 o intento de Xacobe II de
impoñer o absolutismo levou
novamente a unha revolución.
 O parlamento elixiu un novo
monarca Guillerme de Orange,
quen tivo que aceptar a
Declaración de Dereitos
promulgada en 1689.
 Ao longo do século XVIII
estableceuse a separación de
poderes. O Parlamento elaboraba
as leis, o executivo era dirixido
polo monarca e o xudicial era
independiente.
A Cámara dos Lores do Parlamento
británico.
Habeas corpus,.Lei que garante que
ninguén pode ser detido nin acusado sen ser
posto a disposición dun xuiz dentro das 72
horas despois da súa detención.
 Nas Provincias Unidas, tras independizarse de
España se constitúen como unha República
formada por sete provincias, cada unha co seu
Parlamento.
 Os representantes das provincias reuníanse nos
Estados Xerais.
 Exercicios: analizar textos
 1. Que elementos sociais, económicos e políticos caracterizan ao
Antigo Réxime?
 2. Explica como se produce unha crise de subsistencia e como
pode derivar nunha revolta. Por que cres que se chamaban revoltas
do pan?
 3. Xustifica por que Inglaterra non é unha monarquía absoluta?
Que diferenzas existen entre as dúas cámaras? Era democrático?
 Investiga a actual formación do Parlamento británico e sinala as
diferencias co do século XVII.
A ILUSTRACIÓN
 Movemento de carácter intelectual,
desenvolvido na Europa do s. XVIII, que
cuestionou todos os principios do Antigo
Réxime (sociedade estamental e
absolutismo).
 Concebido para “disipar as tebras da
humanidade mediante as luces da
razón”.
 As ideas da Ilustración serán
dinfundida a través de publicacións
como
A Enciclopedia, posta en marcha por
Diderot e D’Alambert.
AS BASES DO PENSAMENTO ILUSTRADO
 O predominio da razón, frente á tradición, o
sobrenatural e a superstición.
 A educación como instrumento para difundir a razón. O
coñecemento era a base da felicidade.
 A tolerancia relixiosa
 Elevado interese pola economía e o progreso material.
 Liberalismo económico (Adam Smith)
 O interese polas ciencias experimentais
desenvolvemento científico, avances na medicina.
 Novo modelo de organización política e social baseado na
Liberdade e Igualdade. Opuxéronse á sociedade
estamental e propuñan eliminar os privilexios herdados
sistemas políticos liberáis con separación de poderes.
c
PRINCIPAIS IDEAS E PENSADORES ILUSTRADOS
John Locke ,no seu Tratado
sobre o gobernó civil(1690) oponse
ao absolutismo e defende que o
poder lexislativo debe estar en
mans do Parlamento sentando as
bases dunha nova doutrina
O Liberalismo político
PENSAMENTO POLÍTICO
 Montesquieu O espíritu das leis (1748)
é conveniente que existan tres poderes distintos e
independentes: o lexislativo o executivo e o xudicial.
Voltaire Tratado sobre a tolerancia (1763) defendeu a razón
fronte o fanatismo e a intoleranciarelixiosa. Defende a
existencia dun Parlamento como instrumento que limitase o
poder do rei.

 Rousseau O Contrato Social(1762). É necesario un contrato
social entre gobernantes e gobernados no que os indivíduos
ceden parte dos seus dereitos, pero manten a súa soberania e o
dereito á participación política.
 Establece o principìo de Soberanía Nacional: o poder emana
dos cidadáns que a través do seu voto, cede a súa soberanía a un
goberno e institucións que teñen a obriga de lexislar polo ben
común.
 Opuxéronse ao mercantilismo que consideraban o
comercio e a acumulación de metais preciosos
como principais fontes de riqueza defendendo a
Fisiocracia (a agricultura é a principal fonte de
riqueza dun país).
 Liberalismo económico formulado por Adam
Smith, baseada na propiedade privada e na
liberdade de comercio e industria sen inxerencia do
Estado na economía.
 A economía réxese polas súas propias leis como a lei
da oferta e a demanda.
PENSAMENTO ECONÓMICO
O DESPOTISMO ILUSTRADO
 Sistema que intenta compatibilizar os
principios da Ilustración co absolutismo
monárquico. Os monarcas ilustrados tentan:
 Modernizar a administración do
Estado(novos códigos legais, impostos aos
privilexiados..)
 Reformar a ensinanza (novos plans de
estudos, novas institucións educativas..)
 Modernización económica(liberalización
parcial da produción e o comercio,
desamortizacións...)
 Pero non reformaban as estruturas da
sociedade nin o seu poder absoluto.
 É o que se recolle no lema “Todo para o
pobo pero sen o pobo”
 4.Que principios da Ilustración se opoñían ao Antigo Réxime? Como
cres que influíron na Revolución Francesa?
 5. Que significa a frase que define o Despotismo ilustrado “Todo para
opobo pero sen o pobo?
AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS(1776-1815)
 Os principios da Ilustración van inspirar os
movementos revolucionarios que se
desenvolverán ao longo do século XIX.
 Isto iniciará un proceso de grandes
transformación políticas, sociais e económicas
que botarán abaixo as estruturas do Antigo
Réxime.
 A resistencia dos partidarios do Antigo Réxime
aos cambios provocará que eses movementos
sexan de carácter violento.
 A protagonista destas transformación foi a
burguesía, grupo social que se enriquecerá co
comercio e que vai reclamar dereitos políticos.
A GUERRA DA INDEPENDENCIA EN EEUU
 Conflito que enfronto ás trece colonias
británicas en territorio americano contra Gran
Bretaña entre 1775 e 1783.
 Implántase o primeiro sistema político liberal e
“democrático”, incorporando as novas ideas
revolucionarias que propugnaban a igualdade e a
liberdade.
 A declaración de independencia das trece
colonias británicas de América do Norte supuxo a
posta en práctica dos principios políticos da
Ilustración por primeira vez na historia.
 Causas
 A burguesía colonial estaba discriminada fronte á
inglesa: excluída da actividade comercial (Gran
Bretaña controlaba o monopolio comercial) e
carecía de representación política no Parlamento
de Londres.
 Gran Bretaña, debido ás necesidades
económicas(Guerra dos Sete Anos) incrementou os
impostos sobre os habitantes das
colonias(especialmente o imposto sobre o té).
 Ademais em 1773, o Parlamento británico
estableceu as Tea Acts, que concedía o monopolio
da venda do té nas colonias á Compañía Inglesa das
Indias Orientais .
 Ao non se sentiren representados polo goberno
inglés, os habitantes das colonias americanas
negáronse a acatar esas leis e levantáronse en
motín contra a entrada de té inglés nas
colonias.
 Co motín do té (Boston tea party) comezou o
conflito.
 O 4 de xullo de 1776,
representantes das trece
colonias,reunidos en
Filadelfia redactaron a
Declaración da
Independencia.
 Os colonos foron apoiados por Francia e
España.
 Tras unha primeira etapa favorable a Gran
Bretaña, o conflito cambiou de rumbo a raíz da
vitoria dos colonos en Saratoga (1777) dirixidos
por Georges Washington.
 A batalla de Yorktown (1781) decidiu o
resultado do conflito que concluíu
definitivamente en 1783 trala firma da Paz de
Versalles, pola que Gran Bretaña recoñeceu a
independencia das súas colonias.
 En 1787 redactouse a primeira Constitución
escrita da historia, a máis antiga, con
vixencia na actualidade (con enmendas,)que
recollía os principios da soberanía nacional,
separación de poderes, sistema
democrático para a elección de
representantes e a república como forma de
goberno.
 Establecía unha organización federal, onde
cada Estado gozaba dunha ampla
independencia, mais cun goberno federal
dotado de grandes poderes, entre eles o militar
e a representación exterior.
 George Washington, un destacado xeneral na
guerra, foi elixido coma primeiro
presidente.
Declaración de Dereitos de Virxinia. 1776
 “Todos os homes son de seu igualmente libres e
independentes, e posúen certos dereitos
inherentes á súa persoa (...)
 Todo poder reside no pobo e, por conseguinte,
deriva del (...)
 O goberno está e é necesario que estea instituído
para o beneficio, a protección e a seguridade
comúns do pobo, a nación ou a comunidade (...)
 Os poderes lexislativo e executivo do Estado
deben separarse e distinguirse do xudicial (...)
 As eleccións dos membros que actúan como
representantes do pobo na asemblea deben ser
libres (...)
 A relixión (...) ten que orientarse exclusivamente
pola razón e a convicción, non pola forza ou a
violencia; xa que logo, todos os homes teñen o
mesmo dereito ao exercicio libre da súa relixión.
 A Constitución complementábase coa a
Declaración de Dereitos de Virxinia, redactada en
1776, onde ficaba garantida para todos os cidadáns
toda unha serie de liberdades (de expresión, de
reunión, de relixión, de prensa, etc.),e dereitos (
dereito á súa integridade física, á súas propiedades,
ou dereito a un xuizo xusto)
Thomas Jefferson
Benjamin Franklin
 Actividades
 Que ideas inspiraron a Independencia dos
Estados Unidos?
 Cales foron as causas que leveron á Guerra da
Independencia dos EE UU? Cal foi o
detonante?
 Como se configura o novo Estado?
 Sinala as novidades que aparecen con
respecto ao parlamentarismo inglés e a
importancia que tivo este feito.
A REVOLUCIÓN FRANCESA
 Antecedentes
 A Francia de fins do século XVIII era un bo exemplo
do Antigo Réxime.:
 País rural, onde a terra continuaba a ser a principal
riqueza e ficaba en mans dos grupos privilexiados
 Sociedade estamental, onde os grupos privilexiados
seguían a monopolizar todos os cargos e o
predominio social.
 Persistía o sistema de monarquía absoluta de
dereito divino, na que o rei conservaba practicamente
todo o poder e xestionaba o Estado como se fose da
súa propiedade.
 Causas da Revolución
 Ideas da Ilustración: A difusión das ideas da Ilustración, que
cuestionaban o Antigo Réxime, e a independencia de EEUU
que demostraba que era posible levalas á práctica.
 Crise social: A burguesía quería un cambio que lles permitirá
acceder ao poder político e a liberdade económica.
 Crise económica: No campo os campesinos sufriron un
aumento das rendas señoriais, isto agravouse polas malas
colleitas. Na cidade a escaseza de produtos e subida de
prezos (o prezo do pan era inalcanzable para os campesinos)
provocou frecuentes motíns.
 Crise financeira: endebedamento do Estado, con elevados
gastos en guerras (independencia de EEUU) os luxos da corte.
Era necesrario que os privilexiados pagasen impostos pero a
nobrezase opon.
 A ASEMBLEA NACIONAL A REVOLUCIÓN BURGUESA
(1789-1792):
 Luís XVI, reuniu os privilexiados para lles
esixiren o pagamento de impostos,dada a creba
da Facenda. A nobreza négase e esixe a
convocatoria dos Estados Xerais (asemblea
francesa na que estaban representados os tres
estamentos: nobreza, clero e pobo, o terceiro
estado) e que tiña que ser consultado para os
cambios fiscais.
DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN
 Previamente cada estamento redactou os
seus cadernos de queixas.
Convocatoria dos Estados Xerais
O rei Luis XVI convoca os Estados Xerais (5 de maio
de 1789) para debater co ministro de Facenda Necker
sobre as finanzas.
Vótase por estamentos clero, nobreza e Terceiro Estado
 A burguesía que representa ao Terceiro Estado, esixiu
que o voto fose por persoa e non por estamentos, ante
a negativa, abandona os Estados Xerais.
 O 20 de xuño de 1789, reunidos noutra sala (Jeu de
Paume) os deputados do Terceiro Estado
constituíronse en Asemblea Nacional (representantes
da nación) e xuraron non disolver esta asemblea ata
darlle a Francia unha Constitución.
Asemblea Nacional Constituínte
Xuramento do xogo da pelota
 O rei quixo disolver esta Asemblea, pero o
pobo de París, o 14 de xullo de 1789,
amotinouse e asaltou a prisión real de La
Bastille en París, símbolo do poder
absoluto do Antigo Réxime.
 A revolución estendeuse ao
campo producíndose unha
revolta campesiña
(o gran medo)
https://www.youtube.com/watch?v=
qwkWbAumBcI
 – Abolición do réxime feudal. Aboliu todos os
privilexios feudais, proclamando a igualdade de
todos os cidadáns.
 – Aprobación da Declaración dos Dereitos do Home
e do Cidadán, que establece os dereitos políticos
que teñen todas as persoas. Nela recoñécense os
dereitos fundamentais como a liberdade individual
e a igualdade ante a lei.
 No ano 1791 aprobase unha Constitución na que
establece a soberanía nacional, a división de
poderes,o sufraxio censitario e a monarquía
parlamentaria.
 Creouse un novo exército ,Garda Nacional, e
expropiáronse os bens da Igrexa
(desamortización),co fin de solucionar os problemas
financeiros do Estado.
DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN (1789)
 Os homes nacen e fican libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só
poden fundarse na utilidade común.
 A finalidade de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e
imprescritibles do home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a
seguridade e a resistencia á opresión.
 O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo,
ningún individuo, poden exercer unha autoridade que non emane expresamente
dela.
 A liberdade consiste en poder facer todo o que non prexudique a outro: o
exercicio dos dereitos naturais de cada home só ten o límite de garantir aos
demais membros da sociedade estes mesmos dereitos. Tales límites só poden ser
determinados pola lei.
 A lei só ten dereito a prohibir os actos prexudiciais para a sociedade. Nada que
non estea prohibido pola lei pode ser impedido, e ninguén pode ser obrigado a
facer algo que esta non ordene.
 A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a
contribuír á súa elaboración, persoalmente ou por medio dos seus
representantes. Debe ser a mesma para todos, xa sexa que protexa ou que
sancione. Como todos os cidadáns son iguais ante ela, todos son igualmente
admisibles en toda dignidade, cargo ou emprego públicos, segundo as súas
capacidades e sen outra distinción que a das súas virtudes e os seus talentos.”
 O rei e a nobreza buscan apoio noutros países
(Austria e Prusia),exiliáronse e formaron un
exército conspirando contra o goberno O rei intenta
unirse á nobreza que se exiliara e formara un
exército. O intento de fuga do rei (fuga de
Varennes) desprestixiouno totalmente.
 A Asemblea lexislativa (1791-92), crease tras
desfacerse a Asemblea constituínte, estaba
dominada polos sectores moderados.
 O 20 de abril de 1792, a Asemblea declarou a
guerra a Austria. Pronto foron derrotados, e os
exércitos prusianos invadiron o país.
 REPÚBLICA DEMOCRÁTICA: (1792-1794).
 Ante a amenaza prusiana as masas populares, os sans
coulottes asaltaron o palacio das Tullerías, residencia
real.
 A revolución radicalizouse,provocando unha masacre de
aristócratas e clero. A Asemblea suprimiu a monarquía e
elixiuse unha nova asemblea:
 Convención Nacional xirondina(1792-93). O 20 de
setembro de 1792 proclamouse a República.
 Difereníábanse tres grupos políticos:
 Os xirondinos (Brissot) revolucionarios moderados
 Os xacobinos ou montañese(Robespierre, Dantón e
Marat) revolucionarios radicais
 A pleine ou chaira, defendían o dereito á propiedade.

 Os xirondinos, convocaron as eleccións á
Convención Nacional, por sufraxio universal
masculino. Promulgouse unha nova
Constitución(1793).
 A Revolución tivo que facer fronte
militarmente á coalición de países
estranxeiros absolutistas(Reino Unido,
Provincias Unidas, España..)que buscaban
derrocala e aos levantamentos
contrarrevolucionarios no interior do país.
 CONVENCIÓN XACOBINA(1793-94).
 Os xacobinos ou montañeses, toman o poder e
converten o réxime nunha ditadura liderada por
Robespierre e executan aos inimigos da revolución.
 Xulgouse e executouse a todos os sospeitosos de
seren contrarrevolucionarios, incluídos Luis XVI e á
familia real, que foron acusados de traizón e
guillotinados.
 Esta etapa é tamén coñecida coma O Terror
Proclamaron unha nova Constitución, baseada nos
principios da democracia social: soberanía nacional,
sufraxio universal directo e dereito á igualdade.
Respondían así ás demandas dos grupos sociais máis
humildes, os sans-culottes,o seu principal apoio.
 https://www.youtube.com/watch?v=IsP0SlOaplk
 Para responder á ameaza externa, organizaron un
exército, para o que recorreron ao recrutamento
obrigatorio(leva en masa).
 A lei de máximo xeral fixaba prezos dos artigos
básicos e os salarios.
 Suprimiuse o culto católico e creouse un novo
calendario.
 Pero a radicalización da revolución
e o goberno ditatorial dos xacobinos
provocaron a unión dos seus enimigos
e mediante un
golpe de estado foron derrocados.
 Finalmente, o propio Robespierre
sería axustizado na guillotina.
https://www.youtube.com/watch?v=dz6TnugU_Yg
 REPÚBLICA BURGUESA (1794-1799).
 O poder pasou ás mans da burguesía moderada, que
intentou volver á situación previa a 1792, para o que
derrogou todas as medidas tomadas durante a
República democrática.
 En 1795 aprobaron unha nova constitución, que
limitaba os dereitos políticos das clases populares e
onde o poder executivo ficaba nas mans dun
Directorio, composto por 5 membros, co que
tentaban evitar a concentración do poder nas mans
dunha soa persoa. A Convención disolvíase e dabase
paso a unha nova etapa.
 O Directorio (Out 1795-Nov 1799)
 No interior producíanse sublevacións de grupos
populares pero tamén había a oposición dos
absolutistas.
 No exterior loitábase contra as potencias
absolutistas en Europa. Nesta situación cobrou
máis importancia o papel do exército,en
especial, dun dos xenerais máis vitoriosos,
Napoleón Bonaparte, quen de volta en Francia
dá un golpe de Estado (1799)apoiado pola
burguesía. Forzou o nomeamento de tres
cónsules provisionais (Sieyés, Ducos e Napoleón)
 O CONSULADO 1799
 Tras o golpe de Estado,
Napoleón Bonaparte iniciou
unha política de estabilización
de Francia, rematando
cos disturbios e cos conflitos
interiores.
 Concentrou todo o poder
nas súas mans, converténdose
primeiro en
cónsul vitalicio (1802)
e proclamándose
posteriormente emperador.
 O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-1814).
 No interior, reprimiu as revoltas populares e os complots
dos absolutistas, impuxo a censura na prensa. Este
control absoluto do poder foi acompañado pola
promulgación dun Código Civil, que recollía os dereitos
dos franceses,a extensión da educación primaria e a
estabilización da Facenda pública.
 No exterior, Napoleón quixo estender os ideais da
Revolución, creando un gran imperio europeo con centro
en Francia.
 Entrou en guerra cunha coalición de países
europeos(Gran Bretaña e Austria), e procedeu á invasión
de España e de Rusia. En 1807 o Imperio napoleónico
atopábase no seu apoxeo, estendíase de Alemaña a
Italia.
 Reorganizou o mapa europeo colocando a membros da
súa familia á fronte de reinos veciños
 Pero a resistencia antifrancesa nestes territorios
e as derrotas militares( España 1808 e Rusia 1812)
obrigárono a abdicar en 1814 e retirarse á illa de
Elba.
 Malia un novo intento de restaurar o seu
poder(imperio dos 100 días), aproveitando o
rexeitamento dos franceses á restauración dunha
monarquía absolutista, foi derrotado
definitivamente na batalla de Waterloo no 1815,
momento en que foi desterrado á illa de Santa
Elena onde morreu.
 Instaurouse novamente a monarquía dos Borbóns
en Francia(Luis XVIII) , pero as ideas da Ilustración
e da Revolución consolidáronse en Francia e
posteriormente en toda Europa.
 O Antigo Réxime desaparecera.
 Fontes: Libro de texto 1º Bacharalato HMC
Ed Baía.
 Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed. Vicens
Vives
 Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed
Santillana

More Related Content

Similar to Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf

Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Agrela Elvixeo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalcamposseijo
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasrubempaul
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Fernanda Suárez Méndez
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
Agrela Elvixeo
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
aialo1
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
aialo1
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisMANEIRO
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
EvaPaula
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Fernanda Suárez Méndez
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democráticolorenaamarelle
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
Dudas-Historia
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Agrela Elvixeo
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeAntía Sanmarco
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointsilvanarisitas
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisjuan garcia coto
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
velazquezturnesnieves
 

Similar to Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf (20)

Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismoUnidade 2. liberalismo e nacionalismo
Unidade 2. liberalismo e nacionalismo
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Tema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberalTema 3 revolución liberal
Tema 3 revolución liberal
 
Tema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesasTema 2 As revolucións burguesas
Tema 2 As revolucións burguesas
 
Temas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestreTemas 2 e 3 segundo trimestre
Temas 2 e 3 segundo trimestre
 
Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo Liberalismo e Nacionalismo
Liberalismo e Nacionalismo
 
U2 av
U2 avU2 av
U2 av
 
U2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución FrancesaU2 A Revolución Francesa
U2 A Revolución Francesa
 
L iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberaisL iberalismo e revolucions liberais
L iberalismo e revolucions liberais
 
UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era  UDI 2 O nacemento dunha nova era
UDI 2 O nacemento dunha nova era
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
 
Comentario sex. democrático
Comentario sex. democráticoComentario sex. democrático
Comentario sex. democrático
 
Tema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo RégimenTema 1. Antiguo Régimen
Tema 1. Antiguo Régimen
 
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo RéximeUnidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
Unidade 1. O século XVIII: a crise do Antigo Réxime
 
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réximeTema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
Tema 1: O século XVIII: a crise do antigo réxime
 
Nuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power pointNuevo presentación de microsoft office power point
Nuevo presentación de microsoft office power point
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
Tema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociaisTema 2 de ciencias sociais
Tema 2 de ciencias sociais
 
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismosA crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
A crise do antigo réxime e revolucións liberais e nacionalismos
 

More from velazquezturnesnieves

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
velazquezturnesnieves
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
velazquezturnesnieves
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
velazquezturnesnieves
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
velazquezturnesnieves
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
velazquezturnesnieves
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
velazquezturnesnieves
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
velazquezturnesnieves
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
velazquezturnesnieves
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
velazquezturnesnieves
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
velazquezturnesnieves
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
velazquezturnesnieves
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
velazquezturnesnieves
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
velazquezturnesnieves
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
velazquezturnesnieves
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
velazquezturnesnieves
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
velazquezturnesnieves
 
O meu primeiro e portafolios
O meu primeiro e  portafoliosO meu primeiro e  portafolios
O meu primeiro e portafolios
velazquezturnesnieves
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
velazquezturnesnieves
 

More from velazquezturnesnieves (20)

INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdfINTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
INTRO XEO e UNIDADE 1.pdf
 
A europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plenaA europa feudal na idade media plena
A europa feudal na idade media plena
 
O franquismo (1)
O franquismo (1)O franquismo (1)
O franquismo (1)
 
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revoluciónTema 5 imperialismo i guerra e revolución
Tema 5 imperialismo i guerra e revolución
 
Tema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIXTema 4 a españa do século XIX
Tema 4 a españa do século XIX
 
O sector secundario
O sector secundarioO sector secundario
O sector secundario
 
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberalAs transformacións socioeconómicas na españa liberal
As transformacións socioeconómicas na españa liberal
 
O sexenio democrático
O sexenio democráticoO sexenio democrático
O sexenio democrático
 
A revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiroA revolución industrial e o movemento obreiro
A revolución industrial e o movemento obreiro
 
O sector primario
O sector primarioO sector primario
O sector primario
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
 
Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
A economia globalizada
A economia globalizadaA economia globalizada
A economia globalizada
 
Organización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españaOrganización política e territorial de españa
Organización política e territorial de españa
 
Xeografía
XeografíaXeografía
Xeografía
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
Descolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundoDescolonización e terceiro mundo
Descolonización e terceiro mundo
 
A guerra fria
A guerra friaA guerra fria
A guerra fria
 
O meu primeiro e portafolios
O meu primeiro e  portafoliosO meu primeiro e  portafolios
O meu primeiro e portafolios
 
Tema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbanoTema 11 presentación o sistema urbano
Tema 11 presentación o sistema urbano
 

Unidades 1 A crise do Antigo Réxime.pdf

  • 2. UNIDADE 1. A CRISE DO ANTIGO RÉXIME E OS PRIMEIRAS REVOLUCIÓNS
  • 3. O ANTIGO RÉXIME Conxunto de estruturas demográficas,económicas, políticas, sociais e culturais propias da Europa pre-revolucionaria (S. XVI- finais XVIII) Expresión que utilizaron os revolucionarios franceses desde 1790 Características : –Sociedade estamental dividida em privilexiados e non privilexiados. –Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e mortalidade elevadas – Economía de base agraria. 80% da poboación traballa na agricultura. No campo seguía vixente o réxime señorial. Crises de subsistencia frecuentes causadas por malas colleitas, epidemias e guerras. –Sistema político: Absolutismo monárquico na maioría dos países. Parlamentarismo en Inglaterra e Provincias unidas
  • 4.
  • 5.
  • 6.
  • 7.
  • 8. Con que intención se farian estas imaxes? Quen cres que puido ser o autor?
  • 9. Crecemento demográfico moi baixo: natalidade e mortalidade elevadas
  • 10.
  • 11.
  • 12.
  • 13. O IMPULSO DA BURGUESÍA No entanto as atividades artesanais e manufactureiras se viron estimuladas polo comercio ultramarino. Produciuse a fináis do século XVIII un crecemento económico e desenvolvemento agrícola grazas a Novos cultivos: pataca e millo Novas técnicas: rotación de cultivos en Paises Baixos e Inglaterra
  • 14.
  • 15.
  • 16.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21. PARLAMENTARISMO Nas Provincias Unidas (Holanda)e Inglaterra.  En Inglaterra o poder real estaba limitado desde a Idade Media polo parlamento. Pero os reis intentaron impoñer o seu poder.  No século XVIII, os Estuardo intentan implantar o absolutismo, pero atoparon coa oposición do parlamento, o que provocou a revolución de 1648 que rematou coa execución de Carlos I  Proclamouse unha República en mans de Oliver Cromwell
  • 22.  En 1660, restableceuse a monarquía e o novo rei, Carlos II, tivo que aceptar o control do Parlamento e o Habeas Corpus.  En 1688 o intento de Xacobe II de impoñer o absolutismo levou novamente a unha revolución.  O parlamento elixiu un novo monarca Guillerme de Orange, quen tivo que aceptar a Declaración de Dereitos promulgada en 1689.  Ao longo do século XVIII estableceuse a separación de poderes. O Parlamento elaboraba as leis, o executivo era dirixido polo monarca e o xudicial era independiente. A Cámara dos Lores do Parlamento británico. Habeas corpus,.Lei que garante que ninguén pode ser detido nin acusado sen ser posto a disposición dun xuiz dentro das 72 horas despois da súa detención.
  • 23.
  • 24.  Nas Provincias Unidas, tras independizarse de España se constitúen como unha República formada por sete provincias, cada unha co seu Parlamento.  Os representantes das provincias reuníanse nos Estados Xerais.  Exercicios: analizar textos  1. Que elementos sociais, económicos e políticos caracterizan ao Antigo Réxime?  2. Explica como se produce unha crise de subsistencia e como pode derivar nunha revolta. Por que cres que se chamaban revoltas do pan?  3. Xustifica por que Inglaterra non é unha monarquía absoluta? Que diferenzas existen entre as dúas cámaras? Era democrático?  Investiga a actual formación do Parlamento británico e sinala as diferencias co do século XVII.
  • 25.
  • 26. A ILUSTRACIÓN  Movemento de carácter intelectual, desenvolvido na Europa do s. XVIII, que cuestionou todos os principios do Antigo Réxime (sociedade estamental e absolutismo).  Concebido para “disipar as tebras da humanidade mediante as luces da razón”.  As ideas da Ilustración serán dinfundida a través de publicacións como A Enciclopedia, posta en marcha por Diderot e D’Alambert.
  • 27. AS BASES DO PENSAMENTO ILUSTRADO  O predominio da razón, frente á tradición, o sobrenatural e a superstición.  A educación como instrumento para difundir a razón. O coñecemento era a base da felicidade.  A tolerancia relixiosa  Elevado interese pola economía e o progreso material.  Liberalismo económico (Adam Smith)  O interese polas ciencias experimentais desenvolvemento científico, avances na medicina.  Novo modelo de organización política e social baseado na Liberdade e Igualdade. Opuxéronse á sociedade estamental e propuñan eliminar os privilexios herdados sistemas políticos liberáis con separación de poderes. c
  • 28. PRINCIPAIS IDEAS E PENSADORES ILUSTRADOS John Locke ,no seu Tratado sobre o gobernó civil(1690) oponse ao absolutismo e defende que o poder lexislativo debe estar en mans do Parlamento sentando as bases dunha nova doutrina O Liberalismo político PENSAMENTO POLÍTICO
  • 29.  Montesquieu O espíritu das leis (1748) é conveniente que existan tres poderes distintos e independentes: o lexislativo o executivo e o xudicial. Voltaire Tratado sobre a tolerancia (1763) defendeu a razón fronte o fanatismo e a intoleranciarelixiosa. Defende a existencia dun Parlamento como instrumento que limitase o poder do rei.   Rousseau O Contrato Social(1762). É necesario un contrato social entre gobernantes e gobernados no que os indivíduos ceden parte dos seus dereitos, pero manten a súa soberania e o dereito á participación política.  Establece o principìo de Soberanía Nacional: o poder emana dos cidadáns que a través do seu voto, cede a súa soberanía a un goberno e institucións que teñen a obriga de lexislar polo ben común.
  • 30.
  • 31.  Opuxéronse ao mercantilismo que consideraban o comercio e a acumulación de metais preciosos como principais fontes de riqueza defendendo a Fisiocracia (a agricultura é a principal fonte de riqueza dun país).  Liberalismo económico formulado por Adam Smith, baseada na propiedade privada e na liberdade de comercio e industria sen inxerencia do Estado na economía.  A economía réxese polas súas propias leis como a lei da oferta e a demanda. PENSAMENTO ECONÓMICO
  • 32.
  • 33.
  • 34. O DESPOTISMO ILUSTRADO  Sistema que intenta compatibilizar os principios da Ilustración co absolutismo monárquico. Os monarcas ilustrados tentan:  Modernizar a administración do Estado(novos códigos legais, impostos aos privilexiados..)  Reformar a ensinanza (novos plans de estudos, novas institucións educativas..)  Modernización económica(liberalización parcial da produción e o comercio, desamortizacións...)  Pero non reformaban as estruturas da sociedade nin o seu poder absoluto.  É o que se recolle no lema “Todo para o pobo pero sen o pobo”
  • 35.
  • 36.  4.Que principios da Ilustración se opoñían ao Antigo Réxime? Como cres que influíron na Revolución Francesa?  5. Que significa a frase que define o Despotismo ilustrado “Todo para opobo pero sen o pobo?
  • 37. AS REVOLUCIÓNS LIBERAIS(1776-1815)  Os principios da Ilustración van inspirar os movementos revolucionarios que se desenvolverán ao longo do século XIX.  Isto iniciará un proceso de grandes transformación políticas, sociais e económicas que botarán abaixo as estruturas do Antigo Réxime.  A resistencia dos partidarios do Antigo Réxime aos cambios provocará que eses movementos sexan de carácter violento.  A protagonista destas transformación foi a burguesía, grupo social que se enriquecerá co comercio e que vai reclamar dereitos políticos.
  • 38.
  • 39.
  • 40. A GUERRA DA INDEPENDENCIA EN EEUU
  • 41.  Conflito que enfronto ás trece colonias británicas en territorio americano contra Gran Bretaña entre 1775 e 1783.  Implántase o primeiro sistema político liberal e “democrático”, incorporando as novas ideas revolucionarias que propugnaban a igualdade e a liberdade.  A declaración de independencia das trece colonias británicas de América do Norte supuxo a posta en práctica dos principios políticos da Ilustración por primeira vez na historia.
  • 42.  Causas  A burguesía colonial estaba discriminada fronte á inglesa: excluída da actividade comercial (Gran Bretaña controlaba o monopolio comercial) e carecía de representación política no Parlamento de Londres.  Gran Bretaña, debido ás necesidades económicas(Guerra dos Sete Anos) incrementou os impostos sobre os habitantes das colonias(especialmente o imposto sobre o té).  Ademais em 1773, o Parlamento británico estableceu as Tea Acts, que concedía o monopolio da venda do té nas colonias á Compañía Inglesa das Indias Orientais .
  • 43.  Ao non se sentiren representados polo goberno inglés, os habitantes das colonias americanas negáronse a acatar esas leis e levantáronse en motín contra a entrada de té inglés nas colonias.  Co motín do té (Boston tea party) comezou o conflito.
  • 44.  O 4 de xullo de 1776, representantes das trece colonias,reunidos en Filadelfia redactaron a Declaración da Independencia.
  • 45.  Os colonos foron apoiados por Francia e España.  Tras unha primeira etapa favorable a Gran Bretaña, o conflito cambiou de rumbo a raíz da vitoria dos colonos en Saratoga (1777) dirixidos por Georges Washington.  A batalla de Yorktown (1781) decidiu o resultado do conflito que concluíu definitivamente en 1783 trala firma da Paz de Versalles, pola que Gran Bretaña recoñeceu a independencia das súas colonias.
  • 46.  En 1787 redactouse a primeira Constitución escrita da historia, a máis antiga, con vixencia na actualidade (con enmendas,)que recollía os principios da soberanía nacional, separación de poderes, sistema democrático para a elección de representantes e a república como forma de goberno.  Establecía unha organización federal, onde cada Estado gozaba dunha ampla independencia, mais cun goberno federal dotado de grandes poderes, entre eles o militar e a representación exterior.  George Washington, un destacado xeneral na guerra, foi elixido coma primeiro presidente.
  • 47. Declaración de Dereitos de Virxinia. 1776  “Todos os homes son de seu igualmente libres e independentes, e posúen certos dereitos inherentes á súa persoa (...)  Todo poder reside no pobo e, por conseguinte, deriva del (...)  O goberno está e é necesario que estea instituído para o beneficio, a protección e a seguridade comúns do pobo, a nación ou a comunidade (...)  Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben separarse e distinguirse do xudicial (...)  As eleccións dos membros que actúan como representantes do pobo na asemblea deben ser libres (...)  A relixión (...) ten que orientarse exclusivamente pola razón e a convicción, non pola forza ou a violencia; xa que logo, todos os homes teñen o mesmo dereito ao exercicio libre da súa relixión.
  • 48.  A Constitución complementábase coa a Declaración de Dereitos de Virxinia, redactada en 1776, onde ficaba garantida para todos os cidadáns toda unha serie de liberdades (de expresión, de reunión, de relixión, de prensa, etc.),e dereitos ( dereito á súa integridade física, á súas propiedades, ou dereito a un xuizo xusto) Thomas Jefferson Benjamin Franklin
  • 49.
  • 50.
  • 51.  Actividades  Que ideas inspiraron a Independencia dos Estados Unidos?  Cales foron as causas que leveron á Guerra da Independencia dos EE UU? Cal foi o detonante?  Como se configura o novo Estado?  Sinala as novidades que aparecen con respecto ao parlamentarismo inglés e a importancia que tivo este feito.
  • 53.  Antecedentes  A Francia de fins do século XVIII era un bo exemplo do Antigo Réxime.:  País rural, onde a terra continuaba a ser a principal riqueza e ficaba en mans dos grupos privilexiados  Sociedade estamental, onde os grupos privilexiados seguían a monopolizar todos os cargos e o predominio social.  Persistía o sistema de monarquía absoluta de dereito divino, na que o rei conservaba practicamente todo o poder e xestionaba o Estado como se fose da súa propiedade.
  • 54.
  • 55.
  • 56.  Causas da Revolución  Ideas da Ilustración: A difusión das ideas da Ilustración, que cuestionaban o Antigo Réxime, e a independencia de EEUU que demostraba que era posible levalas á práctica.  Crise social: A burguesía quería un cambio que lles permitirá acceder ao poder político e a liberdade económica.  Crise económica: No campo os campesinos sufriron un aumento das rendas señoriais, isto agravouse polas malas colleitas. Na cidade a escaseza de produtos e subida de prezos (o prezo do pan era inalcanzable para os campesinos) provocou frecuentes motíns.  Crise financeira: endebedamento do Estado, con elevados gastos en guerras (independencia de EEUU) os luxos da corte. Era necesrario que os privilexiados pagasen impostos pero a nobrezase opon.
  • 57.
  • 58.  A ASEMBLEA NACIONAL A REVOLUCIÓN BURGUESA (1789-1792):  Luís XVI, reuniu os privilexiados para lles esixiren o pagamento de impostos,dada a creba da Facenda. A nobreza négase e esixe a convocatoria dos Estados Xerais (asemblea francesa na que estaban representados os tres estamentos: nobreza, clero e pobo, o terceiro estado) e que tiña que ser consultado para os cambios fiscais. DESENVOLVEMENTO DA REVOLUCIÓN
  • 59.  Previamente cada estamento redactou os seus cadernos de queixas.
  • 60. Convocatoria dos Estados Xerais O rei Luis XVI convoca os Estados Xerais (5 de maio de 1789) para debater co ministro de Facenda Necker sobre as finanzas. Vótase por estamentos clero, nobreza e Terceiro Estado
  • 61.
  • 62.  A burguesía que representa ao Terceiro Estado, esixiu que o voto fose por persoa e non por estamentos, ante a negativa, abandona os Estados Xerais.  O 20 de xuño de 1789, reunidos noutra sala (Jeu de Paume) os deputados do Terceiro Estado constituíronse en Asemblea Nacional (representantes da nación) e xuraron non disolver esta asemblea ata darlle a Francia unha Constitución. Asemblea Nacional Constituínte Xuramento do xogo da pelota
  • 63.
  • 64.  O rei quixo disolver esta Asemblea, pero o pobo de París, o 14 de xullo de 1789, amotinouse e asaltou a prisión real de La Bastille en París, símbolo do poder absoluto do Antigo Réxime.  A revolución estendeuse ao campo producíndose unha revolta campesiña (o gran medo) https://www.youtube.com/watch?v= qwkWbAumBcI
  • 65.
  • 66.  – Abolición do réxime feudal. Aboliu todos os privilexios feudais, proclamando a igualdade de todos os cidadáns.  – Aprobación da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán, que establece os dereitos políticos que teñen todas as persoas. Nela recoñécense os dereitos fundamentais como a liberdade individual e a igualdade ante a lei.  No ano 1791 aprobase unha Constitución na que establece a soberanía nacional, a división de poderes,o sufraxio censitario e a monarquía parlamentaria.  Creouse un novo exército ,Garda Nacional, e expropiáronse os bens da Igrexa (desamortización),co fin de solucionar os problemas financeiros do Estado.
  • 67. DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO HOME E DO CIDADÁN (1789)  Os homes nacen e fican libres e iguais en dereitos. As distincións sociais só poden fundarse na utilidade común.  A finalidade de toda asociación política é a conservación dos dereitos naturais e imprescritibles do home. Tales dereitos son a liberdade, a propiedade, a seguridade e a resistencia á opresión.  O principio de toda soberanía reside esencialmente na Nación. Ningún corpo, ningún individuo, poden exercer unha autoridade que non emane expresamente dela.  A liberdade consiste en poder facer todo o que non prexudique a outro: o exercicio dos dereitos naturais de cada home só ten o límite de garantir aos demais membros da sociedade estes mesmos dereitos. Tales límites só poden ser determinados pola lei.  A lei só ten dereito a prohibir os actos prexudiciais para a sociedade. Nada que non estea prohibido pola lei pode ser impedido, e ninguén pode ser obrigado a facer algo que esta non ordene.  A lei é a expresión da vontade xeral. Todos os cidadáns teñen dereito a contribuír á súa elaboración, persoalmente ou por medio dos seus representantes. Debe ser a mesma para todos, xa sexa que protexa ou que sancione. Como todos os cidadáns son iguais ante ela, todos son igualmente admisibles en toda dignidade, cargo ou emprego públicos, segundo as súas capacidades e sen outra distinción que a das súas virtudes e os seus talentos.”
  • 68.
  • 69.
  • 70.  O rei e a nobreza buscan apoio noutros países (Austria e Prusia),exiliáronse e formaron un exército conspirando contra o goberno O rei intenta unirse á nobreza que se exiliara e formara un exército. O intento de fuga do rei (fuga de Varennes) desprestixiouno totalmente.  A Asemblea lexislativa (1791-92), crease tras desfacerse a Asemblea constituínte, estaba dominada polos sectores moderados.  O 20 de abril de 1792, a Asemblea declarou a guerra a Austria. Pronto foron derrotados, e os exércitos prusianos invadiron o país.
  • 71.
  • 72.  REPÚBLICA DEMOCRÁTICA: (1792-1794).  Ante a amenaza prusiana as masas populares, os sans coulottes asaltaron o palacio das Tullerías, residencia real.  A revolución radicalizouse,provocando unha masacre de aristócratas e clero. A Asemblea suprimiu a monarquía e elixiuse unha nova asemblea:  Convención Nacional xirondina(1792-93). O 20 de setembro de 1792 proclamouse a República.  Difereníábanse tres grupos políticos:  Os xirondinos (Brissot) revolucionarios moderados  Os xacobinos ou montañese(Robespierre, Dantón e Marat) revolucionarios radicais  A pleine ou chaira, defendían o dereito á propiedade. 
  • 73.  Os xirondinos, convocaron as eleccións á Convención Nacional, por sufraxio universal masculino. Promulgouse unha nova Constitución(1793).  A Revolución tivo que facer fronte militarmente á coalición de países estranxeiros absolutistas(Reino Unido, Provincias Unidas, España..)que buscaban derrocala e aos levantamentos contrarrevolucionarios no interior do país.
  • 74.
  • 75.  CONVENCIÓN XACOBINA(1793-94).  Os xacobinos ou montañeses, toman o poder e converten o réxime nunha ditadura liderada por Robespierre e executan aos inimigos da revolución.  Xulgouse e executouse a todos os sospeitosos de seren contrarrevolucionarios, incluídos Luis XVI e á familia real, que foron acusados de traizón e guillotinados.  Esta etapa é tamén coñecida coma O Terror Proclamaron unha nova Constitución, baseada nos principios da democracia social: soberanía nacional, sufraxio universal directo e dereito á igualdade. Respondían así ás demandas dos grupos sociais máis humildes, os sans-culottes,o seu principal apoio.  https://www.youtube.com/watch?v=IsP0SlOaplk
  • 76.
  • 77.
  • 78.  Para responder á ameaza externa, organizaron un exército, para o que recorreron ao recrutamento obrigatorio(leva en masa).  A lei de máximo xeral fixaba prezos dos artigos básicos e os salarios.  Suprimiuse o culto católico e creouse un novo calendario.  Pero a radicalización da revolución e o goberno ditatorial dos xacobinos provocaron a unión dos seus enimigos e mediante un golpe de estado foron derrocados.  Finalmente, o propio Robespierre sería axustizado na guillotina. https://www.youtube.com/watch?v=dz6TnugU_Yg
  • 79.
  • 80.  REPÚBLICA BURGUESA (1794-1799).  O poder pasou ás mans da burguesía moderada, que intentou volver á situación previa a 1792, para o que derrogou todas as medidas tomadas durante a República democrática.  En 1795 aprobaron unha nova constitución, que limitaba os dereitos políticos das clases populares e onde o poder executivo ficaba nas mans dun Directorio, composto por 5 membros, co que tentaban evitar a concentración do poder nas mans dunha soa persoa. A Convención disolvíase e dabase paso a unha nova etapa.
  • 81.  O Directorio (Out 1795-Nov 1799)  No interior producíanse sublevacións de grupos populares pero tamén había a oposición dos absolutistas.  No exterior loitábase contra as potencias absolutistas en Europa. Nesta situación cobrou máis importancia o papel do exército,en especial, dun dos xenerais máis vitoriosos, Napoleón Bonaparte, quen de volta en Francia dá un golpe de Estado (1799)apoiado pola burguesía. Forzou o nomeamento de tres cónsules provisionais (Sieyés, Ducos e Napoleón)
  • 82.  O CONSULADO 1799  Tras o golpe de Estado, Napoleón Bonaparte iniciou unha política de estabilización de Francia, rematando cos disturbios e cos conflitos interiores.  Concentrou todo o poder nas súas mans, converténdose primeiro en cónsul vitalicio (1802) e proclamándose posteriormente emperador.
  • 83.
  • 84.  O IMPERIO NAPOLEÓNICO (1804-1814).  No interior, reprimiu as revoltas populares e os complots dos absolutistas, impuxo a censura na prensa. Este control absoluto do poder foi acompañado pola promulgación dun Código Civil, que recollía os dereitos dos franceses,a extensión da educación primaria e a estabilización da Facenda pública.  No exterior, Napoleón quixo estender os ideais da Revolución, creando un gran imperio europeo con centro en Francia.  Entrou en guerra cunha coalición de países europeos(Gran Bretaña e Austria), e procedeu á invasión de España e de Rusia. En 1807 o Imperio napoleónico atopábase no seu apoxeo, estendíase de Alemaña a Italia.  Reorganizou o mapa europeo colocando a membros da súa familia á fronte de reinos veciños
  • 85.
  • 86.
  • 87.
  • 88.
  • 89.
  • 90.  Pero a resistencia antifrancesa nestes territorios e as derrotas militares( España 1808 e Rusia 1812) obrigárono a abdicar en 1814 e retirarse á illa de Elba.  Malia un novo intento de restaurar o seu poder(imperio dos 100 días), aproveitando o rexeitamento dos franceses á restauración dunha monarquía absolutista, foi derrotado definitivamente na batalla de Waterloo no 1815, momento en que foi desterrado á illa de Santa Elena onde morreu.  Instaurouse novamente a monarquía dos Borbóns en Francia(Luis XVIII) , pero as ideas da Ilustración e da Revolución consolidáronse en Francia e posteriormente en toda Europa.  O Antigo Réxime desaparecera.
  • 91.
  • 92.  Fontes: Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed Baía.  Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed. Vicens Vives  Libro de texto 1º Bacharalato HMC Ed Santillana