Futuro: é oque ocorrerá despois.Para organizalo debemos medir o tempo.Para medir o tempo utilizamos diferentes unidades de medida:Para períodos curtos: día, semana, mes e ano.Para períodos longos: década(10 anos), século(100 anos) e milenio (1000 anos).
4.
A historiaA historiaé o estudo do pasado. Podemos distinguir : Historia persoal: Os feitos máis importantes que lle pasaron a unha persoa. Reflíctense en documentos da súa historia persoal: vídeos, fotografías, obxectos que utilizaba, o que nos contan os maiores
5.
Historia da localidade:Os acontecementos que lles pasaron as persoas que viviron nesa localidade. Reflíctense en documentos históricos; que poden ser escritos (libros, periódicos, revistas …), gráficos (pinturas, fotos …) ou materiais (restos arqueolóxicos, monumentos, edificios …)Os recordos do pasadoExisten diferentes recordos do pasado:As tradicións: son costumes dunha sociedade que a diferencian doutras sociedades. As tradicións transmítense de pais a fillos. Son tradicións: os bailes (Muiñeira), os traxes (traxe galego), as comidas típicas (caldo), a artesanía e as lendas (historias sobre personaxes que viviron hai moitos anos cunha parte real e outra inventada)As festas populares: Tódalas aldeas, vilas e cidades fan celebracións. Ex : San Pedro en Muros
6.
Os recordos dopasadoOs símbolos: Cada vila ou cidade ten unha serie de símbolos que a identifican, como a bandeira, o escudo ou o himno. As veces o nome da vila ou cidade indica un aspecto da súa historia. Os monumentos: son construcións feitas polos nosos antepasados, que se conservaron ao longo do tempo. Por exemplo: igrexas, castelos, pontes, pazos, murallas, castros …
7.
A localidadeco pasodo tempoHai miles de anos, as persoas vivían en cabanas feitas con pólas de árbores e peles de animais. Viaxaban a pé e cargaban ao lombo as súas pertenzas. Para alimentárense collían froitos e plantas do bosque, pescaban peixes e cazaban animais.
8.
A localidadeco pasodo tempoHai centos de anos, as persoas vivían en pequenos poboados xunto a castelos.Os donos dos castelos viaxaban a cabalo e o resto a pé, en carros e barcos de vela. Traballaban en diferentes oficios, o agricultor cultiva a terra, o ferreiro traballaba o ferro, o muiñeiro convertía o trigo en fariña ….
9.
A localidadeco pasodo tempoNa actualidade, as persoas vivimos en edificios de varias plantas situadas no centro das vilas ou cidades ou en casas baixas nos arredores ou nas aldeas. Viaxamos en coches, avións, barcos ou trens. A persoas traballan en oficios dos tres sectores produtivos: primario, secundario e terciario.