O medio ou ambiente dun ser vivo é todo aquilo que o 
rodea e inflúe na súa vida. Distinguiremos dous medios : o 
medio físico (factores físicos) e o medio biolóxico (seres 
vivos). 
O biotopo ou medio físico está constituido polos 
compoñentes inertes (non vivos) que o forman. 
Estes compoñentes son: a auga, o aire, o solo, a luz e a 
temperatura. 
 A auga é un compoñente esencial para os seres vivos 
acuáticos. Pero tamén o é para os terrestres , que tamén a 
necesitan pois a maior parte do seu corpo está formado 
por ela.
 O aire que contén o osíxeno, que os seres vivos empregamos 
para respirar; e dióxido de carbono que as plantas utilizan para crear 
o seu alimento. As aves tamén o necesitan para voar. 
 O solo que é indispensable para que as plantas se sosteñan e 
ademais a través das raíces obteñen a auga e os alimentos. 
 A cantidade de luz é moi importante para que as plantas 
elaboren o seu alimento e os animais permítelles ver o que lles 
rodea. 
 A temperatura permite aos seres vivos vivir se non é moi alta 
nin moi baixa. Aínda que hai animais que se adaptaron a ambientes 
extremos coma os osos polares ou os camelos.
A biocenose ou medio biolóxico é o conxunto de seres vivos cos 
que se relaciona e lle producen beneficios ou prexuicios. 
Por exemplo para o coello a herba do prado é benifiosa para el 
porque se alimenta dela; pero un raposo sería prexudicial pois 
comeríao. 
RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS 
Hai diferentes tipos de relacións entre os seres vivos: 
alimentación, competencia e cooperación. 
 Relación de alimentación: é a que establecen os animais cos 
outros seres vivos para alimentarse. As plantas non prexudican a 
ninguén pois son capaces de elaborar o seu alimento. 
 Relación de competencia: é a relación que se establece entre 
dous ou máis seres vivos para obter algo que precisan como a luz, a 
auga, a comida, a parella. Os dous seres vivos saen prexudicados. 
 Relación de cooperación: Os dous seres vivos saen beneficiados 
pola súa cooperación. Dase moitos nos seres vivos que se asocian 
formando sociedades para alimentarse, defenderse …
O conxunto de seres vivos que viven nun 
lugar chámanse comunidades biolóxicas. 
Ecosistema é o conxunto formado polas 
comunidades biolóxicas (BIOCENOSE) e o 
lugar onde habitan (BIOTOPO). 
ECOSISTEMA = BIOTOPO + BIOCENOSE 
Os ecosistemas poden ser acuáticos ou 
terrestres. O deserto é un exemplo de 
ecosistema terrestre e un estanque é un 
ecosistema acuáticos.
O ser humano modifica os ecosistemas de dúas maneiras : directa e 
indirecta. 
Modifica o ecosistema de xeito directo con accións coma: a caza, a 
pesca, a tala de árbores, convertendo bosques en campos de cultivo ou 
construíndo poboacións. Transforma ecosistemas naturais en ecosistemas 
artificiais. Estes ecosistemas artificiais só se manteñen pola acción humana e 
sofren problemas coma a erosión e desertización do solo. 
As acción indirecta de modificación é a contaminación. Un 
contaminante é unha substancia engadida ao medio polo home que lle causa 
un dano aos ser humano ou aos seres vivos. Contamínase o aire, a auga e o 
solo. 
O aire contamínase pola queima de combustibles (gasolina, carbón) nas 
fábricas e nos coches. 
A auga contamínase polos sumidoiros das cidades e das fábricas, polos 
produtos químicos empregados na agricultura ou polo petróleo vertido ao mar 
nos accidentes. 
O solo contamínase polos produtos químicos que botamos nel e polo lixo.
Debemos protexer o medio para evitar a desaparición de seres 
en perigo de extinción. 
O coidado do medio e responsabilidade de todos. E todos 
podemos facer algunhas cousas para coidalo como: 
 Respectar os animais e plantas dos sitios que visitamos. 
 Tirar o lixo nos lugares axeitados. 
 Colaborar cos ecoloxistas na limpeza dos bosques e costas. 
 Tirar os obxectos contaminantes nos lugares axeitados. 
 Aproveitamento responsable dos recursos naturais (son 
tódolos recursos que obtemos da natureza: a auga, o aire, os 
alimentos, a enerxía…) 
A reciclaxe é unha das maneiras de evitar o esgotamento dos 
recursos naturais.

Os ecosistemas

  • 1.
    O medio ouambiente dun ser vivo é todo aquilo que o rodea e inflúe na súa vida. Distinguiremos dous medios : o medio físico (factores físicos) e o medio biolóxico (seres vivos). O biotopo ou medio físico está constituido polos compoñentes inertes (non vivos) que o forman. Estes compoñentes son: a auga, o aire, o solo, a luz e a temperatura.  A auga é un compoñente esencial para os seres vivos acuáticos. Pero tamén o é para os terrestres , que tamén a necesitan pois a maior parte do seu corpo está formado por ela.
  • 2.
     O aireque contén o osíxeno, que os seres vivos empregamos para respirar; e dióxido de carbono que as plantas utilizan para crear o seu alimento. As aves tamén o necesitan para voar.  O solo que é indispensable para que as plantas se sosteñan e ademais a través das raíces obteñen a auga e os alimentos.  A cantidade de luz é moi importante para que as plantas elaboren o seu alimento e os animais permítelles ver o que lles rodea.  A temperatura permite aos seres vivos vivir se non é moi alta nin moi baixa. Aínda que hai animais que se adaptaron a ambientes extremos coma os osos polares ou os camelos.
  • 3.
    A biocenose oumedio biolóxico é o conxunto de seres vivos cos que se relaciona e lle producen beneficios ou prexuicios. Por exemplo para o coello a herba do prado é benifiosa para el porque se alimenta dela; pero un raposo sería prexudicial pois comeríao. RELACIÓNS ENTRE OS SERES VIVOS Hai diferentes tipos de relacións entre os seres vivos: alimentación, competencia e cooperación.  Relación de alimentación: é a que establecen os animais cos outros seres vivos para alimentarse. As plantas non prexudican a ninguén pois son capaces de elaborar o seu alimento.  Relación de competencia: é a relación que se establece entre dous ou máis seres vivos para obter algo que precisan como a luz, a auga, a comida, a parella. Os dous seres vivos saen prexudicados.  Relación de cooperación: Os dous seres vivos saen beneficiados pola súa cooperación. Dase moitos nos seres vivos que se asocian formando sociedades para alimentarse, defenderse …
  • 4.
    O conxunto deseres vivos que viven nun lugar chámanse comunidades biolóxicas. Ecosistema é o conxunto formado polas comunidades biolóxicas (BIOCENOSE) e o lugar onde habitan (BIOTOPO). ECOSISTEMA = BIOTOPO + BIOCENOSE Os ecosistemas poden ser acuáticos ou terrestres. O deserto é un exemplo de ecosistema terrestre e un estanque é un ecosistema acuáticos.
  • 5.
    O ser humanomodifica os ecosistemas de dúas maneiras : directa e indirecta. Modifica o ecosistema de xeito directo con accións coma: a caza, a pesca, a tala de árbores, convertendo bosques en campos de cultivo ou construíndo poboacións. Transforma ecosistemas naturais en ecosistemas artificiais. Estes ecosistemas artificiais só se manteñen pola acción humana e sofren problemas coma a erosión e desertización do solo. As acción indirecta de modificación é a contaminación. Un contaminante é unha substancia engadida ao medio polo home que lle causa un dano aos ser humano ou aos seres vivos. Contamínase o aire, a auga e o solo. O aire contamínase pola queima de combustibles (gasolina, carbón) nas fábricas e nos coches. A auga contamínase polos sumidoiros das cidades e das fábricas, polos produtos químicos empregados na agricultura ou polo petróleo vertido ao mar nos accidentes. O solo contamínase polos produtos químicos que botamos nel e polo lixo.
  • 6.
    Debemos protexer omedio para evitar a desaparición de seres en perigo de extinción. O coidado do medio e responsabilidade de todos. E todos podemos facer algunhas cousas para coidalo como:  Respectar os animais e plantas dos sitios que visitamos.  Tirar o lixo nos lugares axeitados.  Colaborar cos ecoloxistas na limpeza dos bosques e costas.  Tirar os obxectos contaminantes nos lugares axeitados.  Aproveitamento responsable dos recursos naturais (son tódolos recursos que obtemos da natureza: a auga, o aire, os alimentos, a enerxía…) A reciclaxe é unha das maneiras de evitar o esgotamento dos recursos naturais.