Materia : é todo aquilo que ten masa e ocupa espazo
(ten volume).
A masa e o volume son as propiedades fundamentais
da materia. A masa mídese cunha balanza e a súa unidade é
o Kg. O volume mídese con recipientes graduados
(probetas).A súa unidade é o litro (l).
A materia pode presentarse en tres estados: sólido,
líquido e gasoso. Os sólidos teñen forma e volume fixo, Os
líquidos teñen volume fixo e forma variable (adáptanse ao
recipiente que os contén) e volume fixo Os gases non teñen
nin forma nin volume fixo (tenden a expandirse e ocupar todo
o espazo posible).
Os materiais son as substancias coas que construímos
as cousas e poden estar formados por un só tipo de materia
ou por unha mestura delas.
Os materiais podemos clasificalos pola súa procedencia
en:
- Materiais naturais : Obtémolas directamente da
natureza (materia prima). Ex: madeira, la, rochas, minerais,
algodón, petróleo …
- Materiais artificiais: Son os fabricados polo home a
partir dos naturais (produto elaborado). Ex: plástico, gasolina,
vidro, cemento, ferro …
Os materiais ademais das propiedades fundamentais (masa e volume) teñen
propiedades especificas (propiedades que diferencian a uns de outros)
 Estado no que se atopa : hai materiais sólidos, líquidos e gasosos. A única
substancia que podemos atopar nos tres estados é a auga.
 Cor : hai materiais que se distinguen pola súa cor ; por exemplo, o algodón é
branco, o carbón é negro, a arxila é marrón, o ouro amarelo …
 Olor : un perfume ten olor intenso, a lixivia teno forte, a madeira suave. A auga
é inodora.
 Resistencia : é a capacidade dun material de soportar un peso sen romper.
 Fraxilidade: é a oposta a resistencia, é dicir, a facilidade a romper.
 A textura: apreciase co tacto. Se algo e liso ou engurrado, suave ou áspero …
 Elasticidade : é a capacidade dos materiais de recuperar a súa forma despois
de deformarse. Ex: un múelle , unha goma.
 A dureza : é a resistencia dun material a ser raiado, cortado ou furado.
 A condutividade: é a capacidade dun material a conducir a calor ou a
electricidade. Polo tanto os corpos son condutores ou illantes.
 A impermeabilidade: é a capacidade a non deixar pasar a auga.
 A ductilidade : é a facilidade para facer fíos ou láminas cun material.
Os materiais utilízase para moitas cousas utilizando as súas
propiedades. Entre os máis utilizados están:
 Os metais son moi utilizados pola súa condutividade e a súa
tenacidade.
 Os plásticos son utilizados para illar e incluso pola súa
tenacidade. Obtéñense do petróleo.
 A madeira utilízase na construción e fabricación de mobles e
papel.
 As fibras téxtiles utilízanse para fabricar tecidos tanto naturais
(seda, algodón, liño,la) ou sintéticos (nailon, licra …)
 Vidro é sólido, fráxil e transparente por iso se utiliza para fabricar
vasos, botellas ventás , lentes …
Para non esgotar os recursos naturais é preciso reutilizar os
materiais a este proceso chámaselle reciclar.
Os minerais son substancias naturais e inertes que se poden
atopar illados ou mesturados formando rochas. Cada mineral ten as
súas propias características. Obtéñense nas minas (buratos no interior
da terra para extraer minerais) ou nas canteiras (minas a ceo aberto).
Os minerais teñen moitas aplicacións dependendo das súas
propiedades específicas ou características.
Algunhas destas propiedades son:
 Forma: os minerais poden ter formas xeométricas ou irregulares.
 Cor : Hai minerais con cores características. Ex: a prata é gris, o
ouro é amarelo, o sal é branco …
 Brillo : Hai minerais que teñen brillo e outros que non. Os metais
soen telo.
 Dureza : é a dificultade dun mineral a ser raiado. Existe unha
escala de dureza a escala de Mohs , onde o diamante é o máis duro
e o xeso o máis brando.
 Exfoliación : certos minerais poden separarse en láminas (mica, lousa)
As rochas son materiais naturais formados por un ou máis
minerais.
As rochas clasifícanse pola súa orixe en:
 Rochas sedimentarias: Son rochas que se formaron pola
acumulación de restos de seres vivos e doutras rochas , que pola
presión se solidificaron. Ex: carbón, calcaria, arxila.
 Rochas magmáticas: Proceden da solidificación do magma do
interior da terra. Ex: o basalto e o granito.
 Rochas metamórficas : proceden das rochas magmáticas ou
sedimentarias , que quedaron enterradas e sometidas a altas
temperaturas. Ex: O mármore e a lousa.
As rochas poden extraerse en minas ou en canteiras e a partir
dalgunhas obter metais . Utilízanse para a construción, para obter
enerxía e para a obtención de metais.

A materia

  • 1.
    Materia : étodo aquilo que ten masa e ocupa espazo (ten volume). A masa e o volume son as propiedades fundamentais da materia. A masa mídese cunha balanza e a súa unidade é o Kg. O volume mídese con recipientes graduados (probetas).A súa unidade é o litro (l). A materia pode presentarse en tres estados: sólido, líquido e gasoso. Os sólidos teñen forma e volume fixo, Os líquidos teñen volume fixo e forma variable (adáptanse ao recipiente que os contén) e volume fixo Os gases non teñen nin forma nin volume fixo (tenden a expandirse e ocupar todo o espazo posible).
  • 2.
    Os materiais sonas substancias coas que construímos as cousas e poden estar formados por un só tipo de materia ou por unha mestura delas. Os materiais podemos clasificalos pola súa procedencia en: - Materiais naturais : Obtémolas directamente da natureza (materia prima). Ex: madeira, la, rochas, minerais, algodón, petróleo … - Materiais artificiais: Son os fabricados polo home a partir dos naturais (produto elaborado). Ex: plástico, gasolina, vidro, cemento, ferro …
  • 3.
    Os materiais ademaisdas propiedades fundamentais (masa e volume) teñen propiedades especificas (propiedades que diferencian a uns de outros)  Estado no que se atopa : hai materiais sólidos, líquidos e gasosos. A única substancia que podemos atopar nos tres estados é a auga.  Cor : hai materiais que se distinguen pola súa cor ; por exemplo, o algodón é branco, o carbón é negro, a arxila é marrón, o ouro amarelo …  Olor : un perfume ten olor intenso, a lixivia teno forte, a madeira suave. A auga é inodora.  Resistencia : é a capacidade dun material de soportar un peso sen romper.  Fraxilidade: é a oposta a resistencia, é dicir, a facilidade a romper.  A textura: apreciase co tacto. Se algo e liso ou engurrado, suave ou áspero …  Elasticidade : é a capacidade dos materiais de recuperar a súa forma despois de deformarse. Ex: un múelle , unha goma.  A dureza : é a resistencia dun material a ser raiado, cortado ou furado.  A condutividade: é a capacidade dun material a conducir a calor ou a electricidade. Polo tanto os corpos son condutores ou illantes.  A impermeabilidade: é a capacidade a non deixar pasar a auga.  A ductilidade : é a facilidade para facer fíos ou láminas cun material.
  • 4.
    Os materiais utilízasepara moitas cousas utilizando as súas propiedades. Entre os máis utilizados están:  Os metais son moi utilizados pola súa condutividade e a súa tenacidade.  Os plásticos son utilizados para illar e incluso pola súa tenacidade. Obtéñense do petróleo.  A madeira utilízase na construción e fabricación de mobles e papel.  As fibras téxtiles utilízanse para fabricar tecidos tanto naturais (seda, algodón, liño,la) ou sintéticos (nailon, licra …)  Vidro é sólido, fráxil e transparente por iso se utiliza para fabricar vasos, botellas ventás , lentes … Para non esgotar os recursos naturais é preciso reutilizar os materiais a este proceso chámaselle reciclar.
  • 5.
    Os minerais sonsubstancias naturais e inertes que se poden atopar illados ou mesturados formando rochas. Cada mineral ten as súas propias características. Obtéñense nas minas (buratos no interior da terra para extraer minerais) ou nas canteiras (minas a ceo aberto). Os minerais teñen moitas aplicacións dependendo das súas propiedades específicas ou características. Algunhas destas propiedades son:  Forma: os minerais poden ter formas xeométricas ou irregulares.  Cor : Hai minerais con cores características. Ex: a prata é gris, o ouro é amarelo, o sal é branco …  Brillo : Hai minerais que teñen brillo e outros que non. Os metais soen telo.  Dureza : é a dificultade dun mineral a ser raiado. Existe unha escala de dureza a escala de Mohs , onde o diamante é o máis duro e o xeso o máis brando.  Exfoliación : certos minerais poden separarse en láminas (mica, lousa)
  • 6.
    As rochas sonmateriais naturais formados por un ou máis minerais. As rochas clasifícanse pola súa orixe en:  Rochas sedimentarias: Son rochas que se formaron pola acumulación de restos de seres vivos e doutras rochas , que pola presión se solidificaron. Ex: carbón, calcaria, arxila.  Rochas magmáticas: Proceden da solidificación do magma do interior da terra. Ex: o basalto e o granito.  Rochas metamórficas : proceden das rochas magmáticas ou sedimentarias , que quedaron enterradas e sometidas a altas temperaturas. Ex: O mármore e a lousa. As rochas poden extraerse en minas ou en canteiras e a partir dalgunhas obter metais . Utilízanse para a construción, para obter enerxía e para a obtención de metais.