PROXECTO DIDÁCTICO 
ANTONIO FRAGUAS 
Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN 
A PAISAXE LENDARIA 
E TOPONÍMICA DO 
CONCELLO DE 
SILLEDA
Natureza do proxecto 
 Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos 
máis significativos do patrimonio inmaterial que unha 
comunidade, para definirse como tal, nunca debería 
perder: as lendas e a toponimia (maior e menor). Dúas 
son as razóns que nos levan a prantexar este estudo. Por 
un lado, a paulatina desaparición dos nosos maiores, 
auténticos arquivos de relatos lendarios e herdeiros do 
porqué dun topónimo. Conforme avanzan os anos, a 
cultura tende a homoxeneizarse; e isto atenta contra un 
dos valores fundamentais en toda convivencia 
comunitaria: o diálogo cos maiores. A perda desta 
interacción trae consigo que lendas e topónimos, antes 
transmitidos con celo de xeración a xeración, se vaian 
perdendo.
Natureza do proxecto 
 Por outro lado, un aspecto no que poucas veces 
reparamos pero que se acrecenta nas 
comunidades rurais como a de Silleda: o 
aumento constante das concentracións 
parcelarias. Antigos microtopónimos, fixadores 
dunha experiencia vital e compartida ao longo 
de décadas, estanse perdendo en aras da 
cuantificación que trae consigo a fusión de 
parcelas. O minifundismo do antigo réxime, rico 
en microtoponimia, deixa paso ao latifundismo 
do novo réxime, onde os antigos 
microtopónimos son cuantificados asignándolle 
un número a cada polígono e parcela e, polo 
tanto, perdéndose en parte a rica tradición que 
cada topónimo traía consigo.
Ámbito do proxecto 
 Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de 
Silleda é o ámbito propicio para realizar a recompilación 
de topónimos e lendas. Por iso, valerémonos : 
 Preferentemente daqueles alumnos e alumnas que 
viven no rural, xa que eles teñen unha relación directa 
non só cos informantes (pais, avós, veciños), senón 
tamén co espazo ao cal se refira cada topónimo e lenda. 
 De seguido, tamén nos aproveitaremos daqueles 
rapaces que teñen os seus ascendentes vivindo no 
rural, aproveitando as visitas puntuais que lle realizan a 
estes para que lles consulten sobre a paisaxe 
toponímica e lendaria da súa zona máis inmediata. 
 Como terceiro recurso, aproveitarémonos das 
asociacións culturais de Silleda e de persoas que, a 
título individual, teñen realizada algunha recompilación 
da toponimia e lendas do seu entorno.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Toponimia das aldeas das 
parroquias de Silleda: realizarase 
unha investigación e darase unha 
explicación da etimoloxía de cada unha 
das aldeas para así dar razón do seu 
nome.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Augas: recolleranse os nomes de fontes, 
regatos, pozos, fervenzas,..., e buscarase o 
porqué dese nome a través do diálogo cos 
veciños dese espazo. Normalmente, en torno 
a estes microtopónimos soe estar asociada 
unha lenda ou unha tradición que explica o 
porqué destes nomes. Recolleranse e 
fixaranse no Google Maps xunto cunha foto, 
se é posible, do lugar.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Castros, mámoas e castelos: No Concello 
de Silleda abundan os castros e as mámoas, 
así como restos de antigas torres (castelos). 
Estes elementos arqueolóxicos do pasado 
están cargados non só de simboloxía senón 
tamén dunha gran riqueza toponímica e 
lendaria. Topónimos como “Castriño” ou 
lendas de mouros son moi abundantes. 
Nestes emprazamentos patrimoniais 
atoparémonos con outra liña de investigación 
e recompilación.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Rede viaria: Os nomes dos camiños, 
das congostras, dos carreiros,... 
servirannos para ampliar os topónimos 
relacionados coas aldeas. Algún deles 
tamén terá lendas e tradicións 
asociadas que nos servirán para 
entender o seu significado.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... 
aportan unha grande riqueza toponímica e 
lendaria. Aquí é onde maior protagonismo 
terán os alumnos e alumnas das aldeas, xa 
que o provir dunha familia agro-gandeira ou 
ter relación directa con elas facilitará a 
recompilación desde microtopónimos. Sobre 
eles haberá que facer especial fincapé, xa 
que, como xa referimos anteriormente, as 
parcelarias están levando ao esquecemento 
os nomes destes espazos.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Emprazamentos singulares: 
Penedos, rochas, árbores,... soen ser 
elementos cargados de simboloxía e, 
polo tanto, dun nome referente a unha 
tradición ou a unha lenda explicativa e 
valorativa dese topónimo.
Clasificación das lendas e dos 
topónimos 
 Outros: A relixiosidade popular, os 
acontecementos puntuais da historia, 
algunha que outra matanza, unha 
morte tráxica,... soen ser fonte de 
relatos orais significativos no devir 
social e identitario dunha determinada 
comunidade. Por iso tamén 
atenderemos á recompilación de todo 
eles situándoos nun espazo 
determinado.
Cada un dos que se vaian 
recollendo non só o iremos 
clasificando nun arquivo de Word, 
senón que xa o irémolos situando 
na aplicación Maps de Google do 
seguinte xeito:
Aldeas e lugares
Castros, mámoas,…
Prados, leiras, muíños…
Camiños, vías e congostras
Fontes, fervenzas, fontes, 
regatos,…
Lugares emblemáticos 
(penedos,…)
FICHA DO INFORMANTE 
 Enquisador:.................................................................................. 
 Individual  Grupo  
 Nome(s) do(s) 
Informante(s)................................................................................ 
..................................................................................................... 
 Actividade..................................................................................... 
 Lugar................................ Parroquia ........................................... 
 Municipio...................................................................................... 
 Idade aproximada ................... 
 Anos de residencia no lugar...................
FICHA DE TRABALLO 
 Microtopónimo: ............................................................................... 
............................. 
 Tipo: .................................................................................................. 
.......... 
 Lugar/aldea e parroquia: 
........................................................................................................... 
. 
 Fotografía (se se fai algunha foto do lugar ao que fai referencia o 
topónimo, entregaranse nun pen-drive co nome do microtopónimo 
no pé da foto) 
 Lendas ou tradicións asociadas ao microtopónimo: 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
........................................................................................................... 
................................................................................
TEMPORALIZACIÓN 
 Setembro: 
 Información sobre o proxecto ao alumnado por parte 
do profesorado de Lingua Galega 
Outubro: 
 Traballo de campo por parte do alumnado: 
recompilación de microtoponimia e lendas 
 Novembro e Decembro: 
 Gravación de vídeos sobre aquelas lendas e 
microtopónimos máis senlleiros para colgalos na 
internet
Realización do traballo 
(1ª avaliación) 
 1.- Cada alumno/a aportará polo menos 
10 microtopónimos ou lendas. 
 2.- Cada un deles haberá que saber 
situalos no mapa de Silleda, polo que é 
preciso que cada alumno/a, ao 
preguntar polo topónimo ou a lenda, 
tamén se informe da situación do 
mesmo nun espazo concreto.
Realización do traballo 
 3.- Para o traballo de campo, o profesor 
de galego correspondente facilitaralle as 
fichas para a recollida da información. 
 4.- Unha vez que cada un dos alumnos 
teñan as fichas de traballo cubertas 
entregaránllas ao profesor de galego 
correspondente para que as valore en 
canto a súa calidade informativa e a súa 
comprensión.
Realización do traballo 
 5.- Cada profesor valorará o traballo dos 
alumnos cun máximo de 1 punto na nota 
da 1ª avaliación. 
 6.- As fichas, despois da súa avalición, 
entregaránselle aos responsables do 
proxecto para o seu rexistro e fixación 
no Google Maps.
Realización do traballo 
 7.- Daquelas lendas e topónimos que 
sexan máis sobresaíntes, invitarase ao 
alumnado a que os grave para a súa 
posterior manipulación e visualización 
na internet. 
 8.- Para fixar cada un dos topónimos no 
mapa, os responsables valeranse dos 
alumnos en cuestión para que lle 
axuden a colocalos no Google Maps.
Realización do traballo 
 9.- Se os alumnos non souberan situalos 
por si mesmos no mapa, dirixiranse ao 
seu profesor de galego ou aos 
responsbles do proxecto para que lle 
faciliten un mapa en papel que levarán á 
casa. Nel, coa axuda dos seus 
informantes, ubicarán cada un dos 
topónimos.
BBOO 
TTRRAABBAALLLLOO!! 
!!!!

Proxecto antón fraguas

  • 1.
    PROXECTO DIDÁCTICO ANTONIOFRAGUAS Proxecto gañador da 9ª EDICIÓN A PAISAXE LENDARIA E TOPONÍMICA DO CONCELLO DE SILLEDA
  • 3.
    Natureza do proxecto  Centramos o noso proxecto sobre dous dos aspectos máis significativos do patrimonio inmaterial que unha comunidade, para definirse como tal, nunca debería perder: as lendas e a toponimia (maior e menor). Dúas son as razóns que nos levan a prantexar este estudo. Por un lado, a paulatina desaparición dos nosos maiores, auténticos arquivos de relatos lendarios e herdeiros do porqué dun topónimo. Conforme avanzan os anos, a cultura tende a homoxeneizarse; e isto atenta contra un dos valores fundamentais en toda convivencia comunitaria: o diálogo cos maiores. A perda desta interacción trae consigo que lendas e topónimos, antes transmitidos con celo de xeración a xeración, se vaian perdendo.
  • 4.
    Natureza do proxecto  Por outro lado, un aspecto no que poucas veces reparamos pero que se acrecenta nas comunidades rurais como a de Silleda: o aumento constante das concentracións parcelarias. Antigos microtopónimos, fixadores dunha experiencia vital e compartida ao longo de décadas, estanse perdendo en aras da cuantificación que trae consigo a fusión de parcelas. O minifundismo do antigo réxime, rico en microtoponimia, deixa paso ao latifundismo do novo réxime, onde os antigos microtopónimos son cuantificados asignándolle un número a cada polígono e parcela e, polo tanto, perdéndose en parte a rica tradición que cada topónimo traía consigo.
  • 6.
    Ámbito do proxecto  Cómpre ter en conta que o mundo rural do Concello de Silleda é o ámbito propicio para realizar a recompilación de topónimos e lendas. Por iso, valerémonos :  Preferentemente daqueles alumnos e alumnas que viven no rural, xa que eles teñen unha relación directa non só cos informantes (pais, avós, veciños), senón tamén co espazo ao cal se refira cada topónimo e lenda.  De seguido, tamén nos aproveitaremos daqueles rapaces que teñen os seus ascendentes vivindo no rural, aproveitando as visitas puntuais que lle realizan a estes para que lles consulten sobre a paisaxe toponímica e lendaria da súa zona máis inmediata.  Como terceiro recurso, aproveitarémonos das asociacións culturais de Silleda e de persoas que, a título individual, teñen realizada algunha recompilación da toponimia e lendas do seu entorno.
  • 7.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Toponimia das aldeas das parroquias de Silleda: realizarase unha investigación e darase unha explicación da etimoloxía de cada unha das aldeas para así dar razón do seu nome.
  • 8.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Augas: recolleranse os nomes de fontes, regatos, pozos, fervenzas,..., e buscarase o porqué dese nome a través do diálogo cos veciños dese espazo. Normalmente, en torno a estes microtopónimos soe estar asociada unha lenda ou unha tradición que explica o porqué destes nomes. Recolleranse e fixaranse no Google Maps xunto cunha foto, se é posible, do lugar.
  • 9.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Castros, mámoas e castelos: No Concello de Silleda abundan os castros e as mámoas, así como restos de antigas torres (castelos). Estes elementos arqueolóxicos do pasado están cargados non só de simboloxía senón tamén dunha gran riqueza toponímica e lendaria. Topónimos como “Castriño” ou lendas de mouros son moi abundantes. Nestes emprazamentos patrimoniais atoparémonos con outra liña de investigación e recompilación.
  • 10.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Rede viaria: Os nomes dos camiños, das congostras, dos carreiros,... servirannos para ampliar os topónimos relacionados coas aldeas. Algún deles tamén terá lendas e tradicións asociadas que nos servirán para entender o seu significado.
  • 11.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Terreos: Os prados, leiras, montes, agros,... aportan unha grande riqueza toponímica e lendaria. Aquí é onde maior protagonismo terán os alumnos e alumnas das aldeas, xa que o provir dunha familia agro-gandeira ou ter relación directa con elas facilitará a recompilación desde microtopónimos. Sobre eles haberá que facer especial fincapé, xa que, como xa referimos anteriormente, as parcelarias están levando ao esquecemento os nomes destes espazos.
  • 12.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Emprazamentos singulares: Penedos, rochas, árbores,... soen ser elementos cargados de simboloxía e, polo tanto, dun nome referente a unha tradición ou a unha lenda explicativa e valorativa dese topónimo.
  • 13.
    Clasificación das lendase dos topónimos  Outros: A relixiosidade popular, os acontecementos puntuais da historia, algunha que outra matanza, unha morte tráxica,... soen ser fonte de relatos orais significativos no devir social e identitario dunha determinada comunidade. Por iso tamén atenderemos á recompilación de todo eles situándoos nun espazo determinado.
  • 14.
    Cada un dosque se vaian recollendo non só o iremos clasificando nun arquivo de Word, senón que xa o irémolos situando na aplicación Maps de Google do seguinte xeito:
  • 15.
  • 16.
  • 17.
  • 18.
  • 19.
  • 20.
  • 21.
    FICHA DO INFORMANTE  Enquisador:..................................................................................  Individual Grupo  Nome(s) do(s) Informante(s)................................................................................ .....................................................................................................  Actividade.....................................................................................  Lugar................................ Parroquia ...........................................  Municipio......................................................................................  Idade aproximada ...................  Anos de residencia no lugar...................
  • 22.
    FICHA DE TRABALLO  Microtopónimo: ............................................................................... .............................  Tipo: .................................................................................................. ..........  Lugar/aldea e parroquia: ........................................................................................................... .  Fotografía (se se fai algunha foto do lugar ao que fai referencia o topónimo, entregaranse nun pen-drive co nome do microtopónimo no pé da foto)  Lendas ou tradicións asociadas ao microtopónimo: ........................................................................................................... ........................................................................................................... ........................................................................................................... ........................................................................................................... ................................................................................
  • 23.
    TEMPORALIZACIÓN  Setembro:  Información sobre o proxecto ao alumnado por parte do profesorado de Lingua Galega Outubro:  Traballo de campo por parte do alumnado: recompilación de microtoponimia e lendas  Novembro e Decembro:  Gravación de vídeos sobre aquelas lendas e microtopónimos máis senlleiros para colgalos na internet
  • 24.
    Realización do traballo (1ª avaliación)  1.- Cada alumno/a aportará polo menos 10 microtopónimos ou lendas.  2.- Cada un deles haberá que saber situalos no mapa de Silleda, polo que é preciso que cada alumno/a, ao preguntar polo topónimo ou a lenda, tamén se informe da situación do mesmo nun espazo concreto.
  • 25.
    Realización do traballo  3.- Para o traballo de campo, o profesor de galego correspondente facilitaralle as fichas para a recollida da información.  4.- Unha vez que cada un dos alumnos teñan as fichas de traballo cubertas entregaránllas ao profesor de galego correspondente para que as valore en canto a súa calidade informativa e a súa comprensión.
  • 26.
    Realización do traballo  5.- Cada profesor valorará o traballo dos alumnos cun máximo de 1 punto na nota da 1ª avaliación.  6.- As fichas, despois da súa avalición, entregaránselle aos responsables do proxecto para o seu rexistro e fixación no Google Maps.
  • 27.
    Realización do traballo  7.- Daquelas lendas e topónimos que sexan máis sobresaíntes, invitarase ao alumnado a que os grave para a súa posterior manipulación e visualización na internet.  8.- Para fixar cada un dos topónimos no mapa, os responsables valeranse dos alumnos en cuestión para que lle axuden a colocalos no Google Maps.
  • 28.
    Realización do traballo  9.- Se os alumnos non souberan situalos por si mesmos no mapa, dirixiranse ao seu profesor de galego ou aos responsbles do proxecto para que lle faciliten un mapa en papel que levarán á casa. Nel, coa axuda dos seus informantes, ubicarán cada un dos topónimos.
  • 29.