TÂCHE 2. COMMENTS’Y PRENDRE
Laura Ferro Rodríguez
Obxectivos
Contidos
Área: coñecemento de si
mesmo e autonomía persoal.
Progresar na adquisición de
hábitos e actitudes
relacionados coa hixiene, (a
seguridade, a alimentación e o
fortalecemento da saúde),
apreciando e gozando das
situacións cotiás de equilibrio
e benestar emocional.
Área: coñecemento de si
mesmo e autonomía persoal.
Bloque 4. O coidado persoal
e a saúde.
Recoñecemento das
necesidades básicas do
corpo -hixiene,
alimentación, descanso...-.
Nivel A1.1
(CECRL)
Escoitar
Área: linguaxes:
comunicación e
representación.
Bloque 1. Linguaxe verbal.
*Escoitar, falar e conversar.
Uso progresivo, acorde coa
idade, de léxico variado,
aumentando a precisión na
busca dunha maior
estruturación das súas frases.
- Comprender e reaccionar con
xestos e movementos ás
instrucións que me indican
cómo manter limpeza e hixiene
corporal.
-Comprender palabras que
nomean partes da miña
anatomía.
Falar
Área: linguaxes:
comunicación e
representación.
Iniciarse no uso oral dunha
lingua estranxeira para
comunicarse en actividades
contextualizadas e mostrar
interese e gozo ao participar
nestes intercambios
comunicativos.
Capacidades CECRL
Conversar
Ler
Escribir
-Nomear algunha das accións
que realizo referentes á hixiene
corporal.
-Seleccionar un obxecto entre
varios cando escoito a palabra
ou algunha das súas
características.
-Comprender ordes o
instrucións simples (sobre a
hixiene corporal) a partir de
debuxos o símbolos.
-Estruturar unha historia o
secuencia a partir dunha serie
de imaxes desordenadas
relacionadas coa hixiene
corporal.
2.
Xustificación
Escollín obxectivos econtidos de diferentes áreas porque creo que, en Educación
Infantil, unha temática adecuada que se podería traballar en lingua estranxeira sería a
adquisición de hábitos, neste caso relacionados coa hixiene corporal. Desta forma o
alumnado, ademais de aprender hábitos de hixiene, aprendería dunha forma
contextualizada vocabulario sobre esta temática.
O nivel de referencia é o A1.1 xa que o alumnado de infantil de tres anos, polo xeral,
aínda non tivo ningún contacto coa lingua estranxeira e é este nivel no que se fai o
primeiro descubrimento da lingua.
Orientacións metodolóxicas
-
O docente debe xerar distintas situacións no que o ambiente de aprendizaxe sexa
grato e afectivamente significativo, para que lle permita ao alumnado sentirse
cómodo, seguro e acollido.
-
Os materiais curriculares axeitaranse aos tipos de contidos, ás características e
necesidades específicas de cada contexto educativo, así como ás características
individuais do alumnado.
-
Importancia do xogo como actividade propia desta etapa.
-
É necesario partir dos esquemas de coñecemento do alumnado e do significado
que lles atribúe para que así se consiga una aprendizaxe significativo.
-
Enfoque globalizado e integrador das aprendizaxes.
-
A lingua estranxeira integrarase a través de todas as áreas.
-
A comprensión e a expresión oral deben ser o punto de partida para o ensino da
primeira lingua estranxeira.
-
Deben iniciarse na aprendizaxe da nova lingua a través da imitación e repetición
de sons, palabras e enunciados significativos sempre cunha intención lúdica.
3.
Reflexión
Comment t’es-tu organisé(e)pour réaliser cette tâche?
O primeiro que fixen foi ler todas as instrucións. Despois, a hora de facer a
tarefa fun seguindo a rúbrica e o exemplo que se fixo na clase. Ademais, para
realizar esta tarefa utilicei todos os documentos que puxo á nosa disposición o
profesor.
As-tu éprouvé des difficultés? Lesquelles?
Unha das dificultades que atopei foi escoller os obxectivos e contidos. No
exemplo que fixemos na clase parecía sinxelo, pero á hora de ter que escollelos
esta tarefa resultoume máis complicada. Outra dificultade que atopei foi resumir
as orientacións metodolóxicas xa que todas parecíanme importantes e adecuadas.
Qu’est-ce que tu as appris avec cette tâche par rapport aux compétences
indiquées ci-dessus? Qu’est-ce que tu as appris d’autre?
Con esta tarefa aprendín a deseñar a primeira parte dunha programación de
lingua estranxeira e tamén coñecín o currículo de lingua estranxeira en
Educación Infantil, xa que nunca traballara con el. Con esta tarefa tamén coñecín
as capacidades do nivel A1.1 do CECRL e como relacionalas cos obxectivos e
contidos.
Quel est ton avis général sur la tâche?
Esta tarefa pareceume moi útil xa que aprendemos a realizar unha parte dunha
programación de lingua estranxeira tendo como referencia os documentos
oficiais de educación e o CECRL.