SlideShare a Scribd company logo
1 of 60
Bechos dos arredores
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
MonDaporta COUSAS DA RATA LUISA
Hoxe non teñen escola e como fai bo día
foron pasar unas horas dando una voltiña.
É primavera e, polos arredores,
van ver as plantas e gozar das flores,
Pero aos nenos chamáronlle moito máis a atención
os bechos que viron durante a excursión:
caracolas,
Caracola común (Cryptomphalus aspersus). Atópase en zonas de clima suave.
Consúmese como alimento en moitas partes.
Caracola das praias (Theba pisana). Atópase preto das praias. Forma
grandes grupos enriba das plantas cando descansa.
bolboretas,
Bolboreta da verdura (Pieris brassicae). Común por todas partes. As eirugas
poden converterse en praga nos cultivos de repolos.
Bolboreta dos valos (Pararge aegeria). Común. A eiruga aliméntase de
herbas.
moscas,
Mosca doméstica menor (Fannia canicularis). Vive nas casas onde se alimenta do que
atopa. As larvas desenvolvense en materiais orgánicos en descomposición.
Mosca verde (Lucilia caesar).
Atópase por todas partes.
Aliméntase en cadáveres,
residuos e excrementos.
Mosca azul (Calliphora vicina). Atópase por todas partes. Aliméntase de
animais e vexetais en descomposición.
moscóns
Mosca gris da carne (Sarcophaga carnaria). Atópase por todas partes.
Aliméntase nos bechos mortos.
escaravellos,
Escaravello cazador (Cicindela campestris). Persigue e caza
outros insectos.
Escarabello lonxicorne (Cibroleptura stragulata). Os adultos aliméntanse
nas flores e as larvas na madeira.
abellas,
Abella común (Apis mellifica). Forma enxames e vive en ocos nos que
almacena pole e mel. Críase para aproveitarlle a cera que segrega para
construir os panais, o pole que transporta e o mel.
vésporas,
Véspora común (Polistes
gallicus). Caza insectos e arañas
para alimentar ás larvas.
Véspora solitaria (Anoplius viaticus). Cava buratos na terra para poñer os
ovos e alimenta ás larvas con insectos e arañas.
abellóns,
Abellón (Bombus hortorum). Fai niños soterrados nos que cría as larvas
con pole.
Xoaniña (Coccinella septempunctata). Aliméntase de outros insectos
pequenos, maiormente pulgóns, polo que é un importante colaborador dos
cultivadores de plantas.
xoaniñas,
saltóns,
Saltón de ás azuis (Oedipoda caerulescens). Común en camiños e
matogueiras. Aliméntase de vexetais.
Saltón de ás vermellas (Oedipoda germánica). Máis escaso. Atópase en
perigo nalgunhas partes.
Chinches raiadas (Graphosoma lineatum). Atópase habitualmaente
en flores de umbelíferas.
chinches raiadas,
Formiga negra (Lasius niger). É a formiga máis común. Forma grandes
colonias que viven en niños debaixo da terra.
formigas,
pulgón das roseiras (Macrosiphon rosae). Común en brotes tenros de herbas e
arbustos, principalmente roseiras.
pulgóns
e varias arañas
Zoropsis. Araña bastante grande, de costumes nocturnos, que se atopa
nos bosques.
-unhas a corricar,
aquí e alá, pola terra
Araña lobo (Pardosa hortensis). Común. Transporta o paquete de ovos, e ás
crías durante varios días despois de nacer
e outras moi quietas
agardando nas teas-.
Araña de xardín (Araneus
diadematus). Vive en xardíns,
lugares arborados e matos onde
poida tender as súas teas.
Meteulles un susto un mosquito grande,
pero díxolles súa nai que non lle pica a nadie.
(Típula oleracea). Aínda que
parece un mosquito grande
é totalmente inofensivo xa
que vive poucos días e non
se alimenta cando é adulto,
pero as súas larvas, que
comen raíces de plantas,
son unha praga nos
céspedes e nalgúns cultivos.
E volteando pedras aínda atoparon
Lesma (Limax maximus). Vive en terras de cultivo con humidade.
Pode medir ata 13 cm de longo. É activa pola noite.
lesmas,
cadelas de frade,
Cadela de frade (Forficula auricularia). Aliméntase de bechos pequenos e de
restos vexetais. Coida os ovos despois da posta. Agóchase polo día e sae de
noite en busca de alimento.
bechos bola,
(Porcelio scaber). Común. Atópase
debaixo das pedras en lugares secos ou
con certa humidade (arriba) e
(Armadillidium vulgare). Atópase en
lugares escuros (abaixo).
cempernas
Cempernas (Lithobius forficatus). Atópase habitualmente debaixo de troncos e
pedras. Aliméntase de outros animais pequenos.
… e ata un escancer
Escancer (Anguis fragilis). É unha especie de lagarto sen patas bastante
abundante en pasteiros e zonas húmidas.
Viron lagartos a correr polos valos
Lagarta galega (Podarcis bocagei). Atópase en valos e toda clase de zonas
nas que haxa pedras onde agocharse.
e non poideron pasar sen mirar os paxaros:
Merlo (Turdus merula). É un dos paxaros máis coñecidos pola súa
cor negra e polo común que é. Atópase por todas partes onde
haxa arbustos nos que poida agocharse.
merlos,
Paporrubio (Erithacus rubecula). Coñecido polo seu
chamativo peito rubio. Vive en xardíns, cultivos e bosques.
paporrubios,
Carriza (Troglodytes troglodytes). É un dos paxaros máis pequenos que podemos
atopar en Galiza. Vive en zonas de vexetación baixa e mesta (bosques, sebes,
xardíns,…). Constrúe un curioso niño esférico coa entrada lateral.
carrizas,
Borrallenta ou azulenta (Prunella modularis). Vive en toxeiras,
silveiras, xesteiras e outras matogueiras de toda Galiza. Constrúe
o niño preto do chan e pon uns ovos de chamativa cor azul de aí
lle ven o nome de azulenta.
borrallentas,
Chasco (Saxicola torquata). Vive en cultivos e matos. O nome fai referencia
ao son que emite (chac, chac) cando está alerta.
chascos,
Verderol (Carduelis chloris). Común. Vive nos cultivos con árbores.
verderoles,
Xirín (Serinus serinus).
É un paxaro común, de
pequeño tamaño, que
vive en cultivos e
sebes.
xiríns,
Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus). Atópase en hortas, cultivos e
sebes. O nome de escribenta venlle dado polas liñas que decoran as
cascas dos ovos.
escribentas…
Laverca (Alauda arvensis). Vive en espazos abertos cultivados e baldíos. Fai
o niño no chan. Os machos cantan voando a bastante altura.
e case non viron, pero sí escoitaron,
ás lavercas que cantan mentras voan no alto
E sentiron nunha poza as ras a roar
e ata alí se achegaron tamén a mirar.
Ra verde (Pelophylax perezi). É a ra máis común. Atópase en todo tipo de
masas de auga estancada ou de pouca corrente.
E logo polo camiño, xa vindo para a casa,
viñan facendo contas de canto atoparan.
Pero díxo Roxelio que só viran uns poucos,
que aínda era cedo e non sairan todos
Que non cantaban os grilos
Grilo (Gryllus campestris). Común. Moi coñecido polo son que
producen os machos ao refregaren as ás.
nin viran libeliñas
gaiteiro azul (Calopterix virgo). Atópase preto de correntes de auga limpa.
Lavacú (Sympetrum …). Atópase preto de augas estancadas
nin aos que saen de noite como as avelaíñas
Autographa gamma. Avelaíña migradora bastante común. A eiruga aliméntase de
trebos e outras plantas.
E tampouco viran os que se agochan na terra:
Miñoca de terra (Lumbricus terrestris). Vive en lugares con certa
humidade onde se alimenta de microorganismos e restos vexetais.
miñocas,
Ratos de campo, cortas e trilladeiras.
Son pequenos roedores, que viven en
furas das que saen pola noite para
alimentarse de herbas, froitos e
sementes.
os seus parentes
rato de campo
Toupeira (Talpa occidentalis). Vive en toda clase de terreos aínda que
prefire os que teñen certa humidade.
e as toupeiras.
Co que xa decidiron que a non moito tardar
van ir dar outra volta para ver aos demais.
Luísa, Roxelio
e máis os ratiños
agardan que vos
gusten estes seus
contiños.
Abur!

More Related Content

Similar to Bechos dos arredores

Cuarto. anfibios
Cuarto. anfibiosCuarto. anfibios
Cuarto. anfibiosegsumay
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
Avesproxecta
AvesproxectaAvesproxecta
AvesproxectaCCMC
 
Tritón xaspeado
Tritón xaspeadoTritón xaspeado
Tritón xaspeadomarixgv
 
Plantas parásitas
Plantas parásitasPlantas parásitas
Plantas parásitasMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.ppsMonContos
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaiesasorey
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibiosxancia1
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegosmxcamba
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafosgalefas
 
A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)MonContos
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3Fiz
 

Similar to Bechos dos arredores (20)

Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Cuarto. anfibios
Cuarto. anfibiosCuarto. anfibios
Cuarto. anfibios
 
Anfibios e réptiles 2
Anfibios e réptiles  2Anfibios e réptiles  2
Anfibios e réptiles 2
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
Avesproxecta
AvesproxectaAvesproxecta
Avesproxecta
 
Tritón xaspeado
Tritón xaspeadoTritón xaspeado
Tritón xaspeado
 
Fentos
FentosFentos
Fentos
 
Plantas parásitas
Plantas parásitasPlantas parásitas
Plantas parásitas
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de seba
 
Anfibios
AnfibiosAnfibios
Anfibios
 
Ecosistemas galegos
Ecosistemas galegosEcosistemas galegos
Ecosistemas galegos
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)A xoaniña (Morcego Roque)
A xoaniña (Morcego Roque)
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
Paxaros
PaxarosPaxaros
Paxaros
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Bechos dos arredores

  • 1. Bechos dos arredores COUSIÑAS FEITAS NA CASA MonDaporta COUSAS DA RATA LUISA
  • 2. Hoxe non teñen escola e como fai bo día foron pasar unas horas dando una voltiña.
  • 3. É primavera e, polos arredores, van ver as plantas e gozar das flores,
  • 4. Pero aos nenos chamáronlle moito máis a atención os bechos que viron durante a excursión:
  • 5. caracolas, Caracola común (Cryptomphalus aspersus). Atópase en zonas de clima suave. Consúmese como alimento en moitas partes.
  • 6. Caracola das praias (Theba pisana). Atópase preto das praias. Forma grandes grupos enriba das plantas cando descansa.
  • 7. bolboretas, Bolboreta da verdura (Pieris brassicae). Común por todas partes. As eirugas poden converterse en praga nos cultivos de repolos.
  • 8. Bolboreta dos valos (Pararge aegeria). Común. A eiruga aliméntase de herbas.
  • 9. moscas, Mosca doméstica menor (Fannia canicularis). Vive nas casas onde se alimenta do que atopa. As larvas desenvolvense en materiais orgánicos en descomposición.
  • 10. Mosca verde (Lucilia caesar). Atópase por todas partes. Aliméntase en cadáveres, residuos e excrementos.
  • 11. Mosca azul (Calliphora vicina). Atópase por todas partes. Aliméntase de animais e vexetais en descomposición. moscóns
  • 12. Mosca gris da carne (Sarcophaga carnaria). Atópase por todas partes. Aliméntase nos bechos mortos.
  • 13. escaravellos, Escaravello cazador (Cicindela campestris). Persigue e caza outros insectos.
  • 14. Escarabello lonxicorne (Cibroleptura stragulata). Os adultos aliméntanse nas flores e as larvas na madeira.
  • 15. abellas, Abella común (Apis mellifica). Forma enxames e vive en ocos nos que almacena pole e mel. Críase para aproveitarlle a cera que segrega para construir os panais, o pole que transporta e o mel.
  • 16. vésporas, Véspora común (Polistes gallicus). Caza insectos e arañas para alimentar ás larvas.
  • 17. Véspora solitaria (Anoplius viaticus). Cava buratos na terra para poñer os ovos e alimenta ás larvas con insectos e arañas.
  • 18. abellóns, Abellón (Bombus hortorum). Fai niños soterrados nos que cría as larvas con pole.
  • 19. Xoaniña (Coccinella septempunctata). Aliméntase de outros insectos pequenos, maiormente pulgóns, polo que é un importante colaborador dos cultivadores de plantas. xoaniñas,
  • 20. saltóns, Saltón de ás azuis (Oedipoda caerulescens). Común en camiños e matogueiras. Aliméntase de vexetais.
  • 21. Saltón de ás vermellas (Oedipoda germánica). Máis escaso. Atópase en perigo nalgunhas partes.
  • 22. Chinches raiadas (Graphosoma lineatum). Atópase habitualmaente en flores de umbelíferas. chinches raiadas,
  • 23. Formiga negra (Lasius niger). É a formiga máis común. Forma grandes colonias que viven en niños debaixo da terra. formigas,
  • 24. pulgón das roseiras (Macrosiphon rosae). Común en brotes tenros de herbas e arbustos, principalmente roseiras. pulgóns
  • 25. e varias arañas Zoropsis. Araña bastante grande, de costumes nocturnos, que se atopa nos bosques.
  • 26. -unhas a corricar, aquí e alá, pola terra Araña lobo (Pardosa hortensis). Común. Transporta o paquete de ovos, e ás crías durante varios días despois de nacer
  • 27. e outras moi quietas agardando nas teas-. Araña de xardín (Araneus diadematus). Vive en xardíns, lugares arborados e matos onde poida tender as súas teas.
  • 28. Meteulles un susto un mosquito grande,
  • 29. pero díxolles súa nai que non lle pica a nadie.
  • 30. (Típula oleracea). Aínda que parece un mosquito grande é totalmente inofensivo xa que vive poucos días e non se alimenta cando é adulto, pero as súas larvas, que comen raíces de plantas, son unha praga nos céspedes e nalgúns cultivos.
  • 31. E volteando pedras aínda atoparon
  • 32. Lesma (Limax maximus). Vive en terras de cultivo con humidade. Pode medir ata 13 cm de longo. É activa pola noite. lesmas,
  • 33. cadelas de frade, Cadela de frade (Forficula auricularia). Aliméntase de bechos pequenos e de restos vexetais. Coida os ovos despois da posta. Agóchase polo día e sae de noite en busca de alimento.
  • 34. bechos bola, (Porcelio scaber). Común. Atópase debaixo das pedras en lugares secos ou con certa humidade (arriba) e (Armadillidium vulgare). Atópase en lugares escuros (abaixo).
  • 35. cempernas Cempernas (Lithobius forficatus). Atópase habitualmente debaixo de troncos e pedras. Aliméntase de outros animais pequenos.
  • 36. … e ata un escancer Escancer (Anguis fragilis). É unha especie de lagarto sen patas bastante abundante en pasteiros e zonas húmidas.
  • 37. Viron lagartos a correr polos valos Lagarta galega (Podarcis bocagei). Atópase en valos e toda clase de zonas nas que haxa pedras onde agocharse.
  • 38. e non poideron pasar sen mirar os paxaros:
  • 39. Merlo (Turdus merula). É un dos paxaros máis coñecidos pola súa cor negra e polo común que é. Atópase por todas partes onde haxa arbustos nos que poida agocharse. merlos,
  • 40. Paporrubio (Erithacus rubecula). Coñecido polo seu chamativo peito rubio. Vive en xardíns, cultivos e bosques. paporrubios,
  • 41. Carriza (Troglodytes troglodytes). É un dos paxaros máis pequenos que podemos atopar en Galiza. Vive en zonas de vexetación baixa e mesta (bosques, sebes, xardíns,…). Constrúe un curioso niño esférico coa entrada lateral. carrizas,
  • 42. Borrallenta ou azulenta (Prunella modularis). Vive en toxeiras, silveiras, xesteiras e outras matogueiras de toda Galiza. Constrúe o niño preto do chan e pon uns ovos de chamativa cor azul de aí lle ven o nome de azulenta. borrallentas,
  • 43. Chasco (Saxicola torquata). Vive en cultivos e matos. O nome fai referencia ao son que emite (chac, chac) cando está alerta. chascos,
  • 44. Verderol (Carduelis chloris). Común. Vive nos cultivos con árbores. verderoles,
  • 45. Xirín (Serinus serinus). É un paxaro común, de pequeño tamaño, que vive en cultivos e sebes. xiríns,
  • 46. Escribenta liñaceira (Emberiza cirlus). Atópase en hortas, cultivos e sebes. O nome de escribenta venlle dado polas liñas que decoran as cascas dos ovos. escribentas…
  • 47. Laverca (Alauda arvensis). Vive en espazos abertos cultivados e baldíos. Fai o niño no chan. Os machos cantan voando a bastante altura. e case non viron, pero sí escoitaron, ás lavercas que cantan mentras voan no alto
  • 48. E sentiron nunha poza as ras a roar e ata alí se achegaron tamén a mirar. Ra verde (Pelophylax perezi). É a ra máis común. Atópase en todo tipo de masas de auga estancada ou de pouca corrente.
  • 49. E logo polo camiño, xa vindo para a casa, viñan facendo contas de canto atoparan.
  • 50. Pero díxo Roxelio que só viran uns poucos, que aínda era cedo e non sairan todos
  • 51. Que non cantaban os grilos Grilo (Gryllus campestris). Común. Moi coñecido polo son que producen os machos ao refregaren as ás.
  • 52. nin viran libeliñas gaiteiro azul (Calopterix virgo). Atópase preto de correntes de auga limpa.
  • 53. Lavacú (Sympetrum …). Atópase preto de augas estancadas
  • 54. nin aos que saen de noite como as avelaíñas Autographa gamma. Avelaíña migradora bastante común. A eiruga aliméntase de trebos e outras plantas.
  • 55. E tampouco viran os que se agochan na terra:
  • 56. Miñoca de terra (Lumbricus terrestris). Vive en lugares con certa humidade onde se alimenta de microorganismos e restos vexetais. miñocas,
  • 57. Ratos de campo, cortas e trilladeiras. Son pequenos roedores, que viven en furas das que saen pola noite para alimentarse de herbas, froitos e sementes. os seus parentes rato de campo
  • 58. Toupeira (Talpa occidentalis). Vive en toda clase de terreos aínda que prefire os que teñen certa humidade. e as toupeiras.
  • 59. Co que xa decidiron que a non moito tardar van ir dar outra volta para ver aos demais.
  • 60. Luísa, Roxelio e máis os ratiños agardan que vos gusten estes seus contiños. Abur!