pelícanos
AS LIDEIRAS DE ROQUEMonDaporta
COUSIÑAS FEITAS NA CASA
Estaba dunha volta Roque a falar cun compañeiro
cando case son engulidos por un enorme peteiro.
Fuxiron voando e, por sorte, libraron…
Pero vaia apurada… que sustazo paparon!
Logo xa na súa casa pescudou e investigou
quen era aquel novo enemigo que por pouco no papou.
Cando empezou a buscar foi doado atopalo…
Un becho tan grande e cun peteiro tan raro!
E para estar precavido en vindeiras ocasións
averigüou todo del e aquí vos deixa o que xuntou.
Os
pelícanos
Os pelícanos (Pelecanus) son un xénero de aves mariñas, da
familia Pelecanidae. Son aves que chaman a atención polo seu
tamaño (Son as aves máis pesadas coa capacidade de voar),
e, sobre todo, polo seu peteiro,
dos mái longos de todas as aves
e coa parte de abaixo
membranosa, elástica e flexible
(cunha capacidade de ata 12
litros) que utiliza como rede de
pesca e como superficie de
refrixeración.
Miden de 1 a
1,80 m de
lonxitude (da
punta do peteiro
á punta do rabo).
Teñen unha
envergadura alar
entre 1,80 e 3,5
m, e poden
acadar unha
masa corporal de
entre 3 e 14 kg.
Os machos
sempre son máis
grandes que as
femias.
A gran envergadura alar permítelle facer voo de planeo co que poden
manterse no aire durante moito tempo sen apenas esforzo.
O desplazamento en terra, ao teren as patas curtas e palmeadas, é
bamboleante. Se queren desplazarse con rapidez teñen que
equilibrarse coas ás.
Os pelícanos son animais sociais que forman bandos máis ou
menos numerosos tanto para criar como para alimentarse.
Aliméntanse fundamentalmente de peixe, pero aproveitan
canto comestible lle cai á man ou se atopa ao alcance do
seu peteiro: outros animais, ovos e restos. Precisan de 1 a
2 kg de alimento ao día.
Pelícano comendo unha cabeza de peixe Pelícano tentando engulir unha gaivota
Según á especie, pescan sós ou en
grupos, desde a superficie da auga
ou por mergullo, usando a parte de
abaixo do peteiro, como rede de
captura.
Fan o niño no chan, en cantís ou en árbores. Poñen entre 2 e 4
ovos que chocan ata 6 semanas.
As crías, que nacen moi pouco desenvolidas,
son alimentadas polos pais,
primeiro cunha secrección dos
papos dos propios pais e logo
con peixe, de primeiras
semidixerido e máis adiante
enteiro.
empluman en 5 ou 6 semanas e
tardan varios anos en facerse
adultos.
Bando de pelícanos xuvenís
Viven, en libertade, entre 15 e 25 anos, pero poden vivir ata
40 anos ou máis.
Coñécense oito especies de pelícanos con distribucións
irregulares asociadas a augas continentais ou costeiras das áreas
calidas e temperadas.
As especies
pelícano australiano (Pelecanus
conspicillatus). Vive nas augas
continentais e costeiras de Australia,
Nova Guiné, Fixi e parte de Indonesia,
onde ocupa as grandes extensións de
aguas abertas: lagos, encoros, ríos,
esteiros, pantanos, zonas de inundación
temporal, canles de drenaxe e lagoas
costeiras; tamén se pode ver en bancos
de area, praias, embarcadeiros…
Mide de 150 a 180 cm de longo, cunha
envergadura de 2,30 a 2,60 m, e pesa
entre 4,50 e 7,70 kg. O peteiro deste
pelícano é o máis grande dos de todas as
aves, pode acadar os 50 cm de lonxitude.
Aliméntase de peixes e de restos, insectos acuáticos e
crustáceos (cangrexos e camarons). Pero tamén come
outras aves, como gaivotas, maiormente ovos e crías.
Nadan en grupos para rodear e acurralar aos peixes
que capturan afundindo o peteiro na auga.
Comeza a reproducirse entre
os dous e os tres anos de
idade. O niño é unha poza na
terra ou máis raramente
unha construcción de herbas
no alto dun arbusto, sempre
preto da auga. Pon de 2 a 4
ovos (normalmente dous)
que choca de 32 a 35 días. O
polo máis grande adoita
acaparar o alimento e o
pequeno morre. Cando
teñen arredor dun mes
forman grupos de crías e son
alimentadas polos pais ata os
tres meses.
pelícano crespo ou pelícano dálmata (Pelecanus crispus). Atópase en lagos,
ríos, deltas e esteiros desde o surleste de Europa ata a China. Durante o invierno, fan
migracións cara ao leste e ao sur chegando ás costas máis próximas aos seus lugares
habituais de cría. É o pelícano máis grande. Mide de 160 a 183 cm de lonxitude, entre 290
e 345 cm de envergadura e pode pesar de 7 a 14 kg.
Aliméntase case exclusivamente de
peixes aínda que completa a dieta con
crustáceos, escarabellos, polos e ovos
de outras aves acuáticas.
Aniña en grupos non moi grandes. Fai o niño,
unha morea de herba, canas, paus e plumas; no
chan ou a pouca altura, a veces na vexetación
flutuante. Pon 2 ovos que choca de 30 a 34 días.
Cando os polos teñen de 6 a 7 semanas reúnense
en grupos de cría ata que están cubertos de
pluma. Independízanse aos 100 ou 105 días de
idade e fanse adultos aos 3 ou 4 anos. Exemplar coa plumaxe xuvenil
Esta especie está en declive. Só quedan entre 10.000 e 20.000 pelícanos crespos.
pelícano blanco
americano (Pelecanus
erythrorhynchus). É unha
ave migradora que cría en
illas dos lagos de auga
doce de Norteamérica e
inverna en California, nas
costas do Pacífico de
Guatemala e nas praias do
Golfo de México. Mide de
130 a 180 cm, cunha
envergadura de entre 240
e 300 cm, e un peso que
anda entre os 5 e os 9 kg.
Na época de cría médralle un "corno" enriba
do peteiro que desaparece cando remata a
temporada. Esta curiosa formación só está
presente nesta especie.
Aliméntase, desde a superficie, de peixe, pero tamén captura outros animais acuáticos:
cangrexos, anfibios, larvas…
Aniñan en colonias grandes. Chegan ás zonas de cría en marzo ou abril, fan os niños, unha
poza no chan con algunhas pallas e ponlas, nos que poñen 2 ou 3 ovos que chocan
arredor dun mes. Só sobervive unha cría que deixa o niño ao mes de nacer para formar
parte do grupo de crías durante outro mes, ata que voa. Os pais aínda o coidan case outro
mes máis. Migran en setembro ou outubro.
Poden vivir máis de 16 años en libertade. En cautiverio están rexistradas idades
por enriba dos 30 anos.
pelícano pardo (Pelecanus
occidentalis). Atópase polas costas
americanas desde Canadá ata a
Amazonía.
Mide entre 100 e 130cm, cunha
envergadura entre 1,90 e 2,10 m, e pesa
de 3,90 a 5,20 kg.
Aliméntase fundamentalmente de peixe e
algúns crustáceos que captura lanzándose en
picado desde o aire.
Aniña en colonias nos
mangleiros, en rochedos,
praias e sobre estructuras. Fai
un niño, con todo tipo de
materiais, no que pon 2 ou 3
ovos que chocan uns 28 días.
Os polos desenvólvense nuns
75 días e fanse adultos aos 3
anos. Poden vivir máis de 30
anos.
Adulto, detrás, e, diante, xuvenil coa súa
primeira cobertura. Os xuvenís tardan tres
anos en adquirir as cores do adulto.
Recoñécense cinco subespecies: P. o. californicus (pelícano pardo de California), de
California, P. o. carolinensis (pelícano pardo de Carolina), das costas do océano Atlántico de
Norteamérica, P. o. occidentalis (pelícano pardo do Caribe), do mar Caribe, P. o. murphyi
(pelícano pardo do Pacífico), das costas do océano Pacífico de América central a Ecuador e P.
o. urinator (pelícano pardo das Galápagos), das illas Galápagos.
P. o. calfornicus P. o. occidentalis
P. o. carolinensis P. o. murphyi
P. o. urinator
Pelícano branco ou pelícano común (Pelecanus onocrotalus). Atópase en amplas
superficies pantanosas e deltas desde o surleste de Europa ata o Vietnam e en África ao sur
do Sahara. Os que crían máis ao norte migran ao sur no inverno (os europeos a África). Mide
de 140 a 180 cm, cunha envergadura de ata 360 cm, e pesa entre 9 e 15 kg.
Pescan sós ou en grupo. Aliméntanse non
só de peixes, tamén comen outros animais
acuáticos, ovos e crías de outras aves, e
restos.
Reprodúcense en colonias. A maioría
fan os niños no chan, nunha
excavación tapizada de herbas,
pauciños e outros materiais; nos que
poden poñer 2 ou 3 ovos que chocan
entre 29 e 36 días. Ao mes de naceren
os polos xúntanse en grupos de crías.
Empluman entre os 65 e os 75 días de
idade e fanse adultos aos 3 ou 4 anos
de idade.
Xuvenil coa
primeira plumaxe
Xuvenís do
segundo ano
pelícano malayo ou pelícano oriental (Pelecanus philippensis). Atópase en
augas continentais e costeiras, especialmente lagos de augua doce pouco fondos das
terras baixas, desde o sur de Pakistán, a India, Sri Lanca ata o leste de Indonesia. Miden
de 125 a 152 cm de lonxitude e pesan de 4 a 6 kg. Aliméntase de peixes que captura
desde a superficie.
Aniña en grupos. O niño é unha plataforma
de paus e herbas enriba dunha árbore
baixa preto do de outras aves coloniais.
Pon de 3 a 4 ovos que choca arredor de 30
días. As crías completan o
desenvolvemento en 3 ou 4 meses e fanse
adultas aos 3 anos.
Algunhas colonias aniñan en
plataformas e estructuras armadas
preto de vivendas.
pelícano rosado (Pelecanus rufescens). Vive e reprodúcese nos pantanos e lagos de
pouco fondo, chairas asolagadas nas desembocaduras de ríos de África, sur da península
Arábiga, e o sur da India. Mide de 125 a 155 cm, cunha envergadura entre 2,15 e 2,90 m, e
pesa de 4 a 7 kg. O peteiro mide de 30 a 38 cm de lonxitude.
O apelativo
rufescens venlle
dado pola cor
rosada das
plumas que
cobren o interior
das ás e as partes
inferiores do
corpo
Aliméntase xeralmente de peixes e anfibios, que pesca movéndose en grupos.
Aniña en grupos. O niño é unha
plataforma de garabullos construída
enriba dunha árbore baixa. Pon 2 ou 3
ovos que choca uns 30 días.
Grupo de pelícanos rosados do zoolóxico de Berlín
pelícano peruano (Pelecanus thagus). Vive nas costas do Pacífico do Perú e de
Chile. Mide de 1,1 a 1,5 m de lonxitude, cunha envergadura alar de ata os 2,50 m, e un
peso medio de 7 kg.
Exemplar coa plumaxe de
reprodución
Pesca picando desde o aire ou nadando
pola superficie, pero é un oportunista que
come calquera cousa que atope ou que
capture.
Pelícanos peruanos pousados nun peirao á espera para
poder aproveitar os restos que tiren os mariñeiros.
Pelícano peruano
tentando afogar
unha gaivota para
poder comela.
Pelícanos peruanos,
e outras aves
mariñas, pescando
Cría en grandes colonias. Aniña no chan. Pon 2 ou 3
ovos que chocan arredor de un mes. O
desenvolvemento das crías dura uns 3 meses.
Exemplares xuvenís
Pelícanos peruanos descansando
E para rematar unhas imaxes curiosas
Un dos pelícanos máis grandes, o pelícano
común, e un dos máis pequenos, o
pelícano rosado.
Vista cenital dun grupo de pelícanos
MEEU!!!
MEEU!!!
bocazas
Pelícano contorsionista
Onde estou?
As imaxes fotográficas foron collidas da
internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e
agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta

Pelícanos

  • 1.
    pelícanos AS LIDEIRAS DEROQUEMonDaporta COUSIÑAS FEITAS NA CASA
  • 2.
    Estaba dunha voltaRoque a falar cun compañeiro
  • 3.
    cando case sonengulidos por un enorme peteiro. Fuxiron voando e, por sorte, libraron…
  • 4.
    Pero vaia apurada…que sustazo paparon!
  • 5.
    Logo xa nasúa casa pescudou e investigou quen era aquel novo enemigo que por pouco no papou.
  • 6.
    Cando empezou abuscar foi doado atopalo… Un becho tan grande e cun peteiro tan raro!
  • 7.
    E para estarprecavido en vindeiras ocasións averigüou todo del e aquí vos deixa o que xuntou.
  • 8.
  • 9.
    Os pelícanos (Pelecanus)son un xénero de aves mariñas, da familia Pelecanidae. Son aves que chaman a atención polo seu tamaño (Son as aves máis pesadas coa capacidade de voar),
  • 10.
    e, sobre todo,polo seu peteiro, dos mái longos de todas as aves e coa parte de abaixo membranosa, elástica e flexible (cunha capacidade de ata 12 litros) que utiliza como rede de pesca e como superficie de refrixeración.
  • 12.
    Miden de 1a 1,80 m de lonxitude (da punta do peteiro á punta do rabo). Teñen unha envergadura alar entre 1,80 e 3,5 m, e poden acadar unha masa corporal de entre 3 e 14 kg. Os machos sempre son máis grandes que as femias.
  • 13.
    A gran envergaduraalar permítelle facer voo de planeo co que poden manterse no aire durante moito tempo sen apenas esforzo.
  • 14.
    O desplazamento enterra, ao teren as patas curtas e palmeadas, é bamboleante. Se queren desplazarse con rapidez teñen que equilibrarse coas ás.
  • 15.
    Os pelícanos sonanimais sociais que forman bandos máis ou menos numerosos tanto para criar como para alimentarse.
  • 16.
    Aliméntanse fundamentalmente depeixe, pero aproveitan canto comestible lle cai á man ou se atopa ao alcance do seu peteiro: outros animais, ovos e restos. Precisan de 1 a 2 kg de alimento ao día. Pelícano comendo unha cabeza de peixe Pelícano tentando engulir unha gaivota
  • 17.
    Según á especie,pescan sós ou en grupos, desde a superficie da auga ou por mergullo, usando a parte de abaixo do peteiro, como rede de captura.
  • 18.
    Fan o niñono chan, en cantís ou en árbores. Poñen entre 2 e 4 ovos que chocan ata 6 semanas.
  • 19.
    As crías, quenacen moi pouco desenvolidas,
  • 20.
    son alimentadas polospais, primeiro cunha secrección dos papos dos propios pais e logo con peixe, de primeiras semidixerido e máis adiante enteiro.
  • 21.
    empluman en 5ou 6 semanas e tardan varios anos en facerse adultos. Bando de pelícanos xuvenís
  • 22.
    Viven, en libertade,entre 15 e 25 anos, pero poden vivir ata 40 anos ou máis.
  • 23.
    Coñécense oito especiesde pelícanos con distribucións irregulares asociadas a augas continentais ou costeiras das áreas calidas e temperadas. As especies
  • 24.
    pelícano australiano (Pelecanus conspicillatus).Vive nas augas continentais e costeiras de Australia, Nova Guiné, Fixi e parte de Indonesia, onde ocupa as grandes extensións de aguas abertas: lagos, encoros, ríos, esteiros, pantanos, zonas de inundación temporal, canles de drenaxe e lagoas costeiras; tamén se pode ver en bancos de area, praias, embarcadeiros… Mide de 150 a 180 cm de longo, cunha envergadura de 2,30 a 2,60 m, e pesa entre 4,50 e 7,70 kg. O peteiro deste pelícano é o máis grande dos de todas as aves, pode acadar os 50 cm de lonxitude.
  • 25.
    Aliméntase de peixese de restos, insectos acuáticos e crustáceos (cangrexos e camarons). Pero tamén come outras aves, como gaivotas, maiormente ovos e crías. Nadan en grupos para rodear e acurralar aos peixes que capturan afundindo o peteiro na auga.
  • 26.
    Comeza a reproducirseentre os dous e os tres anos de idade. O niño é unha poza na terra ou máis raramente unha construcción de herbas no alto dun arbusto, sempre preto da auga. Pon de 2 a 4 ovos (normalmente dous) que choca de 32 a 35 días. O polo máis grande adoita acaparar o alimento e o pequeno morre. Cando teñen arredor dun mes forman grupos de crías e son alimentadas polos pais ata os tres meses.
  • 27.
    pelícano crespo oupelícano dálmata (Pelecanus crispus). Atópase en lagos, ríos, deltas e esteiros desde o surleste de Europa ata a China. Durante o invierno, fan migracións cara ao leste e ao sur chegando ás costas máis próximas aos seus lugares habituais de cría. É o pelícano máis grande. Mide de 160 a 183 cm de lonxitude, entre 290 e 345 cm de envergadura e pode pesar de 7 a 14 kg.
  • 28.
    Aliméntase case exclusivamentede peixes aínda que completa a dieta con crustáceos, escarabellos, polos e ovos de outras aves acuáticas.
  • 29.
    Aniña en gruposnon moi grandes. Fai o niño, unha morea de herba, canas, paus e plumas; no chan ou a pouca altura, a veces na vexetación flutuante. Pon 2 ovos que choca de 30 a 34 días. Cando os polos teñen de 6 a 7 semanas reúnense en grupos de cría ata que están cubertos de pluma. Independízanse aos 100 ou 105 días de idade e fanse adultos aos 3 ou 4 anos. Exemplar coa plumaxe xuvenil
  • 30.
    Esta especie estáen declive. Só quedan entre 10.000 e 20.000 pelícanos crespos.
  • 31.
    pelícano blanco americano (Pelecanus erythrorhynchus).É unha ave migradora que cría en illas dos lagos de auga doce de Norteamérica e inverna en California, nas costas do Pacífico de Guatemala e nas praias do Golfo de México. Mide de 130 a 180 cm, cunha envergadura de entre 240 e 300 cm, e un peso que anda entre os 5 e os 9 kg. Na época de cría médralle un "corno" enriba do peteiro que desaparece cando remata a temporada. Esta curiosa formación só está presente nesta especie.
  • 32.
    Aliméntase, desde asuperficie, de peixe, pero tamén captura outros animais acuáticos: cangrexos, anfibios, larvas…
  • 33.
    Aniñan en coloniasgrandes. Chegan ás zonas de cría en marzo ou abril, fan os niños, unha poza no chan con algunhas pallas e ponlas, nos que poñen 2 ou 3 ovos que chocan arredor dun mes. Só sobervive unha cría que deixa o niño ao mes de nacer para formar parte do grupo de crías durante outro mes, ata que voa. Os pais aínda o coidan case outro mes máis. Migran en setembro ou outubro.
  • 34.
    Poden vivir máisde 16 años en libertade. En cautiverio están rexistradas idades por enriba dos 30 anos.
  • 35.
    pelícano pardo (Pelecanus occidentalis).Atópase polas costas americanas desde Canadá ata a Amazonía. Mide entre 100 e 130cm, cunha envergadura entre 1,90 e 2,10 m, e pesa de 3,90 a 5,20 kg.
  • 36.
    Aliméntase fundamentalmente depeixe e algúns crustáceos que captura lanzándose en picado desde o aire.
  • 37.
    Aniña en coloniasnos mangleiros, en rochedos, praias e sobre estructuras. Fai un niño, con todo tipo de materiais, no que pon 2 ou 3 ovos que chocan uns 28 días. Os polos desenvólvense nuns 75 días e fanse adultos aos 3 anos. Poden vivir máis de 30 anos. Adulto, detrás, e, diante, xuvenil coa súa primeira cobertura. Os xuvenís tardan tres anos en adquirir as cores do adulto.
  • 38.
    Recoñécense cinco subespecies:P. o. californicus (pelícano pardo de California), de California, P. o. carolinensis (pelícano pardo de Carolina), das costas do océano Atlántico de Norteamérica, P. o. occidentalis (pelícano pardo do Caribe), do mar Caribe, P. o. murphyi (pelícano pardo do Pacífico), das costas do océano Pacífico de América central a Ecuador e P. o. urinator (pelícano pardo das Galápagos), das illas Galápagos. P. o. calfornicus P. o. occidentalis P. o. carolinensis P. o. murphyi P. o. urinator
  • 39.
    Pelícano branco oupelícano común (Pelecanus onocrotalus). Atópase en amplas superficies pantanosas e deltas desde o surleste de Europa ata o Vietnam e en África ao sur do Sahara. Os que crían máis ao norte migran ao sur no inverno (os europeos a África). Mide de 140 a 180 cm, cunha envergadura de ata 360 cm, e pesa entre 9 e 15 kg.
  • 40.
    Pescan sós ouen grupo. Aliméntanse non só de peixes, tamén comen outros animais acuáticos, ovos e crías de outras aves, e restos.
  • 41.
    Reprodúcense en colonias.A maioría fan os niños no chan, nunha excavación tapizada de herbas, pauciños e outros materiais; nos que poden poñer 2 ou 3 ovos que chocan entre 29 e 36 días. Ao mes de naceren os polos xúntanse en grupos de crías. Empluman entre os 65 e os 75 días de idade e fanse adultos aos 3 ou 4 anos de idade. Xuvenil coa primeira plumaxe Xuvenís do segundo ano
  • 42.
    pelícano malayo oupelícano oriental (Pelecanus philippensis). Atópase en augas continentais e costeiras, especialmente lagos de augua doce pouco fondos das terras baixas, desde o sur de Pakistán, a India, Sri Lanca ata o leste de Indonesia. Miden de 125 a 152 cm de lonxitude e pesan de 4 a 6 kg. Aliméntase de peixes que captura desde a superficie.
  • 43.
    Aniña en grupos.O niño é unha plataforma de paus e herbas enriba dunha árbore baixa preto do de outras aves coloniais. Pon de 3 a 4 ovos que choca arredor de 30 días. As crías completan o desenvolvemento en 3 ou 4 meses e fanse adultas aos 3 anos.
  • 44.
    Algunhas colonias aniñanen plataformas e estructuras armadas preto de vivendas.
  • 45.
    pelícano rosado (Pelecanusrufescens). Vive e reprodúcese nos pantanos e lagos de pouco fondo, chairas asolagadas nas desembocaduras de ríos de África, sur da península Arábiga, e o sur da India. Mide de 125 a 155 cm, cunha envergadura entre 2,15 e 2,90 m, e pesa de 4 a 7 kg. O peteiro mide de 30 a 38 cm de lonxitude.
  • 46.
    O apelativo rufescens venlle dadopola cor rosada das plumas que cobren o interior das ás e as partes inferiores do corpo
  • 47.
    Aliméntase xeralmente depeixes e anfibios, que pesca movéndose en grupos.
  • 48.
    Aniña en grupos.O niño é unha plataforma de garabullos construída enriba dunha árbore baixa. Pon 2 ou 3 ovos que choca uns 30 días.
  • 49.
    Grupo de pelícanosrosados do zoolóxico de Berlín
  • 50.
    pelícano peruano (Pelecanusthagus). Vive nas costas do Pacífico do Perú e de Chile. Mide de 1,1 a 1,5 m de lonxitude, cunha envergadura alar de ata os 2,50 m, e un peso medio de 7 kg. Exemplar coa plumaxe de reprodución
  • 51.
    Pesca picando desdeo aire ou nadando pola superficie, pero é un oportunista que come calquera cousa que atope ou que capture. Pelícanos peruanos pousados nun peirao á espera para poder aproveitar os restos que tiren os mariñeiros. Pelícano peruano tentando afogar unha gaivota para poder comela. Pelícanos peruanos, e outras aves mariñas, pescando
  • 52.
    Cría en grandescolonias. Aniña no chan. Pon 2 ou 3 ovos que chocan arredor de un mes. O desenvolvemento das crías dura uns 3 meses. Exemplares xuvenís
  • 53.
  • 54.
    E para rematarunhas imaxes curiosas
  • 55.
    Un dos pelícanosmáis grandes, o pelícano común, e un dos máis pequenos, o pelícano rosado.
  • 56.
    Vista cenital dungrupo de pelícanos
  • 57.
  • 58.
  • 60.
  • 62.
  • 63.
  • 64.
    As imaxes fotográficasforon collidas da internet e a información de fontes varias. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta