SlideShare a Scribd company logo
1 of 208
Ría de
Pontevedra
Ría de Pontevedra desde O Castrove
A RÍA DE PONTEVEDRA é a máis pequena
das Rías Baixas e ábrese, seguindo unha
fractura con dirección SO-NE, entre as
puntas de Cabicastro, ao norte e o cabo
Udra, ao Sur.
Está separada da da ría de Vigo pola
península do Morrazo na que se eleva a
Serra de Domaio.
O río máis importante que desauga nela é o
Lérez e do Castrove e Domaio baixan
pequenos regatos. Na boca da ría atópase o
arquipélago de Ons e no seu interior a
pequena illa de Tambo.
CONCELOS: O Grove, Sanxenxo, Poio,
Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas.
Península do Grove
Ons
Pt. Cabicastro
Cabo Udra
Pt. Couso
Tambo
Ría de Vigo
Ría da Arousa
A RÍA DE PONTEVEDRA pódese dividir (segundo Nonn) en tres partes:
-Esteiro do río Lérez, entre Campelo e Lourizán, con ampla presenta de marismas.
-Parte media, entre as puntas Cabicastro e cabo Udra.
-Parte externa, que xa non é propiamente ría, entre a punta de Couso, Ons e a península do
Grove. Inclúe o seo ou ría de Aldán
Ría de Pontevedra desde O Castrove
Río Lérez
Pt. Cabicastro
Cabo Udra
PONTEVEDRA
SANXENXO
BUEU
MARÍN
POIO
É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira, industrial e
turística. Nos concellos que rodean a ría habitan máis de 150.000 persoas, número que
aumenta considerablemente no verán polo turismo.
O municipio máis poboado é Pontevedra, con máis de 80.000 habitantes, seguíndolle
Marín con máis de 26.000 habitantes.
Portonovo e Sanxenxo
Vista aérea
Vista aérea, coa punta Cabicastro (Sanxenxo) no centro
A boca da ría, co seo ou
ría de Aldán a as puntas
Udra e Couso
Litoral de Marín co Coto Redondo e a serra de Domaio ao fondo
Monte Castrove
Península do Grove, A Lanzada, puntas Faxilda, Montalbo e Cabicastro
Punta Cabicastro (Sanxenxo), límite norte da ría de Pontevedra (zona media).
Desde ela hai vistas sobre a ría de Pontevedra, O Morrazo, arquipélagos de Ons e Cíes e
costa ata punta Faxilda.
Punta do Elmo. O Coitelo.
Vista aérea dede a praia de Caneliñas ata a punta Bicaño
Vista aérea dede a a punta Bicaño ata a punta Festiñazo
Portonovo, o principal porto pesqueiro de Sanxenxo
39-Praia de Baltar (ao fondo Portonovo)
Vista de Sanxenxo, en primeiro plano a praia de Silgar e ao fondo Portonovo.
Sanxenxo. Praia de Silgar. Areal urbano de 750 m de lonxitude.
Praia de Areas, un areal de 600 m de lonxitude orientado ao sur e
abrigada entre as puntas de Barreiros e do Festiñazo.
Punta de Festiñazo e Illote Laño
Vista aérea coa punta Festiñanzo e dos Bois no centro
Praia Sagunto (A Granxa)
Miradoiro da Granxa sobre A Granxa, Raxó e a ría de Pontevedra
Litoral de Poio
RAXÓ. Unha pequena vila mariñeira cun porto dedicado á pesca de baixura e o marisqueo.
No primeiro plano a praia de Xiorto e ao fondo a illa de Tambo.
ILLA DE TAMBO. Está separada da costa de Poio por unha canle de 1,1 km, de pouca
profundidade. A súa superficie é de 0´28 km², cunha altura máxima de 80 m, e un
perímetro de 4 km.
No século VI houbo unha capela e logo un mosteiro. No século XII era propiedade da raíña Urraca e
logo foi doada ao convento de San Xoán de Poio. En 1846, coa desamortización pasou a mans
privadas e foi mercada polo ministerio de Xustiza. Funcionou como lazareto e penitenciaría militar.
En 1943 coa creación da Escola Naval Militar de Marín pasou a uso militar e empregouse como
arsenal. Desde outubro de 2018 permítense visitas organizadas á illa. Está proposta a súa inclusión
no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Illa de Tambo. Punta de Tenlo.
COMBARRO. Unha vila mariñeira que conserva un dos conxuntos
arquitectónicos populares máis interesantes de Galiza
Combarro
Praia do Padrón
Seo de Campelo entre Combarro e a punta dos Galos
Seo de Campelo
Rego do Mouro
Rego Pereiro
Rego das Cancelas
CAMPELO. Praia, punta e porto.
Praia do Polvorín/Lourido. De 700 m de lonxitude, ocupa unha frecha antes de comezar o
esteiro do Lérez. É a primeira praia da marxe dereita da ría de Pontevedra.
Praia de Lourido e esteiro do Lérez
Seo de Lourido
Ponte da Barca
Pontevedra, no fondo da ría
Pontes sobre o Lérez,
en Pontevedra.
Porto deportivo.
O RÍO LÉREZ nace na Serra do Candán,
nas abas do San Bento e verte na ría
de Pontevedra despois de 57 km de
percorrido, formando un amplo
esteiro moi colmatado, no que ata o
século XIX funcionou un importante
porto pesqueiro e comercial.
Peirao das Corvaceiras
Río dos Gafos
Nace no Mato da Xestiña (Vilaboa) e, despois de
10,8 km de percorrido, desemboca nas Corbaceiras,
na ría de Pontevedra.
Costa de Lourizán, ocupada pola autovía: punta do Cabo e porto de Estribela
Litoral de Lourizán
A finais do século XIX fíxose unha canle para facer o río Lérez máis navegable no esteiro
Os Placeres
MARÍN. A cidade máis grande do Morrazo, na banda norte da ría de Pontevedra.
Conta cun importante porto pesqueiro e comercial.
Praia de Mogor. Pequeno areal entre as puntas Rabuñagatos e A Moa.
Praia de Aguete
Praia e punta de Loira
Rego de Loira
Montes Sobareiro e da Cova. Teoira. Illa do Santo do Mar/San Clemente.
Praia Lapamán (Bueu). Nunha parte chámase Muíño Vello.
Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta Corveiro e o Monte Gordo.
Entre elas desemboca o rego do Inferno.
BUEU. Vila mariñeira e cun importante patrimonio cultural.
Praia e porto de Beluso
Punta da Mourisca
CABO UDRA. Forma unha península no Noroeste
do Morrazo, no límite da ría de Pontevedra e
pechando polo leste a ría de Aldán. É unha masa
de rochas graníticas que forman cantís de media
altura e paisaxes de grandes penedos e bolos.
Conta cunha aula da natureza.
Vista da costa de Bueu
desde a punta do
Cagadoiro ata a praia
de Lapamán
Vista de Cabo Udra,
coa illa de Ons ao fondo.
A RÍA OU SEO DE ALDÁN ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a punta de Couso ao sur,
seguindo unha fractura con dirección norte-sur. No seu fondo desemboca o río Orxás que
forma un amplo esteiro que queda en seco na marea baixa.
Algúns autores considérana como un profundo entrante na ría de Pontevedra.
Seo e praia do Ancoradouro
Praia de Lagos
Punta Preguntoiro
Area de Bon
Ría de Aldán desde o cume do coto de Aldao, na serra da Madalena (Cangas).
Seo e praia de Lagoelas (Aldán e Bueu)
Punta do Altar (Cangas)
Praia de Menduíña (Cangas)
Praia de san Cibrán ou de Aldán (Cangas)
Praia de Vilariño e ao fondo Aldán
Praia dos Picos
Río Orxás. Recolle as augas da aba oeste da serra
da Madalena e lévaas á ría de Aldán.
Ría ou seo de Aldán coa praia de Area Brava e a punta Ansoela (Cangas) no primeiro plano
Praia de Area Brava
Faro-baliza na Punta do Couso Cangas. O límite sur da ría de Pontevedra
AQUIPÉLAGO DE ONS
Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas,
O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de
Pontevedra. Ocupa unha superficie dunhas 470 ha.
Vista desde o monte da Siradella (O Grove)
A illa de ONS é unha chaira elevada con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto
e areais na cara protexida. Está formada por granitos de dúas micas. A súa cota máis
alta é o Alto de Ons, con 128 m, onde está o faro.
A comezos do século XX instaláronse fábricas de salga e chegou a ter 500 habitantes. En
1986 non chegaban a vinte e na actualidade so viven unhas poucas persoas de xeito
estable. É propiedade da Xunta de Galiza desde 1981 e pertence ao concello de Bueu.
Praia de Melide. O mellor areal de Ons cun bo complexo dunar.
Cova do Inferno ou Buraco do Inferno. Un pozo de 40 m de profundidade que comunica
co mar a través dunha furna. Segundo a tradición nela vivía o demo, xunto aos araos que
cos seus berros infernais asustaban aos veciños.
Punta e seo de Fedorento
Miradoiro do Fedorento e illa de Onza
XEOLOXÍA
A maior parte do litoral da ría de Pontevedra está formado por granitos e gneis e hai
amplas zonas sedimentarias nos esteiros dos ríos e nos seos que dan lugar a lameiros e
areais.
MAPA LITOLÓXICO
Punta Cabicastro Sanxenxo: estratos inclinados en gneis
Praia de Agra (Sanxenxo)
Punta Seame (Sanxenxo)
Rochas na praia de Areas (Sanxenxo)
Granitos na punta de Samieira (Poio)
Punta da Cachola (Poio)
Rochas na punta parede (Lourido, Poio)
Punta Riscada (Marín)
Rochas graníticas no Petón do Chirleu (Aguete, Marín)
Punta Aguda (Bueu)
Punta Cagadoiro (Bueu)
Cons do Pedrón (Bueu)
As rochas que constitúen Cabo Udra son un curioso tipo de pedra de gran (granodiorita
precoz) con grandes cristais de feldespato branco. Por toda a zona aparecen curiosas
formacións rochosas.
Cabo Udra (Bueu)
Punta de Bon (Bueu)
Punta do Muíño (Bueu)
Punta do Muíño (Bueu)
Punta Rabo da Égoa (Ons)
Os Cabezos de San Martiño (Cangas)
Punta do Altar (Cangas)
Punta do Altar (Cangas)
Punta de Menduíña Norte (Cangas)
Praia do Couso (Cangas)
Furna na praia do Couso (Cangas)
Punta da Fontiña (Cangas)
Punta Lapa (A Lanzada, Sanxenxo):
contactos entre granitos e gneis
O Outeiriño (A Lanzada, Sanxenxo): illote de bolos graníticos
unido a terra por unha frecha areosa
O Outeiriño
Cantís da praia de Area Gorda (A Lanzada), de pouca altura, en granitos
moi alterados con “bolos”.
Praia de Area
Gorda, erosión
nos granitos
Praia de Foxos (A Lanzada, Sanxenxo): zonas de contacto de gneis
con granitos e micropregramentos.
Praia de Foxos
Praia de Fontiñas (Sanxenxo). Esta praia e os
cantís que a rodean son un museo de
xeoloxía no que se poden apreciar distintos
tipos e estruturas rochosas, as forzas
tectónicas e a dos axentes erosivos; e
minerais e rochas pouco comuns
(conglomerados, brechas, gneis), furnas,
micropregamentos, rasa de abrasión e cantil
fósil. .
Punta Corveiro (Sanxenxo): granates
Os Fornos (Sanxenxo). Coa marea baixa pódese ver a rasa de abrasión e furnas.
Delta mareal na desembocadura do Lérez
Frecha na desembocadura do rego de Loira (Marín)
1- Relacións de intrusión sincinemática na Punta Xubenco.
2- Plataforma de erosión mariña do peirao de Ons.
3-Plataforma de erosión mariña fósil de Figueira Brava.
4-Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol
5-Buraco do Inferno.
Buraco do Inferno
LUGARES DE INTERESE XEOLÓXICO NA ILLA DE ONS
1-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM056 Relacións de intrusión sincinemática na Punta
Xubenco. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
Excelente afloramento para observar as relaciones de intrusión sincinemática de
granodioritas calcoalcalinas e diferentes pulsos de granitos de dúas micas variscos,
deformados por cizallas variscas.
Interese xeolóxico principal: petrolóxico-xeoquímico.
2-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO
GM057b Plataforma de erosión
mariña do peirao de Ons.
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: Depósitos e
formas de modelado costeiro e
litoral.
Bo exemplo de plataforma de
abrasión mariña. Orixínanse
pola acción dos fragmentos de
rochas removilizados pola
ondada.
3-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GMO57 Plataforma de erosión mariña fósil de
Figueira Brava.
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Situación: ao leste da illa de Ons (Bueu)
Situada lixeramente por riba do actual nivel do mar, é testemuña do que acadou
durante o último interglaciar. Contén bos exemplos de granitos milonitizados.
4-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO M057c Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol.
Interese: Sedimentolóxico.
Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Bo exemplo de praia areosa colgada, cun afloramento no que, ademáis, poden observarse
secuencias de derrubios (períodos fríos, secos e con escasa cuberta vexetal) e coluvións
(períodos más húmedos). Éstos últimos máis ou menos escuros.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM055 Buraco do Inferno
Interese: Xeomorfolóxico.
Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral.
Conduto vertical de máis de 50 m de profundidade conectado co mar a través dunha
curta galería. No seu interior hai algunhas formacións por depósitos minerais entre as que
destaca o “leite de Lúa”, constituido por silicatos en fases líquida e sólida.
(LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e
0,5 km) praias, dunas e coídos
Interese principal: xeomorfolóxico.
Istmo da Lanzada e seo do Umia
(LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e
0,5 km) praias, dunas e coídos
Interese principal: xeomorfolóxico.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM049. Tómbolo da Lanzada (Sanxenxo e O Grove).
(LIX pendente de descrición e delimitación definitiva)
Interese: Petrolóxico-xeoquímico. Estratigráfico. Tectónico. Xeomorfolóxico.
Zona de contacto entre a granodiorita tardía de Caldas de Reis e os micaxistos, seixo-xistos e paraneis do
complexo Cabo Home-A Lanzada. Destacan tamén os coídos, as dunas, as rasas costeiras, as furnas, os
micropregamentos e a presenza de niveis de xistos con andalucitas.
É unha zona con numerosos exemplos de deformación fráxil, dúctil e fráxil-dúctil, originadas durante a
oroxenia Varisca. Existen tamén distintos afloramentos de sedimentos recentes (conglomerados e niveis
ferruxinosos) orixinados na última grande transgresión mariña do Cuaternario.
LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM065. Contacto entre a granodiorita de Caldas de Reis e o
Complexo metamórfico de A Lanzada-O Rosal.
Punta Corveiro (Sanxenxo)
Punta Faxilda (Sanxenxo). Rasa de abrasión.
Praia de Bascuas (Sanxenxo. Nos cantís podemos atopar rochas metamórficas nas que
os estratos se dispoñen das formas máis variadas combinando pregues, fallas e filóns
con vetas de diferentes minerais.
PROTECCIÓN
-Parque Nacional das illas Atlánticas (Arquipélago de Ons)
-LIC/ZEC “Cabo Udra” e “Ons-O Grove”.
-ZEPA “Espazo mariño das Rías Baixas” (arquipélago de Ons)
-Ons está incluída no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA A HERPETOFAUNA
ESPAÑOLA (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004).
-OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés
“Illas Atlánticas de Galiza” (arquipélago de Ons)
Valores: paisaxes, flora e
fauna terrestre e mariña,
lugares de interese xeolóxico,
etnografía, historia…
PARQUE NACIONAL DAS ILLAS
ATLÁNTICAS DE GALIZA
ARQUIPÉLAGO DE ONS
LIC/ZEC “ONS O GROVE”
Valores: paisaxe, praias,
dunas, cantís, marismas,
flora e fauna, etnografía,
historia...
LIC/ZEC “CABO UDRA”
Valores: paisaxe, praias,
cantís, flora e fauna,
etnografía, historia...
FLORA
Algas vermellas, chuponas e lapas nunha poza de marea
Na ría de Pontevedra hai una enorme variedade de hábitats e ecosistemas acuáticos (augas
abertas, fondos mariños, rochosos, areosos ou lamacentos), intermareais ou terrestres
(dunas, cantís…) nos que podemos atopar unha enorme diversidade de algas, liques e
plantas, e algunas especies de interese pola súa singularidade ou rareza.
Os fondos mariños poboados por algas crean ricos ecosistemas para crustáceos, moluscos e
peixes de enorme valor comercial.
Golfos (Laminaria ochroleuca )
Liques (Caloplaca marina)
Halimione portulacoides
Nas beiras asolagadas
diariamente pola preamar,
aparece unha vexetación
formada por plantas halófilas, é
dicir, adaptadas aos solos
salobres. Entre as máis comúns
destacan a Sueda Marítima, a
Sueda vera, e a Halimione
Portulacoides.
Fento mariño (Asplenium maritimun). Vive nas fendas
das rochas a onde chegan os salseiros do mar.
Nos cantís hai liques, prixel do mar, herba de namorar, fento mariño, uvas de lagarto, pan de
paxaros, macela mariña, pampillo...
Plantas nos cantís de Ons
A FLORA DE ONS destaca polo seu grande
número de elementos endémicos ibéricos
occidentais e noroccidentais e
subendemismos de área reducida.
Entre os taxons máis ameazados e de
distribución máis localizada, todos eles
inventariados no Libro vermello da flora
ameazada española (2003), atópase Cytisus
insularis; Rumex rupestris, localizada en
cantís húmidos e en situación crítica; e Linaria
arenaria, propia de dunas estabilizadas.
Margarida, pampillo (Leucanthemum
merinoi), unha especie en perigo de
extinción cunha área de distribución
restrinxida ao Norte de Portugal e a
costa atlántica galega, é común nos
cantís de Ons.
Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
Cytisus atlanticus, é unha xesta
descuberta recentemente con
poboacións interesantes en Ons e
Sálvora. Distínguese a primeira vista das
demais xestas por ter as follas simples e
de maior tamaño.
Breixo (Erica cinerea) e liques
Cardo mariño
(Eryngium maritimum)
Eucalipto de 5,6 m de
perímetro na praia da
Mourisca
Estripo (1,85 m de perímetro) na praia do Laño (Poio)
FAUNA
A fauna máis representativa da ría é a mariña, cunha enorme variedade de peixes,
moluscos, crustáceos, vermes... No litoral é moi importante a presenza estable ou temporal
das aves mariñas.
Hai importantes bancos de bivalvos (berberecho, ameixas) que se explotan como recurso
económico.
Ameixa
Berberecho (Cerastoderma edule)
As chuponas, apegóns ou tetos (Bunodactis verrucosa) viven en
pozas e fendas das rochas con boa luz.
Apegadas ás rochas dos cantís viven arneiróns, mexillóns, percebes,
lapas, chuponas, caracolas...
Caramuxo bravo (Littorina saxatilis)
Mexillóns, arneiróns e chuponas
Mexillóns
Lapa e arneiróns
Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos
coloniais que viven apegados ás rochas da zona
mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido.
O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus)
Xurelos
Faneca
Ollomol
Sargo
Nos cantís de Ons crían gaivotas patiamarelas e corvos mariños. No mar pódense ver
mascatos, corvos mariños reais, araos romeiros, pardelas, gaivotas choronas, carráns. En
terra hai corvos, pombos e unha ampla variedade de paxaros (verderolos, xílgaros, pardillos,
chascos, borrallentas...), cobras de escada e lagartos e numerosos insectos.
Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
Os corvos mariños están moi ben
adaptados á vida acuática. Teñen
membrana interdixital entre os catro
dedos e aliméntanse de peixe que
capturan mergullándose, pero non
teñen a plumaxe impermeable, polo
que despois de cada período de
inmersión teñen que poñelo a secar
para que as plumas recuperen a
capacidade illante.
Nos cantís occidentais de Ons crían
unhas 600 parellas de corvos mariños
cristados (Phalacrocorax aristotelis).
Gaivotas no Cabo Udra
Carrán cristado
(Thalaseus sandvicensis)
Os seos e marismas son lugares axeitados para o descanso das aves
mariñas, en especial limícolas e anátidas
Pilro curlibico ou pirlo común (Calidris alpina)
Bilurico común
(Tringa totanus)
Garza real (Ardea cinerea)
Euphydrias aurinia
Corymbia stragulata
-Pesca, marisqueo e acuicultura
-Navegación
-Turismo, lecer e deportes
-Industrias
Combarro
USOS/APROVEITAMENTO
Portonovo. A lonxa move un grande volume de peixe fresco,
entre os que destaca o xurelo.
Sanxenxo
Nasas en Combarro
Porto de Campelo
Porto de Aguete (Marín)
Porto de Marín
Porto de Marín
Porto de Bueu, onde alternan pequenas embarcacións
artesanais con grandes buques de arrastre.
Porto de Beluso (Bueu)
Porto de Aldán (Cangas)
Porto de Vilariño (Cangas)
Marisqueo a pé (Poio)
Bateas na ría A pesca, o marisqueo e a explotación de bateas é uns dos mais
importantes motores económicos da costa da ría.
En toda a ría hai un bo número de recursos que atraen ao turismo en distintas épocas.
Praias,espazos naturais, paisaxe, culura...
Praia de Silgar (Sanxenxo)
Deportes náuticos en Bueu
Aula da Natureza e monte do Castro de Cabo Udra
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A ría de Pontevedra estivo poboada desde tempos moi antigos do que da testemuño o
importante patrimonio material e inmaterial: casas e conxuntos tradicionais, peiraos,
horreos, faros, restos de asentamentos, petróglifos, cabanas, embarcacións tradicionais,
lendas, cantigas, música...
Combarro
Mapa da ría de Pontevedra do século XIX
Petroglifo de Mogor, declarado Ben de Interese cultural en 1975. A carón da praia
hai un centro de interpretación e un pequeno roteiro guiado.
Combarro (Poio) acolle un dos
conxuntos arquitectónicos populares
máis interesantes de Galiza e no que
destacan as casas mariñeiras e os
hórreos (máis de trinta) á beira do mar.
Está declarado Ben de Interese Cultural,
Conxunto Histórico e Sitio Histórico.
Punta de Vilariño (Cangas)
Laxe do Crego ou do Abade
(Ons). Un enterramento
medieval antropomórfico
escavado na rocha, fronte á
punta da Figueira Brava. Pódese
acceder coa marea baixa.
Salga na praia da Mourisca
Chozos de Esqueiros (cabo Udra, Bueu)
Praia das Dornas
Un aspecto a destacar na illa de Ons é o patrimonio marítimo: faros, portos, restos de
asentamentos, embarcacións tradicionais...
Embarcacións tradicionais en Combarro
Encontro de embarcacións tradicinais (Combarro 2001)
Museo do Mar da familia Massó (Bueu). Instalado en 1932 no edificio da antiga
fábrica de conservas (construída en 1883). Foi adquirdo e ampliado pola Xunta de
Galiza en 2002. Mostra unha variada tipoloxía de embarcacións tradicionais,
maquetas, libros antigos, cartas mariñas e aparellos de pesca, marisqueo e industriais.
Carpintería de Ribeira (Bueu)
Faro de Ons
PROBLEMAS
-Construcións na liña de costa, dragados, recheos
-Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies
-Especies invasoras
-Contaminación
Sanxenxo
Praia de Lavapanos (Sanxenxo)
O Carballo (Sanxenxo)
Punta de Loira (Marín)
Praia de Agrelo (Bueu)
Aldán (Cangas)
Canas (Arundo donax) e Senecio mikanoides
Boussingaultia cordifolia
Algunhas especies invasoras
presentes no litoral da ría
Sargassum muticum
A Celulosa invade terreos costeiros públicos, o aire e o mar da ría
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
xuño 2021

More Related Content

What's hot

Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costaMonContos
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da ArousaMonContos
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galegaMonContos
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo monadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoMonContos
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costaMonContos
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A CostaMonContos
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costaMonContos
 
Ria de Muros e Noia
Ria de Muros e NoiaRia de Muros e Noia
Ria de Muros e NoiaMonContos
 
RÍa de Muros e Noia
RÍa de Muros e NoiaRÍa de Muros e Noia
RÍa de Muros e NoiaMonContos
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Meramonadela
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidentalmonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzosmonadela
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costamonadela
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabramonadela
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de VigoMonContos
 

What's hot (20)

Fisterra, a costa
Fisterra, a costaFisterra, a costa
Fisterra, a costa
 
Ría de Foz
Ría de FozRía de Foz
Ría de Foz
 
Ria da Arousa
Ria da ArousaRia da Arousa
Ria da Arousa
 
A costa galega
A costa galegaA costa galega
A costa galega
 
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo Lic Complexo Húmido de Corrubedo
Lic Complexo Húmido de Corrubedo
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Ría de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do EoRía de Ribadeo/ do Eo
Ría de Ribadeo/ do Eo
 
A Guarda a costa
A Guarda a costaA Guarda a costa
A Guarda a costa
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Cee, A Costa
Cee, A CostaCee, A Costa
Cee, A Costa
 
Formas da costa
Formas da costaFormas da costa
Formas da costa
 
Ria de Muros e Noia
Ria de Muros e NoiaRia de Muros e Noia
Ria de Muros e Noia
 
RÍa de Muros e Noia
RÍa de Muros e NoiaRÍa de Muros e Noia
RÍa de Muros e Noia
 
LIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-MeraLIC Ortigueira-Mera
LIC Ortigueira-Mera
 
LIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña OccidentalLIC Costa da Mariña Occidental
LIC Costa da Mariña Occidental
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Rias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/BetanzosRias de Ares/Betanzos
Rias de Ares/Betanzos
 
Cariño. A costa
Cariño. A costaCariño. A costa
Cariño. A costa
 
LIC Costa Ártabra
LIC Costa ÁrtabraLIC Costa Ártabra
LIC Costa Ártabra
 
Ría de Vigo
Ría de VigoRía de Vigo
Ría de Vigo
 

Similar to Ría de Pontevedra

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega monadela
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costamonadela
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazomonadela
 
Ares A Costa
Ares A CostaAres A Costa
Ares A Costamonadela
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A CostaMonContos
 
Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrolmonadela
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Cangas, A costa
Cangas, A costaCangas, A costa
Cangas, A costaMonContos
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costamonadela
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costamonadela
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Orientalmonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costamonadela
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaMonContos
 
Boiro, A Costa
Boiro, A CostaBoiro, A Costa
Boiro, A CostaMonContos
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Mortemonadela
 

Similar to Ría de Pontevedra (17)

A costa galega
A costa galega A costa galega
A costa galega
 
Ribadeo, a costa
Ribadeo, a costaRibadeo, a costa
Ribadeo, a costa
 
Comarca O Morrazo
Comarca O MorrazoComarca O Morrazo
Comarca O Morrazo
 
Ares A Costa
Ares A CostaAres A Costa
Ares A Costa
 
Poio, A Costa
Poio, A CostaPoio, A Costa
Poio, A Costa
 
Ría de Ferrol
Ría de FerrolRía de Ferrol
Ría de Ferrol
 
Pontedeume, A Costa
Pontedeume, A CostaPontedeume, A Costa
Pontedeume, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Cangas, A costa
Cangas, A costaCangas, A costa
Cangas, A costa
 
Viveiro, A costa
Viveiro, A costaViveiro, A costa
Viveiro, A costa
 
O Vicedo. A Costa
O Vicedo. A CostaO Vicedo. A Costa
O Vicedo. A Costa
 
Comarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña OrientalComarca A Mariña Oriental
Comarca A Mariña Oriental
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Sada, A Costa
Sada, A CostaSada, A Costa
Sada, A Costa
 
A Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A CostaA Pobra do Caramiñal, A Costa
A Pobra do Caramiñal, A Costa
 
Boiro, A Costa
Boiro, A CostaBoiro, A Costa
Boiro, A Costa
 
LIC Costa da Morte
LIC Costa da MorteLIC Costa da Morte
LIC Costa da Morte
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfMonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxMonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxMonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxMonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxMonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptxMonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptxMonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxMonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptxMonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaMonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IIMonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelMonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papelMonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 

Ría de Pontevedra

  • 1. Ría de Pontevedra Ría de Pontevedra desde O Castrove
  • 2. A RÍA DE PONTEVEDRA é a máis pequena das Rías Baixas e ábrese, seguindo unha fractura con dirección SO-NE, entre as puntas de Cabicastro, ao norte e o cabo Udra, ao Sur. Está separada da da ría de Vigo pola península do Morrazo na que se eleva a Serra de Domaio. O río máis importante que desauga nela é o Lérez e do Castrove e Domaio baixan pequenos regatos. Na boca da ría atópase o arquipélago de Ons e no seu interior a pequena illa de Tambo. CONCELOS: O Grove, Sanxenxo, Poio, Pontevedra, Marín, Bueu, Cangas.
  • 3. Península do Grove Ons Pt. Cabicastro Cabo Udra Pt. Couso Tambo Ría de Vigo Ría da Arousa
  • 4. A RÍA DE PONTEVEDRA pódese dividir (segundo Nonn) en tres partes: -Esteiro do río Lérez, entre Campelo e Lourizán, con ampla presenta de marismas. -Parte media, entre as puntas Cabicastro e cabo Udra. -Parte externa, que xa non é propiamente ría, entre a punta de Couso, Ons e a península do Grove. Inclúe o seo ou ría de Aldán Ría de Pontevedra desde O Castrove
  • 5.
  • 6. Río Lérez Pt. Cabicastro Cabo Udra PONTEVEDRA SANXENXO BUEU MARÍN POIO
  • 7. É unha ría moi poboada e con intensa actividade pesqueira, marisqueira, industrial e turística. Nos concellos que rodean a ría habitan máis de 150.000 persoas, número que aumenta considerablemente no verán polo turismo. O municipio máis poboado é Pontevedra, con máis de 80.000 habitantes, seguíndolle Marín con máis de 26.000 habitantes. Portonovo e Sanxenxo
  • 9. Vista aérea, coa punta Cabicastro (Sanxenxo) no centro
  • 10. A boca da ría, co seo ou ría de Aldán a as puntas Udra e Couso
  • 11. Litoral de Marín co Coto Redondo e a serra de Domaio ao fondo
  • 13. Península do Grove, A Lanzada, puntas Faxilda, Montalbo e Cabicastro
  • 14. Punta Cabicastro (Sanxenxo), límite norte da ría de Pontevedra (zona media). Desde ela hai vistas sobre a ría de Pontevedra, O Morrazo, arquipélagos de Ons e Cíes e costa ata punta Faxilda.
  • 15. Punta do Elmo. O Coitelo.
  • 16. Vista aérea dede a praia de Caneliñas ata a punta Bicaño
  • 17. Vista aérea dede a a punta Bicaño ata a punta Festiñazo
  • 18. Portonovo, o principal porto pesqueiro de Sanxenxo
  • 19. 39-Praia de Baltar (ao fondo Portonovo)
  • 20. Vista de Sanxenxo, en primeiro plano a praia de Silgar e ao fondo Portonovo.
  • 21. Sanxenxo. Praia de Silgar. Areal urbano de 750 m de lonxitude.
  • 22. Praia de Areas, un areal de 600 m de lonxitude orientado ao sur e abrigada entre as puntas de Barreiros e do Festiñazo.
  • 23. Punta de Festiñazo e Illote Laño
  • 24. Vista aérea coa punta Festiñanzo e dos Bois no centro
  • 25. Praia Sagunto (A Granxa)
  • 26. Miradoiro da Granxa sobre A Granxa, Raxó e a ría de Pontevedra
  • 28. RAXÓ. Unha pequena vila mariñeira cun porto dedicado á pesca de baixura e o marisqueo. No primeiro plano a praia de Xiorto e ao fondo a illa de Tambo.
  • 29. ILLA DE TAMBO. Está separada da costa de Poio por unha canle de 1,1 km, de pouca profundidade. A súa superficie é de 0´28 km², cunha altura máxima de 80 m, e un perímetro de 4 km. No século VI houbo unha capela e logo un mosteiro. No século XII era propiedade da raíña Urraca e logo foi doada ao convento de San Xoán de Poio. En 1846, coa desamortización pasou a mans privadas e foi mercada polo ministerio de Xustiza. Funcionou como lazareto e penitenciaría militar. En 1943 coa creación da Escola Naval Militar de Marín pasou a uso militar e empregouse como arsenal. Desde outubro de 2018 permítense visitas organizadas á illa. Está proposta a súa inclusión no Parque Nacional das Illas Atlánticas.
  • 30. Illa de Tambo. Punta de Tenlo.
  • 31. COMBARRO. Unha vila mariñeira que conserva un dos conxuntos arquitectónicos populares máis interesantes de Galiza
  • 34. Seo de Campelo entre Combarro e a punta dos Galos
  • 40. Praia do Polvorín/Lourido. De 700 m de lonxitude, ocupa unha frecha antes de comezar o esteiro do Lérez. É a primeira praia da marxe dereita da ría de Pontevedra.
  • 41. Praia de Lourido e esteiro do Lérez
  • 45. Pontes sobre o Lérez, en Pontevedra. Porto deportivo. O RÍO LÉREZ nace na Serra do Candán, nas abas do San Bento e verte na ría de Pontevedra despois de 57 km de percorrido, formando un amplo esteiro moi colmatado, no que ata o século XIX funcionou un importante porto pesqueiro e comercial.
  • 47. Río dos Gafos Nace no Mato da Xestiña (Vilaboa) e, despois de 10,8 km de percorrido, desemboca nas Corbaceiras, na ría de Pontevedra.
  • 48. Costa de Lourizán, ocupada pola autovía: punta do Cabo e porto de Estribela
  • 49. Litoral de Lourizán A finais do século XIX fíxose unha canle para facer o río Lérez máis navegable no esteiro
  • 51. MARÍN. A cidade máis grande do Morrazo, na banda norte da ría de Pontevedra. Conta cun importante porto pesqueiro e comercial.
  • 52. Praia de Mogor. Pequeno areal entre as puntas Rabuñagatos e A Moa.
  • 54. Praia e punta de Loira
  • 56. Montes Sobareiro e da Cova. Teoira. Illa do Santo do Mar/San Clemente.
  • 57. Praia Lapamán (Bueu). Nunha parte chámase Muíño Vello.
  • 58. Praias de Agrelo e Porto Maior, situadas entre a Punta Corveiro e o Monte Gordo. Entre elas desemboca o rego do Inferno.
  • 59. BUEU. Vila mariñeira e cun importante patrimonio cultural.
  • 60. Praia e porto de Beluso
  • 62. CABO UDRA. Forma unha península no Noroeste do Morrazo, no límite da ría de Pontevedra e pechando polo leste a ría de Aldán. É unha masa de rochas graníticas que forman cantís de media altura e paisaxes de grandes penedos e bolos. Conta cunha aula da natureza.
  • 63. Vista da costa de Bueu desde a punta do Cagadoiro ata a praia de Lapamán
  • 64. Vista de Cabo Udra, coa illa de Ons ao fondo.
  • 65. A RÍA OU SEO DE ALDÁN ábrese entre o Cabo Udra ao norte e a punta de Couso ao sur, seguindo unha fractura con dirección norte-sur. No seu fondo desemboca o río Orxás que forma un amplo esteiro que queda en seco na marea baixa. Algúns autores considérana como un profundo entrante na ría de Pontevedra.
  • 66. Seo e praia do Ancoradouro
  • 70. Ría de Aldán desde o cume do coto de Aldao, na serra da Madalena (Cangas).
  • 71. Seo e praia de Lagoelas (Aldán e Bueu)
  • 72. Punta do Altar (Cangas)
  • 74. Praia de san Cibrán ou de Aldán (Cangas)
  • 75. Praia de Vilariño e ao fondo Aldán
  • 77. Río Orxás. Recolle as augas da aba oeste da serra da Madalena e lévaas á ría de Aldán.
  • 78. Ría ou seo de Aldán coa praia de Area Brava e a punta Ansoela (Cangas) no primeiro plano
  • 79. Praia de Area Brava
  • 80. Faro-baliza na Punta do Couso Cangas. O límite sur da ría de Pontevedra
  • 81. AQUIPÉLAGO DE ONS Grupo de illas formado por Ons, Onza e illotes próximos (O Centolo, As Freitosas, O Fedorento, O Cairo, O Gaiteiro e o Xubenco), situadas fronte á Ría de Pontevedra. Ocupa unha superficie dunhas 470 ha. Vista desde o monte da Siradella (O Grove)
  • 82. A illa de ONS é unha chaira elevada con abruptos cantís na parte que da ao mar aberto e areais na cara protexida. Está formada por granitos de dúas micas. A súa cota máis alta é o Alto de Ons, con 128 m, onde está o faro. A comezos do século XX instaláronse fábricas de salga e chegou a ter 500 habitantes. En 1986 non chegaban a vinte e na actualidade so viven unhas poucas persoas de xeito estable. É propiedade da Xunta de Galiza desde 1981 e pertence ao concello de Bueu.
  • 83. Praia de Melide. O mellor areal de Ons cun bo complexo dunar.
  • 84. Cova do Inferno ou Buraco do Inferno. Un pozo de 40 m de profundidade que comunica co mar a través dunha furna. Segundo a tradición nela vivía o demo, xunto aos araos que cos seus berros infernais asustaban aos veciños.
  • 85. Punta e seo de Fedorento Miradoiro do Fedorento e illa de Onza
  • 86. XEOLOXÍA A maior parte do litoral da ría de Pontevedra está formado por granitos e gneis e hai amplas zonas sedimentarias nos esteiros dos ríos e nos seos que dan lugar a lameiros e areais. MAPA LITOLÓXICO
  • 87. Punta Cabicastro Sanxenxo: estratos inclinados en gneis
  • 88. Praia de Agra (Sanxenxo)
  • 90. Rochas na praia de Areas (Sanxenxo)
  • 91. Granitos na punta de Samieira (Poio)
  • 93. Rochas na punta parede (Lourido, Poio)
  • 95. Rochas graníticas no Petón do Chirleu (Aguete, Marín)
  • 98. Cons do Pedrón (Bueu)
  • 99. As rochas que constitúen Cabo Udra son un curioso tipo de pedra de gran (granodiorita precoz) con grandes cristais de feldespato branco. Por toda a zona aparecen curiosas formacións rochosas.
  • 101. Punta de Bon (Bueu)
  • 102. Punta do Muíño (Bueu)
  • 103. Punta do Muíño (Bueu)
  • 104. Punta Rabo da Égoa (Ons)
  • 105. Os Cabezos de San Martiño (Cangas)
  • 106. Punta do Altar (Cangas)
  • 107. Punta do Altar (Cangas)
  • 108. Punta de Menduíña Norte (Cangas)
  • 109. Praia do Couso (Cangas)
  • 110. Furna na praia do Couso (Cangas)
  • 111. Punta da Fontiña (Cangas)
  • 112. Punta Lapa (A Lanzada, Sanxenxo): contactos entre granitos e gneis
  • 113. O Outeiriño (A Lanzada, Sanxenxo): illote de bolos graníticos unido a terra por unha frecha areosa
  • 115. Cantís da praia de Area Gorda (A Lanzada), de pouca altura, en granitos moi alterados con “bolos”.
  • 116. Praia de Area Gorda, erosión nos granitos
  • 117. Praia de Foxos (A Lanzada, Sanxenxo): zonas de contacto de gneis con granitos e micropregramentos.
  • 119. Praia de Fontiñas (Sanxenxo). Esta praia e os cantís que a rodean son un museo de xeoloxía no que se poden apreciar distintos tipos e estruturas rochosas, as forzas tectónicas e a dos axentes erosivos; e minerais e rochas pouco comuns (conglomerados, brechas, gneis), furnas, micropregamentos, rasa de abrasión e cantil fósil. .
  • 121. Os Fornos (Sanxenxo). Coa marea baixa pódese ver a rasa de abrasión e furnas.
  • 122. Delta mareal na desembocadura do Lérez
  • 123. Frecha na desembocadura do rego de Loira (Marín)
  • 124. 1- Relacións de intrusión sincinemática na Punta Xubenco. 2- Plataforma de erosión mariña do peirao de Ons. 3-Plataforma de erosión mariña fósil de Figueira Brava. 4-Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol 5-Buraco do Inferno. Buraco do Inferno LUGARES DE INTERESE XEOLÓXICO NA ILLA DE ONS
  • 125. 1-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM056 Relacións de intrusión sincinemática na Punta Xubenco. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) Excelente afloramento para observar as relaciones de intrusión sincinemática de granodioritas calcoalcalinas e diferentes pulsos de granitos de dúas micas variscos, deformados por cizallas variscas. Interese xeolóxico principal: petrolóxico-xeoquímico.
  • 126. 2-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM057b Plataforma de erosión mariña do peirao de Ons. Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Bo exemplo de plataforma de abrasión mariña. Orixínanse pola acción dos fragmentos de rochas removilizados pola ondada.
  • 127. 3-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GMO57 Plataforma de erosión mariña fósil de Figueira Brava. Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Situación: ao leste da illa de Ons (Bueu) Situada lixeramente por riba do actual nivel do mar, é testemuña do que acadou durante o último interglaciar. Contén bos exemplos de granitos milonitizados.
  • 128. 4-LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO M057c Praia colgada, coluvións e derrubios de Canexol. Interese: Sedimentolóxico. Unidade Xeolóxica: depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Bo exemplo de praia areosa colgada, cun afloramento no que, ademáis, poden observarse secuencias de derrubios (períodos fríos, secos e con escasa cuberta vexetal) e coluvións (períodos más húmedos). Éstos últimos máis ou menos escuros.
  • 129. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM055 Buraco do Inferno Interese: Xeomorfolóxico. Unidade Xeolóxica: Depósitos e formas de modelado costeiro e litoral. Conduto vertical de máis de 50 m de profundidade conectado co mar a través dunha curta galería. No seu interior hai algunhas formacións por depósitos minerais entre as que destaca o “leite de Lúa”, constituido por silicatos en fases líquida e sólida.
  • 130. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e 0,5 km) praias, dunas e coídos Interese principal: xeomorfolóxico. Istmo da Lanzada e seo do Umia (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) Tómbolo de grandes dimensións (2,5 km de lonxitude e comprimento variable entre 1,4 e 0,5 km) praias, dunas e coídos Interese principal: xeomorfolóxico. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM049. Tómbolo da Lanzada (Sanxenxo e O Grove).
  • 131. (LIX pendente de descrición e delimitación definitiva) Interese: Petrolóxico-xeoquímico. Estratigráfico. Tectónico. Xeomorfolóxico. Zona de contacto entre a granodiorita tardía de Caldas de Reis e os micaxistos, seixo-xistos e paraneis do complexo Cabo Home-A Lanzada. Destacan tamén os coídos, as dunas, as rasas costeiras, as furnas, os micropregamentos e a presenza de niveis de xistos con andalucitas. É unha zona con numerosos exemplos de deformación fráxil, dúctil e fráxil-dúctil, originadas durante a oroxenia Varisca. Existen tamén distintos afloramentos de sedimentos recentes (conglomerados e niveis ferruxinosos) orixinados na última grande transgresión mariña do Cuaternario. LUGAR DE INTERESE XEOLÓXICO GM065. Contacto entre a granodiorita de Caldas de Reis e o Complexo metamórfico de A Lanzada-O Rosal.
  • 133. Punta Faxilda (Sanxenxo). Rasa de abrasión.
  • 134. Praia de Bascuas (Sanxenxo. Nos cantís podemos atopar rochas metamórficas nas que os estratos se dispoñen das formas máis variadas combinando pregues, fallas e filóns con vetas de diferentes minerais.
  • 135. PROTECCIÓN -Parque Nacional das illas Atlánticas (Arquipélago de Ons) -LIC/ZEC “Cabo Udra” e “Ons-O Grove”. -ZEPA “Espazo mariño das Rías Baixas” (arquipélago de Ons) -Ons está incluída no inventario de ÁREAS IMPORTANTES PARA A HERPETOFAUNA ESPAÑOLA (Dirección Xeral de Conservación da Natureza, 2004). -OSPAR (Convenio para a protección do medio ambiente mariño do Atlántico do nordés “Illas Atlánticas de Galiza” (arquipélago de Ons)
  • 136. Valores: paisaxes, flora e fauna terrestre e mariña, lugares de interese xeolóxico, etnografía, historia… PARQUE NACIONAL DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALIZA ARQUIPÉLAGO DE ONS
  • 137. LIC/ZEC “ONS O GROVE” Valores: paisaxe, praias, dunas, cantís, marismas, flora e fauna, etnografía, historia...
  • 138. LIC/ZEC “CABO UDRA” Valores: paisaxe, praias, cantís, flora e fauna, etnografía, historia...
  • 139. FLORA Algas vermellas, chuponas e lapas nunha poza de marea Na ría de Pontevedra hai una enorme variedade de hábitats e ecosistemas acuáticos (augas abertas, fondos mariños, rochosos, areosos ou lamacentos), intermareais ou terrestres (dunas, cantís…) nos que podemos atopar unha enorme diversidade de algas, liques e plantas, e algunas especies de interese pola súa singularidade ou rareza.
  • 140. Os fondos mariños poboados por algas crean ricos ecosistemas para crustáceos, moluscos e peixes de enorme valor comercial. Golfos (Laminaria ochroleuca )
  • 142. Halimione portulacoides Nas beiras asolagadas diariamente pola preamar, aparece unha vexetación formada por plantas halófilas, é dicir, adaptadas aos solos salobres. Entre as máis comúns destacan a Sueda Marítima, a Sueda vera, e a Halimione Portulacoides.
  • 143. Fento mariño (Asplenium maritimun). Vive nas fendas das rochas a onde chegan os salseiros do mar. Nos cantís hai liques, prixel do mar, herba de namorar, fento mariño, uvas de lagarto, pan de paxaros, macela mariña, pampillo...
  • 145. A FLORA DE ONS destaca polo seu grande número de elementos endémicos ibéricos occidentais e noroccidentais e subendemismos de área reducida. Entre os taxons máis ameazados e de distribución máis localizada, todos eles inventariados no Libro vermello da flora ameazada española (2003), atópase Cytisus insularis; Rumex rupestris, localizada en cantís húmidos e en situación crítica; e Linaria arenaria, propia de dunas estabilizadas. Margarida, pampillo (Leucanthemum merinoi), unha especie en perigo de extinción cunha área de distribución restrinxida ao Norte de Portugal e a costa atlántica galega, é común nos cantís de Ons.
  • 146. Pirixel do mar (Crithmum maritimum)
  • 147. Cytisus atlanticus, é unha xesta descuberta recentemente con poboacións interesantes en Ons e Sálvora. Distínguese a primeira vista das demais xestas por ter as follas simples e de maior tamaño.
  • 150. Eucalipto de 5,6 m de perímetro na praia da Mourisca
  • 151. Estripo (1,85 m de perímetro) na praia do Laño (Poio)
  • 152. FAUNA A fauna máis representativa da ría é a mariña, cunha enorme variedade de peixes, moluscos, crustáceos, vermes... No litoral é moi importante a presenza estable ou temporal das aves mariñas. Hai importantes bancos de bivalvos (berberecho, ameixas) que se explotan como recurso económico. Ameixa Berberecho (Cerastoderma edule)
  • 153. As chuponas, apegóns ou tetos (Bunodactis verrucosa) viven en pozas e fendas das rochas con boa luz. Apegadas ás rochas dos cantís viven arneiróns, mexillóns, percebes, lapas, chuponas, caracolas...
  • 158. Os percebes (Polycipes cornucopia) son crustáceos coloniais que viven apegados ás rochas da zona mediolitoral e infralitoral das zonas de mar batido. O queimacasas (Pachygrapsus marmoratus)
  • 160. Nos cantís de Ons crían gaivotas patiamarelas e corvos mariños. No mar pódense ver mascatos, corvos mariños reais, araos romeiros, pardelas, gaivotas choronas, carráns. En terra hai corvos, pombos e unha ampla variedade de paxaros (verderolos, xílgaros, pardillos, chascos, borrallentas...), cobras de escada e lagartos e numerosos insectos. Gaivota patiamarela (Larus michahellis)
  • 161. Os corvos mariños están moi ben adaptados á vida acuática. Teñen membrana interdixital entre os catro dedos e aliméntanse de peixe que capturan mergullándose, pero non teñen a plumaxe impermeable, polo que despois de cada período de inmersión teñen que poñelo a secar para que as plumas recuperen a capacidade illante. Nos cantís occidentais de Ons crían unhas 600 parellas de corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis).
  • 164. Os seos e marismas son lugares axeitados para o descanso das aves mariñas, en especial limícolas e anátidas Pilro curlibico ou pirlo común (Calidris alpina)
  • 166. Garza real (Ardea cinerea)
  • 168. -Pesca, marisqueo e acuicultura -Navegación -Turismo, lecer e deportes -Industrias Combarro USOS/APROVEITAMENTO
  • 169. Portonovo. A lonxa move un grande volume de peixe fresco, entre os que destaca o xurelo.
  • 173. Porto de Aguete (Marín)
  • 176. Porto de Bueu, onde alternan pequenas embarcacións artesanais con grandes buques de arrastre.
  • 177. Porto de Beluso (Bueu)
  • 178. Porto de Aldán (Cangas)
  • 179. Porto de Vilariño (Cangas)
  • 180. Marisqueo a pé (Poio)
  • 181.
  • 182. Bateas na ría A pesca, o marisqueo e a explotación de bateas é uns dos mais importantes motores económicos da costa da ría.
  • 183. En toda a ría hai un bo número de recursos que atraen ao turismo en distintas épocas. Praias,espazos naturais, paisaxe, culura... Praia de Silgar (Sanxenxo)
  • 185. Aula da Natureza e monte do Castro de Cabo Udra
  • 186. HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A ría de Pontevedra estivo poboada desde tempos moi antigos do que da testemuño o importante patrimonio material e inmaterial: casas e conxuntos tradicionais, peiraos, horreos, faros, restos de asentamentos, petróglifos, cabanas, embarcacións tradicionais, lendas, cantigas, música... Combarro
  • 187. Mapa da ría de Pontevedra do século XIX
  • 188. Petroglifo de Mogor, declarado Ben de Interese cultural en 1975. A carón da praia hai un centro de interpretación e un pequeno roteiro guiado.
  • 189. Combarro (Poio) acolle un dos conxuntos arquitectónicos populares máis interesantes de Galiza e no que destacan as casas mariñeiras e os hórreos (máis de trinta) á beira do mar. Está declarado Ben de Interese Cultural, Conxunto Histórico e Sitio Histórico.
  • 190. Punta de Vilariño (Cangas)
  • 191. Laxe do Crego ou do Abade (Ons). Un enterramento medieval antropomórfico escavado na rocha, fronte á punta da Figueira Brava. Pódese acceder coa marea baixa.
  • 192. Salga na praia da Mourisca
  • 193. Chozos de Esqueiros (cabo Udra, Bueu)
  • 194. Praia das Dornas Un aspecto a destacar na illa de Ons é o patrimonio marítimo: faros, portos, restos de asentamentos, embarcacións tradicionais...
  • 196. Encontro de embarcacións tradicinais (Combarro 2001)
  • 197. Museo do Mar da familia Massó (Bueu). Instalado en 1932 no edificio da antiga fábrica de conservas (construída en 1883). Foi adquirdo e ampliado pola Xunta de Galiza en 2002. Mostra unha variada tipoloxía de embarcacións tradicionais, maquetas, libros antigos, cartas mariñas e aparellos de pesca, marisqueo e industriais.
  • 200. PROBLEMAS -Construcións na liña de costa, dragados, recheos -Presión humana nos espazos naturais e sobre as especies -Especies invasoras -Contaminación Sanxenxo
  • 201. Praia de Lavapanos (Sanxenxo)
  • 203. Punta de Loira (Marín)
  • 204. Praia de Agrelo (Bueu)
  • 206. Canas (Arundo donax) e Senecio mikanoides Boussingaultia cordifolia Algunhas especies invasoras presentes no litoral da ría Sargassum muticum
  • 207. A Celulosa invade terreos costeiros públicos, o aire e o mar da ría
  • 208. Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta xuño 2021