2. O concello de Ares está situado no
extremo da península que separa as
rías de Ferrol e Betanzos-Ares.
3. A costa de Ares ten varias partes totalmente diferentes: a costa que se atopa máis preto do
mar aberto, a que separa as rías de Ares-Betanzos e Ferrol, é abrupta, de perfil elevado e
cantís de caída vertical de ata 50 m de altura, coas puntas de máis afora (Segaño e Coitelada)
graníticas, con formas rochosas redondeadas ou acasteladas, e o resto de xistos e lousas que
lle dan un aspecto típico, de paredes verticais, moi recortado e con numerosos entrantes e
saíntes que penetran no mar como ringleiras de coitelos; o tramo arredor de Ares, e
recollido na súa enseada, presenta unha costa baixa e areosa na que as praias forman un
cordón continuo; desde a punta do Mourón, e ata o límite do concello, a costa volve gañar
altura e verticalidade e ten pequenos seos que acollen praias e, o de maior tamaño, a
localidade de Redes.
Costa de Ares na ría de Ares
5. RÍA DE FERROL
Está limitada polo cabo Prioriño no norte e a punta da Coitelada no sur. Acada 17 km
de lonxitude e 2 km de largura media. É unha ría con dúas partes ben definidas: unha
canle de entrada estreita coas beiras escarpadas e un interior amplo con varias
enseadas. O río principal é o Grande de Xuvia. As rochas dominantes son granitos na
zona da boca e xistos no interior. É unha ría dunha grande riqueza biolóxica que está
densamente poboada e con grande actividade industrial.
Zona exterior da ría de Ferrol
6. Puntas de Segaño e Coitelada entre as rías de Ferrol e Ares-Betanzos
16. Restos das baterías militares da punta Segaño.
Desde o cume de Segaño vese a boca da ría de Ferrol e o porto Exterior, a longa canle da
entrada e o tramo da costa de Ares que da a ela.
29. RÍA DE ARES-BETANZOS
As rías de Ares e Betanzos comparten unha grande parte da súa extensión nunha boca
común entre a punta Coitelada e a costa de Dexo.
A ría de Ares chega ata a punta do Coto. É a ría do Golfo Ártabro formada polo río máis
longo e caudaloso da zona, o Eume, que baixa desde a serra do Xistral.
Ría de Ares entre os illotes Miranda e a illa do Mourón. Ao fondo
Montefaro, desde onde se dominan as rías de Ares e Ferrol.
86. Enseada de Ares desde O Raso.
Entre a punta do Castelo e a punta do Camouco, atópase a enseada de Ares circundada por tres praias
que forman un conxunto de case tres quilómetros de lonxitude: Ares, Seselle e O Raso.
118. VALOR XEOLÓXICO
As rochas dominantes no litoral de Ares son os granitos na zona da
boca das rías e xistos no interior, com algunha pequena masa de
anfibolitas.
As formas costeiras son moi variadas: cantís, furnas, illotes, areais,
coídos. Nalgunhas zonas hai mostras da atividade tectónica: fala,
pregues...
MAPA
LITOLÓXICO
127. Punta Coitelada. A erosión nos granitos adoita producir formas redondeadas
128. VALOR BIOLÓXICO
No litoral de Ares podemos atopar diversos hábitata: esteiros, lameiros, costa rochosa
abrigada e exposta, areais … nos que se asenta una variada flora e fauna.
Verdello na enseada de Ares
130. Na parte alta dos cantís abonda o mato de toxos e breixos e nas paredes rochosas
aséntanse o pirixel do mar, a herba de namorar, o fento mariño, liques...
132. No concello de Ares
inclúe un pequeno
tramo desde a
enseada de Nande
ata a punta
Avarenta)
LIC “Costa Ártabra” nas
comarcas de Ferrol e Ortegal.
VALORES NATURAIS:
paisaxe, formacións
xeolóxicas, rochas,
flora e fauna.
Corvo mariño
135. Percorrer a costa de Ares non é doado porque o relevo dificulta o trazado de camiños pola
beira, a maiores unha gran parte atópase lonxe das poboacións por non ter accesos doados
nin abrigos que faciliten os asentamentos, e a isto hai que engadirlle que unha parte estivo
ocupada por instalacións militares. Hai pistas de terra transitables para turismos e algunhas
estradiñas interiores que comunican lugares que nos permiten achegarnos a varios puntos de
interese. A pé podemos ir case sempre pola beira e pararnos máis nos detalles,
Mapa da ruta en coche
Distancia: percorrido circular con
desvíos: 35 km + camiñadas
ARES
Montefaro
137. Miradoiro da Bailadora. Un punto panorámico sobre a Ría de Ferrol
Nos cumes do Montefaro atópanse os restos de varios elementos do sistema defensivo da ría de Ferrol
e da súa contorna, e ao pé de un deles, o que se atopa máis preto da ría, a 230 m de altura e a uns 400
m en liña recta do mar, acondicionouse un miradoiro que permite gozar dunhas impresionantes
panorámicas, en especial da ría de Ferrol. Para chegar ao miradoiro da Bailadora saímos de Ares en
dirección a Cervás e Chanteiro e en Cervás collemos o desvío sinalizado ao Mosteiro de Santa Catalina e
ao miradoiro, que se atopa uns 600 m máis adiante por unha pista de terra ben coidada