O CUBISMO PABLORUÍZ PICASSO (1881-1973) GEORGES BRAQUE (1882-1963) JUAN GRIS (1887-1927) A data de 1907 pode tomarse como referencia para falar de cubismo. Este é o ano do encontro entre Braque e Picasso Os críticos contemporáneos foron unánimes á hora de proclamar a Picasso como líder do movemento
2.
OS CUBISTAS MÁISDESTACADOS Pablo Picasso (1881-1973) Georges Braque (1882-1963) Juan Gris (1887-1927)
3.
" Asseñoritas de Aviñó" en 1907 están consideradas coma a pedra angular da arte do s. XX É unha obra mestra da arte que marca un novo punto de partida A partir de aquí Picasso elimina todo o sublime da tradición O Cubismo só é comprensible se rachamos con todo o anterior
4.
5.
DE ONDE XORDEO CUBISMO? “ A xente non muda dunha xeración a outra. Por canto sabemos a través da historia, a xente é máis ou menos a desempre, ten as mesmas necesidades, desexos, virtudes, cualidades e tamén os mesmos defectos. Dunha xeración a outra non muda nada, agás o que se viu, e ó que se viu o que conforma cada xeración”. Gertrude Stein Picasso y Braque , iniciadores do cubismo, incluíron na súa experiencia visual un novo código, alleo á nosa cultura . Tratábase da arte tribal procedente da África negra e de Oceanía ; a través del, os artistas occidentais replantexarán a representación da figura humana, do espazo e, en definitiva, de todo canto merecese a atención de ser representado
“ É casetan fermosa como a Venus de Milo” “ É máis fermosa”. Este intercambio de opinións entre Picasso e un amigo pintor tivo lugar nos primeiros anos do s. XX, diante dunha escultura fetiche da arte africana
8.
PABLO PICASSO REVOLUCIONOUA ARTE CONTEMPORÁNEA As cousas non se ven tal e como son; o que se ven son os seus arquetipos e cada xeración ten os seus Os cubistas, en efecto, crearon modelos novos que revolucionaron os enfoques tradicionais Pablo Picasso (1881-1973), puede ser considerado o artista que revolucionou dun xeito máis radical a arte contemporánea . A obra decisiva nesta revolución, As señoritas de Aviñó , está influída pola arte africana, pola que o artista malagueño se sintiu impresionado
9.
Orixe do termo"Cubismo": Louis Vauxcelles falou de cubos no seu comentario sobre a exposición de Braque na galería de Kahnweiler en novembro de 1908 Vauxcelles tamén fala de bizarreries cubiques , expresión da que deriva o nome do estilo. Despois se refiriu a algúns dos pintores dos Indépendants de 1910 que traballan baixo a influencia de Cézanne como xeómetras ignorantes, que reducen a paisaxe e o corpo humano a insípidos cubos . Dise que Matisse tamén falou de petits cubes A pintura deixará de ser un reflexo da realidade Paisaxe P. Picasso Viaduto de L’Estaque G. Braque
10.
Cómo podemos definiro cubismo? O cubismo é unha titánica reflexión intelectual e visual sobre a forma; por medio dun exercicio intelectual o artista reduce as formas da natureza a pura xeometría, presentando simultaneamente ao espectador o obxecto baixo diversos puntos de vista Malia o aspecto dalgúns dos cadros cubistas, a forma sempre foi respectada, non cruzando nunca o albor do abstracto. A simplificación das formas iniciada por Cèzanne foi levada até os seus extremos Retrato. Pablo Picasso
11.
As características dunhanova linguaxe: No Cubismo no hai nada de teórico, senón que todo son descubertas: 1. Independencia e autonomía de planos, estoupido do volume: Os planos son obxecto de estudo en si propios e non en visión global do volume, de aí que este se disolva. Os grandes volumes descompóñense noutros máis pequenos . Así, queda rota tamén a liña do contorno, interrómpese o trazo lineal. Por iso se compara o resultado deste proceso co reflexo nun espello roto ou coa visión a través dun calidoscopio Muller con mandolina P. Picasso
12.
2. Perspectiva múltiple: Vén dada polo estudo de cada plano na súa autonomía . Rómpese coa perspectiva monofocal albertiana. A pintura liberouse do xugo da tradicional visión monocular Multiplícanse os ángulos de visión dun mesmo obxecto. Así se ofrece unha visión complexa do mesmo ente, que se pode presentar ao mesmo tempo de cara, de perfil ou dende calquera outro ángulo significativo Os obxectos ou personaxes son representados tal e como os imaxinan, mirando dentro deles, representando simultaneamente os seus distintos aspectos e imaxinando as súas funcións Retrato de Picasso Juan Gris
13.
3. Desaparición degradacións de sombra e luz: Isto vén dado pola descomposición do volume O portugués (O emigrante) G. Braque 4. Cor "Tono Local": A cor non aporta indicacións suplementarias. Polo xeral aplicábase por pequenos toques. Isto deuse en chamar Cor Passepartout , apto para todos os obxectos, pero que non consiste na verdadadeira cor de ningún deles
14.
5. Xeometrismo: As formas xeométricas invaden as composicións. As formas observadas na natureza son traducidas en cilindros, conos, esferas e cubos . A retina capta as formas e a mente do pintor as simplifica. Cézanne xa reducira as súas composicións ás formas xeométricas, por iso exercerá tanta influencia no Cubismo Paisaje. Pablo Picasso
15.
6. Base filosófica: As aportacións filosóficas de Bergson son moi importantes para o Cubismo. El afirma que o observador acumula na súa memoria unha gran información sobre un obxecto do mundo visual externo. Esta é unha experiencia que constitúe a base intelectual. Os pintores cubistas volcan esta experiencia distorsionando e superpoñendo paisaxes. Non se trata de reflectir a realidade mesma, senón a idea de realidade que posúe o artista Harbor en Normandía G. Braque
16.
EVOLUCIÓN DO CUBISMO Guillaume Apollinaire foi o principal teórico do Cubismo, escribindo Méditations esthétiques. Les peintres cubistes en 1913. Nesta obra estableceu as tipoloxías e as etapas do Cubismo: científico, órfico e instintivo . Outros especialistas referíronse ás etapas con outros nomes como fase analítica, fase hermética e fase sintética O guitarrista 1910 P. Picasso Instrumentos musicais P. Picasso
17.
1. No primeiro momento , partiuse da observación da realidade para proceder posteriormente á súa “destrución" Resultaba un conxunto de planos indescifrable, o que é en definitiva a obra cubista Fruteiro e pan sobre unha mesa P. Picasso, 1909
18.
Acordeonista 1911 P.Picasso Cara a 1910-1911 defínese o chamado cubismo analítico, o máis críptico de todos, onde forma e fondo se mesturan, confundíndose
19.
Ma jolie 1911P. Picasso É este período do cubismo o coñecido coma analítico : o suxeito do cadro estrutúrase xeometricamente ao xeito de Cézanne , o problema da modulación resólvese máis que coa cor, coa luz e coa sombra Esta exclusión da cor deu ás obras cubistas de Picasso e Braque deste período (1909) un aspecto escultórico que conflúe coas esculturas realizadas por Picasso neses mesmos anos
20.
2. Fase hermética: Para paliar a confusión e a difícil lectura das obras analíticas , Picasso e Braque comezan a deixar pistas nas súas obras. Comezan a introducir detalles figurativos e esquematizados para estimular a comprensión. Por exemplo, as cordas ou clavixas axudan a identificar a posible existencia dun instrumento musical, ou o pomo a dunha mesa Nesta etapa tamén se fixo habitual a imitación "realista" de caracteres de imprenta, letras ou cifras , que leva á comprensión de que nos atopamos ante a presenza dun xornal, dunha etiqueta dunha botella ou dun sobre. Comézase a imitar a madeira ou o mármore para suxerir, por exemplo, un violín Retrato de Ambroise Vollard P. Picasso, 1909
21.
Natureza morta conviolín G. Braque Braque aportou un enfoque máis poético, creando para o cubismo un novo concepto do espazo pictórico no que as figuras de Picasso foron o complemento perfecto
Natureza morta P.Picasso Os principais temas serán os retratos e as naturezas mortas urbanas , os elementos que se dispoñen de modo caótico sobre a mesa dun café
3. Fase sintética,o collage como paso previo á escultura: Nesta fase deuse un novo paso. Xa non hai razón para imitar minuciosamente unha etiqueta ou un sobre, senón que se toma un exemplar real e se pega , é a técnica do Papier collé , inventada por Picasso e por Braque Podíanse pegar papeis noutro tipo de material, como esteira, hule, etc., no momento en que se incorporan materiais cotiáns dáse un paso máis, asistindo ao nacemento do Collage Guitarra Picasso, 1913
27.
O violín G.Braque Picasso é o inventor do collage (incorporación á superficie do cadro de materiais non pictóricos, recollidos do entorno cotián) e Braque do papier collé (aplicación de tiras de papel á superficie da pintura) O obxecto xa non "...aparece desmembrado no cubismo sintético, senón reconstituído na súa fisonomía esencial...", con todas ou algunhas das súas partes vistas por todos os seus lados