Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da pintura no alto Renacemento a través da obra de Leonardo e Rafael
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde nos achega ás principais características da pintura no alto Renacemento a través da obra de Leonardo e Rafael
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura renacentista, no período coñecido como o Cinquecento (s. XVI)
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina, onde presenta as principais características da arquitectura renacentista, no período coñecido como o Cinquecento (s. XVI)
Annual Highlands County Craft Show, March 7-8, Great Time was shared by family and friends. Several handcrafted specialty items were for sale including handcrafted soap, candles, clothing, linens, and more. Great food was also available, including "kettle corn," my personal favorite. Mark you calendars for next year...
The document discusses several types of literacies that are important for learners in today's society, including visual literacy, media literacy, multicultural literacy, and participatory literacy. It notes that the amount of knowledge has doubled in the past decade and learners will need skills to find and understand knowledge from various modes and sources. Developing these literacies requires learning how to interpret different media types, evaluate information from various cultures, and participate online through sharing and collaboration with others.
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez, onde se nos achega as principais características da pintura barroca, en concreto do tenebrismo, a través da obra de Caravaggio
1. A PINTURA POSTIMPRESIONISTA TOULOUSE-LAUTREC, VINCENT VAN GOGH, PAUL GAUGUIN e CÉZANNE O impresionismo co seu afán por captar a luz do natural fora disolvendo as formas no seu ambiente e todos os elementos do cadro foran perdendo volume, debuxo e sentido do espazo. Nos últimos anos do XIX e principios do XX encontrámonos cuns pintores que partindo do impresionismo derivan cara a unha pintura persoal que anuncian algúns dos movementos pictóricos máis importantes do século XX..
2. Toulouse-Lautrec,Henri de (1864-1901) No alcohol e na bohemia parisina tenta esquecer a súa traxedia O seu acubillo é Montmartre, o Moulin Rouge e o Moulin de la Galette , cabarets onde toma apuntamentos das bailarinas e de tipos singulares
5. Rosa La Rouge - À Montrouge 1886-87; Óleo sobre lenzo 72.3 x 49 cm
6. Woman Pulling up her Stocking 1894; óleo sobre carbón 58 x 48 cm Os trazos rotos, nerviosos, especie de síncopes, de abreviacións inestables das formas, combínanse con toques coloreados aprendidos en SEURAT, planos cromáticos tomados das estampas xaponesas e sobre todo liñas dinámicas e posicións instantáneas estudadas en DEGAS
9. No Salon de Rue des Moulins c. 1894 Óleo sobre lenzo, 111.5 x 132.5 cm Nas súas obras reflicte o ambiente dos salóns nocturnos: bailarinas, cantantes e prostitutas son as súas modelos
16. Gogh, Vincent (Willem) van ( 1853 -1890) O holandés Van Gogh chega a París en 1886, aprende a técnica impresionista, e en febreiro de 1888 establécese en Arlés Plenamente entusiasmado coa luz da Provenza pinta paisaxes e figuras de formas serpenteantes, flamíxeras, que traducen o seu lume interior
17. Antes de viaxar a París e ficar impresionado pola luminosidade cromática dos impresionistas, pinta escenas sombrías nas que denuncia a miseria dos traballadores e das familias pobres Os comedores de patacas, 1885
18. Camino con cipreses e estrelas 1890 Óleo sobre lenzo, 92 x 73 cm Os cipreses ondeando, os solos que parecen estremecidos por terremotos, os edificios de liñas retorcidas, constitúen os temas preferidos da súa extensa obra, e nas súas conlvusións transparenta a súa turbación de alleado
23. Campo de millo nunha noite estrelada 1890 Óleo sobre lenzo, 50.5 x 100.5 cm É un apaixonado da cor como vehículo para expresar as frecuentes depresións e angustias que padeceu A súa pincelada é moi característica, sinuosa , cursiva e espesa ; as cores son ás veces agresivas, con contrastes non frecuentes: amarelo sobre laranxa
36. Paul Gauguin (1848-1903) Paul Gauguin iniícase no impresionismo con PISSARRO; deixa unha vida confortable, á súa muller e fillos e instálase pobremente en París e Bretaña; durante algún tempo convive con VAN GOGH en Arlés; finalmente trasladarase en 1891 a Tahití, onde pinta as súas series de mulleres tahitianas A súa é unha biografía de renuncias para se consagrar de maneira plena á súa vocación artística
37. O Cristo amarelo 1889 92.1 x 73.4 cm A luz perde o seu centro absoluto para se concentrar na exaltación da cor, principio en que se baseará o fauvismo
38. M. Loulou 1890 55 x 46.2 cm A fascinación dos seus cadros radica na calma das zonas anchas de cores, como se realizase vidrieiras, e nas súas grandes figuras, con contornos nítidos, a xeito de tallas de madeira Ao mesmo tempo renuncia á perspectiva, suprime o moldeado e as sombras, intensificando a sensación de plano do mesmo xeito que as pinturas xaponesas Une o que ve e o que imaxina, adquirindo a cor unha intensidade poética excepcional
55. Cézanne, Paul (1839 – 1906) Máis revolucionaria aínda é a arte de Cézanne , na que se inspiran os grandes mestres do s. XX O pintor de Aix - en - Provence non viu recoñecido en vida o seu xenio, vivindo de 1885 até a súa morte retirado na Provenza, solitario e descoñecido, meditando nas relacións entre a forma e a cor
64. Un coin de table 1895-1900 óleo sobre lenzo, 47 x 56 cm
65. Os xogadores de cartas 1890/1905 Óleo sobre lenzo.45 x 57 cm. "Os xogadores de cartas" constitúe un exemplo do que se deu en chamar o período sintético de Cézanne Representa a realidade obxectiva sen se axustar aos mecanismos e criterios puramente ópticos dos impresionistas: distingue, porén, a realidade natural da plasmada no lenzo: " pintar non significa copiar o obxecto, senón realizar sensacións coloreadas" O mesmo empeño de buscar as formas esenciais da natureza apreciámolo nos seus cadros con figuras, onde a cor lle permite subliñar as formas
70. Cisterna no parque de Château Noir c. 1900 óleo sobre lenzo 74.3 x 61 cm A súa pintura é o punto de arranque do cubismo e influíu en coloristas coma Matisse (Fauvismo)