A noitedo 31 de outubro comeza o aninovo celta, remata o verán e entra o inverno.
4.
Esa noite estárelacionada moi directamente co mundo dos mortos. Eles crían que esa noite, unha “porta” abríase, e o mundo dos vivos quedaba en comunicación co dos mortos, polo menos por unhas horas.
5.
Durante este períodonon se podía saír do pobo, pois nesta noite, as ánimas dos finados volven visitar ás súas familias e ás súas vellas casas para quentárense ao carón do lume e comer dos alimentos que con agarimo lles tiñan preparados os parentes. Por iso en todo o pobo había fogueiras que se acendían para poder guiar aos mortos na escuridade da noite.
6.
Os celtas,esa noite,amontabanas caveiras dos seus mortos (e tamén dos seus inimigos) e pintábanas.Esta tradición tivo repercusións na nosa cultura,xa que nas encrucilladas dos camiños facíanse amontoamentos de pedras (chamados milladoiros) e tíñase o costume de depositar unha pedra e pedir un desexo.