O SAMAÍN




Yolanda Cobas. CEIP Carballal – Cabral 2012
Historia do Samaín
•O aninovo celta
Na época dos celtas, o aninovo comezaba o día 31 de
Outubro , que era cando se producía a fin do verán e
o comezo do inverno.
Os druídas, que eran os sacerdotes celtas, recollían
durante esta noite baias de acivro cunhas fouces de
ouro.
Despois, as baias terían propiedades máxicas e
curativas.

•Por que utilizaban fouces de ouro?
Porque se considera un metal noble e, como tal, o
único axeitado para ese tipo de tarefas.
Acopio de alimentos

•A chegada do inverno
Uns días antes do aninovo tiñan lugar
varios sacrificios animais. Debedes ter
en conta que, coa chegada do
inverno, cumpría facer acopio de
alimentos para facer fronte aos meses
máis duros do ano, polo tanto, esta
sería a súa tradicional “matanza do
porco”.
A noite dos mortos
•Para os celtas, esta noite estaba
directamente relacionada co mundo dos
mortos
Os celtas crían que durante a noite de
Samaín, a porta entre o mundo dos mortos e
o dos vivos estaba aberta e os seus
antepasados podían visitalos no calor dos
seus fogares para participar da súa
felicidade e dos seus alimentos.
Por isto, deixaban fogueiras acendidas,
porque non tiñan medo dos espíritos e así os
guiaban para que pudesen atopar as súas
casas na escuridade.
A orixe dos milladoiros
•A noite das caveiras
Os celtas amoreaban as caveiras dos seus
familiares e inimigos e as pintaban de
diferentes cores.
Desta tradición chéganos tamén o costume
de amorear pedras nas encrucilladas de
camiños.      Estas    moreas     chámanse
milladoiros.
No Camiño de Santiago hai moitos
milladoiros, e os peregríns teñen o costume
de levar unha pedra para colocala nun
milladoiro e pedir un desexo.
A lenda da cabaza
•Hai moito tempo, nun pobo irlandés, vivía Jack.
Facíalle moitas bromas e maldades aos seus veciños
e críase tan astuto, que pensou que podería enganar
ao mesmo demo.
Fixo un pacto con el polo que, por moitas maldades
que fixese en vida, nunca iría ao inferno. Cando
morreu, o diaño cumpliu a súa palabra e non o
deixou entrar, pero tampouco o deixaron entrar no
ceo polo mal que se portara así que quedou
condenado a vagar polo mundo sen destino.
O demo deulle unha lanterna, que era un nabo
valeirado por dentro cun carbón acendido e
así, converteuse en Jack O’Lantern.
Entón… de onde vén a cabaza?

•Se a lanterna estaba feita de nabo, de onde
vén a tradición de acender unha cabaza?
Antigamente, existía a tradición de acender
un nabo, pero cando se soubo da existencia
da cabaza, decidiron utilizalas xa que son
máis grandes e vistosas, conteñen máis
alimento e tamén son máis duras.
Existe tamén a lenda de que unha cabaza
tallada con cara de monstro e cunha vela
acesa dentro, espantará ao espírito de Jack
para que non se achegue.
O SAMAÍN EN GALICIA
•Existen estudos, como o publicado por Rafael
López Loureiro co nome“Samaín: a festa das
caliveiras”, nos que se defende a celebración desta
tradición en distintas zonas de Galicia dende a
antigüidade ata hai uns trinta anos.
Proba disto son os diferentes nomes que recibían
as cabazas decoradas segundo a zona na que se
estivese:
  • Calacús nas Rías Baixas
  • Caveiras de Melón en Cedeira
  • Calabazotes en Ortigueira
  • Colondros en Ourense…
Falsas crenzas sobre o Samaín

• Algunhas persoas pensan que o Samaín é
  unha festa “importada” dos Estados
  Unidos (o Halloween). Debemos ter en
  conta que o proceso foi xusto o contrario,
  xa que cando chegaron os colonizadores a
  América, tamén levaron as súas tradicións
  e costumes.
• A tradición de espíritos e contacto cos
  mortos do Samaín non ten a finalidade de
  dar medo, senón que está inspirada no
  respecto polos nosos ancestros e as nosas
  raíces.

O samain

  • 1.
    O SAMAÍN Yolanda Cobas.CEIP Carballal – Cabral 2012
  • 2.
    Historia do Samaín •Oaninovo celta Na época dos celtas, o aninovo comezaba o día 31 de Outubro , que era cando se producía a fin do verán e o comezo do inverno. Os druídas, que eran os sacerdotes celtas, recollían durante esta noite baias de acivro cunhas fouces de ouro. Despois, as baias terían propiedades máxicas e curativas. •Por que utilizaban fouces de ouro? Porque se considera un metal noble e, como tal, o único axeitado para ese tipo de tarefas.
  • 4.
    Acopio de alimentos •Achegada do inverno Uns días antes do aninovo tiñan lugar varios sacrificios animais. Debedes ter en conta que, coa chegada do inverno, cumpría facer acopio de alimentos para facer fronte aos meses máis duros do ano, polo tanto, esta sería a súa tradicional “matanza do porco”.
  • 5.
    A noite dosmortos •Para os celtas, esta noite estaba directamente relacionada co mundo dos mortos Os celtas crían que durante a noite de Samaín, a porta entre o mundo dos mortos e o dos vivos estaba aberta e os seus antepasados podían visitalos no calor dos seus fogares para participar da súa felicidade e dos seus alimentos. Por isto, deixaban fogueiras acendidas, porque non tiñan medo dos espíritos e así os guiaban para que pudesen atopar as súas casas na escuridade.
  • 6.
    A orixe dosmilladoiros •A noite das caveiras Os celtas amoreaban as caveiras dos seus familiares e inimigos e as pintaban de diferentes cores. Desta tradición chéganos tamén o costume de amorear pedras nas encrucilladas de camiños. Estas moreas chámanse milladoiros. No Camiño de Santiago hai moitos milladoiros, e os peregríns teñen o costume de levar unha pedra para colocala nun milladoiro e pedir un desexo.
  • 8.
    A lenda dacabaza •Hai moito tempo, nun pobo irlandés, vivía Jack. Facíalle moitas bromas e maldades aos seus veciños e críase tan astuto, que pensou que podería enganar ao mesmo demo. Fixo un pacto con el polo que, por moitas maldades que fixese en vida, nunca iría ao inferno. Cando morreu, o diaño cumpliu a súa palabra e non o deixou entrar, pero tampouco o deixaron entrar no ceo polo mal que se portara así que quedou condenado a vagar polo mundo sen destino. O demo deulle unha lanterna, que era un nabo valeirado por dentro cun carbón acendido e así, converteuse en Jack O’Lantern.
  • 9.
    Entón… de ondevén a cabaza? •Se a lanterna estaba feita de nabo, de onde vén a tradición de acender unha cabaza? Antigamente, existía a tradición de acender un nabo, pero cando se soubo da existencia da cabaza, decidiron utilizalas xa que son máis grandes e vistosas, conteñen máis alimento e tamén son máis duras. Existe tamén a lenda de que unha cabaza tallada con cara de monstro e cunha vela acesa dentro, espantará ao espírito de Jack para que non se achegue.
  • 10.
    O SAMAÍN ENGALICIA •Existen estudos, como o publicado por Rafael López Loureiro co nome“Samaín: a festa das caliveiras”, nos que se defende a celebración desta tradición en distintas zonas de Galicia dende a antigüidade ata hai uns trinta anos. Proba disto son os diferentes nomes que recibían as cabazas decoradas segundo a zona na que se estivese: • Calacús nas Rías Baixas • Caveiras de Melón en Cedeira • Calabazotes en Ortigueira • Colondros en Ourense…
  • 11.
    Falsas crenzas sobreo Samaín • Algunhas persoas pensan que o Samaín é unha festa “importada” dos Estados Unidos (o Halloween). Debemos ter en conta que o proceso foi xusto o contrario, xa que cando chegaron os colonizadores a América, tamén levaron as súas tradicións e costumes. • A tradición de espíritos e contacto cos mortos do Samaín non ten a finalidade de dar medo, senón que está inspirada no respecto polos nosos ancestros e as nosas raíces.