SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
10 POEMAS
POLA PAZ
CEIP DE QUINTELA — MOAÑA
XANEIRO 2024
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí,
E os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos da man.
Cantarola nosa
de amor e de paz.
Leda cantarola,
ledo rebuldar.
Rolda de sorrisos
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amigar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Xosé Neira Vilas
Cantarolas. Ed. Xerais
Ventos
Que veña o vento fungón,
que lle quero pero preguntar
a cor dos ollos das nubes,
A cor dos ollos do mar.
Eu coido que son azuis
verdes, grises, de cristal,
mais calquera cor que teñan
será sempre a cor da paz.
Antonio García Teijeiro
Ventos. Ed. Xerais
A paz abafa calada
nas casas
da gran Bagdag.
Bagdag agarda
mañás calmas
bañadas en paz.
A paz calza alpargatas,
balas calza
a arma fatal.
Bagdag arrastra
palabras mancadas
tras as armas vas.
A paz,
palabra tan cara,
a paz, palabra cabal.
Bagdag agarda
a paz da nácara,
prata, ámbar, ananás .
Elvira Rivero Tobío.
"Palabras Brancas". Ed. Xerais.
BASTA
Basta á paz
maltratada,ás
trampas canallas,
ás malvadas lacras:
basta!
Basta á fatal
labazada,ás casas
arrasadas, ás
falsas fazañas:
basta!
Basta ás mans
asañadas,ás fadas
malfadadas,
as malas malandanzas:
basta!
Basta ás amargas
palabras .
Grazas ás palabras
plantadas nas landas da
paz .
Elvira Rivero Tobío."Palabras Brancas". Ed. Xerais
Só tres letras, tres letras nada máis,
só tres letras que para sempre aprenderás.
Só tres letras para escribir PAZ.
O P, o A, e o Z, só tres letras.
Só tres letras, tres letras nada máis,
para cantar PAZ, para facer PAZ.
O P de pobo, o A de amar
e o Z de zafiro ou de rapaz.
(De zafiro por un mundo azul,
de rapaz por un neno coma ti.)
Gloria Fuertes
Aquí paz y además Gloria. Susaeta
U
Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala
detrasdoutrabala detrasdoutrabala
detrasdou…..
é
unha enorme
parvada.
Gloria Sánchez.
Construír a Paz. Ed. Xerais
LEMBRANZA PARA ALÍ SMAÍN
Choven balas
Seres berran
Arden vilas
Queiman leiras
Caen nenos
Chora a terra
Xeme o pobo
Pingas negras
Cicatrices
Dor vermella
Destrución
Chuvia cega
Berros tristes
Dor marela
Choven balas
E miseria
Noite fría
Tristes guerras
Nace o medo
Chora a terra.
Antonio García Teijeiro.
Chove nos versos. Ed. Xerais.
O NENO E O XABARIÍN
Xabarín, xabarín,
Que fas no meu xardín?
Busco un brinquedo
neste lindo arboredo.
Xoguemos no arredor
A xabarín e cazador.
Eu non gosto da guerra
Só quero paz nesta terra.
Xabarín, xabarín,
Tocarás no meu violín?
Neste lugar de soidade
Faremos a nosa amizade.
Xosé Lois García
A figueira lingoreteira. Ed. Do Castro
O reino
No tempo aquel
cando os animais falaban,
Dicir liberdade non era triste.
Dicir verdade era coma un río,
dicir amor,
dicir amigo,
Era igual que nomear a primavera.
Ninguén sabía dos aldraxes.
Cando os animais falaban
os homes cantaban nos solpores
pombas de luz e xílgaros de soños.
Dicir teu e meu, non se entendía,
dicir espada estaba prohibido,
dicir prisión soamente era unha verba
sen senso, un aire que mancaba
O corazón da xente.
Cando,
cando se perdeu
este gran Reino?
Celso Emilio Ferreiro
Longa noite de pedra.
Celso Emilio Ferreiro para os nenos.
Consellería de Cultura e Deportes.
Teño
Teño un corazón senlleiro
e orfo na noite fría.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.
Non importa, agardarei
polo albor do novo día.
Que está comigo a esperanza
Diando, fía que fía….
Ela fía e au confío
no albor do novo día.
Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética.
Factoría K de libros.
.
A TERRA DURMIDA
A terra durmida,
sentiu no seu seo
disparos de chumbo
disparos de xeo.
Moreas de nenos,
Co seu agarimo,
Fixeron da guerra
Un mar de aloumiños.
E foron as nenas
deitando dozura
as que converteron
o medo en ternura.
A terra, durmida,
non quere espertar.
Está moi ferida
non pode xirar.
Meniñas,meniños
de tódalas cores
cubriron a terra
de beixos e flores.
A terra abre un ollo
e sente calor.
Escoita baixiño
sonatas de amor.
E xira que xira
coitada ,a modiño,
rapazas,rapaces,
co voso cariño.
Antonio García Teijeiro
Equipo de Dinamización da Lingua Galega
Equipo de Biblioteca.
CEIP Quintela -Moaña

More Related Content

Similar to 10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf

Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
Soños cumpridos
Soños cumpridosSoños cumpridos
Soños cumpridosivanlage
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013sacaideas
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsMarta Pérez Lage
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Poesías mar
Poesías marPoesías mar
Poesías marEncarna
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015radiorasca
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesmonadela
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxemonadela
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 

Similar to 10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf (20)

Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Soños cumpridos
Soños cumpridosSoños cumpridos
Soños cumpridos
 
Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Letras galegas 2013
Letras galegas 2013Letras galegas 2013
Letras galegas 2013
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Poema para a paz[1]
Poema para a paz[1]Poema para a paz[1]
Poema para a paz[1]
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Poesías mar
Poesías marPoesías mar
Poesías mar
 
Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015Presentación día do libro 2015
Presentación día do libro 2015
 
Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
Manuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxeManuel María: A natureza, a paisaxe
Manuel María: A natureza, a paisaxe
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Inverno
InvernoInverno
Inverno
 

More from dinamizanormaliza (20)

Proxecto Seguimos sendo artistas 6ºI.pptx
Proxecto Seguimos sendo artistas  6ºI.pptxProxecto Seguimos sendo artistas  6ºI.pptx
Proxecto Seguimos sendo artistas 6ºI.pptx
 
Proxecto Mural Infantil 6ºI.pptx
Proxecto Mural Infantil 6ºI.pptxProxecto Mural Infantil 6ºI.pptx
Proxecto Mural Infantil 6ºI.pptx
 
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptxProxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
Proxecto Somos Artistas 5ºI.pptx
 
Plan de adaptación á situación Covid 21-22 Familias
Plan de adaptación á situación Covid 21-22 Familias Plan de adaptación á situación Covid 21-22 Familias
Plan de adaptación á situación Covid 21-22 Familias
 
Ciencias naturais
Ciencias naturaisCiencias naturais
Ciencias naturais
 
A Lúa
A LúaA Lúa
A Lúa
 
Os corpos celestes
Os corpos celestesOs corpos celestes
Os corpos celestes
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Os movementos da Terra
Os movementos da TerraOs movementos da Terra
Os movementos da Terra
 
Programa abril
Programa abrilPrograma abril
Programa abril
 
As tartarugas
As tartarugasAs tartarugas
As tartarugas
 
Bizcocho calabaza
Bizcocho calabazaBizcocho calabaza
Bizcocho calabaza
 
Formación do profesorado
Formación do profesoradoFormación do profesorado
Formación do profesorado
 
Os ceos no arte
Os ceos no arteOs ceos no arte
Os ceos no arte
 
Chiquitín va a un castillo
Chiquitín va a un castilloChiquitín va a un castillo
Chiquitín va a un castillo
 
Excursión fin de curso
Excursión fin de cursoExcursión fin de curso
Excursión fin de curso
 
Festival Letras Galegas 2015
Festival Letras Galegas 2015Festival Letras Galegas 2015
Festival Letras Galegas 2015
 
Bea cóntanos un conto
Bea cóntanos un conto Bea cóntanos un conto
Bea cóntanos un conto
 
Ada byron
Ada byron Ada byron
Ada byron
 
Deserto
DesertoDeserto
Deserto
 

10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf

  • 1. 10 POEMAS POLA PAZ CEIP DE QUINTELA — MOAÑA XANEIRO 2024
  • 2. Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí, E os nenos de alá. Os nenos do mundo todos a cantar a unha mesma voz collidos da man. Cantarola nosa de amor e de paz. Leda cantarola, ledo rebuldar. Rolda de sorrisos dende mar a mar, corazóns abertos, ollos de amigar. Amiguiños todos, amiguiños xa, os nenos de aquí e os nenos de alá. Xosé Neira Vilas Cantarolas. Ed. Xerais
  • 3. Ventos Que veña o vento fungón, que lle quero pero preguntar a cor dos ollos das nubes, A cor dos ollos do mar. Eu coido que son azuis verdes, grises, de cristal, mais calquera cor que teñan será sempre a cor da paz. Antonio García Teijeiro Ventos. Ed. Xerais
  • 4. A paz abafa calada nas casas da gran Bagdag. Bagdag agarda mañás calmas bañadas en paz. A paz calza alpargatas, balas calza a arma fatal. Bagdag arrastra palabras mancadas tras as armas vas. A paz, palabra tan cara, a paz, palabra cabal. Bagdag agarda a paz da nácara, prata, ámbar, ananás . Elvira Rivero Tobío. "Palabras Brancas". Ed. Xerais.
  • 5. BASTA Basta á paz maltratada,ás trampas canallas, ás malvadas lacras: basta! Basta á fatal labazada,ás casas arrasadas, ás falsas fazañas: basta! Basta ás mans asañadas,ás fadas malfadadas, as malas malandanzas: basta! Basta ás amargas palabras . Grazas ás palabras plantadas nas landas da paz . Elvira Rivero Tobío."Palabras Brancas". Ed. Xerais
  • 6. Só tres letras, tres letras nada máis, só tres letras que para sempre aprenderás. Só tres letras para escribir PAZ. O P, o A, e o Z, só tres letras. Só tres letras, tres letras nada máis, para cantar PAZ, para facer PAZ. O P de pobo, o A de amar e o Z de zafiro ou de rapaz. (De zafiro por un mundo azul, de rapaz por un neno coma ti.) Gloria Fuertes Aquí paz y además Gloria. Susaeta
  • 7. U Unsoldado detrasdunfusil detrasdunhabala detrasdoutrabala detrasdoutrabala detrasdou….. é unha enorme parvada. Gloria Sánchez. Construír a Paz. Ed. Xerais
  • 8. LEMBRANZA PARA ALÍ SMAÍN Choven balas Seres berran Arden vilas Queiman leiras Caen nenos Chora a terra Xeme o pobo Pingas negras Cicatrices Dor vermella Destrución Chuvia cega Berros tristes Dor marela Choven balas E miseria Noite fría Tristes guerras Nace o medo Chora a terra. Antonio García Teijeiro. Chove nos versos. Ed. Xerais.
  • 9. O NENO E O XABARIÍN Xabarín, xabarín, Que fas no meu xardín? Busco un brinquedo neste lindo arboredo. Xoguemos no arredor A xabarín e cazador. Eu non gosto da guerra Só quero paz nesta terra. Xabarín, xabarín, Tocarás no meu violín? Neste lugar de soidade Faremos a nosa amizade. Xosé Lois García A figueira lingoreteira. Ed. Do Castro
  • 10. O reino No tempo aquel cando os animais falaban, Dicir liberdade non era triste. Dicir verdade era coma un río, dicir amor, dicir amigo, Era igual que nomear a primavera. Ninguén sabía dos aldraxes. Cando os animais falaban os homes cantaban nos solpores pombas de luz e xílgaros de soños. Dicir teu e meu, non se entendía, dicir espada estaba prohibido, dicir prisión soamente era unha verba sen senso, un aire que mancaba O corazón da xente. Cando, cando se perdeu este gran Reino? Celso Emilio Ferreiro Longa noite de pedra. Celso Emilio Ferreiro para os nenos. Consellería de Cultura e Deportes.
  • 11. Teño Teño un corazón senlleiro e orfo na noite fría. Non importa, agardarei polo albor do novo día. Teño lobos, teño sombras, teño a sorte fuxidía. Non importa, agardarei polo albor do novo día. Está mudo o reixiñol que outrora cantar solía. Non importa, agardarei polo albor do novo día. Que está comigo a esperanza Diando, fía que fía…. Ela fía e au confío no albor do novo día. Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética. Factoría K de libros. .
  • 12. A TERRA DURMIDA A terra durmida, sentiu no seu seo disparos de chumbo disparos de xeo. Moreas de nenos, Co seu agarimo, Fixeron da guerra Un mar de aloumiños. E foron as nenas deitando dozura as que converteron o medo en ternura. A terra, durmida, non quere espertar. Está moi ferida non pode xirar. Meniñas,meniños de tódalas cores cubriron a terra de beixos e flores. A terra abre un ollo e sente calor. Escoita baixiño sonatas de amor. E xira que xira coitada ,a modiño, rapazas,rapaces, co voso cariño. Antonio García Teijeiro
  • 13. Equipo de Dinamización da Lingua Galega Equipo de Biblioteca. CEIP Quintela -Moaña