O problema fe-razónen Tomé de Aquino O problema fe-razón alude ao problema das relacións entre relixión e filosofía, ou sexa, dun saber comprometido na comprensión da revelación e un saber baseado na argumentación pola razón. As orixes do problema atopámolas no século II, nos primeiros contactos entre ambos tipos de coñecemento, e vai converterse nun dos temas centrais da reflexión medieval. Podemos sinalar catro respostas básicas ao problema:
3.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 1. Oposición entre fe e razón : deféndese a incompatibilidade entre os dous tipos de saberes. A fe é autosuficiente e non necesita para nada da filosofía, nin para xustificarse nin para comprenderse. É a posición defendida por Tertuliano cando afirma «creo porque é absurdo». Isto levouno a soster a teoría do latrocinio, que di que se ha¡ algo de verdade na filosofía antiga é por un plaxio do Antigo Testamento. Fe Razón Vs.
4.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 1. -Oposición entre fe e razón : Tertuliano «creo porque é absurdo». Fe Razón Vs.
5.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 2. Conciliación de fe e razón : a verdade única, en sentido estricto, é a verdade da revelación e, tanto a fe como a razón, perséguena. A razón axuda a facer comprensible a verdade cristiá. A fe, pola súa banda, ilumina e orienta o coñecemento racional, e permite acadar coñecementos non accesibles doutro xeito. É a postura que defenderán Agostiño, Boecio, Anselmo, Pedro Abelardo, etc. Fe Razón
6.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 2.-Conciliación de fe e razón : É a postura que defenderán Agostiño, Boecio, Anselmo, Pedro Abelardo, etc. Fe Razón
7.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 3. Separación de fe e razón: razón e fe son autónomas, independentes e igualmente verdadeiras. O averroísmo latino defende a teoría da dobre verdade: existe unha verdade filosófica e outra relixiosa que poden ser contradictorias pero ningunha é superior. Esta postura non foi aceptada pola ortodoxia eclesiástica e os seus defensores foron considerados herexes. Fe Razón
8.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino -Separación de fe e razón: O averroísmo latino defende a teoría da dobre verdade Fe Razón
9.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino 4. A posición de Tomé de Aquino: intersección fe e razón
10.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino A pretensión de racionalizar a fe, de compatibilizar as súas verdades coas verdades da razón, foi unha constante ó longo da ldade Media. O problema das relacións entre razón e fe consiste en tratar de poñer en relación e comparar os contidos da fe e os da filosofía.
11.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino A disputa versa sobre a primacía da fe sobre a razón, ou da razón sobre a fe . Durante a Idade Media, existen principalmente dúas posturas á hora de tratar estas relacións. Unha representada polos « dialécticos », que consideran que a razón é moi beneficiosa para a fe , para axudar a crer, e noutra polos « antidialécticos », que afirman que a filosofía é nociva para a fe e opóñense ás posibilidades da razón.
12.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino A escolástica imprimira un selo especial á filosofía cristiana, e a entendera como ancilla theologiae , serva da teoloxía. A fe primaba sobre a razón. Durante a Alta Idade Media, cando co nome de “filosofía” solía facerse referencia case exclusivamente á lóxica ou a arte dialéctica –agás no caso de Xoan Escoto Eríxena-, en tanto que a lóxica era utilizada polos teólogos como un “instrumento” do que se servían para explicitar a verdade revelada.
13.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Pero na Escolástica do século XIII, na que a metafísica alcanzara un desenrolo nada despreciable, e, de forma especial, no pensamento de Tomé, a situación merece unha consideración notablemente distinta.
14.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Tomé de Aquino entende que a razón e a fe representan dous feitos distintos, pero non diverxentes , de coñecemento: a) Afirma que son distintos porque a fe se basea na revelación sobrenatural, mentres que a razón é unha facultade que corresponde ás persoas sobre a base da súa propia natureza. b) Sostén que non son diverxentes porque entre elas non pode darse contradicción, dado que teñen unha orixe común: a fonte da verdade (Deus).
15.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Rexeita , polo tanto, a tese dalgúns averroístas, a teoría da dobre verdade dos averroístas latinos , acerca da existencia de dúas verdarles de signo contrario: a da fe e a da razón.
16.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Tomé de Aquino describe un triple ámbito de verdades : a) Verdades ás que se pode acceder só coa razón natural e que non inciden no ámbito da salvación. Por exemplo: as verdades das matemáticas ou as da ciencia natural. Verdades da Razón
17.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Artigos de Fe b) Verdades que están contidas nos « artigos da fe » e que exceden as posibilidades naturais da razón humana. Para estas resulta imprescindible a fe. Por exemplo, os misterios da Trinidade ou da Encarnación.
18.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino c) Verdades que o ser humano podería acadar coa súa razón , pero que son importantes para a salvación da especie humana e que por tanto requiren tamén a intervención da fe . Estas non son «artigos de fe», senón «preámbulos da fe». Por exemplo: a inmortalidade da alma, a demostración racional da existencia de Deus. Artigos de Fe Verdades Da Razón Preámbulos da Fe
19.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Desde estas tres perspectivas é preciso entender as relacións entre a razón e a fe, ou entre a filosofía, como saber racional, e a teoloxía, como saber fundado na revelación, sobrenatural. Son relacións de autonomía e de mutua colaboración. Polo tanto, razón e fe harmonízanse e compleméntanse.
20.
O problema fe-razónen Tomé de Aquino Por iso resulta lexítimo o uso da razón para aquelas verdades que o coñecemento humano pode acadar e ó mesmo tempo a fe prolonga a capacidade de coñecemento humano máis alá dos límites da nosa razón. Neste contexto, a filosofía comeza a deixar de ser a «criada» da teoloxía (ancilla theologiae), é dicir, a consideración de que a razón está ó servicio da fe; pois a razón ten o seu propio ámbito de aplicación, autónomo, dentro desa verdade única, ó igual que ocorre coa fe .