AVERROÍSMO LATINO
A DOBRE VERDADE
“O triunfo de santo Tomás”(Andrea de Bonaiuto)Detalle coa imaxe de Averroes
Grego-Árabe
(Expansión Islam)
Textos
Aristotélicos
Expansión Europa
Averroísmo latino
(Escola de Artes de
París)s.XIII
Árabe-Latín
(Escola de
tradutores)
Comentarios
Averroes
(Averroísmo)
Razón(filosofía)
Fe (teoloxía)
Sagradas
Escrituras
Dobre
verdade
Explicación que non precisa
de probas,
verdade obvia
Autónoma/independente da
fe
Explicación con probas, dos
sabios,verdade non obvia
Averroísmo latino - Dobre verdade
Introdución
Averroes foi un filósofo musulmán cordobés do século XII. Hai que sinalar que no contexto da
época,o Islam expandírase conquistando territorios bizantinos onde os musulmáns
atopáronse con obras da filosofía grega que traduciron do grego ao árabe.Entre
estas,traduciuse obras aristotélicas que serán comentadas por Averroes. Estes comentarios
serán as bases da tendencia filosófica medieval coñecida como averroísmo.
As obras de Averroes,ao igual que outras obras árabes,serán traducidas ao latín nas
escolas de tradutores (como a de Toledo)grazas ao traballo de eruditos xudeus,árabes e
cristiás.Deste xeito,as obras averroístas expándense pola Europa cristiá,especialmente
arredor da Escola de Artes de París.Deste modo,fórmase o averroísmo latino,os filósofos de
fala romance que baseaban o seu pensamento na obra averroísta.
Esta corrente filosófica
defendeu
“A negación da inmortalidade da alma”
“A eternidade do mundo”
“O monopsiquismo”(Unha única alma)
“Dobre verdade” (Conflicto razón-fe)
Dobre verdade
Cal é a auténtica verdade?
Ante o conflito entre a razón e a fe,os averroístas latinos chegaron á conclusión desta teoría.
O conflito da dobre verdade foi a resposta ás preguntas sobre este problema que afirma que
a razón é autónoma, pero que a fe tamén tiña importancia, coa finalidade de evitar
calquera persecución por parte da Igrexa.
A pesar disto Averroes non defendía esta teoría, pois foi un termo utilizado pola igrexa para
desacreditar esta teoría dos averroístas xa que pensaban que era ilóxico, é dicir, non pode
haber dúas verdades nin dúas respostas, só unha.
Estas dúas dobres verdades eran unha teolóxica (fe) e outra filosófica (razón). Estas dúas
verdades concílianse entre elas, é decir, son complementarias, porque unha é a resposta
dende a razón e a outra dende a filosofía.
Existe a verdade do crente e a verdade do filósofo, porén, unha corresponde á verdade
relixiosa e outra á verdade filosófica. Averroes cre que cando se presentan dúas respostas
diferentes á mesma cuestión, non prevalece ningunha. É decir, o filósofo responderá como
filósofo e o crente como crente, polo tanto só hai unha verdade para cada un dependendo
das súas crencias. Detrás de cada resposta está a natureza divina.
Dobre verdade
Este termo foi usado pola Igrexa Católica,un dos detractores do averroísmo,para
desacreditala, pois deste xeito as teorías averroístas amosaríanse contraditorias e,polo
tanto,falsas pois resulta ilóxico que para unha mesma pregunta existan dúas respostas. Este
intento de desacreditación debíase a que Igrexa tentaba eliminar calquera teoría que fose
contraria a súa,que subordinaba totalmente a razón á fe pois a verdade tan só emanaba das
Sagradas Escrituras,na súa opinión.
Dito isto,ante o conflito entre a razón e a fe,os averroístas latinos tiveron distintas
respostas.De entre elas destacan as de Siger de Brabante (máximo representante do
averroísmo latino) e de Boecio de Dacia.
Boecio de Dacia asegura que fe e razón non están en desacordo pois estas
repártense os seus respectivos ámbitos.Polo tanto,o filósofo adícase á filosofía,ao natural e o
teólogo á teoloxía,ao sobrenatural.
En resumo,os averroistas latinos ou afirman a autonomía ou a independencia da razón
pero non a subordinación total desta respecto da fe,teoría afirmada pola Igrexa Católica.
Feito pol@s alumn@s do IES Antón Losada Dieguez
Uxía Figueiras Regengo
Alexandra Millán Mella
Victoria Valladares Mato
Álvaro González Gómez

Averroísmo latino

  • 1.
    AVERROÍSMO LATINO A DOBREVERDADE “O triunfo de santo Tomás”(Andrea de Bonaiuto)Detalle coa imaxe de Averroes
  • 2.
    Grego-Árabe (Expansión Islam) Textos Aristotélicos Expansión Europa Averroísmolatino (Escola de Artes de París)s.XIII Árabe-Latín (Escola de tradutores) Comentarios Averroes (Averroísmo) Razón(filosofía) Fe (teoloxía) Sagradas Escrituras Dobre verdade Explicación que non precisa de probas, verdade obvia Autónoma/independente da fe Explicación con probas, dos sabios,verdade non obvia Averroísmo latino - Dobre verdade
  • 3.
    Introdución Averroes foi unfilósofo musulmán cordobés do século XII. Hai que sinalar que no contexto da época,o Islam expandírase conquistando territorios bizantinos onde os musulmáns atopáronse con obras da filosofía grega que traduciron do grego ao árabe.Entre estas,traduciuse obras aristotélicas que serán comentadas por Averroes. Estes comentarios serán as bases da tendencia filosófica medieval coñecida como averroísmo. As obras de Averroes,ao igual que outras obras árabes,serán traducidas ao latín nas escolas de tradutores (como a de Toledo)grazas ao traballo de eruditos xudeus,árabes e cristiás.Deste xeito,as obras averroístas expándense pola Europa cristiá,especialmente arredor da Escola de Artes de París.Deste modo,fórmase o averroísmo latino,os filósofos de fala romance que baseaban o seu pensamento na obra averroísta. Esta corrente filosófica defendeu “A negación da inmortalidade da alma” “A eternidade do mundo” “O monopsiquismo”(Unha única alma) “Dobre verdade” (Conflicto razón-fe)
  • 4.
    Dobre verdade Cal éa auténtica verdade? Ante o conflito entre a razón e a fe,os averroístas latinos chegaron á conclusión desta teoría. O conflito da dobre verdade foi a resposta ás preguntas sobre este problema que afirma que a razón é autónoma, pero que a fe tamén tiña importancia, coa finalidade de evitar calquera persecución por parte da Igrexa. A pesar disto Averroes non defendía esta teoría, pois foi un termo utilizado pola igrexa para desacreditar esta teoría dos averroístas xa que pensaban que era ilóxico, é dicir, non pode haber dúas verdades nin dúas respostas, só unha. Estas dúas dobres verdades eran unha teolóxica (fe) e outra filosófica (razón). Estas dúas verdades concílianse entre elas, é decir, son complementarias, porque unha é a resposta dende a razón e a outra dende a filosofía. Existe a verdade do crente e a verdade do filósofo, porén, unha corresponde á verdade relixiosa e outra á verdade filosófica. Averroes cre que cando se presentan dúas respostas diferentes á mesma cuestión, non prevalece ningunha. É decir, o filósofo responderá como filósofo e o crente como crente, polo tanto só hai unha verdade para cada un dependendo das súas crencias. Detrás de cada resposta está a natureza divina.
  • 5.
    Dobre verdade Este termofoi usado pola Igrexa Católica,un dos detractores do averroísmo,para desacreditala, pois deste xeito as teorías averroístas amosaríanse contraditorias e,polo tanto,falsas pois resulta ilóxico que para unha mesma pregunta existan dúas respostas. Este intento de desacreditación debíase a que Igrexa tentaba eliminar calquera teoría que fose contraria a súa,que subordinaba totalmente a razón á fe pois a verdade tan só emanaba das Sagradas Escrituras,na súa opinión. Dito isto,ante o conflito entre a razón e a fe,os averroístas latinos tiveron distintas respostas.De entre elas destacan as de Siger de Brabante (máximo representante do averroísmo latino) e de Boecio de Dacia. Boecio de Dacia asegura que fe e razón non están en desacordo pois estas repártense os seus respectivos ámbitos.Polo tanto,o filósofo adícase á filosofía,ao natural e o teólogo á teoloxía,ao sobrenatural. En resumo,os averroistas latinos ou afirman a autonomía ou a independencia da razón pero non a subordinación total desta respecto da fe,teoría afirmada pola Igrexa Católica.
  • 6.
    Feito pol@s alumn@sdo IES Antón Losada Dieguez Uxía Figueiras Regengo Alexandra Millán Mella Victoria Valladares Mato Álvaro González Gómez