ANÁLISE POEMAS DEROSALÍA
Olga Fernández Marta 1ºBach A
NEGRA SOMBRA
Este poema de Rosalía de Castro que entra na súa obra Follas Novas pertence claramente
ao movemento do romanticismo. Xa vendo o seu título Negra sombra podemos albiscar o
ambiente sombrío e escuro que suxire e que é característico do romanticismo.
O tema do poema son os sentimentos, neste caso as penas e o desasosego que sinte e
que é simbolizado pola negra sombra que lle persigue. Ela expresa que todo o que ve e
sinte é a negra sombra que está en todas partes. Esta negra sombra simboliza o
compoñente de tristeza e amargura que hai na vida e en todas as cousas, non quere dicir
que Rosalía fora depresiva senón que era consciente de esta parte de tristeza que forma
parte da vida. A negra sombra é un cúmulo de sentimentos e emocións que acompañan a
autora toda a súa vida. Pode simbolizar a morte ou o medo que ten a morrer. Incluso chega
a ter apego pola sombra (“en todo estás e ti es todo), dando unha sensación de melancolía.
Tamén podería ser a dor de vivir, un recordo, un fantasma do pasado ou un remordemento.
No poema obsérvase a traxectoria espiritual de Rosalía ante o descubrimento da dor. O
verso inicial suxire unha prehistoria, unha etapa de tempo anterior ao momento no que
comeza a falar. Un momento no cal a sombra desapareceu no que se pensaba que
marchara. Que volva esta sombra é como unha mofa para Rosalía.
Este punto de vista e o conflito interior que demostra a autora é tamén característico do
romanticismo. O feito de que describa o seu punto de vista tamén demostra individualismo,
característica do romanticismo.
A segunda e terceira estrofa marcan a transición da vivencia da desgraza á da dor. A negra
sombra xa non torna, senón que se mostra no mesmo sol, é parte de todos os elementos
que a rodean.
2.
A estrofa finalexpresa a toma de conciencia ante esa realidade omnipresente (“en todo
estás e ti es todo”). Neste verso resume as dúas estrofas anteriores, que a súa vez
resumían un longo proceso espiritual. O significado do poema é a dor, que é universal se fai
persoal, individual en Rosalía, a súa dor intégrase no seu ser dunha forma indisoluble.
En canto os recursos literarios maniféstanse principalmente nos contrastes de cada estrofa
(“cando penso que te fuches… tornas facéndome sombra”). Tamén hai un emprego de
metáforas (“si cantas es ti que cantas”). Hai abundantes anáforas e repeticións que se
estenden en todo o poema acompañados de paranomasias. Débese destacar o emprego de
personificacións plasmadas en sintagmas como “negra sombra que me asombras”.
POEMA III
(Cantares gallegos)
Lugar máis hermoso
non houbo na terra
que aquel que eu miraba,
que aquel que me dera.
Lugar máis hermoso
no mundo n'hachara
que aquel de Galicia,
¡Galicia encantada!
Galicia frorida,
cal ela ningunha,
de froles cuberta,
cuberta de espumas,
de espumas que o mare
con perlas gomita,
de froles que nacen
ó pé das fontiñas.
De valles tan fondos,
tan verdes, tan frescos,
que as penas se calman
nomáis que con velos;
que os ánxeles neles
dormidos se quedan,
xa en forma de pombas,
xa en forma de niebras.
3.
Neste poema Rosalíaexalta a súa terra na súa propia lingua, na que establece unha
identidade patriótica. O tema deste poema de Cantares Gallegos é Galicia e o argumento é
mostrar o que hai de fermoso en Galicia.
A autora comeza con un ton nostálxico, exaltando a súa terra, dicindo que é o lugar
máis fermoso de todos, como un himno en homenaxe á autonomía de Galicia en detrimento
de todas as outras. Se nos fixamos nos aspectos históricos da literatura galega, nótase que
Rosalía, que xa escribira en castelán, sentía a necesidade de mostrar o seu amor á terra na
que naceu. Ela asume a identidade galega e con este poema faise responsable do
renacemento da literatura galega que por séculos estaba orfa dun representante.
Se nos fixamos nas características románticas deste poema observamos o emprego
de elementos de apreciación da natureza dunha forma case sagrada. Máis importante, a
propia exaltación patriótica do seu orixe e unha cuestión característica do romanticismo.
As flores son un símbolo da beleza universal. Unha beleza natural e como as flores
poden ser específicas de certos lugares, as flores galegas son peculiares. O mar tamén é
un elemento importante para os galegos e polo tanto tamén se ve reflectidodo neste poema
e tamén en moitos máis de Rosalía.
Na primeira estrofa notamos unha rima máis precisa e consonante, pero isto deixa
de ocorrer ao longo do poema. As rimas parecen estar máis relacionadas coas sílabas
tónicas que ocorren todas as segundas e penúltimas sílabas poéticas.
Tamén podemos notar que a pesar dun certo equilibrio entre as vogais, hai unha
predominancia de vogais abertas nesas dúas estrofas o que indica certo compromiso de
claridade e descrición. Notei un sentimento de pertinencia e un pouco de nostalxia. As
consonantes nasais predominan, o que mostra unha certa fluidez, pero tamén hai vogais
explosivas que serven para marcar o ritmo, principalmente nas divisións silábicas. O ritmo é
preciso e regular, pero na quinta estrofa hai unha ruptura rítmica que fai que a exaltación
dos adxectivos sexa aínda máis intensa. Esta estrutura rítmica regular con variacións nas
dúas estrofas finais da unha musicalidade ao poema, o que recorda a unha canción.
Este poema é unha exaltación da terra galega e é unha forma de crear unha
identidade literaria galega. Notamos que hai unha certa sacralización da terra, como se fora
un paraíso. Por estas mesmas razóns está en total consonancia co romanticismo da época.