Rosalía de Castro
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, e morreu en Padrón, o 15 de xullo de 1885. Foi unha poetisa e novelista galega que escribiu obras tanto en galego como en castelán. É considerada como un fenómeno indispensable na historia literaria do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento galego grazas á súa achega literaria en xeral e polo feito de que “Cantares Gallegos” foi entendido como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Ademais, o proceso de sacralización ao que foi sometida acabou por convertela na encarnación e símbolo do pobo galego.
Escribir en galego no século XIX supoñía unha tarefa moi difícil por numerosas razóns, sobre todo ante o pensamento da sociedade do momento, xa que a lingua galega quedara  reducida a un simple dialecto,  tan despreciado como  desprestixiado. Cando o castelán  era a lingua da cultura, Rosalía  de Castro revolucionouse,  concedéndolle ao galego o  prestixio que se merecía. Así  afianzou o rexudir cultural da   lingua galega.
Rosalía ten principalmente tres obras clave polas que é recoñecida:  Cantares Gallegos ,  Follas Novas  e  En las orillas del Sar .  En  Cantares Gallegos , esta escritora deu lugar a unha poética de gran profundidade, no que emprega o símbolo como método para expresar o inefable e que revela a plurisignificación propia da máis elevada poesía.  Un dos poemas máis famosos do libro  Follas Novas  é  Negra sombra , que foi publicado no ano 1880, onde mostra novamente o seu pesimismo e temor cara a morte. Este poema foi musicado numerosas veces por moitos artistas diferentes.
Rosalía e o Rexurdimento O Rexurdimento é a etapa cultural da historia de Galicia que tivo lugar ao longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega como medio de expresión social e cultural tralos séculos escuros. Convencionalmente, estímase que a publicación do primero libro de Rosalía de Castro,  Cantares Gallegos , en 1863, é o punto de partida do Rexurdimento.
Negra Sombra Cando penso que te fuches, negra sombra que m' asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino qu' es ida, no mesmo sol te m' amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin m' abandonarás nunca, sombra que sempre m' asombras.
Este poema que acabas de escoitar trata constante presenza da ameaza da morte, e o invevitábel desta. Como todos os poemas de Follas Novas, ten unha temática moi pesimista. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias, que non son poucas, continúan a ser obxecto dunha abundante bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no estranxeiro.
FIN Paula Alfonso Durán  1º BAC-B

Negra sombra

  • 1.
  • 2.
    Rosalía de Castronaceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837, e morreu en Padrón, o 15 de xullo de 1885. Foi unha poetisa e novelista galega que escribiu obras tanto en galego como en castelán. É considerada como un fenómeno indispensable na historia literaria do século XIX. Representa xunto con Eduardo Pondal e Curros Enríquez unha das figuras máis emblemáticas do Rexurdimento galego grazas á súa achega literaria en xeral e polo feito de que “Cantares Gallegos” foi entendido como a primeira gran obra da literatura galega contemporánea. Ademais, o proceso de sacralización ao que foi sometida acabou por convertela na encarnación e símbolo do pobo galego.
  • 3.
    Escribir en galegono século XIX supoñía unha tarefa moi difícil por numerosas razóns, sobre todo ante o pensamento da sociedade do momento, xa que a lingua galega quedara reducida a un simple dialecto, tan despreciado como desprestixiado. Cando o castelán era a lingua da cultura, Rosalía de Castro revolucionouse, concedéndolle ao galego o prestixio que se merecía. Así afianzou o rexudir cultural da lingua galega.
  • 4.
    Rosalía ten principalmentetres obras clave polas que é recoñecida: Cantares Gallegos , Follas Novas e En las orillas del Sar . En Cantares Gallegos , esta escritora deu lugar a unha poética de gran profundidade, no que emprega o símbolo como método para expresar o inefable e que revela a plurisignificación propia da máis elevada poesía. Un dos poemas máis famosos do libro Follas Novas é Negra sombra , que foi publicado no ano 1880, onde mostra novamente o seu pesimismo e temor cara a morte. Este poema foi musicado numerosas veces por moitos artistas diferentes.
  • 5.
    Rosalía e oRexurdimento O Rexurdimento é a etapa cultural da historia de Galicia que tivo lugar ao longo do século XIX e que tivo como característica principal a revitalización da lingua galega como medio de expresión social e cultural tralos séculos escuros. Convencionalmente, estímase que a publicación do primero libro de Rosalía de Castro, Cantares Gallegos , en 1863, é o punto de partida do Rexurdimento.
  • 6.
    Negra Sombra Candopenso que te fuches, negra sombra que m' asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino qu' es ida, no mesmo sol te m' amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas; si choran, es ti que choras; i es o marmurio do río, i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo pra min i en min mesma moras, nin m' abandonarás nunca, sombra que sempre m' asombras.
  • 7.
    Este poema queacabas de escoitar trata constante presenza da ameaza da morte, e o invevitábel desta. Como todos os poemas de Follas Novas, ten unha temática moi pesimista. Na actualidade, a figura de Rosalía de Castro e as súas creacións literarias, que non son poucas, continúan a ser obxecto dunha abundante bibliografía e recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no estranxeiro.
  • 8.
    FIN Paula AlfonsoDurán 1º BAC-B