SlideShare a Scribd company logo
A PAISAXE
A natureza na obra
de Manuel María
MANUEL MARÍA
FERNÁNDEZ TEIXEIRO
Outeiro de Rei (6-10-1929)
a Coruña (8-9-2004)
Este ano 2016 dedícaselle o Día
das Letras Galegas a Manuel
María, un dos escritores máis
prolíficos, activos e
comprometidos dos últimos
tempos.
Publicou máis de cincuenta libros
de poesía, máis dun milleiro de
artigos xornalísticos, trinta
ensaios, quince obras narrativas,
e vinte pezas teatrais, ademais
ten moitas obras aínda inéditas.
A terra e a xente son para Manuel María unha unidade indisoluble, un espazo
vital. A terra modela o carácter, os costumes e as maneiras de facer das persoas,
e estas actúan sobre o medio para axeitalo ás suas necesidades.
A terra, a paisaxe e a xente de Manuel María son a terra, a paisaxe e a xente da
súa tribo, Outeiro de Rei e, por extensión da Terra Chá, porque nela ten as súas
raíces, pero non por elo renunciou a expresar a súa querencia polo resto do seu
país, Galiza enteira.
Todas as paisaxes que Manuel María coñeceu e as terras que percorreu están
presentes na súa escrita.
...A nosa paisaxe nativa acompañounos e
acompáñanos sempre. Todos os días da nosa
vida, sen faltar un, lembrámola de xeito
apaixonado. Entendemos que un ser humano
é, en esencia, un anaco de paisaxe posto en pé
e camiñando.
Consideramos a Terra Chá o eido máis fermoso
deste mundo. Fálanos de moitos xeitos, fondos
e amantiños...
MANUEL MARÍA “A TERRA CHA POESÍA E PAISAXE”
(DISCURSO LIDO O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2003, NA RAG)
O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra.
Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os
elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal,
as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que
dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade…
Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados
cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento.
A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e
planeta.
“¿Cándo faremos un mundo no que poidan
cantar libremente en paz,
en auténtica irmandade,
homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
Paisaxes de Galiza:
qué ledicia
e qué vistas
para tarxetas postais
fenomenais
e para os turistas!
Terra meiga
da gaita do fol,
mol
como a manteiga:
a choiva
ponche veos de noiva
e de verdores,
segundo líricos cantores
morriñosos e saudosos
que, en versos moi fermosos,
cantan os teus louvores:
para eles eres ti
un aceso rubí
e a flor dos seus amores.
Non falarei da saudade
(pois teño idade
para non facer barbaridade
de tanta gravidade).
Falo das rías
cheas de melancolías
e solpores
para os señores;
dos pazos con cipreses
asombro dos burgueses;
dos ríos
cheos de marmurios
como chíos,
de bolboretas
que usan os poetas.
(Nos ríos fanse presas
que dan grandes remesas
de electricidade
de alta calidade
e gran utilidade
para a sociedade
civil
e mercantil).
Falo dos cabaceiros
(tamén hórreos chamados)
que son tan debuxados
e fotografiados;
si non estiveran baleiros
serían pintureiros,
fenomenais;
así, doéndome o corazón
e con perdón,
son
somente “tipicais”.
Falo do lacón,
do marisco e do xamón:
para cheiralos
e probalos
(un anaco só polo patrón)
un ten que ser señorón
de primeira división.
Falo do arado romano,
tan inhumano;
de terra atomizada:
cada leira
a penas mide nada.
Falo de tanta beleza
feiticeira
sostendo unha pobreza
sangrante
e denigrante.
ao dicir Galicia
perdo a ledicia:
e no meu corazón fura
e perdura
unha tristura
escura
escura...!
(VERSOS PARA CANTAR
EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)
GALICIA
NATUREZA SENSÍBEL
As xestas teñen fala de valados,
por iso o sangue das súas veas
leva todo o amor do labrantío.
A cinza do chao tamén ten
ingratitudes churrusqueiras
e mata todos os grilos
que atopa por entre as leiras.
Esa xesteira amarela
non leva nubes, non leva.
Tan só a trasmao dicía:
“a vaca teixa non turra...”.
E a vaca teixa nas cornas
levaba presas estrelas
das que se apropiou de noite
ao beber auga na fonte.
As nubes brancas bicaban
o lombo escuro das xestas
e as breixas, cos seus coitelos,
ían cortando folerpas.
A noite co seu misterio
tremelaba de friaxe.
E a xesteira reverquía
un sangue mouro nas laxes!
(MUÍÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
PAISAXE
A natureza vístese moitas veces de luar,
e o aroma lento dos regueiros de sombra
enche de tristeza as almas que non rin
...
A min somentes me importa esa paisaxe verde,
esa paisaxe eterna que é vida e agonía,
esa paisaxe que tece e que destece a alma
nun sono de ilusión que se non murcha.
(Esa paisaxe que fai morrer as noites,
que as obriga a agonizar pouquiño a pouco
para que deixen ronseis longos de friaxe orfa,
para que o espirito ande a tremer polos camiños
e para que a roita máxica que aloumiñe aos perdidos
fique, esquecida, nunha beiramar tranquila).
Eu quero camiñar braviamente, fixo,
cara a carballeira misteriosa do non visto,
cara un abrente teixo de resplandor cobrizo
ou cara esa sombra morna na que cantan os grilos.
Eu quero esta paisaxe verde, eterna, que está viva.
(ADVENTO, 1954)
A PAISAXE É FERMOSA...
A paisaxe é fermosa, fermosa; moi fermosa
anque algún profundador, sen dúbida
moi culto, lido, sabido e entendido,
teña dito que a paisaxe é somentes
un estado da alma máis ou menos.
A paisaxe é fermosa porque os ollos
poden atopar nela o seu lecer, porque
a alma se pode misturar coas cousas
e o canto dun regueiro, o vento que zoa
pódennos dicir mensaxes inefábeis,
revelaciós que non puidemos sospeitar.
A paisaxe é fermosa porque nós podemos
ir de vacaciós ao campo nun auto
-é un dicir- máis ou menos cómodo
por unha estrada case transitábel.
...
...
Pero se tivéramos que andar polos camiños
esnaquizando os pés contra os pelouros,
sementando centeo, millo e máis patacas;
se tivéramos que suar pola seitura,
andar virando o monte cun eixado,
mal mantidos con centeo e con touciño,
sulagados no atraso e na ignorancia,
suando de sol a sol o noso pan;
e se, cando xuntáramos un peso,
tivéramos que pagalo polo gando,
por porcos e galiñas, polos carros,
por contribuciós e pragas do campo,
por entrar nunha feira, por saír,
por impostos directos e indirectos,
por ir ou por non ir, por subir e baixar...
Entón nós, tan sensiblemente líricos,
procuraríamos fuxir a outro país
porque nos dará arrepío o sufrir
a escura, cruel realidade, agachada
baixo as formas belidas da paisaxe.
(REMOL, 1970)
A NATUREZA
Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
non encher de porquería
a beleza da paisaxe...!
O que ama a natureza
ten que respectarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida!
A natureza é amiga
e danos o seu amor:
dende a graza dunha espiga
ao río marmurador...!
A natureza é un ben,
é compañeira e irmá.
E pró home sempre ten
o seu corazón na man...!
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE)
PASTORELA
(Poema bucólico)
Non ten, xa que logo, a natureza
tantísima beleza,
nin a louvadísima campía
reverte dozura e poesía.
As rústicas pastoras
non perden horas e horas
saloucando por cabaleiros
mentireiros,
nin poñendo flores
e demais primores
nos cornos dos carneiros.
As labregas teñen máis que facer
que contemplar as luces do mencer:
andan, con firmeza e tesón,
traballando o terrón;
puxando e suando como un boi;
ocupando, con firmeza, o lugar
que deixou baleiro no fogar
o home que se foi,
que tivo que emigrar;
e non sinten anceios nin degaros
de escoitar
os chíos harmoniosos dos paxaros.
Pastoras e labregas,
labregos e pastores
non contemplan solpores,
nin teñen fanegas
de líricos amores.
A doce e fermosísima campía
non ten, para eles, poesía.
E se nacen flores
é a conta de traballo e de suores.
(VERSOS PARA CANTAR
EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)
O CORAZÓN DA AUGA
...
Son auga.
Son plenitude, presencia innumerábel, sinfonía
de vibracións presentes na choiva triste
e nas palabras....
Cecais son os mortos cheos de bágoas
que nos piden un novo canto ateigado de sangue,
de fulguraciós miragreiras e de estrelas.
Cecais é un novo resplandor inalcanzábel
de lúas e de olladas durmidas
no pequeno e sinxelo corazón da cada flor
que morre cansa.
Ou unha voz perdidad na señardade da noite:
a voz nebulosa de aquela pomba nidia
que namorou a un anxo.
...
(ADVENTO, 1954)
O RÍO
O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta para min tamén.
O río canta prás albres
paxareiras da ribeira!
O río canta prós prados
e prás nubes viaxeiras!
A todos dí seu cantar
con escuro e claro son.
A todos di seu cantar
anque llo escoiten ou non!
Non lle preguntes ao río
a ónde vai, de ónde ven.
O río pasa correndo!
O río non se entretén!
O río pasa correndo,
nunca deixa de pasar.
Vai dicindo a súa canción
e non se pode parar!.
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
RÍOS
O Azúmara, O Lea, o Anllo, o Miño
atravesan toda a Terra Chá
cun paso tan lento e caladiño
que aperta o corazón coa soedá.
Un paso calado, quedo e lento;
tan lento que semella adormecido.
Non sei que de grave e tristurento
no corazón dos río vai metido!
(TERRA CHÁ, 1954)
Río Lea
O MIÑO
O Miño é vello e tristeiro:
sempre vai mudo e vai senlleiro,
No inverno semella que murmura
un segredo con forte voz escura.
Un escoita, atento e esperanzado,
e o vello Miño sempre vai calado.
(TERRA CHÁ, 1954)
CARTA AO RÍO MIÑO
...
Sempre te lembro dende o fondo da alma.
Lembro a túa soedade rachada
na presa do muíño, nos caneiros
de Pena e de San Roque.
Lembro, amigo, a túa quietude,
os prados de Portocarral,
do Xuncaíño, As Veigas e Almendrá.
Aló enriba, no cimo, está o pobo.
E entre os prados e o pobo
a Agra da Torre toda en costa.
Pola agra agora só o silencio.
Polos prados agora só os meus soños.
...
(REMOL, 1970)
POEMIÑA DO REGATO DO CEPELO
Nunca tiveche unha arela
de tan humilde e sinxelo:
-meu regato do Cepelo,
das Regas ou da Barciela!
Malia o teu nome sonoro,
eres regato e non río:
o teu caudal tan esguío
nunca encherá un encoro!
Mais dices con xentileza,
leve vea rumorosa,
unha canción misteriosa
dunha asombrosa beleza.
Se eu te chamo ¡señoría!,
breve cantor xogoral:
ti non mo tomes a mal
que é proba de cortesía!
(TERRA CHÁ, 1954)
AO REGATO DO CEPELO
O pequeno e humilde regato do Cepelo,
que nace e morre na miña propia tribo,
ten a sutil fraxilidade dun salouco,
o delicado arpexio máxico dun chío
e pasa, como unha canción de amor,
rozando e agarimando á terra lene,
pura, estremecida e alertada.
A inclíbel levedade da súa auga
faise fidel espello para levar consigo
a miña imaxe: única eternidade
que a piedade dos deuses me concede.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
Manuel María no
Regato do Cepelo
“Xa sabedes a razón pola que Outeiro de Rei ten catro ríos:
O Miño ou Río Grande.
O Río Ladra.
O río de Robra, Río Pequeno ou de Santa Marta.
E o regato, o último río que apareceu en Outeiro de Rei, que é o máis pequeniño pois aínda
non tivo tempo para medrar. Nos mapas e xeografías nas que figura, chámanlle río da
Barciela. Os de Outeiro de Rei témoslle un nome familiar: Regato do Cepelo.
E os paxaros –merlos, cucos, petos, lavercas, andoriñas- que usan as súas augas para
beber, para bañarse e, sobre todo, para ollarse nelas, puxéronlle un nome secreto: Rego
das Regas.
Agora a xente de Outeiro de Rei anda moi leda e fachendosa: a súa tribo ten xa catro ríos
como o Paraíso Terreal. Máis non se pode pedir”.
(A TRIBO TEN CATRO RÍOS, 1991)
Manuel María no
Regato do Cepelo
POEMIÑA DO
RÍO MADALENA
Madalena é o teu nome,
a palabra que che cadra.
O teu nome é Madalena
máis apelídaste Ladra!
De nacente eres chairego,
vilalbés de profesión,
a túa fala é labrega
e galega a túa canción”
Eres claro e cristalino,
voz sinxela e cantareira,
limpo espello que reflexa
a gracia da abidueira...!
Estas feito de cantigas
pois só cantar vale a pena.
O teu apelido é Ladra
e o teu nome é Madalena!
(TERRA CHÁ, 1954)
POEMIÑA DO RÍO CABE
Ouh Cabe, meu río Cabe,
marmurador e riseiro,
tés a tenrura da ave,
pasas cantor e lixeiro!
Mandou a estrela da sorte
que espallaras a cidade.
Cando pasas por Monforte
vas cheo de vanidade...!
Non lle temes ao castelo,
as pontes non te domeñan!
Sigues, ufano e sinxelo,
sen soltas que te deteñan!
Corres lixeiro, xentil
e sen deixar de cantar!
Nas augas fondas do Sil
sigues camiño do mar...!
Ouh Cabe, meu río Cabe,
transparente e xogaral:
o teu marmurio suave
é a cantiga do Val...!
(CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
LEMBRANZA DA
LAGOA DE COSPEITO
Estabas queda á tardiña.
O sol reflexaba en ti
todas as cores que tiña!
Ao chegar as Primaveiras,
as oucas con flores brancas
a engalanarche as ribeiras!
Eras vidro quedo e verde.
En ti soaban os sinos
de Lucerna e de Valverde!
Miña Lagoa de Cospeito:
has vir comigo metida
no máis fondo do meu peito!
(TERRA CHÁ, 1954)
POEMAS Á LAGOA DE COSPEITO
...
Eu son esta terra e esta auga: lagoas
de Seixas, Toiral, Santa Cristina,
Bardancos, Boedo, Lamas de Xermar,
Charca do Alligal, As Carpaciñas,
Pozo das Nádigas e do Ollo,
pucharcas como estrelas ou lúas,
marabillosas esmeraldas, decorando
o corpo vexetal da miña tribo,
espellos prodixiosos que reflecten
a luz do sol –ouro esvaído-,
os altos parpadexos das estrelas,
as raiolas do luar febles e místicas-.
Lagoas de meu, mundos perfectos,
orbes incríbeis habitados por aves
e batracios, beireados de carqueixas,
abidueiras, salgueiros, abeneiros,
que as brisas visitan e agariman.
...
...
Lagoa da Cospeito, meu lago principal:
eu só me quero reflectir no teu cristal.
-Eu na túa ribeira.
...
...
Espadana delgada,
irmá do xunco,
espada fráxil:
non soñas, non
con guerras
ou batallas.
Unicamente queres
escoitar as aves,
amparar galiñoas,
parrulos e lavancos.
Fraga mínima da auga,
pequeno bosque
onde cantan
e demoran os ventos
que rizan e agariman
as ondas da lagoa.
(POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS,
1994)
POEMAS Á LAGOA DO OLLO
...
Lagoa do Ollo: mao aberta á luz,
círculo perfecto como a rosa,
pozo no que amence o foscor
máis trascendente, brétema
misteriosa consoante coa arxila
da que está feito o noso ser,
resplandor máxico iluminando
os tremores máxicos da fraga,
espello das fuxitivas nubes
e das altas estrelas cintilantes.
Lagoa do Ollo: ollo prodixioso
co que a terra mira e contempla
a nosa indecisa humanidade:
óllame
con fondura, alegría e amor
e garda, no escusado de ti,
o meu fuxidío recordo transitorio:
só eco dunha sombra melancólica
que anda pola vida deslumbrada.
(POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)
TERRA
A terra é unha dor longa. Un desespero.
Un berro vello como a mesma terra
que xa perdeu a voz e está no tempo
latexando e vivindo, falando mainamente
cunha voz calada de vento e de campana.
A terra fala nos paxaros e na luz,
na pureza dun canto esvaído e triste.
Agarda polo maino sorrir do sol
e polo aloumiño agarimoso das choivas
para florecer calada en novas sementeiras.
A terra, polo día, ten amor, claridade,
espiñas de toxos, paxaros e piñeiros
que lle dan amor e barileza. Pola noite
a terra é moura: ten medo e agoiros,
é a voz do lobo e a plumaxe dos corvos
e a súa voz queda semella unha agonía.
A terra é ela mesma metida na súa dor.
Escoita na súa voz, os sentimentos
e tapa o corazón para agachalo do vento.
A voz da terra é ela mesma. Unha dor
que non lle cabe na alma nin no peito
e agroma en árbore, en ave, en carpaza,
faise mar e río cando quere chorar.
O home é a terra. A voz da terra. Unha voz
de loito e dor que anceia ser eterna,
subir ao ceo, alumar moitos mundos.
E a voz da terra, como a do home, só é terra.
(MAR MAIOR, 1963)
TERRA DE LABRADÍO
A terra arada e labrada
só quere ser sementada!
(TERRA CHÁ, 1954)
MONTE RASO
O monte raso tan só quer:
lavercas, carpazas, veredas
e unha fontiña pra ver
as nubes andando ou quedas.
(TERRA CHÁ, 1954)
LEIRAS
Que xuntas están as leiras
nas agras a parolar!
Tan soio queren ós homes
que as veñan a sementar!
(TERRA CHÁ, 1954)
PRADO DE
HERBA VERDE
Sinto que a alma se perde
no veludo deste prado.
Con esta boa herba verde
verei o gando arrumbado!
Se ten auguiña amorosa
que non deixe de correr,
prado de rega xeitosa
dá herba de bon manter.
Ter gando é ter diñeiro.
A herba verde moito val.
Pra mercar este lameiro
xa compre un bon capital”
(TERRA CHÁ, 1954)
ÉGLOGA DA FRAGA OURIDOURADA
Hai que entrar na fraga humildemente,
co corazón limpísimo e con este
noso corpo mortal purificado,
pois sabemos que o Outono
só pode estar na fraga tal
como a imaxe habita no espello:
posuíndo o seu fondo tebregoso
de marabillada noite aluarada.
A fraga é a residencia dos deuses:
o seu espacio intocábel e sagro,
non pode ser tripado impunemente:
aquel que se atreva a profanalo
maldito será entre os malditos
e a sombra arrepiante do non ser
caerá sobor del calada e implacábel.
(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
VERBAS AO ALTO MAIO
Ao lonxe pasa o río cun murmurio sutil
arrolando os nosos e humildes
soños de homes pobres...
O centeo agarima os nosos ollos
no seu ondear lene como un mar.
Un aire fino deixa os seus namoros
entre a sombra mollada da follaxe.
O ceo é borrallento.
Avanzan as nubes como barcos.
Escóitase a calandra.
A alma latexa apesarada:
non sabe onde remata
e onde comeza
o milagre infindo da paisaxe.
(MAR MAIOR, 1963)
O MAR
Ti nunca viches ao mar
cos seus berros bruadores,
coas súas espumas de prata,
cos barcos e os pescadores.
-Ti nunca viches ao mar
a tecer e a destecer
ondas azúes que van
á praia mansa a morrer?
-E ti non sabes que o mar
é unha inmensa planura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
-Ti nunca viches o mar?
E sabes que non repousa?
-Si nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
O MAR
Nós somos mar. Estamos rodeados,
cinguidos polo mar. As nubes
teñen a mesma cor das ondas
e resulta dificil distinguir
a onda da nube e da gaivota.
O mar chega ao corazón da terra
para escoitar o seu latexo escuro
e poderoso. O mar, o mar penetra,
fura a terra con toda a súa
forza natural, vital e varonil
para facela fecunda e florecida.
Estamos na ribeira. E gardamos,
no máis secreto lugar do noso ser,
todas as imaxinadas lonxanías,
o degaro de irnos e quedar,
a voz escura e rouca das mareas,
un saibo a sal nos beizos murchos
e a sede mortal que ninguén mata.
No mar os sucos chámanse ronseis
e nós levamos século tras séculos
arando no mar teimosamente.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
O MAR
Fala o mariñeiro:
A auga é unha chá longa e ancha
sen carballos, sen gaitas.
Só o trebón mouro da noite.
O vento loitando co velamio,
ladrando como un can doente
para nos encher de medo
a min e máis á auga.
É todo o que teño que dicir:
amo o vento do Océano.
Amo a soedade, a cor da auga.
A terra sempre está lonxe
e un sinte pouco as súas soidades.
O mar é diferente: é saudade núa.
...
(MAR MAIOR, 1963)
VERBAS AO MAR
Esta tarde están baixas as nubes
e é a cor do mar como a da cinza.
Os berros salvaxes das gaivotas
semellan coiteladas
que fan escoar o corazón da tarde.
Hai quen trabuca doadamente
a mensura do mar coa inmensidade.
Eu de min só sei dicir
que o mar comeza no meu sangue.
O que non sei
é se o mar caberá na miña alma.
(MAR MAIOR, 1963)
SOLPOR
...
Ondas do mar de Foz, altivas e algareiras:
vindes contra a terra feras e guerreiras!
Bicade con amor as praias e as ribeiras!
Que os vosos sons irados se volten muiñeiras!
...
(VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
PORTO
...
O mar é unha gran planura
sen valados e sen marcos.
O porto é garda segura
onde descansan os barcos!
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
A CIDADE
A cidade ten castelo
e muralla medieval,
o museo hai que velo!
e unha rúa principal.
Que conxunto tan fermoso
con igrexas e xardís
e cun río caudaloso
veireado de xasmís...!
A cidade ten cafeses,
wiskis-clubs e polución,
cementerio con cipreses
e un fermosos malecón.
A cidade ten escolas
e ten cines e teatros.
Ten douscentos parvacholas
e trescentos maragatos!
A cidade ten paseo,
barrios vellos, arrabais,
chavolismo, rañaceos
e gardas municipais.
A cidade nunca tivo
nin industria ou desenrolo
Soio un comercio cativo
e o seu consabido tolo...!
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
XARDÍS
Eu vou xogar ao xardín
na compaña dos amigos
rapaciños coma min.
Hai un xardín dos maiores
con arboredos, paseo
e cadradiños de flores.
E perto ao céspede mol
hai bancos con namorados
e vellos tomando o sol.
Hai fontes, rosas e feixes,
gaiolas cheas de paxaros
e un estanque con peixes.
...
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
XARDÍS
Un xardín sempre é un intento inútil
de poñerlle á beleza disciplina.
Ouh domesticados xardís públicos
onde se van murchando
as cegas ordenanzas dos concellos!
Ouh vellos xardís dos pazos
abandonados, nos que medra
unha fonda tristura melancónica
dun xeito fatal e sen remedio
entre fermosos labirintos
inquedantes símbolos do sol e máis da
vida!
Máxicos xardís dos meus ensoños
que florecen, sutiles e senlleiros,
na soedade humana do meu peito!
Só no escusado segredo do meu peito!
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
PEREGRINAXES
Aínda teño a esperanza
Aínda teño a esperanza de poder
percorrer unha por unha
todas as parroquias de Galiza,
lugares e casais,
andar porta por porta,
dialogar persoa a persoa
face a face,
pois non hai tarefa máis urxente,
fermosa, nidia e necesaria.
Gastarei o meu corpo nos camiños
ata ser po, seixo e silveira.
Amiña voz, de tan usada, será
o levísimo eco dun rumor:
só fundamento de semente
que apenas poderá rozar
a intimidade choída dos galegos,
estraña tribo incomprensíbel
feita de tebra, vento e cantaría.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
TERRA CHÁ
A Terra Chá somentes é:
un pobo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
(TERRA CHÁ, 1954)
DIMENSIÓS
Ollada a Terra Chá dende as alturas
é semellante a un mar en calma.
Para medila só valen dúas mensuras:
ferrados de corazón, fanegas de alma!
(TERRA CHÁ, 1954)
CANTIGA PARA ANDAR POLA TERRA CHÁ
Hei andar a Terra Chá sen esquecer un rincón,
ouh terra da miña alma, lume do meu corazón!
Non quero máis compañía:
soio unha estrela por guía!
(TERRA CHÁ, 1954)
TERRA
A terra da Terra Chá é moura.
Pódese afondar nela co arado
e non se remata a súa laboura.
Traballala é pesado.
Apégase a un completamente.
Deixa o gando rebentado.
E come a semente
cando vén un ano algo mollado.
(TERRA CHÁ, 1954)
POVO
Vinte, trinta casas. Aí están
cunha feitura xusta e aldeán.
A terra é moura. Dorme con desgana
sen a curva feminina da montana.
Us prados, a mazaira e a cerdeira.
Os palleiros ocupan media eira.
Os cás, entre as casas, a folgar,
ladrando por ladrar.
(TERRA CHÁ, 1954)
POVOS
1
O monte é raso. Carqueixas. Máis alá
unha terra moura, a mourear.
Povos sen serras! Fanegas de soidá!
…
(TERRA CHÁ, 1954)
MONTES
Montes San Simón e do Fitoiro,
velais a soedá da Terra Chá!
Montes do Poente, doce agoiro,
Coba da Serpe e Cordal de Ousá!
Meus lonxanos montes de Abadín!
Serras de Meira e Castroverde!
Que amor sutil se acende en min
ó ollar tanto azul e tanto verde!
(TERRA CHÁ, 1954)
CANTO Á TERRA CHÁ
Ouh miña Terra Chá, amada dende lonxe,
poboada de ventos e carpazas,
por onde o Miño pasa caladiño
para non despertar tanto silencio
que envolve bruscamente ceo e terra!
Terras humildes, ciscadas pola Cha,
que non se dan medido cunha ollada:
lévovos no fondo da lembranza
alumando os meus días, intre a intre!
(TERRA CHÁ, 1954)
OUTEIRO DE REI
III
Medio Outeiro dá ao Miño,
outro medio á Terra Chá.
Eu, na mitá do camiño:
o que ha de vir chegará!
...
(ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)
...
VII
TESTAMENTO
Enterrádeme en Outeiro
que quero escoitar o Miño
co seu paso silandeiro
nos prados de Xuncaíño.
…
Quero ser como o abeneiro:
fidel a unha soa corrente.
Pido un lugar en Outeiro
na campa da miña xente!.
(ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)
POEMIÑA DAS PENAS DAS RODAS
En Gaioso, ollando a Chá,
hai dúas penedas ergueitas.
Semellan non ser verdá
redondeces tan ben feitas!
As penas das Rodas son
dous ollos alucinados
que espían con atención
os eidos máis alonxados.
Se ambas penas se desfán
arde, co mundo, un tesouro:
unha pena é de alquitrán,
a outra unha trabe de ouro!
Non sodes, non, cantería,
ouh penas de encantamento.
Temo que calquera día
vos poida levar o vento!
(TERRA CHÁ, 1954)
CASTRO DE VILADONGA
Castro de Viladonga, aberto aos ventos,
ollando as vagas nubes fuxidías,
illote de altivez e de impotencia
ergueito como o puño dun petrucio
na soidade sen fin da Terra Chá,
habitado por cobras e lagartos,
xestas, uces, toxos e carqueixas
nas que aniña, quizais, a cotovía
e florecen, ufanos, os balocos:
estalos para ninguén, festas de nada.
…
Castro de Viladonga, montón breve
de vellas pedras nas que vive
o silencio, a ruína, a soidade:
imaxe xusta e fiel da miña patria.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
O XISTRAL
Nestas soidades nidias do Xistral,
na compaña de nubes e lavercas,
veciño do Cadramón e a Pena Güía,
ollando o nacemento do Masma,
do Eume e do Landrove, eu só son
unha palabra, un chío, un case nada
varrrido polo vento e pola chuvia.
…
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
O SAN ALBERTE DE PARGA
Meu claro e cantareiro río Parga:
co brazo rexo e longo do caneiro
detés a auga, soségala, remánsala
para que espelle árbores e uces,
a prodixiosa ponte medieval,
a beleza do gótico aldeano
eternizada en cantería para erguer,
entre nós, o teu lar, a casa túa,
ouh San Alberte!, pois nós somos
a bretemosa tribo resignada,
pausada e firme dos chairegos.
…
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
ODE Á CIDADE DE LUGO
Matrona e nai, bosque sagrado:
agora as túas árbores son torres de laxe,
cantería e cemento. A muralla é
a sebe que protexe e pecha o teu
círculo máxico e sagrado como ollo
misterioso e xigantesco, a espreitar
as grandes nubes tráxicas
que choran sobor de ti a súa
tristura inconsolábel. Os teus
paxaros convertéronse en graves,
melancólicas campanas lembradoiras
e gardan, para sempre endexamais,
na súa fina lembranza estremecida,
cantos celtas, romanos e suevos
que resoan, no meu canso e vello
corazon inmemorial, co marmurio
-nidio, musical, cecais eterno-
das ondas máxicas do Miño,
¡Ouh cidade para vivir e non morrer!
(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
ABRENTE
 
Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira,
que estás a soñar docemente na ribeira,
ollando as ondas do mar e a abelaneira
agarimada pola brisa de Llas e de Espiñeira!
…
         (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
SAN ANDRÉS DE TEIXIDO
 
Guiado por unha luz de orballo e tebra
camiñei a San Andrés de Teixido.
Non sei que forza me empurrou,
que me posuíu,
que máxica escuridade me guiaba.
…
No San Andrés de Teixido atopei
o silencio, o mar, a soidade.
Un estaría vivo realmente
ou morrería facía xa milleiros de anos?
           (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
RIBEIRO DE AVIA
 
Terras do Ribeiro de Avia feitas
da mesma materia carnal
da miña entraña, compañeiras
do meu corazón e dos meus ollos.
Ventosela, San Clodio, Ribadavia,
Pazos de Arenteiro, Beade, Gomariz,
Pena Corneira –en vixía aluada-
lonxana e ergueita como un soño!
…
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
ORCELLÓN
Qué ollada fonda, pura e amorosa!
Qué cores, que vales e que outeiros!
Orcellón é esta terra tan fermosa
de carballos, piñeiros e amieiros!
…
(CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)
SERRAS E MONTES
 
Pena Corneira, vixiante e calada!
Couto Novelle, Castro do Pedroso!
Serra do Avión, escura e desolada!
Que silencio tan fondo e rumoroso!
 
Impresionante testa do Testeiro!
Humano tremor de San Trocado…!
Montes dun azul tirando a aceiro
e dun ar transparente e delicado
 
Qué sensación nos dá de inmensidá
esta beleza pura, tan serena…!
Serras de San Mamede, a Martiñá!
Soedá do Paraño, Suído, a Madalena!
 
                      (CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)
CANCIÓN DO ARENTEIRO
 
Arenteiro humilde e bon,
de augas marmuladoras:
non hai en todo Orcellón
unhas aves tan cantoras!
…
       (CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)
VAL DE QUIROGA
Escuras serras da Moá e do Caurel:
alertas sobre a terra quiroguesa
que recende a mimosa, rosa acesa,
loureiro, laranxo, fiúncho e mel.
Carpaza, casal, camelio, caravel;
carballos amorosos; néboa espesa;
nubes peleriñantes que, sen presa,
demorades no Val, vello e doncel.
…
         (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
… 
Vello Sil das canciós e as aureanas
que traes os abriles e os outonos:
vas deixando no Val doces ensonos,
lembranzas de terras moi lonxanas.
…
           (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
…
Ouh rumoroso Lor das augas claras
que limitas coas terras quiroguesas:
dices o teu cantar sempre con presas
e, co afán de cantar, nunca te paras!
…
            (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
…
Pequeno e vello, ti, Montefurado,
evocas a túa vida extraordinaria,
metade real, metade lexendaria:
tés por ollos ao monte taladrado!
…
       (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
…
Fosco Piapáxaro que ollas montes sós
sen roita, sen vieiro nin camiño:
unicamente a voz do ferreiriño
che dice, mainamente as súas canciós.
…
          (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
CANCIÓN DE AMOR AO VAL DE LEMOS
 
Amo esta terra vella feita
de arxila vermella como o sangue
na que a xente deixa
o seu suor de séculos
co que lle dá sabor ao pan,
ao viño, á tarefa sagrada
e humilde de ser home.
Amo esta terra cruzada
polo Cabe, melro máxico,
canción que aquece
e enche o corazón.
Amo esta terra boa, tan humana.
Amo esta inmensa cunca
na que floreceu para sempre
o meu amor: Monforte
e todo o Val de Lemos,
Pantón, Bóveda, Sober
e as terras do Brollón e o Saviñao.
Amo esta terra chá
cinguida
por serras e por montes
e polo azul do ceo coroada.
    (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
MADRIGAL A MONFORTE
 
Monforte flor dun cantar
feito de luz e alegría.
E toda a noite a ruar
no Campo da Compañía!
…
(CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
CANCIÓN DA PONTE VELLA
 
A ponte Vella, ai amiga!,
é un soño namorado.
O Cabe, baixo os seus arcos,
vai silandeiro e pasmado.
Baixo os seus arcos o Cabe
vai pasmado e silandeiro
e reflexa nas súas ondas
o soño máis verdadeiro.
O soño máis verdadeiro
de cantería e pureza,
coa consistencia da pedra
e o inefábel da beleza!
…e o inefábel da beleza
que se sente e non se sabe:
na maxia da Ponte Vella
sobor das ondas do Cabe!
 
(CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
CANTO ÁS TERRAS DE PANTÓN
 
Pantón é un país de vales como maos abertas,
de colos maternais e amorosos,
de montañas
docemente femininas que se erguen
para ollar ao ceo e ao inmenso Val de Lemos
deitado aos seus pés, fermoso e longo.
…
Aquí a pedra fíxose arte, flor,
pasmo, marabilla, milagre,
eirexa, castelo, mosteiro, pazo, casa
para darlle ao home seguridade e fogar
fronte ao desamparo da vida e do destino.
…
 
                        (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
CANTO Á RIBEIRA SAGRADA 
DE PANTÓN
 
…
Os montes, totalmente arrebatados
por un ardor místico incontíbel,
ascenden, humildes e potentes, cara ao ceo.
Os ríos caudais salmodian o seu canto
celebrando o triunfo da vida e da beleza.
A Ribeira Sagrada, en Pantón, ten
o corazón e a luz dos ollos seus:
Eiré,
Pombeiro, Atán, San Fiz de Cangas,
eirexa das Bernardas e Augas Santas…
Na Ribeira Sagrada o doce acento humano
-tal o marmurio da brisa nos loureiros-
mistúrase coas voz das árbores, dos montes,
das namoradas aves e das nubes.
Aquí a gracia do natural aboia e crea,
coa súa irresistíbel luz inesplicábel,
a fermosura perfecta desta terra.
 
                          (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
CANCIONCIÑA DOS TRES RÍOS
 
O Miño, o Sil e o Cabe
pasan cinguindo a Pantón
de xeito lento, suave.
O Miño, grande e caudal,
leva apreixado a Pantón
na maxia do seu cristal.
As augas do vello Sil
dícenlle á terra asombrada
a súa canción máis xentil.
O Cabe, ledo e xeitoso,
cando pasa por Pantón
síntese máis fachendoso.
O Cabe, o Sil e o Miño
son, en Pantón, maina voz,
un doce, tenro aloumiño!
 
(CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
SANTIAGO DE COMPOSTELA
 
Santiago de Compostela: inefábel, pura
como a rosa e o soño, camelia
en pedra florecida, pazo
para a eternidade, único gris irrepetíbel
que os meus ollos coñecen e aman,
luz feble e sutil feita para nós:
non se pode concibir misterio
tan fondo e tan perfecto,
claridade humana máis trascendente.
 
                                   (POEMAS A COMPOSTELA, 1993)
FISTERRA
 
Cheguei a Fisterra, alí onde
o sol desmaiado e silandeiro
morre no mar como unha bágoa.
…
Cheguei a Fisterra, fin do mundo:
aquí
o tempo inmobilízase
e a vida comeza a súa
inexorábel conta cara atrás.
 
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe: Adela Leiro, Mon Daporta
Fotos: Adela Leiro, Mon Daporta, Fundación Manuel María.
Textos: Manuel María 
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

More Related Content

What's hot

SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.pptSEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
Banaras Hindu University
 
Sejarah Tingkatan 1
Sejarah Tingkatan 1 Sejarah Tingkatan 1
Sejarah Tingkatan 1
Nurin Imanina
 
Nasik Inscription of Nahapan.pptx
Nasik Inscription of Nahapan.pptxNasik Inscription of Nahapan.pptx
Nasik Inscription of Nahapan.pptx
Priyanka Singh
 
Bandolers 2
Bandolers 2Bandolers 2
Bandolers 2
Escola Mogent
 
Els castells
Els castellsEls castells
Els castellsquim_lara
 
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA EL NAIXEMENT DE CATALUNYA
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA martav57
 
Peradaban Cina Kuno
Peradaban Cina KunoPeradaban Cina Kuno
Peradaban Cina KunoRaffa Rasifa
 
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptxTown Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
Virag Sontakke
 
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular IndiaMegalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
Virag Sontakke
 
Els fenicis i els cartaginesos mònica
Els fenicis i els cartaginesos mònicaEls fenicis i els cartaginesos mònica
Els fenicis i els cartaginesos mònica
mambla
 
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave WayanadAncient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
God's Own Kerala
 
Treball alumnes 2013-2014: Paleolitic
Treball alumnes 2013-2014: PaleoliticTreball alumnes 2013-2014: Paleolitic
Treball alumnes 2013-2014: PaleoliticErica Ztz
 
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
Sergio Primo Del Bello
 
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley CivilizationSeal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
Banaras Hindu University
 
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
Virag Sontakke
 
Cartaginesos gregs i fenicis
Cartaginesos gregs i fenicisCartaginesos gregs i fenicis
Cartaginesos gregs i fenicis
jmontija
 
rise and fall of Gandhara civilization.pptx
rise and fall of Gandhara civilization.pptxrise and fall of Gandhara civilization.pptx
rise and fall of Gandhara civilization.pptx
amnasarfraz14
 
Gomteshwar
GomteshwarGomteshwar
Gomteshwar
Virag Sontakke
 

What's hot (20)

SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.pptSEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
SEAL-SEALN_Historical_M.A. Sem. II_Material Remains.ppt
 
Sejarah Tingkatan 1
Sejarah Tingkatan 1 Sejarah Tingkatan 1
Sejarah Tingkatan 1
 
Nasik Inscription of Nahapan.pptx
Nasik Inscription of Nahapan.pptxNasik Inscription of Nahapan.pptx
Nasik Inscription of Nahapan.pptx
 
Bandolers 2
Bandolers 2Bandolers 2
Bandolers 2
 
Els castells
Els castellsEls castells
Els castells
 
Tots Sants
 Tots Sants Tots Sants
Tots Sants
 
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA EL NAIXEMENT DE CATALUNYA
EL NAIXEMENT DE CATALUNYA
 
Peradaban Cina Kuno
Peradaban Cina KunoPeradaban Cina Kuno
Peradaban Cina Kuno
 
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptxTown Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
Town Planning depicted in Kautilya Arthashatra.pptx
 
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular IndiaMegalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
Megalithic Culture of India, Megalithic Culture of Penisular India
 
Els fenicis i els cartaginesos mònica
Els fenicis i els cartaginesos mònicaEls fenicis i els cartaginesos mònica
Els fenicis i els cartaginesos mònica
 
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave WayanadAncient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
Ancient Caves in Kerala, Edakkal Cave Wayanad
 
Treball alumnes 2013-2014: Paleolitic
Treball alumnes 2013-2014: PaleoliticTreball alumnes 2013-2014: Paleolitic
Treball alumnes 2013-2014: Paleolitic
 
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
Sovere. Studi, documenti e memorie 2_2
 
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley CivilizationSeal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
Seal Sealing of Indus-Saraswati River Valley Civilization
 
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
Early farming communities of Central India- Neolithic remains of Ganga plains...
 
Cartaginesos gregs i fenicis
Cartaginesos gregs i fenicisCartaginesos gregs i fenicis
Cartaginesos gregs i fenicis
 
rise and fall of Gandhara civilization.pptx
rise and fall of Gandhara civilization.pptxrise and fall of Gandhara civilization.pptx
rise and fall of Gandhara civilization.pptx
 
Gomteshwar
GomteshwarGomteshwar
Gomteshwar
 
Asal usul kabupaten muna sultra
Asal usul kabupaten muna sultraAsal usul kabupaten muna sultra
Asal usul kabupaten muna sultra
 

Similar to Manuel María: A natureza, a paisaxe

Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
monadela
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
Carmen165
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
Carmen165
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
monadela
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
biblioteca escolar milladoiro malpica
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
monadela
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
Carmen165
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
monadela
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Marta Pérez Lage
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
Xenza
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
monadela
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
fontexeriabib
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Marlou
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
Ies Numeroun
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
LaloRojo
 

Similar to Manuel María: A natureza, a paisaxe (20)

Manuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as avesManuel María: a natureza, as aves
Manuel María: a natureza, as aves
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Manuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantasManuel María: a natureza, as plantas
Manuel María: a natureza, as plantas
 
Manuel María: as plantas
Manuel María: as plantasManuel María: as plantas
Manuel María: as plantas
 
Manuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempoManuel María: a natureza, o tempo
Manuel María: a natureza, o tempo
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Un percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebraciónsUn percorrido musical polas nosas celebracións
Un percorrido musical polas nosas celebracións
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais Manuel María: a natureza, os animais
Manuel María: a natureza, os animais
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
monadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
monadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
monadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
monadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
monadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
monadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
monadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
monadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
monadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
monadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
monadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
monadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
monadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
monadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
monadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
monadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
monadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
monadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
monadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
monadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Manuel María: A natureza, a paisaxe

  • 1. A PAISAXE A natureza na obra de Manuel María
  • 2. MANUEL MARÍA FERNÁNDEZ TEIXEIRO Outeiro de Rei (6-10-1929) a Coruña (8-9-2004) Este ano 2016 dedícaselle o Día das Letras Galegas a Manuel María, un dos escritores máis prolíficos, activos e comprometidos dos últimos tempos. Publicou máis de cincuenta libros de poesía, máis dun milleiro de artigos xornalísticos, trinta ensaios, quince obras narrativas, e vinte pezas teatrais, ademais ten moitas obras aínda inéditas.
  • 3. A terra e a xente son para Manuel María unha unidade indisoluble, un espazo vital. A terra modela o carácter, os costumes e as maneiras de facer das persoas, e estas actúan sobre o medio para axeitalo ás suas necesidades. A terra, a paisaxe e a xente de Manuel María son a terra, a paisaxe e a xente da súa tribo, Outeiro de Rei e, por extensión da Terra Chá, porque nela ten as súas raíces, pero non por elo renunciou a expresar a súa querencia polo resto do seu país, Galiza enteira. Todas as paisaxes que Manuel María coñeceu e as terras que percorreu están presentes na súa escrita. ...A nosa paisaxe nativa acompañounos e acompáñanos sempre. Todos os días da nosa vida, sen faltar un, lembrámola de xeito apaixonado. Entendemos que un ser humano é, en esencia, un anaco de paisaxe posto en pé e camiñando. Consideramos a Terra Chá o eido máis fermoso deste mundo. Fálanos de moitos xeitos, fondos e amantiños... MANUEL MARÍA “A TERRA CHA POESÍA E PAISAXE” (DISCURSO LIDO O DÍA 15 DE FEBREIRO DE 2003, NA RAG)
  • 4. O coñecemento e o apego á natureza aparece ao longo de toda a súa obra. Manuel María asume desde o primeiro momento a defensa de todos os elementos que a conforman, desde o máis pequeno dos regatos ao río principal, as árbores, as criaturas grandes e pequenas, as plantas silvestres e as plantas que dan de comer, os animais que traballan e os que gozan da vida en libertade… Ningún elemento foi alleo, ou deixado de ter en conta, e todos foron tratados cun intenso agarimo e un afectuoso sentimento. A súa visión ecocéntrica fai que trate por igual humanidade, animais, natureza e planeta. “¿Cándo faremos un mundo no que poidan cantar libremente en paz, en auténtica irmandade, homes, ventos, planetas, ríos e paxaros?”
  • 5. Paisaxes de Galiza: qué ledicia e qué vistas para tarxetas postais fenomenais e para os turistas! Terra meiga da gaita do fol, mol como a manteiga: a choiva ponche veos de noiva e de verdores, segundo líricos cantores morriñosos e saudosos que, en versos moi fermosos, cantan os teus louvores: para eles eres ti un aceso rubí e a flor dos seus amores. Non falarei da saudade (pois teño idade para non facer barbaridade de tanta gravidade). Falo das rías cheas de melancolías e solpores para os señores; dos pazos con cipreses asombro dos burgueses; dos ríos cheos de marmurios como chíos, de bolboretas que usan os poetas. (Nos ríos fanse presas que dan grandes remesas de electricidade de alta calidade e gran utilidade para a sociedade civil e mercantil). Falo dos cabaceiros (tamén hórreos chamados) que son tan debuxados e fotografiados; si non estiveran baleiros serían pintureiros, fenomenais; así, doéndome o corazón e con perdón, son somente “tipicais”. Falo do lacón, do marisco e do xamón: para cheiralos e probalos (un anaco só polo patrón) un ten que ser señorón de primeira división. Falo do arado romano, tan inhumano; de terra atomizada: cada leira a penas mide nada. Falo de tanta beleza feiticeira sostendo unha pobreza sangrante e denigrante. ao dicir Galicia perdo a ledicia: e no meu corazón fura e perdura unha tristura escura escura...! (VERSOS PARA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES, 1969) GALICIA
  • 6.
  • 7.
  • 8. NATUREZA SENSÍBEL As xestas teñen fala de valados, por iso o sangue das súas veas leva todo o amor do labrantío. A cinza do chao tamén ten ingratitudes churrusqueiras e mata todos os grilos que atopa por entre as leiras. Esa xesteira amarela non leva nubes, non leva. Tan só a trasmao dicía: “a vaca teixa non turra...”. E a vaca teixa nas cornas levaba presas estrelas das que se apropiou de noite ao beber auga na fonte. As nubes brancas bicaban o lombo escuro das xestas e as breixas, cos seus coitelos, ían cortando folerpas. A noite co seu misterio tremelaba de friaxe. E a xesteira reverquía un sangue mouro nas laxes! (MUÍÑEIRO DE BRÉTEMAS, 1950)
  • 9.
  • 10. PAISAXE A natureza vístese moitas veces de luar, e o aroma lento dos regueiros de sombra enche de tristeza as almas que non rin ... A min somentes me importa esa paisaxe verde, esa paisaxe eterna que é vida e agonía, esa paisaxe que tece e que destece a alma nun sono de ilusión que se non murcha. (Esa paisaxe que fai morrer as noites, que as obriga a agonizar pouquiño a pouco para que deixen ronseis longos de friaxe orfa, para que o espirito ande a tremer polos camiños e para que a roita máxica que aloumiñe aos perdidos fique, esquecida, nunha beiramar tranquila). Eu quero camiñar braviamente, fixo, cara a carballeira misteriosa do non visto, cara un abrente teixo de resplandor cobrizo ou cara esa sombra morna na que cantan os grilos. Eu quero esta paisaxe verde, eterna, que está viva. (ADVENTO, 1954)
  • 11.
  • 12. A PAISAXE É FERMOSA... A paisaxe é fermosa, fermosa; moi fermosa anque algún profundador, sen dúbida moi culto, lido, sabido e entendido, teña dito que a paisaxe é somentes un estado da alma máis ou menos. A paisaxe é fermosa porque os ollos poden atopar nela o seu lecer, porque a alma se pode misturar coas cousas e o canto dun regueiro, o vento que zoa pódennos dicir mensaxes inefábeis, revelaciós que non puidemos sospeitar. A paisaxe é fermosa porque nós podemos ir de vacaciós ao campo nun auto -é un dicir- máis ou menos cómodo por unha estrada case transitábel. ...
  • 13.
  • 14. ... Pero se tivéramos que andar polos camiños esnaquizando os pés contra os pelouros, sementando centeo, millo e máis patacas; se tivéramos que suar pola seitura, andar virando o monte cun eixado, mal mantidos con centeo e con touciño, sulagados no atraso e na ignorancia, suando de sol a sol o noso pan; e se, cando xuntáramos un peso, tivéramos que pagalo polo gando, por porcos e galiñas, polos carros, por contribuciós e pragas do campo, por entrar nunha feira, por saír, por impostos directos e indirectos, por ir ou por non ir, por subir e baixar... Entón nós, tan sensiblemente líricos, procuraríamos fuxir a outro país porque nos dará arrepío o sufrir a escura, cruel realidade, agachada baixo as formas belidas da paisaxe. (REMOL, 1970)
  • 15.
  • 16. A NATUREZA Temos que amar a campía e non lle facer aldraxe. non encher de porquería a beleza da paisaxe...! O que ama a natureza ten que respectarlle a vida. Non hai meirande beleza nin emoción tan cumprida! A natureza é amiga e danos o seu amor: dende a graza dunha espiga ao río marmurador...! A natureza é un ben, é compañeira e irmá. E pró home sempre ten o seu corazón na man...! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE)
  • 17. PASTORELA (Poema bucólico) Non ten, xa que logo, a natureza tantísima beleza, nin a louvadísima campía reverte dozura e poesía. As rústicas pastoras non perden horas e horas saloucando por cabaleiros mentireiros, nin poñendo flores e demais primores nos cornos dos carneiros. As labregas teñen máis que facer que contemplar as luces do mencer: andan, con firmeza e tesón, traballando o terrón; puxando e suando como un boi; ocupando, con firmeza, o lugar que deixou baleiro no fogar o home que se foi, que tivo que emigrar; e non sinten anceios nin degaros de escoitar os chíos harmoniosos dos paxaros. Pastoras e labregas, labregos e pastores non contemplan solpores, nin teñen fanegas de líricos amores. A doce e fermosísima campía non ten, para eles, poesía. E se nacen flores é a conta de traballo e de suores. (VERSOS PARA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES, 1969)
  • 18.
  • 19. O CORAZÓN DA AUGA ... Son auga. Son plenitude, presencia innumerábel, sinfonía de vibracións presentes na choiva triste e nas palabras.... Cecais son os mortos cheos de bágoas que nos piden un novo canto ateigado de sangue, de fulguraciós miragreiras e de estrelas. Cecais é un novo resplandor inalcanzábel de lúas e de olladas durmidas no pequeno e sinxelo corazón da cada flor que morre cansa. Ou unha voz perdidad na señardade da noite: a voz nebulosa de aquela pomba nidia que namorou a un anxo. ... (ADVENTO, 1954)
  • 20.
  • 21. O RÍO O río pasa correndo, non se para con ninguén. O río canta prás cousas e canta para min tamén. O río canta prás albres paxareiras da ribeira! O río canta prós prados e prás nubes viaxeiras! A todos dí seu cantar con escuro e claro son. A todos di seu cantar anque llo escoiten ou non! Non lle preguntes ao río a ónde vai, de ónde ven. O río pasa correndo! O río non se entretén! O río pasa correndo, nunca deixa de pasar. Vai dicindo a súa canción e non se pode parar!. (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 22. RÍOS O Azúmara, O Lea, o Anllo, o Miño atravesan toda a Terra Chá cun paso tan lento e caladiño que aperta o corazón coa soedá. Un paso calado, quedo e lento; tan lento que semella adormecido. Non sei que de grave e tristurento no corazón dos río vai metido! (TERRA CHÁ, 1954) Río Lea
  • 23. O MIÑO O Miño é vello e tristeiro: sempre vai mudo e vai senlleiro, No inverno semella que murmura un segredo con forte voz escura. Un escoita, atento e esperanzado, e o vello Miño sempre vai calado. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 24. CARTA AO RÍO MIÑO ... Sempre te lembro dende o fondo da alma. Lembro a túa soedade rachada na presa do muíño, nos caneiros de Pena e de San Roque. Lembro, amigo, a túa quietude, os prados de Portocarral, do Xuncaíño, As Veigas e Almendrá. Aló enriba, no cimo, está o pobo. E entre os prados e o pobo a Agra da Torre toda en costa. Pola agra agora só o silencio. Polos prados agora só os meus soños. ... (REMOL, 1970)
  • 25. POEMIÑA DO REGATO DO CEPELO Nunca tiveche unha arela de tan humilde e sinxelo: -meu regato do Cepelo, das Regas ou da Barciela! Malia o teu nome sonoro, eres regato e non río: o teu caudal tan esguío nunca encherá un encoro! Mais dices con xentileza, leve vea rumorosa, unha canción misteriosa dunha asombrosa beleza. Se eu te chamo ¡señoría!, breve cantor xogoral: ti non mo tomes a mal que é proba de cortesía! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 26. AO REGATO DO CEPELO O pequeno e humilde regato do Cepelo, que nace e morre na miña propia tribo, ten a sutil fraxilidade dun salouco, o delicado arpexio máxico dun chío e pasa, como unha canción de amor, rozando e agarimando á terra lene, pura, estremecida e alertada. A inclíbel levedade da súa auga faise fidel espello para levar consigo a miña imaxe: única eternidade que a piedade dos deuses me concede. (A LUZ RESUCITADA, 1984) Manuel María no Regato do Cepelo
  • 27. “Xa sabedes a razón pola que Outeiro de Rei ten catro ríos: O Miño ou Río Grande. O Río Ladra. O río de Robra, Río Pequeno ou de Santa Marta. E o regato, o último río que apareceu en Outeiro de Rei, que é o máis pequeniño pois aínda non tivo tempo para medrar. Nos mapas e xeografías nas que figura, chámanlle río da Barciela. Os de Outeiro de Rei témoslle un nome familiar: Regato do Cepelo. E os paxaros –merlos, cucos, petos, lavercas, andoriñas- que usan as súas augas para beber, para bañarse e, sobre todo, para ollarse nelas, puxéronlle un nome secreto: Rego das Regas. Agora a xente de Outeiro de Rei anda moi leda e fachendosa: a súa tribo ten xa catro ríos como o Paraíso Terreal. Máis non se pode pedir”. (A TRIBO TEN CATRO RÍOS, 1991) Manuel María no Regato do Cepelo
  • 28. POEMIÑA DO RÍO MADALENA Madalena é o teu nome, a palabra que che cadra. O teu nome é Madalena máis apelídaste Ladra! De nacente eres chairego, vilalbés de profesión, a túa fala é labrega e galega a túa canción” Eres claro e cristalino, voz sinxela e cantareira, limpo espello que reflexa a gracia da abidueira...! Estas feito de cantigas pois só cantar vale a pena. O teu apelido é Ladra e o teu nome é Madalena! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 29. POEMIÑA DO RÍO CABE Ouh Cabe, meu río Cabe, marmurador e riseiro, tés a tenrura da ave, pasas cantor e lixeiro! Mandou a estrela da sorte que espallaras a cidade. Cando pasas por Monforte vas cheo de vanidade...! Non lle temes ao castelo, as pontes non te domeñan! Sigues, ufano e sinxelo, sen soltas que te deteñan! Corres lixeiro, xentil e sen deixar de cantar! Nas augas fondas do Sil sigues camiño do mar...! Ouh Cabe, meu río Cabe, transparente e xogaral: o teu marmurio suave é a cantiga do Val...! (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
  • 30. LEMBRANZA DA LAGOA DE COSPEITO Estabas queda á tardiña. O sol reflexaba en ti todas as cores que tiña! Ao chegar as Primaveiras, as oucas con flores brancas a engalanarche as ribeiras! Eras vidro quedo e verde. En ti soaban os sinos de Lucerna e de Valverde! Miña Lagoa de Cospeito: has vir comigo metida no máis fondo do meu peito! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 31. POEMAS Á LAGOA DE COSPEITO ... Eu son esta terra e esta auga: lagoas de Seixas, Toiral, Santa Cristina, Bardancos, Boedo, Lamas de Xermar, Charca do Alligal, As Carpaciñas, Pozo das Nádigas e do Ollo, pucharcas como estrelas ou lúas, marabillosas esmeraldas, decorando o corpo vexetal da miña tribo, espellos prodixiosos que reflecten a luz do sol –ouro esvaído-, os altos parpadexos das estrelas, as raiolas do luar febles e místicas-. Lagoas de meu, mundos perfectos, orbes incríbeis habitados por aves e batracios, beireados de carqueixas, abidueiras, salgueiros, abeneiros, que as brisas visitan e agariman. ...
  • 32. ... Lagoa da Cospeito, meu lago principal: eu só me quero reflectir no teu cristal. -Eu na túa ribeira. ...
  • 33. ... Espadana delgada, irmá do xunco, espada fráxil: non soñas, non con guerras ou batallas. Unicamente queres escoitar as aves, amparar galiñoas, parrulos e lavancos. Fraga mínima da auga, pequeno bosque onde cantan e demoran os ventos que rizan e agariman as ondas da lagoa. (POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)
  • 34. POEMAS Á LAGOA DO OLLO ... Lagoa do Ollo: mao aberta á luz, círculo perfecto como a rosa, pozo no que amence o foscor máis trascendente, brétema misteriosa consoante coa arxila da que está feito o noso ser, resplandor máxico iluminando os tremores máxicos da fraga, espello das fuxitivas nubes e das altas estrelas cintilantes. Lagoa do Ollo: ollo prodixioso co que a terra mira e contempla a nosa indecisa humanidade: óllame con fondura, alegría e amor e garda, no escusado de ti, o meu fuxidío recordo transitorio: só eco dunha sombra melancólica que anda pola vida deslumbrada. (POEMAS PARA DICIRLLE A DÚAS LAGOAS, 1994)
  • 35.
  • 36. TERRA A terra é unha dor longa. Un desespero. Un berro vello como a mesma terra que xa perdeu a voz e está no tempo latexando e vivindo, falando mainamente cunha voz calada de vento e de campana. A terra fala nos paxaros e na luz, na pureza dun canto esvaído e triste. Agarda polo maino sorrir do sol e polo aloumiño agarimoso das choivas para florecer calada en novas sementeiras. A terra, polo día, ten amor, claridade, espiñas de toxos, paxaros e piñeiros que lle dan amor e barileza. Pola noite a terra é moura: ten medo e agoiros, é a voz do lobo e a plumaxe dos corvos e a súa voz queda semella unha agonía. A terra é ela mesma metida na súa dor. Escoita na súa voz, os sentimentos e tapa o corazón para agachalo do vento. A voz da terra é ela mesma. Unha dor que non lle cabe na alma nin no peito e agroma en árbore, en ave, en carpaza, faise mar e río cando quere chorar. O home é a terra. A voz da terra. Unha voz de loito e dor que anceia ser eterna, subir ao ceo, alumar moitos mundos. E a voz da terra, como a do home, só é terra. (MAR MAIOR, 1963)
  • 37.
  • 38. TERRA DE LABRADÍO A terra arada e labrada só quere ser sementada! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 39. MONTE RASO O monte raso tan só quer: lavercas, carpazas, veredas e unha fontiña pra ver as nubes andando ou quedas. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 40. LEIRAS Que xuntas están as leiras nas agras a parolar! Tan soio queren ós homes que as veñan a sementar! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 41. PRADO DE HERBA VERDE Sinto que a alma se perde no veludo deste prado. Con esta boa herba verde verei o gando arrumbado! Se ten auguiña amorosa que non deixe de correr, prado de rega xeitosa dá herba de bon manter. Ter gando é ter diñeiro. A herba verde moito val. Pra mercar este lameiro xa compre un bon capital” (TERRA CHÁ, 1954)
  • 42. ÉGLOGA DA FRAGA OURIDOURADA Hai que entrar na fraga humildemente, co corazón limpísimo e con este noso corpo mortal purificado, pois sabemos que o Outono só pode estar na fraga tal como a imaxe habita no espello: posuíndo o seu fondo tebregoso de marabillada noite aluarada. A fraga é a residencia dos deuses: o seu espacio intocábel e sagro, non pode ser tripado impunemente: aquel que se atreva a profanalo maldito será entre os malditos e a sombra arrepiante do non ser caerá sobor del calada e implacábel. (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
  • 43.
  • 44. VERBAS AO ALTO MAIO Ao lonxe pasa o río cun murmurio sutil arrolando os nosos e humildes soños de homes pobres... O centeo agarima os nosos ollos no seu ondear lene como un mar. Un aire fino deixa os seus namoros entre a sombra mollada da follaxe. O ceo é borrallento. Avanzan as nubes como barcos. Escóitase a calandra. A alma latexa apesarada: non sabe onde remata e onde comeza o milagre infindo da paisaxe. (MAR MAIOR, 1963)
  • 45. O MAR Ti nunca viches ao mar cos seus berros bruadores, coas súas espumas de prata, cos barcos e os pescadores. -Ti nunca viches ao mar a tecer e a destecer ondas azúes que van á praia mansa a morrer? -E ti non sabes que o mar é unha inmensa planura, auga e ceo, ceo e auga, maxestade e fermosura? -Ti nunca viches o mar? E sabes que non repousa? -Si nunca viches o mar non viches ningunha cousa! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 46. O MAR Nós somos mar. Estamos rodeados, cinguidos polo mar. As nubes teñen a mesma cor das ondas e resulta dificil distinguir a onda da nube e da gaivota. O mar chega ao corazón da terra para escoitar o seu latexo escuro e poderoso. O mar, o mar penetra, fura a terra con toda a súa forza natural, vital e varonil para facela fecunda e florecida. Estamos na ribeira. E gardamos, no máis secreto lugar do noso ser, todas as imaxinadas lonxanías, o degaro de irnos e quedar, a voz escura e rouca das mareas, un saibo a sal nos beizos murchos e a sede mortal que ninguén mata. No mar os sucos chámanse ronseis e nós levamos século tras séculos arando no mar teimosamente. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 47. O MAR Fala o mariñeiro: A auga é unha chá longa e ancha sen carballos, sen gaitas. Só o trebón mouro da noite. O vento loitando co velamio, ladrando como un can doente para nos encher de medo a min e máis á auga. É todo o que teño que dicir: amo o vento do Océano. Amo a soedade, a cor da auga. A terra sempre está lonxe e un sinte pouco as súas soidades. O mar é diferente: é saudade núa. ... (MAR MAIOR, 1963)
  • 48. VERBAS AO MAR Esta tarde están baixas as nubes e é a cor do mar como a da cinza. Os berros salvaxes das gaivotas semellan coiteladas que fan escoar o corazón da tarde. Hai quen trabuca doadamente a mensura do mar coa inmensidade. Eu de min só sei dicir que o mar comeza no meu sangue. O que non sei é se o mar caberá na miña alma. (MAR MAIOR, 1963)
  • 49. SOLPOR ... Ondas do mar de Foz, altivas e algareiras: vindes contra a terra feras e guerreiras! Bicade con amor as praias e as ribeiras! Que os vosos sons irados se volten muiñeiras! ... (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
  • 50. PORTO ... O mar é unha gran planura sen valados e sen marcos. O porto é garda segura onde descansan os barcos! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 51. A CIDADE A cidade ten castelo e muralla medieval, o museo hai que velo! e unha rúa principal. Que conxunto tan fermoso con igrexas e xardís e cun río caudaloso veireado de xasmís...! A cidade ten cafeses, wiskis-clubs e polución, cementerio con cipreses e un fermosos malecón. A cidade ten escolas e ten cines e teatros. Ten douscentos parvacholas e trescentos maragatos! A cidade ten paseo, barrios vellos, arrabais, chavolismo, rañaceos e gardas municipais. A cidade nunca tivo nin industria ou desenrolo Soio un comercio cativo e o seu consabido tolo...! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 52. XARDÍS Eu vou xogar ao xardín na compaña dos amigos rapaciños coma min. Hai un xardín dos maiores con arboredos, paseo e cadradiños de flores. E perto ao céspede mol hai bancos con namorados e vellos tomando o sol. Hai fontes, rosas e feixes, gaiolas cheas de paxaros e un estanque con peixes. ... (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 53. XARDÍS Un xardín sempre é un intento inútil de poñerlle á beleza disciplina. Ouh domesticados xardís públicos onde se van murchando as cegas ordenanzas dos concellos! Ouh vellos xardís dos pazos abandonados, nos que medra unha fonda tristura melancónica dun xeito fatal e sen remedio entre fermosos labirintos inquedantes símbolos do sol e máis da vida! Máxicos xardís dos meus ensoños que florecen, sutiles e senlleiros, na soedade humana do meu peito! Só no escusado segredo do meu peito! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 54. PEREGRINAXES Aínda teño a esperanza Aínda teño a esperanza de poder percorrer unha por unha todas as parroquias de Galiza, lugares e casais, andar porta por porta, dialogar persoa a persoa face a face, pois non hai tarefa máis urxente, fermosa, nidia e necesaria. Gastarei o meu corpo nos camiños ata ser po, seixo e silveira. Amiña voz, de tan usada, será o levísimo eco dun rumor: só fundamento de semente que apenas poderá rozar a intimidade choída dos galegos, estraña tribo incomprensíbel feita de tebra, vento e cantaría. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 55. TERRA CHÁ A Terra Chá somentes é: un pobo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 56. DIMENSIÓS Ollada a Terra Chá dende as alturas é semellante a un mar en calma. Para medila só valen dúas mensuras: ferrados de corazón, fanegas de alma! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 57. CANTIGA PARA ANDAR POLA TERRA CHÁ Hei andar a Terra Chá sen esquecer un rincón, ouh terra da miña alma, lume do meu corazón! Non quero máis compañía: soio unha estrela por guía! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 58. TERRA A terra da Terra Chá é moura. Pódese afondar nela co arado e non se remata a súa laboura. Traballala é pesado. Apégase a un completamente. Deixa o gando rebentado. E come a semente cando vén un ano algo mollado. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 59. POVO Vinte, trinta casas. Aí están cunha feitura xusta e aldeán. A terra é moura. Dorme con desgana sen a curva feminina da montana. Us prados, a mazaira e a cerdeira. Os palleiros ocupan media eira. Os cás, entre as casas, a folgar, ladrando por ladrar. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 60. POVOS 1 O monte é raso. Carqueixas. Máis alá unha terra moura, a mourear. Povos sen serras! Fanegas de soidá! … (TERRA CHÁ, 1954)
  • 61. MONTES Montes San Simón e do Fitoiro, velais a soedá da Terra Chá! Montes do Poente, doce agoiro, Coba da Serpe e Cordal de Ousá! Meus lonxanos montes de Abadín! Serras de Meira e Castroverde! Que amor sutil se acende en min ó ollar tanto azul e tanto verde! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 62. CANTO Á TERRA CHÁ Ouh miña Terra Chá, amada dende lonxe, poboada de ventos e carpazas, por onde o Miño pasa caladiño para non despertar tanto silencio que envolve bruscamente ceo e terra! Terras humildes, ciscadas pola Cha, que non se dan medido cunha ollada: lévovos no fondo da lembranza alumando os meus días, intre a intre! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 63. OUTEIRO DE REI III Medio Outeiro dá ao Miño, outro medio á Terra Chá. Eu, na mitá do camiño: o que ha de vir chegará! ... (ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)
  • 64. ... VII TESTAMENTO Enterrádeme en Outeiro que quero escoitar o Miño co seu paso silandeiro nos prados de Xuncaíño. … Quero ser como o abeneiro: fidel a unha soa corrente. Pido un lugar en Outeiro na campa da miña xente!. (ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI, 1982)
  • 65. POEMIÑA DAS PENAS DAS RODAS En Gaioso, ollando a Chá, hai dúas penedas ergueitas. Semellan non ser verdá redondeces tan ben feitas! As penas das Rodas son dous ollos alucinados que espían con atención os eidos máis alonxados. Se ambas penas se desfán arde, co mundo, un tesouro: unha pena é de alquitrán, a outra unha trabe de ouro! Non sodes, non, cantería, ouh penas de encantamento. Temo que calquera día vos poida levar o vento! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 66. CASTRO DE VILADONGA Castro de Viladonga, aberto aos ventos, ollando as vagas nubes fuxidías, illote de altivez e de impotencia ergueito como o puño dun petrucio na soidade sen fin da Terra Chá, habitado por cobras e lagartos, xestas, uces, toxos e carqueixas nas que aniña, quizais, a cotovía e florecen, ufanos, os balocos: estalos para ninguén, festas de nada. … Castro de Viladonga, montón breve de vellas pedras nas que vive o silencio, a ruína, a soidade: imaxe xusta e fiel da miña patria. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 67. O XISTRAL Nestas soidades nidias do Xistral, na compaña de nubes e lavercas, veciño do Cadramón e a Pena Güía, ollando o nacemento do Masma, do Eume e do Landrove, eu só son unha palabra, un chío, un case nada varrrido polo vento e pola chuvia. … (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 68. O SAN ALBERTE DE PARGA Meu claro e cantareiro río Parga: co brazo rexo e longo do caneiro detés a auga, soségala, remánsala para que espelle árbores e uces, a prodixiosa ponte medieval, a beleza do gótico aldeano eternizada en cantería para erguer, entre nós, o teu lar, a casa túa, ouh San Alberte!, pois nós somos a bretemosa tribo resignada, pausada e firme dos chairegos. … (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 69. ODE Á CIDADE DE LUGO Matrona e nai, bosque sagrado: agora as túas árbores son torres de laxe, cantería e cemento. A muralla é a sebe que protexe e pecha o teu círculo máxico e sagrado como ollo misterioso e xigantesco, a espreitar as grandes nubes tráxicas que choran sobor de ti a súa tristura inconsolábel. Os teus paxaros convertéronse en graves, melancólicas campanas lembradoiras e gardan, para sempre endexamais, na súa fina lembranza estremecida, cantos celtas, romanos e suevos que resoan, no meu canso e vello corazon inmemorial, co marmurio -nidio, musical, cecais eterno- das ondas máxicas do Miño, ¡Ouh cidade para vivir e non morrer! (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
  • 70. ABRENTE   Sinxela terra de Foz, labrega e mariñeira, que estás a soñar docemente na ribeira, ollando as ondas do mar e a abelaneira agarimada pola brisa de Llas e de Espiñeira! …          (VERSOS FLORECIDOS EN LOUVANZA DE FOZ, 1967)
  • 72. RIBEIRO DE AVIA   Terras do Ribeiro de Avia feitas da mesma materia carnal da miña entraña, compañeiras do meu corazón e dos meus ollos. Ventosela, San Clodio, Ribadavia, Pazos de Arenteiro, Beade, Gomariz, Pena Corneira –en vixía aluada- lonxana e ergueita como un soño! … (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 73. ORCELLÓN Qué ollada fonda, pura e amorosa! Qué cores, que vales e que outeiros! Orcellón é esta terra tan fermosa de carballos, piñeiros e amieiros! … (CANTIGUEIRO DE ORCELLÓN, 1984)
  • 76. VAL DE QUIROGA Escuras serras da Moá e do Caurel: alertas sobre a terra quiroguesa que recende a mimosa, rosa acesa, loureiro, laranxo, fiúncho e mel. Carpaza, casal, camelio, caravel; carballos amorosos; néboa espesa; nubes peleriñantes que, sen presa, demorades no Val, vello e doncel. …          (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 77. …  Vello Sil das canciós e as aureanas que traes os abriles e os outonos: vas deixando no Val doces ensonos, lembranzas de terras moi lonxanas. …            (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 78. … Ouh rumoroso Lor das augas claras que limitas coas terras quiroguesas: dices o teu cantar sempre con presas e, co afán de cantar, nunca te paras! …             (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 80. … Fosco Piapáxaro que ollas montes sós sen roita, sen vieiro nin camiño: unicamente a voz do ferreiriño che dice, mainamente as súas canciós. …           (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 81. CANCIÓN DE AMOR AO VAL DE LEMOS   Amo esta terra vella feita de arxila vermella como o sangue na que a xente deixa o seu suor de séculos co que lle dá sabor ao pan, ao viño, á tarefa sagrada e humilde de ser home. Amo esta terra cruzada polo Cabe, melro máxico, canción que aquece e enche o corazón. Amo esta terra boa, tan humana. Amo esta inmensa cunca na que floreceu para sempre o meu amor: Monforte e todo o Val de Lemos, Pantón, Bóveda, Sober e as terras do Brollón e o Saviñao. Amo esta terra chá cinguida por serras e por montes e polo azul do ceo coroada.     (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
  • 82. MADRIGAL A MONFORTE   Monforte flor dun cantar feito de luz e alegría. E toda a noite a ruar no Campo da Compañía! … (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
  • 83. CANCIÓN DA PONTE VELLA   A ponte Vella, ai amiga!, é un soño namorado. O Cabe, baixo os seus arcos, vai silandeiro e pasmado. Baixo os seus arcos o Cabe vai pasmado e silandeiro e reflexa nas súas ondas o soño máis verdadeiro. O soño máis verdadeiro de cantería e pureza, coa consistencia da pedra e o inefábel da beleza! …e o inefábel da beleza que se sente e non se sabe: na maxia da Ponte Vella sobor das ondas do Cabe!   (CANCIONEIRO DE MONFORTE DE LEMOS, 1990)
  • 84. CANTO ÁS TERRAS DE PANTÓN   Pantón é un país de vales como maos abertas, de colos maternais e amorosos, de montañas docemente femininas que se erguen para ollar ao ceo e ao inmenso Val de Lemos deitado aos seus pés, fermoso e longo. … Aquí a pedra fíxose arte, flor, pasmo, marabilla, milagre, eirexa, castelo, mosteiro, pazo, casa para darlle ao home seguridade e fogar fronte ao desamparo da vida e do destino. …                           (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
  • 85. CANTO Á RIBEIRA SAGRADA  DE PANTÓN   … Os montes, totalmente arrebatados por un ardor místico incontíbel, ascenden, humildes e potentes, cara ao ceo. Os ríos caudais salmodian o seu canto celebrando o triunfo da vida e da beleza. A Ribeira Sagrada, en Pantón, ten o corazón e a luz dos ollos seus: Eiré, Pombeiro, Atán, San Fiz de Cangas, eirexa das Bernardas e Augas Santas… Na Ribeira Sagrada o doce acento humano -tal o marmurio da brisa nos loureiros- mistúrase coas voz das árbores, dos montes, das namoradas aves e das nubes. Aquí a gracia do natural aboia e crea, coa súa irresistíbel luz inesplicábel, a fermosura perfecta desta terra.                             (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
  • 86. CANCIONCIÑA DOS TRES RÍOS   O Miño, o Sil e o Cabe pasan cinguindo a Pantón de xeito lento, suave. O Miño, grande e caudal, leva apreixado a Pantón na maxia do seu cristal. As augas do vello Sil dícenlle á terra asombrada a súa canción máis xentil. O Cabe, ledo e xeitoso, cando pasa por Pantón síntese máis fachendoso. O Cabe, o Sil e o Miño son, en Pantón, maina voz, un doce, tenro aloumiño!   (CANTIGAS E CANTOS DE PANTÓN, 1994)
  • 87. SANTIAGO DE COMPOSTELA   Santiago de Compostela: inefábel, pura como a rosa e o soño, camelia en pedra florecida, pazo para a eternidade, único gris irrepetíbel que os meus ollos coñecen e aman, luz feble e sutil feita para nós: non se pode concibir misterio tan fondo e tan perfecto, claridade humana máis trascendente.                                      (POEMAS A COMPOSTELA, 1993)
  • 88. FISTERRA   Cheguei a Fisterra, alí onde o sol desmaiado e silandeiro morre no mar como unha bágoa. … Cheguei a Fisterra, fin do mundo: aquí o tempo inmobilízase e a vida comeza a súa inexorábel conta cara atrás.   (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)