Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Sociolingüística 2

1,360 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Sociolingüística 2

  1. 1. SOCIOLINGÜÍSTICA (tema 2)2. HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DAVARIEDADE ESTÁNDAR. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNSDA NORMA.1. DEFINICIÓN DE LINGUA ESTÁNDAR2. FUNCIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR 2.1. LINGUA DE INTEGRACIÓN 2.2. LINGUA DE PRESTIXIO 2.3. LINGUA DE REFERENCIA3. HISTORIA DA VARIEDADE ESTÁNDAR 3.1. GALEGO POPULARIZANTE (século XIX) 3.2. GALEGO ENXEBRIZANTE (século XX ata 1936) 3.3. GALEGO PROTOESTÁNDAR (1936-1976) 3.4. GALEGO ESTÁNDAR (1976-actualidade)4. OUTRA PROPOSTA NORMATIVA5. A NORMATIVA ACTUAL 5.1. CRITERIOS DE ELABORACIÓN 5.2.1. DIASISTEMATICIDADE 5.2.2. HISTORICIDADE 5.2.3. REGULARIDAE 5.2.4. FUNCIONALIDADE INTERLINGUAL6. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS 6.1. INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS OU CASTELANISMOS: CAUSAS E TIPOS 6.2. HIPERGALEGUISMOS 6.3. VULGARISMOS 6.4. ARCAÍSMOS 5
  2. 2. SOCIOLINGÜÍSTICA (tema 2)2. HISTORIA DA NORMATIVIZACIÓN: A CONSTRUCIÓN DAVARIEDADE ESTÁNDAR. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNSDA NORMA.1. DEFINICIÓN DE LINGUA ESTÁNDAR As linguas son entidades vivas sometidas a todo tipo de variacións. As linguasdesenvolvidas adoitan posuír unha variedade estándar para as situacións formais, común a todosos seus falantes e cunhas regras coñecidas.2. FUNCIÓNS DA LINGUA ESTÁNDAR 2.1. LINGUA DE INTEGRACIÓN A lingua estándar é unha forma común para todos os falantes, por riba de variedades xeográficas e sociais. 2.2. LINGUA DE PRESTIXIO O galego estándar é unha variedade enriquecida e prestixiada que se emprega fundamentalmente en usos formais. Isto favorece o compromiso persoal co idioma, determinando no falante o orgullo de posuír unha lingua de seu. 2.3. LINGUA DE REFERENCIA O estándar tómase como referencia do uso correcto da lingua, mais este concepto debe ser relativizado: a pesar da importancia desta variedade, non se trata da única modalidade correcta de lingua.3. HISTORIA DA VARIEDADE ESTÁNDAR Xeralmente, o estándar é unha variedade resultante dun cultivo histórico espontáneo olongo de séculos, mais en Galiza o proceso de estandarización é recente, das últimas décadas, efroito dunha intervención planificada. 3.1. GALEGO POPULARIZANTE (século XIX) En 1810 comeza a escribirse en poesía, xa que logo, é un galego de carácter literario pero próximo a oralidade. Os autores deste tempo descoñecen a tradición literaria medieval polo que se basean na fala popular, producíndose vacilación entre solucións de diferentes áreas, aparecendo vulgarismos e castelanismos. 6
  3. 3. SOCIOLINGÜÍSTICA (tema 2) 3.2. GALEGO ENXEBRIZANTE (século XX ata 1936) Nesta etapa amplíase o uso da lingua galega a outros xéneros literarios. Predominando o criterio purista, rexeitando a influencia do castelán e exaltándose o enxebre. Teñen preferencia as voces diferenciais, abundan os hiperenxebrismos ou hipergaleguísmos, acódese ós arcaísmos e ós lusismos… 3.3. GALEGO PROTOESTÁNDAR (1936-1976) Acelérase a depuración de castelanismos e vulgarismos e modérase o emprego de lusismos e hiperenxebrismos. Elimínase case todos os apóstrofos. Comezan a definirse solucións coincidentes coas do estándar actual. 3.4. GALEGO ESTÁNDAR (1976-actualidade) Os cambios políticos, coma o recoñecemento da oficialidade do galego, permiten que a lingua se encamiñe cara a situación de normalidade, xurdindo a necesidade de crear un modelo normativo. Hoxe, a proposta oficial é a das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, publicadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en 1982.4. OUTRA PROPOSTA NORMATIVA A pesar de que hai unha única proposta normativizadora oficial, cabe resaltar que existenoutras propostas, como o reintegracionismo de máximos que concibe un sistema lingüísticogalego-luso-brasileiro no que o galego é parte dun sistema común con tres normas distintas. Estaproposta é a máis afastada das oficial e está elaborada cun grao de aproximación máximo óportugués.5. A NORMATIVA ACTUAL A normativización consiste na elaboración dunhas normas ortográficas, morfolóxicas,léxicas… de carácter supradialectal e aceptadas por todos os falantes. A proposta normativizadoraoficial recóllese nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego que saíron a luz en1982. Estas normas elabóranse a partir de catro criterios básicos: 5.1. CRITERIOS DE ELABORACIÓN 5.2.1. DIASISTEMATICIDADE Préstaselle especial atención á extensión xeográfica e demográfica para crear un galego supradialectal co que poidan identificarse o maior número de falantes. 5.2.2. HISTORICIDADE Prefírense formas etimolóxicas consagradas pola tradición. 7
  4. 4. SOCIOLINGÜÍSTICA (tema 2) 5.2.3. REGULARIDAE Procúrase a regularidade dentro do sistema e o asentamento na fala. 5.2.4. FUNCIONALIDADE INTERLINGUAL Búscase a coherencia harmónica coas linguas próximas como o portugués, favorecendo así a funcionalidade do galego no ámbito das linguas internacionais de cultura.6. INTERFERENCIAS E DESVIACIÓNS A pesar da crecente difusión do galego estándar prodúcense desviacións que se clasificanen catro grupos: 6.1. INTERFERENCIAS LINGÜÍSTICAS OU CASTELANISMOS: CAUSAS E TIPOS Estas interferencias lingüísticas prodúcense por tres grandes causas: a situación de contacto e de conflito lingüístico ininterrompido entre galego e castelán; a semellanza estrutural, xa que comparten regras e boa parte do léxico; e a ausencia histórica dun modelo de galego estándar expandido, debido o cal a lingua foi vulnerable. As interferencias do castelán constitúen os desvíos máis frecuentes. Estas interferencias poden ser: ortográficas, fonéticas (a non distinción entre vogais abertas e pechadas ou a pronuncia incorrecta do dígrafo “nh”), morfolóxicas (alteracións no xénero dos substantivos, confusións entre os pronomes te e che, uso de tempos compostos e verbos pronominais), sintácticas (colocación incorrecta do pronome átono, uso da preposición a na perífrase ir + infinitivo), semánticas (dándolle a unha voz galega un significado propio do castelán) e léxicas. Dentro destas últimas atopamos castelanismos adaptados, castelanismos plenos e voces casteláns que conviven coas galegas). 6.2. HIPERGALEGUISMOS Os hiperenxebrismos xorden por afáns diferencialistas, mudando a forma dunha palabra galega correcta cando coincide co castelán (*sinceiro, *primaveira). 6.3. VULGARISMOS Os vulgarismos son alteracións propias do uso oral non coidado. Pódense producir por harmonización, disimilación, meátase, adición e supresión de fonemas, vocalizacións de grupos consoánticos… 6.4. ARCAÍSMOS Os arcaísmos son voces tomadas dos textos do galego-portugués medieval por vía culta (*cibdáde). 8

×