Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
LITERATURA (tema 4)4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,VANGARDAS E GRUPO NÓS.1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS   ...
LITERATURA (tema 4)4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,VANGARDAS E GRUPO NÓS.1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS   ...
LITERATURA (tema 4)                      A man de Santiña é o primeiro intento de comedia burguesa da nosa              dr...
LITERATURA (tema 4)4.2.2. Ramón Otero Pedrayo (A lagarada, Teatro de máscaras)       A lagarada foi a súa primeira peza te...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Literatura 4

571 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Literatura 4

  1. 1. LITERATURA (tema 4)4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,VANGARDAS E GRUPO NÓS.1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS 1.1. XAVIER PRADO RODRÍGUEZ2. O TEATRO DAS IRMANDADES DA FALA 2.1. CARACTERÍSTICAS 2.2. AUTORES 2.2.1. Manuel Lugrís Freire (A ponte, O pazo) 2.2.2. Ramón Cabanillas (A man de Santiña, O Mariscal)3. O TEATRO NAS VANGARDAS 3.1. CARACTERÍSTICAS 3.2. RAFAEL DIESTE (A fiestra valdeira)4. O TEATRO NA XERACIÓN NÓS 4.1. CARACTERÍSTICAS 4.2. AUTORES: 4.2.1. Vicente Risco (O bufón de El-Rei) 4.2.2. Ramón Otero Pedrayo (A lagarada, Teatro de máscaras) 4.2.3. Daniel Rodríguez Castelao (Os vellos non deben de namorarse) 15
  2. 2. LITERATURA (tema 4)4. O TEATRO NO PRIMEIRO TERZO DO XX: IRMANDADES,VANGARDAS E GRUPO NÓS.1. O TEATRO ENTRE DOUS SÉCULOS Nos primeiros anos do século XX existe unha continuidade do teatro costumista e históricodecimonónico encamiñado cara o teatro nacionalista das Irmandades. Os coros populares, comoToxos e Flores ou De Ruada, asentaron o teatro galego da época. Entre os autores maisrepresentativos citamos a: 1.1. XAVIER PRADO RODRÍGUEZ Baixo o pseudónimo de Lameiro recolle as súas obras nos volumes de Monifates e Farsadas, obras que se achegan o teatro costumista e rural do século XIX, con sátira contra os poderosos de ton cómico.2. O TEATRO DAS IRMANDADES DA FALA Nun contexto de grande efervescencia político-cultural , o teatro espallou entre o pobo oideario nacionalista. 2.1. CARACTERÍSTICAS Intención propagandística con recreación de episodios da historia de Galiza. Reivindicación social contra a emigración Recuperación cultural e dignificación da lingua. Xorden novas formas: drama simbolista, teatro cómico e infantil, comedia burguesa, ópera… Esta renovación veu acompañada dun grande éxito de público. 2.2. AUTORES 2.2.1. Manuel Lugrís Freire (A ponte, O pazo) A ponte é a primeira peza en prosa do noso teatro, posuíndo gran carga reivindicativa e anticaciquil. Este escritor rompeu co teatro costumista e o drama histórico apostando polo teatro social ou de tese. 2.2.2. Ramón Cabanillas (A man de Santiña, O Mariscal) 16
  3. 3. LITERATURA (tema 4) A man de Santiña é o primeiro intento de comedia burguesa da nosa dramaturxia, sendo escollida para a inauguración do Conservatorio Nazonal de Arte Galego. O Mariscal é unha traxedia histórica en verso, na que Pedro Pardo de Cela é o símbolo da rebelión fronte a Castela e das aspiracións de autogoberno.3. O TEATRO NAS VANGARDAS 3.1. CARACTERÍSTICAS Comparte coa Xeración Nós a concepción do teatro como unha arte total, á vez que asumían as tendencias das vangardas europeas do momento. Entre estes dramaturgos está: 3.2. RAFAEL DIESTE (A fiestra valdeira) A fiestra valdeira é unha comedia ambientada en Rianxo, que ten de protagonista a don Miguel, un indiano rico que fora mariñeiro. Divídese a obra en tres lances: exposición, nó e desenlace. Don Miguel encarga un retrato seu, rexeitado por conter elementos mariñeiros. O pintor e os seus antigos compañeiros mariñeiros opóñense o cambio. Finalmente todos se reconcilian co seu pasado humilde. Nesta obra represéntanse as esencias dun mundo ameazado pola modernidade. O conflito representa a tensión entre dúas posturas ante a identidade galega. Os apuntamentos psicolóxicos e a función simbólica do retrato fan desta peza unha das máis brillantes e orixinais do teatro galego.4. O TEATRO NA XERACIÓN NÓS 4.1. CARACTERÍSTICAS A Xeración Nós renova o teatro, desvincúlao da función propagandística, concibíndoo coma unha arte de por si e como unha arte total, depurando os elementos costumistas e realistas e favor dos poéticos e simbólicos. Debida a tendencia europeísta do Grupo Nós, incorpóranse tendencias europeas á dramaturxia galega. 4.2. AUTORES: 4.2.1. Vicente Risco (O bufón de El-Rei) O bufón de El-Rei é un drama fortemente simbolista sitiado nunha corte medieval de tipo artúrico no que unha raíña adultera e o seu amante son delatados ante o monarca polo seu bufón. Este bufón é un ser deforme e envexoso, a través do cal Risco relaciona a deformidade física e moral, de maneira similar que fai coa figura de don Celidonio en O porco de pé. 17
  4. 4. LITERATURA (tema 4)4.2.2. Ramón Otero Pedrayo (A lagarada, Teatro de máscaras) A lagarada foi a súa primeira peza teatral, con elementos simbolistascomo o xogo coas sombras ou o parlamento coas pipas das adega. En Teatro demáscaras Otero recolle pezas breves relacionadas coa vangarda expresionista,acompañadas de ideas para posibles escenificacións.4.2.3. Daniel Rodríguez Castelao (Os vellos non deben de namorarse) Sente predilección polas tendencias dramáticas da Europa do momento. Apesares de ter moitas facetas teatrais (director artístico, deseñador de decoradose vestiario…), escribiu unha única peza dramática: Os vellos non deben denamorarse, concibida como un espectáculo integral (texto, música, danza,luminotecnia, decoración…). Componse de tres lances e un epílogo nos quepresenta tres versións do tópico drama do vello namorado dunha rapaza nova, enos tres casos, de forma simétrica, remata coa morte do protagonista. No epílogoaparecen no cemiterio os protagonistas de cada lance. Esta obra ten unha postaen escena fortemente expresionista. 18

×