E el que,ata o de aquela, pensaba que eran iguais,
para sacarse de dúbidas púxose a investigar.
4.
E nas consultase pesquisas. Logo de ver aquí e acolá.
Despois de dar varias voltas… mirade o que foi atopar.
5.
Son un ordende grandes saurópsidos (réptiles) arcosaurios que
ocupan hábitats de auga doce (ríos, lagos, humedais…) e, en
ocasións, de auga salobre (marismas e esteiros) ou salgada, das
áreas tropicais e subtropicais do mundo.
crocodilios (Crocodilia).
6.
Son os réptilesmáis grandes da
actualidade (os machos sempre
son de maior tamaño e peso
que as femias). Teñen a pel
escamenta, dura e seca. Poden
vivir de 50 a 80 anos.
7.
Aliméntanse de
vertebrados, sobre
todo,peixes e
mamíferos, pero
tamén de réptiles,
anfibios, e
invertebrados
(moluscos e
crustáceos).
A pesar de seren
grandes devoradores,
un crocodilo duns 2 m
pode vivir cunha
cantidade de carne
equivalente a dun
polo á semana.
8.
Os crocodilos sonovíparos. As femias cavan un furado, no que poñen
os ovos, que logo tapan con herba e follas. Os ovos son incubados
pola temperatura do ambiente que tamén determina o sexo das
crías.
As femias de moitas especies vixían e coidan o niño durante o tempo que dura a
incubación (uns dous meses) e algunhas transportan ás crías ata a auga ao naceren
9.
O orde inclúeos crocodilos (familia Crocodylidae), os aligátores e
os caimáns (familia Alligatoridae), e os gaviais (familia
Gavialidae). Que se diferencian a simple vista pola forma da cabeza,
do fuciño e os dentes que se descubren na vista lateral da cabeza.
Crocodilo: cabeza
triangular co fuciño
estreito e agudo, polo
lado vense dentes
superiores e inferiores.
Caimán: cabeza triangular
co fuciño ancho e
redondeado, polo lado
non se ven dentes
inferiores.
Gavial: cabeza triangular
co fuciño longo e
estreito, polo lado vense
dentes superiores e
inferiores.
10.
E xa metidona allada sigueu a investigar…
cantos eran e de onde?
Os crocodilos domundo
Nas súas idas e voltas. Nos traballos que pasou.
Con todas as viaxes que fixo… isto foi o que xuntou!
13.
crocodilo anano (Osteolaemustetraspis). É o máis pequeno dos crocodilos. Mide entre 1
e 2 m. Vive nos ríos e pantanos dos países das ribeiras do Golfo de Guiné, no occidente
de África. É un animal solitario que se alimenta de pequenos animais cunha dieta que
inclúe mamíferos, anfibios e outros bechos acuáticos pequenos. Cázanse como alimento
e para aproveitárllela pel.
14.
crocodrilo americano, crocodrilonarigudo, crocodrilo agulla ou caimán da costa
(Crocodylus acutus). Vive nas ribeiras dos países do Golfo de México e ao longo da costa do
Pacífico, desde México ata o Perú.
Pode medir ata 5 m e pesar máis de 500 kg. Nalgúns países atópase en perigo de extinción
por exceso de caza para aproveitárllela pel
15.
crocodrilo de fuciñoestreito africano (Crocodylus cataphractus). Atópase, en zonas de
vexetación densa, nos ríos, ata nas desembocaduras, das proximidades do Golfo de
Guiné, no oeste de África. Pode medir ata 4 m. Aliméntase principalmente de peixes,
anfibios e pequenos réptiles.
16.
crocodrilo ou caimándo Orinoco (Crocodylus intermedius). É endémico da cunca do río
Orinoco, en Venezuela. Atópase maiormente nos ríos grandes e de augas turbas.
17.
crocodrilo de Johnston(Crocodylus johnstoni) pode medir de 2 a 3 m de lonxitude. Vive en
ríos e humidais do norte de Australia. Aliméntase de peixes, anfibios, paxaros e pequenos
réptiles.
18.
crocodilo filipino oucrocodilo de Mindoro (Crocodylus mindorensis). Endémico das
Filipinas. Atópase en perigo de extinción. Pode medir ata 2,5 m. Só se atopa en ríos e
pantanos de Mindanao e algunhas illas próximas. Crese que so hai entre 500 e 1.000 en
estado silvestre.
19.
Crocodilo de Moreletou Crocodilo mexicano (Crocodylus moreletii). Atópase en hábitats
de auga doce de zonas illadas de América Central e da costa do Golfo de México. Pode
medir ata 3 m de lonxitude
20.
crocodrilo do Nilo(Crocodylus niloticus) Vive en lagos e ríos de auga doce de toda África ao
sur do Saharae na illa de Madagascar. Pode acadar os 6 m de longo e pesar máis de 700 kg.
21.
crocodrilo de NovaGuiné (Crocodylus novaeguineae). Endémico da illa de Nova Guiné. De
hábitos nocturnos, vive nos humidais e nos lagos do interior da illa. Chega a medir ata 3,5 m.
22.
crocodrilo das marismas,cocodrilo iraní, hindú ou persa (Crocodylus palustris).
Atópase case sempre en zonas de auga doce, lagos, ríos, e marismas de toda a India e
en áreas próximas dos países veciños. Pode medir máis de 3 m e pesar ata 400 kg.
23.
crocodrilo mariño, crocodrilode esteiro, crocodrilo poroso ou de mar (Crocodylus
porosus). É o crocodilo máis grande. Atópase en ríos, lagos, pantanos e esteiros próximos á
costa. do surleste de Asia e o norte de Australia. Pode medir de 6 a 7 m de lonxitude e
pesar entre 900 e 1.500 kg. É bo nadador e métese habitualmente no mar para alimentarse
ou migrar a outros lugares
24.
crocodrilo cubano (Crocodylusrhombifer). Só se atopa no surleste de Cuba. Pode medir ata
3,5 m de lonxitude. É a especie co hábitat máis reducido e ten hábitos bastante terrestres.
25.
crocodrilo siamés (Crocodylussiamensis). Atópase en ríos do surleste de Asia continental e
das illas de Borneo e Java. É unha especie moi ameazada polo exceso de caza, calcúlase que
só hai uns 5.000 en libertade. Non mide máis de 3 m de lonxitude.
26.
crocodrilo africano occidentalou crocodrilo do deserto (Crocodylus suchus). Atópase na
maioría dos países do centro e do oeste de África.
27.
aligátor chinés oaligátor do Iangtsé (Alligator sinensis).Vive nuns poucos ríos do leste de
China. Mide ata uns 2 m de longo. Só quedan uns 300 en estado silvestre, polo que se
considera en grave perigo de extinción.
28.
aligátor americano oucaimán do Mississippi (Alligator mississippiensis). Vive nos ríos,
pantanos e marismas do sur dos Estados Unidos. Mide ata 5 m de lonxitude e pode pesar
máis de 400 kg.
29.
caimán de Cuvier,caimán anano ou iacaré anano (Paleosuchus palpebrosus). Atópase en
ríos coas beiras cubertas de vexetación das áreas tropicais e subtropicais de América do Sur.
E o crocodilo máis pequeño. Os machos apenas pasan de 1,5 m de lonxitude.
30.
caimán postruso, cachirreou dirin-dirin (Paleosuchus trigonatus). É un dos crocodrilos
máis pequenos,non pasa dos 2 m. Vive na cunca do Amazonas. Aliméntase de réptiles, aves
e pequenos mamíferos.
31.
iacaré negro, llacaré,ou caimán de Paraguai (Caiman yacare). Vive nas zonas tropicais e
subropicais de Sudamérica, Uruguai, Paraguai, Bolivia, Brasil e Arxentina. Pode medir ata 3
m de lonxitude. Aliméntase de animais acuáticos.
32.
caimán de anteollos,cachirre, babilla, blanco, guagipal ou baba (Caiman crocodilus). Vive
en ríos, pantanos e zonas húmidas do sur de México, Centroamérica e o noroeste de América
do Sur. Os máis grandes acadan os 2,5 m de lonxitude. Recoñécense varias subespecies.
33.
iacaré overo (Caimanlatirostris).Vive en zonas de vexetación densa das áreas pantanosas e
lacustres, de clima tropical, das cuncas dos ríos Amazonas, Paraguai e Paraná. Pode medir
ata 3 m de longo e pesar máis de 90 kg.
34.
caimán negro oucaimán negro do Orinoco (Melanosuchus niger). É nativo da rexión
amazónica. É de cor escura case negra. Poden medir ata 6 m, polo que pode devorar animais
grandes que vivan preto da auga.
35.
gavial (Gavialis gangeticus).Habita en zonas pantanosas do norte da India. Pode medir ata 6
m de longo. Atópase enperigo crítico de extinción, quedan menos de 200; desaparece pola
falta de peixes como consecuencia da pesca excesiva.
36.
gavial malaio, falsogavial ou falso gavial malaio (Tomistoma schlegelii). Vive en pantanos
de auga doce e ríos de Malasia e Indonesia Occidental. Mide ata 4 m. Atópase gravemente
ameazado por perda do hábitat, pola caza para aproveitárllela pel e a carne, e pola colleita
dos ovos.
37.
As imaxes fotográficasforon collidas da internet e a información de fontes varias.
Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso
que fixen delas.
Mon Daporta
E como non hai máis, que se saiba, nin sitios nos que buscar,
deu por rematada a leria e marchou a descansar.