Roque atopouse cun grupo de aves e quedou sorprendido polas súas cores e variedade. Fixo una das súas viaxes para coñecelas.
Os parentes dos parrulos: gansos, ciños…
Nesta entrega vaio resto da xente,
os parrulos que faltan e os seus parentes.
3.
Os dendrocigninos (Dendrocygninae)coñecidos como iguasas, siriríes,
ou patos asubiadores. Son parrulos de río de distribución tropical e
subtropical, moi gregarios e sen dimorfismo sexual. Teñen as patas e o
pescozo longos e emiten sons como asubíos.
4.
Iaguasa de peteironegro ou pato asubiador antillano (Dendrocygna arborea). Mide de 48
a 56 cm. Vive en illas do Caribe: Cuba, illas Caimán, República Dominicana, Puerto Rico,
Haití, Xamaica e Bahamas.
5.
Iaguasa errante (Dendrocygnaarcuata) ampliamente distribuida por el Sudeste asiático e
Oceanía. Desde Filipinas e Indonesia ata Australia e as illas Fixi. Coñécense tres subespecies:
D. a. arcuata en Indonesia, D. a. australis en Australia e D. a. pygmaea en Nova Bretaña.
6.
Pisingo ou suiriríde peteiro vermello (Dendrocygna autummalis). Mide de 47 a 56 cm e
pesa entre 650 e 1.020 g. Atópase desde o sur dos EE.UU. e o norte de México ata o
Ecuador e Arxentina. Recoñécense 2 subespecies: D. a. autumnalis, do sur dos EE.UU. ata
Panamá, e D. a. discolor, desde Panamá ao Ecuador e Arxentina.
7.
Suirirí bicolor ousirirí colorado (Dendrocygna bicolor). Mide de 48 a 53 cm e pesa entre 590
e 770 gramos. Atópase amplamente distribuido polas zonas tropicais desde Sudamérica ao
sur dos Estados Unidos, os humedais do subcontinente indio e por África subsahariana.
8.
Suirirí australiano oupato asubiador australiano (Dendrocygna eytoni). Mide de 42 a 60
cm e pesa arredor de 1 kg. Atópase en Australia e Nova Guiné.
9.
Suirirí moteado ouiaguasa moteada (Dendrocygna guttata). Mide de 46 a 50 cm. Atópase
no arquipélago malaio desde o sur das Filipinas ao norleste de Australia.
10.
Pato asubiador daIndia (Dendrocygna javanica). Atópase por todo o surleste de Asia e illas
occidentais de Indonesia.
11.
Sirirí cariblanco, sirirída pampa ou iaguasa careta (Dendrocygna viduata). Mide uns 50 cm
e pesa arredor de 700 g. Atópase en zonas tropicais e subtropicais de América e África.
12.
Os oxiurinos (Oxyurinae).Son todos mergulladores de
auga doce que saen pouco a terra porque teñen as
patas curtas.
13.
Malvasía australiana (Oxyuraaustralis). Mide de 30 a 35 cm e pode pesar de 500 a 1.300
gramos. Atópase no sur de Australia e en Tasmania.
14.
Pato mergullador grandeou pato rufo (Oxyura jamaicensis). Mide de 35 a 43 cm. E
pesa de 300 a 800 gramos. Atópase distribuído por toda América. Recoñécense 2
subespecies: O. j. jamaicensis e O. j. rubida.
15.
Malvasía cabeciblanca oumalvasía común (Oxyura leucocephala). Mide entre 43 e
48 cm e pesa entre 580 e 750 g. Propia do sur de Europa, do norte de África e do centro e
oeste de Asia.
16.
Pato malvasía africano(Oxyura maccoa). Mide de 48 a 51 cm e pode pesar ata 700
gramos. Vive no leste de África desde Etiopía a Sudáfrica.
17.
Pato mergullador arxentino(Oxyura vittata). Mide uns 46 cm e pesa arredor de 600
gramos. É natural de América do Sur. Atópase na Argentina, Uruguai, Paraguai, Chile,
surleste do Perú e sur do Brasil.
18.
Pato mergullador enmascaradoou malvasía enmascarada (Nomonyx dominicus). Mide
de 30 a 35 cm e pesa de 300 a 400 g. Vive no sur e no centro de América e nas Antillas.
19.
Pato almizclero (Biziuralobata). Mide de 50 a 70 cm e pesa de 1,8 a 3 kg. Atópase polo sur
e surleste de Australia e Tasmania.
20.
Pato de cabezanegra (Heteronetta atricapilla). Mide de 35 a 39 cm e pesa de 400 a 700
gramos. Atópase na metade sur de Suramérica.
21.
Pato de pencas(Stictonetta naevosa). Mide ns 56 cm e pesa de 700 a 1.100 gramos. É nativo
do sur de Australia e das Antillas.
Cisne coscoroba (Coscorobacoscoroba). Mide 90 a 115 cm e ten un peso de 3 a 5,4 kg. Ten
características intermedias entre os gansos e os cisnes. É endémico da metade sur de
América do sur. Desde o Uruguai ao extremo sur de Arxentina e Chile e as illas Malvinas.
24.
Cisne pequeno (Cygnuscolumbianus columbianus). Mide ata 1,5 metros e pesa de 6 a 9
kg. É natural de América do Norte. Cría en Alaska e Canadá e pasa o inverno no sur dos
Estados Unidos e en México.
25.
Cisne de Bewick(Cygnus columbianus bewickii). Mide 1,40 metros e pesa entre 6 e 7,5 kg.
Cría no norte de Europa e Asia e os do oeste pasan os invernos nos Países Baixos e as Illas
Británicas e os do leste en China e Xapón.
26.
Cisne cantor(Cygnus cygnus).Mide ata 1,65 metros e pesa de 8 a 12 kg. Cría no norte
de Europa e Asia e nas illas ao norte do Atlántico e pasa os invernos no sur de Europa,
no mar Caspio e nas costas do Pacífico, en China.
27.
Cisne trompeteiro (Cygnusbuccinator). É o cisne máis grande, mide de 140 a 170 cm de
longo e pesa de 9 a 12,5 kg. Cría nas illas da costa sur de Alaska e pasa os invernos nas
costas do oeste de Canadá.
28.
Cisne vulgar, cisnemudo ou cisne blanco (Cygnus olor). Mide de 1,30 a 1,65 m e pesa
entre 8 e 15 kg. Vive en lagos e ríos pouco caudalosos con vexetación alta nas beiras de
zonas temperadas do Hemisferio Norte.
29.
Cisne negro (Cygnusatratus). Mide de 1,2 a 1,4 m e pesa de 5 a 8 kg. É endémico de
Australia onde vive en lagos pero tamén se pode ver nas costas.
30.
Cisne de pescozonegro (Cygnus melancoryphus). Mide de 80 a 120 cm e pesa de 4 a 6,5 kg.
É endémico de América do Sur. Vive en lagoas e lagos de agua doce ou salobre e nas costas.
Cría desde o sur de Arxentina e Chile, e as illas Malvinas ata Uruguai e Paraguai. Os que
crfían máis ao sur migran no inverno cara ao norte ata o sur do Brasil.
Ganso careto ouánsar careto (Anser
albifrons). Mide entre 64 e 81 cm e pesa
de 1,93 a 3,31 kg. Atópase amplamente
distribuido por las áreas árticas de Asia,
Europa e Norteamérica e pasa o inverno
nas zonas temperadas de Eurasia e
Norteamérica.
Recoñécense 5 subespecies: A. a. albifrons, cría
no noreste de Europa e no noroeste de Asia e
pasa o inverno nas costas atlánticas, en Europa
central, arredor do Mediterráneo, o Cáucaso, e
o norte do subcontinente indio; A. a. frontalis,
algo máis grande, cría no noreste de Siberia eo
norte de Canadá, pasa o inverno no oeste de
Estados Unidos, o norte de México, China,
Corea e Xapón; A. a. gambeli,cría no noroeste
de Canadá e o oeste de Alaska e pasa o inverno
no golfo de México; A. a. elgasi, o máis grande,
cría no sur de Alaska e pasa o inverno en
California; A. a. flavirostris, máis escuro e co
peteiro de cor laranxa, cría na costa oeste de
Groenlandia e pasa o inverno en Irlanda e
Escocia.
33.
Ganso común, ánsarcomún ou oca común (Anser anser). Mide entre 74 e 91 e pode pesar
de2,16 a 4,56 kg, os machos adoitan ser máis grandes que as femias. Cría ao norte de Europa
e Asia e pasa o invernos ao sur e no norte de África. Esta especie deu orixe aos gansos
domésticos de Europa. Recoñécense 3 subespecies:A. a. anser, cría no noroeste de Eurasia e pasa o
inverno no norte de África, España e o resto de Europa mediterránea e Irán; A. a.rubrirostris, cría no
noreste de Eurasia e pasa o inverno no sur de Asia; e A. a. domesticus, que inclúe todas as variedades de
gansos domésticos procedentes de Eurasia.
34.
Ganso de peteirocurto ou ánsar piquicorto (Anser brachyrhinchus). Mide arredor de 70
cm e pesa uns 2,5 kg de media. Cría en Groenlandia e Islandia e pasa o inverno en zonas
lacustres e esteiros con vexetación de Gran Bretaña e os Países Baixos.
35.
Ganso cisne (Ansercygnoides). Miden de 81 a 94 cm e pesan entre 2,8 e 3,5 kg. Vive en
Asia oriental. Cría no sur de Siberia e pasa o inverno en Corea e no norte de China.
36.
Ganso pequeno, ánsarchico ou ánsar careto chico (Anser erythropus). Mide de 53 a
66 cm. Cría na proximidade de ríos e lagos da tundra de Europa e Asia e pasa o inverno no
surleste de Europa, principalmente en áreas costeiras do mar Adriático o mar Negro, do sur
e suroeste do Caspio, e en Corea, Xapón e o leste de China.
37.
Ganso campestre (Anserfabalis). Mide entre 68 e 90 cm e ter un peso de 1,7 a 4 kg.
Recoñécense 3 subespecies: A. f. fabalis, atópase desde Escandinavia ata os Urais, A. f.
johanseni, da taiga do oeste de Siberia, A. f. middendorffii, da taiga do leste de Siberia.
38.
Ganso indio (Anserindicus). Mide de media entre 71 e 76 cm e pesa de 1,5 a 3,5 kg. Cría en
Asia central e pasa os invernos nos humidais da India, Pakistán e Birmania.
39.
Ganso da tundra(Anser serrirostris). Ata fai moi pouco considerado unha subespecie de
Anser fabalis ao que se semella en tamaño e cor.
40.
Ganso branco ouánsar nival (Chen caerulescens). Mide de 63 a 79 cm e pesa de 2 a 3,7 kg.
Cría en áreas pantanosas da tundra do Canadá e Alaska e pasa o inverno en pantanos da costa
de México e do sur dos Estados Unidos. Coñécense 2 subespecies: C. c. caerulescens que vive
na metade oeste de Canadá e en Alaska e C. c. atlanticus. Que cría no norleste de Canadá.
41.
Ganso emperador (Chencanagica). Atópase nas costas de arredor do mar de Bering, no oeste
de Alaska, as illas Aleutianas, e a península de Kamchatka.
42.
Ganso de Ross(Chen rossii). Vive en pradeiras, humidais e lagos de auga doce. Cría nas
costas do Ártico e pasa os invernos no sur dos Estados Unidos e no norte de México
43.
Ganso de cabezanegra ou barnacla
carinegra (Branta bernicla). Mide
entre 55 e 66 cm e pesa entre 0,88 e
2,2 kg. Cría en territorios do Ártico, e
pasa o inverno nas costas de Europa
occidental, leste e oeste de
Norteamérica, leste de Asia e no
Xapón.
Recoñécense 3 subespecies: Branta
bernicla bernicla, que cría nas costas
árticas de Siberia central y occidental e
inverna en Europa occidental. Branta
bernicla hrota, que cría desde o norleste
de Canadá e as illas ata Groenlandia e
pasa o inverno en Escocia e norte de
Irlanda e na costa leste dos EE.UU..
Branta bernicla nigricans, que cría no
noroeste de Canadá, Alaska e Siberia
oriental, e inverna nas costas occidentais
de América do Norte, no leste de Asia e
no Xapón.
En Galiza é invernante regular
escaso.
44.
Ganso sangano oubarnacla cariblanca (Branta leucopsis). Mide entre 55 e 70 cm e pesa de
1,2 a 2,2 k g. Cría nas illas árticas de Europa e no leste de Groenlandia e pasa o inverno nas
costas occidentais de Europa. En Galiza vese ocasionalmente como invernante.
45.
Ganso do Canadá(Branta canadensis). Pode medir, según a subespecie, de 75 a 110 cm de
longo e pesar de 2,6 a 6,5 kg. Orixinario das áreas temperadas e árticas de América do Norte,
migra máis ao sur no inverno e chega con regularidade a Europa.
Recoñécense 7 subespecies: Branta canadensis canadensis (ganso do Canadá atlántico), Branta
canadensis fulva (ganso do Canadá de Vancouver), Branta canadensis interior (ganso do Canadá do
interior), Branta canadensis maxima (ganso do Canadá xigante), Branta canadensis moffitti (ganso do
Canadá de Moffitt), Branta canadensis occidentalis (ganso do Canadá escuro e (Branta canadensis
parvipes (ganso do Canadá menor).
46.
Nēnē ou gansohawaiano (Branta sandvicensis). Mide uns 40 cm de altura e pesa de 1,5 a 3
kg. Os machos son os máis grandes. E endémico das illas de Hawai onde quedan moi poucos.
47.
Ganso de pescozorubio (Branta ruficollis). Mide de 53 a 56 cm. Cría no Ártico de Siberia e
pasa o inverno nas costas do noroeste do Mar Negro. Está en perigo de extinción.
48.
Ganso cincento ouganso cereopsis (Cereopsis novaehollandiae). Mide de 75 a 90 cm. É
endémico das zonas húmidas do sur de Australia. Recoñécense 2 subespecies: Cereopsis
novaehollandiae novaehollandiae e Cereopsis novaehollandiae grisea.
Parrulo do ollode ouro (Bucephala clangula). Mide de 45 a 52 cm e pesa de 500 a 1400 g.
Cría en lagos fríos da taiga do norte de Eurasia e de Norteamérica e pasa o inverno en lagos,
pantanos ou en augas costeiras protexidas de latitudes temperadas. Recoñécense 2
subespecies: B. c. clangula e B. c. americana. En Galiza é invernante regular.
51.
Parrulo islándico (Bucephalaislandica). Mide de 43 a 45 cm e pode pesar arredor de 1 kg.
cría en Islandia e no norleste de Canadá e pasa os invernos máis ao sur.
52.
Parrulo coroado ouparrulo albeola (Bucephala albeola). Mide de 32 a 40 cm e pesa de 270
a 550 g. Vive nos lagos e estanques da taiga de Alaska e Canadá.
53.
Havelda (Clangula hyemalis).Mide entre 41 e 60 cm e pesan de 450 a 1.030 g. Cría en
pantanos, lagoas e lagos da tundra e costas árticas de Alaska, o norte de Canadá e o norte
de Europa e Siberia e pasa o inverno en áreas máis ao sur e sobre todo no Mar Báltico.
54.
Parrulo arlequín(Histrionicus histrionicus).Mide de 38 a 43 cm e pesa uns 600 g. Cría ao pé
de ríos e regatos fríos e rápidos do norte de Norteamérica e de Rusia oriental, no sur de
Groenlandia e en Islandia e no inverno migra ao mar. Recoñécense 2 subespecies:
Histrionicus histrionicus histrionicus e Histrionicus histrionicus pacificus
55.
Serreta capuchona ouparrulo de crista (Lophodytes cucullatus). Cría en pantanos e
estanques dos bosques do sur de Canadá e do norte e do oeste dos Estados Unidos, e pasan
os invernos no sur dos Estados Unidos e no norte de México.
56.
Parrulo pentumeiro común(Melanitta nigra). Mide de 44 a 54 cm. Cría na tundra e nos
páramos árticos ao pé de lagoas, regueiros e outros hábitats de agua doce do norte de
Eurasia, Islandia e o este de Groenlandia, e pasa o inverno nas costas atlánticas de Europa e
do norte de África. En Galiza e común nos pasos de outono e primavera.
57.
Parrulo mourelo (Melanittafusca). Mide de 51 a 58 cm. Cría no norte de Europa e Asia e
pasa os invernos ao sur. En Galiza vese durante os pasos de outono e primavera.
58.
Parrulo pentumeiro americano(Melanitta perspicillata). Mide de 44 a 50 cm e pesa de 800
a 1.100 g. Cría nas costas de Canadá e Alaska e pasa o inverno nas costas de Norteamérica.
59.
Smew (Mergellus albellus).Mide de 38 a 44 cm. Vive en lagos e ríos de pouca corrente ricos
en pesca. Cría en árbores do norte da taiga de Europa e Asia e pasa o inverno ao sur do mar
Báltico e no mar Negro.
60.
Mergo trullo (Mergusmerganser). Mide de 58 a 72 cm e pode pesar de 900 a 2.200 gr. Cría
en zonas boscosas, fai o niño en buratos de árbores, de Europa, do norte e centro de Asia, e
de América do Norte. Desplázase ao sur no inverno. Recoñécense 3 subespecies: Mergus
merganser do norte de Europa e de Asia, Mergus merganser orientalis das montañas de Asia
Central, e Mergus merganser americanus de Norteamérica.
61.
Mergo brasileiro oupato serrucho (Mergus octosetaceus). Mide de 49 a 56 cm. Vive no ríos
pouco profundos e rápidos do sur eo centro de Brasil o leste de Paraguai e a zona limítrofe de
Arxentina. Está en perigo crítico de extinción. Quedan menos de 300 exemplares en libertade.
62.
Mergo cristado (Mergusserrator). Mide de 52 a 58 cm. Vive no norte de Eurasia e en
Norteamérica. En Galiza e invernante regular pero escaso.
63.
Mergo chinés (Mergussquamatus). Vive no Extremo Oriente. Cría na zona entre Rusia,
Corea e China e inverna en zonas temperadas e cálidas do leste. Quedan menos de 2.500.
64.
Eider de Steller(Polysticta stelleri). Mide de 43 a 46 cm e pesa entre 800 e 900 g. Vive nas
costas do Ártico do leste de Siberia e de Alaska, e migra ao sur do mar de Bering, ao norte
de Escandinavia e o mar Báltico.
65.
Eider común (Somateriamollissima). Mide entre 50 e 71 cm e pesa entre 800 gr e 3 kg. Está
amplamente distribuido polas rexións costeiras árticas e subárticas.
Recoñécense 6 subespecies: Somateria mollissima mollissima, nas costas do noroeste de Eurasia; Somateria
mollissima faeroeensis, nas illas Feroe; Somateria mollissima v-nigra, nas costas do Pacífico norte; Somateria
mollissima borealis, no Atlántico norte (norleste de Canadá, Groenlandia e Islandia); Somateria mollissima
sedentaria,só nas badías de Hudson e de James, do Canadá; e Somateria mollissima dresseri, desde a
península do Labrador ata o norleste dos Estados Unidos.
66.
Eider de anteollos(Somateriafischeri). Mide entre 52 e 57 centímetros e pesa de 1400 a
1850 gramos. Vive no noroeste de América do Norte e o norleste de Asia.
67.
Eider real(Somateria spectabilis).Mide de 52 a 61 cm e pesa ata 1.700 g. Cría nas costas
do Ártico e pasa o inverna en áreas norteñas do Pacífico e do Atlántico.
68.
Ganso de esporóns(Plectropterus gambensis). Mide de 75 a 115 cm e pesa de 4 a 6,8 kg, está
considerado o ganso silvestre máis grande do mundo. Atópase en toda clase de espazos
húmidos de África, ao sur do Sahara.
69.
Parrulo cristudo oupato de moco (Sarkidiornis melanotos). Mide de 55 a 75 cm e pesa
de 1,3 a 2,6 kg de promedio. Atópase en América do Sur; África, ao sur do Sahara; e o sur
de Asia. Coñécense 2 subespecies: S. m. melanotos (Parrulo cristudo común) e S. m.
sylvicola (Parrulo cristudo sudamericano)
70.
Pato blanco (Tadornatadorna). Mide de 55 a 66 cm. Cría en zonas temperadas de Eurasia
e migra a zonas subtropicais no invierno, pero tamén é residente en parte de Europa
occidental. En Galiza vese ocasionalmente no inverno.
71.
Tarro rajá(Tadorna radjah).É endémico de Australia. Recoñécense 2 subespecies:Tadorna
radjah radjah e Tadorna radjah rufitergum.
72.
Pato ferruxento (Tadornaferruginea). Mide entre 58 e 70 cm. Cría en latitudes
temperadas de Asia, Europa oriental e o norte de África; e migra ao sur de Asia e o val do
Nilo para pasar o inverno. Existen poboacións sedentarias nas zonas máis cálidas da súa
área de distribución.
73.
Pato sudafricano (Tadornacana). Mide 64 cm de largo. Cría en Namibia e Sudáfrica e
desplázase cara ao norte no inverno. Vive en ríos e lagos de espazos abertos.
Tarro blanco cristadode Corea (Tadorna cristata). Mide de 63 a 71 centímetros. Atópase en
perigo crítico de extinción, os poucos que quedan crían en Corea e no leste de Rusia.
77.
Ganso exipcio (Alopochenaegyptiaca). Mide de 63 a 73 cm. É orixinario de África ao sur
do Sahara e do val do río Nilo.
78.
Ganso do Orinocoou ganso de monte (Neochen jubata). Mide de 56 a 58 cm e pesa
aproximadamente 1,2 kg. Vive en gran parte das cuncas dos ríos Orinoco e Amazonas.
79.
Cauquén guaiata (Chloephagamelanoptera). Mide de 75 a 80 cm e pesan entre 2 e 3,5 kg.
Vive nos Andes, desde o centro do Perú ata o centro de Chile e de Arxentina.
80.
Cauquén común ouganso de Magalhaes (Chloephaga picta). Mide de 60 a 65 cm de
lonxitude e acada un peso de 3 kg. Atópase desde Bos Aires ao sur do continente. No inverno
migra algo máis ao norte e chega ata o Uruguai.
81.
Cauquén caranca oucauquén mariño (Chloephaga hybrida). Mide entre 55 e 65 cm e pesa
de 2 a 2,5 kg. vive nas costas rochosas do extremo sur de Sudamérica e nas illas Malvinas.
Recoñécense 2 subespecies: Chloephaga hybrida hybrida, das costas do continente e
Chloephaga hybrida malvinarum, das illas Malvinas.
82.
Ganso ou cauquénde cabeza gris (Chloephaga poliocephala). Mide de 50 a 55 cm. Cría en
zonas montañosas de América do Sur e baixa ás pradeiras no inverno.
83.
Cauquén colorado (Chloephagarubidiceps). Mide de 45 a 50 cm e pesa uns 2 kg. Vive na
Arxentina, Chile e as illas Malvinas.
84.
Ganso de ásazuis (Cyanochen cyanopterus). Mide uns 70 centímetros. Só se atopa en Etiopía
85.
Pato azul (Hymenolaimusmalacorhynchos). Mide uns 53 cm. É endémico de Nova Celandia
onde vive nos ríos de corrente rápida. Só quedan uns 1.500.
86.
Pato de torrenteou pato torrenteiro (Merganetta armata). Mide entre 38 e 46 cm. Habita
ríos fríos, limpos e de corrente rápida das montañas de América do Sur. Coñécense varias
subespecies e variacións dentro delas: pato de torrente chileno (M. a. armata) de
Arxaentina e Chile, pato de torrente colombiano (M. a. colombiana) de Venezuela e o
Ecuador, pato de torrente peruano (M. a. leucogenis) de Ecuador e Perú, (M. a. turneri) do
Perú, (M. a. garleppi ) de Bolivia e (M. a. berlepschi)de Arxentina.
87.
Pato vapor voador(Tachyeres patachonicus). Mide de 66 a 71 cm e pesa de 2,5 a 3 kg. só
se atopa no extremo sur de Sudamérica e nas Illas Malvinas.
88.
Pato vapor austral(Tachyeres pteneres). Mide de 74 a 84 cm e pesa de 3,6 a 6 kg, os
machos son máis grandes. É un parrulo non voador que só se atopa no extremo sur de
Sudamérica.
89.
Pato vapor malvinero(Tachyeres brachypterus). Mide de 61 a 74 cm e pesa de3 a 4,4 kg.
Perdeu a capacidade de voar. Só vive nas costas das Illas Malvinas
90.
Pato vapor decabeza blanca (Tachyeres leucocephalus). Mide de 61 a 74 cm e pesa ata 3,8
kg. Só se atopa nas costas mariñas da provincia de Chubut (Arxentina).
91.
Parrulo de lombobranco (Thalassornis leuconotus). É un parrulo mergullador que vive en
lagos e pantanos da metade sur de África. Coñécense 2 subespecies: a continental
(Thalassornis leuconotus leuconotus) e (Thalassornis leuconotus insularis) de Madagascar.
92.
Un último repasopara ver se está todo…
e sí… con estes rematei o choio.
As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta