SlideShare a Scribd company logo
Animais que
hibernan
MonDaporta
Xa o sol non quece o que antes,
polas noites xa fai fresco.
Xa se vai acabar o saír… Xa temos aquí o inverno.
Nos climas temperados, con grandes variacións de temperatura entre o verán e o
inverno, os animais e as plantas teñen adaptacións para poderen sobrevivir
cando as circunstancias lle son adversas: uns completan o ciclo vital no período
favorable e pasan o inverno en forma de ovo ou de semente, algúns resisten,
moitos, maiormente aves, fan longos desplazamentos migratorios e uns poucos
hibernan (entran nun período letárxico para aforrar enerxía).
Nese estado de quietude (a hibernación), que se pode manter durante días,
semanas ou meses, redúceselle o metabolismo a niveis moi baixos e descendelle
a temperatura corporal, a frecuencia respiratoria e a actividade cerebral; co que
consumen moi pouca enerxía e conseguen superar o período de adversidade, e
sobrevivir, grazas ás reservas almacenadas no período de actividade.
Leirón rilón
hibernando
E Roque quixo saber antes de recollerse a invernar
que outros bechos da súa contorna tamén o fan.
E investigando soupo que arredor da súa casa
son máis de medio cento os que no inverno descansan.
Os seus parentes todos, o ourizo cacho, os leiróns,
os lagartos, escánceres, a osga, as cóbregas o cobregón,
as víboras, os sapoconchos e varias rans e sapos
métense nos seus agochos para pasar os tempos malos.
Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum). Mide de 56 a 71
mm, máis outros 30 a 40 mm de rabo, e pesa entre 14,5 e 31,5 gr. Atópase
amplamente distribuído por toda Galicia. Hiberna de novembro a marzo.
Morcego pequeno de
ferradura (Rhinolophus
hipposideros). Mide uns 45
mm, máis outros 23 a 33
mm de rabo, e pesa entre
4,2 e 9 gr. Atópase
amplamente distribuído
por toda Galicia.
Morcego mediterráneo de ferradura ( Rhinolophus euryale). Mide entre 40 e
58 mm, máis outros 22 a 30 mm de rabo, e pesa de 10 a 18 gr. Escaso.
Morcego de bigotes (Myotis mystacina). Mide entre 35 e 50 mm máis outros 30
a 43 mm de rabo, e pesa de 4 a 10 gr. Moi raro.
Morcego de orellas fendidas
(Myotis emarginata). Mide
entre 41 e 53 mm, máis outros
38 a 46 mm de rabo, e pesa
de 7 a 15 gr. Moi raro.
Morcego de Natterer (Myotis nattereri). Mide de 42 a 50 mm, máis outros 32 a
47 mm de rabo, peso 5 a 12 gr. Raro.
Morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii). Mide de 45 a 55 mm, máis outros
34 a 45 mm de rabo, e pesa entre 7 e 14 gr. Moi raro.
Morcego rateiro grande (Myotis myotis). Mide de 67 a 80mm, máis outros 45 a
60 mm de rabo, e pesa de 18 a 45 gr. Distribución irregular.
Morcego rateiro mediano (Myotis blythii). Mide de 59 a 74 mm, máis outros 46
a 60 mm de rabo, e pesa de 15 a 29,5 gr. Moi raro.
Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii). Mide de 41 a 55 mm, máis outros 30
a 44 mm de rabo, e pesa de 6,5 a 15 gr. Escaso.
Morcego común (Pipistrellus pipistrellus). Mide de 33 a 52 mm, máis outros 23 a
36 mm de rabo, e pesa de 3,5 a 8 gr. Común.
É o máis pequeno dos morcegos galegos.
Morcego do monte (Hypsugo savii). Mide de 40 a 54 mm, máis outros 31 a 43
mm de rabo, e pesa de 5 a 10 gr. Moi raro.
Morcego rubio (Nyctalus noctula). Mide de 60 a 82 mm ,máis outros 41 a 60 mm
de rabo, e pesa de 15 a 40 gr,. Moi raro.
Morcego das hortas (Eptesicus serotinus). Mide de 62 a 82 mm, máis outros 46 a
57 mm de rabo, e pesa de 14 a 35 gr. Distribución irregular.
Morcego das fragas (Barbastella barbastellus). Mide de 44 a 58 mm, máis
outros 38 a 54 mm de rabo, e pesa de 5,6 a 13,5 gr. Raro en Galicia.
Morcego orelludo común (Plecotus auritus). Mide de 41 a 53 mm, máis outros
34 a 55 mm de rabo, e pesa de 4,6 a 12 gr. Escaso en Galicia
Morcego orelludo meridional ( Plecotus austriacus). Mide de 39 a 58mm, máis
outros 37 a 55 mm de rabo, e pesa de 5 a 15 gr. Moi raro en Galicia.
Morcego das covas (Miniopterus schreibersii). Mide de 50 a 62 mm, máis
outros 56 a 64 mm de rabo, e pesa de 8 a 20,8 gr. Escaso en Galicia
Morcego rabudo (Tadarida teniotis). Mide de 81 a 92 mm, máis outros 44 a 57
mm de rabo, e pesa de 22 a 54 gr. Escaso en Galicia
Ourizo cacho (Erinaceus europaeus). Mide ata 30 cm de lonxitude, máis entre
2 e 4 cm de rabo, e pesa arredor de 1 kg. Os machos son algo máis grandes e
máis pesados que as femias. Común, aínda que en descenso. Durante a
hibernación, de outubro a marzo, perden a metade do seu peso.
Leirón rilón (Myoxus glis). Mide entre 14 e 19 cm, máis 11 a 13 cm de rabo, e
pesa entre 120 e 150 gr. É o máis grande dos leiróns. Escaso e irregularmente
distribuído, hiberna de outubro a abril.
Leirón careto (Eliomys quercinus). Mide entre 12 e 17 cm, máis entre 9 e 13,5 cm
de rabo, e pesan entre 50 e 150 gr. Acadan o peso máis alto antes de hibernar.
Amplamente distribuído en zonas arboradas. Hiberna de outubro a marzo.
Lagarto das silveiras
(Lacerta schreiberi). Pode
medir ata 36 cm, dos que
2/3 son de rabo. Común e
amplamente distribuído.
Hiberna de outubro a
marzo.
Lagarto arnal, lagarto
arnau (Timón lepida).
Pode medir máis de
60 cm, aínda que
poucas veces pasa
dos 45, dos que máis
da metade son de
rabo.Ben distribuído.
Máis abundante na
metade sur da costa.
Hiberna de outubro a
marzo.
Lagarta da serra (Iberolacerta monticola). Pode superar os 20 cm, máis da
metade pertencen ao rabo, e pesar de 6 a 10 gr. Escasa. Hiberna de outubro a
abril.
Lagarta galega (Podarcis bocagei). Pode medir ata 20 cm, un pouco máis da
metade son de rabo. Endémica do noroeste da Península Ibérica. Común.
Hiberna de outubro a marzo.
Lagara dos penedos (Podarcis hispanicus). Mide ata 20 cm, a medida do
rabo dobla a medida do corpo. Común na metade sur e máis escasa cara ao
norte. Hiberna de outubro a abril
Lagarta dos muros (Podarcis muralis). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla á
medida do corpo. Rara e de distribución moi limitada.
Lagarta das brañas (Zootoca vivipara). Pode medir ata 30 cm, o corpo non
chega a 12cm. Rara.
Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). O corpo pode medir ata 7,5 cm e o
rabo tres veces máis, ata 23 cm. Escasa, só presente na metade sur. Hiberna
de novembro a febreiro.
Lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus). Mide uns 15 cm, dos que de 8 a
10 son de rabo. Escasa e de distribución limitada. Hiberna de outubro a marzo.
Osga, salmantesa (Tarentola mauritanica). Mide de 15 a 19 cm, a metade
son de rabo. Rara e limitada a puntos moi concretos.
Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Pode medir ata 16 cm, a metade son de
rabo. As femias son algo máis grandes.. pode pesar entre 4 e 9,5 gr. É inofensivo.
Escaso e disperso. Hiberna de outubro a marzo.
Esgonzo común (Chalcides striatus). Mide entre 30 e 40 cm, algo máis da metade
correspónde ao rabo. É inofensivo. Común e abundante nas áreas costeiras.
Hiberna de outubro a marzo.
Escancer (Anguis fragilis). É un lagarto sen patas. Os machos miden de 30 a 40
cm e as femias poden chegar a 50 cm. É un animal inofensivo. Abundante e ben
distribuído. É un animal moi lonxevo. Hiberna de outubro a marzo.
Escancer cego (Blanus cinereus). Poden acadar 25 cm, os machos son os máis
grandes. É inofensivo. Moi raro.
Cobra lagarteira (Coronella austriaca). Mide entre 60 e 75 cm. É inofensiva. Máis
abundante na metade norte. Hiberna de outubro a marzo.
Cobra lagarteira
meridional
(Coronella
girondica). Pode
medir ata 65
cm, dos que 12
correspónden
ao rabo. É
inofensiva.
Común. Hiberna
de outubro a
febreiro.
Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 157 cm. As femias son algo
máis grandes que os machos. Escasa. hiberna de outubro a marzo.
Cobregón ou culebrón (Malpolon monspessulanus). Pode superar os 2 m. As
femias son máis grandes. Ten veneno, pero os dentes que o inxectan están postos
moi atrás na boca e non morde con eles polo que non é perigosa para as persoas.
Frecuente. Hiberna de outubro a marzo.
Cobra viperina
o cobra de auga
(Natrix maura).
Pode medir ata
80 cm, aínda
que poucas
veces pasa dos
50 cm. Non é
venenosa.
Común e
abundante.
Hiberna de
outubro a
marzo.
Cobra de colar (Natrix natrix). Pode medir ata 120 cm. Non é venenosa.
Abundante e común. Hiberna de outubro a marzo.
Víbora fuciñuda
(Vipera latasti ou
Vipera latastei)
Pode medir ata 70
cm, aínda que
raramente chega a
eles. Inxecta
veneno coa súa
mordedura. Escasa
Víbora de Seoane (Vipera seoanei). Pode chegar a 70 cm de lonxitude, pero
non adoita pasar dos 50 a 60. Ten o rabo curto, non chega aos 10 cm.
Inxecta veneno coa súa mordedura. Común. Hiberna de outubro a marzo.
Sapoconcho común (Emys orbicularis). A cuncha pode medir entre 12 e 20
cm. Carnívoro. Moi escaso e só en puntos concretos. Hiberna de outubro a
abril.
Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa). A cuncha pode medir entre 14 e 20
cm. Omnivoro. Cando son novos comen máis carne e cando medran comen máis
vexetais. Moi raro e de distribución moi limitada. Hiberna de outubro a abril.
Ra verde (Rana
perezi). Mide ata 7
cm ou máis.
Aparece por todas
partes. É o máis
común e
abundante dos
anfibios galegos.
Hiberna de
outubro a marzo.
Ra vermella (Rana temporaria). Mide de 3 a 6 cm. Vive nos prados e nos
bosques, só se achega a auga para criar. Pouco común.
Estroza (Hyla
arborea). Mide
entre 3 e 5 cm.
Vive na
vexetación en
zonas húmidas
con boa
cobertura,
preto de augas
de pouco
andar, lagoas e
encoros.
Común.
Sapo común, sapo
cunqueiro (Bufo bufo).
É o sapo máis grande,
con diferencias
importantes de
tamaño entre machos
e femias. Os machos
miden entre 6 e 8 cm e
as femias de 9 a 12 cm.
Vive en prados, hortas,
bosques e lugares con
boa cobertura vexetal.
Común.
E tamén dormen arreo metidos nos seus niños,
para fuxiren do frío, os teixugos e os esquíos.
Teixugo (Meles meles). Mide entre 67 e 80 cm de longo, máis 13 a 18 cm de
rabo, e pesa entre 11 e 13 kg. Algúns exemplares poden chegar a pesar 15 kg.
Ben distribuído pero escaso.
Esquío (Sciurus vulgaris). Mide entre 20 E 30 cm, máis entre 15 e 25 cm de rabo,
e pesa de 250 a 340 gr. Común, case abondosa. Non entra en hibernación aínda
que ten longos períodos de repouso e adormecemento no inverno.
Tamén pasan o inverno agochados moitos bechiños pequenos:
xoaniñas, abellas, bolboretas, grilos, chinches, escaravellos…
E con todo o aprendido xa marchou contento
As imaxes foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa
dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas.
Mon Daporta
a durmir todo o inverno e a agardar o bo tempo

More Related Content

What's hot

Primeiro. bechos pequenos
Primeiro. bechos pequenosPrimeiro. bechos pequenos
Primeiro. bechos pequenosegsumay
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegadosegsumay
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
MonContos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
MonContos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaBtt Xiabre
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaegsumay
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
MonContos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
MonContos
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
MonContos
 
Animais
AnimaisAnimais
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
MonContos
 
Morcegos galegos
Morcegos galegosMorcegos galegos
Morcegos galegos
MonContos
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
MonContos
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
MonContos
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
MonContos
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galiciapilarfzx
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula ppilarfzx
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
MonContos
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
MonContos
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
luarnafraga
 

What's hot (20)

Primeiro. bechos pequenos
Primeiro. bechos pequenosPrimeiro. bechos pequenos
Primeiro. bechos pequenos
 
Réptiles silván, parentes e achegados
Réptiles     silván, parentes e achegadosRéptiles     silván, parentes e achegados
Réptiles silván, parentes e achegados
 
Esquíos
EsquíosEsquíos
Esquíos
 
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos PolosRoque e Raimundo viaxan aos Polos
Roque e Raimundo viaxan aos Polos
 
Os mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de GaliciaOs mamiferos e aves de Galicia
Os mamiferos e aves de Galicia
 
Os morcegos na sabana
Os morcegos na sabanaOs morcegos na sabana
Os morcegos na sabana
 
Morcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planosMorcego Roque, peixes planos
Morcego Roque, peixes planos
 
Morcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteirasMorcego Roque, avenoiteiras
Morcego Roque, avenoiteiras
 
Morcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñasMorcego Roque, as anduriñas
Morcego Roque, as anduriñas
 
Animais
AnimaisAnimais
Animais
 
A galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentesA galiña e os seus parentes
A galiña e os seus parentes
 
Morcegos galegos
Morcegos galegosMorcegos galegos
Morcegos galegos
 
Roque no mar
Roque no marRoque no mar
Roque no mar
 
Roque na Arxentina
Roque na ArxentinaRoque na Arxentina
Roque na Arxentina
 
O pardal.pps
O pardal.ppsO pardal.pps
O pardal.pps
 
Fauna de galicia
Fauna de galiciaFauna de galicia
Fauna de galicia
 
Fauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula pFauna de galicia. paula p
Fauna de galicia. paula p
 
Curuxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos ICuruxas, mouchos e bufos I
Curuxas, mouchos e bufos I
 
Morcego roque o chasco
Morcego roque o chascoMorcego roque o chasco
Morcego roque o chasco
 
Aves de Galicia
Aves de GaliciaAves de Galicia
Aves de Galicia
 

Similar to Animais que hibernan

A rata luisa e os bechos
A rata luisa e os bechosA rata luisa e os bechos
A rata luisa e os bechos
MonContos
 
Bechos pequenos do país
Bechos pequenos do paísBechos pequenos do país
Bechos pequenos do país
MonContos
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
MonContos
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
MonContos
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]egsumay
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
MonContos
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
MonContos
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
monadela
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
MonContos
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
galefas
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
MonContos
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okPaulaReySilva
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
MonContos
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
MonContos
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
MonContos
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
MonContos
 

Similar to Animais que hibernan (18)

A rata luisa e os bechos
A rata luisa e os bechosA rata luisa e os bechos
A rata luisa e os bechos
 
Bechos pequenos do país
Bechos pequenos do paísBechos pequenos do país
Bechos pequenos do país
 
Os que faltaban
Os que faltabanOs que faltaban
Os que faltaban
 
Os sapoconchos I
Os sapoconchos IOs sapoconchos I
Os sapoconchos I
 
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
Os que faltaban os mamíferos [modo de compatibilidad]
 
Roedores
RoedoresRoedores
Roedores
 
voitres.pptx
voitres.pptxvoitres.pptx
voitres.pptx
 
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especiesA protección da natureza en Galiza (II). As especies
A protección da natureza en Galiza (II). As especies
 
Reptiles
ReptilesReptiles
Reptiles
 
Especies protexidas animais
Especies protexidas animaisEspecies protexidas animais
Especies protexidas animais
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Gatos e demais parentes
Gatos e demais parentesGatos e demais parentes
Gatos e demais parentes
 
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. okOs animais típicos dos bosques galegos. ok
Os animais típicos dos bosques galegos. ok
 
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
Outros mamíferos acuáticos (Morcego Roque)
 
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
Mamíferos acuáticos (1) (Morcego Roque)
 
Lémures
LémuresLémures
Lémures
 
Esquios II
Esquios IIEsquios II
Esquios II
 
Gaivotas
GaivotasGaivotas
Gaivotas
 

More from MonContos

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
MonContos
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
MonContos
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
MonContos
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
MonContos
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
MonContos
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
MonContos
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
MonContos
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
MonContos
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
MonContos
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
MonContos
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
MonContos
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
MonContos
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
MonContos
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
MonContos
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
MonContos
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
MonContos
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
MonContos
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
MonContos
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
MonContos
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
MonContos
 

More from MonContos (20)

publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdfpublicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
publicacións Adela Leiro Mon Daporta.pdf
 
rata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptxrata Luisa o estanque.pptx
rata Luisa o estanque.pptx
 
Rata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptxRata Luisa Nadal.pptx
Rata Luisa Nadal.pptx
 
rata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptxrata Luisa fútbol.pptx
rata Luisa fútbol.pptx
 
rata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptxrata luisa disfraces.pptx
rata luisa disfraces.pptx
 
que fan que.pptx
que fan que.pptxque fan que.pptx
que fan que.pptx
 
a rolada.pptx
a rolada.pptxa rolada.pptx
a rolada.pptx
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Serra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptxSerra do Faro de Avión.pptx
Serra do Faro de Avión.pptx
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
petos.pptx
petos.pptxpetos.pptx
petos.pptx
 
Candea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didácticaCandea, Cabanillas unidade didáctica
Candea, Cabanillas unidade didáctica
 
Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009Calendario Cabanillas Candea 2009
Calendario Cabanillas Candea 2009
 
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) IICabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
Cabanillas Salnés (fotógrafos/as) II
 
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
Cabanillas e o Salnés (fotógrafos/as)
 
Paco Leiro
Paco LeiroPaco Leiro
Paco Leiro
 
Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)Agoiña miragreira (Cabanillas)
Agoiña miragreira (Cabanillas)
 
Rata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papelRata Luisa, paxariñas de papel
Rata Luisa, paxariñas de papel
 
Rata Luisa, máis papel
Rata Luisa,  máis papelRata Luisa,  máis papel
Rata Luisa, máis papel
 
Rata Luísa, barcos de papel
Rata Luísa,  barcos de papelRata Luísa,  barcos de papel
Rata Luísa, barcos de papel
 

Animais que hibernan

  • 2. Xa o sol non quece o que antes,
  • 3. polas noites xa fai fresco.
  • 4. Xa se vai acabar o saír… Xa temos aquí o inverno.
  • 5. Nos climas temperados, con grandes variacións de temperatura entre o verán e o inverno, os animais e as plantas teñen adaptacións para poderen sobrevivir cando as circunstancias lle son adversas: uns completan o ciclo vital no período favorable e pasan o inverno en forma de ovo ou de semente, algúns resisten, moitos, maiormente aves, fan longos desplazamentos migratorios e uns poucos hibernan (entran nun período letárxico para aforrar enerxía). Nese estado de quietude (a hibernación), que se pode manter durante días, semanas ou meses, redúceselle o metabolismo a niveis moi baixos e descendelle a temperatura corporal, a frecuencia respiratoria e a actividade cerebral; co que consumen moi pouca enerxía e conseguen superar o período de adversidade, e sobrevivir, grazas ás reservas almacenadas no período de actividade. Leirón rilón hibernando
  • 6. E Roque quixo saber antes de recollerse a invernar que outros bechos da súa contorna tamén o fan.
  • 7. E investigando soupo que arredor da súa casa son máis de medio cento os que no inverno descansan.
  • 8. Os seus parentes todos, o ourizo cacho, os leiróns, os lagartos, escánceres, a osga, as cóbregas o cobregón, as víboras, os sapoconchos e varias rans e sapos métense nos seus agochos para pasar os tempos malos.
  • 9. Morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum). Mide de 56 a 71 mm, máis outros 30 a 40 mm de rabo, e pesa entre 14,5 e 31,5 gr. Atópase amplamente distribuído por toda Galicia. Hiberna de novembro a marzo.
  • 10. Morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros). Mide uns 45 mm, máis outros 23 a 33 mm de rabo, e pesa entre 4,2 e 9 gr. Atópase amplamente distribuído por toda Galicia.
  • 11. Morcego mediterráneo de ferradura ( Rhinolophus euryale). Mide entre 40 e 58 mm, máis outros 22 a 30 mm de rabo, e pesa de 10 a 18 gr. Escaso.
  • 12. Morcego de bigotes (Myotis mystacina). Mide entre 35 e 50 mm máis outros 30 a 43 mm de rabo, e pesa de 4 a 10 gr. Moi raro.
  • 13. Morcego de orellas fendidas (Myotis emarginata). Mide entre 41 e 53 mm, máis outros 38 a 46 mm de rabo, e pesa de 7 a 15 gr. Moi raro.
  • 14. Morcego de Natterer (Myotis nattereri). Mide de 42 a 50 mm, máis outros 32 a 47 mm de rabo, peso 5 a 12 gr. Raro.
  • 15. Morcego de Bechestein (Myotis bechsteinii). Mide de 45 a 55 mm, máis outros 34 a 45 mm de rabo, e pesa entre 7 e 14 gr. Moi raro.
  • 16. Morcego rateiro grande (Myotis myotis). Mide de 67 a 80mm, máis outros 45 a 60 mm de rabo, e pesa de 18 a 45 gr. Distribución irregular.
  • 17. Morcego rateiro mediano (Myotis blythii). Mide de 59 a 74 mm, máis outros 46 a 60 mm de rabo, e pesa de 15 a 29,5 gr. Moi raro.
  • 18. Morcego das ribeiras (Myotis daubentonii). Mide de 41 a 55 mm, máis outros 30 a 44 mm de rabo, e pesa de 6,5 a 15 gr. Escaso.
  • 19. Morcego común (Pipistrellus pipistrellus). Mide de 33 a 52 mm, máis outros 23 a 36 mm de rabo, e pesa de 3,5 a 8 gr. Común. É o máis pequeno dos morcegos galegos.
  • 20. Morcego do monte (Hypsugo savii). Mide de 40 a 54 mm, máis outros 31 a 43 mm de rabo, e pesa de 5 a 10 gr. Moi raro.
  • 21. Morcego rubio (Nyctalus noctula). Mide de 60 a 82 mm ,máis outros 41 a 60 mm de rabo, e pesa de 15 a 40 gr,. Moi raro.
  • 22. Morcego das hortas (Eptesicus serotinus). Mide de 62 a 82 mm, máis outros 46 a 57 mm de rabo, e pesa de 14 a 35 gr. Distribución irregular.
  • 23. Morcego das fragas (Barbastella barbastellus). Mide de 44 a 58 mm, máis outros 38 a 54 mm de rabo, e pesa de 5,6 a 13,5 gr. Raro en Galicia.
  • 24. Morcego orelludo común (Plecotus auritus). Mide de 41 a 53 mm, máis outros 34 a 55 mm de rabo, e pesa de 4,6 a 12 gr. Escaso en Galicia
  • 25. Morcego orelludo meridional ( Plecotus austriacus). Mide de 39 a 58mm, máis outros 37 a 55 mm de rabo, e pesa de 5 a 15 gr. Moi raro en Galicia.
  • 26. Morcego das covas (Miniopterus schreibersii). Mide de 50 a 62 mm, máis outros 56 a 64 mm de rabo, e pesa de 8 a 20,8 gr. Escaso en Galicia
  • 27. Morcego rabudo (Tadarida teniotis). Mide de 81 a 92 mm, máis outros 44 a 57 mm de rabo, e pesa de 22 a 54 gr. Escaso en Galicia
  • 28. Ourizo cacho (Erinaceus europaeus). Mide ata 30 cm de lonxitude, máis entre 2 e 4 cm de rabo, e pesa arredor de 1 kg. Os machos son algo máis grandes e máis pesados que as femias. Común, aínda que en descenso. Durante a hibernación, de outubro a marzo, perden a metade do seu peso.
  • 29. Leirón rilón (Myoxus glis). Mide entre 14 e 19 cm, máis 11 a 13 cm de rabo, e pesa entre 120 e 150 gr. É o máis grande dos leiróns. Escaso e irregularmente distribuído, hiberna de outubro a abril.
  • 30. Leirón careto (Eliomys quercinus). Mide entre 12 e 17 cm, máis entre 9 e 13,5 cm de rabo, e pesan entre 50 e 150 gr. Acadan o peso máis alto antes de hibernar. Amplamente distribuído en zonas arboradas. Hiberna de outubro a marzo.
  • 31. Lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi). Pode medir ata 36 cm, dos que 2/3 son de rabo. Común e amplamente distribuído. Hiberna de outubro a marzo.
  • 32. Lagarto arnal, lagarto arnau (Timón lepida). Pode medir máis de 60 cm, aínda que poucas veces pasa dos 45, dos que máis da metade son de rabo.Ben distribuído. Máis abundante na metade sur da costa. Hiberna de outubro a marzo.
  • 33. Lagarta da serra (Iberolacerta monticola). Pode superar os 20 cm, máis da metade pertencen ao rabo, e pesar de 6 a 10 gr. Escasa. Hiberna de outubro a abril.
  • 34. Lagarta galega (Podarcis bocagei). Pode medir ata 20 cm, un pouco máis da metade son de rabo. Endémica do noroeste da Península Ibérica. Común. Hiberna de outubro a marzo.
  • 35. Lagara dos penedos (Podarcis hispanicus). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla a medida do corpo. Común na metade sur e máis escasa cara ao norte. Hiberna de outubro a abril
  • 36. Lagarta dos muros (Podarcis muralis). Mide ata 20 cm, a medida do rabo dobla á medida do corpo. Rara e de distribución moi limitada.
  • 37. Lagarta das brañas (Zootoca vivipara). Pode medir ata 30 cm, o corpo non chega a 12cm. Rara.
  • 38. Lagarta rabuda (Psammodromus algirus). O corpo pode medir ata 7,5 cm e o rabo tres veces máis, ata 23 cm. Escasa, só presente na metade sur. Hiberna de novembro a febreiro.
  • 39. Lagarta cinsenta (Psammodromus hispanicus). Mide uns 15 cm, dos que de 8 a 10 son de rabo. Escasa e de distribución limitada. Hiberna de outubro a marzo.
  • 40. Osga, salmantesa (Tarentola mauritanica). Mide de 15 a 19 cm, a metade son de rabo. Rara e limitada a puntos moi concretos.
  • 41. Esgonzo ibérico (Chalcides bedriagai). Pode medir ata 16 cm, a metade son de rabo. As femias son algo máis grandes.. pode pesar entre 4 e 9,5 gr. É inofensivo. Escaso e disperso. Hiberna de outubro a marzo.
  • 42. Esgonzo común (Chalcides striatus). Mide entre 30 e 40 cm, algo máis da metade correspónde ao rabo. É inofensivo. Común e abundante nas áreas costeiras. Hiberna de outubro a marzo.
  • 43. Escancer (Anguis fragilis). É un lagarto sen patas. Os machos miden de 30 a 40 cm e as femias poden chegar a 50 cm. É un animal inofensivo. Abundante e ben distribuído. É un animal moi lonxevo. Hiberna de outubro a marzo.
  • 44. Escancer cego (Blanus cinereus). Poden acadar 25 cm, os machos son os máis grandes. É inofensivo. Moi raro.
  • 45. Cobra lagarteira (Coronella austriaca). Mide entre 60 e 75 cm. É inofensiva. Máis abundante na metade norte. Hiberna de outubro a marzo.
  • 46. Cobra lagarteira meridional (Coronella girondica). Pode medir ata 65 cm, dos que 12 correspónden ao rabo. É inofensiva. Común. Hiberna de outubro a febreiro.
  • 47. Serpe riscada (Rhinechis scalaris). Pode medir ata 157 cm. As femias son algo máis grandes que os machos. Escasa. hiberna de outubro a marzo.
  • 48. Cobregón ou culebrón (Malpolon monspessulanus). Pode superar os 2 m. As femias son máis grandes. Ten veneno, pero os dentes que o inxectan están postos moi atrás na boca e non morde con eles polo que non é perigosa para as persoas. Frecuente. Hiberna de outubro a marzo.
  • 49. Cobra viperina o cobra de auga (Natrix maura). Pode medir ata 80 cm, aínda que poucas veces pasa dos 50 cm. Non é venenosa. Común e abundante. Hiberna de outubro a marzo.
  • 50. Cobra de colar (Natrix natrix). Pode medir ata 120 cm. Non é venenosa. Abundante e común. Hiberna de outubro a marzo.
  • 51. Víbora fuciñuda (Vipera latasti ou Vipera latastei) Pode medir ata 70 cm, aínda que raramente chega a eles. Inxecta veneno coa súa mordedura. Escasa
  • 52. Víbora de Seoane (Vipera seoanei). Pode chegar a 70 cm de lonxitude, pero non adoita pasar dos 50 a 60. Ten o rabo curto, non chega aos 10 cm. Inxecta veneno coa súa mordedura. Común. Hiberna de outubro a marzo.
  • 53. Sapoconcho común (Emys orbicularis). A cuncha pode medir entre 12 e 20 cm. Carnívoro. Moi escaso e só en puntos concretos. Hiberna de outubro a abril.
  • 54. Sapoconcho riscado (Mauremys leprosa). A cuncha pode medir entre 14 e 20 cm. Omnivoro. Cando son novos comen máis carne e cando medran comen máis vexetais. Moi raro e de distribución moi limitada. Hiberna de outubro a abril.
  • 55. Ra verde (Rana perezi). Mide ata 7 cm ou máis. Aparece por todas partes. É o máis común e abundante dos anfibios galegos. Hiberna de outubro a marzo.
  • 56. Ra vermella (Rana temporaria). Mide de 3 a 6 cm. Vive nos prados e nos bosques, só se achega a auga para criar. Pouco común.
  • 57. Estroza (Hyla arborea). Mide entre 3 e 5 cm. Vive na vexetación en zonas húmidas con boa cobertura, preto de augas de pouco andar, lagoas e encoros. Común.
  • 58. Sapo común, sapo cunqueiro (Bufo bufo). É o sapo máis grande, con diferencias importantes de tamaño entre machos e femias. Os machos miden entre 6 e 8 cm e as femias de 9 a 12 cm. Vive en prados, hortas, bosques e lugares con boa cobertura vexetal. Común.
  • 59. E tamén dormen arreo metidos nos seus niños, para fuxiren do frío, os teixugos e os esquíos.
  • 60. Teixugo (Meles meles). Mide entre 67 e 80 cm de longo, máis 13 a 18 cm de rabo, e pesa entre 11 e 13 kg. Algúns exemplares poden chegar a pesar 15 kg. Ben distribuído pero escaso.
  • 61. Esquío (Sciurus vulgaris). Mide entre 20 E 30 cm, máis entre 15 e 25 cm de rabo, e pesa de 250 a 340 gr. Común, case abondosa. Non entra en hibernación aínda que ten longos períodos de repouso e adormecemento no inverno.
  • 62. Tamén pasan o inverno agochados moitos bechiños pequenos: xoaniñas, abellas, bolboretas, grilos, chinches, escaravellos…
  • 63. E con todo o aprendido xa marchou contento
  • 64. As imaxes foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade e agardo que saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta a durmir todo o inverno e a agardar o bo tempo