Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletin abril 2018

210 views

Published on

Boletín de abril de la parroquia de San Francisco de Asís de Los Tilos, Teo, A Coruña.

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletin abril 2018

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 206 - Abril 2018 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS A SEMANA SANTA CULMINA COA PASCUA Quen lembra a frase da silueta humana que presidiu o tempo coresmal? Recordades que ao longo das cinco semanas coresmais, debaixo da silueta de cor negra, iamos descubrindo, en fondo verde, palabras que, rematado o tempo coresmal, formaban unha frase: A PALABRA CONVÉRTESE EN CAMIÑO DE LUZ E DE VIDA. Esta frase era unha invitación a que a PALABRA DE DEUS se convertese para todos nós en camiño alumeado e cheo de vida a través do deserto coresmal. Rematada a Coresma fomos invitados a participar física e espiritualmente nos misterios da Paixón, Morte e Resurrección de Xesús. Son os grandes acontecementos da nosa salvación, nados no Nadal e completados coa festa de Pentecoste. O sobrenome de Semana Santa vén dado porque, ao longo destes días, des- cubrimos que non debemos quedarnos nin na Paixón nin na Morte de Xesús, pero si que son necesarios para comprender o grande acontecemento: Cristo resucitou! El anticípanos o grande anuncio da nosa fe, proclamado por S. Paulo: “Se morremos con el, viviremos con el. Se perseveramos, reinaremos con el” (Tim. 2, 12-13). A silueta humana de cor esperanza converterase, na Pascua, en cor branca (cor alegre por excelencia). Esta comezará cun grande anuncio: Cristo resu- citou!, que iremos completando ao longo das sete semanas en Pascua de Resurrección. Permanezamos atentos á gran mensaxe que iremos descubrin- do. Aleluia. O Señor resucitou. Aleluia! CONTAS PARROQUIAIS ANUAIS O pasado día 18 de marzo celebrouse a Asemblea parroquial na que se aproba- ron as contas do ano 2017 coas seguintes cifras e conceptos: INGRESOS Aranceis e servizos 150,00 Colectas parroquiais 9.762,84 Petos parroquiais 1.627,02 Doazóns de fregueses 7.454,00 Cotas de fregueses 18.515,10 Outros ingresos 624,00 Colectas para Cáritas 4.100,45 Petos de Cáritas 3.675,00 Cáritas diocesana 200,00 Colectas especiais 2.610,13 Total 48.718,54 GASTOS Papelería e boletín 326,95 Catequese e litúrxicos 647,35 Actividades parroquiais e coro 2.058,67 Culto e liturxia 1.308,40 Decoración e lavandería 2.075,00 Mantemento e xardíns 1.051,62 Mantemento eléctrico 3.355,19 Seguro xeral 1.156,27 Comisións e bancarios 579,55 Electricidade 1.155,95 Auga 276,27 Gasóleo calefacción (dev.) -839,57 Outros servizos 336,85 Correos e mensaxería 41,50 Teléfono e ADSL 1.349,79 Achegas a Cáritas 4.100,45 Cáritas parroquial 13.893,55 Colectas especiais 2.610,13 Contribución coa Diocese 2.796,00 Liquidación IVE (2016-2017) 927,62 Total 39.207,54 RESULTADO 9.511,00
  2. 2. É motivo no terceiro facernos ver que aos propios discípulos non lles foi doado crer e avanzar na fe, xa que, como vemos, no encontro co Resucitado foi onde se lles abriron os ollos que lles fixeron entender as Escrituras. Tamén as nosas dúbidas ou incertezas fannos ser máis sinxelos na busca da verdade, incluso nos axuda a relativizar ideas e imaxes idílicas que fomos adquirindo na nosa mente pero que aínda non moven o noso corazón. Unha vez máis o xesto de Xesús ao repartir o pan foi capaz de abrirlles os ollos e emocionalos. No cuarto domingo é a imaxe do Bo Pastor. A firmeza con que Xesús di “eu son…” fainos reconsiderar o valor de fiarnos de Xesús e que neste momento contrasta coa posición de moitos per- soeiros que nos dirixen, e que parece que son os donos do ser e da vida: líde- res da economía, da política, do cientí- fico… e ás veces tamén do eclesiásti- co. O certo é que o “eu son” de Xesús ten unha forza especial. O Papa Francisco coa súa actitude sin- xela, humilde, práctica e próxima esta- lle a dar un aire novo á nosa Igrexa para que sexa crible e recoñecida. O quinto domingo adiántanos e repíte- nos que dar froitos depende fundamen- talmente da nosa permanencia en Xesús. Non vale unha permanencia por momentos ou circunstancial: non vale celebrar a misa o domingo e o luns esquecernos de todo o celebrado. O día 1 de abril é o gran día da Pascua despois de ter vivido nos últimos días como e ata onde se entrega Xesús por amor. A vida e a resurrección descóbrense no amor, ao partir o pan, na solidariedade, na liberdade… pero houbo moitas per- soas que aínda coñecendo a Xesús non o chegaron a amar porque tiñan outras prioridades. Pasou cos seus contempo- ráneos como el mesmo nos lembra no Evanxeo, pero tamén pasa hoxe entre os cristiáns que non acabamos de ser testemuñas cribles e fiables. Para os crentes, neste día comeza un amañecer novo, moi especial… porque a lousa xa non tapaba o sepulcro e a morte fora derrotada. Durante os demais domingos de abril seguiremos afondando nas consecuen- cias da resurrección. No segundo domingo, o texto de Feitos trasládanos á comunidade de Xerusalén que vivía con xestos sinxe- los e diarios, expresando a súa alegría e a súa comuñón. Porque vivir e solucio- nar os problemas e limitacións de cada un era compartir as mesmas necesida- des. Aquela comunidade compartía e ao mesmo tempo se alimentaba “coa ensinanza dos apóstolos, na fracción do pan e nas oracións”. Todo isto debí- an facelo con moita convicción porque impresionaban aos que os vían e coñe- cían. Eran ben vistos. Na Pascua percibimos mellor ca nunca o valor da entrega e do servi- zo –ao modo de Cristo– que nos conduce a unha grande alegría (feli- cidade) que nos fai vivir coma se voásemos, reconfortados en que a intensidade dunha vida de servizo nos libera, nos iguala e nos recom- pensa coa paz. Se profundizamos na forza evanxeli- zadora da caridade e da acción social, entendemos que a Igrexa da Pascua existe para evanxelizar e fai a Boa Nova crible e énchea de espe- ranza. Quen se pode sentir defraudado des- pois da resurrección de Xesús? A Igrexa existe para evanxelizar e a misión de cada cristián é a de facer presente a boa noticia non só de que Xesús naceu entre nós, senón de que resucitou para nós. O amor de Deus quedou manifestado na entrega de Cristo e ante a súa Ascensión queda- mos nós co compromiso de facer presente o amor divino. O servizo caritativo e social expresa por si mesmo o amor de Deus. Está recente a mensaxe do Xoves Santo: “nisto coñecerán que sodes meus discípulos, se vos amades uns a outros, que vos amedes todos” (que todos sexamos un). A caridade é evanxelizadora e mos- tra de fraternidade entre os homes, base da convivencia cívica e motor dun verdadeiro desenvolvemento. PASCUA DE RESURRECCIÓN 1.- Domingo de Pascua de Resurrección. Só hai misa ás 12. 2.- Grupo de oración. Dirixe o P. Ignacio, xesuíta, ás 20,30. 7.- Dende Ferrol peregrinamos polo Camiño Inglés. 8.- Prosegue o curso de catequese, ás 11 da mañá. 15.- Reunión de pais/nais de nenos/as que recibirán este ano os sacramentos da Penitencia e da Eucaristía, ás 11 da mañá, no salón de actos da Asociación. 16.- Grupo de oración, ás 19,30. 19.- Grupo de Cáritas, ás 20,30. 30.- Grupo de reflexión, ás 20,30. Defuncións: Ramona Posse Iglesias (15-03-2018) María Manuela Pena Liñares (22-03- 2018) María Trigo Ouviña (26-03-2018) PARROQUIA VIVA ACONTECEMENTOS CÁRITAS

×