SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
PARROQUIA
SAN FRANCISCO DE ASIS
OS TILOS
BOLETÍN
PARROQUIAL
Curso 2013 - 2014
Número 167
Polos
froitos
coñecerédelos
Impreso postal sen dirección
INFORMACIÓNS
A TER EN CONTA
CATEQUESE INFANTIL E DE ADOLESCENTES
Domingos: ás 11 da mañá.
Comenza aos 6 anos. (1º de Primaria).
Segue despois da Primeira Comuñón.
Aos 12 anos hai dúas opcións: Continuar en grupos de catequese ou integrarse en grupos XEC.
Os mozos e mozas confirmaranse, se están preparados, aos 18 anos.
É necesario preinscribirse en Setembro.
CATEQUESE ADULTOS
Grupo de formación cristiá para xente xove e adulta, o día e a hora sinálase de acordo co catequista.
COMISIÓNS PARROQUIAIS
Hai catro comisións que conforman o Consello Pastoral Parroquial:
· Cáritas: Atende os máis desfavorecidos. Tamén trata de sensibilizar á comunidade e promover a comunicación cristiá de
bens, así como un novo estilo de vida menos consumista.
· Evanxelización: Catequese, Biblia, Adultos, XEC. Os catequistas reúnense semanalmente antes da catequese. Grupos
de coordinación por niveis.
· Liturxia: Lecturas da misa, adorno e limpeza do Templo, Coro (voces e instrumentos), preparación das celebracións.
· Economía e obras: Control de ingresos e gastos, obras de mantemento e novas iniciativas.
MISAS
Diaruas:
De Setembro a Xullo: 8 do serán.
En Agosto non a hai.
Domingos e Festivos:
De Setembro a Xullo: ás 10 e 12 da mañá.
En Agosto: ás 11 da mañá.
Véspera de Domingos e Festivos:
Setembro - Xullo: 8 do serán (en galego).
Agosto: ás 9 do serán (en galego).
CALENDARIO
CONSELLO PASTORAL DA PARROQUIA DOS TILOS
CURSO 2013-2014
SETEMBRO
21 Comezo do Camiño dende O Cebreiro a Triacastela.
28 Asemblea Parroquial, de 10 a 13 horas.
OUTUBRO
3 Reunión de catequistas, ás 20,30.
5. 2ª etapa do Camiño de Triacastela a Sarria, saída ás 7,30 da
mañá. Asemblea diocesana no Colexio La Salle, das 9,30 ás
14. Cantando no serán. Vl Encontro de Corais, no templo pa-
rroquial, ás 20,30, coa Participación de:
-Coral Polifónica de Ferrol
-Grupo de canto Aleceia
Organiza: Grupo de canto Aleceia
6 Festa do noso patrón, S. Francisco de Asís. Celebración euca-
rística ás 12,00, seguido da festa do compartir. Os alimentos
e as bebidas débense levar ó salón de actos, antes das 11,30.
13 Comezo do curso catequético. Catequese parroquial ás 11,00,
seguida da Eucaristía ás 12.
19 3ª etapa do Camiño de Sarria a Portomarín.
20 Día do Domund (Xornada mundial das misións).
25 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30.
30 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.
NOVEMBRO
1 Festa de Todos os Santos.
2 Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20.
27 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.
DECEMBRO
1 Primeiro domingo de Advento.
8 Festa da lnmaculada Concepción.
11 Reunión de Cáritas “Campaña de Nadal” ás 20,30.
15 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11.
25 Nadal. Só haberá misa ás 12.
29 Festa da Sagrada Familia.
XANEIRO
1 Festa de Santa María, Nai de Deus. Só haberá misa ás 12.
6 Festa dos Reis Magos.
12 Prosegue o curso catequético, ás 11.
24 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30.
FEBREIRO
2 Presentación do Señor. Bendición das candeas, ás 10 e ás 12.
7 Cea de Mans Unidas, ás 21.
9 Xornada de Mans Unidas. Colecta.
26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20, 30.
MARZO
5 Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala
o comezo da Coresma.
16. Asemblea Parroquial, ás 12,30.
19 Festa de S. Xosé.
26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.
30 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11.
ABRIL
13 Domingo de Ramos. Bendición dos Ramos antes da misa de 12.
17, 18, 19 Triduo Pascual
20 Pascua de Resurrección. Só hai misa ás 12.
23 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.
MAIO
28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30.
XUÑO
1 Ascensión do Señor. XVIII aniversario da consagración do tem-
plo parroquial.
6 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30.
8 Pentecoste. Confirmacións ás 12.
15 Santísima Trindade. Final de curso catequético.
20 Cea parroquial, ás 22.
21 Celebración do perdón, ás 6 da tarde.
22 Corpus Christi. Día nacional da Caridade. Primeiras Comuñóns,
ás 12.
28 Primeiras Comuñóns , ás 5.
9 Primeiras Comuñóns, ás 12.
SETEMBRO
27 Asemblea Parroquial preparatoria do novo curso.
Actividades e celebracións mensuais ou semanais
Primeiros domingos Xornada parroquial de Cáritas.
Primeiros xoves Formación de catequistas de 9:30 a 11 da noite.
Últimos luns Reunión da Comisión de Liturxia ás 8:30 do serán.
Últimos mércores Reunión da Comisión de Cáritas ás 8:30 do serán.
Últimos xoves Oración comunitaria ás 8:30 do serán.
Todos os venres Ensaio do coro parroquial de 8:30 a 10 da noite.
FALTAN DOUS ANOS
No ano 2015 esta comunidade parroquial celebrará ás Vodas de Prata parroquiais. Coin-
cidindo co 800 aniversario da peregrinación de S. Francisco de Asís –o noso patrón– a San-
tiago de Compostela, queremos centrar o noso estilo de vida cristián á do noso patrón, iso
si, sen desmarcarnos do Plan Pastoral Diocesano que, centrado este trienio na Palabra de
Deus, remata este curso baixo o lema: “Polos seus froitos coñecerédelos”.
Iniciando unha serie de propostas para celebrar este gran acontecemento, o pasado 21
de Setembro, comezamos o Camiño de Santiago dende O Cebreiro rematando, esta etapa,
en Triacastela.
Facía 800 anos un peregrino ilustre, S. Francisco de Asís, iniciaba este camiño por te-
rras galegas. Pasiño a pasiño, intentando experimentar e revivir o Cántico das Criaturas, un
grupo de trinta e seis peregrinos iniciamos este reto.
Madrugamos, chegamos a O Cebreiro, e alí, Frai Xosé, da comunidade franciscana no
Cebreiro, presidiu a nosa oración da mañá. Comezamos rezando o Cántico das Criaturas
para recordarnos, na pregaria, o que iamos revivir cos nosos sentidos: ¡Que marabilla de
natureza: vales, árbores, arbustos, vacas, aldeíñas perdidas por aquelas montañas, moitos
peregrinos! Todo invitaba a rezar e dar grazas. Pasiño a pasiño, uns máis rápidos ca outros,
chegamos ó alto do Poio; un pouco de descanso para admirar o andado e repoñer forzas.
Seguimos por aquela impresionante chaira de Fonfría e Hospìtal. Cada quen íase arreque-
cendo coa compaña e co saúdo animoso dos demais peregrinos, ou cos seus momentos de
silencio e oración. A todos nos acompañaba o Señor, sorteando os pelouros e o moito po que
nos daba a oportunidade de deixar ás nosas pegadas marcadas no camiño.
Por fin chegamos a Triacastela. En todos se notaba o cansazo e os sinais do esforzo nos
nosos músculos. Todos contentos subimos ó autobús camiño de volta a Santiago. De novo
subiremos a el, o próximo día 5 de Outubro, para facer a segunda etapa de Triacastela a
Sarria.
Agora só nos queda seguir facendo realidade o lema do plan pastoral diocesano para
este curso: “Polos seus froitos coñecerédelos”.
Seremos capaces de dar froitos, e bos? Seguro que sí.
O curso que comezamos, como o Camiño a Santiago, é unha nova oportunidade de ser
testemuñas do Señor, imitando a S. Francisco de Asís.
Paz e ben, Benjamín.
seus
boletin tilos 167.qxp_Layout 1 04/10/13 09:31 Página 1
Pido a todos os diocesanos asumir o compromiso do Plan Pastoral Diocesano coa súa colaboración e dis-
poñibilidade, pois estou seguro de que a súa posta en práctica axudará á edificación espiritual na nosa ta-
refa apostólica. Encomendando esta intención ao patrocinio do Apóstolo Santiago e á intercesión da Virxe
María, saúdavos e bendice no Señor,
UNHA PARROQUIA QUE SERVE
ATENCIÓN PARROQUIAL
Horario: 6:30 - 7:30 da tarde. (tódolos días, menos
sábados e domingos).
Horario extra: Concertar por tef.: 981 801 315.
CENSO PARROQUIAL
Unha maneira de sentirse membro da parroquia é
censándose nela. Hai uns impresos na parroquia
para facelo.
ECONOMÍA PARROQUIAL
Tódolos servicios parroquiais son gratuítos, excepto
para aquelas persoas que, podendo, non colaboran no
sostemento da vida parroquial. Isto quere dicir que de-
bemos colaborar economicamente a sufragar os gas-
tos da parroquia.
Tódolos ingresos, gastos e obras son xestionadas pola
Comisión de Economía e Obras da parroquia.
Hai xente que aporta libremente (ben por domici-
liación bancaria ou ben persoalmente) unha cota fixa
ó mes. Outros fano con donativos.
Hai algunhas familias que non poden colaborar e pro-
cúrase axudalas. Trátase de compartir.
Cada ano, na Asemblea Parroquial, infórmase ós
colaboradores, comunícanselles tódolos ingresos
e gastos.
Cremos que a mellor forma de colaborar é a de cotas
mensuais con domiciliación bancaria, pois, dese
xeito, podemos programar o ano contando xa cuns
fondos fixos.
Tódalas aportacións económicas (cotas ou donativos)
desgravan na Declaración da Renda (15%). A Parro-
quia envíalle certificado a cada colaborador a princi-
pios de ano.
CELEBRACIÓNS SACRAMENTAIS
BAUTIZOS
Celebraranse os primeiros domingos de mes na misa pa-
rroquial das 12.
Tamén os terceiros sábados de mes ás 8 do serán.
Avisar con tempo na parroquia para a súa preparación.
CONFIRMACIÓNS
Preparación semanal durante, polo menos, dous cursos
a partir dos 16 anos. Ademais se hai adultos que des-
exen confirmarse haberá preparación durante este curso
en horario a convir.
ENFERMOS (VISITAS)
Para a visita ós enfermos, débese avisar ó párroco no
teléfono 981 801 315.
MATRIMONIOS
Avisar na Parroquia 2 ou 3 meses antes do Matrimonio.
É moi importante a preparación. Hai encontros de noivos
(primeira semana do mes) ou cursiños (última semana).
PENITENCIA
Haitrescelebraciónscomunitariasconconfesiónindividual.
Tamén se pode solicitar, sempre que se desexe, contac-
tando co párroco.
PRIMEIRAS COMUÑÓNS
Dous cursos de preparación: ós 7 e 8 anos.
Celebracións comunitarias.
A partir do mes de Decembro, reunións cos pais/nais os
terceiros venres de mes.
D./Dª.
con domicilio en
Teléfono NIF
desexa contribuír coa economía parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos
(Teo) cunha cota mensual de € a cargar na conta
Os Tilos, de de 200
Asinado:
D./Dª.
con domicilio en
Teléfono DNI
Desexa participar en:
Comisión de Cáritas
Comisión de Evanxelización:
como catequista
como catequizando
Comisión de Liturxia
coro (canto ou instrumento)
decoración
lector
limpeza
celebracións
Comisión de Economía e Obras
UNHA PARROQUIA QUE TAMÉN É TÚA
Aportación económica á parroquia
Colaboración coa parroquia
En todas as comisións se necesitan colaboradores. Infórmate na Parroquia; sempre serás benvido. Fai chegar os teus datos á parroquia.
¡Garda este boletín, pode serche útil! GRAZAS.
boletin tilos 167.qxp_Layout 1 04/10/13 09:31 Página 2

More Related Content

What's hot (19)

Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015Boletin decembro 2015
Boletin decembro 2015
 
Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016Boletin mayo 2016
Boletin mayo 2016
 
Boletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 newBoletin diciembre17 new
Boletin diciembre17 new
 
Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013Boletin novembro 2013
Boletin novembro 2013
 
Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016 Boletin xaneiro 2016
Boletin xaneiro 2016
 
Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016Boletín novembro 2016
Boletín novembro 2016
 
Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013Boletin decembro 2013
Boletin decembro 2013
 
Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014Boletin marzo 2014
Boletin marzo 2014
 
Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18Boletin xaneiro 18
Boletin xaneiro 18
 
Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014Boletin xaneiro 2014
Boletin xaneiro 2014
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181Boletin maio 2015 nº 181
Boletin maio 2015 nº 181
 
Xanela13f
Xanela13fXanela13f
Xanela13f
 
Bolenovembro18
Bolenovembro18Bolenovembro18
Bolenovembro18
 
Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2Hoja parroquial Contigo 2
Hoja parroquial Contigo 2
 
Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014Boletin xuño 2014
Boletin xuño 2014
 
Semana del 6 al 12 de abril
Semana del 6 al 12 de abrilSemana del 6 al 12 de abril
Semana del 6 al 12 de abril
 
Relixiosidade popular moraña
Relixiosidade popular morañaRelixiosidade popular moraña
Relixiosidade popular moraña
 
3º pascua c 2013
3º pascua c  20133º pascua c  2013
3º pascua c 2013
 

Viewers also liked (20)

maileth
mailethmaileth
maileth
 
A Nova Ordem da Comunicação Institucional
A Nova Ordem da Comunicação Institucional A Nova Ordem da Comunicação Institucional
A Nova Ordem da Comunicação Institucional
 
Nova apresentacao
Nova apresentacaoNova apresentacao
Nova apresentacao
 
Certificates
CertificatesCertificates
Certificates
 
printCertificate.do
printCertificate.doprintCertificate.do
printCertificate.do
 
MAGPRO35
MAGPRO35MAGPRO35
MAGPRO35
 
Diseño de un diagnóstico en educación
Diseño de un diagnóstico en educaciónDiseño de un diagnóstico en educación
Diseño de un diagnóstico en educación
 
Śniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje MocŚniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje Moc
 
Śniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje MocŚniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje Moc
 
Lenguaa1
Lenguaa1Lenguaa1
Lenguaa1
 
A formacao-profissionais-para-eja
A formacao-profissionais-para-ejaA formacao-profissionais-para-eja
A formacao-profissionais-para-eja
 
Licenca Tomic
Licenca TomicLicenca Tomic
Licenca Tomic
 
Fotocopia detergentes gelificados
Fotocopia detergentes gelificadosFotocopia detergentes gelificados
Fotocopia detergentes gelificados
 
Colegio nacional nicolas esguerra
Colegio nacional nicolas esguerra  Colegio nacional nicolas esguerra
Colegio nacional nicolas esguerra
 
Catalog LR 2013-2
 Catalog LR 2013-2 Catalog LR 2013-2
Catalog LR 2013-2
 
Sistema Cesion Contenidos Workflow
Sistema Cesion Contenidos WorkflowSistema Cesion Contenidos Workflow
Sistema Cesion Contenidos Workflow
 
componntes de un computador
componntes de un computadorcomponntes de un computador
componntes de un computador
 
Franquicias Argentinas en el Mundo- Investigación anual del Estudio Canudas- ...
Franquicias Argentinas en el Mundo- Investigación anual del Estudio Canudas- ...Franquicias Argentinas en el Mundo- Investigación anual del Estudio Canudas- ...
Franquicias Argentinas en el Mundo- Investigación anual del Estudio Canudas- ...
 
Śniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje MocŚniadanie Daje Moc
Śniadanie Daje Moc
 
Tallers guinardo caixes i manipulat
Tallers guinardo caixes i manipulatTallers guinardo caixes i manipulat
Tallers guinardo caixes i manipulat
 

Similar to Boletin tilos 167

Similar to Boletin tilos 167 (16)

Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014Boletín octubre 2014
Boletín octubre 2014
 
Boletin otono17 new
Boletin otono17 newBoletin otono17 new
Boletin otono17 new
 
Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18Bole parroquial outono18
Bole parroquial outono18
 
Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2Boletin maio 2014 2
Boletin maio 2014 2
 
Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018Folla parroquial xaneiro 2018
Folla parroquial xaneiro 2018
 
Bolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 newBolmarzo 2 new
Bolmarzo 2 new
 
Aniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallegoAniversario ordenacion Papa_gallego
Aniversario ordenacion Papa_gallego
 
Xoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilosXoves santo na casa 2020 os tilos
Xoves santo na casa 2020 os tilos
 
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdfCALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
CALENDARIO PARROQUIAL 22-23.pdf
 
Carta pastoral Pentecoste
Carta pastoral  PentecosteCarta pastoral  Pentecoste
Carta pastoral Pentecoste
 
Semana del 21 al 27 de enero
Semana del 21 al 27 de eneroSemana del 21 al 27 de enero
Semana del 21 al 27 de enero
 
Semana del 1 al 7 de octubre
Semana del 1 al 7 de octubreSemana del 1 al 7 de octubre
Semana del 1 al 7 de octubre
 
Boletin abril 2018
Boletin abril 2018Boletin abril 2018
Boletin abril 2018
 
6 bautismo do señor a 2014 bene pagola
6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola6 bautismo do señor  a 2014 bene pagola
6 bautismo do señor a 2014 bene pagola
 
10º corpus christi 2015 b bene pagola
10º corpus christi 2015  b  bene pagola10º corpus christi 2015  b  bene pagola
10º corpus christi 2015 b bene pagola
 
Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011Día do SEMINARIO 2011
Día do SEMINARIO 2011
 

More from parroquiadostilos

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adoradorparroquiadostilos
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNparroquiadostilos
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALparroquiadostilos
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfparroquiadostilos
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoparroquiadostilos
 

More from parroquiadostilos (8)

ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un AdoradorADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
ADORACIÓN EUCARÍSTICA. invitación a ser un Adorador
 
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓNEXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
EXCURSIÓN DA PARROQUIA DO 15 DE XUÑOINFORMACIÓN
 
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIALexcursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
excursión fin curso parroquial.pdf EXCURSIÓN PARROQUIAL
 
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdfDIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
DIPTICO Peregrinación Portugal y Vía de la Plata Os Tilos 2024.definitivo.pdf
 
Rugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundoRugido capaz de sacudir al mundo
Rugido capaz de sacudir al mundo
 
Boletin abril0001
Boletin abril0001Boletin abril0001
Boletin abril0001
 
Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014Boletin febreiro 2014
Boletin febreiro 2014
 
Comic jmj-2013
Comic jmj-2013Comic jmj-2013
Comic jmj-2013
 

Boletin tilos 167

  • 1. PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASIS OS TILOS BOLETÍN PARROQUIAL Curso 2013 - 2014 Número 167 Polos froitos coñecerédelos Impreso postal sen dirección INFORMACIÓNS A TER EN CONTA CATEQUESE INFANTIL E DE ADOLESCENTES Domingos: ás 11 da mañá. Comenza aos 6 anos. (1º de Primaria). Segue despois da Primeira Comuñón. Aos 12 anos hai dúas opcións: Continuar en grupos de catequese ou integrarse en grupos XEC. Os mozos e mozas confirmaranse, se están preparados, aos 18 anos. É necesario preinscribirse en Setembro. CATEQUESE ADULTOS Grupo de formación cristiá para xente xove e adulta, o día e a hora sinálase de acordo co catequista. COMISIÓNS PARROQUIAIS Hai catro comisións que conforman o Consello Pastoral Parroquial: · Cáritas: Atende os máis desfavorecidos. Tamén trata de sensibilizar á comunidade e promover a comunicación cristiá de bens, así como un novo estilo de vida menos consumista. · Evanxelización: Catequese, Biblia, Adultos, XEC. Os catequistas reúnense semanalmente antes da catequese. Grupos de coordinación por niveis. · Liturxia: Lecturas da misa, adorno e limpeza do Templo, Coro (voces e instrumentos), preparación das celebracións. · Economía e obras: Control de ingresos e gastos, obras de mantemento e novas iniciativas. MISAS Diaruas: De Setembro a Xullo: 8 do serán. En Agosto non a hai. Domingos e Festivos: De Setembro a Xullo: ás 10 e 12 da mañá. En Agosto: ás 11 da mañá. Véspera de Domingos e Festivos: Setembro - Xullo: 8 do serán (en galego). Agosto: ás 9 do serán (en galego). CALENDARIO CONSELLO PASTORAL DA PARROQUIA DOS TILOS CURSO 2013-2014 SETEMBRO 21 Comezo do Camiño dende O Cebreiro a Triacastela. 28 Asemblea Parroquial, de 10 a 13 horas. OUTUBRO 3 Reunión de catequistas, ás 20,30. 5. 2ª etapa do Camiño de Triacastela a Sarria, saída ás 7,30 da mañá. Asemblea diocesana no Colexio La Salle, das 9,30 ás 14. Cantando no serán. Vl Encontro de Corais, no templo pa- rroquial, ás 20,30, coa Participación de: -Coral Polifónica de Ferrol -Grupo de canto Aleceia Organiza: Grupo de canto Aleceia 6 Festa do noso patrón, S. Francisco de Asís. Celebración euca- rística ás 12,00, seguido da festa do compartir. Os alimentos e as bebidas débense levar ó salón de actos, antes das 11,30. 13 Comezo do curso catequético. Catequese parroquial ás 11,00, seguida da Eucaristía ás 12. 19 3ª etapa do Camiño de Sarria a Portomarín. 20 Día do Domund (Xornada mundial das misións). 25 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. 30 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. NOVEMBRO 1 Festa de Todos os Santos. 2 Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20. 27 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. DECEMBRO 1 Primeiro domingo de Advento. 8 Festa da lnmaculada Concepción. 11 Reunión de Cáritas “Campaña de Nadal” ás 20,30. 15 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. 25 Nadal. Só haberá misa ás 12. 29 Festa da Sagrada Familia. XANEIRO 1 Festa de Santa María, Nai de Deus. Só haberá misa ás 12. 6 Festa dos Reis Magos. 12 Prosegue o curso catequético, ás 11. 24 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. FEBREIRO 2 Presentación do Señor. Bendición das candeas, ás 10 e ás 12. 7 Cea de Mans Unidas, ás 21. 9 Xornada de Mans Unidas. Colecta. 26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20, 30. MARZO 5 Mércores de Cinza. Xornada de xaxún e abstinencia que sinala o comezo da Coresma. 16. Asemblea Parroquial, ás 12,30. 19 Festa de S. Xosé. 26 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. 30 Celebración comunitaria da Penitencia, ás 11. ABRIL 13 Domingo de Ramos. Bendición dos Ramos antes da misa de 12. 17, 18, 19 Triduo Pascual 20 Pascua de Resurrección. Só hai misa ás 12. 23 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. MAIO 28 Reunión do grupo de Cáritas, ás 20,30. XUÑO 1 Ascensión do Señor. XVIII aniversario da consagración do tem- plo parroquial. 6 Pleno do Consello Pastoral Parroquial, ás 20,30. 8 Pentecoste. Confirmacións ás 12. 15 Santísima Trindade. Final de curso catequético. 20 Cea parroquial, ás 22. 21 Celebración do perdón, ás 6 da tarde. 22 Corpus Christi. Día nacional da Caridade. Primeiras Comuñóns, ás 12. 28 Primeiras Comuñóns , ás 5. 9 Primeiras Comuñóns, ás 12. SETEMBRO 27 Asemblea Parroquial preparatoria do novo curso. Actividades e celebracións mensuais ou semanais Primeiros domingos Xornada parroquial de Cáritas. Primeiros xoves Formación de catequistas de 9:30 a 11 da noite. Últimos luns Reunión da Comisión de Liturxia ás 8:30 do serán. Últimos mércores Reunión da Comisión de Cáritas ás 8:30 do serán. Últimos xoves Oración comunitaria ás 8:30 do serán. Todos os venres Ensaio do coro parroquial de 8:30 a 10 da noite. FALTAN DOUS ANOS No ano 2015 esta comunidade parroquial celebrará ás Vodas de Prata parroquiais. Coin- cidindo co 800 aniversario da peregrinación de S. Francisco de Asís –o noso patrón– a San- tiago de Compostela, queremos centrar o noso estilo de vida cristián á do noso patrón, iso si, sen desmarcarnos do Plan Pastoral Diocesano que, centrado este trienio na Palabra de Deus, remata este curso baixo o lema: “Polos seus froitos coñecerédelos”. Iniciando unha serie de propostas para celebrar este gran acontecemento, o pasado 21 de Setembro, comezamos o Camiño de Santiago dende O Cebreiro rematando, esta etapa, en Triacastela. Facía 800 anos un peregrino ilustre, S. Francisco de Asís, iniciaba este camiño por te- rras galegas. Pasiño a pasiño, intentando experimentar e revivir o Cántico das Criaturas, un grupo de trinta e seis peregrinos iniciamos este reto. Madrugamos, chegamos a O Cebreiro, e alí, Frai Xosé, da comunidade franciscana no Cebreiro, presidiu a nosa oración da mañá. Comezamos rezando o Cántico das Criaturas para recordarnos, na pregaria, o que iamos revivir cos nosos sentidos: ¡Que marabilla de natureza: vales, árbores, arbustos, vacas, aldeíñas perdidas por aquelas montañas, moitos peregrinos! Todo invitaba a rezar e dar grazas. Pasiño a pasiño, uns máis rápidos ca outros, chegamos ó alto do Poio; un pouco de descanso para admirar o andado e repoñer forzas. Seguimos por aquela impresionante chaira de Fonfría e Hospìtal. Cada quen íase arreque- cendo coa compaña e co saúdo animoso dos demais peregrinos, ou cos seus momentos de silencio e oración. A todos nos acompañaba o Señor, sorteando os pelouros e o moito po que nos daba a oportunidade de deixar ás nosas pegadas marcadas no camiño. Por fin chegamos a Triacastela. En todos se notaba o cansazo e os sinais do esforzo nos nosos músculos. Todos contentos subimos ó autobús camiño de volta a Santiago. De novo subiremos a el, o próximo día 5 de Outubro, para facer a segunda etapa de Triacastela a Sarria. Agora só nos queda seguir facendo realidade o lema do plan pastoral diocesano para este curso: “Polos seus froitos coñecerédelos”. Seremos capaces de dar froitos, e bos? Seguro que sí. O curso que comezamos, como o Camiño a Santiago, é unha nova oportunidade de ser testemuñas do Señor, imitando a S. Francisco de Asís. Paz e ben, Benjamín. seus boletin tilos 167.qxp_Layout 1 04/10/13 09:31 Página 1
  • 2. Pido a todos os diocesanos asumir o compromiso do Plan Pastoral Diocesano coa súa colaboración e dis- poñibilidade, pois estou seguro de que a súa posta en práctica axudará á edificación espiritual na nosa ta- refa apostólica. Encomendando esta intención ao patrocinio do Apóstolo Santiago e á intercesión da Virxe María, saúdavos e bendice no Señor, UNHA PARROQUIA QUE SERVE ATENCIÓN PARROQUIAL Horario: 6:30 - 7:30 da tarde. (tódolos días, menos sábados e domingos). Horario extra: Concertar por tef.: 981 801 315. CENSO PARROQUIAL Unha maneira de sentirse membro da parroquia é censándose nela. Hai uns impresos na parroquia para facelo. ECONOMÍA PARROQUIAL Tódolos servicios parroquiais son gratuítos, excepto para aquelas persoas que, podendo, non colaboran no sostemento da vida parroquial. Isto quere dicir que de- bemos colaborar economicamente a sufragar os gas- tos da parroquia. Tódolos ingresos, gastos e obras son xestionadas pola Comisión de Economía e Obras da parroquia. Hai xente que aporta libremente (ben por domici- liación bancaria ou ben persoalmente) unha cota fixa ó mes. Outros fano con donativos. Hai algunhas familias que non poden colaborar e pro- cúrase axudalas. Trátase de compartir. Cada ano, na Asemblea Parroquial, infórmase ós colaboradores, comunícanselles tódolos ingresos e gastos. Cremos que a mellor forma de colaborar é a de cotas mensuais con domiciliación bancaria, pois, dese xeito, podemos programar o ano contando xa cuns fondos fixos. Tódalas aportacións económicas (cotas ou donativos) desgravan na Declaración da Renda (15%). A Parro- quia envíalle certificado a cada colaborador a princi- pios de ano. CELEBRACIÓNS SACRAMENTAIS BAUTIZOS Celebraranse os primeiros domingos de mes na misa pa- rroquial das 12. Tamén os terceiros sábados de mes ás 8 do serán. Avisar con tempo na parroquia para a súa preparación. CONFIRMACIÓNS Preparación semanal durante, polo menos, dous cursos a partir dos 16 anos. Ademais se hai adultos que des- exen confirmarse haberá preparación durante este curso en horario a convir. ENFERMOS (VISITAS) Para a visita ós enfermos, débese avisar ó párroco no teléfono 981 801 315. MATRIMONIOS Avisar na Parroquia 2 ou 3 meses antes do Matrimonio. É moi importante a preparación. Hai encontros de noivos (primeira semana do mes) ou cursiños (última semana). PENITENCIA Haitrescelebraciónscomunitariasconconfesiónindividual. Tamén se pode solicitar, sempre que se desexe, contac- tando co párroco. PRIMEIRAS COMUÑÓNS Dous cursos de preparación: ós 7 e 8 anos. Celebracións comunitarias. A partir do mes de Decembro, reunións cos pais/nais os terceiros venres de mes. D./Dª. con domicilio en Teléfono NIF desexa contribuír coa economía parroquial de San Francisco de Asís dos Tilos (Teo) cunha cota mensual de € a cargar na conta Os Tilos, de de 200 Asinado: D./Dª. con domicilio en Teléfono DNI Desexa participar en: Comisión de Cáritas Comisión de Evanxelización: como catequista como catequizando Comisión de Liturxia coro (canto ou instrumento) decoración lector limpeza celebracións Comisión de Economía e Obras UNHA PARROQUIA QUE TAMÉN É TÚA Aportación económica á parroquia Colaboración coa parroquia En todas as comisións se necesitan colaboradores. Infórmate na Parroquia; sempre serás benvido. Fai chegar os teus datos á parroquia. ¡Garda este boletín, pode serche útil! GRAZAS. boletin tilos 167.qxp_Layout 1 04/10/13 09:31 Página 2