Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Boletín novembro 2016

499 views

Published on

Boletín parroquial de noviembre - Parroquia dos Tilos, Teo

Published in: Spiritual
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Boletín novembro 2016

  1. 1. BOLETÍN PARROQUIAL Nº 193 ­ Novembro 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS REMATA A MISERICORDIA? O próximo día 20, festa de Cristo, Rei do Universo, remata o Ano Santo da Misericordia, se ben a Porta Santa (Porta do Perdón) péchase o día 13. Todo un ano recordando que a misericordia de Deus e a misericordia dos homes deben camiñar na mesma dirección. Foi unha invitación permanente a revisar como fomos e somos de misericordiosos. Foi unha invitación a recordar e a revisar as obras de misericordia tradicionais (as corporais e as espirituais), así como a inte­ grar, nesta revisión, outras catorce obras de misericordia, propostas polo Sr. Bispo de Ciudad Rodrigo, D. Raúl Berzosa, e baseadas na Encíclica Laudato si do Papa Francisco (sete obras de misericordia sociais e sete para unha solidarie­ dade planetaria). A miña reflexión, que quero compartir cos lec­ tores, é a seguinte: “Os tempos pasan pero as obras permanecen”, dito doutro xeito, o Ano Santo da Misericordia remata pero as obras de misericordia permanecen ou deben permanecer na nosa vida comprometida de crentes cristiáns. As 28 (14+14) obras de misericordia deben ser como un vademécum (van comigo) na vida cotiá. A miña vida de cristián debe ser un cons­ tante SI á caridade reflectida nas obras de mise­ ricordia. Só así encherei a miña vida de amor a Deus e aos irmáns. Unha aperta do voso párroco. PEREGRINACIÓN A TERRA SANTA Non queremos que permane­ za no esquecemento a Peregrinación a Terra Santa que, dende o 20 ao 29 de xullo, fixemos un grupo de vinte e dúas persoas. Ir a Terra Santa sempre é unha experiencia enriquecedora. Visitar os Santos Lugares é poñerlle sitio á presenza de Xesús: dende Belén ata o Santo Sepulcro hai moitas vivencias intermedias que nos fan sentir máis cerca todos os relatos evan­ xélicos. Tamén se admiran lugares dalgúns dos milagres de Xesús. San Pedro, primeira pedra da Igrexa, tamén ten moita importancia nesta peregri­ nación. Tampouco quero esquecerme da visita a Petra, en Xordania. Para que todos sexades partícipes desta peregrinación e o vivades en primei­ ra persoa, invitámosvos a que, o día 25 deste mes, venres, ás 19:30 horas, na capela, revivades esta viaxe xunto cos que participaron nela. Todo este traballo estano a recopilar as “tres supremas”, ás que lles temos moito que agradecer no antes, no durante e no despois destas viaxes, anteriormente a Roma e a Asís, e agora a Terra Santa e a Petra.
  2. 2. Cristo corrixe aos discípulos (cf. Mc 9,38­40; 8,32­33; 10,42­45) e exhorta á corrección fraterna: Se teu irmán peca contra ti, vai e repréndeo; pero ti só con el. (Mt 18,15­17). O Evanxeo proponnos corrixir e axu­ dar a medrar a unha persoa… pero sen emitir xuízos sobre a súa responsabili­ dade e a súa culpabilida de (Papa Francisco, Evagelii Gaudium 172). 4. Consolar ao triste … pois o Señor consolou ao seu pobo e compadeceuse dos seus pobres (Is 49,13). Ditosos os que choran, porque eles serán consolados… Ditosos os misericordiosos, porque eles acadarán misericordia (Mt 5,4.7). Os gozos e as esperanzas, as tristuras e as angurias dos homes do noso tempo, sobre todo dos pobres e de cantos sofren, son á súa vez gozos e esperan­ zas, tristuras e angurias dos discípulos de Cristo (Vaticano II, Gaudium et Spes 1). 5. Perdoar as ofensas Pedoa as nosas ofensas como tamén perdoamos nós a quen nos ten ofendi­ do… Porque se perdoades aos outros as ofensas que vos fan, tamén voso Pai celestial perdoará as vosas; pero se non perdoades aos outros, o voso Pai celestial tampouco perdoará as vosas ofensas (Mt 6,12.14­15). Señor, cantas veces terei que perdoar a meu irmán se me segue ofendendo? ata sete veces? Respondeulle Xesús: PARROQUIA VIVA 1.­ Festa de Todos os Santos. 2.­ Misa por todos os familiares e veciños defuntos, ás 20:00. 20.­ Festa de Cristo, Rei do Universo. Remata o Ano Santo da Misericordia. 23.­ Reunión do grupo de Cáritas, ás 19:30. 27.­ Primeiro domingo de Advento. Ciclo A. 1. Ensinar ao que non sabe “Toda a xente acudía a el, e El ensiná­ baos” (Mc 2,13). Aconsellar e deixarse aconsellar para discernir a verdade, compartir para aprender uns dos outros. Ante tales cometidos, o máis urxente hoxe é levar os homes a descubrir a súa capacidade de coñecer a verdade e o seu anhelo dun sentido último e definitivo da exis­ tencia (San Xoán Paulo II. Fides et Ratio 102). 2. Dar consello ao que o necesita Entendes o que les? Contestoulle: e como vou entendelo se ninguén mo explica? (Feit 8,30­31). Estade dispos­ tos sempre a responder a todo aquel que vos pida razón da esperanza que levades dentro (1Pe 3,15). Hai que facelo con humildade, pensan­ do só no outro, sen dirixir nin crear dependencias que condicionen a liber­ dade. Aconsellar provocando as pre­ guntas de fondo que caracterizan o percorrido da existencia humana: quen son? de onde veño e a onde vou? por que existe o mal? que hai despois desta vida? (San Xoán Paulo II, Fides et Ratio 1). 3. Corrixir ao que erra Pobreza e vergoña para o que desbota a instrución, mais quen escoita a críti­ ca acadará honra (Pr 13,18). Aguantade o sufrimento coma un casti­ go educativo: é Deus que vos trata coma fillos. Porque quen é o fillo a quen seu pai non o castiga? (Heb 12,7). “Non che digo ata sete veces, senón ata setenta e sete” (Mt 18,21­22). 6. Soportar con paciencia os defec­ tos do próximo Máis vale o temperado héroe e quen domina a paixón có que conquire unha vila (Pr 16,32). Como lle poderás dicir a teu irmán: “Irmán, deixa que che quite o lixo que tes no ollo”, sen reparar na trabe que tes no teu? Hipócrita! Quita pri­ meiro a trabe do teu ollo, e logo verás claro para quitar o lixo do ollo de teu irmán (Lc 6,42). O amor é de corazón grande, é servi­ cial… non se alporiza, non garda malicia… Desculpa sempre… atura sempre (1Cor 13,4­7). Aturádevos uns aos outros e perdoá­ devos, cando un teña queixa doutro… (Col 3,13). 7. Rogade a Deus polos vivos e polos defuntos Pois se non crese na resurrección dos mortos, non sei a que viría rezar polos defuntos. Pero para o que pensa que aos que morren piadosamente lles está reservada unha recompensa mag­ nífica, a cousa é piadosa e santa (2Mac 13,44­46). Pedide e recibiredes, buscade e atopa­ redes, petade e abrirásevos. Pois quen pide, recibe; quen busca, atopa; e a quen peta, abriráselle (Mt 7,7­8). Erguéndose moi cedo, aínda de noite, saíu para un lugar arredado, onde se puxo a orar (Mc 1,35). OBRAS DE MISERICORDIA ESPIRITUAIS ACONTECEMENTOS Bautizos: Valentina Caride Ruenes, de Alejandro e Berenice (09­10­2016). Aday Ramírez Porto, de César Javier e Dulce María (10­10­2016). Julia Marinangeli Fandiño, de Sergio e Patricia (29­10­2016). Defunción: Eduardo Eulogio González González (Penelas, 73) (14­07­2016). …rezade uns polos outros para que teñades saúde. Moito pode a oración teimosa do xusto (Sant 5,16). Orade como se todo dependese de Deus e traballade como se todo dependese de vós (San Ignacio de Loiola, CIC 2839).

×