A S P E C T O S M Á I S S I G N I F I C A T I V O S
2 º B A C H A R E L A T O
MORFOSINTAXE
VERBO. PERÍFRASES
 Forma verbal composta que ten
un significado conxunto.
 Estrutura:
significado significado
gramatical semántico
Teño que marchar
Vou estudar
Pode que chova
Está a berrar
O auxiliado é unha
forma
amodotemporal do
verbo: infinitivo,
xerundio ou
participio.
VERBO. PERÍFRASES
 TIPOS:
 1. MODAIS: poden indicar obrigatoriedade ou posibilidade / hipótese.
Has (de) facer canto che digan. Hai que vixiar o que fan.
Tes que estar calado. Debe (de) falar máis alto para que o escoiten todos.
Habemos chegar a tempo, xa verás.
 2. TEMPORAIS. Expresan que a acción vai ter lugar no futuro
(Futuridade)
Vai mercar uns libros. Hei estudar máis. Xa están a / para chegar.
Quere chover –só con fenómenos atmosféricos-
 3. ASPECTUAIS: refíresense ao desenvolvemento da acción, se está no
seu comezo (incoativas), se está en proceso (imperfectivas), se está
rematada (perfectivas), ao resultado da acción (terminativas) ou á súa
repetición (reiterativas.
VERBO. PERÍFRASES
 TIPOS:
 3. ASPECTUAIS: refíresense ao desenvolvemento da acción: no seu
comezo (incoativas), en proceso (imperfectivas), rematada
(perfectivas), ao resultado da acción (terminativas) ou repetición
(reiterativas).
 Incoativas: Comezou / Empezou a nevar hai un caho. De súpeto, botouse a chorar.
Deu en berrar todo o día.
 Imperfectivas: Anda a correr pola horta. Estivo chovendo / a chover desde aquela.
Leva a estudar / estudando toda a tarde. E logo ti, quen vés sendo? Segue a limpar
/ limpando a casa. Os cativos van xogando / a xogar diante nosa
 Perfectivas: Acabou de sementar as cenouras. Deixa de interromper. Non dou feito
as tarefas a tempo. Ten estudando moito.
 Terminativas: Acabou por recoñecelo. Chegou a dicir que era falso.
 Reiterativas: Teño lido ese libre ben veces. Volvín explicalo outra vez.
INFINITIVO CONXUGADO.
 REGRAS BÁSICAS DE USO.
 1. O infinitivo ten un SUX distinto ao do verbo principal.
Ao chegaren as netas, Rosa púxose toda contenta.
 2. Co mesmo SUX, o infinitivo sitúase anteposto ao verbo
principal e, en xeral, precedido de preposión.
Ao chegares, telefóname. De virdes cear, avisade.
Con chorardes, non arranxades nada.
 Cando a oración do infinitivo desempeña a función de
SUX.
Colaborarmos coas autoridades é fundamental para deter a pandemia.
INFINITIVO CONXUGADO.
 NON SE PODE EMPREGAR.
 1. Nas perífrases verbais
 2. Cando ten o mesmo SUX que o verbo principal e vai situado
inmediatamente despois: Trataron de capturar o ladrón.
 3. Dependente de verbos causativos (mandar, deixar, facer,
permitir) ou de sentido (oír, ver, sentír...): Oímolos chegar a
iso das catro.
SINTAXE. USO DO A CON CD
 O CD está desempeñado por unha frase nominal ou
substantiva (Merquei patacas/ Merquei as patacas) e
só excepcionalmente por unha frase preposicional na
que o termo é a preposición A:
 Cando é un pronome tónico: Vinte a ti na festa.
 Co pronome indeterminado un: Trátano a un como se fose
parvo.
 Co pronome todos/todas: Convidounos a todos.
 Co identificador calquera: Non van contratar a calquera.
 Cos antropónico é optativo: Vin (a) Manuel na praia.
 Cando se pode producir ambigüidade: Hoxe convidan os / aos
homes.
QUE. PRONOME TÓNICO
 Pronome exclamativo ou interrogativo que pode
desempeñar función de:
 SUX: Que aconteceu?
 CD: Que dixo?
 ATR: Que foi iso?
 Termo da frase preposicional. Esta pode funcionar como MOD,
SUPL, CI, CC...: A que se dedica? Por que fas iso?
 Determinante na frase nominal: En que libro liches iso? Que
nenos máis intranquilos!
QUE. PRONOME ÁTONO
 Pronome relativo: desempeña, á parte da función de
nexo, unha función sintáctica determinada dentro da
cláusula de relativo.
O empregado que me atendeu era moi amábel.
Iso que dis non é certo.
Por moi barato que sexa ese coche non o compro.
Ese é o libro de que che falei.
A vila en que nacín é moi pequena.
QUE. CONXUNCIÓN
 Desempeña a función de nexo.
Dixo que non te vira.
Non teño ganas de que me molestes.
Voume que (adquire un valor causal) teño que
chegar cedo a Lugo.
Quita esa máscara, que (adquire un valor de
finalidade) che vexamos a cara.
Adquiriu tal dimensión que todos falaban do
tema.
SE. CONXUNCIÓN
 Conxunción condicional que introduce o
CONDICIONANTE da oración bipolar condicional.
Se non che apetece, non vaias.
Se chego a tempo, vou ao cinema.
CONTE CONDO
Or. bipolar condicional
 Conxunción completiva de CD:
Preguntoume se viñas á cea.
PDO + CI + CD
CLÁUSULA
REFLEXIVIDADE
 Cando o referente do SUX e do CD coinciden fálamos
de REFLEXIVIDADE. O pronome desempeña, xa
que logo, a función de CD.
 Antón lavou as mans / o neno / a si mesmo. (CD)
 Antón lavouse Eu ducheime.
 Se o CD non coincide co SUX non podemos
empregar o pronome reflexivo:
 Eu lavei as mans *Eu laveime as mans.
RECIPROCIDADE
 O axente e o paciente coinciden e a acción é de dobre
dirección:
 Antón e Marga mancáronse / Antón e mais eu mancámonos.
(CD)
 Os dous irmáns déronse (CI) labazadas.
VOZ MEDIA
 A PORTA ABRIUSE
 A si mesma. (Reflexividade)
 Por mor do vento. (Pasiva reflexa ou impersoal
pasiva)
 Alguén –descoñecido- abriu a porta (Impersoal
activa)
Nestes casos o SE non desempeña función sintáctica ningunha, é
un morfema verbal que indica voz media.
O viño estragouse
A froita apodrentouse
A auga quentouse
VOZ MEDIA
 Pasiva reflexa ou impersoal pasiva:
 O verbo en P3 ou P6 concorda co suxeito paciente:
Véndese casa / Véndense casas.
 Impersoal activa
 O verbo inmobilizado en P3 e paciente desempeña a
función de CD:
Véndese casas / casa.
Aprobouse o(s) decreto(s).
Nesta cidade vívese ben.
Se o paciente
se expresa en
singula non
podemos
distinguir
entre activa e
pasiva.
SE FORMANTE LÉXICO
En determinados verbos, o SE –ou o pronome
correspondente: me, te, nos, vos- é un formante verbal que
muda o significado do verbo e, polo tanto, a rexencia
sintáctica pode ser difente.pode modificar a rexencia
sintáctica:
 Lembrou traer os libros (CD) / Lembrouse de traer os
libros (SUPL).
 Xoán afogou no río / Xoán afogouse no río.
 Esqueceu o meu aniversario (CD)/ Esqueceuse de min
(SUPL).
 Moito rimos con María / Moito nos rimos dela.
 Aproveitou a ocasión / Aproveiteime da ocasión.
SE FORMANTE LÉXICO
En verbos pronominais, o SE –ou o pronome
correspondente: me, te, nos, vos- é un formante léxico
que non desempeña ningunha función sintácica:
Non se dignou a mirarme
Din que se suicidou
Nin se inmutou
SE FORMANTE LÉXICO
 Con verbos intransitivos que indican
movemento (baixar, marchar, ir…) ou tamén
estativos (quedar…)
 Baixouse para coller os cartos do chan (“abaixouse”)
 Baixou á rúa /*Baixouse á rúa
 Caeu na fonte / *Caeuse na fonte
 Marchou de clase / *Marchouse de clase
 Subiu á cerdeira / *Subiuse á cerdeira
 Foise (“definitivamente”)
 *Foise para a casa
 O vento quedouse toda a noite (“morrer”,
“permanecer quedo”)
 *Quedouse sen entradas para ir ao cine

Aspectos concretos de Morfosintaxe. 2º BAC

  • 1.
    A S PE C T O S M Á I S S I G N I F I C A T I V O S 2 º B A C H A R E L A T O MORFOSINTAXE
  • 2.
    VERBO. PERÍFRASES  Formaverbal composta que ten un significado conxunto.  Estrutura: significado significado gramatical semántico Teño que marchar Vou estudar Pode que chova Está a berrar O auxiliado é unha forma amodotemporal do verbo: infinitivo, xerundio ou participio.
  • 3.
    VERBO. PERÍFRASES  TIPOS: 1. MODAIS: poden indicar obrigatoriedade ou posibilidade / hipótese. Has (de) facer canto che digan. Hai que vixiar o que fan. Tes que estar calado. Debe (de) falar máis alto para que o escoiten todos. Habemos chegar a tempo, xa verás.  2. TEMPORAIS. Expresan que a acción vai ter lugar no futuro (Futuridade) Vai mercar uns libros. Hei estudar máis. Xa están a / para chegar. Quere chover –só con fenómenos atmosféricos-  3. ASPECTUAIS: refíresense ao desenvolvemento da acción, se está no seu comezo (incoativas), se está en proceso (imperfectivas), se está rematada (perfectivas), ao resultado da acción (terminativas) ou á súa repetición (reiterativas.
  • 4.
    VERBO. PERÍFRASES  TIPOS: 3. ASPECTUAIS: refíresense ao desenvolvemento da acción: no seu comezo (incoativas), en proceso (imperfectivas), rematada (perfectivas), ao resultado da acción (terminativas) ou repetición (reiterativas).  Incoativas: Comezou / Empezou a nevar hai un caho. De súpeto, botouse a chorar. Deu en berrar todo o día.  Imperfectivas: Anda a correr pola horta. Estivo chovendo / a chover desde aquela. Leva a estudar / estudando toda a tarde. E logo ti, quen vés sendo? Segue a limpar / limpando a casa. Os cativos van xogando / a xogar diante nosa  Perfectivas: Acabou de sementar as cenouras. Deixa de interromper. Non dou feito as tarefas a tempo. Ten estudando moito.  Terminativas: Acabou por recoñecelo. Chegou a dicir que era falso.  Reiterativas: Teño lido ese libre ben veces. Volvín explicalo outra vez.
  • 5.
    INFINITIVO CONXUGADO.  REGRASBÁSICAS DE USO.  1. O infinitivo ten un SUX distinto ao do verbo principal. Ao chegaren as netas, Rosa púxose toda contenta.  2. Co mesmo SUX, o infinitivo sitúase anteposto ao verbo principal e, en xeral, precedido de preposión. Ao chegares, telefóname. De virdes cear, avisade. Con chorardes, non arranxades nada.  Cando a oración do infinitivo desempeña a función de SUX. Colaborarmos coas autoridades é fundamental para deter a pandemia.
  • 6.
    INFINITIVO CONXUGADO.  NONSE PODE EMPREGAR.  1. Nas perífrases verbais  2. Cando ten o mesmo SUX que o verbo principal e vai situado inmediatamente despois: Trataron de capturar o ladrón.  3. Dependente de verbos causativos (mandar, deixar, facer, permitir) ou de sentido (oír, ver, sentír...): Oímolos chegar a iso das catro.
  • 7.
    SINTAXE. USO DOA CON CD  O CD está desempeñado por unha frase nominal ou substantiva (Merquei patacas/ Merquei as patacas) e só excepcionalmente por unha frase preposicional na que o termo é a preposición A:  Cando é un pronome tónico: Vinte a ti na festa.  Co pronome indeterminado un: Trátano a un como se fose parvo.  Co pronome todos/todas: Convidounos a todos.  Co identificador calquera: Non van contratar a calquera.  Cos antropónico é optativo: Vin (a) Manuel na praia.  Cando se pode producir ambigüidade: Hoxe convidan os / aos homes.
  • 8.
    QUE. PRONOME TÓNICO Pronome exclamativo ou interrogativo que pode desempeñar función de:  SUX: Que aconteceu?  CD: Que dixo?  ATR: Que foi iso?  Termo da frase preposicional. Esta pode funcionar como MOD, SUPL, CI, CC...: A que se dedica? Por que fas iso?  Determinante na frase nominal: En que libro liches iso? Que nenos máis intranquilos!
  • 9.
    QUE. PRONOME ÁTONO Pronome relativo: desempeña, á parte da función de nexo, unha función sintáctica determinada dentro da cláusula de relativo. O empregado que me atendeu era moi amábel. Iso que dis non é certo. Por moi barato que sexa ese coche non o compro. Ese é o libro de que che falei. A vila en que nacín é moi pequena.
  • 10.
    QUE. CONXUNCIÓN  Desempeñaa función de nexo. Dixo que non te vira. Non teño ganas de que me molestes. Voume que (adquire un valor causal) teño que chegar cedo a Lugo. Quita esa máscara, que (adquire un valor de finalidade) che vexamos a cara. Adquiriu tal dimensión que todos falaban do tema.
  • 11.
    SE. CONXUNCIÓN  Conxuncióncondicional que introduce o CONDICIONANTE da oración bipolar condicional. Se non che apetece, non vaias. Se chego a tempo, vou ao cinema. CONTE CONDO Or. bipolar condicional  Conxunción completiva de CD: Preguntoume se viñas á cea. PDO + CI + CD CLÁUSULA
  • 12.
    REFLEXIVIDADE  Cando oreferente do SUX e do CD coinciden fálamos de REFLEXIVIDADE. O pronome desempeña, xa que logo, a función de CD.  Antón lavou as mans / o neno / a si mesmo. (CD)  Antón lavouse Eu ducheime.  Se o CD non coincide co SUX non podemos empregar o pronome reflexivo:  Eu lavei as mans *Eu laveime as mans.
  • 13.
    RECIPROCIDADE  O axentee o paciente coinciden e a acción é de dobre dirección:  Antón e Marga mancáronse / Antón e mais eu mancámonos. (CD)  Os dous irmáns déronse (CI) labazadas.
  • 14.
    VOZ MEDIA  APORTA ABRIUSE  A si mesma. (Reflexividade)  Por mor do vento. (Pasiva reflexa ou impersoal pasiva)  Alguén –descoñecido- abriu a porta (Impersoal activa) Nestes casos o SE non desempeña función sintáctica ningunha, é un morfema verbal que indica voz media. O viño estragouse A froita apodrentouse A auga quentouse
  • 15.
    VOZ MEDIA  Pasivareflexa ou impersoal pasiva:  O verbo en P3 ou P6 concorda co suxeito paciente: Véndese casa / Véndense casas.  Impersoal activa  O verbo inmobilizado en P3 e paciente desempeña a función de CD: Véndese casas / casa. Aprobouse o(s) decreto(s). Nesta cidade vívese ben. Se o paciente se expresa en singula non podemos distinguir entre activa e pasiva.
  • 16.
    SE FORMANTE LÉXICO Endeterminados verbos, o SE –ou o pronome correspondente: me, te, nos, vos- é un formante verbal que muda o significado do verbo e, polo tanto, a rexencia sintáctica pode ser difente.pode modificar a rexencia sintáctica:  Lembrou traer os libros (CD) / Lembrouse de traer os libros (SUPL).  Xoán afogou no río / Xoán afogouse no río.  Esqueceu o meu aniversario (CD)/ Esqueceuse de min (SUPL).  Moito rimos con María / Moito nos rimos dela.  Aproveitou a ocasión / Aproveiteime da ocasión.
  • 17.
    SE FORMANTE LÉXICO Enverbos pronominais, o SE –ou o pronome correspondente: me, te, nos, vos- é un formante léxico que non desempeña ningunha función sintácica: Non se dignou a mirarme Din que se suicidou Nin se inmutou
  • 18.
    SE FORMANTE LÉXICO Con verbos intransitivos que indican movemento (baixar, marchar, ir…) ou tamén estativos (quedar…)  Baixouse para coller os cartos do chan (“abaixouse”)  Baixou á rúa /*Baixouse á rúa  Caeu na fonte / *Caeuse na fonte  Marchou de clase / *Marchouse de clase  Subiu á cerdeira / *Subiuse á cerdeira  Foise (“definitivamente”)  *Foise para a casa  O vento quedouse toda a noite (“morrer”, “permanecer quedo”)  *Quedouse sen entradas para ir ao cine